Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 1 de setembro de 2021 Páx. 43550

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 30 de agosto de 2021 pola que se nomean persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que superaron o procedemento selectivo de ingreso ao corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 50, do 13 de marzo).

Mediante a Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG núm. 50, do 13 de marzo) convocáronse, entre outros, procedementos selectivos de ingreso ao corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido na base décimo primeira, décimo novena e vixésimo primeira da citada orde, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar un período de prácticas que formará parte do procedemento selectivo.

Ao existiren vacantes dotadas orzamentariamente, procede nomear persoal funcionario en prácticas as persoas opositoras que foron destinadas a aquelas.

Na súa virtude, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal funcionario en prácticas do corpo de mestres as persoas aspirantes ao devandito corpo que se relacionan no anexo da Orde do 4 de agosto de 2021 pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (DOG núm. 50, do 13 de marzo).

Segundo. O nomeamento como persoal funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2021 ou desde a data da súa toma de posesión, de ser esta posterior.

Terceiro. O réxime retributivo do persoal funcionario en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo), polo que se fixan as retribucións do persoal funcionario en prácticas.

Cuarto. O persoal funcionario en prácticas que xa estea a prestar servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente, lle corresponda, deberá formular opción para a percepción das remuneracións mentres persista a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo).

Quinto. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas e ditará as instrucións que considere oportunas para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade