Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 14 de setembro de 2021 Páx. 45095

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 24 de febreiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de subvencións de creación audiovisual para o desenvolvemento e a promoción do talento audiovisual galego, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento CT207E).

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 56, do mércores, 24 de marzo de 2021, procede facer a oportuna corrección:

Na páxina 16191, onde di: «O prazo de xustificación da subvención rematará para as modalidades A e B, o 15 de outubro de 2021, este incluido, e para as modalidades C e D, o 31 de agosto de 2022, este incluído», debe dicir: «O prazo de xustificación da subvención rematará para as modalidades A e B1, o 15 de outubro de 2021, este incluido, e para as modalidades B2, C e D, o 31 de agosto de 2022, este incluído».