Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 11 de agosto de 2021 Páx. 40181

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 7 de xuño de 2021 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 116, do 21 de xuño de 2021, é necesario facer a seguinte corrección:

No anexo I, na táboa 0056, nas páxinas 31051 e 31052, onde di: «Acceso restrinxido: os documentos que conteñen datos persoais que poidan afectar a seguridade, honra, saúde, intimidade ou imaxe das persoas e, en todo caso, os supostos de violencia de xénero, poderán ser obxecto de consulta pública se media consentimento das persoas afectadas, ou logo de que transcorran 25 anos desde a súa morte ou, se non se coñece a data do pasamento, 50 anos desde a produción do documento»; debe dicir: «Acceso restrinxido: 30 anos. Os documentos que conteñen datos persoais que poidan afectar a seguridade, honra, saúde, intimidade ou imaxe das persoas e, en todo caso, os supostos de violencia de xénero, poderán ser obxecto de consulta pública se media consentimento das persoas afectadas, ou logo de que transcorran 25 anos desde a súa morte ou, se non se coñece a data do pasamento, 50 anos desde a produción do documento».