Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 14 de setembro de 2021 Páx. 45093

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2021 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Academia Galega de Seguridade Pública nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

A Estrada, 3 de setembro de 2021

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Relación de convenios subscritos pola Agasp no segundo cuadrimestre
do ano 2021

Convenio

Data da sinatura

Achega total da Agasp

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local ou vixilantes municipais entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Allariz

26.5.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre Gestiones Deportivas Forus, S.L. e a Academia Galega de Seguridade Pública para a realización de prácticas profesionais non laborais de socorrismo en instalacións acuáticas para o ano 2021

17.6.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Concello do Grove e a Academia Galega de Seguridade Pública para a realización de prácticas profesionais non laborais de socorrismo en espazos acuáticos naturais para o ano 2021

17.6.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre Salvar, Formar y Socorrer, S.L. e a Academia Galega de Seguridade Pública para a realización de prácticas profesionais non laborais de socorrismo en espazos acuáticos naturais para o ano 2021

17.6.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre Soom Management, S.L. e a Academia Galega de Seguridade Pública para a realización de prácticas profesionais non laborais de socorrismo en instalacións acuáticas para o ano 2021

17.6.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre Real Club Náutico de Vigo e a Academia Galega de Seguridade Pública para a realización de prácticas profesionais non laborais de socorrismo en instalacións acuáticas para o ano 2021

17.6.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Concello de Xove e a Academia Galega de Seguridade Pública para a realización de prácticas profesionais non laborais de socorrismo en instalacións acuáticas para o ano 2021

17.6.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre Tenis La Roca, S.L. e a Academia Galega de Seguridade Pública para a realización de prácticas profesionais non laborais de socorrismo en instalacións acuáticas para o ano 2021

17.6.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ribeira e a Academia Galega de Seguridade Pública para a realización de prácticas profesionais non laborais de socorrismo en espazos acuáticos naturais para o ano 2021

17.6.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre Club del Mar de San Amaro e a Academia Galega de Seguridade Pública para a realización de prácticas profesionais non laborais de socorrismo en instalacións acuáticas para o ano 2021

17.6.2021

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. e a Academia Galega de Seguridade Pública para a realización de prácticas profesionais non laborais de socorrismo en instalacións acuáticas para o ano 2021

17.6.2021

Sen achega económica

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás prazas de auxiliares de policía local entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Cee

5.7.2021

Sen achega económica

Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos de policía local e ás prazas de auxiliares de policía local ou vixilantes municipais entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia e o Concello de Moaña

5.8.2021

Sen achega económica