A Orde da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, do 16 de xuño de 2021, pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2020/21 (DOG núm. 124, do 1 de xullo), establece no seu artigo 13 que, para valorar os méritos das persoas participantes, a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional designará unha comisión formada por un presidente ou unha presidenta, e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de educación.
De conformidade co establecido no citado artigo 13 e na disposición derradeira primeira da citada Orde do 16 de xuño de 2021, esta secretaría xeral
RESOLVE:
Designar os membros da Comisión de Selección que valorará os méritos das persoas candidatas aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2020/21, que é a que figura a seguir:
– Titulares:
Presidente: Iván Mira Fernández, subdirector xeral de Ordenación, Inspección e Avaliación do Sistema Educativo.
Vogais:
María del Carmen Areán Vázquez, inspectora de educación.
José Fernando Carrasco Mera, inspector de educación.
María Magdalena Duarte Blanco, inspectora de educación.
– Suplentes:
Presidenta: Mª Eugenia Pérez Fernández, subdirectora xeral de Innovación, Orientación e Formación de Recursos Humanos.
Vogais:
Genoveva Carmen Ferreiro Pumariño, inspectora de educación.
Patricia Gens Autrán, inspectora de educación.
María Elena Urtiaga Estévez, inspectora de educación.
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2021
José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional