Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 25 de outubro de 2021 Páx. 51636

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

DECRETO 140/2021, do 30 de setembro, polo que se aproba a primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040, Cara á neutralidade carbónica.

Logo do Plan forestal de Andalucía (1989) o Plan forestal de Galicia do ano 1992 foi o segundo plan aprobado no Estado español. Este documento básico estableceu un modelo forestal a longo prazo co fin de manter una coherencia nas intervencións no monte e nos sectores derivados. En especial, o Plan sinalaba as liñas de acción da política forestal galega e as de participación dos axentes sociais involucrados. Moitos dos obxectivos que establecía aquel plan aínda se presentan hoxe en día como necesarios: conseguir unha cultura forestal na sociedade galega, fomentar unha silvicultura profesionalizada ou promover un tecido de empresas e industrias forestais que elaboren todos os produtos do monte e compitan nos mercados internacionais e acheguen o maior valor engadido aos nosos recursos, poderían ser exemplos salientables.

Loxicamente, naquel tempo, as novas políticas de transición verde, descarbonización, bioeconomía, circularidade, biodiversidade, boa gobernanza, emprego verde ou multifuncionalidade non estaban presentes nos contextos dos novos paradigmas forestais a nivel europeo ou internacional. Tampouco as ameazas climáticas a que se enfronta a actual sociedade ou a globalización dos mercados que require procesos de dixitalización e innovación para poder competir neles.

Neste contexto, a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, afondou nunha necesaria regulación establecendo os fundamentos e procedementos de revisión a que se debe someter este documento estratéxico de política forestal.

Neste sentido, a dita lei considera como instrumentos de planificación forestal de Galicia o Plan forestal de Galicia e os plans de ordenación dos recursos forestais (PORF). Define o Plan forestal como o instrumento básico para o deseño e a execución da política forestal galega, no cal se avalía a situación do monte galego e no cal se establecen as directrices e os programas de actuación da política forestal de Galicia, así como os mecanismos de seguimento e avaliación necesarios para o seu cumprimento.

Continúa sinalando o seu carácter, que terá forza vinculante en materia forestal, e define as liñas de actuación das distintas administración públicas neste eido. En aplicación deste carácter, este documento posúe a consideración de instrumento básico de planificación sectorial e como tal foi sometido ao disposto na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, en materia de instrumentos de ordenación do territorio.

A aprobación, así como as sucesivas revisións do Plan forestal de Galicia corresponden ao Consello de Xunta mediante decreto, por proposta da consellaría competente en materia forestal, escoitado o Consello Forestal de Galicia.

A primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 «Cara á neutralidade carbónica» ideouse como o instrumento básico de planificación estratéxica da política forestal galega: trátase dun plan director que establece os obxectivos, modelos, directrices, estratexias, plans ou programas, medidas e accións configurados conforme os eixes de intervención, instrumentos de execución e programas de actuación que se consideran necesarios para o seu desenvolvemento e aplicación en cumprimento dos seus fins.

Para a súa elaboración, estableceuse un procedemento «en cadoiro» para un desenvolvemento territorial progresivo segundo escalas de planificación e ordenación forestal correspondentes a sucesivos ámbitos competenciais de decisión a nivel rexional, comarcal e local: a planificación forestal estratéxica (macroplanificación) concibida para a formulación do Plan forestal de Galicia, a planificación forestal táctica (mesoplanificación) referida a escala subrexional para un ámbito de distrito/comarca correspondente aos plans de ordenación dos recursos forestais, e a planificación forestal operativa ou executiva (microplanificación) correspondente aos instrumentos de ordenación ou xestión forestal referidos a nivel de monte ou parcela forestal (documentos simples e compartidos de xestión, e adhesión a códigos de boas prácticas e modelos silvícolas ou de xestión forestal).

Desta forma, esta revisión foi concibida como un plan director estratéxico que configura e artella a política forestal galega e se dirixe cara á diminución das carencias e debilidades existentes, á proposta das solucións aos problemas, riscos e ameazas detectados, e a dar unha resposta axeitada ás necesidades, demandas, retos e oportunidades de futuro que se presentan actualmente para o monte e o sector forestal galego. En adición, esta revisión, debe asumir os compromisos, demandas e tendencias emerxentes no ámbito rexional, estatal e internacional, sexa a nivel mundial e paneuropeo (pensar globalmente para actuar localmente) e, en particular, en materia de biodiversidade, cambio climático e enerxía, desenvolvemento socioeconómico sustentable do medio rural, xeración de emprego e economía verde baixa en carbono (bioeconomía, economía circular, consumo responsable e construción sustentable), sen prexuízo da prestación de servizos ecosistémicos e sociais que proporcionan os montes.

O seu deseño e configuración foi elaborado de acordo coas características propias do monte galego e coas circunstancias e necesidades actuais proporcionando para iso os instrumentos, medios e recursos necesarios para a súa execución e o cumprimento dos seus fins. A estrutura deste documento de revisión iníciase cunha declaración de principios reitores para, a continuación, establecer un «decálogo» de obxectivos xerais da política forestal galega, os cales rexeron a redacción de todo o documento.

A seguir establecéronse seis obxectivos estratéxicos:

1. Mellorar a contribución do monte galego á conservación da natureza, á biodiversidade e ao patrimonio natural galego dos recursos xenéticos forestais, así como a prestación doutros servizos ecosistémicos relacionados co cambio climático, enerxías renovables e proceso de descarbonización, incrementando a capacidade dos montes galegos para absorber gases de efecto invernadoiro.

2. Procurar a adecuada saúde, vitalidade, protección da auga e do solo, seguridade e defensa do monte ante riscos naturais e ambientais que os ameazan, provocados por procesos erosivos e hidrolóxicos, incendios, vendavais, enfermidades e pragas forestais.

3. Favorecer a xestión activa do monte, a loita contra o abandono e o desenvolvemento socioeconómico sustentable do monte e da propiedade forestal galega beneficiando figuras de xestión conxunta dos recursos e servizos forestais, e asentando unha xestión baseada na boa gobernanza para comunidades de montes veciñais en man común e comunidades de socios dos montes de varas.

4. Proxectar un modelo de monte que garanta a súa sustentabilidade e potencie o desenvolvemento da cadea de valor dos produtos e servizos do monte, incrementando a súa cantidade e calidade e asegurando o abastecemento da industria forestal de Galicia.

5. Promover o adecuado desenvolvemento e mellora do coñecemento e da cultura forestal galega, favorecendo o acceso público á información forestal, a divulgación e comunicación da cultura forestal, a educación, formación e capacitación forestal, así como a investigación, innovación, desenvolvemento tecnolóxico e emprendemento forestal, nun contexto global de dixitalización.

6. Deseñar un modelo de gobernanza do monte galego que dispoña os instrumentos necesarios para garantir o exercicio da ordenación e xestión forestal sustentable, dispoñendo o adecuado marco normativo e administrativo e a necesaria colaboración institucional e sectorial continuada cos grupos de diálogo civil (GDC).

De acordo con estes obxectivos estratéxicos configurouse a estrutura básica da primeira revisión do Plan forestal de Galicia, que se compón de eixes estratéxicos de intervención, coincidentes cos obxectivos estratéxicos anteriormente declarados, e para cada un dos cales se agrupa un conxunto de instrumentos de execución, mediante estratexias, plans, programas temáticos de actuación e liñas de acción. Deste xeito, os seis eixes estratéxicos de intervención articúlanse nos correspondentes instrumentos de execución, un total vinte estratexias e plans ou programas de actuación e liñas de acción que, pola súa vez, comprenden máis de cincuenta e unha iniciativas, medidas ou accións específicas.

Este documento de revisión do Plan forestal de Galicia proxéctase cun horizonte a longo prazo, como corresponde aos sistemas forestais, de conformidade coas recomendacións internacionais para formular instrumentos de planificación estratéxica da política forestal. A distribución orzamentaria temporal da primeira revisión do Plan forestal de Galicia expón a súa execución a curto e medio prazo; a vixencia operativa para efectos orzamentarios do Plan establécese durante o seu primeiro período de aplicación (2021-2025) e as previsións estimadas a longo prazo proxéctanse cun horizonte a 20 anos (2021-2040), desagregadas en 4 quinquenios.

A primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 anuncia e desenvolve un sistema continuado de seguimento e avaliación. Deste xeito, co fin de avaliar o grao de cumprimento dos obxectivos programáticos e estratéxicos, así como das iniciativas, programas e liñas de acción enunciados, realizaranse avaliacións quinquenais (5 anos) que poderán dar lugar a establecer medidas extraordinarias que conduzan a satisfacer os obxectivos fixados. Así mesmo, as ditas revisións obxectivarán o grao de cumprimento esperado a través dos criterios e indicadores estratéxicos de avaliación e seguimento que son fixados e desagregados en quinquenios: 2021-2025, 2026-2030, 2031-2035, 2036-2040. Este sistema de revisión continuada compleméntase coa necesidade dunha avaliación interna do grao de desenvolvemento do Plan, de carácter bianual, como referencia para analizar o nivel de cumprimento deste. Os resultados que se obteñan detallaranse nun informe de avaliación que será presentado ao Consello Forestal de Galicia e ante a comisión parlamentaria pertinente, de maneira que permita analizar o grao de cumprimento do período estudado e, deste xeito, poder realizar as modificacións necesarias para alcanzar os obxectivos establecidos para cada quinquenio, incluída unha avaliación dos mecanismos de fomento forestal que garanta a súa adecuación ás necesidades propostas polos distintos instrumentos de execución contidos nesta revisión do Plan forestal de Galicia.

A formulación e aprobación da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 «Cara á neutralidade carbónica» axustouse ao procedemento establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, á Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental e, como xa se sinalou, á Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia.

Tal e como indica o número 5 do artigo 72 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a revisión do Plan forestal de Galicia debe partir da consulta aos axentes implicados na política forestal de Galicia no marco dun traballo colectivo e consensuado baseado na comunicación, transparencia e participación social. Na súa reunión do 21 de maio de 2014, o Consello Forestal de Galicia, que se compón de 48 vogalías e onde están representados os axentes implicados na xestión forestal sustentable dos montes galegos, acordou a revisión do Plan forestal de Galicia de 1992 tras máis de vinte anos de andaina, como función lexítima do devandito órgano consultivo. Con esta decisión entendíase a necesidade de reorientar o devandito instrumento cara ás novas políticas forestais e ambientais centradas no desenvolvemento sustentable.

Para iso, e baseado nun enfoque abaixo-arriba «bottom-up» para a toma de decisións, creouse, no seo do Consello Forestal de Galicia, o grupo de traballo para a primeira revisión do Plan forestal de Galicia, que quedaría formalmente constituído na súa primeira reunión do 16 de febreiro de 2015, o cal está formado por un total de 26 entidades vinculadas co sector forestal galego. Desde finais de febreiro ata principios de novembro de 2015, o grupo de traballo foi convocado para un total 8 sesións, co obxecto de deseñar detalladamente as liñas directrices para alcanzar un modelo de monte socialmente consensuado, economicamente activo e ambientalmente sustentable para Galicia que, pola súa vez, se articulase en grandes eixes estratéxicos. Estas liñas directrices e eixes estratéxicos integrarían as engrenaxes para o armazón da primeira revisión do Plan forestal de Galicia, isto é, da futura política forestal galega.

Na sesión do Consello Forestal de Galicia, do 29 de abril de 2016, foron presentadas as directrices para a primeira revisión do Plan forestal elaboradas ao abeiro dos traballos desenvolvidos no seo do devandito grupo de traballo. A partir das directrices elaboradas, redactouse un documento denominado «Versión inicial da primeira revisión do Plan forestal de Galicia», que foi presentado o día 18 de decembro de 2017 no Consello Forestal de Galicia, tras o que se acordou establecer un período de achegas ao documento.

Doutra banda, o 2 de agosto de 2016, a Administración forestal, como promotor e órgano substantivo, remitía ao órgano ambiental a solicitude de inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria da revisión do Plan forestal de Galicia, á cal se xuntou o borrador do Plan e o documento inicial estratéxico (DIE), co fin de que o órgano ambiental determinase o correspondente documento de alcance do estudo ambiental estratéxico (EAE), tras a análise do expediente remitido e tras as consultas previas ás Administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas. O 31 de outubro de 2016, o órgano ambiental remitía, á dita Administración forestal, o seu pronunciamento sobre o DIE e o borrador do Plan para a primeira revisión do Plan forestal de Galicia tras consulta pública e observacións recibidas, isto é, o documento de alcance, co obxectivo de delimitar a amplitude, o nivel de detalle e o grao de especificación do EAE e de guiar a elaboración da versión inicial da primeira revisión do Plan forestal de Galicia.

A continuación, a Consellería do Medio Rural, mediante a Orde de 28 de xuño de 2018, aprobaba inicialmente a primeira revisión do Plan forestal de Galicia e abríase o trámite de información pública, que se publicou, o 5 de xullo de 2018, no Diario Oficial de Galicia número 128 e no Boletín Oficial del Estado número 162, así como nun periódico de maior difusión de Galicia.

En paralelo, en novembro do ano 2017, creábase en sede parlamentaria a Comisión especial non permanente de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan forestal de Galicia. A Comisión contou coa comparecencia de máis de 60 persoas en representación de diferentes entidades, asociacións e administracións públicas, estas comparecencias foron completadas con máis de 40 informes de diferentes departamentos e entidades. En xullo do ano 2018 aprobábase en pleno parlamentario, co apoio de tres cuartas partes do hemiciclo, o Ditame onde se declaraban 123 recomendacións concretas (Boletín Oficial do Parlamento de Galicia número 346, do 10 de agosto de 2018).

Coa integración das directrices do grupo de traballo do Consello Forestal de Galicia, das achegas do Consello Forestal de Galicia, das recomendacións do Ditame da Comisión especial do Parlamento de Galicia e das alegacións e suxestións recibidas no trámite de información pública e consulta ás administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas no procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria, elaborouse o documento da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 «Cara á neutralidade carbónica», que foi presentado ao Consello Forestal de Galicia na súa sesión do 8 de xaneiro de 2021 e remitido ao Parlamento de Galicia o 28 de xaneiro dese mesmo ano (Boletín Oficial do Parlamento número 84, do 28 de xaneiro de 2021).

Logo da súa presentación e debate o 5 de febreiro de 2021 no seo da Comisión sétima de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, o Parlamento de Galicia aprobou no seus plenos dos días 23 e 24 de febreiro 2021 o documento da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 «Cara á neutralidade carbónica» (Boletín Oficial do Parlamento número 103, do 26 de febreiro de 2021).

Incorporadas as propostas do Parlamento de Galicia e elaborado o preceptivo informe de admisión ou rexeitamento xustificado daquelas alegacións e suxestións presentadas no trámite de información pública e consulta ás administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas, a Administración forestal remite ao órgano ambiental o expediente de avaliación ambiental estratéxica, o cal, mediante Anuncio do 3 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 22 de xuño de 2021), fixo pública a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 «Cara á neutralidade carbónica» (expediente 2016AAE1933).

Incorporado o contido da declaración ambiental estratéxica á primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040, elaboráronse o extracto e as medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do Plan forestal, consonte o sinalado no artigo 26 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Finalmente, a persoa titular da consellería competente en materia de montes acordou, o 8 de setembro de 2021, a aprobación provisional da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 «Cara á neutralidade carbónica», logo do informe preceptivo da consellería competente en materia de ordenación do territorio, recibido o 29 de xuño de 2021, en aplicación do artigo 54 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia.

Unha vez finalizado o seu procedemento de tramitación e cumpridos todos os trámites preceptivos, de acordo co disposto no artigo 72 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, escoitado o Consello Forestal de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do trinta de setembro de dous mil vinte e un,

DISPOÑO:

Artigo único. Aprobación da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040

1. Apróbase definitivamente a primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 «Cara á neutralidade carbónica», de conformidade coa Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que se inclúe no anexo deste decreto.

2. O contido íntegro e dilixenciado, en formato dixital, da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 está dispoñible no seguinte enderezo electrónico:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/forestal/planificacion-e-ordenacion-forestal/plan-forestal

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta de setembro de dous mil vinte e un

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO

1ª revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040. «Cara á neutralidade carbónica»

missing image file

1ª REVISIÓN DO PLAN FORESTAL DE GALICIA

CARA Á NEUTRALIDADE CARBÓNICA

missing image file

ÍNDICE

A. INTRODUCIÓN.

1. Finalidade e obxectivos da revisión do Plan forestal de Galicia.

1.1. Obxectivos xerais da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia para a súa adecuación ao contexto actual.

1.2. A perspectiva pluridimensional da concepción e procedemento da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia.

2. Proceso de elaboración e documentos xerados.

2.1. Proposta de directrices estratéxicas do grupo de traballo do Consello Forestal de Galicia para a 1ª revisión do Plan forestal.

2.2. Documento previo de avance do diagnóstico e da proposta inicial da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia.

2.3. Documentos de análise e diagnóstico do monte e do sector forestal galego.

2.4.Documentos derivados do proceso de contraste do diagnóstico e integración de propostas da Administración e o sector forestal.

2.5. Documentación preceptiva requirida no procedemento de avaliación ambiental estratéxica da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia.

2.6. Comisión especial non permanente de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan forestal de Galicia.

2.7. Aprobación de propostas polo Parlamento de Galicia.

B. ESTRUTURA E CONTIDOS.

1. Referentes, demandas e tendencias emerxentes de política forestal sustentable.

1.1. Ámbito internacional.

1.2. Ámbito europeo.

1.3. Ámbito estatal.

1.4. Ámbito galego.

2. Modelo galego de gobernanza da política forestal galega.

3. Concepción e ámbito de aplicación da 1ª revisión do PFG.

3.1. Concepción do PFG como instrumento de planificación estratéxica da política forestal galega.

3.2. Ámbito competencial e territorial de aplicación da 1ª revisión do PFG.

4. Finalidade, principios e obxectivos da política forestal de Galicia.

4.1. Finalidade.

4.2. Principios reitores.

4.3. Obxectivos xerais da reforma da política forestal galega.

4.4. Obxectivos estratéxicos da 1ª revisión do PFG.

4.5. Obxectivos programáticos da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia.

5. Estrutura e configuración da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia.

5.1. Eixes estratéxicos de intervención.

5.2. Instrumentos de execución: estratexias, plans e programas temáticos de actuación ou liñas de acción.

6. Modelo de monte.

7. Vixencia e execución da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia.

7.1. Período de execución.

7.2. Períodos de revisións.

8. Distribución orzamentaria da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia.

8.1. Orzamento público. Primeiro quinquenio de execución (2021-2025).

8.2. Programación orzamentaria pública para o horizonte completo (2021-2040).

9. Sistema de avaliación, seguimento e revisión.

10. Fichas resumo por medida para cada programa de actuación.

C. EIXE I. CONTRIBUCIÓN DO MONTE GALEGO Á CONSERVACIÓN DA NATUREZA E Á PRESTACIÓN DOUTROS SERVIZOS AMBIENTAIS.

Finalidade e obxectivos.

I.1. CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE E DA MULTIFUNCIONALIDADE DOS MONTES COMO ECOSISTEMAS FORESTAIS.

Obxectivos do instrumento.

Iniciativas e programas de actuación.

I.1.1. Programa de fomento de xestión activa de frondosas autóctonas.

I.1.2. Desenvolvemento regulamentario do Rexistro Administrativo de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

I.1.3. Programa de actuación e iniciativas que contribúan a controlar a superficie dedicada a eucalipto.

I.1.4. Medidas de fomento e directrices para conservación e mellora da biodiversidade.

I.1.5. Medidas de fomento da multifuncionalidade e doutros valores do monte.

I.1.6. Ordenación do uso sociorrecreativo en montes periurbanos.

I.2. MITIGACIÓN E ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO E DESENVOLVEMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES.

Obxectivos do instrumento.

Iniciativas e programas de actuación.

I.2.1. Xestión forestal activa para o incremento da capacidade de fixación de carbono e a resiliencia das masas forestais ao cambio climático.

I.2.2. Programa Estratéxico de Aproveitamento da Biomasa Forestal.

I.3. CONSERVACIÓN E MELLORA DOS RECURSOS XENÉTICOS FORESTAIS.

Obxectivos do instrumento.

Iniciativas e programas de actuación.

I.3.1. Programa de mellora xenética forestal.

I.3.2. Programa de rede de parcelas de alto valor xenético e xestión de materiais de base.

I.3.3. Programa de conservación de recursos xenéticos forestais.

D. EIXE II. PROTECCIÓN, SANIDADE FORESTAL E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS.

Finalidade e obxectivos.

II.1. PROTECCIÓN CONTRA RISCOS EROSIVOS E RESTAURACIÓN.

Obxectivos do instrumento.

Iniciativas e programas de actuación.

II.1.1. Programa de montes protectores.

II.1.2. Programa de restauración de áreas queimadas.

II.2. SAÚDE E VITALIDADE FORESTAL.

Obxectivo do instrumento.

Iniciativas e programa de actuación.

II.2.1. Regulación de competencias en materia de sanidade forestal.

II.2.2. Rede galega de seguimento de danos nos bosques.

II.2.3. Programa de Saúde e Vitalidade forestal.

II.3. PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS DE GALICIA.

Obxectivo programático.

Iniciativas, medidas e accións ou actuacións.

II.3.1. Lei de prevención de defensa contra os incendios forestais de Galicia.

II.3.2. Reestruturación dos distritos de defensa do monte para a súa adaptación ás necesidades específicas da prevención e extinción dos incendios forestais.

II.3.3. Brigadas de investigación de causas de incendios forestais e rexistro de investigacións de incendios forestais.

II.3.4. Revisión e actualización dos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais dos distritos forestais de Galicia.

II.3.5. Plans integrais de actuacións preventivas dos distritos forestais.

II.3.6. Plan plurianual de dotación de medios e recursos da Dirección Xeral de Defensa do Monte.

II.3.7. Potenciación da colaboración coas administracións locais a través do fortalecemento do convenio para o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa nas redes secundarias de faixas e dos convenios interadministrativos subscritos entre a Consellería do Medio Rural e as entidade locais de Galicia para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais para o funcionamento das brigadas municipais en tarefas de prevención e extinción, dos vehículos motobomba municipais en tarefas de extinción e da prevención nas vías de titularidade municipal.

II.3.7.1. Sistema público de xestión de biomasa nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa.

II.3.7.2. Convenios interadministrativos subscritos entre a Consellería do Medio Rural e as entidades locais de Galicia para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais para o funcionamento das brigadas municipais en tarefas de prevención e extinción, dos vehículos motobomba municipais en tarefas de extinción, e da prevención nas vías de titularidade municipal.

II.3.8. Plan de formación continua.

E. EIXE III.XESTIÓN FORESTAL E LOITA CONTRA O ABANDONO DO MONTE.

Finalidade e obxectivos.

III.1. FOMENTO DE FÓRMULAS DE MOBILIZACIÓN DE TERRAS E FOMENTO DE AGRUPACIÓNS FORESTAIS DE XESTIÓN CONXUNTA.

Obxectivo do instrumento.

Actuacións e programas.

III.1.1. Programa de mobilidade de terras forestais.

III.1.2. Programa de fomento de agrupacións forestais de xestión conxunta.

III.2. INICIATIVAS DE ACTIVACIÓN DA XESTIÓN FORESTAL PRIVADA.

Obxectivos do instrumento.

Actuacións e programas.

III.2.1. Creación da figura e Rexistro de Silvicultor Activo.

III.2.2. Programa de dinamización da xestión en montes veciñais en man común.

III.2.3. Programa de dinamización da xestión en montes de varas.

III.3. REORIENTACIÓN DA XESTIÓN FORESTAL PÚBLICA.

Obxectivo do instrumento.

Iniciativa considerada.

III.3.1. Programa de establecemento de novos contratos de xestión pública.

F. EIXE IV. RECURSOS FORESTAIS E CADEA MONTE-INDUSTRIA.

Finalidade e obxectivos.

IV.1. FOMENTO DE RECURSOS FORESTAIS NON MADEIREIROS.

Obxectivos do instrumento.

Iniciativas e programas de actuación.

IV.1.1. Programa de aproveitamento de pastos e forraxes no monte e de establecemento de sistemas silvopastorais.

IV.1.2. Programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña.

IV.2. FOMENTO DE RECURSOS FORESTAIS MADEIREIROS E A SÚA MOBILIZACIÓN.

Obxectivos do instrumento.

Iniciativas e programas de actuación.

IV.2.1. Programa de fomento e valorización das masas de coníferas.

IV.2.2. Programa de incremento de produtividade e redución de combustibilidade de eucaliptais existentes.

IV.2.3. Programa de fomento da produción de madeira de frondosas de alto valor.

IV.2.4. Programa de mobilización dos recursos madeireiros.

IV.3. IMPULSO DA INDUSTRIA FORESTAL DE GALICIA.

Obxectivos do instrumento.

Iniciativas e programas de actuación.

IV.3.1. Axenda de impulso da industria forestal.

G. EIXE V. ESTATÍSTICA, FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN FORESTAL.

Finalidade e obxectivos.

V.1. INVENTARIO E ESTATÍSTICA FORESTAL.

Obxectivos do instrumento.

Iniciativas e programas de actuación.

V.1.1. Inventario forestal continuo de Galicia (IFCG).

V.1.2. Programa dixital galego de información e estatísticas forestais.

V.2. PROGRAMA DE FORMACIÓN E DIVULGACIÓN FORESTAL.

Obxectivos do instrumento.

Iniciativas e programas de actuación.

V.2.1. Programa de divulgación e comunicación da cultura forestal.

V.2.2. Profesionalización de propietarios, xestores de montes e/ou traballadores das empresas de servizos forestais.

V.3. INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN FORESTAL.

Obxectivos do instrumento.

Iniciativas e programas de actuación.

V.3.1. Programa de fomento da investigación, desenvolvemento e innovación forestal.

V.4. FORMACIÓN FORESTAL UNIVERSITARIA.

Obxectivos do instrumento.

Iniciativas e programas de actuación.

V.4.1. Cooperación e coordinación para mellora da formación forestal universitaria en Galicia.

H. EIXE VI. PLANIFICACIÓN, ORDENACIÓN E GOBERNANZA.

Finalidade e obxectivos.

VI.1. DESENVOLVEMENTO TERRITORIAL DA PLANIFICACIÓN, AVALIACIÓN E SEGUIMENTO DO PLAN FORESTAL E DOS PLANS DE ORDENACIÓN DOS RECURSOS FORESTAIS (PORF).

Obxectivos do instrumento.

Iniciativas e programas de actuación.

VI.1.1. Avaliación e seguimento do Plan forestal de Galicia.

VI.1.2. Desenvolvemento dos plans de ordenación dos recursos forestais: contido e alcance, vinculación e rango xerárquico.

VI.2. PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DA ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL E DA CERTIFICACIÓN FORESTAL.

Obxectivos do instrumento.

Iniciativas e programas de actuación.

VI.2.1. Fomento de proxectos de ordenación de montes e instrumentos equivalentes de xestión forestal sustentable.

VI.2.2. Promoción da certificación forestal dos montes galegos.

VI.3. GOBERNANZA DO MONTE GALEGO.

Obxectivos do instrumento.

Iniciativas e programas de actuación.

VI.3.1. Iniciativas de desenvolvemento lexislativo.

VI.3.2. Modificación do Consello Forestal de Galicia.

VI.3.3. Comisión de harmonización normativa e para o estudo da implantación de compensacións e incentivos á actividade forestal.

VI.4. MEDIDAS DE FISCALIDADE FORESTAL.

Obxectivos do instrumento.

Iniciativas e programas de actuación.

VI.4.1. Proposta de incentivos, deducións e bonificacións fiscais para o desenvolvemento da actividade forestal en Galicia.

I. ANEXOS Á 1ª REVISIÓN DO PLAN FORESTAL DE GALICIA 2021-2040.

ANEXO I. DIRECTRICES DO GT (CONSELLO FORESTAL) PARA A REVISIÓN DO PLAN FORESTAL DE GALICIA.

ANEXO II. MEDIDAS DO DITAME DA COMISIÓN ESPECIAL NON PERMANENTE DE ESTUDO E ANÁLISE DAS REFORMAS DA POLÍTICA FORESTAL, DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS E DO PLAN FORESTAL DE GALICIA.

1ª revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040

Cara á neutralidade carbónica

A. INTRODUCIÓN

1. Finalidade e obxectivos da revisión do Plan forestal de Galicia.

A finalidade da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia (en diante, PFG) é actualizar o instrumento básico de planificación forestal estratéxica para o deseño da política forestal galega, cumprindo os requisitos exixibles e procurando a súa adecuación tanto ás novas circunstancias, necesidades, retos e oportunidades de futuro que se presentan para o monte e o sector forestal galego, como ás demandas e tendencias emerxentes xurdidas a nivel nacional e internacional.

1.1. Obxectivos xerais da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia para a súa adecuación ao contexto actual.

Referido ao ámbito internacional a nivel mundial, a 1ª revisión do PFG debe adoptar os compromisos e recomendacións emanadas dos diferentes acordos intergobernamentais sobre ambiente e desenvolvemento sustentable, en particular os convenios mundiais sobre biodiversidade, desertización e cambio climático, intimamente relacionados cos bosques e recursos forestais, que deron lugar a compromisos para desenvolver políticas, plans e programas forestais a nivel nacional e subnacional.

Neste sentido, Nacións Unidas publicou sucesivamente un compendio de recomendacións (Guía para a elaboración de plans forestais nacionais, FAO 1996; Directrices para o desenvolvemento de políticas forestais sustentables, lexítimas e eficaces, FAO 2011), que contén directrices para a formulación dunha política forestal sustentable, coherente, integral e intelixente, de maneira que sexa lexítima, eficaz e transparente. O documento comprende os criterios orientadores e os requirimentos para a súa formulación mediante plans estratéxicos de política forestal a nivel nacional ou subnacional.

En esencia, estas directrices veñen recomendar que o exercicio dunha política forestal eficiente que procure a ordenación e a xestión sustentable dos espazos e recursos forestais dun país ou rexión, debe deseñarse e desenvolverse dunha maneira planificada, comprometida e consensuada, de modo que poida ser verificable:

• Que sexa planificada significa que a política forestal non debe ser froito da improvisación, senón que responderá a unha estratexia determinada, planeada e programada (plan).

• Que sexa comprometida implica que debe conter compromisos dos gobernos e administracións competentes que dispoñan as pertinentes obrigas orzamentarias e de financiamento.

• Que sexa consensuada significa responder aos principios democráticos de transparencia e lexitimidade, que non sexa imposta polos gobernos e administracións senón participativa, de modo que involucre todas as partes implicadas para que sexa froito do diálogo e da negociación entre os sectores e axentes económicos, ambientais e sociais interesados.

• Que sexa verificable significa que se dispoñan mecanismos de control, avaliación e seguimento do desenvolvemento da planificación e execución da política forestal deseñada, mediante criterios e indicadores homologables, contrastables, comparables e fiables que avalíen os progresos e resultados da planificación, así como a observación permanente do estado, dinámica, evolución e tendencias dos espazos e recursos forestais, da súa administración, ordenación e xestión.

Tales principios, directrices e criterios orientadores para a formulación de plans estratéxicos de política forestal foron trasladados a nivel Europa para o cumprimento dos mandatos, decisións, declaracións e resolucións que establecen directrices, criterios e indicadores paneuropeos de xestión forestal sustentable comúns para os países europeos, conforme os compromisos subscritos por España e outros 45 países da rexión, incluída a propia Unión Europea, que os trasladaron ao seu propio ordenamento xurídico.

Así, promulgáronse directivas na Unión Europea e leis do Estado español relativas á avaliación ambiental estratéxica de plans e programas ou ben ao dereito dos cidadáns europeos e españois á información e participación pública na toma de decisións que afecten ou poidan afectar o ambiente, requisitos que condicionan o procedemento para a formulación e aprobación de plans estratéxicos de política forestal e as súas revisións.

En consecuencia, a 1ª revisión do PFG persegue os obxectivos que permitan integrar a política forestal galega no marco da política forestal estatal e no dos mencionados referentes internacionais. Desta forma, o PFG renóvase para constituírse no plan director estratéxico que configure unha política forestal sustentable, lexítima e eficaz, conforme os principios de gobernanza, lexitimidade e transparencia, aplicados mediante criterios de sustentabilidade, biodiversidade e multifuncionalidade.

1.2. A perspectiva pluridimensional da concepción e procedemento da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia.

Co fin de emprender o triplo procedemento preceptivo exixible pola normativa forestal, territorial e ambiental, e co obxecto de conciliar os múltiples obxectivos e intereses ambientais, económicos e sociais que converxen sobre os montes e recursos forestais de Galicia, a 1ª revisión do PFG proxéctase e enfócase en catro dimensións:

• Unha dimensión institucional, técnica e administrativa cuxa iniciativa corresponde á Administración forestal como órgano competente promotor da 1ª revisión do PFG no seo da Consellería do Medio Rural (CMR). A CMR, en colaboración con outras consellerías implicadas ou interesadas, elaborou o diagnóstico do monte e o sector forestal galego e a presente proposta de Plan forestal revisado.

• Unha dimensión socioeconómica sectorial que procurou a participación e intervención activa na 1ª revisión do PFG das entidades e axentes sociais, económicos e ambientais implicados ou interesados, a través do grupo de traballo constituído para o efecto no seo do Consello Forestal de Galicia, como órgano institucional de consulta e representación formalmente establecido, que propuxo as súas propias directrices para a revisión. Esta perspectiva prevé unha dimensión social e económica produtiva.

• Unha dimensión territorial que lle outorga á 1ª revisión do PFG a consideración de instrumento de ordenación do territorio conforme a súa propia lexislación específica.

• Unha dimensión ambiental que se considera inherente e consubstancial aos obxectivos de sustentabilidade do propio PFG, en cumprimento dos requisitos preceptivos e documentos exixibles para a súa avaliación ambiental estratéxica, de acordo co establecido na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Así se emprendeu o procedemento pertinente e elaborouse a documentación requirida para a realización, formulación e aprobación formal da 1ª revisión do PFG.

2. Proceso de elaboración e documentos xerados.

Conforme establece a normativa galega de ordenación do territorio na consideración como tal do PFG, o 9 de xuño de 2016 o Consello da Xunta de Galicia adoptou e subscribiu o acordo motivado de inicio do procedemento de elaboración, formulación e aprobación da 1ª revisión do PFG, que se fixo público mediante a Resolución do 10 de xuño de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, publicada no Diario Oficial de Galicia número 119, do 23 de xuño de 2016.

A resolución do acordo motivado subscrito polo Consello da Xunta de Galicia no seu punto cuarto decide encomendar formalmente á Consellería do Medio Rural a elaboración da 1ª revisión do PFG, o impulso e a dirección do procedemento para a súa aprobación, por iniciativa da Dirección Xeral de Ordenación Forestal.

Mediante esta resolución, en cumprimento do disposto no artigo 21.1 da Lei de ordenación do territorio de Galicia, comenzouse o procedemento para formular e aprobar a 1ª revisión do PFG, e estableceuse o prazo dun mes, desde a publicación do acordo, para a formulación inicial do documento previo da 1ª revisión do PFG exixible para comezar o procedemento preceptivo.

A partir dese momento, púxose en marcha o procedemento preceptivo de elaboración, formulación e aprobación da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia, de conformidade coa normativa forestal, territorial e ambiental aplicable para o efecto, cuxa documentación requirida por cada un dos procedementos se describe a continuación.

2.1. Proposta de directrices estratéxicas do grupo de traballo do Consello Forestal de Galicia para a 1ª revisión do Plan forestal.

Conforme o disposto no número 4 do artigo 72 da Lei galega de montes, para a elaboración e revisión do PFG deben ser consultados os propietarios forestais, particulares e montes veciñais, as entidades locais, o sector empresarial e os demais axentes sociais e institucionais interesados por medio dos seus órganos de representación co fin de propiciar a maior participación social na toma de decisións.

Para lograr un enfoque integrado do monte e procurar o protagonismo debido do sector forestal galego, decidiuse emprender un proceso participativo mediante un grupo de traballo do Consello Forestal de Galicia, para proporcionar unhas directrices estratéxicas para a 1ª revisión do PFG, como diagnóstico preliminar e propostas previas efectuadas por representantes do sector, que serviron de referencia inicial e punto de partida do novo PFG revisado.

O 21 de maio de 2014, o Consello Forestal de Galicia acordou a proposta da 1ª revisión do PFG de 1992 como función lexítima deste órgano consultivo, entendendo a necesidade de reorientar a política forestal galega cara ás novas políticas forestais e ambientais emerxentes centradas no desenvolvemento sustentable. O grupo de traballo para a 1ª revisión do PFG quedou formalmente constituído na súa primeira reunión, o 16 de febreiro de 2015, e está formado por un total de 26 entidades directa e indirectamente vinculadas co sector forestal galego, tanto do sector público como privado; o proceso participativo organizouse mediante enquisas e reunións temáticas.

Tras a primeira reunión, a Consellería do Medio Rural nomeou dúas persoas, un funcionario da Dirección Xeral de Ordenación Forestal da propia consellería e un profesor da Escola Politécnica Superior de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, como coordinadores do grupo de traballo, que actuaban de moderadores, con voz pero sen voto, na toma de decisións. Estes dous membros mencionados, xunto co grupo de apoio técnico e coa secretaría técnica constituíron o denominado Comité Técnico do Grupo de Traballo do Consello Forestal de Galicia.

Por outra banda, o grupo de apoio técnico, constituído por dous membros do grupo de investigación G4 plus da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, deseñou a metodoloxía de traballo e analizou os resultados dos instrumentos de participación aplicados aos axentes implicados, entre outras funcións.

A secretaría técnica, formada por dous funcionarios da Dirección Xeral de Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural, proporcionou o apoio loxístico e técnico ao grupo, organizou as reunións e redactou acta destas, entre outros labores.

Desde mediados de febreiro ata mediados de novembro de 2015 (16 de febreiro ao 19 de novembro), o Comité Técnico do Grupo de Traballo reuniusen un total de 13 ocasións para realizar as tarefas que lle eran propias. Pola súa banda, desde finais de febreiro ata principios de novembro de 2015 (26 de febreiro ao 5 de novembro), o grupo de traballo foi convocado para un total de oito sesións. Os principais fitos alcanzados polo grupo de traballo para a 1ª revisión do PFG de 1992, foron:

• Aprobación das normas de composición e regulamento interno de funcionamento do grupo de traballo: 9 de abril.

• Posicionamento dos membros do grupo de traballo sobre as necesidades e demandas para a cadea forestal: 13 de maio.

• Realización das enquisas polos membros do grupo de traballo: 25 de xuño-21 de outubro.

• Debate e consenso sobre os resultados das enquisas e o seu posterior procesamento: 9 de xullo-5 de novembro.

• Elaboración do borrador das directrices para a 1ª revisión do PFG de 1992: 19-24 de novembro.

• Presentación do informe dos traballos desenvoltos no seo do grupo de traballo e das directrices para a 1ª revisión do PFG de 1992 por parte do grupo de traballo ao resto de membros do Consello Forestal de Galicia: 11 de decembro.

• Aprobación definitiva das directrices para a 1ª revisión do PFG de 1992 por parte do grupo: 17 de decembro.

Finalmente, o 17 de decembro de 2015 entregouse o documento final da proposta de directrices estratéxicas do grupo de traballo do Consello Forestal de Galicia para a 1ª revisión do PFG, cuxas proposicións e alternativas se tiveron en conta no proceso de elaboración, configuración e toma de decisións para a 1ª revisión do PFG, de xeito tal que cada medida e instrumento proposto foi ligado a estas directrices ditadas.

Este documento de traballo ofrece solucións e proposicións alternativas emanadas de representantes cualificados do sector forestal galego para a súa integración na revisión do Plan forestal de Galicia. Refírese a tres bloques que agrupan 19 áreas temáticas que se enumeran a continuación e constitúe a documentación asociada ao proceso de revisión.

• Bloque I

◦ AT1. Análise do grao de cumprimento do Plan forestal de Galicia 1992.

◦ AT2. Superficie forestal en Galicia e formacións arborizadas do monte.

◦ AT3. Estrutura e organización da propiedade.

◦ AT4. Xestión da propiedade forestal.

◦ AT5. Planificación e xestión forestal sustentable.

◦ AT6. Multifuncionalidade dos recursos e servizos.

◦ AT7. Taxa de aproveitamento dos recursos forestais.

• Bloque II

◦ AT8. Incendios forestais.

◦ AT9. Sanidade e saúde forestal.

◦ AT10. Protección, conservación e fomento da biodiversidade.

◦ AT11. Pistas e infraestruturas forestais.

◦ AT12. Formación, educación e divulgación.

◦ AT13. Investigación e transferencia forestal.

◦ AT14. As administracións públicas no sector forestal.

• Bloque III

◦ AT15. Políticas públicas en materia de fomento e fiscalidade forestal.

◦ AT16. Estatística forestal. Sistemas de apoio á toma de decisións.

◦ AT17. A cadea monte-industria e o emprego forestal.

◦ AT18. Cambios estruturais cara á bioeconomía ou economía hipocarbónica.

◦ AT19. Marco normativo: representatividade sectorial.

2.2. Documento previo de avance do diagnóstico e da proposta inicial da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 21 da Lei galega de ordenación do territorio, co obxecto da formulación e aprobación da 1ª revisión do PFG, para o inicio efectivo do procedemento preceptivo requírese en primeira instancia elaborar un avance do Plan forestal revisado, de maneira que conteña os seus obxectivos prioritarios e propoña a súa formulación inicial e a estrutura básica que articule as iniciativas, medidas e accións que se van propoñer, conforme os eixes estratéxicos de intervención, instrumentos de execución e programas temáticos de actuacións previstos en principio.

Decidiuse incorporar tamén un avance das análises e diagnósticos que se estaban realizando do estado forestal e natural do monte galego, do escenario de riscos naturais e ambientais que o ameazan relativos a procesos erosivos e hidrolóxicos, riscos e ameazas fitosanitarias producidas por axentes patóxenos e a problemática dos incendios forestais, así como do escenario socioeconómico do monte e do sector forestal galego, incluso un avance da avaliación do grao de cumprimento do PFG de 1992 vixente ata o momento.

Pola súa banda, o documento previo proporcionou un avance do documento propositivo que configura o novo PFG. En principio, o documento dispositivo de avance da 1ª revisión do PFG adiantaba a seguinte configuración de estrutura e contidos previstos:

1. Fundamentos e referentes de política e planificación forestal estratéxica no ámbito internacional, nacional e autonómico.

2. Modelo galego de gobernanza da política forestal: referentes normativos, facultativos, técnicos e instrumentais para a ordenación e xestión sustentable dos espazos e recursos forestais.

3. Concepción e ámbito de aplicación.

4. Finalidade, principios e obxectivos xerais da política forestal galega. Obxectivos estratéxicos e programáticos do PFG revisado.

5. Estrutura e configuración da 1ª Revisión do PFG: articula as iniciativas, medidas e accións propostas, conforme os eixes estratéxicos de intervención, instrumentos de execución e, para cada un deles, as iniciativas e programas de actuación.

6. Modelo de monte.

7. Vixencia da 1ª revisión do PFG. Programación de prioridades, períodos e prazos.

8. Programación orzamentaria e liñas de financiamento.

9. Criterios e indicadores estratéxicos de avaliación e seguimento.

2.3. Documentos de análise e diagnóstico do monte e do sector forestal galego.

De conformidade co disposto no artigo 72 da Lei galega de montes, para elaborar a 1ª Revisión do PFG requírese previamente avaliar a situación do monte galego, de xeito que a revisión do Plan forestal se fundamentará no diagnóstico sobre os espazos e recursos forestais derivado da «análise do inventario forestal de Galicia e outros estudos» ou análises sobre o monte e o sector forestal galego «que se consideren necesarios», antes de establecer as directrices e programas de actuación adecuados para o seu desenvolvemento, así como os mecanismos de seguimento e avaliación do seu cumprimento.

Con este obxecto, a Dirección Xeral de Ordenación Forestal en xaneiro de 2015 elaborou unha análise e diagnóstico técnico do monte e do sector forestal galego, así como do grao de desenvolvemento e idoneidade do modelo de monte e de cumprimento dos obxectivos e compromisos previstos no PFG de 1992 con vistas á súa revisión e actualización. Os documentos xerados como estudos previos conteñen os seguintes contidos:

• Escenario forestal do monte galego, que describe a evolución e transformación histórica da paisaxe forestal galega, para caracterizar a evolución, estado actual e tendencias dos espazos e recursos forestais a partir dos datos rexistrados nos catro inventarios forestais nacionais sucesivos realizados en Galicia desde 1973 a 2009.

• Escenario natural do monte galego, que inclúe as análises e diagnósticos pertinentes sobre biodiversidade e hábitats forestais como contribución dos espazos forestais protexidos á conservación do patrimonio natural de Galicia, así como sobre a súa multifuncionalidade que considera outros servizos ambientais e sociais.

• Escenario de riscos naturais e ambientais que ameazan os montes de Galicia, proporcionando unha análise, diagnóstico e prognóstico sobre:

◦ O papel protector dos bosques ante os riscos erosivos e hidrolóxicos onde, en función das propiedades do medio físico, se analiza a función da cobertura forestal para a conservación e protección do solo, a regulación do réxime hidrolóxico para evitar procesos erosivos, de degradación do solo e da cuberta vexetal e reducir o risco de inundacións.

◦ O estado de saúde do monte galego, que considera os principais problemas, riscos e ameazas fitosanitarias de axentes patóxenos que afectan as masas forestais.

◦ O problema e o perigo das catástrofes naturais (incendios e vendavais), que analiza os riscos e causas que os orixinan.

• A estrutura, distribución e dimensións da propiedade forestal galega segundo a súa titularidade, réxime xurídico e administrativo.

• O escenario socioeconómico do monte e do sector forestal en Galicia, onde se describe a produción e contribución do sector forestal galego á actividade económica e o emprego. Cadea monte-industria: empresas e industrias forestais.

• Avaliación do grao de cumprimento do Plan forestal de Galicia (1992) vixente e desenvolvemento do modelo de monte previsto.

2.4. Documentos derivados do proceso de contraste do diagnóstico e integración de propostas da Administración e o sector forestal.

As anteriores análises e diagnósticos do monte e do sector forestal galego, elaborados por un equipo técnico especializado dunha empresa pública como medio propio instrumental da Administración autonómica galega, foron contrastados e validados pola Dirección Xeral de Ordenación Forestal.

As análises e os diagnósticos elaborados refiren as principais carencias e debilidades, os riscos e ameazas, problemas e conflitos detectados, que foron proxectados sobre as necesidades, fortalezas, potencialidades, solucións, retos e oportunidades que se presentan, proporcionando as correspondentes matrices de diagnósticos para cada un dos aspectos e ámbitos analizados.

Con este material de análise e diagnóstico emprendeuse un proceso de participación interna mediante 30 sesións temáticas no seo da Dirección Xeral de Ordenación Forestal en que interviñeron responsables de diferentes áreas propias da Administración forestal, que contrastaron e validaron os diagnósticos elaborados e procederon, ademais, á integración de propostas derivadas da Administración e do sector forestal, con base nas directrices proporcionadas polo grupo de traballo do Consello Forestal de Galicia.

Como resultado deste proceso de contraste, validación e integración na Administración forestal promotora da revisión do Plan forestal galego, elaborouse un documento de sínteses e conclusións do diagnóstico sobre o escenario do monte e a súa administración, que constitúe un anexo que forma parte da documentación da 1ª revisión do PFG.

Ademais o proceso proporcionou a proposta de 1ª revisión do Plan forestal de Galicia, que foi sometida a información e consultas con representantes do sector forestal galego antes da súa presentación formal no Consello Forestal de Galicia e do seu sometemento ao preceptivo trámite de información pública.

Tras a incorporación das alegacións e modificacións derivadas do procedemento de información pública e de avaliación ambiental estratéxica que corresponderon a este documento propositivo da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia formulouse finalmente o documento dispositivo preparado para a súa aprobación definitiva.

2.5. Documentación preceptiva requirida no procedemento de avaliación ambiental estratéxica da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia.

Completouse a documentación preceptiva requirida no procedemento de avaliación ambiental estratéxica da 1ª revisión do PFG, conforme o disposto na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. A revisión do Plan someteuse ao procedemento ordinario ou simplificado por decisión da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, como órgano ambiental competente.

Tras a solicitude de inicio do procedemento ordinario ante o citado órgano ambiental, presentouse o preceptivo documento inicial estratéxico, xunto cun borrador da 1ª revisión do PFG (documento previo), sometidos ambos á consulta das administracións públicas afectadas e das persoas interesadas por un prazo mínimo de 45 días hábiles.

O contido do documento inicial estratéxico, que foi presentado para comezar o trámite preceptivo da avaliación ambiental estratéxica, resúmese a continuación:

1. Caracterización da situación do ambiente antes do desenvolvemento do Plan forestal no ámbito territorial afectado. Para iso, como resumo do diagnóstico incluído no referido Documento previo, caracterizouse o medio físico e natural de Galicia xunto cunha descrición da socioeconomía vinculada ao sector forestal.

2. Obxectivos da planificación en que se expresa a motivación do PFG xunto cos obxectivos xerais.

3. Alcance do contido do PFG xunto coas alternativas razoables, técnicas e ambientalmente viables, onde se describen as alternativas consideradas para a formulación do PFG, tendo en consideración os efectos da non- elaboración deste (alternativa cero) e o proceso levado ata agora para realizar o borrador do Plan elaborado como avance del, facendo fincapé nas directrices estratéxicas dos representantes do sector para a 1ª revisión do PFG.

4. Desenvolvemento previsible do Plan mediante unha descrición da estratexia que se vai seguir para o desenvolvemento do PFG revisado, en coherencia co modelo de gobernanza proposto no referido documento previo.

5. Potenciais efectos ambientais: móstrase unha aproximación para os efectos ambientais derivados do desenvolvemento do PFG, tendo en conta que os efectos esperados son positivos, respecto das seguintes variables ambientais:

• Medio natural e biodiversidade.

• Atmosfera e cambio climático.

• Solo e auga.

• Paisaxe e patrimonio cultural.

• Medio socioeconómico.

6. Incidencias sobre plans sectoriais e territoriais concorrentes: analízase a xerarquía e a concorrencia que pode ter o PFG sobre outros instrumentos de ordenación do territorio, para o que se inclúe unha relación da planificación concorrente, a escala europea, estatal e autonómica, en materia forestal, de desenvolvemento rural, ambiente, ordenación do territorio e paisaxe.

2.6. Comisión especial non permanente de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan forestal de Galicia.

En novembro do ano 2017 creábase en sede parlamentaria a Comisión especial, non permanente, de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan forestal de Galicia, avaliando a experiencia acumulada desde 2006 e, especificamente, a extraordinaria vaga de lumes que sufriu Galicia en outubro de 2017.

En xullo do ano 2018 a dita comisión aprobaba un ditame onde incorporaba medidas concretas para o desenvolvemento do rural galego e, en particular, en materia de política forestal. Estas recomendacións foron tidas en conta de forma concreta no proceso de elaboración, configuración e toma de decisións para a 1ª revisión do PFG, de xeito tal que cada medida e instrumento proposto foi ligado a elas.

Con tales antecedentes e premisas expóñense a continuación os contidos e alcance da proposta da 1ª revisión do PFG.

2.7. Aprobación de propostas polo Parlamento de Galicia.

Tras o trámite de consultas (incluídas reiteradas ocasións aos membros do Consello Forestal de Galicia), de información pública, integración das directrices do GT do Consello Forestal de Galicia e inclusión das recomendacións do Ditame da Comisión especial do Parlamento elaborouse un documento final do Plan forestal de Galicia 2021-2040, que foi remitido ao Parlamento de Galicia o 28 de xaneiro do ano 2021 (XI lexislatura, BOP número 84).

Na ligazón pódese consultar o documento presentado no Parlamento de Galicia da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 «Cara á neutralidade carbónica»:

http://www.es.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B110084_1.pdf

Logo da súa presentación e debate o 5 de febreiro de 2021, no seo da Comisión nº 7 de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, o Parlamento de Galicia aprobou o novo PFG nos plenos dos días 23 e 24 de febreiro 2021 (Boletín Oficial do Parlamento número 103, do 26 de febreiro de 2021).

B. ESTRUTURA E CONTIDOS.

A estrutura e contidos da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia (PFG) son:

1. Fundamentos e referentes de política e planificación forestal estratéxica no ámbito internacional, nacional e autonómico.

2. Modelo galego de gobernanza da política forestal: referentes normativos, facultativos, técnicos e instrumentais para a ordenación e xestión sustentable dos espazos e recursos forestais.

3. Concepción e ámbito de aplicación.

4. Finalidade, principios e obxectivos xerais da política forestal galega. Obxectivos estratéxicos e programáticos do PFG revisado.

5. Estrutura e configuración da 1ª revisión do PFG: articula as iniciativas, medidas e accións propostas, conforme os eixes estratéxicos de intervención, instrumentos de execución e, para cada un deles as iniciativas e programas de actuación

6. Modelo de monte.

7. Vixencia da 1ª revisión do PFG. Programación de prioridades, períodos e prazos.

8. Programación orzamentaria e liñas de financiamento.

9. Revisión, avaliación e seguimento.

10. Fichas resumo por medida para cada programa de actuación.

1. Referentes, demandas e tendencias emerxentes de política forestal sustentable.

1.1. Ámbito internacional.

O PFG, como plan director da política forestal galega, en primeiro lugar, debe adaptarse ás demandas actuais e tendencias previsibles a escala global conforme os compromisos adquiridos nos tres convenios mundiais xuridicamente vinculantes sobre ambiente (cambio climático, biodiversidade e desertización) cos cales os bosques están intimamente relacionados xa que xogan un papel esencial pola súa decisiva contribución ao ambiente e á calidade de vida a escala planetaria.

Os obxectivos sobre bosques derivados da Convención Marco das Nacións Unidas sobre Cambio Climático (CMNUCC) aplicado mediante programas de redución de emisións por deforestación e desertizcación (REDD+) ou cambios de usos da terra e os bosques (LULUFC), e actualizado recentemente co Acordo de París, en que os bosques adoptarán o protagonismo que lles corresponde; neste contexto, os obxectivos concrétanse na retención de carbono, na resiliencia e vitalidade dos ecosistemas forestais, na adaptación dos bosques a previsibles alteracións climáticas.

Pola súa banda, os obxectivos sobre bosques derivados do Convenio de diversidade biolóxica (CBD) concrétanse mediante a Estratexia de Biodiversidade con horizonte 2020 (metas Aichi), que son xestionados con criterios de sustentabilidade para garantir a conservación e uso sustentable da diversidade biolóxica, protexéndoos da súa perda ou degradación e da fragmentación dos hábitats forestais, contribuíndo así á protección e mellora do ambiente. No marco do o Convenio sobre desertización, en que o papel protector da cobertura forestal é fundamental, os fins concrétanse na reforestación e restauración de áreas degradadas.

De acordo cos obxectivos do milenio sobre desenvolvemento sustentable que marca a axenda internacional con horizonte a 2020 e 2030, de conformidade cos tres alicerces fundamentais (ambiental, social e económico) do principio universal de sustentabilidade, hai que compatibilizar o valor ambiental co interese socioeconómico dos bosques, de modo que poidan desempeñar o rol que lles corresponde como provedores de materias primas procedentes de recursos naturais renovables como produtos ecolóxicos emerxentes de base biolóxica.

Desta maneira, a xestión sustentable dos bosques procurará actividades produtivas que xeren rendas e emprego para contribuír ao desenvolvemento socioeconómico sustentable do medio rural que permitirán ao sector forestal incorporarse ao futuro da economía verde, que inclúe a bioeconomía baixa en carbono e as enerxías renovables (bioenerxía procedente de biomasa), a economía circular con produtos do bosque derivados de recursos renovables, reciclables e reutilizables, así como o consumo responsable e a construción sustentable, ademais doutras aplicacións innovadoras procedentes dos recursos forestais.

Segundo Nacións Unidas, para tales fins resultarán claves as políticas públicas a longo prazo que consideren os dereitos das futuras xeracións (Informe Brutland) e outros aspectos como a valoración de activos naturais e ambientais do patrimonio forestal, ou o pagamento compensatorio por prestación de servizos ambientais, o tratamento fiscal diferenciado da propiedade forestal e a prevalencia da calidade e eficiencia da xestión sobre a titularidade da terra, a cohesión social e participación público-privada, así como incentivar os emprendedores de actividades económicas no medio rural, a innovación e a transferencia tecnolóxica da produción e a industria forestal para facilitar a incorporación do sector forestal á economía verde.

1.2. Ámbito europeo.

