Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 11 de agosto de 2021 Páx. 40188

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as subvencións previstas na Resolución do 23 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento SI427A) (Diario Oficial de Galicia número 46, do 9 de marzo).

Mediante a Resolución do 23 de febreiro de 2021 establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade para o ano 2021.

Estas axudas teñen como finalidade o desenvolvemento de programas que fomenten a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación en que se atopan as mulleres en situación de especial vulnerabilidade, para dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación persoal, social e laboral, a través de programas que inclúen unha atención personalizada e especializada de cara á integración social e laboral das participantes, e responder a un dos seguintes tipos:

a) Programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes con fillas ou fillos menores de tres anos, en situación de especial vulnerabilidade.

b) Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada para mulleres en situación de especial vulnerabilidade, pertencentes a un ou varios colectivos nos cales concorra a dita situación, segundo a relación que figura na disposición adicional única da Resolución do 23 de febreiro de 2021.

De acordo co establecido no artigo 2 da convocatoria, o crédito destinado ao financiamento destas axudas é o seguinte:

Aplicación

Proxecto

Importe

2021.11.02.313B.481.2

2021.00062

1.400.000,00

Con data do 2 de xuño de 2021, DOG núm. 102, publicouse a Resolución do 24 de maio de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, convocadas pola Resolución do 23 de febreiro de 2021. No anexo II desta resolución relaciónanse as solicitudes que quedaron na lista de espera segundo a orde de puntuación e que, de ser o caso, poderán ser atendidas a través do crédito que quede sen comprometer por producirse algunha renuncia, por modificación nos proxectos inicialmente presentados ou por un incremento do crédito orzamentario dispoñible destinado a estas subvencións.

Mediante a Resolución do 22 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, publicada no DOG nº 145, do 30 de xullo, ampliouse a dotación orzamentaria da Resolución do 23 de febreiro de 2021. Con esta ampliación orzamentaria o crédito dispoñible para atender as axudas a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade quedou establecido en 1.605.892,24 euros, coa seguinte distribución por aplicación orzamentaria:

Aplicación

Crédito inicial

Ampliación

Crédito total

2021.11.02.313B.481.2

1.400.000,00 €

205.892,24 €

1.605.892,24 €

Segundo o artigo 14.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Tendo en conta que se dan os supostos previstos nos artigos 2.4 e 12.4 das bases reguladoras, logo da ampliación do crédito destinado a estas axudas, e con base na valoración realizada pola Comisión de Valoración prevista no artigo 12.2 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder, logo da ampliación do crédito destinado a estas axudas, as subvencións para as entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade que se indican no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidos no artigo 13 das bases reguladoras, pola contía e para o desenvolvemento das actuacións que figuran no anexo I, por un importe total de 217.888,07 euros, na aplicación orzamentaria 11.02.313B.481.2, proxecto de gasto 2021.00062, coa denominación Recursos integrais para mulleres en situación de especial vulnerabilidade consignada no estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

Segundo. Informar as entidades beneficiarias que figuran no anexo I desta resolución de que, de acordo co establecido no artigo 14.4 das bases reguladoras, unha vez notificada a resolución de concesión, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación, e comprometerse a executar o programa ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicar o dito aspecto no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

Terceiro. Segundo o artigo 3 das bases reguladoras, estas subvencións son incompatibles con calquera outra axuda pública para a mesma actuación ou actividade.

Cuarto. De conformidade co artigo 18.2 das bases reguladoras, realizarase un primeiro pagamento do 80 % da contía da subvención concedida, en concepto de pagamento anticipado, que se fará efectivo unha vez notificada a resolución de concesión. O 20 % restante, ou a parte que corresponda, librarase logo da xustificación polas entidades beneficiarias do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e demais condicións exixidas na Resolución do 23 de febreiro de 2021.

Quinto. A data límite de presentación da documentación xustificativa da realización do programa subvencionado, de acordo co artigo 17.1 das bases reguladoras, é o 11 de outubro de 2021.

As actuacións correspondentes aos programas subvencionados xustificaranse a través das modalidades de custos simplificados previstas nos artigos 67.1.b) e d), 67.5.d), 68.bis.2 e 68.ter do Regulamento (UE) 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1046, segundo módulo ou custo unitario por hora efectivamente traballada, calculado sobre o correspondente custo directo de persoal máis un 20 % en concepto de gastos directos e indirectos derivados do programa.

