Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 19 de xullo de 2021 Páx. 36767

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2021/22, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento PR952A).

A Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, dedica o seu título II ás competencias das administracións públicas galegas en materia de deporte e establece no artigo 5 as competencias que corresponden á Administración autonómica, segundo o establecido no artigo 27.22 do Estatuto de Autonomía de Galicia, especificando no punto 1 alínea m) a atribución desta Administración no fomento e regulación do deporte e dos deportistas de alto nivel de Galicia, así como os seus beneficios.

En prol da definición da política deportiva autonómica, fixando as directrices e programas de fomento e desenvolvemento do deporte galego dos seus diferentes niveis, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia está a dotar o deporte de alta competición dos medios necesarios para a mellora do seu nivel técnico. Con este obxectivo establécense as bases reguladoras da concesión de prazas, en réxime de concorrencia competitiva, de tecnificación e rendemento para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (en diante CGTD) para a tempada 2020/21, e se procede á súa convocatoria.

Para os efectos da presente resolución, o CGTD dispón das instalacións situadas na cidade de Pontevedra, na rúa Padre Fernando Olmedo 1 e o Complexo Náutico e Campo de Regatas David Cal (Pontevedra-Verducido), así como as relativas ao Centro Galego de Vela, situado na Rampla de Cavadelo, s/n, na localidade de Vilagarcía de Arousa, todas elas clasificadas, xunto cos programas que nelas se desenvolven, polo Consello Superior de Deporte na Resolución do 27 de maio de 2014, publicada no BOE núm. 137, do 6 de xuño, como instalacións deportivas para o desenvolvemento do deporte de alto nivel e competición.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

CAPÍTULO I

Disposicións comúns

Artigo 1. Obxecto da convocatoria

Establecer, mediante o procedemento con código PR952A, as bases reguladoras e proceder á convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade de prazas para o CGTD, co fin de facilitar o adestramento dos deportistas de tecnificación e rendemento, creando un clima de adestramento e convivencia entre deportistas de diferentes especialidades deportivas, fomentando a educación integral dos deportistas que favoreza o seu desenvolvemento persoal e facilitando a mellora do seu rendemento deportivo coa finalidade de alcanzar o máximo nivel competitivo.

Artigo 2. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes deberán ser presentadas polas federacións deportivas galegas de modalidades olímpicas e paralímpicas de deportes individuais que sexan compatibles cos servizos e instalacións do CGTD das seguintes seccións: atletismo na especialidades de lanzamentos; bádminton; ximnasia acrobática, trampolín e artística; judo; karate; loita; natación pura e natación en augas abertas; natación artística; piragüismo en augas bravas (slálom); piragüismo en augas tranquilas; remo; taekwondo; tríatlon, e vela, presentando candidatos se contan cun grupo de tecnificación e/ou rendemento con deportistas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 3 desta resolución e que se axusten á política deportiva autonómica establecida pola Secretaría Xeral para o Deporte.

2. As solicitudes deberán ser presentadas no modelo normalizado recollido como anexo I nesta resolución, xunto a cal se achegará o resto da documentación solicitada segundo o disposto no artigo (anexos II ao VI). O formulario da solicitude estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal e na páxina web da Secretaría Xeral para o deporte, no enderezo https://deporte.xunta.gal

3. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das federacions presenta a solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. Se a solicitude non reúne os requisitos exixidos, notificaráse á federación para que, nun prazo de dez días, emende os erros ou presente os documentos preceptivos. Unha vez que transcorra dito prazo sen que se produza a emenda, considerarase que desiste da súa petición.

5. Rematado o prazo de presentación de solicitudes e o establecido para a súa emenda, publicaranse na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte e no seu taboleiro de anuncios as listaxes provisionais de admitidos, excluídos, con indicación da causa que orixina esta situación, e desistidos.

6. A presentación da solicitude para participar nesta convocatoria implica o coñecemento e a aceptación das bases que a regulan.

Artigo 3. Dos beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios das prazas para deportistas no Centro Galego de Tecnificación Deportiva todas aquelas persoas deportistas que no momento de faceren a solicitude cumpran os requisitos que se detallan a seguir:

– Ter nacionalidade española.

– Estar en posesión da licenza deportiva, na modalidade para a cal se presenta a solicitude, emitida pola federación galega correspondente ou ben pola federación española correspondente no caso de que a federación galega da modalidade en cuestión non estea integrada na federación española.

Poderase valorar, segundo informe técnico da comisión de selección e como caso excepcional, o incumprimento deste requisito unicamente nas prazas de rendemento.

– Para os grupos de tecnificación, deberase pertencer a un club deportivo galego ou sociedade anónima deportiva dada de alta no Rexistro de Entidades Deportivas de Galicia, así como estar empadroado nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.

– As persoas deportistas solicitantes de praza de tecnificación deberán ter ascendido de curso na convocatoria ordinaria de xuño 2021 ou na extraordinaria de setembro 2021 (non se considera o ascenso por imperativo legal). Excepcionalmente poderase considerar a posibilidade de repetición daqueles deportistas cuxas federacións xustifiquen que participaron, con posibilidade de seguir participando, en campionatos de Europa, do mundo ou xogos olímpicos.

Para o caso de que, derivado da situación excepcional ocasinada polo coronavirus (Covid-19), non se poida acreditar este requisito, as persoas solicitantes quedarán exceptuadas del.

Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas que concorren nalgunha das circunstancias establecidas a seguir:

– Non obter un «apto» na análise médica realizada polo equipo médico do CGTD previamente á formalización da matrícula.

– Ter un informe negativo da Dirección do CGTD e ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte a través da comisión de selección sobre o seu comportamento durante a súa estadía como bolseiro no Centro Galego de Tecnificación Deportiva durante o curso inmediatamente anterior ao desta convocatoria.

– Ter sanción en firme por dopaxe.

– Ter sanción en firme por algunha das infraccións previstas no artigo 14 do Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva (BOE de 19 do febreiro de 1993).

– Ter sanción en firme por algunha das infracción previstas no artigo 97 da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia.

Artigo 4. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán en ningún caso efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderan rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 5. Prazo de presentación

O prazo de presentación das solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución ao Diario Oficial de Galicia.

Artigo 6. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar após a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 7. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento e forma de presentación da documentación

1. Para a valoración dos méritos, as persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación, segundo o solicitante:

Documentación

Unidades

Anexo II - Proxecto de tecnificación e/ou de rendemento para o curso 2021/22.

1

Anexo III - Proposta de equipo técnico.

Documentación, a maiores do disposto no artigo 8, que deberá achegarse xunto co anexo III:

– Adestrador/a deportivo de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente (se é o caso).

– Experiencia: acreditar un mínimo de 3 anos como adestrador coa titulación exixida ou ter ou ter tido a condición de DGAN.

– Documento que indique o tipo de relación laboral prevista.

1 por persoa

Anexo IV - Adestrador responsable da sección deportiva.

1

*Anexo V - Adestrador responsable de grupo.

1 por persoa

Anexo VI - Valoración dos deportistas.

1 por persoa

* En caso de tratarse de adestradores de grupo.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

– DNI ou NIE da persoa adestradora.

– Consulta de títulos oficiais universitarios da persoa adestradora.

– Consulta de títulos oficiais non universitarios da persoa adestradora.

– Consulta de inexistencia de antecedentes penais por delitos sexuais da persoa adestradora.

– NIF da entidade solicitante.

– DNI ou NIE da persoa representante.

– DNI ou NIE do/da presidente/a da federación.

– NIF da entidade representante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Órgano instrutor

A instrución do procedemento para a concesión das prazas corresponde á comisión de selección.

Artigo 10. Comisión de selección

1. A comisión de selección estará constituída por:

– Presidente: subdirector/a xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte.

– Vogal: director/a do CGTD.

– Vogal: subdirector/a do CGTD.

– Vogal: técnico da Secretaría Xeral para o Deporte.

– Secretario: funcionario/a da Secretaría Xeral para o Deporte.

2. As funcións da comisión de selección serán:

– Analizar a documentación presentada pola federación.

– Comprobar o cumprimento dos diferentes aspectos da convocatoria.

– Informar a federación dos aspectos que requiran ser modificados ou completados.

– Valoración e ratificación, se é o caso, dos informes emitidos pola Dirección do CGTD sobre a estadía como bolseiro, durante o curso escolar anterior a esta convocatoria, daqueles deportistas que soliciten a renovación da praza.

– Formular proposta de resolución á persoa representante da Secretaría Xeral para o Deporte.

3. Finalizado o prazo para a presentación das solicitudes, a comisión de selección estudará a documentación presentada polas federacións deportivas (anexo II) e comprobará o cumprimento de todos os aspectos da convocatoria, sendo a federación deportiva galega a responsable da autenticidade dos datos presentados.

4. Unha vez valoradas as solicitudes por esta comisión, esta valoración será comunicada ás federacións deportivas e solicitantes indicando:

– Lista provisional de baremo.

– As federacións solicitantes.

– Os deportistas bolseiros.

– O réxime da praza solicitada e concedida.

– Puntos concedidos.

– Curso académico.

– Nova solicitude ou renova praza.

5. A comisión de selección poderá modificar a orde da lista, eliminar algún dos candidatos presentados ou introducir algún deportista de acordo cos criterios de selección establecidos.

