Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 26 de agosto de 2021 Páx. 42902

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción ao parque eólico Monte Toural, sito nos concellos de Coristanco e Santa Comba (A Coruña) e promovido por Greenalia Wind Power, S.L.U. (expediente IN408A 2017/17).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Greenalia Power, S.L.U. (actualmente Greenalia Wind Power, S.L.U.) en relación coas autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Monte Toural (en diante, o parque eólico), constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 26.10.2017, Greenalia Power, S.L.U. (en diante, o promotor) solicitou as autorizacións administrativas previa e de construción, a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a aprobación do proxecto sectorial das instalacións do parque eólico Monte Toural (en diante, o parque eólico).

O 9.3.2018 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas (actualmente Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais) notificoulle ao promotor o cumprimento dos requisitos de capacidade do solicitante e da solicitude establecidos nos artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro. O 16.3.2018, o promotor achegou o xustificante de pagamento da taxa correspondente á autorización administrativa das instalacións de parques eólicos.

Segundo. O 20.4.2018, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe a que facía referencia o artigo 33.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro.

Terceiro. O 10.4.2018, o promotor solicitou a declaración de interese especial para o parque eólico.

Cuarto. O 17.4.2018, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático emitiu o informe a que facía referencia o artigo 33.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro.

Quinto. O 26.4.2018, o Consello da Xunta de Galicia declarou o parque eólico como proxecto de interese especial.

Sexto. Por Acordo do 26 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña (en diante, a xefatura territorial), someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental do parque eólico Monte Toural.

O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 19.7.2018 e no xornal La Voz de Galicia do 19.7.2018. Así mesmo, permaneceu exposta ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Coristanco e Santa Comba), da xefatura territorial e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

A continuación, resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública e durante a tramitación do expediente, recollidas no anexo desta resolución:

1. Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, maioritariamente en relación coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo, cos enderezos para os efectos de notificacións, co tipo de aproveitamento, coa comprobación das superficies afectadas e das disposicións das afeccións sobre os predios, etc.

2. Na relación de bens e dereitos afectados non hai constancia dos prezos da expropiación e tanto as vías como as gabias para as redes eléctricas deben ser tratadas como afeccións de pleno dominio.

3. Incorporación na relación de bens e dereitos afectados ao ter na actualidade contratos de dereito de voo ou superficie sobre as parcelas situadas no termo municipal de Coristanco.

4. Os aeroxeradores AE-3, AE-4 e AE-5, así como as infraestruturas correspondentes, sitúanse no permiso de investigación Salgueiras; asemade, a área de afección do parque eólico superponse cos perímetros da concesión de explotación Carmen nº 1807, fracción 2 e demasías e co perímetro do permiso de investigación Salgueiras.

5. Desprazamento da vía e da gabia dun predio afectado para ter un prexuízo menor.

6. Opacidade e falta de participación das persoas afectadas na instalación que se pretende levar a cabo, incumpríndose así as directrices que constan na Lei 21/2013, de avaliación ambiental, así como na Lei 39/2015, do procedemento administrativo común, en canto aos procedementos que tivesen efectos sobre estes, así como facilitar a totalidade da documentación do proxecto.

7. Para levar a cabo a declaración de utilidade pública debe sustentarse nunha memoria en que debe constar o indicado no punto 2 da disposición adicional primeira da Lei 5/2017, do 19 de outubro, a cal non figura na documentación consultada.

8. O proxecto non cumpre coa normativa técnica urbanística.

9. Revisión das localizacións dos aeroxeradores nos concellos, xa que existen contradicións na documentación e no DOG que deben ser aclaradas.

10. O AE2 está sobre o campo de fútbol de Portorrubio; por tanto, afecta un equipamento existente.

11. A supresión ou desprazamento do aeroxerador AE-5, e de levarse a cabo a construción do parque, que se indemnice economicamente.

12. O parque eólico non ten posibilidade de evacuación da enerxía producida, xa que non existe conexión á rede eléctrica actual.

13. A actividade agraria tanto convencional como ecolóxica sería imposible, entre outras cousas, pola contaminación do aire. O sector forestal quedaría seriamente danado, non só coa redución de terreo forestal senón tamén polos cambios que comportaría na tipoloxía de especies permitidas, altura destas, etc. Isto traería consecuencias sobre os postos de traballo que existen neste sector, así como no agrario.

14. Non se achegan datos contundentes para que a Administración antepoña o dereito de aproveitamento eólico para a produción de enerxía eléctrica por parte dunha empresa privada, sobre os dereitos de todos os cidadáns a ter un medio ambiental axeitado, conservar os dereitos patrimoniais e culturais, así como as funcións que as citadas zonas desempeñan, ademais dos dereitos das persoas propietarias dos predios afectados.

15. A instalación dun parque eólico non semella compatible coa protección de zonas húmidas (a Lagoa de Alcaián e o Marco do Couto), coa presenza de especies endémicas, tanto animais como vexetais, incluso algunhas en perigo de extinción e/ou consideradas vulnerables como a Euphorbia uliginosa, a Centaurea ultreiae (especie que só se dá nesta zona), a Lycopediella inundata ou a Spiranthes aestivalis. Na zona de instalación do parque foron detectadas formacións de hábitat código 4020-4030 (queirogais atlánticos).

16. En canto á hidroloxía da zona, as masas de auga deberán terse máis en conta polos riscos derivados das afeccións previstas.

17. A importancia histórica e arqueolóxica da zona proposta para o parque é unha das máis interesantes tanto do concello de Coristanco como da comarca de Bergantiños e de Galicia, polo que debe prevalecer o interese cultural e arqueolóxico sobre o aproveitamento enerxético.

18. Impactos negativos na Fervenza de Castriz e no Túmulo Alto da Mina, así como grandes afeccións no lugar de Mira, en Coristanco, e no lugar de Sabaceda, en Santa Comba.

19. A localización do proxecto non é boa nesta zona por ser de grande importancia ambiental e patrimonial; precísase un informe máis completo sobre as sinerxías no conxunto do parque, así como outra localización alternativa para o proxecto.

20. Infrinxiríase numerosa lexislación ambiental promulgada coa finalidade de defender os recursos naturais a través da súa utilización racional, e a conservación de especies que están amparadas e protexidas pola lexislación.

21. Impacto visual e paisaxístico, así como contaminación electromagnética e contaminación acústica, con afeccións sobre a saúde dos veciños; algunhas casas atópanse a menos de 500 ou 1.000 m dos aeroxeradores.

22. O promotor non tivo en conta o establecido na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, xa que non se prevén as distancias mínimas nas repoboacións e os tipos de solo en que se prohiben as repoboacións.

23. Os parques eólicos Campelo, Monte Toural e Bustelo, malia que se tramitan independentemente, formarían parte dun mesmo parque (mesmo promotor, mesma área xeográfica e incluso comparten infraestruturas), polo que debería ser un único estudo de impacto ambiental onde se estuden os efectos sinérxicos de todas as instalacións en proxecto no seu conxunto e non os impactos por separado, ademais de ter en conta o parque eólico Castelo xa en funcionamento. Deberían tramitarse os tres parques como un único proxecto en lugar de facelo separadamente, e así a tramitación ambiental sería máis restritiva.

