Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Xoves, 14 de outubro de 2021 Páx. 50353

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2021 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 10 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 118, do 23 de xuño), conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se adxudican as axudas da Orde do 31 de decembro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 17, do 27 de xaneiro de 2021), modificada pola Orde do 29 de abril de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 90, do 14 de maio), pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i.

Orde do 31 de decembro de 2020 (DOG núm. 17, do 27 de xaneiro de 2021), modificada pola Orde do 29 de abril de 2021 (DOG núm. 90, do 14 de maio), pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o ano 2021.

A Resolución do 10 de xuño de 2021 (DOG núm. 118, do 23 de xuño) adxudica as axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral ás entidades que contraten as persoas seleccionadas que se relacionan no seu anexo I.

O artigo 17 das bases da convocatoria establece que no caso de que se produza algunha renuncia ou outra causa de extinción da relación laboral, a entidade beneficiaria deberá comunicar a renuncia, mediante escrito motivado da persoa seleccionada, dirixido á Secretaría Xeral de Universidades ou á Axencia Galega de Innovación, segundo sexa o caso, e poderase adxudicar unha nova axuda de acordo coa prelación sinalada na correspondente lista de espera, sempre e cando a renuncia se produza dentro do prazo de tres meses a partir da data de publicación da resolución de concesión. Tamén se indica que as renuncias soamente poderán ser cubertas coas solicitudes da lista de espera do órgano instrutor en que se produzan e que a persoa substituta quedará suxeita ás mesmas condicións durante o tempo de aproveitamento da axuda.

En consecuencia, atendendo ás renuncias recibidas na Axencia Galega de Innovación,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar as renuncias presentadas polas entidades beneficiarias das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral para o ano 2021 correspondentes ás persoas seleccionadas que se relacionan no anexo I.

Segundo. Adxudicar as axudas ás entidades e persoas candidatas da lista de agarda desta convocatoria, que se relacionan no anexo II.

Terceiro. Redistribuír o crédito destinado ao financiamento destas axudas entre as entidades alleas ao SUG, segundo as renuncias e as novas incorporacións, tal como se indica na seguinte táboa:

Aplicación

Entidade

Núm. de axudas

Crédito (en euros)

2021

2022

2023

2024

Total

06.A2.561A.403.0

Misión Biolóxica de Galicia do CSIC

1

25.800,04

60.100,00

39.600,00

18.799,96

144.300,00

06.A2.561A.481.0

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

5

69.466,83

159.500,00

182.000,00

106.533,17

517.500,00

06.A2.561A.481.0

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

3

47.866,75

158.800,00

152.300,00

55.933,25

414.900,00

Total

9

143.133,62

378.400,00

373.900,00

181.266,38

1.076.700,00

Cuarto. Declarar extinguida a lista de espera ao abeiro desta convocatoria.

Quinto. A data de comezo dos novos contratos será o día 1 de novembro de 2021 e as persoas substitutas quedarán suxeitas ás mesmas condicións durante o tempo restante de aproveitamento da axuda.

Sexto. As entidades beneficiarias deberán remitir un escrito de aceptación á Axencia Galega de Innovación no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e vincularán as persoas seleccionadas aos seus organismos mediante a formalización dos correspondentes contratos.

Sétimo. O artigo 19 das bases da convocatoria establece que as entidades beneficiarias e contratantes das persoas seleccionadas serán as encargadas de presentar as xustificacións correspondentes adecuadas á normativa comunitaria e nacional de aplicación e, así mesmo, serán as perceptoras dos fondos para o pagamento dos contratos.

Segundo o establecido no artigo 45.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen que se presente esta ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez días a presente. A falta de presentación da xustificación comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Oitavo. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación e da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2021

Francisco Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro de
Economía, Empresa e Innovación
e presidente da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Renuncias ás axudas concedidas

Núm. exp.

Entidade

apelido

apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Bolseiro/a Fulbright

Data de renuncia

IN606B-2021/005

Misión Biolóxica de Galicia do CSIC

Poveda

Arias

Jorge

***8162**

1

2

Non

Non asinou o contrato

correspondente

IN606B-2021/009

Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

Valdés

Varela

Lorena

***3996**

2

Non

Non asinou o

contrato

correspondente

ANEXO II

Axudas da lista de espera concedidas

Núm. exp.

Entidade

apelido

apelido

Nome

DNI/NIE

Zona estadía

Bolseira Fulbright

Puntuación

IN606B-2021/016

Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

Barbosa

Sousa Gouveia

Sofía Isabel

***4236**

2

Non

80,00

IN606B-2021/012

Fundación Profesor Novoa Santos

Camacho

Encina

María

***6063**

3

Non

76,25