6. A Secretaría Xeral poderá solicitar todas as xustificacións que considere necesarias sobre a orde en que os deportistas son propostos pola federación ou sobre a ausencia dalgún destacado deportista na lista.

Artigo 11. Proposta de resolución

1. A comisión de selección formulará unha proposta de resolución baseada nas maiores puntuacións obtidas.

2. Esta proposta de resolución provisional exporase a información pública, na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte, por un prazo de 10 días contados a partir do seguinte á data de publicación. Durante este prazo, os interesados poderán formular as alegacións que coiden pertinentes nos lugares e formas indicados para a presentación de solicitudes.

3. Se algún dos candidatos propostos tiver a intención de non aceptar a adxudicación da praza, deberá comunicalo expresamente dentro do prazo de alegacións e proporase ao seguinte con maior puntuación; ante o rexeitamento deste, ofreceráselle ao situado a seguir, e así sucesivamente ata a súa cobertura.

4. Logo de rematar o prazo de alegacións e examinadas estas, se as houber, formularase a proposta de resolución definitiva.

Artigo 12. Resolución

1. O prazo máximo para resolver a convocatoria será de tres meses, contados a partir da data límite para a presentación das solicitudes. De non se resolver neste prazo, as solicitudes entenderanse desestimadas.

2. Baseándose na proposta de resolución definitiva, a persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte ditará resolución pola que se adxudican as prazas de tecnificación e rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2021/22. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, exporase na web institucional da Secretaría Xeral para o Deporte e notificaráselles ás correspondentes federacións deportivas, con indicación das federacións, os deportistas bolseiros e o réxime da praza concedida.

3. Notificada a resolución polo órgano concedente, o beneficiario disporá dun prazo de dez días para a súa aceptación; transcorrido este sen que se produza manifestación expresa, entenderase desistido da solicitude formulada.

4. As baixas que se produzan unha vez publicada a listaxe definitiva teñen que ser comunicadas inmediatamente e por escrito polo/a intersado/a á dirección de correo cgtd@xunta.gal para que poidan ser cubertas.

As baixas cubriranse, se así o considera oportuno a Secretaría Xeral para o Deporte, con deportistas pertencentes ás federacións nas que se produzan as baixas e seguindo a lista de espera dos deportistas valorados e que non acadaron praza.

No caso do grupo de tecnificación, poderase ter en conta, por cuestións organizativas da residencia, que cumpran cos requisitos de curso e xénero do deportista que causou baixa, e que a organización da residencia permita.

5. A concesión e a percepción da praza non implica ningún tipo de relación laboral, ou de natureza similar, entre a Xunta de Galicia e as persoas beneficiarias.

6. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da praza e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

Artigo 13. Obrigas do deportista bolseiro

A persoa deportista bolseira estará obrigada a:

– Cumprir o proxecto deportivo da súa federación.

– Realizar un número mínimo de adestramentos no proxecto deportivo, segundo o Regulamento de réxime interno do CGTD.

– Adestrar co técnico que lle asigne a súa federación, ata a categoría Sub23 (incluída).

– Participar nas competicións autonómicas, nacionais ou internacionais que a federación ou técnico do CGTD considere, principalmente en representación de Galicia, agás causa debidamente xustificada.

– Someterse aos controis de dopaxe segundo a normativa en vigor.

– Pasar o control médico obrigatorio nos servizos médicos do CGTD.

– Formalizar o seu ingreso previamente á súa incorporación nas oficinas do CGTD.

– Cumprir a normativa contida no Regulamento de réxime interno do CGTD.

– Cumprir os requisitos establecidos no artigo 3 da convocatoria para ser beneficiario, durante o tempo de duración da praza.

– Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das subvencións.

Artigo 14. Obrigas das federacións deportivas solicitantes

1. As federacións quedarán obrigadas a publicar nas súas páxinas web esta convocatoria, así como unha relación dos deportistas que manifestaron o seu interese para seren incluídos no seu proxecto deportivo.

2. As federacións deportivas galegas, relacionadas no artigo 2, sobre unha base dun proxecto deportivo integral, no que figure un grupo de adestramento e unha cobertura técnica suficiente que garante a preparación dos deportistas, tal e como se especifica no anexo II, deberán realizar un estudo previo de todos os deportistas recollidos no proxecto deportivo.

3. No número 10 do índice do proxecto deportivo (anexo II), as federacións deberán incluir todos os deportistas que en tempo e forma solicitaron formar parte deste listaxe. Se algún dos deportistas non cumpre todos os requisitos establecidos no artigo 3 desta convocatoria, a federación deberá indicalo con claridade.

4. No caso dos deportistas propostos por primeira vez (nova admisión) para o grupo de tecnificación, as federacións deberán achegar copia do boletín de notas de xuño de 2021 ou ben un certificado de notas, que despois deben incorporar ao anexo VI de cada deportista.

