Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 8 de outubro de 2021 Páx. 49280

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2021, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se autoriza e se dá publicidade dun acordo adoptado pola Comisión Central de Seguimento do Pacto sobre a selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 123, do 30 de xuño de 2016).

De conformidade coas competencias previstas na norma I.6.1 do Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal asinado o 13 de xuño de 2016 e da previsión contida no Plan de medidas (epígrafe I, primeiro) da Orde da Consellería de Sanidade, do 27 de novembro de 2020 (DOG núm. 242, do 1 de decembro), pola que se aproba e se publica o Plan de continxencia en materia de recursos humanos (COVID-19) pactado na mesa sectorial de negociación do persoal estatutario; no seo da Comisión Central de Seguimento do devandito pacto, en reunión do 9 de abril de 2021, adoptouse o acordo que se recolle como anexo da presente resolución.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2021

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

De conformidade coa habilitación conferida pola Orde da Consellería de Sanidade, do 27 de novembro de 2020 (DOG núm. 242, do 1 de decembro), pola que se aproba e se publica o Plan de continxencia en materia de recursos humanos (COVID-19), a Comisión Central de Seguimento do Pacto acorda facer extensiva ás categorías de médico/a asistencial e enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a puntuación adicional específica que valora a dispoñibilidade daqueles/as aspirantes que se incorporen á prestación de servizos durante a situación de emerxencia sanitaria, cada vez que son demandados/as polo Servizo Galego de Saúde, nos termos que se indican na epígrafe I, punto primeiro da referida orde.