En particular, a 1ª revisión do PFG debe adoptar o denominado enfoque paneuropeo PFN, que reúne os requisitos exixibles para a formulación de plans estratéxicos de política forestal en Europa, conforme o disposto no anexo á Resolución V1 (Reforzo de sinerxías para a xestión forestal sustentable a través da cooperación intersectorial e dos programas forestais nacionais. Viena, abril 2003).

Este enfoque paneuropeo recolleu as recomendacións de Nacións Unidas (2000) naquel entón para os países de Europa, directrices que foron actualizadas posteriormente coa Guía FAO (2011) para o desenvolvemento de políticas forestais sustentables, lexítimas e eficaces. A dita guía propón a formulación dunha política forestal sustentable, coherente, integral e «intelixente», de maneira que sexa lexítima, eficaz e transparente en calquera país ou rexión do mundo, que comprende os criterios e requirimentos necesarios para a súa execución mediante plans estratéxicos de política forestal.

Os principais instrumentos de referencia de política forestal da Unión Europea son a Estratexia forestal (1998), recentemente revisada en 2015, e o Plan de acción para o sector forestal (2006) para o período 2007-2011, cuxa revisión culminou en 2013 coa Estratexia da Unión Europea para os bosques e o sector forestal, que recolle as recomendacións de Nacións Unidas trasladadas ao contexto dos países membros da Unión Europea, que deben servir de referencia para a formulación de plans estratéxicos de política forestal nos países membros a nivel nacional e subnacional ou rexional e, por tanto, neste caso para a 1ª revisión do PFG.

Entre outros instrumentos marco de referencia relacionados coa política forestal, a Unión Europea tamén dispón da Estratexia de biodiversidade (2020) e outras estratexias de ambiente, de paisaxe e do territorio ou políticas comunitarias sobre cambio climático e enerxía, nas cales os bosques xogan un papel esencial.

Así, as políticas comunitarias prestan atención especial á relación vital dos bosques co clima, a auga e as fontes de enerxía renovables (biomasa forestal) dentro da Estratexia de crecemento da Unión Europea 2020, como o Paquete de medidas sobre clima e enerxía 2020 (obxectivos 20-20-20) ou o Marco sobre o clima e enerxía para 2030 (27 % cota de enerxías renovables) e, especialmente, a Estratexia da Unión Europea de adaptación ao cambio climático (2013), así como o Directiva marco de augas (2000), considerando o papel dos bosques para regular o réxime hidrolóxico ante as previsións de cambio climático.

Pola súa banda, no marco da política agraria común, constitúe outro referente instrumental que hai que considerar na política forestal galega o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), como instrumento de cofinanciamento cos países membros dos programas de desenvolvemento rural (PDR) para o período 2014-2020 que cada cal defina no seu marco nacional e, en particular, o PDR que para o efecto se dispón para Galicia, no cal se poden adecuar medidas agroambientais e forestais (silvícolas). Estas medidas continuarán no tempo cos novos plans estratéxicos que constituirán o marco para o novo período 2021-2027 (PE-PAC) en materia de fondos estruturais e, en particular, Feader, e que compoñerán a base orzamentaria para o financiamento dos instrumentos e medidas previstos nesta 1ª revisión do PFG, como se pode consultar na distribución orzamentaria.

1.3. Ámbito estatal.

No ámbito estatal, entre outros instrumentos que articulan a política forestal estatal, a Administración xeral do Estado emprendeu a reforma da política forestal española sucesivamente mediante a Estratexia forestal española (1999) e o Plan forestal español (2002), amparados pola Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, modificada despois pola Lei 10/2006, do 28 de abril, e, máis recentemente, mediante a Lei 21/2015, do 20 de xullo, que xunto coa creación do Consello Nacional de Bosques, como órgano de consulta e representación do sector forestal español, constitúen o novo contexto da política forestal española no tránsito ao século XXI, que traslada ao ámbito español os compromisos e referentes internacionais.

Estes instrumentos estatais estableceron o marco común de referencia en España para o desenvolvemento de políticas forestais sustentables nas comunidades autónomas, mediante os seus correspondentes plans forestais autonómicos. Así pois, con anterioridade e posterioridade a este marco estatal de referencia, todas as comunidades autónomas españolas foron formulando o seu propio Plan forestal ou instrumento equivalente de planificación estratéxica de política forestal autonómica, conforme as súas competencias. Pola súa banda, tamén está próxima a 1ª revisión do Plan forestal español de 2002.

Neste sentido, recentemente, o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente aprobou en 2015 un Plan de activación socioeconómica do sector forestal español que tamén pode servir de referencia actualizada para a súa integración no novo PFG, como resultado da revisión e actualización do anterior de 1992.

Os espazos e recursos forestais deben desempeñar un papel importante noutras políticas sectoriais relacionadas coa política forestal, dispoñendo de referentes como a Estratexia nacional de infraestrutura verde e da conectividade e restauración ecolóxicas, a Estratexia española de bioeconomía horizonte 2030, proxectada en 2015, a Estratexia española de cambio climático e enerxía limpa horizonte 2007-2020, a Estratexia española de conservación e uso sustentable dos recursos xenéticos forestais (2006), ou a Estratexia española de conservación da diversidade vexetal 2014-2020, no marco da Estratexia española para a conservación e uso sustentable da diversidade biolóxica (1998).

1.4. Ámbito galego.

Non convén esquecer, ademais, que se viñeron promulgando sucesivas modificacións da Lei básica de montes (2003, 2006 e 2015) de España que proporcionan un novo marco legal ao sector forestal español acorde cos tempos actuais, ao que tamén responde a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Entre a normativa forestal galega de referencia destacan a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, e a súa normativa de desenvolvemento; a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e outra normativa para o seu desenvolvemento como o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, e o Decreto 23/2016, do 25 febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polos montes veciñais en man común en actuacións de mellora e protección forestal.

Outra normativa forestal galega son o Decreto 135/2004, do 17 de xuño, polo que se crea o Rexistro galego de materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución; o Decreto 220/2007, do 15 de novembro, polo que se crea o sistema oficial para o control da produción e comercialización dos materiais forestais de reprodución, e o Decreto 45/2011, do 10 de marzo, polo que se regula o fomento das agrupacións de propietarios forestais, os requisitos e cualificación das sociedades de fomento forestal e a creación do seu rexistro. Tamén convén mencionar o Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e xestión de montes de Galicia, e a Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia.

Entre outra normativa sectorial incidente atópanse a Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia; a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia; a Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia; o Decreto 19/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproban definitivamente as directrices de ordenación do territorio; o Decreto 20/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o Plan de ordenación do litoral de Galicia; a Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia; a Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia; a Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico; a Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia; a Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia; o Decreto 238/2020, do 29 de decembro, polo que se aproban as directrices de paisaxe de Galicia; o Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.

A primeira referencia como instrumento de planificación estratéxica da política forestal galega loxicamente é o Plan forestal de Galicia de 1992 obxecto da presente revisión. Ademais, convén citar outros instrumentos de referencia como o Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (novo PE-PAC en desenvolvemento), a Estratexia galega de economía circular 2019-2030, a Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050 ou a Estratexia galega de impulso da biomasa forestal, entre outras.

2. Modelo galego de gobernanza da política forestal galega.

De acordo cos referentes, demandas e tendencias emerxentes de política forestal sustentable antes mencionadas, é necesario formular un modelo galego de gobernanza da política forestal que sirva de referencia para procurar un bo goberno do monte, garantindo a ordenación e xestión sustentable dos espazos e recursos forestais de Galicia, e é necesario adecuar estas directrices internacionais, europeas e estatais para a boa gobernanza da política forestal galega segundo as propias características, capacidades, necesidades, obxectivos e intereses que afectan o noso monte, en particular tendo en conta que o 97 % da superficie forestal galega é de carácter privado, con 1,4 millóns de hectáreas pertencentes a particulares e 664.630 hectáreas, a comunidades de montes veciñais en man común e que o elevado número de propietarios forestais –máis de 450.000 propietarios de montes de particulares e 3.072 comunidades de montes veciñais– proporciona ao monte en Galicia unha alta lexitimidade social e un alto impacto económico, xa que a maioría das familias galegas teñen un vencello directo.

Segundo as recomendacións, requirimentos e compromisos internacionais, a nivel mundial (FAO e Foro Forestal Nacións Unidas UNFF) e europeo (Proceso Forestal Paneuropeo) xa vistos, a planificación estratéxica da política forestal é un proceso iterativo de aprendizaxe que se retroalimenta mediante a súa propia avaliación e revisión periódica, que se efectúa a través dun procedemento democrático participativo que permita intervir a todos os implicados, que require o liderado e compromiso dos poderes públicos para o seu emprendemento a través da iniciativa dos gobernos e administracións competentes.

En consecuencia, co obxecto de proxectar o enfoque de boa gobernanza que requiren as directrices internacionais para a formulación dunha política forestal galega que sexa integral e sustentable, lexítima e eficaz (FAO, 2011), a 1ª revisión do PFG debe adoptar os seguintes principios fundamentais que deben dirixir o Plan e os seus correspondentes criterios básicos orientadores, esenciais para a súa aplicación mediante o desenvolvemento do Modelo galego de gobernanza forestal que se dispón para o efecto.

Cada un dos principios fundamentais que se enumeran a continuación pódese aplicar mediante o seu correspondente criterio básico:

Principio universal de sustentabilidade. Garantirase a compatibilidade e persistencia sostida dos bens e servizos ambientais, económicos e sociais que os espazos e recursos forestais dos montes galegos sexan capaces de proporcionar, mediante o exercicio dunha xestión forestal sustentable e unha ordenación racional e eficiente, de maneira que o uso e desfrute dos sistemas forestais non supere a capacidade de carga dos ecosistemas nin a de renovación dos seus recursos, conservando a súa diversidade biolóxica e os hábitats forestais nun estado próximo á natureza e manténdoos nun adecuado estado de saúde e vitalidade sen afectar os lindeiros nin a outros procesos ecolóxicos esenciais relacionados. Este principio xeral de sustentabilidade preside e comprende os demais principios e criterios de que forma parte.

Criterio xeral de multifuncionalidade. Por este criterio enténdese que os espazos forestais deben considerarse sistemas de usos múltiples, de modo que sobre eles converxen as diversas funcións e prestacións ecolóxicas, económicas e sociais que, en xeral, non se consideran excluíntes entre si, á marxe da prevalencia dalgunha delas sobre as demais (criterio de converxencia multifuncional, UN 1997).

Implica a aplicación de criterios de xestión forestal multifuncional e ordenación multicriterio que permitan unha adecuada zonificación de usos dos espazos e recursos forestais (xestión multiusos), establecendo prevalencias funcionais e usos preferentes por zonas homoxéneas, segundo os seus graos de prioridade, compatibilidade e de subordinación entre eles. Trátase dunha cuestión de ordenación de usos do territorio forestal en función dos seus valores naturais para a conservación, os riscos ambientais para a seguridade e os intereses socioeconómicos para a xeración de emprego e actividades produtivas en zonas sen excesivas limitacións ambientais.

Principio fundamental de responsabilidade ambiental. Trátase de adoptar a obrigada consideración e perspectiva ambiental inherente aos ecosistemas forestais como principio ético de actuación, polo cal a política forestal ten unha dimensión ambiental consubstancial que obriga a ter en conta os factores, alternativas e efectos ambientais no seu deseño e aplicación, o que require asumir en todo caso obxectivos de conservación na xestión dos espazos e recursos forestais, en xeral, e con carácter prioritario nos espazos forestais protexidos, en particular. Desta forma, a 1ª revisión do PFG integra en si mesmo a súa propia avaliación ambiental.

Criterio xeral de conservación da biodiversidade. Enténdese que, en todo caso, se debe garantir a conservación e uso sustentable da diversidade biolóxica que almacenan os montes como ecosistemas forestais, tanto das especies de flora e fauna silvestres ou dos recursos xenéticos que albergan, como dos hábitats, ecosistemas e paisaxes de que forman parte.

Isto implica adoptar criterios ecolóxicos e considerar un enfoque ecosistémico na xestión forestal sustentable, interpretada como unha xestión de hábitats forestais que conteñen elementos e procesos biolóxicos, unha xestión próxima ao medio natural, sobre todo cando se trata de espazos forestais protexidos.

Principio democrático de lexitimidade e transparencia. Recoñecerase o dereito dos cidadáns para ser informados e escoitados (Convenio paneuropeo Aarhus, 1998) para ter a oportunidade de intervir activamente na toma de decisións, así como de involucrarse no desenvolvemento e execución da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia acordado cos axentes implicados do sector, cada cal de acordo cos seus compromisos e responsabilidades, en aplicación da Lei 27/2006, do 18 de xullo, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de ambiente, que incorpora as directivas 2003/4/CE e 2003/35/CE, é a norma lexislativa de referencia.

Este principio democrático participativo descarta, por tanto, a imposición unilateral das disposicións ambientais polos gobernos e autoridades, como sucede coas determinacións de calquera plan forestal, antepoñendo o diálogo e a negociación, o consenso e o acordo ou pacto social na formulación da política forestal galega e no desenvolvemento da 1ª revisión do PFG.

Criterio esencial de participación social. Para a aplicación do principio anterior, a 1ª revisión do PFG adopta o principio democrático de lexitimidade e transparencia que supón a participación e intervención activa das entidades e axentes locais implicados ou interesados na política forestal galega, de acordo coa normativa europea e estatal aplicables sobre o dereito de acceso dos cidadáns á información, á participación pública e á xustiza en materia de ambiente.

Os axentes sociais implicados deben ter a oportunidade de intervir activamente tanto no diagnóstico da situación como na proposta de alternativas e solucións, de modo que lles permitan influír nas decisións e resultados do plan, tal como se efectuou durante a 1ª revisión do PFG a través do seu órgano institucional de consulta e representación: o Consello Forestal de Galicia.

O xestor forestal, ademais dun silvicultor responsable, dun xestor multiusos de recursos naturais renovables e dun xestor de hábitats forestais e da súa biodiversidade, tamén debe ser un xestor de consensos manexados a través do diálogo e consenso para conseguir compromisos e lograr acordos entre as partes que procuren pactos sociais sobre retos e aspiracións comúns en materia de política forestal.

A 1ª revisión do PFG obtense así por consenso mediante a obxectividade que proporciona unha concorrencia de perspectivas e opinións, unha pluralidade de ideas e proposicións, como resultado do diálogo, a negociación e o consenso. Esta consideración de plan forestal consensuado permitirá aos axentes sociais, económicos e ambientais implicados no sector forestal galego involucrarse na súa execución de forma corresponsable (criterio de corresponsabilidade) para procurar o exercicio dunha ordenación e xestión sustentable dos espazos e recursos forestais.

Principio de gobernanza economicamente comprometida. Un plan eficiente para que sexa viable require adoptar compromisos económicos formais, tanto orzamentarios como financeiros para procurar o seu cumprimento e execución de maneira que, segundo as recomendacións internacionais, gobernanza e financiamento son aspectos ineludibles e imprescindibles para desenvolver unha política forestal eficaz que sexa sustentable. Trátase de harmonizar obxectivos sociais e económicos con obxectivos ecolóxicos e ambientais.

Criterio de equilibrio e desenvolvemento socioeconómico sustentable. A conservación e uso sustentable dos espazos e recursos forestais, ademais dos criterios de sustentabilidade, responsabilidade ambiental e participación social, require adoptar un criterio socioeconómico que manteña o equilibrio exixible polo principio universal de sustentabilidade para compatibilizar o valor ambiental e socioeconómico dos montes, é dicir, harmonizar os obxectivos e intereses ambientais, económicos e sociais que converxen sobre os bosques e sistemas forestais.

Neste sentido, un adecuado desenvolvemento socioeconómico do monte galego mediante actividades produtivas sustentables (economía verde), que xeren emprego rural alternativo, é esencial para a contribución da política forestal galega tanto á protección do ambiente e á mellora da calidade de vida como ao desenvolvemento sustentable do medio rural galego.

Principio de legalidade. É preciso cumprir e facer cumprir a lexislación vixente en materia de montes aplicable en Galicia, en xeral, respecto ás obrigas das administracións públicas implicadas, aos deberes e dereitos dos propietarios forestais, de conformidade co establecido na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, e a súa normativa de desenvolvemento.

Criterio de seguridade de persoas e bens. O cumprimento da lei e a pertinente tutela das administracións públicas deben garantir a protección e seguridade das persoas, os bens e servizos ante os riscos que os ameazan relacionados co monte galego, en especial ante o perigo dos incendios forestais que, polo risco e delito que supón a súa ocorrencia, constitúen unha cuestión de protección cidadá e de orde pública.

3. Concepción e ámbito de aplicación da 1ª revisión do PFG.

Nesta epígrafe explícase a concepción da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia, considerado como instrumento de planificación estratéxica da política forestal galega, e recóllese o seu ámbito territorial e competencial de aplicación.

3.1. Concepción do PFG como instrumento de planificación estratéxica da política forestal galega.

De conformidade co disposto no número 1 do artigo 72 da referida Lei galega de montes, o PFG é o instrumento básico para o deseño e execución da política forestal galega, no cal se avalía a situación do monte galego e se establecen as directrices e programas de actuación da política forestal de Galicia, así como os mecanismos de seguimento e avaliación necesarios para o seu cumprimento.

En consecuencia, o PFG concíbese como o instrumento básico de planificación estratéxica da política forestal galega: trátase dun plan director que debe establecer os obxectivos, modelos, directrices, estratexias, plans ou programas, medidas e accións configurados conforme os eixes de intervención, instrumentos de execución e programas de actuación que se consideran necesarios para o seu desenvolvemento e aplicación en cumprimento dos seus fins.

Conforme a normativa autonómica e estatal vixente, disponse o seguinte procedemento «en cadoiro» para un desenvolvemento territorial progresivo segundo escalas de planificación e ordenación forestal correspondentes a sucesivos ámbitos competenciais de decisión a nivel nacional, rexional, comarcal e local:

• A planificación forestal estratéxica (macroplanificación) concibida a nivel nacional e rexional para a formulación de plans forestais autonómicos no marco do Plan forestal estatal de España. En Galicia constituído polo PFG.

• A planificación forestal táctica (mesoplanificación) referida á escala subrexional para un ámbito de distrito/comarca correspondente aos plans de ordenación dos recursos forestais (PORF).

• A planificación forestal operativa ou executiva (microplanificación) correspondente aos proxectos de ordenación de montes ou instrumentos equivalentes de xestión forestal sustentable referidos a nivel de monte ou parcela forestal (documentos simples e compartidos de xestión, e adhesión a códigos de boas prácticas e modelos silvícolas).

O plan director estratéxico que configura e articula a política forestal galega é, polo tanto, o PFG, e debe dirixirse cara a:

• Liquidar as carencias e debilidades existentes, e propoñer solucións aos problemas, riscos e ameazas detectados, de forma que permita.

• Responder adecuadamente ás necesidades, demandas, retos e oportunidades de futuro que se presentan actualmente para o monte e o sector forestal galego.