Artigo 15. Doutras obrigas das federacións

1. As federacións disporán dun equipo técnico para o correcto desenvolvemento do proxecto deportivo presentado (anexo II), en todo caso atendendo ao establecido nesta convocatoria. A relación laboral entre os membros do equipo técnico e a federación deportiva de que dependen deberá axustarse en todo momento á lexislación laboral vixente. En ningún caso este persoal federativo gardará relación laboral ou doutro tipo coa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. O equipo técnico deberá cumprir o establecido na Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e adolescencia (BOE do 29 de xullo de 2015) e estará formado por:

– Un adestrador responsable da sección deportiva obrigatoriamente.

– Un substituto nomeado para cubrir as ausencias do responsable obrigatoriamente.

– Un ou varios adestrador/es responsable/s de grupo con carácter opcional.

3. O adestrador responsable da sección deportiva será a persoa con maior responsabilidade desa sección deportiva no CGTD e deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) Titulación: licenciado ou grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, ou título de técnico deportivo superior, ou adestrador deportivo de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente.

b) Experiencia: acreditar un mínimo de 3 anos como adestrador coa titulación exixida ou ter ou ter tido a condición de DGAN.

c) Non estar afectado por incompatibilidade.

d) Deberá estar presente nos adestramentos e facer cumprir o proxecto deportivo presentado polas federacións.

e) Deberá participar/asistir ás competicións onde participen os deportistas con praza no CGTD.

4. O adestrador de grupo terá a responsabilidade do seu grupo de adestramento e deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) Titulación: licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, ou título de técnico deportivo superior, ou adestrador deportivo de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente.

b) Non estar afectado por incompatibilidade.

c) Deberá estar presente nos adestramentos do seu grupo, adestrando os deportistas e cumprir o proxecto deportivo presentado polas federacións.

d) Deberá participar/asistir ás competicións onde participen os deportistas con praza no CGTD.

5. Os membros do equipo técnico non poderán adestrar outros deportistas no horario do grupo de adestramento do CGTD sen autorización da Dirección.

6. As funcións dos adestradores serán as recollidas nos anexos IV e V da presente convocatoria.

Sen prexuízo do anteriormente dito, a Secretaría Xeral para o Deporte poderá desestimar a proposta do responsable dos programas e/ou doutros membros do equipo técnico feita pola federación deportiva que solicita a autorización, fundamentando a súa decisión no incumprimento dalgún dos requisitos anteriores, ou ben por informe desfavorable por parte da comisión de selección, fundamentado nunha falta de compromiso co proxecto educativo do centro entre outras posibles causas.

Artigo 15. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro da correspondente resolución de convocatoria porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Secretaria Xeral para o Deporte no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 16. Revogación

1. Dunha praza.

A praza concedida a un deportista poderá ser obxecto de expediente de perda de dereito ou de reintegro, ademais de polas causas establecidas na normativa reguladora das axudas, polas seguintes causas:

– Inadaptación ás normas de convivencia.

– Dar positivo nun control de dopaxe ou negarse a pasalo.

– Se o recoñecemento médico do CGTD conclúe que non é apto.

– Poderase cancelar a praza porque así o solicite o deportista ou os seus pais/titores legais, no caso de ser menores de idade, sempre que veña motivada por causas xustificables.

– Igualmente poderase cancelar por motivos disciplinarios no caso de faltas moi graves segundo o regulamento de réxime interno do centro.

2. Dun programa.

Os programas poderán ser revogados ao longo do curso por instancia do presidente da federación galega correspondente, co acordo da asemblea xeral da súa federación.

CAPÍTULO II

Prazas para as instalacións do CGTD situadas en Pontevedra

Artigo 17. Natureza das prazas

1. Grupo de tecnificación.

Poderán ser beneficiarios de prazas do grupo de tecnificación as persoas deportistas que fagan 14 a 17 anos no 2021 (nados nos anos 2007, 2006, 2005 e 2004). Excepcionalmente poderanse atender solicitudes que por razóns académicas non se axusten ao rango de idade sinalado: alumnos de altas capacidades que, logo de autorización da Consellería de Educación cursen 3º de ESO con menos de 15 anos e alumnos de 2º de bacharelato que por ter repetido algún curso, antes do seu ingreso no CGTD, superen os 18 anos.

– Praza de residente 1: deportistas que residan fóra do raio de 3 km á redonda do CGTD.

Beneficios da praza: matrícula no IES adscrito ao centro, aloxamento (de domingo a xoves) e manutención completa (de domingo a venres), servizo de lavandaría, incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo, servizo de fisioterapia e titoría.

– Praza de externo 1: deportistas que residan dentro do raio de 3 km á redonda do CGTD.

