Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Xoves, 26 de agosto de 2021 Páx. 42876

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de apoio á recuperación de negocios en crise ou sen remuda xeracional mediante fórmulas de economía social e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (código de procedemento TR802R).

Advertidos erros na referida orde, publicada no DOG núm. 158, do mércores 18 de agosto de 2021, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 41476, no artigo 7.1.c), onde di: «Os servizos previstos dentro desta categoría 3 serán subvencionables ata o 80 % do seu custo, ou un máximo de 10.000 €», debe dicir: «Os servizos previstos dentro desta categoría 3 serán subvencionables ata o 80 % do seu custo, e un máximo de 10.000 €».