Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2021 Páx. 36863

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 25 de maio de 2021 pola que se publican as subvencións directas concedidas ao abeiro da Resolución do 23 de novembro de 2020 para o financiamento dun programa extraordinario de apoio no contorno familiar de atención temporal e urxente como consecuencia da pandemia da COVID-19 para o exercicio 2020.

Despois de advertir un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 125, do 2 de xullo de 2021, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 33.814, no número segundo da parte dispositiva da devandita resolución, onde di: «Segundo. O importe total destinado ao financiamento destas subvencións correspondentes ao exercicio 2020 ascendeu a 6.000.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 13.04.312D.460.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.», debe dicir: «Segundo. O importe total destinado ao financiamento destas subvencións correspondentes ao exercicio 2020 ascendeu a 6.000.000,00 €, con cargo á aplicación orzamentaria 13.04.312D.460.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, procedente dos fondos transferidos polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 á Comunidade Autónoma de Galicia ao abeiro do Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social da COVID-19».