BDNS (Identif.): 584784.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Persoas beneficiarias
Persoas desempregadas con titulación universitaria matriculadas no curso 2021/22 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Segundo. Obxecto
Convocar en réxime de concorrencia competitiva axudas destinadas a financiar os gastos derivados da matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia.
Terceiro. Bases reguladoras
Publícanse conxuntamente coa convocatoria.
Cuarto. Orzamento e contía das axudas
O importe global previsto na orde é de 120.000 €.
A contía da axuda cubrirá o importe das materias matriculadas por primeira vez, ata un máximo de 60 créditos, do máster universitario oficial segundo os prezos públicos establecidos no anexo do Decreto 103/2021, do 1 de xullo, polo que se fixan os prezos públicos pola prestación de servizos académicos e administrativos nas universidades do Sistema universitario de Galicia para o curso académico 2021/22 (DOG núm. 132, do 13 de xullo).
Para os incluídos nos puntos 2 e 3 do anexo do decreto a contía máxima asignada será de 835,8 euros para os da epígrafe A) e de 591 euros para os da epígrafe B).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2021
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Universidade