Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 5 de outubro de 2021 Páx. 48618

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020.

Nas sesións que tiveron lugar os días 9 e 14 de setembro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 21 de setembro de 2020 (DOG núm. 195, do 25 de setembro), modificada pola Resolución do 13 de outubro de 2020 (DOG núm. 212, do 21 de outubro), encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2,

ACORDOU:

Primeiro. Que, examinadas as reclamacións presentadas polos aspirantes sobre os listados de puntuacións publicados por Resolución do 15 de xullo de 2021 (DOG núm. 143, do 28 de xullo) e feita unha nova corrección respecto de tres aspirantes, dous deles ven incrementada a súa puntuación, o que non afecta o número de aspirantes que superaron o exercicio.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes que viron modificada a súa puntuación no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2021

Víctor Manuel Tubío Villar
Presidente do tribunal