Beneficios da praza: matrícula no IES adscrito ao centro, xantar no comedor da residencia (de luns a venres), incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo, servizo de fisioterapia e titoría.

2. Grupo de rendemento.

Poderán ser beneficiarios de prazas do grupo de rendemento os deportistas de máis de 18 anos.

– Praza de residente 2: deportistas que fagan de 18 a 25 anos en 2021 (nados do ano 2003 ao 1996) que residan fóra do raio de 3 km á redonda do CGTD.

Beneficios da praza: aloxamento (de luns a domingo) e manutención completa (de domingo a venres), servizo de lavandaría, incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.

– Praza de externo 2: deportistas que fagan de 18 a 25 anos no 2021 (nados do ano 2003 ao 1996).

Beneficios da praza: xantar no comedor da residencia (de luns a venres), incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.

– Elite: deportistas maiores de 25 anos (nados no ano 1995 ou anteriores).

Beneficios da praza: xantar no comedor da residencia (de luns a venres), instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.

A adxudicación do tipo de praza (externo 2, ou elite) está determinada ademais pola aplicación dos criterios establecidos no artigo 23 desta convocatoria.

– Os deportistas galegos de alto nivel (DGAN/DGAR/DGRDB) que non sexan bolseiros en ningún dos puntos anteriores poderán presentar unha solicitude directamente ao CGTD, no enderezo cgtd@xunta.gal, para o uso das instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia. Estás serán concedidas directamente pola dirección do centro segundo a dispoñibilidade dos espazos, horarios e instalacións.

Artigo 18. Número de prazas

Convócase un máximo de 160 prazas.

– Grupo de tecnificación:

• 103 prazas (ata un máximo de 86 residentes 1, o resto serán externos 1, 17) que se distribuirán entre os cursos 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato tendo en conta unha distribución ponderada e o límite de alumnado por curso establecido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Grupo de rendemento:

• Residente 2, ata 12 prazas (sen que poidan ser máis de 7 do mesmo sexo e como máximo 4 da mesma sección deportiva).

• Externo 2, e elite, ata un máximo de 45 prazas a decisión da Comisión de Selección segundo os criterios establecidos no punto sexto da convocatoria.

A Secretaría Xeral para o Deporte, vista a proposta da Comisión de Selección, poderá cubrir ou non a totalidade das prazas ofertadas.

A Secretaría Xeral para o Deporte reserva para si unha porcentaxe de non máis do 10 % das prazas que poderá cubrir durante todo o curso académico en función de situacións non recollidas nesta resolución sempre cumprindo uns criterios de excelencia deportiva e nivel académico acordes coas bases desta convocatoria. As prazas asignadas para cada sección deportiva, no caso de non cubrirse, pasarán á cota da Secretaría Xeral para o Deporte.

Naquelas seccións en que non se cubran o 50 % das prazas ou cando se cumpra a dita porcentaxe, se á vista das solicitudes presentadas non se poden cumprir os obxectivos do programa deportivo da federación, a Secretaría Xeral para o Deporte poderá non conceder as prazas solicitadas.

Malia o disposto anteriormente, o número total de prazas ofertadas estará suxeito aos requisitos e condicións requiridos en cada momento polas autoridades sanitarias competentes en función da evolución da situación epidemiolóxica provocada pola COVID-19. Deste xeito, o número total de prazas ofertadas e/ou concedidas poderá ser reducido en función da aplicación das medidas de protección estatais ou autonómicas para facer fronte á situación provocada pola COVID-19 ditadas polas autoridades sanitarias e/ou educativas.

Artigo 19. Duración das prazas

A duración das prazas será desde o 15 de setembro de 2021 ata ao 31 de xullo de 2022, exceptuando o grupo de tecnificación, que rematará a última semana do período lectivo.

CAPÍTULO III

Dos criterios de valoración

Artigo 20. Criterios de valoración

1. Todos os méritos valorables nos criterios deportivos e académicos que a seguir se detallan, deberán estar debidamente reflectidos no anexo VI desta convocatoria.

2. Valoraranse os criterios deportivos da modalidade deportiva e especialidade para a cal solicitan a praza ao CGTD.

3. Para a tecnificación de tríatlon, nas probas de ácuatlon e dúatlon terán unha valor da metade de puntos, sobre a modalidade olímpica.

4. Para valorar os deportistas nados no ano 2006 ou posteriores, nas modalidades en que non haxa modalidades ou probas olímpicas na categoría infantil e así o especifiquen no anexo II desta convocatoria, a valoración do resultado será a que especifique a federación e que sexa máis próxima á modalidade e proba olímpica.

5. Aqueles deportistas nados no ano 2006 ou posteriores que non tivesen competicións galegas ou nacionais nas dúas últimas tempadas e así o especifiquen no anexo II desta convocatoria deberán presentar un informe técnico o máis detallado posible xunto co anexo VI (valoracións antropométricas, anos/duración de adestramento, nivel de adestramento, test realizados, seguimento federativo, etc.), para ser valorados entre a comisión de selección e a federación correspondente.

6. Non serán valorados os méritos deportivos acadados nos campionatos de España de clubs, nos campionatos de España por seleccións autonómicas, nin tampouco en copas ou competicións internacionais de clubs.

7. Non serán susceptibles de valoración os resultados acadados en equipo coa excepción dos resultados obtidos en competicións internacionais formando parte da selección española. En vela considerarase a embarcación como individual.

8. Non se valorarán os resultados deportivos acadados en categorías máster, veteranos ou similar.

Artigo 21. Criterios de valoración para os deportistas de tecnificación

1. Criterios deportivos.

A valoración do rendemento deportivo vai variar en función da categoría en que o deportista proposto competise no ano en que se publica esta convocatoria de prazas, e do seu ano de nacemento, quedando como seguen:

a) Para valorar os deportistas nados nos anos 2007, 2006, 2005 e 2004 (máximo de 22,5 puntos):

– Mellor resultado no campionato de España do ano 2019, 2020 ou 2021 en modalidade e proba olímpica individual (de 15 a 2 puntos):

• 1º posto: 15 puntos.

• 2º posto: 13 puntos.

• 3º posto: 11 puntos.

• 4º posto: 10 puntos.

• 5º posto: 9 puntos.

• 6º posto: 8 puntos.

• 7º posto: 7 puntos.

• 8º posto: 6 puntos.

• 9º posto: 5 puntos.

• 10º posto: 4 puntos.

• 11º posto: 3 puntos.

• 12º posto: 2 puntos.

– Mellor resultado no campionato galego do ano 2019, 2020 ou 2021 en modalidade e proba olímpica individual (de 7,5 a 4 puntos):

• 1º posto: 7,5 puntos.

• 2º posto: 6,5 puntos.

• 3º posto: 5,5 puntos.

• 4º posto: 5 puntos.

• 5º posto: 4,5 puntos.

• 6º posto: 4 puntos.

b) Para valorar os deportistas nados no ano 2006 ou posteriores, nas modalidades en que non haxa campionato de España na categoría infantil, e así o especifiquen no anexo II desta convocatoria, a valoración do resultado no campionato galego será o seguinte en modalidade e proba olímpica individual e aplicarase o dito baremo aos deportistas carentes de competicións nacionais e autonómicas, que así o especifiquen no anexo II e veñan acompañadas por un informe técnico (máximo de 18 puntos):

• 1º posto: 18 puntos.

• 2º posto: 16 puntos.

• 3º posto: 14 puntos.

• 4º posto: 13 puntos.

• 5º posto: 12 puntos.

• 6º posto: 11 puntos.

• 7º posto: 10 puntos.

• 8º posto: 9 puntos.

• 9º posto: 8 puntos.

c) Deportistas que competiron formando parte da selección española en modalidades e probas olímpicas nos anos 2019, 2020 ou 2021 escollendo só unha das seguintes competicións (máximo 7 puntos).

– Se competiron nos campionatos do Mundo: 7 puntos.

– Se competiron nos campionatos de Europa: 6 puntos.

– Sumaranse 2 puntos adicionais se acadan estar entre os 8 primeiros postos do campionato.

– Se competiron en copas do Mundo: 5 puntos.

– Se competiron en copas de Europa: 4 puntos.

– Sumarase 1 punto adicional se acadan estar entre os 8 primeiros postos da copa.

d) As federacións poderán outorgar ata 10 puntos adicionais aos deportistas de tecnificación segundo a orde establecida no punto 8.1.a) do anexo II desta convocatoria, segundo a cota asignada á súa sección deportiva. Esta puntuación irá decrecendo medio punto por posto asignado. Para poder ser puntuado, a puntuación deberá estar acompañada dun informe técnico da federación correspondente xunto co anexo VI, onde xustifique, con criterios técnicos obxectivos, a puntuación do deportista (datos antropométricos, progresión deportiva, condicións de adestramento, etc.), reflectida no punto 8.1 do anexo II desta convocatoria. Se o dito informe for negativo, xustificadamente, poderá ser motivo de non inclusión do solicitante na cota da modalidade deportiva.

Esta puntuación non se terá en conta no momento en que teña que haber un desempate entre seccións deportivas.

Exemplo de modalidade deportiva de 10 prazas na súa cota de deportistas:

• 1º da lista: 10 puntos adicionais.

• 2º da lista: 9,5 puntos adicionais.

• 3º da lista: 9 puntos adicionais.

• 4º da lista: 8,5 puntos adicionais.

• 5º da lista: 8 puntos adicionais.

• 6º da lista: 7,5 puntos adicionais.

