Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2021 Páx. 36862

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 25 de maio de 2021 pola que se publican as contías das transferencias finalistas efectuadas no exercicio 2020 ao abeiro do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.

Advertirdo un erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 125, do 2 de xullo de 2021, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 33.825, na parte expositiva da dita resolución, onde di: «Cómpre salientar que as transferencias finalistas destinadas a financiar os gastos correntes para o mantemento e realización de programas de servizos sociais comunitarios municipais correspondentes ao exercicio 2020 foron cofinanciadas parcialmente con fondos finalistas procedentes da Administración xeral do Estado (Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030), nunha contía de 3.312.540,00 euros, a través do denominado Plan concertado de prestacións básicas de servizos sociais de corporacións locais», debe dicir: «Cómpre salientar que as transferencias finalistas destinadas a financiar os gastos correntes para o mantemento e a realización de programas de servizos sociais comunitarios municipais correspondentes ao exercicio 2020 foron cofinanciadas parcialmente con fondos finalistas procedentes da Administración xeral do Estado (Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030), nunha contía de 5.616.075,01 euros, 3.312.540,00 euros procedentes do denominado Plan concertado de prestacións básicas de servizos sociais de corporacións locais, 2.200.000,00 euros procedentes do Fondo estatal extraordinario destinado ao financiamento de prestación básicas dos servizos sociais para facer fronte a situacións extraordinarias derivadas do COVID-19, previsto no Real decreto lei 8/2020, do 17 de marzo, de medidas urxentes extraordinarias para facer fronte ao impacto económico e social da COVID-19, e 103.535,01 euros procedentes do Fondo estatal do programa específico para garantir o dereito básico de alimentación a nenos e nenas en situación de vulnerabilidade afectados polo peche dos centros educativos, segundo o previsto no Real decreto lei 7/2020, do 12 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes para responder ao impacto económico do COVID-19».