• Responder a os compromisos, demandas e tendencias emerxentes no ámbito rexional, nacional e internacional, a nivel mundial e paneuropeo e, en particular, da Unión Europea, principalmente en materia de biodiversidade, cambio climático e enerxía, e particularmente sobre desenvolvemento socioeconómico sustentable do medio rural galego para xerar emprego e economía verde baixa en carbono (bioeconomía, economía circular, consumo responsable e construción sustentable) sen prexuízo da prestación de servizos ambientais e sociais que proporcionan os montes.

3.2. Ámbito competencial e territorial de aplicación da 1ª revisión do PFG.

Por outra banda, o ámbito competencial de aplicación da 1ª revisión do PFG circunscríbese aos terreos que en Galicia posúan a natureza legal de monte ou terreo forestal consonte a lexislación vixente, e ao aproveitamento, uso e xestión dos recursos e servizos forestais que se desenvolvan nos ditos terreos.

Non convén esquecer que a superficie forestal de dous millóns de hectáreas que o monte ocupa en Galicia supera as dúas terceiras partes (70  %) de todo o territorio galego, afincado nun medio rural cada vez máis despoboado, polo que, dadas as súas dimensións, a súa importancia e transcendencia, debe considerarse un sector estratéxico para Galicia.

O ámbito territorial de aplicación da 1ª revisión do PFG está constituído polo conxunto do territorio forestal galego, cun carácter sectorial en materia de política forestal. Trátase dun plan director estratéxico para o deseño e execución da política forestal galega, tal como establece a Lei de montes de Galicia, pero non tanto para ordenar o territorio forestal, finalidade que se considera máis apropiada para a figura legal de Plan de ordenación dos recursos forestais (PORF) concibido para un ámbito supramunicipal, a nivel de comarca ou distrito forestal.

4. Finalidade, principios e obxectivos da política forestal de Galicia.

4.1. Finalidade.

A finalidade da 1ª revisión do PFG, como instrumento de planificación estratéxica para o deseño e execución da política forestal galega, é precisamente o seu deseño e configuración para proceder ao seu desenvolvemento adecuado de acordo coas características propias do monte galego e coas circunstancias e necesidades actuais, para poder responder ás demandas e tendencias emerxentes a nivel internacional, nacional e rexional (pensar globalmente para actuar localmente) proporcionando para iso os instrumentos, medios e recursos necesarios para a súa execución e o cumprimento dos seus fins, co obxecto de aproveitar as oportunidades que se presentan e alcanzar os retos de futuro que se propoñan para iso.

4.2. Principios reitores.

Os principios reitores que rexerán a 1ª revisión do PFG son:

• Garantir unha xestión forestal sustentable do monte galego, entendendo por tal a administración e o uso dos bosques, de maneira e en tal medida que manteñan a súa biodiversidade, a produtividade, a capacidade de rexeneración, a vitalidade e o seu potencial de cumprir, agora e no futuro, funcións ecolóxicas, económicas e sociais relevantes a escala local, nacional e global, sen causar dano a outros. En definitiva, unha política forestal galega que contribúa ao desenvolvemento rural sustentable, á fixación da súa poboación, á conservación e mellora do ambiente e á calidade de vida (definición da Conferencia de Helsinqui).

• Garantir unha actividade forestal produtiva compatible coa biodiversidade, que conserve e aumente, na medida do posible, a presenza no monte de masas autóctonas de Galicia, apostando polos sistemas existentes de certificación forestal como garante dos tres piares básicos da sustentabilidade (económico, ambiental e social) a través dunha xestión forestal profesionalizada.

• Apostar pola incorporación da política forestal galega a unha economía verde de futuro, á construción sustentable e ao consumo responsable no contexto de bioeconomía, descarbonización e economía circular. Ámbitos aos que o monte galego debe incorporarse sen demasiada dilación en pleno século XXI. O monte galego proporciona produtos verdes.

• Garantir a produtividade, potenciando un monte galego multifuncional que valorice todos os usos, recursos e servizos forestais susceptibles de xerar riqueza para a sociedade.

• Asegurar que o PFG conte cun orzamento público sustentable no tempo que dea soporte á política forestal galega e que complemente o esforzo económico realizado por todos os axentes vinculados ao monte galego (propietarios, organizacións, empresas...) na procura da compatibilidade dos bens e dos servizos ambientais, económicos e sociais que os recursos forestais proporcionan á sociedade.

• Implicar as empresas e a industria forestal de Galicia no fomento e no financiamento necesario para a activación da política forestal galega e no apoio dos MVMC, dos propietarios particulares e das súas agrupacións para mellorar a produción, a protección e a seguridade do monte.

• Propiciar un escenario normativo simplificado, favorable, áxil e estable para xerar oportunidades de actividade económica e traballo no monte galego, que axilice os trámites burocráticos da normativa forestal vixente.

• Garantir a compensación nos cambios de uso forestal ou de masa forestal derivados de razóns ambientais e de conservación da biodiversidade.

• Fomentar diversos mecanismos de xestión agrupada e efectiva do monte, que permitan a activación e a mobilidade dos recursos forestais infrautilizados ou en estado de abandono.

• Facilitar a participación dos axentes sociais, económicos e ambientais interesados ou implicados no sector forestal para mellorar a transparencia, a lexitimidade, a obxectividade e a eficacia da política forestal de Galicia.

• Adecuar a dispoñibilidade de información e estatísticas forestais de Galicia, como mecanismo que permita facer diagnoses adecuadas para a toma de decisións relacionadas co sector forestal, facilitando o seguimento do Plan forestal de Galicia.

• Coordinar o Plan forestal de Galicia con outras planificacións estratéxicas que inciden no monte galego: Pladiga, Axenda de impulso da industria forestal.

• Establecer un modelo eficiente de a Administración forestal de Galicia, de acordo coas necesidades actuais e cos retos futuros, co fin de diminuír as barreiras administrativas e evitar duplicidades e unha excesiva burocracia.

Con este enfoque estratéxico multifuncional, eficiente e de calidade, a 1ª revisión do PFG pretende expoñer a consecución dos obxectivos xerais como instrumento de execución da política forestal galega, así como os obxectivos estratéxicos e programáticos do Plan que se describen a continuación e que son os que deben conformar a estrutura e configuración da 1ª revisión do PFG de maneira que procure o cumprimento dos seus fins.

4.3. Obxectivos xerais da reforma da política forestal galega.

Os obxectivos desexables en calquera ámbito sempre son máis factibles cando obedecen e responden a un plan viable, crible e aplicable, que deseñe o camiño para percorrer e alcanzalos, defina e propoña os medios, as medidas, as accións e as solucións para logralos. Para tal fin, considérase o seguinte «Decálogo» de obxectivos xerais da política forestal galega:

1. Garantir a sustentabilidade do monte galego, compatibilizando o seu valor ambiental e socioeconómico, de modo que se poidan harmonizar e equilibrar as múltiples funcións, servizos e beneficios económicos, sociais e ecolóxicos que proporciona á sociedade.

2. Manter unha actividade produtiva no monte galego que procure revalorizar e mellorar a súa calidade, eficiencia, produtividade, rendibilidade e competitividade, fomentando a organización e dinamización da propiedade forestal privada de forma que permita a activación e mobilidade de recursos forestais infrautilizados ou en estado de abandono.

3. Procurar un desenvolvemento socioeconómico sustentable do monte galego con maior contribución á produción final agraria e ao produto interior bruto de Galicia, de modo que a política forestal galega contribúa tanto ao desenvolvemento rural sustentable e á fixación da súa poboación como á conservación e mellora do ambiente e da calidade de vida.

4. Favorecer a multifuncionalidade e a diversificación de usos, bens e servizos do monte galego mellorando a diversidade e alternancia da paisaxe agrogandeira e forestal.

5. Asegurar que a actividade forestal produtiva non reduza nin empobreza a biodiversidade, conservando e aumentando na medida do posible a presenza no monte de masas autóctonas de Galicia.

6. Cumprir e facer cumprir a legalidade vixente para garantir a protección e seguridade das persoas, os bens e servizos ante os riscos que os ameazan relacionados co monte galego, en especial ante o perigo dos incendios forestais.

7. Exercer un bo goberno e manexo do monte galego dispoñendo as normas e os instrumentos necesarios que garantan o exercicio da xestión forestal sustentable, de forma que favoreza a incorporación da política forestal galega a unha economía verde de futuro, a construción sustentable e o consumo responsable no contexto de bioeconomía, descarbonización e economía circular.

8. Propiciar un escenario normativo, administrativo e financeiro favorable, áxil e estable para xerar oportunidades de actividade económica e emprego no monte galego coa participación dos propietarios e MVMC de Galicia, de modo que se fomenten iniciativas empresariais innovadoras e unha cultura asociativa para a produción e comercialización de produtos forestais para contribuír a paliar a actual crise económica, social e ambiental.

9. Implicar as empresas privadas e á industria forestal de Galicia no fomento e no financiamento necesario para a activación da política forestal galega, na organización e o apoio dos MVMC, dos propietarios particulares e das súas agrupacións para mellorar a produción, a protección e a seguridade do monte, para satisfacer as súas necesidades que non son cubertas con fondos públicos.

10. Facilitar a participación dos axentes sociais, económicos e ambientais interesados ou implicados no monte e o sector forestal galego para mellorar a transparencia, lexitimidade, obxectividade e eficacia da política forestal de Galicia.

4.4. Obxectivos estratéxicos da 1ª revisión do PFG.

No marco dos referidos obxectivos xerais da política forestal galega, establécense os seguintes obxectivos estratéxicos da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia:

I. Mellorar a contribución do monte galego á conservación da natureza, á biodiversidade e ao patrimonio natural galego dos recursos xenéticos forestais, así como á prestación doutros servizos ambientais relacionados co cambio climático, as enerxías renovables e o proceso de descarbonización, incrementando a capacidade dos montes galegos para absorber gases de efecto invernadoiro.

II. Procurar a adecuada saúde, vitalidade, protección, seguridade e defensa do monte ante riscos naturais e ambientais que o ameazan, provocados por procesos erosivos e hidrolóxicos, incendios, enfermidades e pragas forestais.

III. Favorecer a xestión activa do monte, a loita contra o abandono e o desenvolvemento socioeconómico sustentable do monte e da propiedade forestal galega favorecendo figuras de xestión conxunta dos recursos e servizos forestais.

IV. Proxectar un modelo de monte que garanta a súa sustentabilidade e potencie o desenvolvemento da cadea de valor da madeira incrementando a produción de produtos de calidade e asegurando o abastecemento da industria forestal de Galicia.

V. Promover o adecuado desenvolvemento e mellora do coñecemento e da cultura forestal galega, favorecendo o acceso público á información forestal, divulgación e comunicación da cultura forestal, á educación, formación e capacitación forestal, así como á investigación, innovación, desenvolvemento tecnolóxico e emprendemento forestal.

VI. Deseñar un modelo de gobernanza do monte galego que dispoña os instrumentos necesarios para garantir o exercicio da ordenación e xestión forestal sustentable, dispoñendo o adecuado marco normativo e administrativo e a colaboración institucional e sectorial adecuadas para a súa conservación e desenvolvemento sustentable.

A consecución destes obxectivos estratéxicos efectuarase mediante os correspondentes eixes estratéxicos de intervención que conforman e articulan a estrutura da 1ª revisión do PFG.

4.5. Obxectivos programáticos da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia.

Á marxe do modelo de monte galego de referencia para organizar a distribución futura do espazo forestal galego, para o cumprimento de cada un dos obxectivos estratéxicos que pretende alcanzar a 1ª revisión do Plan forestal de Galicia para o seu adecuado desenvolvemento e execución, defínense os seguintes obxectivos temáticos ou programáticos:

OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS

OBXECTIVOS PROGRAMÁTICOS

EIXE I

CONTRIBUCIÓN DO MONTE GALEGO Á CONSERVACIÓN DA NATUREZA E Á PRESTACIÓN DOUTROS SERVIZOS AMBIENTAIS

I.1. CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE E DA MULTIFUNCIONALIDADE DOS MONTES COMO ECOSISTEMAS FORESTAIS

I.2. MITIGACIÓN E ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO E DESENVOLVEMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES

I.3. CONSERVACIÓN E MELLORA DOS RECURSOS XENÉTICOS FORESTAIS

EIXE II

PROTECCIÓN, SANIDADE FORESTAL E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

II.1. PROTECCIÓN CONTRA RISCOS EROSIVOS E RESTAURACIÓN

II.2. SAÚDE E VITALIDADE FORESTAL

II.3. PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

EIXE III

XESTIÓN FORESTAL E LOITA CONTRA O ABANDONO DO MONTE

III.1. FOMENTO DE FÓRMULAS DE MOBILIZACIÓN DE TERRAS E FOMENTO DE AGRUPACIÓNS FORESTAIS DE XESTIÓN CONXUNTA

III.2. INICIATIVAS DE ACTIVACIÓN DA XESTIÓN FORESTAL PRIVADA

III.3. REORIENTACIÓN DA XESTIÓN FORESTAL PÚBLICA

EIXE IV

RECURSOS FORESTAIS E CADEA MONTE-INDUSTRIA

IV.1. FOMENTO DE RECURSOS FORESTAIS NON MADEIREIROS

IV.2. FOMENTO DE RECURSOS FORESTAIS MADEIREIROS E A SÚA MOBILIZACIÓN

IV.3. IMPULSO DA INDUSTRIA FORESTAL DE GALICIA

EIXE V

ESTATÍSTICA, FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN FORESTAL

V.1. INVENTARIO E ESTATÍSTICA FORESTAL

V.2. PROGRAMA DE FORMACIÓN E DIVULGACIÓN FORESTAL

V.3. INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN FORESTAL

V.4. FORMACIÓN FORESTAL UNIVERSITARIA

EIXE VI

PLANIFICACIÓN, ORDENACIÓN E GOBERNANZA

VI.1. DESENVOLVEMENTO TERRITORIAL DA PLANIFICACIÓN, AVALIACIÓN E SEGUIMENTO DO PLAN FORESTAL E DOS PLANS DE ORDENACIÓN DOS RECURSOS FORESTAIS (PORF).

VI.2. PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DA ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL E DA CERTIFICACIÓN FORESTAL.

VI.3. GOBERNANZA DO MONTE GALEGO.

VI.4. MEDIDAS DE FISCALIDADE FORESTAL.

5. Estrutura e configuración da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia.

De acordo cos obxectivos estratéxicos e programáticos anteriormente enunciados, procédese a configurar a estrutura básica da 1ª revisión do PFG, que se compón daqueles eixes de intervención, instrumentos de execución, estratexias e plans ou programas temáticos de actuación que agrupen o conxunto de iniciativas, paquetes de medidas e accións afíns que a cada cal lle correspondan para o cumprimento dos obxectivos previstos, tal como se representa no esquema gráfico adxunto.

missing image file

5.1. Eixes estratéxicos de intervención.

A estrutura básica da 1ª revisión do PFG compoñerase de seis eixes estratéxicos de intervención cada un dos cales agrupará os instrumentos de execución, mediante estratexias e plans ou programas temáticos de actuación ou liñas de acción que lle sexan afíns co fin de cumprir os obxectivos estratéxicos propostos, que son os seguintes:

Eixe I. Contribución do monte galego á conservación da natureza e á prestación doutros servizos ambientais.

Eixe II. Protección, sanidade forestal e prevención e defensa contra incendios forestais.

Eixe III. Xestión forestal e loita contra o abandono.

Eixe IV. Recursos forestais e cadea monte-industria.

Eixe V. Estatística, formación e investigación forestal.

Eixe VI. Planificación, ordenación e gobernanza.

EIXES ESTRATÉXICOS DE INTEVENCIÓN DA 1ª REVISIÓN DO PLAN FORESTAL DE GALICIA

missing image file

5.2. Instrumentos de execución: estratexias, plans e programas temáticos de actuación ou liñas de acción.

De acordo coa citada estrutura básica da 1ª revisión do PFG, cada un dos 6 eixes estratéxicos de intervención desenvolverase mediante aqueles instrumentos de execución que compoñen as estratexias e plans ou programas temáticos de actuación e liñas de acción que lles correspondan, para procurar o cumprimento dos obxectivos programáticos previstos, de acordo coas capacidades e dispoñibilidades orzamentarias e de financiamento da Administración.

Esta configuración, que conforma os seis eixes estratéxicos de intervención, articúlase nos correspondentes instrumentos de execución, un total 20 estratexias e plans ou programas de actuación e liñas de acción resumidas no cadro adxunto que, pola súa vez, comprenden máis de 51 iniciativas, medidas ou accións específicas para a consecución dos seus fins, que se relacionan a continuación para cada un deles.

EIXES ESTRATÉXICOS DE INTERVENCIÓN

INSTRUMENTOS DE EXECUCIÓN

INICIATIVAS E PROGRAMAS / LIÑAS DE ACCIÓN

EIXE I

CONTRIBUCIÓN DO MONTE GALEGO Á CONSERVACIÓN DA NATUREZA E Á PRESTACIÓN DOUTROS SERVIZOS AMBIENTAIS

I.1. CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE E DA MULTIFUNCIONALIDADE DOS MONTES COMO ECOSISTEMAS FORESTAIS

I.1.1. Programa de fomento de xestión activa de masas de frondosas autóctonas

I.1.2. Desenvolvemento regulamentario do Rexistro Administrativo de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

I.1.3. Programa de actuación e iniciativas que contribúan a controlar a superficie dedicada a eucalipto

I.1.4. Medidas de fomento e directrices para a conservación e mellora da biodiversidade

I.1.5. Medidas de fomento da multifuncionalidade e doutros valores do monte

I.1.6. Ordenación do uso sociorrecreativo en montes periurbanos

I.2. MITIGACIÓN E ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO E DESENVOLVEMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES

I.2.1. Xestión forestal activa para o incremento da capacidade de fixación de carbono e a resiliencia das masas forestais ao cambio climático

I.2.2. Programa estratéxico de aproveitamento da biomasa forestal

I.3. CONSERVACIÓN E MELLORA DOS RECURSOS XENÉTICOS FORESTAIS

I.3.1. Programa de mellora xenética forestal

I.3.2. Programa de rede de parcelas de alto valor xenético e xestión de materiais de base

I.3.3. Programa de conservación de recursos xenéticos forestais

EIXES ESTRATÉXICOS DE INTERVENCIÓN

INSTRUMENTOS DE EXECUCIÓN

INICIATIVAS E PROGRAMAS / LIÑAS DE ACCIÓN

EIXE II

PROTECCIÓN, SANIDADE FORESTAL E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

II.1. PROTECCIÓN CONTRA RISCOS EROSIVOS E RESTAURACIÓN

II.1.1. Programa de montes protectores

II.1.2. Programa de restauración de áreas queimadas

II.2. SAÚDE E VITALIDADE FORESTAL

II.2.1. Regulación de competencias en materia de sanidade forestal

II.2.2. Rede galega de seguimento de danos nos bosques

II.2.3. Programa de saúde e vitalidade forestal

II.3. PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

II.3.1. Lei de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia

II.3.2. Reestruturación dos distritos de defensa do monte adaptada ás necesidades específicas da prevención e extinción dos incendios forestais en Galicia

II.3.3. Brigadas de investigación de causas de incendios forestais e rexistro de investigacións de incendios forestais

II.3.4.Revisión e actualización dos plans de defensa e prevención dos incendios forestais dos distritos forestais de Galicia

II.3.5. Plans integrais de actuacións preventivas dos distritos forestais

II.3.6. Plan plurianual de dotación de medios e recursos da Dirección Xeral de Defensa do Monte

II.3.7.Potenciación da colaboración coas administración locais a través do fortalecemento do convenio para a xestión das faixas secundarias, e dos convenios para o funcionamento das brigadas municipais de prevención e extinción, dos vehículos de extinción municipais e da prevención nas vías de titularidade municipal

II.3.8. Plan de formación continua

EIXES ESTRATÉXICOS DE INTERVENCIÓN

INSTRUMENTOS DE EXECUCIÓN

INICIATIVAS E PROGRAMAS / LIÑAS DE ACCIÓN

EIXE III

XESTIÓN FORESTAL E LOITA CONTRA O ABANDONO DO MONTE

III.1. FOMENTO DE FÓRMULAS DE MOBILIZACIÓN DE TERRAS E FOMENTO DE AGRUPACIÓNS FORESTAIS DE XESTIÓN CONXUNTA

III.1.1. Programa de mobilidade de terras forestais

III.1.2. Programa de fomento de agrupacións forestais de xestión conxunta

III.2. INICIATIVAS DE ACTIVACIÓN DA XESTIÓN FORESTAL PRIVADA

III.2.1. Creación da figura e Rexistro de Silvicultor Activo

III.2.2. Programa de dinamización da xestión en montes veciñais en man común

III.2.3. Programa de dinamización da xestión en montes de varas

III.3. REORIENTACIÓN DA XESTIÓN FORESTAL PÚBLICA

III.3.1. Programa de establecemento de novos contratos de xestión pública

EIXES ESTRATÉXICOS DE INTERVENCIÓN

INSTRUMENTOS DE EXECUCIÓN

INICIATIVAS E PROGRAMAS / LIÑAS DE ACCIÓN

EIXE IV

RECURSOS FORESTAIS E CADEA MONTE-INDUSTRIA

IV.1. FOMENTO DE RECURSOS FORESTAIS NON MADEIREIROS

IV.1.1. Programa de aproveitamento de pastos e forraxes en monte e de establecemento de sistemas silvopastorais

IV.1.2. Programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña

IV.2. FOMENTO DE RECURSOS FORESTAIS MADEIREIROS E A SÚA MOBILIZACIÓN

IV.2.1. Programa de fomento e valorización das masas de coníferas

IV.2.2. Programa de incremento de produtividade e redución de combustibilidade de eucaliptais existentes

IV.2.3. Programa de fomento da produción de madeira de frondosas de alto valor.

