Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 6 de outubro de 2021 Páx. 48962

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de notificación colectiva de execución subsidiaria para a xestión da biomasa ás persoas titulares ás cales non foi posible practicar a comunicación.

Ao non ser posible a práctica da comunicación da execución subsidiaria aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público o procedemento de execución subsidiaria polo que se lle dan 10 días de trámite de audiencia á persoa interesada, que comezarán a contarse desde a publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento, procedan á xestión da biomasa segundo o establecido nos artigos 21 e seguintes da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas ás que se refire esta lei.

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente en execución subsidiaria administrativa, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Salceda de Caselas, sitas na praza do Concello, número 12, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Referencia catastral

Expediente execución subsidiaria

Titular

36049A019014800000KY

2195/2020

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

36049A019014810000KG

2196/2020

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

Salceda de Caselas, 15 de setembro de 2021

Verónica Tourón Domínguez
Alcaldesa