O período de referencia para o desenvolvemento do programa e para a imputación dos gastos subvencionables é o comprendido entre o 1 de outubro de 2020 e ata o 30 de setembro de 2021, ambos os dous incluídos.

Sexto. As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 19 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.

Sétimo. No artigo 21 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade que se minorará ou reintegrará.

Oitavo. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interporse recurso potestativo de reposición ante a secretaria xeral da Igualdade, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao desta publicación, de conformidade co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, de acordo co establecido nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2021

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO I

Concesións

Nº de expte.

Entidade

NIF

Denominación do programa

Nº total de horas subvencionables imputadas ao programa

Importe total do gasto subvencionable

Nº mínimo de usuarias

Nº mínimo de usuarias con atención continuada

Puntos

Tramo

Importe concesión

SI427A 2021/23

Asociación Diversidades

G27783950

Donas da cidade 2021

1.820

40.229,28

42

25

59

60,00 %

24.137,57

SI427A 2021/24

Asociación de Movilidad Humana para la Colaboración al Desarrollo

G70464334

Centro de empoderamento de mulleres migrantes empregadas do fogar e os coidados (CEMMECC)

1.824

40.002,05

42

25

58

60,00 %

24.001,23

SI427A 2021/41

Asociación Escola Rural de Saúde da Limia

G32426025

Mulleres do rural en crecemento

184

4.067,14

4

2

58

60,00 %

2.440,28

SI427A 2021/59

Asociación Síndrome de Down de Lugo (Down Lugo)

G27202043

Programa de empoderamento para mulleres en situación de especial vulnerabilidade de Down Lugo

1.376

30.415,10

32

19

56

60,00 %

18.249,06

SI427A 2021/63

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

Em-podérate 21

1.379

30.481,42

32

19

56

60,00 %

18.288,85

SI427A 2021/69

Asociación Dignidad Galicia

G15500853

Acompaña, en femenino

1.135

25.088,04

26

16

56

60,00 %

15.052,82

SI427A 2021/73

Asociación Albores Saúde Mental

G27252279

Iguais en saúde mental

543

11.507,98

13

8

56

60,00 %

6.904,79

SI427A 2021/80

Cruz Roja Española

Q2866001G

Primeira infancia: apoio á crianza de 0 a 3 anos

860

19.009,44

20

12

56

60,00 %

11.405,66

SI427A 2021/44

Rede de mulleres contra os malos tratos de Vigo

G36928646

Xuntas

451

9.968,90

10

6

54

50,00 %

4.984,45

SI427A 2021/61

Acción Familiar Ferrol

G15745466

Reinvéntate-programa de apoio integral a mulleres en situación de especial vulnerabilidade

215

4.752,36

5

3

53

50,00 %

2.376,18

SI427A 2021/13

Asociación Saúde Mental A Creba

G15476310

Apoio integral a mulleres en situación de especial vulnerabilidade procedentes do medio rural

344

7.603,78

8

5

52

50,00 %

3.801,89

SI427A 2021/20

Cáritas Diocesana de Ourense

R3200098F

Apoia a vivenda 2021

1.005:30

19.788,24

9

9

50

50,00 %

9.894,12

SI427A 2021/22

Asociación Cultural Vive Vilariño

G32504508

Un camiño de igualdade

800

15.710,40

19

11

49

50,00 %

7.855,20

SI427A 2021/37

ASPNAIS

G27018365

Programa de igualdade para as mulleres con discapacidade intelectual de ASPNAIS

1.700

34.456,80

40

24

47

50,00 %

17.228,40

SI427A 2021/40

Fundación Amigó

G81454969

Proxecto acompañando

700

15.472,80

16

10

43

40,00 %

6.189,12

SI427A 2021/45

Fundación Formavigo

G27753367

Traballo cualificado para mulleres en especial vulnerabilidade no sector do metal

1.229

27.165,82

29

17

42

40,00 %

10.866,33

SI427A 2021/81

Asociación Española Contra el Cáncer

G28197564

Atención especializada a mulleres con cancro

2.032:32

39.996,06

47

28

42

40,00 %

15.998,42

SI427A 2021/28

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

R1500053B

Programa materno-infantil

860

19.009,44

20

12

41

40,00 %

7.603,78

SI427A 2021/55

Fundación Diagrama Intervención Psicosocial

G73038457

Programa de atención integral para a empregabilidade de mulleres vítimas de violencia de xénero

1.200

26.524,80

28

17

39

40,00 %

10.609,92