Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Mércores, 1 de setembro de 2021 Páx. 43556

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de xullo de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2) do Consello de Contas de Galicia, convocado polo Acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas do 13 de xullo de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 148, do 24 de xullo).

En sesión que tivo lugar o día 30 de xullo de 2021, o tribunal nomeado por acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia do 20 de xullo de 2021 (DOG núm. 142, do 27 de xullo), para cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2) convocado por Acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas do 13 de xullo de 2020 (DOG núm. 148, do 24 de xullo), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 25 de setembro de 2021, con horario de chamamento ás 9.00 horas, na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela situada na avenida Dr. Ángel Echeverri, s/n, 15782, Santiago de Compostela.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do núm. 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, reloxos intelixentes, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

As persoas aspirantes deberán cumprir en todo momento as normas da COVID que se publicarán na páxina web do Consello de Contas de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2021

Manuel J. Santana Suárez
Presidente do tribunal