24. Coa tramitación separada dos proxectos dos tres parques eólicos (Monte Toural, Bustelo e Campelo) que forman parte dun mesmo parque, evitan a tramitación estatal, xa que debería existir un único estudo de impacto ambiental que recolla os efectos sinérxicos de todas as instalacións.

25. Solicitan o rexeitamento do proxecto xa que non se xustifica o seu interese especial nin a utilidade pública dadas as afeccións á paisaxe, aos ecosistemas, ás poboacións próximas, á saúde e a falta dunha axeitada avaliación ambiental.

26. A implantación dos parques eólicos (Bustelo, Campelo e Monte Toural) e da LAT Campelo Mesón é contraria aos intereses socioeconómicos dos veciños e ten un importante impacto negativo na saúde, no ambiente e na paisaxe.

27. Solicitudes de denegación das autorizacións, da declaración de utilidade pública, así como da aprobación do proxecto sectorial do parque eólico e impacto ambiental.

28. Indícase que a Xunta de Galicia debe aplicar a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, e demais lexislación ambiental en primeiro lugar, e en detrimento do regulamento do Plan sectorial eólico de Galicia. Considérase que se converteu nunha norma inválida e, por tanto, inaplicable ao non incorporar nin integrar na súa planificación a actual normativa ambiental e paisaxística, incluído o Plan de xestión do lobo de Galicia do ano 2008.

29. Considérase que o Plan sectorial eólico hoxe está obsoleto xa que non ten en conta os cambios tecnolóxicos dos aeroxeradores nin os cambios socioeconómicos das áreas afectadas. Considérase que o Plan sectorial se converteu, polo transcurso dos anos, nunha norma inválida, polo que se deberá revisar e proceder á súa actualización inmediata, ao abeiro da lexislación ambiental actual e con base no principio de xerarquía normativa e nulidade de pleno dereito das disposicións administrativas que vulneran normas de rango superior. A fragmentación do territorio que implica na práctica dá lugar a unha fragmentación dos hábitats e das paisaxes que debería ser obxecto de avaliación e estudo global, por non estar nin avaliada nin valorada nin cualificada, non podendo por tanto adoptarse medidas ao respecto, co obxecto de eliminar ou minimizar os impactos negativos para as familias afectadas por proxectos como o proxecto eólico Monte Toural.

30. Fragmentación de hábitats e perda de biodiversidade derivada dunha deficiente e obsoleta planificación sectorial eólica.

31. Solicita a ineficacia da Resolución do 27 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do 26 de abril de 2018, do Consello da Xunta de Galicia, polo que se declaran de interese especial varios proxectos de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes renovables e as súas infraestruturas de evacuación asociadas (DOG núm. 94, do 18 de maio) e de cantos actos administrativos deriven da tramitación dos proxectos eólicos Bustelo, Campelo e Monte Toural.

32. A revisión da declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico Monte Toural por incorrer en nulidade de pleno dereito do artigo 47 e de anulabilidade do artigo 48 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ao prescindiren total e absolutamente do procedemento establecido e por infracción normativa ao basearse nun plan sectorial eólico inválido e ilegal.

33. Solicita a nulidade de pleno dereito da declaración de impacto ambiental favorable do proxecto eólico Monte Toural, por obviar e omitir a avaliación dos impactos do proxecto eólico sobre o lobo, ao abeiro do Convenio de Berna e o Plan galego de xestión da especie.

34. A fragmentación fraudulenta dun parque de maior potencia e dimensión, motivo abondo polo que ten que ser revogada a declaración de impacto ambiental do proxecto do parque eólico.

Sétimo. O 23.7.2018, a xefatura territorial remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Cellnex Telecom, S.A., Retegal, Concello de Coristanco, Concello de Santa Comba, Consellería do Medio Rural, Augas de Galicia e Unión Fenosa Distribución, S.A.

Oitavo. O 2.8.2018, a xefatura territorial informou que a poligonal do parque eólico afecta o perímetro outorgado da concesión de explotación Carmen núm. 1807 e da solicitude dun permiso de investigación Cortegana núm. 7143.

Noveno. O 8.8.2018, Cellnex Telecom, S.A. emitiu o correspondente condicionado. O 29.8.2018, o promotor manifestou a súa conformidade.

Décimo. O 14.8.2018, Retegal emitiu o correspondente condicionado. O 4.9.2018, o promotor manifestou a súa conformidade.

Décimo primeiro. O 17.8.2018, Augas de Galicia emitiu o correspondente condicionado. O 4.9.2018, o promotor manifestou a súa conformidade.

Décimo segundo. O 13.9.2018, o Instituto de Estudos do Territorio, no seu informe sobre o estudo de impacto ambiental, establece a necesidade de estudar outras posibles localizacións dos aeroxeradores AE-1 e AE-2, para evitar o impacto paisaxístico sobre a área de especial interese paisaxístico (AEIP-09-07) Lagoa de Alcaián.

Décimo terceiro. O 14.9.2018, a xefatura territorial emitiu informe sobre o proxecto de execución. Coa mesma data, remitiu o expediente do parque eólico á Dirección Xeral de Enerxía e Minas (actualmente Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais) para continuar coa tramitación do procedemento.

Décimo cuarto. O 20.9.2018, reiterouse a solicitude da emisión do correspondente condicionado técnico, feita pola xefatura territorial o 26.7.2018 e o 27.7.2018, aos concellos de Coristanco e Santa Comba e á Consellería do Medio Rural.

Décimo quinto. O 21.9.2018, reiterouse a solicitude da emisión do correspondente condicionado técnico, feita pola xefatura territorial o 31.7.2018, a Unión Fenosa Distribución, S.A.

Décimo sexto. O 8.10.2018, Unión Fenosa Distribución, S.A. require ao promotor documentación adicional para a emisión do seu informe.

Décimo sétimo. O 18.10.2018, o promotor achegou o documento «Contestación ao informe de impacto e integración paisaxística do parque eólico Monte Toural emitido polo Instituto de Estudos do Territorio», a que se fai referencia no antecedente de feito décimo segundo desta resolución.

Décimo oitavo. O 25.10.2018, o promotor achega a documentación adicional solicitada por Unión Fenosa Distribución, a cal emite informe favorable sobre ela o 22.11.2018.

Décimo noveno. O 12.11.2018, o Instituto de Estudos do Territorio emitiu informe favorable sobre a documentación achegada polo promotor, na cal se establece a eliminación do AE-2 e o desprazamento do aeroxerador AE-1 (2.500 metros ao sur da Lagoa de Alcaián), que provocan a eliminación do camiño de acceso a eles que discorría polo ámbito da área de especial interese paisaxístico, evitando deste xeito calquera afección do parque eólico á citada área.

