Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 14 de setembro de 2021 Páx. 45091

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 18 de maio de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, susceptible de ser financiada con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento SI431A).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 18 de maio de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos de atención social integral dirixidos a persoas en situación de explotación sexual, preferentemente inmigrantes, e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, susceptible de ser financiada con fondos REACT-UE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG núm. 102, do 2 de xuño), que se indican no anexo, cun importe total de 449.998,83 euros, con cargo á aplicación 11.02.313D.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2021.

Estas axudas son susceptibles de ser financiadas polo FSE no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2021

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Nº expte.

Entidade

NIF

Total concedido

SI431A 2021/1

Hermanas Oblatas del Santísimo Redentor-Ferrol

R1500092J

50.083,24 €

SI431A 2021/2

Aliad-Ultreia

G27021120

60.917,77 €

SI431A 2021/3

Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela

R1500053B

60.854,05 €

SI431A 2021/4

Cáritas Diocesana de Ourense

R3200098F

38.195,71 €

SI431A 2021/5

Faraxa pola Abolición da Prostitución

G27728658

50.083,24 €

SI431A 2021/6

Cruz Roja Española

Q2866001G

28.780,57 €

SI431A 2021/8

Ecos do Sur

G15354483

50.083,24 €

SI431A 2021/9

Fundación de Solidaridad Amaranta

G84913946

60.917,77 €

SI431A 2021/10

Médicos del Mundo

G79408852

50.083,24 €

449.998,83 €