IV.2.4. Programa de mobilización de recursos madeireiros

IV.3. IMPULSO DA INDUSTRIA FORESTAL DE GALICIA

IV.3.1. Axenda de impulso da industria forestal

EIXES ESTRATÉXICOS DE INTERVENCIÓN

INSTRUMENTOS DE EXECUCIÓN

INICIATIVAS E PROGRAMAS / LIÑAS DE ACCIÓN

EIXE V

ESTATÍSTICA, FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN FORESTAL

V.1. INVENTARIO E ESTATÍSTICA FORESTAL

V.1.1. Inventario forestal continuo de Galicia

V.1.2. Programa dixital galego de información e estatísticas forestais

V.2. PROGRAMA DE FORMACIÓN E DIVULGACIÓN FORESTAL

V.2.1. Programa de divulgación e comunicación da cultura forestal

V.2.2. Profesionalización de propietarios, xestores de montes e/ou traballadores das empresas de servizos forestais

V.3. INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN FORESTAL

V.3.1. Programa de fomento da investigación, desenvolvemento e innovación forestal

V.4. FORMACIÓN FORESTAL UNIVERSITARIA

V.4.1. Cooperación e coordinación para mellora da formación forestal universitaria en Galicia

EIXES ESTRATÉXICOS DE INTERVENCIÓN

INSTRUMENTOS DE EXECUCIÓN

INICIATIVAS E PROGRAMAS / LIÑAS DE ACCIÓN

EIXE VI

PLANIFICACIÓN, ORDENACIÓN E GOBERNANZA

VI.1. DESENVOLVEMENTO TERRITORIAL DA PLANIFICACIÓN, AVALIACIÓN E SEGUIMENTO DO PLAN FORESTAL E DOS PLANS DE ORDENACIÓN DOS RECURSOS FORESTAIS (PORF).

VI.1.1. Avaliación e seguimento do Plan forestal de Galicia.

VI.1.2. Desenvolvemento dos plans de ordenación dos recursos forestais (PORF): contido e alcance, vinculación e rango xerárquico.

VI.2. PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DA ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL E DA CERTIFICACIÓN FORESTAL.

VI.2.1. Fomento de proxectos de ordenación de montes e instrumentos equivalentes de xestión forestal sustentable

VI.2.2. Promoción da certificación forestal dos montes galegos

VI.3. GOBERNANZA DO MONTE GALEGO.

VI.3.1. Iniciativas de desenvolvemento lexislativo.

VI.3.2. Modificación do Consello Forestal de Galicia.

VI.3.3. Comisión de harmonización normativa e para o estudo da implantación de compensacións e incentivos á actividade forestal.

VI.4. MEDIDAS DE FISCALIDADE FORESTAL.

VI.4.1. Proposta de incentivos, deducións e bonificacións fiscais para o desenvolvemento da actividade forestal en Galicia.

6. Modelo de monte.

No Plan forestal de Galicia de 1992 estableceuse un modelo de monte elaborado a partir da análise da vocación das terras forestais (de protección e conservación ou ben con potencial produtor) e da aptitude dos terreos forestais para albergar determinadas especies arbóreas produtivas. Como resultado da análise achegouse unha táboa de distribución de usos e especies por superficies e provincias, que se considerou como un obxectivo que se verificará para avaliar a consecución da planificación.

Ben que a análise feita en 1992 resulta de interese como información cuantitativa da superficie que podería existir de determinadas especies, a evolución real da superficie arborizada nunha comunidade autónoma onde a inmensa maioría do terreo é de propiedade particular ou privada colectiva vén condicionada por múltiples factores, entre os que as decisións dos propietarios en relación co mercado da madeira se poden considerar predominantes.

Un condicionante adicional é o complexo que resulta avaliar na actualidade a distribución real de superficies por especies, en parte debido ás pequenas dimensións de moitas parcelas forestais, pero tamén ao feito de que o Inventario forestal nacional (IFN) non está deseñado para proporcionar datos de superficies, e mesmo determinadas especies do xénero eucalipto non se segregaron axeitadamente. Este feito é de especial importancia na separación de E. globulus e E. nitens.

Resulta, polo tanto, da especial importancia o desenvolvemento dun inventario forestal continuo de Galicia (medida V.1.1), o modelo de monte terase que basear no coñecemento dos resultados e conclusións deste inventario, o cal debe amosar a realidade de distribución das especies forestais galegas e, en relación con el, poder planificar un modelo axeitado para Galicia, tendo en conta as exixencias e demandas do mercado.

O modelo de monte para Galicia conformaríase polo conxunto de indicadores concretos de superficie que describirían que monte persegue o sector forestal para os seguintes 20 anos.

O modelo do monte para Galicia será:

• Un monte ordenado e xestionado activamente e que dispoña do recoñecemento, por terceiras partes, da súa xestión forestal sustentable (XFS):

Cuxa superficie baixo instrumentos de ordenación e xestión acade as 850.000 hectáreas no ano 2040 (medida VI.2.1), das cales cando menos 650.000 ha dispoñan da certificación forestal (medida VI.2.2) mediante calquera dos sistemas recoñecidos internacionalmente.

E cuxa superficie rexistrada de silvicultores activos varíe desde as 40.000 ha no primeiro quinquenio ata as 360.000 ha no último quinquenio (medida III.2.1). É necesario empoderar os titulares deses montes que se atopan nas mans de miles de propietarios particulares e de comunidades de montes para convertelos nos protagonistas centrais da xestión forestal activa en Galicia.

• Un monte dirixido á valorización de todos os usos e servizos, entre os que se atopan as superficies dedicadas ao aproveitamento de pastos, forraxes ou sistemas silvopastorais (medida IV.1.1) en montes ou terreos forestais, debendo acadar as 225.000 ha (1º quinquenio 100.000 ha, 2º quinquenio 170.000 ha, 3º quinquenio 220.000 ha e no 4º quinquenio 225.000 ha).

• Un monte multifuncional onde a se compatibilicen os usos económicos e sociais cos servizos ecosistémicos que achegan os bosques, sexan os seus valores edáficos, hídricos, ecolóxicos, e a conservación dos recursos de fauna e flora, con especial atención a políticas de conservación «in situ» dos recursos xenéticos (complementando con accións de conservación «ex situ»), e todo dun xeito concreto coa:

Creación e inscrición de montes protectores, ata chegar no último quinquenio (2036-2040) ata as 90.000 ha declaradas para este tipo de figuras (medida II.1.1).

Cun aumento progresivo da superficie forestal xestionada con criterios de protección (incluíndo a que adquira a Administración, a xestionada por contratos de xestión pública ou a de xestión privada) (medida II.1.1 e III.3.1) (1º quinquenio 10.000 ha, 2º quinquenio 50.000 ha, 3º quinquenio 90.000 ha e no 4º quinquenio 130.000 ha).

Coa posta en marcha dun programa de conservación de recursos xenéticos que supoña a xestión para estes fins de, cando menos, 10.000 ha e 15.000 hectáreas ao longo dos dous últimos quinquenios respectivamente (medida I.3.3).

Coa creación dunha rede de Infraestruturas verdes en terreos forestais (medida I.1.6) (1º quinquenio 5.000 ha, 2º quinquenio 10.000 ha, 3º quinquenio 20.000 ha e no 4º quinquenio 25.000 ha).

• Un monte que mobilice as terras agrarias infrautilizadas ou abandonadas, especialmente mediante proxectos liderados por agrupacións forestais de xestión conxunta, mediante:

Proxectos de mobilización de terreos agroforestais en cada quinquenio de 100.000 ha, 125.000 ha, 150.000 ha ata finalmente acadar no último quinquenio unha superficie de 150.000 ha (medida III.1.1).

Mobilización de terras forestais mediante actuacións forestais de xestión conxunta (medida III.1.2) (1º quinquenio 10.000 ha, 2º quinquenio 15.000 ha, 3º quinquenio 25.000 ha e no 4º quinquenio 35.000 ha).

Creando unha liña potente e consolidada de superficie baixo algún tipo de figura de xestión conxunta (figura xurídica de natureza mercantil, administrativa ou de base asociativa) desde as 35.000 ha ata as 150.000 ha no cuarto quinquenio (medida III.1.2).

O proxecto «Cortalume» que tentará dar resposta á necesidade de atopar novas solucións na loita contra os incendios forestais, convertendo unha figura clásica, as devasas, en polígonos agroforestais en que a prevención de incendios se combinará coa posta en valor das ditas zonas, promovendo unha actividade agrícola, gandeira e forestal, en todos os casos, mediante criterios sustentables e utilizando especies que reduzan os riscos de aparición e propagación de incendios forestais.

Deste xeito, a utilización de zonas inicialmente abandonadas e sen uso, ou con un escaso aproveitamento, fomentará a actividade económica no ámbito rural, coa conseguinte xeración de emprego e riqueza, e contribuirá á transición verde da UE, reducindo a superficie queimada nos incendios forestais e utilizando especies máis respectuosas co ambiente.

Ademais, a posta en valor destas zonas permitirá dispoñer de produtos cun distintivo «Cortalume», outorgado a aqueles produtos procedentes dos polígonos devasa e que, ademais, teñan sido obtidos cunha serie de requisitos de calidade e sustentabilidade.

• Cunha superficie de eucalipto equilibrada cun control axeitado sobre a súa evolución e xestionada activamente, onde no primeiro quinquenio (2021-2025) o número de novas hectáreas non se incremente máis dun 3 % da superficie actual para que, ao final do cuarto quinquenio (2036-2040), a superficie total teña diminuído ata un 5 % da superficie actual (medida I.1.3).

Para iso, a superficie tratada mediante o programa de transformación de eucaliptais degradados terá que ir incrementándose cada quinquenio 5.000 ha, 10.000 ha, 15.000 ha ata finalmente acadar no último quinquenio unha superficie de 20.000 ha (medida I.1.3).

Paralelamente, mellorarase a produtividade naquela superficie en que se circunscriban as masas de eucalipto, incrementando a taxa de aproveitamento co obxectivo de alcanzar un 90 % do crecemento corrente anual (medida IV.2.2).

• Cunha maior superficie de coníferas pero, en especial, aumentando o valor das masas actuais de coníferas mediante:

Repoboacións de alta calidade xenética (medida IV.2.1), mediante o incremento ou mellora da superficie ocupada por coníferas mediante a repoboación en cada quinquenio de 10.000 ha, 15.000 ha, 20.000 ha ata finalmente acadar no último quinquenio unha superficie de 20.000 ha.

Aplicando actuacións silvícolas (medida IV.2.1) (1º quinquenio 25.000 ha, 2º quinquenio 35.000 ha, 3º quinquenio 40.000 ha e no 4º quinquenio 50.000 ha).

Como consecuencia, deberase ir incrementando a porcentaxe de volume de cortas de coníferas con destino a serra ou usos estruturais (por exemplo produtos de madeira masiva: CLT, LVL) respecto dos restantes usos, desde un 50 % ata un 75 % nos últimos tres quinquenios (medida IV.2.1).

• Incremento da mobilización de recursos madeireiros, de forma global cunha taxa global de extracción de todas as especies (incluídas coníferas) de xeito tal que pase do 60 % ata o 70 % da posibilidade cunhas cortas anuais de ata 12 millóns de metros cúbicos (medida IV.2.4).

• Cunha aposta decidida polo incremento das masas de frondosas caducifolias baixo o criterio de que «a conservación das masas de frondosas pasa pola súa xestión activa»:

A superficie total ocupada por frondosas autóctonas, segundo se desprenda do sistema de Inventario forestal continuo de Galicia anualmente, incrementarase ata as 415.000 ha nos primeiros dous quinquenios e ata as 425.000 ha no último quinquenio (medida I.1.1).

A superficie obxecto de xestión activa mediante tratamentos silvícolas incrementarase desde as 5.000 ha no primeiro quinquenio ata as 20.000 ha no último quinquenio (con subas de 5.000 ha en cada quinquenio), cun programa específico por igual número de hectáreas centrado nos bosques de ribeira (medida I.1.1).

Débense aplicar modelos silvícolas específicos para este tipo de masas de frondosas, incluíndo os bosques de ribeira, promovendo a posibilidade de plantacións de enriquecemento, que permitan plantar pés de especies valiosas (medida IV.2.3.) usando materiais mellorados, de categoría cualificada ou controlada. É necesario poñer á disposición do mercado galego materia prima de alta calidade, prestando especial atención ao incremento do uso de madeira estrutural na construción, potenciando tanto beneficios aos propietarios como unha mellora da economía verde.

Deberá revisarse o sistema de axudas públicas, dotando estas masas dunha elevada prioridade e intensidade de subvención, e en determinadas áreas será necesario avanzar no estudo para a implantación de compensacións e incentivos á actividade forestal (medida VI.3.3).

A superficie de castiñeiro debe ser cuantificada no Inventario forestal continuo de Galicia e será obxecto dun triplo programa de actuación (medida IV.1.2):

• Recuperación de soutos tradicionais en produción mediante medidas de rehabilitación, desde as 2.000 ha ata as 8.000 ha.

• A creación de novas superficies de soutos para a produción principal de castaña, desde as 3.500 ha no primeiro quinquenio ata as 8.000 ha no último quinquenio.

• A creación de novas superficies de soutos para a produción principal de madeira, desde as 2.000 ha ata as 8.000 ha no último quinquenio.

• Que conteña a expansión de especies invasoras, como aquelas do xénero Acacia, mediante un Programa de control de vexetación invasora que acade as 1.000 ha no cuarto quinquenio (medida I.1.4).

7. Vixencia e execución da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia.

7.1. Período de execución.

A 1ª revisión do PFG proxéctase cun horizonte a longo prazo, como corresponde aos sistemas forestais, de conformidade coas recomendacións internacionais para formular instrumentos de planificación estratéxica da política forestal.

Co obxecto de efectuar a programación económica do Plan forestal considérase conveniente axustar a súa execución aos períodos de financiamento dos programas de desenvolvemento rural (PDR) no marco da política agraria común da Unión Europea, de acordo coa nova Estratexia forestal e co previsto Plan de acción do sector forestal da Unión Europea, e coa articulación periódica do propio Plan forestal español.

A distribución orzamentaria temporal da 1ª revisión do PFG expón a súa execución a curto e medio prazo; a vixencia operativa para efectos orzamentarios do Plan establécese durante o seu primeiro período de aplicación (2021-2025) e as previsións estimadas a longo prazo proxéctanse cun horizonte a 20 anos (2021-2040).

7.2. Períodos de revisións.

A 1ª revisión do Plan forestal de Galicia será obxecto de continuas revisións, co fin de avaliar o grao de cumprimento dos obxectivos programáticos e estratéxicos, así como das iniciativas, programas e liñas de acción; para tal fin realizaranse avaliacións quinquenais (5 anos) que poderán dar lugar a establecer medidas extraordinarias que conduzan a satisfacer os obxectivos fixados. Así mesmo, as ditas revisións obxectivarán o grao de cumprimento esperado a través dos criterios e indicadores estratéxicos de avaliación e seguimento que deben ser fixados igualmente en quinquenios:

• 2021-2025.

• 2026-2030.

• 2031-2035.

• 2036-2040.

Na epígrafe correspondente a criterios e indicadores de avaliación e seguimento establécese unha táboa, que deberá servir de panel de control (dashboard), dividida nos períodos de cinco anos declarados e que constituirá a base fundamental de control de cumprimento e execución da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia.

8. Distribución orzamentaria da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia.

Para o desenvolvemento do PFG é fundamental a participación de investimentos privados da cadea forestal e da madeira, especialmente a participación activa dos propietarios forestais privados, incentivados e complementados con orzamentos públicos.

No primeiro quinquenio desta 1ª revisión do Plan deberá estar elaborado un informe que recolla todas as liñas de financiamento, público e privado, que se destinará ás diferentes iniciativas, programas e liñas de acción declaradas neste documento.

8.1. Orzamento público. Primeiro quinquenio de execución (2021-2025).

As partidas orzamentarias xa asignadas a xestión, medidas e actuacións forestais para os anos 2018, 2019 e 2020 son as seguintes:

ORZAMENTOS PÚBLICOS

Exercicio 2018

Exercicio 2019

Exercicio 2020

CAPÍTULO

Programa 551B

Programa 713B

551B

713B

551B

713B

I

46.189.914 €

24.008.646 €

57.774.069 €

24.474i266 €

62.468.661 €

26.769.122 €

IV

0 €

0 €

72.376 €

0 €

VI

35.245.237 €

17.721.269 €

23.479.416 €

14.621.637 €

33.681.042 €

20.949.851 €

VII

21.485.000 €

35.496.533 €

29.472.445 €

25.968.412 €

31.122.445 €

26.636.531 €

TOTAL

102.920.151 €

77.226.448 €

110.725.930 €

65.136.691 €

127.272.148 €

74.355.504 €

180.146.599 €

175.862.621 €

201.627.652 €

Pártese dun investimento real no trienio (2018-2020) de 557.636.872 euros, no cal se consideran todos os recursos procedentes do orzamento da antiga Dirección Xeral de Ordenación Forestal (posteriormente dividida na Dirección Xeral de Defensa do Monte e na Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal).

Coa finalidade de establecer un criterio de variación temporal progresiva tendo en conta as previsións de fondos cofinanciables (Feader, Administración xeral do Estado e Comunidade Autónoma de Galicia) procedentes do Programa de desenvolvemento rural (PDR) previsto en Galicia para medidas e investimentos forestais durante o período 2014- 2020 e posiblemente o período 2021-2027, pódese establecer unha previsión dun incremento anual orzamentario en cada exercicio (respecto ao anterior) dun 2 % durante a vixencia do Plan.

Esta consideración implica un orzamento indicativo distribuído polos programas para desenvolver na 1ª revisión do Plan forestal de Galicia que, con carácter orientativo se reflicte na táboa seguinte.

EVOLUCIÓN PREVISTA 1º QUINQUENIO (€)

2021

2022

2023

2024

2025

TOTAL

201.627.652

205.660.205

209.773.409

213.968.877

218.248.255

1.049.278.398

8.2. Programación orzamentaria pública para o horizonte completo (2021-2040).

Neste contexto, a proxección de orzamentos a medio e longo prazo preséntase sempre nun escenario de incerteza, aínda que con carácter orientativo se reflicte unha distribución temporal de orzamentos seguindo a tendencia que se estableceu na programación do primeiro quinquenio.

Neste sentido, mantendo un incremento anual progresivo aproximado dun 2 %, obtense unha proxección orzamentaria orientativa para os seguintes períodos de aplicación do Plan.

EVOLUCIÓN PREVISTA 1º QUINQUENIO (€)

2021

2022

2023

2024

2025

Total

201.627.652

205.660.205

209.773.409

213.968.877

218.248.255

1.049.278.398

EVOLUCIÓN PREVISTA 2º QUINQUENIO (€)

2026

2027

2028

2029

2030

Total

222.613.219

227.065.484

231.606.794

236.238.929

240.963.708

1.158.488.134

EVOLUCIÓN PREVISTA 3º QUINQUENIO (€)

2031

2032

2033

2034

2035

Total

245.782.982

250.698.642

255.712.615

260.826.867

266.043.404

1.279.064.510

EVOLUCIÓN PREVISTA 4º QUINQUENIO (€)

2036

2037

2038

2039

2040

Total

271.364.272

276.791.558

282.327.389

287.973.937

293.733.416

1.412.190.571

A distribución de investimentos entre os cinco eixes de intervención efectúase partindo da distribución porcentual dos investimentos medios aplicados en 2018, 2019 e 2020 e das estimacións dos futuros investimentos definidos para os distintos programas operativos deseñados no ámbito da 1ª revisión do PFG.

O criterio xeral para a distribución de investimentos baseouse na aposta pola mellora de calidade e seguridade ambiental, fomentando a mellora das masas forestais, a diversidade das masas arborizadas, a prevención e protección contra incendios e a potenciación da multifuncionalidade do monte, apostando pola economía verde.

OBXECTIVOS ESTRATÉXICOS

DISTRIBUCIÓN ORZAMENTARIA PFG

1O QUINQ.

2O QUINQ.

3O QUINQ.

4O QUINQ.

EIXE I

CONTRIBUCIÓN DO MONTE GALEGO Á CONSERVACIÓN DA NATUREZA E Á PRESTACIÓN DOUTROS SERVIZOS AMBIENTAIS

7,5-12,5  %

7,5-12,5  %

8,5-13,5  %

8,5-13,5  %

EIXE II

PROTECCIÓN, SANIDADE FORESTAL E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

30-35  %

25,5-30  %

17,5-22,5  %

15-20  %

EIXE III

XESTIÓN FORESTAL E LOITA CONTRA O ABANDONO DO MONTE

17,5-22,5  %

17,5-22,5  %

16,5-20,5  %

15-20  %

EIXE IV

RECURSOS FORESTAIS E CADEA MONTE-INDUSTRIA

7,5-12,5  %

11,5-18  %

22,5-26,5  %

22,5-28,5  %

EIXE V

ESTATÍSTICA, FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN FORESTAL

7,5-12,5  %

7,5-12,5  %

11-14  %

11-14  %

EIXE VI

PLANIFICACIÓN, ORDENACIÓN E GOBERNANZA

15-20  %

15-20  %

10,5-16,5  %

13,5-18,5  %

As porcentaxes indicadas na táboa anterior son estimativas e deberán ser calculadas de novo segundo as asignacións establecidas en posteriores programas de desenvolvemento rural, reaxustando os intervalos de asignación orzamentaria segundo sexa necesario.

En todo caso, débese ter en conta que se trata dunha distribución de orzamentos indicativos, recomendables para efectuar os investimentos previstos no plan, de modo que poden ser revisables en función das circunstancias e das dispoñibilidades orzamentarias en cada momento. As limitacións que se poidan establecer, de acordo coa lei, ao uso e aproveitamento dos montes para a xeración de valores sociais, culturais e ambientais, como a biodiversidade, a paisaxe ou calquera outra que regule ou limite a utilización de determinadas especies nos terreos clasificados como forestais, acompañaranse das previsións destinadas a garantir a posibilidade de explotación racional do monte, con vistas a asegurar a súa sustentabilidade económica e o mantemento da súa xestión adecuada. De acordo co exposto, a Administración forestal, coa participación do sector, estudará os mecanismos, axudas ou instrumentos de financiamento que permitan dar cumprimento a estes obxectivos, no marco dos recursos previstos para estas atencións na lei de orzamentos de cada exercicio.

9. Sistema de avaliación, seguimento e revisión.

A 1ª revisión do PFG deberá ser actualizada ao final de cada un dos períodos de aplicación (cada cinco anos), para realizar os axustes orzamentarios pertinentes en función do marco financeiro dispoñible, así como as modificacións necesarias para dar cabida ás actuacións nel establecidas.

En todo caso, considérase pertinente realizar unha avaliación interna do grao de desenvolvemento do plan, de carácter bianual, como referencia para analizar o nivel de cumprimento deste. Os resultados que se obteñan detallaranse nun informe de avaliación que será presentado ao Consello Forestal de Galicia e ante a comisión parlamentaria, de maneira que permita analizar o grao de cumprimento do período estudado e, deste xeito, poder realizar as modificacións necesarias para alcanzar os obxectivos establecidos para o primeiro quinquenio, incluíndo unha avaliación dos mecanismos de fomento forestal que garanta a súa adecuación ás necesidades propostas polos distintos instrumentos de execución contidos na presente revisión do PFG.

As consellerías da Xunta de Galicia corresponsables na execución das diferentes iniciativas, programas e liñas de acción da revisión do PFG deberán informar anualmente o Consello Forestal sobre os resultados da execución do orzamento público, de forma que se poida facer un seguimento eficaz da evolución e destino dos orzamentos públicos asignados a este instrumento estratéxico de política forestal.

Como ferramenta para facilitar a avaliación e seguimento da 1ª revisión do PFG, establécese na seguinte epígrafe unha base de datos con fichas resumo por medida para cada programa de actuación, en que se indica a xustificación, obxecto e descrición, suxeitos corresponsables e instrumento para a súa implantación, relación coas directrices de revisión do PFG (D) e recomendacións do Ditame do Parlamento (RD) –ver anexos–, así como unha relación dos indicadores de seguimento para analizar o seu grao de desenvolvemento.

10. Fichas resumo por medida para cada programa de actuación.

EIXE I. CONTRIBUCIÓN DO MONTE GALEGO Á CONSERVACIÓN DA NATUREZA E Á PRESTACIÓN DOUTROS SERVIZOS AMBIENTAIS

I.1. CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE E DA MULTIFUNCIONALIDADE DOS MONTES COMO ECOSISTEMAS FORESTAIS

I.1.1. Programa de fomento de xestión activa de masas de frondosas autóctonas

missing image file

Obxecto

Axuda á rexeneración natural de frondosas caducifolias, así como aplicación dunha silvicultura activa que favoreza a recuperación das masas existentes.

Dinamizar as actuacións de conservación e xestión sustentable dos bosques de ribeira.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- En consonancia co desenvolvemento do rexistro de masas consolidadas de frondosas caducifolias e os novos contratos de xestión pública.

- Apoiado en distintos incentivos dirixidos a aplicar actuacións silvícolas e de rexeneración.

- Desenvolvemento de modelos silvícolas específicos para bosques de ribeira.

- Conservación e mellora de formacións forestais de especial interese natural, singulares, regresivas ou relictas.

- Favorecemento do establecemento de corredores de diversidade biolóxica e empregar as faixas secundarias preventivas ante incendios forestais.

Suxeitos corresponsables

Consellerías con competencias en materia de montes e ambiente.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D6, D7 e D9. Indirecta con D38.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD26, RD89 e RD91.

Indirecta con RD28.

Relación con outros programas/instrumentos

I.1.2., I.3.1., III.1, III.6, IV.1.2., IV.2.3.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.1.1.

Superficie tratada con intervencións recollida no Programa de fomento da silvicultura de frondosas (incluíndo os bosques de ribeira)

P

Sup. (ha)

5.000

10.000

15.000

20.000

Q

5.000

5.000

5.000

5.000

I.1.1.

Superficie de bosques de ribeira que se acollen ao modelo silvícola que se desenvolva

P

Sup. (ha)

5.000

10.000

15.000

20.000

Q

5.000

5.000

5.000

5.000

I.1.1.

Superficie total ocupada por frondosas autóctonas, segundo se desprenda do Inventario Forestal Continuo de Galicia anualmente

P

Sup. (ha)

415.000

415.000

420.000

425.000

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE I. CONTRIBUCIÓN DO MONTE GALEGO Á CONSERVACIÓN DA NATUREZA E Á PRESTACIÓN DOUTROS SERVIZOS AMBIENTAIS

I.1. CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE E DA MULTIFUNCIONALIDADE DOS MONTES COMO ECOSISTEMAS FORESTAIS

I.1.2. Desenvolvemento regulamentario do Rexistro Administrativo de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

missing image file

Obxecto

Desenvolvemento regulamentario do Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Comportará unha primeira fase de inventariación das masas de frondosas existentes.

- Sinalará aquelas que cumpran as condicións para incluírse no rexistro (superficie > 15 ha e idade > 20 anos).

- Sinalaranse os dereitos e obrigas dos seus titulares.

- Indicarase a prioridade para percibir axudas públicas, así como a preferencia para subscribir contratos de xestión pública coa Administración.

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D14 e D98.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD8.

Relación con outros programas/instrumentos

I.1.1. , IV.2.3.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.1.2.

Desenvolvemento regulamentario do Rexistro Público Administrativo de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

Aprobado

I.1.2.

Inventariación de masas de frondosas que cumpran os requisitos para a súa inclusión no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

Realizado

EIXE I. CONTRIBUCIÓN DO MONTE GALEGO Á CONSERVACIÓN DA NATUREZA E Á PRESTACIÓN DOUTROS SERVIZOS AMBIENTAIS

I.1. CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE E DA MULTIFUNCIONALIDADE DOS MONTES COMO ECOSISTEMAS FORESTAIS

I.1.3. Programa de actuación e iniciativas que contribúan a controlar a superficie dedicada a eucalipto

missing image file missing image file

Obxecto

Establecer programas de actuación e iniciativas que contribúan a frear a expansión das especies do xénero Eucalyptus.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Priorizar a mellora da xestión e produtividade das masas xa existentes, freando a expansión da superficie ocupada.

- Reforzar o control administrativo para verificar o cumprimento das limitacións e restricións ás novas plantacións ou á presenza de eucaliptos.

- Aplicar un Programa de transformación de eucaliptais degradados. As formacións obxectivo serán os eucaliptais de baixa produtividade e en estado de abandono, cunha elevada carga de combustible na hectárea e, especialmente, aquelas formacións que se atopan en determinadas zonas (PAAI) onde son reiteradamente obxecto de actividade incendiaria.

- Facilitar administrativamente o aproveitamento de eucalipto en áreas ripícolas ou zonas onde estas especies deban retirarse en aplicación da lexislación.

- Suspensión temporal con rango de lei das novas plantacións de eucalipto ligada aos datos que proveñan do Inventario forestal continuo de Galicia (medida V.1.1) e á primeira revisión do Plan (31.12.2025).

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D5.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD14.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.1.3.

Superficie tratada mediante o programa de transformación de eucaliptais degradados

P

Sup. (ha)

5.000

10.000

15.000

20.000

Q

5.000

5.000

5.000

5.000

I.1.3.

Porcentaxe de variación da superficie con presenza de eucalipto derivada do Inventario forestal continuo de Galicia (IFCG), respecto de superficie segundo IFNP

P

 % Sup. ocupación

Subida< 3 %

Redución de polo menos 4 %

Redución do 5 %

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE I. CONTRIBUCIÓN DO MONTE GALEGO Á CONSERVACIÓN DA NATUREZA E Á PRESTACIÓN DOUTROS SERVIZOS AMBIENTAIS

I.1. CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE E DA MULTIFUNCIONALIDADE DOS MONTES COMO ECOSISTEMAS FORESTAIS

I.1.4. Medidas de fomento e directrices para conservación e mellora da biodiversidade

missing image file

Obxecto

Proporcionar directrices e criterios técnicos de ordenación e xestión forestal sustentable para a conservación activa de espazos forestais protexidos, ademais de establecer un programa de control de especies invasoras.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Programa de conservación da biodiversidade en montes produtivos.

- Directrices de ordenación e xestión forestal sustentable para a conservación activa de espazos forestais protexidos.

- Desenvolvemento de modelos de silvicultura próxima á natureza e xestión adaptativa co obxectivo prioritario de conservar ecosistemas forestais.

- Programa de control de vexetación invasora, conseguindo a substitución progresiva das zonas invadidas por especies naturais.

Suxeitos corresponsables

Consellerías con competencias en materia de montes e ambiente.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D8, D20 e D21. Parcial con D19.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD27, RD28 e RD29.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.1.4.

Manual de boas prácticas forestais para a conservación da biodiversidade en montes produtivos

Elaborado

I.1.4.

Directrices de ordenación e xestión forestal sustentable para a conservación activa de espazos forestais protexidos

Elaborado

I.1.4.

Fomento da conservación e mellora da diversidade arbórea en montes produtivos: hábitats fóra da Rede Natura 2000 e inclusión de frondosas en repoboacións produtoras

P

100 k€

200 k€

300 k€

Q

100 k€

100 k€

100 k€

I.1.4

Superficie tratada no marco do Programa de control de vexetación invasora

P

Sup. (ha)

250

500

750

1.000

Q

250

250

250

250

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE I. CONTRIBUCIÓN DO MONTE GALEGO Á CONSERVACIÓN DA NATUREZA E Á PRESTACIÓN DOUTROS SERVIZOS AMBIENTAIS

I.1. CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE E DA MULTIFUNCIONALIDADE DOS MONTES COMO ECOSISTEMAS FORESTAIS

I.1.5. Medidas de fomento da multifuncionalidade e doutros valores do monte

missing image filemissing image file

Obxecto

Fomento da multifuncionalidade do monte, que se aplicará con preferencia en montes veciñais en man común e montes públicos e de xestión pública, ademais de montes de xestión conxunta.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Elaboración de documentos estratéxicos de planificación para os principais produtos forestais non madeireiros, incluídos cogomelos, cortiza, resina, mel, froitos, plantas aromáticas e medicinais.

- Actuacións de fomento e investigación (I+D+i) sobre aproveitamentos micolóxicos, mel, plantas aromáticas e medicinais, froitos silvestres e outros produtos non madeirables.

- Mobilización de terreos con usos en mosaico, favorecendo a diversidade e alternancia de formacións, en consonancia coa medida III.1.1.

- Programa de conservación de elementos naturais e patrimoniais en montes, en coordinación cos servizos provinciais de Patrimonio.

Suxeitos corresponsables

Consellerías con competencias en materia de montes, de agricultura e gandaría, de ambiente e de patrimonio cultural.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D16, D50, D53, D57 e D82. Indirecta con D110.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD107.

Relación con outros programas/instrumentos

III.1.2.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.1.5.

Investimentos en I+D+i sobre aproveitamentos non madeireiros e iniciativas ligadas a aproveitamentos de mel, plantas aromáticas e medicinais ou froitos silvestres

P

100 k€

200 k€

300 k€

400 k€

Q

100 k€

100 k€

100 k€

100 k€

I.1.5.

Documentos estratéxicos de planificación para os principais produtos forestais non madeireiros

Elaborados

I.1.5.

Catro montes modelo (un por provincia) con xestión orientada á multifuncionalidade

Realizado

I.1.5.

Número de montes en que se aplicou o Programa de conservación de elementos naturais e patrimonio arqueolóxico

P

Ud.

20

40

60

Q

20

20

20

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE I. CONTRIBUCIÓN DO MONTE GALEGO Á CONSERVACIÓN DA NATUREZA E Á PRESTACIÓN DOUTROS SERVIZOS AMBIENTAIS

I.1. CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE E DA MULTIFUNCIONALIDADE DOS MONTES COMO ECOSISTEMAS FORESTAIS

I.1.6. Ordenación do uso sociorrecreativo en montes periurbanos

missing image file

Obxecto

Ordenación e regulación de usos e actividades sociorrecreativas que se desenvolvan nos diversos montes ou terreos forestais de Galicia para a conservación e protección do medio natural.

A promoción do uso social ou turístico do monte mediante o establecemento dunha rede de infraestruturas verdes en contornas urbanas e en zonas de especial interese paisaxístico.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Estudos ou proxectos piloto para coñecer a aptitude e capacidade de carga para usos recreativos.

- Programa de establecemento dunha rede de infraestruturas verdes en terreos forestais, que incluirá os montes periurbanos.

- A rede de infraestruturas verdes en terreos forestais debe ter unha xestión activa que manteña estruturas de baixa combustibilidade.

- As actuais áreas recreativas situadas en montes incluiranse na rede, mellorando o seu mantemento, sinalización, vixilancia e xestión.

- Elaboración dun instrumento de ordenación que incorpore a regulación de usos e actividades sociorrecreativas.

Suxeitos corresponsables

Consellerías con competencias en materia de montes e ambiente.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D54, D55 e D57.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD30 e RD107.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.1.6.

Instrumento de ordenación e planificación dos usos turísticos, sociais ou recreativos

Elaborado

I.1.6.

Superficie de rede de infraestruturas verdes establecida de acordo co programa

P

Sup. (ha)

5.000

10.000

20.000

25.000

Q

5.000

5.000

10.000

5.000

I.1.6.

Nivel de mantemento ou investimento na Rede galega de infraestruturas verdes en terreo forestal

P

500 k€

1.000 k€

2.000 k€

2.500 k€

Q

500 k€

500 k€

1.000 k€

500 k€

I.1.6.