• 7º da lista: 7 puntos adicionais.

• 8º da lista: 6,5 puntos adicionais.

• 9º da lista: 6 puntos adicionais.

• 10º da lista: 5,5 puntos adicionales.

2. Criterios académicos.

– Se remata en xuño con todo aprobado e cunha nota superior a 8: 5 puntos.

– Se remata en xuño con todo aprobado e cunha nota media entre 6 e 8: 4 puntos.

– Se remata en xuño con todo aprobado e cunha nota media inferior ao 6: 2 puntos.

3. Criterio de actitude.

No caso de deportistas que aspiren a renovar a súa praza de tecnificación, terase en conta a valoración final residencial sobre o grao de aproveitamento e adaptación aos servizos residenciais, avaliacións deportivas, conforme as normas de convivencia durante o curso 2020/21, emitida pola dirección do centro, cunha escala que irá de 2 a -4 puntos.

4. Criterios de desempate no grupo de tecnificación.

A prelación de criterios será:

1º. O que obtivo maior puntuación na valoración do rendemento deportivo.

2º. O deportista bolseiro o ano anterior que opte por renovar a súa praza no CGTD fronte ao que se incorpora ao centro por primeira vez (sempre e cando non teña puntuación negativa, que non terá esta prelación).

3º. O que tivese a nota media máis alta en xuño no expediente académico do último curso.

4º. O de menor idade.

5º. Orde alfabética de apelidos e nome que comece pola letra Y, conforme o sorteo feito pola Consellería de Facenda no ano 2021 e publicado no Diario Oficial de Galicia nº 24, do 5 de febreiro de 2021.

5. Cota de prazas de tecnificación.

As prazas máximas do grupo de tecnificación distribuiranse entre as modalidades e especialidades deportivas do seguinte xeito, podendo cada sección renunciar ao número máximo co pertinente informe técnico da federación:

Atletismo lanzamentos: 4 prazas (4 residentes).

Bádminton: 7 prazas (6 residentes + 1 externo).

Judo: 10 prazas (8 residentes + 2 externos).

Karate: 4 prazas (4 residentes).

Loita: 10 prazas (8 residentes + 2 externos).

Natación pura e augas abertas: 9 prazas (7 residentes + 2 externo).

Natación artística: 4 prazas (3 residentes + 1 externo).

Piragüismo slálom: 5 prazas (4 residentes + 1 externo).

Piragüismo AT: 18 prazas (15 residentes + 3 externos).

Remo: 6 prazas (5 residentes + 1 externo).

Taekwondo: 10 prazas (8 residentes + 2 externos).

Tríatlon: 8 prazas (7 residentes + 1 externo).

Vela: 6 prazas (5 residentes + 1 externo).

Ximnasia: 2 prazas (2 residentes).

As prazas que non se cubran polas diferentes seccións deportivas pasarán á reserva de prazas da Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 22. Criterios de valoración para os deportistas de rendemento

As prazas do grupo de rendemento distribuiranse entre as mesmas modalidades e especialidades deportivas que o grupo de tecnificación.

1. Prazas de residente 2.

Non poderán optar á dita praza de residente 2 os deportistas con bolsa ADO, ADOP ou PODIUM e pasarán a ser externos 2.

a) Deportistas que acadaron un resultado entre os 12 primeiros, nos últimos xogos olímpicos ou paralímpicos, ou campionato do Mundo da súa categoría en modalidades e probas olímpicas, ata 12 puntos:

• 1º posto: 12 puntos.

• 2º posto: 11 puntos.

• 3º posto: 10 puntos.

• 4º posto: 9 puntos.

• 5º posto: 8 puntos.

• 6º posto: 7 puntos.

• 7º posto: 6 puntos.

• 8º posto: 5 puntos.

• 9º posto: 4 puntos.

• 10º posto: 3 puntos.

• 11º posto: 2 punto.

• 12º posto: 1 punto.

b) Deportistas que acadaron un resultado entre os 9 primeiros, no último campionato de Europa da súa categoría en modalidades e probas olímpicas, ata 9 puntos:

• 1º posto: 9 puntos.

• 2º posto: 8 puntos.

• 3º posto: 7 puntos.

• 4º posto: 6 puntos.

• 5º posto: 5 puntos.

• 6º posto: 4 puntos.

• 7º posto: 3 puntos.

• 8º posto: 2 puntos.

• 9º posto: 1 punto.

c) Deportistas que participaron nos últimos xogos olímpicos ou paralímpicos, ou campionato do Mundo ou campionato de Europa, coa selección nacional da súa categoría en modalidades e probas olímpicas, ata 3 puntos.

– Xogos olímpicos/xogos paralímpicos: 3 puntos.

– Campionato do Mundo: 2 punto.

– Campionato de Europa: 1 punto.

d) Deportistas que participaron nos campionatos de España de forma individual en modalidades e probas olímpicas, ata 2 puntos:

• 1º posto: 2 puntos.

• 2º posto:1 punto.

e) Deportistas que no curso anterior 2020/21 estiveron formando parte dun grupo de tecnificación no CGTD: 2 puntos. Cando o deportista que renove teña un informe negativo da dirección do CGTD, nota de convivencia ou valoración final non satisfactoria, esta alínea non será valorada. Este criterio non será valorado se non se obtén ningún punto nas alíneas anteriores.

f) Criterios de desempate no grupo de residente 2.

A prelación de criterios será:

1º. O que obtivo unha maior puntuación sumando os puntos correspondentes ao posto obtido no último campionato de Europa e no último campionato de Mundo, xogos olímpicos ou paralímpicos.

2º. O deportista que opte por renovar a súa praza no CGTD (sempre que non teña unha puntuación negativa no informe do CGTD).

3º. En caso de continuar o empate, entraría o deportista que obtivo un mellor posto no último campionato do Mundo.

4º. O de menor idade.

5º. Orde alfabética de apelidos e nome que comece pola letra Y, conforme o sorteo feito pola Consellería de Facenda no ano 2021 e publicado no Diario Oficial de Galicia nº 24, do 5 de febreiro de 2021.

g) O deportista que, solicitando unha praza de residente 2 no grupo de rendemento, non consiga acceder a ela, pasará á lista de candidatos ao resto de prazas de rendemento, segundo os méritos alegados e os criterios recollidos nesta convocatoria.

2. Prazas de externo 2 e elite.

Aplicaranse os mesmos criterios que para residentes 2 pero que non acaden puntuación suficiente para as prazas ofertadas.

a) Criterios de desempate no grupo de externo 2 e elite.

A prelación de criterios será:

1º. O que obtivo unha maior puntuación sumando os puntos correspondentes ao posto obtido no último campionato de Europa e no último campionato de Mundo, xogos olímpicos ou paralímpicos.

2º. O deportista que opte por renovar a súa praza no CGTD (sempre que non teña unha puntuación negativa no informe do CGTD).

3º. En caso de continuar o empate, entraría o deportista que obtivo un mellor posto no último campionato do Mundo.

4º. O de menor idade.

5º. Orde alfabética de apelidos e nome que comece pola letra Y, conforme o sorteo feito pola Consellería de Facenda no ano 2021 e publicado no Diario Oficial de Galicia nº 24, do 5 de febreiro de 2021.

Artigo 23. Criterios de selección

En caso de que houbese máis candidatos que prazas dispoñibles para acceder as prazas de rendemento correspondentes a externo 2 ou a elite, procederíase segundo os criterios a seguir sinalados por orde de prioridade:

1. Os que ocupen unha praza de elite sobre os que ocupe unha de externo 2.

2. Os que renoven a súa praza fronte aos que se incorporen por primeira vez ao centro.

CAPÍTULO IV

Doutras disposicións

Artigo 24. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 25. Publicidade dos actos

Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Segundo o previsto nos artigos 14 e 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Secretaría Xeral para o Deporte publicará na súa páxina web as bases que regulan a presente convocatoria e, no Diario Oficial de Galicia, as bases e os datos relevantes referidos ás subvencións concedidas, polo que a presentación da solicitude supón a autorización dos beneficiarios para o tratamento dos datos necesarios para este fin.

Artigo 26. Réxime xurídico

O réxime xurídico aplicable a esta convocatoria é o seguinte: Lei 9/2007, do 13 de xuño (DOG número 121, do 25 de xuño), de subvencións de Galicia; Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG número 20, do 29 de xaneiro), polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007; os preceptos declarados básicos pola disposición derradeira primeira da Lei 38/2003, do 17 de novembro (BOE número 276, do 18 de novembro), xeral de subvencións e Real decreto 887/2006, do 21 de xullo (BOE número 176, do 25 de xullo), polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, a Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normativa de xeral aplicación.

Artigo 27. Recursos

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 a 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición adicional única

Os deportistas seleccionados pola Federación Galega de Vela para o uso do Centro Galego de Vela, situado en Villagarcía de Arousa, nas clases olímpicas, de tecnificación así como de alto rendemento con programas encamiñados a París 2024 e con 16 anos cumpridos en diante, tras a súa correspondente revisión e publicación por parte da Secretaría Xeral para o Deporte, terán os beneficios de servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

A duración dos beneficios sesrá desde o 15 de setembro de 2010 ata o 14 de setembro de 2022.

Disposición derradeira primeira

A persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte poderá ditar, no ámbito das súas competencias, cantos actos e medidas sexan precisos para o desenvolvemento desta resolución.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2021

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file