Vixésimo. O 7.2.2019, esta dirección xeral tomou razón do cambio de denominación social de Greenalia Power, S.L.U. a favor de Greenalia Wind Power, S.L.U.

Vixésimo primeiro. O 7.2.2019, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural informou sobre a necesidade de presentación dun único documento que recolla e integre as diferentes addendas presentadas e que teña presentes, desenvoltas e analizadas todas as cuestións reflectidas no propio informe.

Vixésimo segundo. O 25.4.2019, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea autorizou as instalacións do parque eólico, establecendo o correspondente condicionado.

Vixésimo terceiro. O 4.7.2019, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural emitiu informe favorable dentro do procedemento ambiental sobre a documentación achegada polo promotor o 27.2.2019, en que se recollía a modificación do proxecto.

Vixésimo cuarto. O 24.7.2019, a promotora presenta unha modificación da documentación técnica de acordo cos condicionados xurdidos durante a tramitación do expediente, derivados dos informes emitidos polo Instituto de Estudos do Territorio e pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural, consistentes basicamente en: eliminación da máquina AE02 e das súas infraestruturas asociadas, cambio de localización dos aeroxeradores AE01 e AE04, cambio de modelo de aeroxerador e modificación das plataformas de montaxe para adaptar o seu deseño ao novo modelo de aeroxerador, así como novo deseño do trazado do vieiro de acceso ás máquinas AE01, 03 e 04.

Vixésimo quinto. O 4.10.2019, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación coa modificación do proxecto recollida no antecedente anterior, o informe a que facía referencia o artigo 33.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Vixésimo sexto. O 9.10.2019 e o 15.10.2019, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas (actualmente Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais) remitiulles, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as novas separatas do proxecto de execución do parque eólico aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Cellnex Telecom, S.A., Retegal, Concello de Coristanco, Concello de Santa Comba, Augas de Galicia e Unión Fenosa Distribución, S.A.

Vixésimo sétimo. O 28.10.2019, Augas de Galicia emitiu o correspondente condicionado. O 5.11.2019, o promotor manifestou a súa aceptación.

Vixésimo oitavo. O 4.11.2019, Cellnex Telecom, S.A. emitiu o correspondente condicionado. O 18.11.2019, o promotor manifestou a súa conformidade.

Vixésimo noveno. O 12.11.2019, Retegal remitiu o correspondente condicionado. O 18.11.2019, o promotor manifestou a súa conformidade.

Trixésimo. O 26.11.2019, Unión Fenosa Distribución emitiu o correspondente condicionado. O 2.12.2019, o promotor manifestou a súa conformidade.

Trixésimo primeiro. O 12.12.2019, reiterouse a solicitude da emisión do correspondente condicionado técnico, feita pola dirección xeral o 9.10.2019, ao Concello de Santa Comba.

Trixésimo segundo. O 25.3.2020, o Concello de Coristanco emitiu o correspondente condicionado. O 7.4.2020, o promotor manifestou a súa conformidade.

Trixésimo terceiro. O 20.11.2020, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que fixo pública mediante Anuncio do 23 de novembro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro).

Trixésimo cuarto. O 30.12.2020, o Concello de Santa Comba emitiu informe ambiental sobre os prexuízos que ocasionaría a instalación do parque eólico Monte Toural para o contorno natural da Fervenza de Castriz e os contornos fluviais do Río Mira e Río Xallas.

Trixésimo quinto. O 4.2.2021, a xefatura territorial emitiu o informe relativo á normativa de instalacións industriais e eléctricas do proxecto de execución do parque eólico Monte Toural nos termos municipais de Coristanco e Santa Comba (A Coruña). Xullo 2019 e da addenda ao proxecto de execución dp parque eólico Monte Toural. Xaneiro 2021.

Trixésimo sexto. O 12.4.2021, o Instituto de Estudos do Territorio informou que, de acordo co establecido na disposición transitoria única do Decreto 238/2020, do 29 de decembro, polo que se aproban as directrices de paisaxe de Galicia, non é obrigatorio que o proxecto do parque eólico adapte o seu contido ás ditas directrices.

Trixésimo sétimo. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede para a potencia obxecto desta autorización, de acordo co informe do xestor da dita rede.

Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais é competente para resolver este procedemento en virtude do artigo 20 do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, e no artigo 34.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia, e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, visto o seu contido e as respostas efectuadas polo promotor, cómpre manifestar o seguinte:

1. En canto ás alegacións relacionadas coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados (localización, extensión, tipo de aproveitamento...), así como coas compensacións económicas que poidan percibir as persoas afectadas pola eventual expropiación daqueles, cómpre indicar que serán tidas en conta na resolución do procedemento de declaración de utilidade pública do parque eólico, que non é obxecto da presente resolución.

En todo caso, no que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegase a un acordo entre a promotora e as persoas afectadas, durante o procedemento expropiador fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.

2. No que respecta ás alegacións de carácter urbanístico, estas serán tidas en conta para a emisión do informe a que fai referencia o artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, en relación co proxecto sectorial do parque eólico. En todo caso, o proxecto que se aproba mediante esta resolución conta con informe da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, como se recolle no antecedente de feito vixésimo quinto, onde se indica que todas as posicións cumpren coa distancia mínima de 500 m respecto das delimitacións dos núcleos rurais, solo urbano e solo urbanizable. Asemade, recolle que, analizadas as afeccións que concorren no ámbito do proxecto, para a emisión do informe a que fai referencia o artigo 40.1 da Lei 8/2009, solicitaranse informes aos organismos competentes en materia de patrimonio cultural, montes, planificación hidrolóxica, afección ao dominio hidráulico e suficiencia de recursos hídricos, telecomunicacións, minaría e Delegación do Goberno.

3. No relativo ás afeccións de carácter ambiental do proxecto e afeccións ao patrimonio cultural, natural e paisaxístico, e aquelas referentes aos niveis de ruído e ao efecto shadow flicker, así como os posibles efectos acumulativos ou sinérxicos, cabe indicar que este proxecto foi sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental que corresponde, resultado do cal a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, o 20.11.2020, formulou a declaración de impacto ambiental, con carácter previo á autorización do parque eólico, onde se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental en que pode desenvolverse o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias.

Durante o trámite de avaliación de impacto ambiental a que foi sometido o proxecto, recibíronse informes dos seguintes organismos: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Saúde Pública, Instituto de Estudos do Territorio, Axencia Turismo de Galicia, Augas de Galicia, Subdirección Xeral de Planificación e Protección Civil da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, e Concello de Coristanco.

4. Con respecto á fragmentación dos expedientes dos parques eólicos Bustelo (IN408A 2017/02), Monte Toural (IN408A 2017/17) e Campelo (IN661A 2011/16), así como da LAT 220 KV Campelo-Mesón (IN408A 2018/14), cómpre efectuar as seguintes consideracións:

A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, define o fraccionamento de proxectos como o «mecanismo artificioso de división dun proxecto co obxectivo de evitar a avaliación de impacto ambiental ordinaria, no caso de que a suma das magnitudes supere os limiares establecidos no anexo I». O pretendido fraccionamento tería como fin último eludir a avaliación ambiental ordinaria. Porén, no caso de parques eólicos próximos entre si, non é posible (mediante o fraccionamento) evitar o seu sometemento ao procedemento ordinario de avaliación ambiental, pola obriga de considerar os efectos sinérxicos ou acumulativos con outros parques xa construídos e/ou avaliados.

Así, no ámbito dos parques eólicos, o referido anexo I establece que estarán sometidas á avaliación ambiental ordinaria, entre outras, as instalacións para a utilización da forza do vento para a produción de enerxía (parques eólicos) que teñan 50 ou máis aeroxeradores, ou que teñan máis de 30 MW ou que se atopen a menos de 2 km doutro parque eólico en funcionamento, en construción, con autorización administrativa ou con declaración de impacto ambiental.

Polo tanto, no caso das instalacións de aproveitamento eólico, o fraccionamento que se alega de adverso non produce os efectos denunciados (evitar que o proxecto teña que ser sometido a unha avaliación ambiental ordinaria). Dito noutras palabras, as presuntas vantaxes que desde o punto de vista da tramitación ambiental podería ter un fraccionamento non son tales, xa que a existencia doutros parques eólicos nas proximidades obriga á realización do trámite ambiental ordinario para o novo parque.

Por outra banda, a Lei 21/2013 obriga a que os estudos de impacto ambiental que presenten os promotores deban incluír os efectos sinérxicos ou acumulativos derivados da existencia doutros parques eólicos ou outro tipo de instalacións nas proximidades. Polo tanto, ese suposto fraccionamento dos proxectos non evita que a avaliación ambiental deba ter en conta o efecto derivado da proximidade doutras instalacións e infraestruturas.

O estudo de impacto ambiental do parque eólico obxecto da presente resolución inclúe un estudo dos efectos sinérxicos con parques eólicos e liñas eléctricas situadas na súa contorna, entre eles os parques eólicos de Campelo e Bustelo, así como a LAT 220 kV Campelo-Mesón, que constitúe a liña eléctrica de evacuación destes tres parques.

Cómpre sinalar que nada impide, desde o punto de vista da lexislación ambiental e do sector eléctrico a execución de parques próximos entre si por parte dun mesmo ou distintos promotores e compartindo certas instalacións. Así o declarou o Tribunal Supremo, na súa Sentenza do 11 de decembro de 2013, cando di que «...unha cousa é que os distintos elementos e instalacións dun parque eólico deban ter unha consideración unitaria e outra que iso impida que poidan existir parques próximos e que estes poidan compartir a localización dalgúns elementos ou a liña de vertedura á rede».

Pola contra, tanto a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, como o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, así como o Real decreto 1183/2020, do 29 de decembro, de acceso e conexión ás redes de transporte e distribución de enerxía eléctrica, obrigan a que se compartan as infraestruturas de evacuación, precisamente para evitar un maior impacto ambiental. En concreto, a disposición derradeira segunda do Real decreto 1183/2020 modifica o Real decreto 1955/2000 para condicionar a autorización administrativa das infraestruturas de evacuación á presentación, por parte dos titulares das ditas liñas de evacuación, dun documento que acredite a existencia dun acordo vinculante para o uso compartido delas por parte de todos os titulares de permisos de acceso e conexión na mesma posición de liña. En palabras do Alto Tribunal, na devandita Sentenza do 11 de decembro de 2013, «non podería darse un tratamento separado a grupos de aeroxeradores de forma artificiosa e tratalos como parques autónomos, ou duplicar instalacións co mesmo fin, pois iso comportaría efectivamente unha fraude de lei que, á marxe do seu maior impacto ambiental, podería supoñer unha alteración da competencia ou unha evitación de maiores exixencias ambientais».

Pola súa parte, a Lei 8/2009 define parque eólico como a instalación de produción de electricidade a partir de enerxía eólica, constituída por un ou varios aeroxeradores interconectados electricamente con liñas propias, que comparten unha mesma estrutura de accesos e control, con medición de enerxía propia, así como coa obra civil necesaria. Polo tanto, de acordo con esta definición, pode colixirse o carácter unitario dun parque e considerarse autónomo e independente sempre que teña capacidade de funcionamento separado, sen prexuízo de que comparta infraestruturas de evacuación con outros parques. É máis, compartir infraestruturas de evacuación supón, como é lóxico, un menor impacto ambiental, obxectivo que se persegue neste tipo de instalacións. Nesta mesma liña, a utilización de accesos comúns supón un uso máis racional do terreo, pois reduce as superficies afectadas polas instalacións.

No que respecta á definición de instalacións de conexión, a Lei 8/2009 remítese ao establecido no artigo 30 do mencionado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, entendendo por instalacións de conexión de centrais de xeración aquelas que sirvan de ligazón entre unha ou varias centrais de xeración de enerxía eléctrica e a correspondente instalación de transporte ou distribución, incluíndo liñas e subestacións.

Neste caso concreto, e como xa se mencionou, o parque eólico Monte Toural comparte infraestruturas de evacuación cos parques eólicos de Campelo e Bustelo, o que non impide que os tres teñan carácter unitario e que poidan funcionar de forma independente, posto que cada un deles dispón dos correspondentes equipamentos de corte e medida da enerxía, e que ao mesmo tempo supón unha redución dos impactos ambientais xerados.

5. No que respecta ás consideracións efectuadas sobre a falta de xustificación da necesidade dun procedemento de declaración de utilidade pública, e ás solicitudes de denegación da dita declaración, cómpre indicar que estas alegacións serán tidas en conta na resolución que finalmente se adopte sobre esta cuestión.

6. Na tramitación da declaración de interese especial do proxecto cumpríronse os requisitos e seguiuse o procedemento establecido na disposición adicional primeira da Lei 8/2009, do 22 de decembro, introducida pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Esta declaración de interese especial ten como efectos a tramitación de forma prioritaria e con carácter de urxencia e a redución á metade dos prazos necesarios na instrución do procedemento da autorización administrativa previa e/ou de construción, así como dos prazos na instrución do procedemento de avaliación ambiental que sexa necesario. Así mesmo, reduciranse á metade os prazos necesarios na tramitación do proxecto sectorial.

De conformidade co artigo 33.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non caberá recurso ningún contra o acordo que declare a aplicación da tramitación de urxencia ao procedemento, sen prexuízo do procedente contra a resolución que poña fin ao procedemento.

7. En resposta ás alegacións en que se solicita a nulidade ou a revisión da declaración de impacto ambiental, cómpre remitirse ao disposto no artigo 41.4 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, o cal establece que «A declaración de impacto ambiental non será obxecto de recurso sen prexuízo dos que, de ser o caso, procedan en vía administrativa e xudicial fronte ao acto polo que se autoriza o proxecto».

8. No que respecta á validez e aplicación do Plan sectorial eólico de Galicia, cómpre subliñar que este segue vixente e resulta plenamente aplicable. A Lei 8/2009, do 22 de decembro, reiterando neste punto o disposto no anterior Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, ampara a plena vixencia e aplicabilidade do plan preexistente mentres non se aprobe o novo previsto, ao establecer na súa disposición transitoria terceira que «mentres non se aprobe un novo plan sectorial de Galicia entenderase aplicable o actualmente vixente en todo aquilo que non se opoña ao establecido nesta lei». Á marxe do anterior, cómpre lembrar que na tramitación de cada procedemento de autorización de parques eólicos a Administración observa a normativa ambiental en vigor, incorporando aos expedientes os informes e actuacións legalmente exixibles.

9. No que atinxe ás alegacións sobre concorrencia de utilidades públicas e a súa compatibilidade ou prevalencia, cabe responder que esta cuestión será abordada na fase do expediente correspondente á declaración de utilidade pública do parque eólico.

10. No que respecta ás alegacións relativas á oposición e modificación dos trazados das servidumes afectadas, considérase o número 3 do artigo 153 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. No dito número ponse de manifesto a necesidade de acreditar na solicitude de variación do trazado a conformidade previa dos novos propietarios coa dita variación, debidamente documentada, así como o compromiso formal de sufragar todos os gastos que ocasione a súa realización.

11. En relación coa falta de conexión á rede eléctrica do proxecto, segundo recolle o antecedente de feito trixésimo sétimo, de acordo co informe do xestor da dita rede, o parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede para a potencia obxecto desta autorización.

12. Respecto á opacidade e falta de participación das persoas afectadas, cabe indicar que, como recolle o antecedente de feito sexto, a autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a autorización administrativa de construción, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo de impacto ambiental das instalacións relativas ao parque eólico Monte Toural foron sometidas a información pública, mediante o Acordo do 26 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, que o dito acordo se publicou no Diario Oficial de Galicia do 19.7.2018 e no xornal La Voz de Galicia do 19.7.2018 e que, asemade, permaneceu exposto ao público nos taboleiros de anuncios dos concellos afectados (Coristanco e Santa Comba), da xefatura territorial e da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Coruña, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.

No que respecta á participación do público no procedemento de avaliación ambiental, cómpre sinalar que a normativa que rexeu este procedemento incorpora as disposicións previstas no convenio Aarhus sobre participación pública, polo que os dereitos que nel se establecen quedan debidamente garantidos.

13. No referente á localización dos aeroxeradores, cómpre indicar que, derivados dos informes emitidos polo Instituto de Estudos do Territorio e pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural, o 24.7.2019 a promotora presentou unha modificación do proxecto que incluía a eliminación do aeroxerador AE02, así como o cambio de localización dos aeroxeradores AE01 e AE04.

A dita modificación foi recollida na declaración de impacto ambiental do 20.11.2020, que se fixo pública mediante anuncio da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático do 23 de novembro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro), e conta co informe do 4.10.2019, da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, en que se comprobou que as posicións dos catro aeroxeradores seguen cumprindo a distancia mínima de 500 m regulada no punto 3.1 do PSEGA respecto das delimitacións dos núcleos rurais, solo urbano e solo urbanizable. Así mesmo, verificouse que o aeroxerador AE02 non está localizado sobre o campo de fútbol de Portorrubio.

14. En relación coa reclamación sobre os prexuízos xerados polo proxecto sobre as explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais, cómpre indicar que non están previstas afeccións aos usos actuais máis alá das propias zonas de implantación das infraestruturas definidas no proxecto de execución.

Cuarto. A continuación, recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, con respecto da declaración de impacto ambiental (DIA) das instalacións do parque eólico Monte Toural, formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 20.11.2020, e recollida no antecedente de feito trixésimo terceiro desta resolución:

a) Na epígrafe 6 da DIA recóllese a proposta, que literalmente di: «Logo de finalizar a análise técnica do expediente de avaliación de impacto ambiental, proponse formular a declaración de impacto ambiental do proxecto nos termos recollidos ao longo deste documento, en cumprimento do disposto no artigo 41 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental».

De conformidade coa mencionada proposta, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolve: «Formular a declaración de impacto ambiental do parque eólico Monte Toural, considerando que o proxecto é ambientalmente viable sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e na restante documentación avaliada, o condicionado que figura ao longo deste documento, tendo en conta que, no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto nesta DIA».

b) A DIA que nos ocupa refírese ás instalacións do parque eólico Monte Toural.

Nos epígrafes 4 e 5 da DIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

4.2.1. Protección da atmosfera.

4.2.2. Protección das augas e leitos fluviais.

4.2.3. Protección do solo e infraestruturas.

4.2.4. Xestión de residuos.

4.2.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

4.2.6. Integración paisaxística e restauración.

4.3. Outras condicións.

5. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa para o parque eólico Monte Toural, sito nos concellos de Coristanco e de Santa Comba (A Coruña) e promovido pola sociedade Greenalia Wind Power, S.L.U., para unha potencia de 18 MW.

Segundo. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución das instalacións do parque eólico Monte Toural, composto polos seguintes documentos, todos eles asinados pola enxeñeira de minas María Moreno Martínez, colexiada nº 3229 do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste:

– Proxecto de execución do parque eólico Monte Toural nos termos municipais de Coristanco e Santa Comba (A Coruña). Xullo 2019, visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas do Noroeste o 22.7.2019 (folio 44, asento 355).

– Addenda ao proxecto de execución do parque eólico Monte Toural nos termos municipais de Coristanco e Santa Comba (A Coruña). Xaneiro 2021, asinado o 3.2.2021.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Greenalia Wind Power, S.L.U.

Domicilio: praza María Pita, nº 10, 1º, 15001 A Coruña.

Denominación: parque eólico Monte Toural.

Potencia que se instalará: 18 MW.

Concellos afectados: Coristanco e Santa Comba (A Coruña).

Produción media anual neta estimada: 53,747 GWh/ano.

Orzamento de execución material (sen IVE): 12.647.150,47 euros.

Coordenadas perimétricas da poligonal do parque eólico, ás cales se circunscriben as autorizacións:

Vértices poligonal

Coordenadas UTM

(ETRS89, fuso 29)

X

Y

1

521.875

4.773.786

2

522.443

4.775.602

3

521.467

4.775.514

4

518.876

4.774.960

5

518.379

4.773.544

6

518.921

4.770.366

7

521.875

4.770.612

Localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Coordenadas UTM

(ETRS89, fuso 29)

Concello

X

Y

AE 01

521.253

4.771.250

Santa Comba

AE 03

521.215

4.772.266

Coristanco

AE 04

520.684

4.771.618

Santa Comba

AE 05

519.428

4.770.767

Santa Comba

Localización do centro colector e seccionamento/colector:

Centro de control e seccionamento/colector

Coordenadas UTM

(ETRS89, fuso 29)

X

Y

520.087

4.771.474

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 4 aeroxeradores modelo Lagerwey ou similar, cunha altura de buxa de 111 m e un diámetro de rotor de 136 m, con xerador síncrono de 4,5 MW de potencia nominal unitaria e cos seus correspondentes centros de transformación montados en góndola con potencia unitaria de 5.000 kVA de relación de transformación de 0,69/30 kV, montados sobre fuste tubular metálico.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e o centro de control e seccionamento/colector do parque eólico, composta por 2 circuítos con condutores tipo RHZ1-OL 18/30 kV (Al) 1×(3×240) mm² e 1×(3×400) mm² nos correspondentes tramos, e 1 circuíto de saída (evacuación) formado por 3 condutores tipo RHZ1-OL 18/30 kV (Al) 3×(3×500) mm², con orixe no centro de control e seccionamento/colector proxectado e final na futura SET Campelo proxectada no expediente do PE Campelo.

– O centro de control e seccionamento/colector en envolvente prefabricada conterá un trafo para servizos auxiliares de 50 KVA e 5 celas coa seguinte configuración: cela de protección servizos auxiliares, cela de entrada (circuíto 1), cela de entrada (circuíto 2), cela de protección xeral e cela de medida e cela de medida e saída de evacuación.

– Rede xeral de terras con condutor Cu-50 mm², de xeito que as instalacións electromecánicas e o centro de control/colector do parque eólico forman un conxunto equipotencial.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Greenalia Wind Power, S.L.U. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, en 109.688 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), o promotor efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

4. De conformidade co artigo 34.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, o promotor disporá dun prazo de tres anos, contados a partir do outorgamento da autorización administrativa previa e de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no punto 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

5. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico que lle resulten de aplicación.

6. O promotor deberá dar cumprimento a todas as condicións establecidas na declaración de impacto ambiental do 20.11.2020, así como ás establecidas no correspondente programa de vixilancia e seguimento ambiental.

7. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

8. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, o promotor deberá presentar, ante a xefatura territorial, un certificado de final de obra subscrito por un técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución aprobado, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Así mesmo, deberá presentar ante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico.

9. No caso de que se manifestasen perturbacións na recepción do sinal de televisión, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Greenalia Wind Power, S.L.U. deberá adoptar as medidas necesarias para devolverlle á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

10. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar a revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

11. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

12. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2021

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética
e Recursos Naturais

ANEXO

1. Alegacións presentadas durante o período de información pública e durante a tramitación do expediente, indicado no antecedente de feito sexto:

Corcel Minerals, S.L., o 10.8.2018; Antonio Pardiño Fernández, o 10.8.2018; Jesús Álvarez Pensado, o 10.8.2018; María Carmen Rial Abelenda, o 10.8.2018; Beatriz Souto Álvarez, o 10.8.2018; Carmen Rial Mourelle, o 10.8.2018; Iván Souto Álvarez, o 10.8.2018; Manuel Souto Calvelo, o 10.8.2018; Óscar Manuel Canosa Romero, o 10.8.2018; Dolores Pardiño Fernández, o 10.8.2018; José Manuel Mariño Cabrera, o 10.8.2018; Manuel Canosa Castro, o 10.8.2018; Purificación Abelenda Couto, o 10.8.2018; Víctor Pose Velo, o 10.8.2018; Clarisa García Mourelle, o 10.8.2018; Luciano Rial Mourelle, o 10.8.2018; Mercedes Mourelle Vilas, o 10.8.2018; Ramón J. Pose Reino, o 10.8.2018; Rosa Filgueira Pérez, o 10.8.2018; Isaura Pose Velo, o 10.8.2018; Julio Graíño Pérez, o 13.8.2018; María del Carmen Pensado Pensado, o 13.8.2018; Nicolás Ramón Graíño, o 13.8.2018; Roberto Lavandeira Barca, o 13.8.2018; Adolfo Porteiro Pose, o 13.8.2018; Daniel Porteiro Rial, o 13.8.2018; Ermencina Rial Mourelle, o 13.8.2018; Marcos Pena Rial, o 13.8.2018; María do Carme Pardiño Rial, o 13.8.2018; Alberto Pena Rial, o 13.8.2018; Cristina Porteiro Rial, o 13.8.2018; Dolores Álvarez Pensado, o 10.8.2018; Manuel Pena Novo, o 13.8.2018; Mercedes Barca Martínez, o 10.8.2018; Clarisa Vázquez Porteiro, o 13.8.2018; Dolores Rial Souto, o 13.8.2018; Fernando Mariño Castro, o 13.8.2018; José Pérez Ríos, o 13.8.2018; Manuel Queaires Porteiro, o 13.8.2018; Amancio Lavandeira Suárez, o 10.8.2018; Andrés Manuel Díaz Abeledo, o 10.8.2018; Laura Mariño Taibo, como concelleira e portavoz do Bloque Nacionalista Galego en Coristanco, o 9.8.2018; Carmen García Pérez, o 10.8.2018; José Luis Vieites Quintáns, o 10.8.2018; Carmen Velo Rial, o 10.8.2018; Eneas Rial Abelenda, o 10.8.2018; José Luis García Pichel, o 10.8.2018; José Manuel Vázquez Mayo, o 13.8.2018; Manuel Graíño Abelenda, o 10.8.2018; Ángel Pensado Mourelle, o 13.8.2018; María Blandina Rial Mourelle, o 13.8.2018; Manuel Rial Mourelle, o 13.8.2018; Xoán Antón Vázquez Rial, o 13.8.2018; Ana María Cancela Álvarez, o 10.8.2018; Jesús Manuel Vázquez Porteiro, o 13.8.2018; José Antonio España Faqué, o 10.8.2018; Lurdes Pardiño Rial, o 10.8.2018; Celestino Vázquez Estraviz, en representación de PLAFOR, S.A., o 27.7.2018; alegación conxunta de Asociación Autonómica Cultural e Ambiental Petón do Lobo, Asociación Ambiental Cova Crea, Asociación de Amigos e Amigas dos Bosques O Ouriol do Anllóns, o 23.7.2018; Andrés Cancela Rey, o 8.8.2018; José Manuel García Ameijeiras, o 2.8.2018; Florinda Mata Barbeira, o 3.8.2018; José Luis Pensado Gómez, o 23.7.2018; Manuel García Leis, o 31.7.2018; José Manuel Recarey Negreira, o 31.7.2018; José Ramón Álvarez Rey, o 30.7.2018; María Sol Graíño Álvarez, o 27.7.2018; Antonio Suárez Muñiz, o 24.7.2018; Manuel García Ameijeiras, o 7.8.2018; Andrés M. Díaz Abeledo, o 10.8.2018; Rubén Rial Abelenda, o 10.8.2018; Yolanda Rial Abelenda, o 10.8.2018; Rosa Mª Castro Antelo, Mª Estrella Castro Antelo e José Antonio Castro Antelo, o 18.9.2018; María del Carmen Varela Remuiñan, o 23.8.2018; Gumersindo Campaña Ferro, o 25.10.2018; Victoria Blanco Sande, en representación da Asociación Mulleres Rurais Airiños do Xallas, o 25.6.2019; María do Carme Pardiño Rial, en representación da Plataforma Non Eólicos Bustelo-Campelo-Monte Toural, o 18.6.2019; Asociación Autonómica Cultural e Ambiental Petón do Lobo, o 1.12.2020 e o 14.12.2020; Asociación Cova Crea, o 18.12.2020; Carlos Penedo Casmartiño, o 21.12.2020; Asunción García Vila, o 31.12.2020; Carmen Mata Gómez, o 31.12.2020; Ramón Antelo García, o 31.12.2020; Eva Antelo Mata, o 31.12.2020; Luis Calvo Maroñas, o 5.1.2021; Beatriz Calvo Barbeira, o 5.1.2021; Juan Manuel Fernández Vilar, o 5.1.2021; María Matilde Barbeira Calvo, o 5.1.2021; Laura Calvo Barbeira, o 5.1.2021; Iván Tasende Vilar, o 7.1.2021; María del Carmen Fernández Vilar, o 7.1.2021; Inés Gesto Ferreiro, o 7.1.2021; Alberto José Otero Regueira, o 7.1.2021; Josefa Vilar García, o 7.1.2021; José María Mourelle Guillin, o 7.1.2021; José Vilas Ameijeiras, o 7.1.2021; Ana Raquel Pena Rodríguez, o 7.1.2021; Helene Bornier Mourelle, o 7.1.2021; Pablo Cancela Pazos, o 7.1.2021; Jesús Cancela Calvo, o 7.1.2021; Tamara Vilas Pazos, o 7.1.2021; Clementina Pazos Calvo, o 7.1.2021; José Manuel Antelo García, o 7.1.2021; Melania Mourelle Bornier, o 7.1.2021; Carmen Pazos Calvo, o 7.1.2021; Soler Gabín Domínguez, o 7.1.2021; Rocío Areosa Novo, o 11.1.2021; David Turnes García, o 11.1.2021; Eva María Felipe García, o 11.1.2021; María José Santos Vázquez, o 11.1.2021; María Trinidad Felpete Novo, o 11.1.2021; Manuel Calvo Ameijeiras, o 11.1.2021; Avelino Boquete García, o 11.1.2021; Ramón Souto Souto, o 11.1.2021; Andrés Teijeiro Suárez, o 11.1.2021; Maximino Calvo Barbeira, o 11.1.2021; María Blandina Barbeira Otero, o 11.1.2021; Manuel Gerpe García, o 11.1.2021; Manuel Recarey Recarey, o 11.1.2021; Lucía Souto Rial, o 11.1.2021; José Teijeiro Rial, o 11.1.2021; Francisco Duarte Martínez, o 11.1.2021; David Duarte García, o 11.1.2021; Juana Vieites García, o 11.1.2021; Yolanda García Gerpe, o 11.1.2021; Erika Parjol Parjol, o 11.1.2021; Alberto Ferreiro Negreira, o 11.1.2021; María García Ameijeiras, o 11.1.2021; Carmen García Álvarez, o 11.1.2021; María Carmen Ameijeiras Couto, o 11.1.2021; Beatriz Ameijeiras Couto, o 11.1.2021; Hermosinda Rodríguez Amarelle, o 11.1.2021; Josefa Suárez Barreiro, o 11.1.2021; José Barbeira García, o 11.1.2021; María del Carmen Reyes Pena, o 11.1.2021; María Elsa Rodríguez Amarelle, o 11.1.2021; Alejandro Caramés Iglesias, o 11.1.2021; Natalia Fraga Vázquez, o 11.1.2021; Noelia Barbeira García, o 11.1.2021; Miguel Ángel Barbeira Vilar, o 11.1.2021; Carmen Teijeiro Mata, o 11.1.2021; Miguel Ángel Barbeira García, o 11.1.2021; José Barbeira Calvo, o 11.1.2021; Esteban Martínez Mañana, o 11.1.2021; Silvia Fraga Vázquez, o 11.1.2021; Lorenzo Barbeira García, o 11.1.2021; Thania Pensado Barbeira, o 11.1.2021; José Ameijeiras Couto, o 11.1.2021; Laura Barbeira Vilar, o 11.1.2021; Alberto García Rodríguez, o 11.1.2021; Francisco Fraga Pereiro, o 11.1.2021; Ermelinda Vázquez Otero, o 11.1.2021; Nerea Pazos Reyes, o 11.1.2021; Ramón Pazos Maroñas, o 11.1.2021; Sonia Vilar Díaz, o 11.1.2021; María Vanesa Santos Trillo, o 11.1.2021; Manuel Recarey