Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 5 de agosto de 2021 Páx. 39233

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 22 de xullo de 2021 pola que se modifica a autorización do CPR Plurilingüe Padre Míguez, de Vigo.

A representación da titularidade do CPR Plurilingüe Padre Míguez, de Vigo, solicita autorización para impartir 1 unidade de educación especial e o ciclo formativo de grao medio (CM) Sistemas Microinformáticos e Redes.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do centro e autorizar 1 unidade de educación especial e o CM Sistemas Microinformáticos e Redes. O centro queda configurado como se detalla a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR) plurilingüe.

Denominación específica: Padre Míguez.

Código do centro: 36011221.

Enderezo: rúa Montecelo, 1, Teis.

Localidade: Vigo.

Código postal: 36207.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Fillas Divina Pastora Calasancias.

Composición resultante:

• Educación infantil (2º ciclo): 6 unidades.

• Educación primaria: 12 unidades.

• Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

• Educación especial: 1 unidade.

• FPB Informática e Comunicacións (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• 1 CM Sistemas Microinformáticos e Redes (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (2 unidades de 20 postos escolares cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento da unidade que se autoriza, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia, así como o equipamento axeitado.

Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade