Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 11 de agosto de 2021 Páx. 40182

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 30 de xullo de 2021 pola que se modifica a autorización do CPR plurilingüe Liceo La Paz, da Coruña.

A titularidade do centro privado (CPR) plurilingüe Liceo La Paz, da Coruña, solicita a modificación da autorización para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Xestión administrativa, o ciclo formativo de grao superior (CS) Transporte e loxística e o CS Educación infantil, nas modalidades a distancia e semipresencial.

O centro está autorizado para impartir as devanditas ensinanzas na modalidade presencial, en virtude da Orde do 16 de xullo de 2020.

A Orde do 5 de novembro de 2010, publicada no Diario Oficial de Galicia do 11 de novembro de 2010, establece, con carácter experimental, a ordenación da formación profesional inicial polo réxime para persoas adultas nas modalidades a distancia e semipresencial.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do centro e autorizar o CM Xestión administrativa, o CS Transporte e loxística e o CS Educación infantil, nas modalidades a distancia e semipresencial, quedando o centro configurado como se detalla a seguir:

Denominación xenérica: centro privado (CPR) plurilingüe.

Denominación específica: Liceo La Paz.

Código: 15004265.

Enderezo: Sebastián Martínez Risco, 1.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titulares: Carlos Pérez Roca e Antonio Pintor Vidal.

Composición resultante:

Educación infantil: 15 unidades.

Educación primaria: 30 unidades.

Educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.

Bacharelato:

• 8 unidades das modalidades de Ciencias, e de Humanidades e Ciencias Sociais.

• 4 unidades da modalidade de Artes: vía artes escénicas, música e danza e vía de artes plásticas, imaxe e deseño.

Formación profesional.

a) Ciclos formativos de grao medio (CM), modalidade presencial:

• 1 CM Atención a persoas en situación de dependencia (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 2 CM Coidados auxiliares de enfermaría (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Guía no medio natural e de tempo libre (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Emerxencias sanitarias (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Farmacia e parafarmacia (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 2 CM Sistemas microinformáticos e redes (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Xestión administrativa (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

b) Ciclos formativos de grao superior (CS) modalidade presencial:

• 2 CS Administración e finanzas (4 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 2 CS Administración de sistemas informáticos en rede (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 2 CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de aplicacións web (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Dietética (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Documentación e administración sanitarias (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 2 CS Educación infantil (4 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 2 CS Ensino e animación sociodeportiva (4 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Patronaxe e moda (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Transporte e loxística (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

c) Ciclos formativos, réxime de persoas adultas nas modalidades a distancia e semipresencial:

• CM Atención a persoas en situación de dependencia.

• CM Farmacia e parafarmacia.

• CM Sistemas microinformáticos e redes.

• CM Xestión administrativa.

• CS Administración e finanzas.

• CS Administración de sistemas informáticos en rede.

• CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma.

• CS Desenvolvemento de aplicacións web.

• CS Dietética.

• CS Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear.

• CS Documentación e administración sanitarias.

• CS Educación infantil.

• CS Transporte e loxística.

Ensinanzas para persoas adultas en quenda de tarde-noite:

• Educación secundaria obrigatoria: 8 unidades.

• Bacharelato: 6 unidades das modalidades de Ciencias, e de Humanidades e Ciencias Sociais.

Artigo 2. Ordenación académica

1. Ás ensinanzas autorizadas no artigo 1.1 desta orde aplicaráselles, en canto sexa axeitado a súa natureza, o previsto na Orde do 5 de novembro de 2010 pola que se establece, con carácter experimental, a ordenación da formación profesional inicial polo réxime para as persoas adultas nas modalidades a distancia e semipresencial.

2. O desenvolvemento dos módulos profesionais organizarase sobre a base da titoría individual e colectiva, que serán atendidas directamente polo profesorado de cada módulo. A titoría individual realizarase preferentemente de xeito telemático; a colectiva terá carácter presencial coa intervención directa do profesorado, nas instalacións do centro docente.

A asistencia ás titorías presenciais nas instalacións do centro educativo terá carácter voluntario para o alumnado.

3. Ao longo do período lectivo correspondente, o profesorado de cada módulo profesional realizará un seguimento do desenvolvemento do proceso de ensino e aprendizaxe, utilizando para iso os instrumentos e os procedementos de recollida de información previamente establecidos na programación dos módulos, que deberán ser coñecidos polo alumnado.

A avaliación da aprendizaxe do alumnado será continua a través das actividades que se programen e harmonizarase con probas presenciais teórico-prácticas para cada avaliación parcial, de carácter obrigatorio para o alumnado, e axustadas aos resultados de aprendizaxe e aos criterios de avaliación dos currículos dos módulos profesionais. Ao finalizar o desenvolvemento de cada módulo realizarase unha proba presencial final de carácter global. Esta proba terá que realizala o alumnado que non superase o módulo mediante as probas presenciais parciais que se realicen ao longo do curso.

4. O profesorado que imparta nas modalidades de distancia e semipresencial disporá das competencias necesarias para o manexo da plataforma de formación a distancia e para realizar o seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.

Artigo 3. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 4. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 5. Modificación da autorización

O centro queda obrigado a cumprir a normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se deba modificar calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade