Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 26 de agosto de 2021 Páx. 42877

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se fai pública a relación de persoal que superou o procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 25 de xaneiro).

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 161, do luns 23 de agosto de 2021, cómpre efectuar as seguintes modificacións:

Na páxina 42260, disciplina 591220-Procedementos Sanitarios e Asistenciais, onde di: «29 ***4823** Estévez Ferreiro, Mónica Quenda L 4.0000 5.4965 4.8979», debe dicir: «29 ***4823** Fernández Vázquez, Noelia Quenda L 4.0000 5.4965 4.8979».