Souto, o 11.1.2021; Dora Castro Mouro, o 11.1.2021; José María Vilar Caamaño, o 11.1.2021; Dolores Abelenda García, o 11.1.2021; Ángel Souto Varela, o 11.1.2021; Jesús Rial, o 11.1.2021; Evangelina Velo, o 11.1.2021; José Ramón Couto Calvo, o 11.1.2021; Matilde Calvo Pazos, o 11.1.2021; Fabio Ameijeiras Castro, o 11.1.2021; Daniel Nieto Pastoriza, o 11.1.2021; Mónica Abelenda González, o 11.1.2021; Josefa Rivera González, o 12.1.2021; María do Pilar Barros Barco, o 12.1.2021; Ángel Velo García, o 13.1.2021; Miguel Caamaño Espasandín, o 13.1.2021; María Teresa López Ramos, o 13.1.2021; José Luis Velo García, o 13.1.2021; José Pardo Otero, o 13.1.2021; María del Carmen García Turnes, o 13.1.2021; Isolina Novo Antelo, o 13.1.2021; Francisco Manuel Gorgal Añón, o 13.1.2021; María Teresa Vilar García, o 13.1.2021; María del Pilar Muíño Velo, o 13.1.2021; Yolanda Baña Suárez, o 13.1.2021; José Manuel Mourelle Arcos, o 13.1.2021; Daniel Calvo Suárez, o 13.1.2021; María del Carmen Calvo Calvo, o 13.1.2021; María Amarelle Amarelle, o 13.1.2021; Carmen Gerpe Souto, o 13.1.2021; Bibiana Amigo Calo, o 13.1.2021; María Mourelle Río, o 13.1.2021; José Manuel Andújar Lois, o 13.1.2021; María Calvo Suárez, o 13.1.2021; Fernando Baña Domínguez, o 13.1.2021; María Isabel Souto Souto, o 13.1.2021; María Dolores Vázquez Martínez, o 13.1.2021; Florinda Souto, o 13.1.2021; José Fraga Boquete, o 15.1.2021; María Ríos Boquete, o 15.1.2021; María Fraga Ríos, o 15.1.2021; Manuela González Picón, o 15.1.2021; José Antonio Candal González, o 15.1.2021; Vanesa González Picón, o 15.1.2021; Maximino Castro Gerpe, o 18.1.2021; María Begoña Lorenzo Méndez, o 18.1.2021; Isabel Lema Gil, o 18.1.2021; Juan Vázquez Rodríguez, o 18.1.2021; Alfonso Sarmiento Fernández, o 18.1.2021; Eduardo Ferreiros Lama, o 18.1.2021; José Isidro Carril Juantey, o 18.1.2021; Xan Carlos Ansia Rodríguez, o 18.1.2021; José Ángel Negreira Barcia, o 18.1.2021; Antonio Calvo Barbeira, o 18.1.2021; María Dolores Villar Gómez, o 18.1.2021; María Susana García Vilas, o 18.1.2021; Alberto Carballo Dopico, o 18.1.2021; Adriana Silvarredonda Souto, o 18.1.2021; María Gerpe Recarey, o 18.1.2021; Flavio Martínez Aran, o 18.1.2021; Andrés Brenlla Lois, o 18.1.2021; José Luis Carreira Bustelo, o 18.1.2021; Victoria Blanco Sande, o 18.1.2021; Manuel Vilar Vilar, o 18.1.2021; Yolanda Mariño Blanco, o 18.1.2021; José Ramón Mariño Reborido, o 18.1.2021; Nuria Rosende Cancela, o 18.1.2021; José Antonio Rial Rodríguez, o 18.1.2021; Antonio Pardiño Fernández, o 18.1.2021; Manuel Álvarez García, o 18.1.2021; M. del Carmen Pardiño Rial, o 18.1.2021; Manuel Pena Novo, o 18.1.2021; Ermencina Rial Mourelle, o 18.1.2021; María Blandina Rial Mourelle, o 18.1.2021; Xoán Antón Vázquez Rial, o 18.1.2021; Ramiro Fernández Pose, o 18.1.2021; Soledad Vázquez Reyes, o 18.1.2021; Josefa Abelenda Couto, o 19.1.2021; María Isabel Abelenda Couto, o 19.1.2021; Rubén Rial Abelenda, o 19.1.2021; Purificación Abelenda Couto, o 19.1.2021; María José Pardiño Rial, o 19.1.2021; Consuelo Abelenda Couto, o 19.1.2021; Rocío Insua Lema, o 19.1.2021; Daniel Porteiro Rial, o 19.1.2021; Sandra Castro Antelo, o 19.1.2021; José Manuel Nieto Guardado, o 19.1.2021; María Carmen Mourelle Castro, o 19.1.2021; José María Souto Maroñas, o 19.1.2021; Begoña María Bertoa Calvo, o 19.1.2021; Ana María Nieto Beiroa, o 19.1.2021; Aurelio Mariño Mourelle, o 19.1.2021; Yolanda Rial Abelenda, o 19.1.2021; Manuel Rial Mourelle, o 19.1.2021; Lurdes Pardiño Rial, o 19.1.2021; Raúl Pérez Fernández, o 19.1.2021; José Luis Cobas Fernández, o 19.1.2021; Cristina Porteiro Rial, o 19.1.2021; Dolores Rial Souto, o 19.1.2021; Adolfo Porteiro Pose, o 19.1.2021; Asociación Mulleres Rurais Airiños do Xallas, o 31.12.2020; Diego Couto Calvelo, o 22.1.2021; José García Álvarez, o 22.1.2021; Ana Belén Cancela Fontenla, o 22.1.2021; Matilde Calvelo Calvo, o 22.1.2021; Ana Kelly Calvelo Calvo, o 22.1.2021; Daniel Rodríguez Ferro, o 22.1.2021; María Lucila Fontenla Fontenla, o 22.1.2021; María Olga Serra Cancela, o 22.1.2021; Manuel Calvo Vázquez, o 22.1.2021; José Luis Vieites Quintáns, o 22.1.2021; Ana María Calvo Vázquez, o 22.1.2021; Ana María Álvarez Calvo, o 22.1.2021; Josefa Calvo Vázquez, o 22.1.2021; Estrella García Vázquez, o 22.1.2021; Carmen Calvelo Calvo, o 22.1.2021; Calvo Vázquez María, o 22.1.2021; Rafael Señarís Pallas, o 25.1.2021; Daniel Mariño Reborido, o 25.1.2021; Beatriz Souto Amarelle, o 21.1.2021; Manuel Souto Maroñas, o 21.1.2021; María Amarelle García, o 21.1.2021; María Carmen Souto Amarelle, o 21.1.2021; María Florinda Ferrol Recarey, o 21.1.2021; Ramón Fondo Mouro, o 21.1.2021; Manuel García Antelo, o 25.1.2021; Alberto Andrade Teijeiro, o 25.1.2021; Elisabeth Pazos García, o 25.1.2021; Manuel Pazos Calvo, o 25.1.2021; Sara Souto Velo, o 25.1.2021; Esperanza Rosende Suárez, o 27.1.2021; Antonio García Rosende, o 27.1.2021; Dosinda Raña Cancela, o 27.1.2021; Manuel Cancela Gende, o 27.1.2021; Benedicta Cancela Gende, o 27.1.2021; Evaristo Raña Gómez, o 27.1.2021; José Cancela Gende, o 27.1.2021; Francisco Javier Fondo Ferrol, o 21.1.2021; José Cancela Gende, o 22.1.2021; Rosa María Ameijeiras García, o 22.1.2021; Verónica Calvo García, o 1.2.2021; Braulio Vecino Tome, o 1.2.2021; Guillermo García Vilas, o 1.2.2021; Alfonso Rodrigo Rodríguez Paz, o 1.2.2021; Rocío Pérez Fernández, o 1.2.2021; José M. Pazos Pazos, o 1.2.2021; Cristina Ares Braña, o 1.2.2021; Noelia Blanco Andrade, o 1.2.2021; Ana María Turnes Carro, o 1.2.2021; Sandra Touriñán Busto, o 1.2.2021; Leonor Arosa López, o 1.2.2021; María José Castro Breijo, o 1.2.2021; María Isolina López García, o 1.2.2021; David Pazos Pazos, o 1.2.2021; Dulcerina Arosa López, o 1.2.2021; Rafael Pérez Fernández, o 1.2.2021; Rosa Negreira Martínez, o 1.2.2021; Marcos Maeiras González, o 1.2.2021; Marta Crecente López, o 1.2.2021; Jorge Juan Romarís Martínez, o 1.2.2021; María Lucía González Pena, o 1.2.2021; Carmen Rial Mourelle, o 18.1.2021; José María Canosa Rey, o 5.2.2021; Lara Sestayo Calvelo, o 26.4.2021; José Antonio Calvelo Calvo, o 26.4.2021; Asociación Ambiental Cova Crea, o 9.5.2021; Victoria Blanco Sande, en representación propia e da Asociación Mulleres Rurais Airiños do Xallas, o 28.5.2021; María do Carme Pardiño Rial, o 28.5.2021.