Porcentaxe de montes periurbanos con servizos ecosistémicos certificados por calquera sistema de certificación forestal internacionalmente recoñecido

P

 %

10

20

40

60

Q

10

10

20

20

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE I. CONTRIBUCIÓN DO MONTE GALEGO Á CONSERVACIÓN DA NATUREZA E Á PRESTACIÓN DOUTROS SERVIZOS AMBIENTAIS

I.2. MITIGACIÓN E ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO E DESENVOLVEMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES

I.2.1. Xestión forestal activa para o incremento da capacidade de fixación de carbono e a resiliencia das masas forestais ao cambio climático

missing image file

Obxecto

Faise urxente e necesaria a elaboración dun estudo de tolerancia, resiliencia e riscos das principais especies galegas ao proceso de cambio climático.

Xorde a necesidade de planificar a prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a autoprotección e mellora da vulnerabilidade climática dos propios recursos forestais baixo técnicas silvícolas adaptadas á devandita finalidade; a resistencia e resiliencia das masas fronte aos incendios.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- En consonancia directa coa recente Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050.

- Xestión forestal activa para incrementar a capacidade de fixación de carbono das masas forestais.

- Considerando expresamente o carbono no solo e o fixado nos produtos madeireiros.

- Redución da vulnerabilidade aos incendios forestais a distintas escalas.

- Elaboración dun estudo sobre as necesidades de adaptación do monte galego e as súas principais especies forestais ao cambio climático.

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D44 e D59.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD106.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.2.1.

Carbono almacenado e cambios no carbono almacenado na biomasa forestal, solo forestal e produtos madeireiros

 %

+5 %

+10 %

+15 %

+20 %

I.2.1.

Elaboración dun Estudo sobre as necesidades de adaptación do territorio forestal galego ao cambio climático

Elaborado

EIXE I. CONTRIBUCIÓN DO MONTE GALEGO Á CONSERVACIÓN DA NATUREZA E Á PRESTACIÓN DOUTROS SERVIZOS AMBIENTAIS

I.2. MITIGACIÓN E ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO E DESENVOLVEMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES

I.2.2. Programa estratéxico de aproveitamento da biomasa forestal

missing image file

Obxecto

Establecer un programa de impulso dos aproveitamentos de biomasa forestal tendo presente o ciclo de carbono de cada tecnoloxía e asegurando a súa sustentabilidade.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Integración do aproveitamento de biomasa con medidas silvícolas que permitan unha mellora das masas e un incremento final do valor dos produtos madeireiros.

- Medidas de fomento e de axilización de trámites administrativos que faciliten os aproveitamentos, reducindo os custos ou facéndoos rendibles.

- Dinamización de aproveitamentos de restos de corta, clareos ou rareos enerxéticos en coníferas, silvicultura de frondosas ou transformacións de eucaliptais abandonados.

- Actuacións sobre a rede de faixas de xestión de biomasa segundo normativa de prevención de incendios, que redunde nun aproveitamento e valorización da biomasa.

Suxeitos corresponsables

Consellerías con competencias en materia de montes e industria.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D25 e D29. Indirecta con D38, D59 e D99.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Deriva directamente de RD31. Relación directa con RD39 e RD45.

Relación con outros programas/instrumentos

I.1.1., I.1.3., IV.2.3.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.2.2.

Aproveitamentos anuais de biomasa desagregados por categorías: leña, puntal de piñeiro, restos de corta, transformación de eucaliptais, xestión de faixas

Ton./ano

1 M t/ano

1,5 M t/ano

2 M t/ano

2,3 M t/ano

EIXE I. CONTRIBUCIÓN DO MONTE GALEGO Á CONSERVACIÓN DA NATUREZA E Á PRESTACIÓN DOUTROS SERVIZOS AMBIENTAIS

I.3. CONSERVACIÓN E MELLORA DOS RECURSOS XENÉTICOS FORESTAIS

I.3.1. Programa de mellora xenética forestal

missing image file

Obxecto

Establecer, en colaboración co sector privado, un programa para a mellora do potencial xenético forestal de Galicia xerando materiais de base que permitan:

1) Aumentar a produtividade e adaptabilidade das especies forestais.

2) Obter materiais xenéticos con menor sensibilidade ou maior resistencia a pragas e doenzas.

3) Obtención de materiais xenéticos que permitan mellorar a calidade dos produtos madeireiros.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Programa operativo de mellora xenética forestal mediante o establecemento dun convenio co CIF Lourizán.

- Manter a variabilidade xenética a longo prazo e con obxectivos específicos por especies.

- Obxectivo último de satisfacer as demandas de material mellorado que permita fortalecer outros instrumentos de execución.

- Incrementar o número de unidades de admisión (e superficies, se é o caso) declaradas no Catálogo nacional de materiais de base.

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de montes en colaboración co sector privado.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D10, D25, D27, D48 e D89. Indirecta con: D4, D6, D7, D22, D24, D26, D47, D82, D83, D84 e D110.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación indirecta con RD6.

Relación con outros programas/instrumentos

I.1.1., I.3.2., I.3.3., IV.2.3.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.3.1.

Número de unidades de admisión (e superficies, se é o caso) declaradas no Catálogo nacional de materiais de base para as distintas especies indicadas

P

Ud.

180

190

200

210

Q

10

10

10

10

I.3.1. / I.3.2

Creación dunha rede de parcelas forestais de alto valor xenético*

P

Nº parcelas

20

40

60

80

Q

20

20

20

20

* Común coa medida I.3.2.

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE I. CONTRIBUCIÓN DO MONTE GALEGO Á CONSERVACIÓN DA NATUREZA E Á PRESTACIÓN DOUTROS SERVIZOS AMBIENTAIS

I.3. CONSERVACIÓN E MELLORA DOS RECURSOS XENÉTICOS FORESTAIS

I.3.2. Programa de rede de parcelas de alto valor xenético e xestión de materiais de base

missing image file

Obxecto

Garantir a dispoñibilidade de MFR correspondentes a categorías xenéticas elevadas mediante a xestión dos materiais de base e mantemento dunha rede de parcelas ou montes de elevado valor xenético, orientado ás principais especies arbóreas produtivas de madeira e froito.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Farase un inventario previo das parcelas ou montes declarados no catálogo e aqueloutras que resulten de interese para a súa inclusión.

- Na rede de parcelas forestais de alto valor xenético realizarase unha silvicultura dirixida á conservación in situ de recursos xenéticos.

- A conservación in situ nesta rede xunto coa ex situ en centros de I+D permitirá á Administración asegurar a subministración de material forestal de reprodución.

- Coordinación entre viveiros forestais da Comunidade Autónoma, o Centro de Sementes (Semfor) e o CIF Lourizán.

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D10, D25, D27 e D48. Indirecta con: D4, D6, D7, D22, D24, D26 e D47.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación indirecta con RD6.

Relación con outros programas/instrumentos

I.3.1..

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.3.1. / I.3.2

Creación dunha rede de parcelas forestais de alto valor xenético*

P

Nº parcelas

20

40

60

80

Q

20

20

20

20

I.3.2.

Porcentaxe de superficie ocupada por materiais de base e subministración a viveiros de semente de orixe coñecida e elevada categoría xenética

P

 %

+5 %

+10 %

+15 %

+20 %

* Común coa medida I.3.1.

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE I. CONTRIBUCIÓN DO MONTE GALEGO Á CONSERVACIÓN DA NATUREZA E Á PRESTACIÓN DOUTROS SERVIZOS AMBIENTAIS

I.3. CONSERVACIÓN E MELLORA DOS RECURSOS XENÉTICOS FORESTAIS

I.3.3. Programa de conservación de recursos xenéticos forestais

missing image file

Obxecto

Creación dunha rede de masas forestais de conservación de recursos xenéticos con criterio predominante de conservación in situ.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Aplicarase exclusivamente a especies arbóreas autóctonas, afondando o Inventario forestal continuo de Galicia (V.1.1.) no coñecemento da súa presenza.

- Plans especiais de conservación de especies e ecotipos.

- Fomentar plantacións forestais para a xestión e conservación in situ do acervo xenético das poboacións autóctonas de Galicia.

- Asegurar a suficiente variabilidade xenética no programa de mellora xenética orientado a especies produtivas (I.3.1.).

- Promover contratos de xestión pública en montes que se consideren relevantes para este programa .

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D10 e D107.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación indirecta con RD107. Indirecta con RD29 e RD99.

Relación con outros programas/instrumentos

I.3.1., I.3.2, III.3.1., V.1.1.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.3.3.

Superficie xestionada no marco do Programa de conservación de recursos xenéticos

P

Sup. (ha)

5.000

10.000

15.000

Q

5.000

5.000

5.000

I.3.3.

Número de especies cubertas polo programa

P

Ud.

8

10

10

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE II. PROTECCIÓN, SANIDADE FORESTAL E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

II.1. PROTECCIÓN CONTRA RISCOS EROSIVOS E RESTAURACIÓN

II.1.1. Programa de montes protectores

missing image file

Obxecto

Esta medida ten por obxecto inventariar e rexistrar aqueles montes ou terreos forestais que teñan un especial carácter protector do solo e regulador do ciclo hidrolóxico.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Proceder a un inventario de montes de carácter protector, que protexan o solo fronte á erosión e subministren auga en cantidade e calidade.

- Prestar especial atención a aqueles montes que alberguen ecosistemas húmidos.

- Establecer un rexistro de montes protectores (de titularidade privada), primando os acordos voluntarios de inclusión, establecendo contratos de xestión ou adquisicións públicas.

- Establecer nos montes protectores prescricións técnicas de xestión para reducir os procesos erosivos e manter a provisión de auga como servizo ecosistémico.

Suxeitos corresponsables

Consellerías con competencias en materia de montes e ambiente.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D56, indirecta con D13, D14 e D57.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD8, indirecta con RD30 e RD86.

Relación con outros programas/instrumentos

III.3.1., VI.4.1.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.1.1.

Inventario de montes protectores

Realizado

II.1.1.

Rexistro de montes protectores

P

Sup. (ha)

10.000

30.000

60.000

90.000

Q

10.000

20.000

30.000

30.000

II.1.1.

Superficie xestionada con criterios de protección (incluída a que adquira a Administración, a xestionada por contratos de xestión pública ou a de xestión privada)

P

Sup. (ha)

10.000

50.000

90.000

130.000

Q

10.000

40.000

40.000

40.000

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE II. PROTECCIÓN, SANIDADE FORESTAL E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

II.1. PROTECCIÓN CONTRA RISCOS EROSIVOS E RESTAURACIÓN

II.1.2. Programa de restauración de áreas queimadas

missing image file

Obxecto

Establecer un programa estable de restauración de áreas queimadas, baseado nun protocolo de actuacións ben establecido e que se retroalimente da experiencia adquirida ata o momento e durante o período de execución do Plan forestal de Galicia.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Requirirá da revisión do borrador de protocolo de actuación existente: accións urxentes contra a erosión en áreas forestais queimadas. Guía para a súa planificación en Galicia.

- Establecerase un programa estable de restauración de áreas queimadas que se retroalimente da experiencia adquirida ata o momento e durante o período de execución do Plan forestal de Galicia.

- Priorizarase a actuación urxente na superficie anualmente afectada por incendios de elevada severidade.

Suxeitos corresponsables

Consellerías con competencias en materia de montes e ambiente.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D64.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación indirecta con RD86.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.1.2.

Revisión do protocolo de actuación urxente contra a erosión en montes queimados

Realizado

II.1.2.

Porcentaxe de superficie afectada por incendios de elevada severidade que foi obxecto de actuacións urxentes

P

%

70 %

100 %

100 %

100 %

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE II. PROTECCIÓN, SANIDADE FORESTAL E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

II.2. SAÚDE E VITALIDADE FORESTAL

II.2.1. Regulación de competencias en materia de sanidade forestal

missing image file

Obxecto

Establecer os procedementos de traballo e colaboración entre os servizos da consellería con competencias en materia de medio rural directamente ligados á sanidade vexetal en especies forestais, evitando duplicidades ou incompatibilidades, e simplificando trámites administrativos.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Regulará procedementos de coordinación interna na Administración autonómica en materia de sanidade vexetal e coa saúde e vitalidade forestal en particular.

- Establecerá protocolos de actuación entre os distintos servizos, procurando unha mellora na comunicación entre eles.

- A coordinación facilitará a detección e seguimento de pragas e enfermidades, en especial dos organismos de corentena, a expedición e o control do pasaporte fitosanitario para material forestal de reprodución e os tratamentos de loita integrada.

Suxeitos corresponsables

Consellerías con competencias en materia de montes e sanidade vexetal.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D10 e D67.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

-

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.2.1.

Establecemento de protocolo de actuación entre servizos relacionados coa sanidade vexetal e a saúde e vitalidade do monte

Elaborado

EIXE II. PROTECCIÓN, SANIDADE FORESTAL E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

II.2. SAÚDE E VITALIDADE FORESTAL

II.2.2. Rede galega de seguimento de danos nos bosques

missing image file

Obxecto

Mantemento, actualización e avaliación continua da Rede galega de seguimento de danos nas masas forestais galegas para coñecer e valorar o estado de saúde e vitalidade dos montes da Comunidade.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Proporcionar a debida continuidade e mellora da Rede galega de seguimento de danos nas masas forestais galegas.

- Establecer un sistema administrativo de alerta rápida e consulta dirixido a propietarios e xestores forestais.

- Empregar a información xerada para actividades de formación do persoal da Administración e doutros axentes do sector.

- Empregar a rede de danos para reforzar a investigación sobre control biolóxico de pragas e doenzas.

Suxeitos corresponsables

Consellerías con competencias en materia de montes e sanidade vexetal.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D68.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

-

Relación con outros programas/instrumentos

II.2.3.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.2.2.

Mantemento, actualización e avaliación continua da Rede Rexional de seguimento de danos nas masas forestais galegas

Nº mínimo de puntos de mostraxe

252

260

260

260

EIXE II. PROTECCIÓN, SANIDADE FORESTAL E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

II.2. SAÚDE E VITALIDADE FORESTAL

II.2.3. Programa de saúde e vitalidade do monte

missing image file

Obxecto

Elaboración e aplicación do Programa de saúde e vitalidade forestal de Galicia como a ferramenta de planificación operativa da sanidade forestal que manteña a capacidade produtiva dos montes e asegure a persistencia das formacións forestais naturais cun nivel de danos reducido.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Xestión forestal preventiva de problemas sanitarios considerando todas as fases de xestión.

- Continuación e reforzo das liñas actuais da Administración autonómica sobre: control biolóxico de Dryocosmus kuriphilus, control biolóxico e integrado de Gonipterus platensis, control biolóxico de Cryphonectria parasitica, seguimento de Phytophthora alni, control de procesionaria do piñeiro mediante Bacillus thuringiensis kurstaki.

- Inspección, control e execución de plans de continxencia sobre organismos de corentena en aplicación da normativa estatal e europea.

- Establecemento de canles de cooperación con comunidades autónomas limítrofes e transfronteirizas (Norte de Portugal) en materia de sanidade forestal.

Suxeitos corresponsables

Consellerías con competencias en materia de montes e sanidade vexetal.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D10, D48, D67, D68, D69, D70, D71 e D105.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación indirecta con RD86.

Relación con outros programas/instrumentos

I.3.1 e I.3.2, II.2.3.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.2.3.

Programa de saúde e vitalidade forestal de Galicia

Elaborado

II.2.3.

Intensidade de solta/colocación/inoculación de medios de control biolóxico: Torymus sinensis, Anaphes nitens ou cepas hipovirulentas

Segundo necesidades

II.2.3.

Superficie de actuacións preventivas de retirada de árbores enfermas, secas ou queimadas en montes de xestión pública

Sup. (ha)

Segundo necesidades

II.2.3.

Actuacións de difusión, divulgación e formación

P

Ud.

25

50

75

100

Q

25

25

25

25

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE II. PROTECCIÓN, SANIDADE FORESTAL E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

II.3. PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS DE GALICIA

II.3.1. Lei de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia

missing image file

Obxecto

Revisar a actual lexislación a través dun intenso proceso de consulta para adecuar o seu contido ás actuais necesidades de prevención e extinción.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Proceso consultivo para garantir a participación do persoal da Dirección Xeral de Defensa do Monte e das entidades e organización do Consello Forestal de Galicia.

- Revisarase a estrutura e o contido da actual lexislación de aplicación, para a súa adecuación á situación actual, a potenciación da prevención estrutural, o novo contexto lexislativo e os ámbitos competenciais das distintas administracións.

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de prevención e defensa contra incendios forestais.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D99.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD11, RD39, RD57, RD70 e RD95.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.3.1./VI.3.1.

Elaboración da nova Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia

Texto articulado aprobación parlamentaria

Elaborado/ aprobado

EIXE II. PROTECCIÓN, SANIDADE FORESTAL E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

II.3. PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS DE GALICIA

II.3.2. Reestruturación dos distritos de defensa do monte adaptada ás necesidades específicas da prevención e extinción dos incendios forestais en Galicia

missing image file

Obxecto

Reorganización dos distritos de defensa do monte adaptada ás necesidades específicas da prevención e extincións dos incendios forestais en Galicia.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Adecuar os distritos a unidades específicas para a aplicación das competencias da nova Dirección Xeral de Defensa do Monte.

- Adecuar a estrutura de persoal e territorial ás novas necesidades.

- Necesidade de aplicar os novos criterios dos plans de distrito e dos plans anuais integrais preventivos.

- Responder ás novas necesidades de extinción, á maior virulencia dos incendios forestais e aos retos do cambio climático.

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de prevención e defensa contra incendios forestais.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D62 e D97.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD7, RD22 e RD54.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.3.2.

Reestruturación dos distritos de defensa do monte adaptada ás necesidades específicas da prevención e extincións dos incendios forestais en Galicia

Finalizado

EIXE II. PROTECCIÓN, SANIDADE FORESTAL E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

II.3. PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS DE GALICIA

II.3.3. Brigadas de investigación de causas de incendios forestais e rexistro de investigacións de incendios forestais

missing image file

Obxecto

Especialización de axentes facultativos ambientais en materia de investigación de incendios forestais para fortalecer a investigación das causas de incendios forestais e a identificación de incendiarios

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Crearanse unidades específicas nos distritos de defensa do monte.

- Constituídas por axentes facultativos ambientais.

- Priorizaranse os territorios de maior actividade incendiaria.

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de prevención e defensa contra incendios forestais e en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D63 e D64.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD100, RD101 e RD102.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.3.3

Creación de brigadas de investigación de incendios forestais

Nº brigadas creadas

Creación e posta en funcionamento

EIXE II. PROTECCIÓN, SANIDADE FORESTAL E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

II.3. PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS DE GALICIA

II.3.4.Revisión e actualización dos plans de defensa e prevención dos incendios forestais dos distritos forestais de Galicia

missing image file

Obxecto

Revisión e actualización dos plans da defensa e prevención dos incendios forestais dos distritos forestais de Galicia.

Elaboración dun inventario da rede de faixas de xestión de biomasa forestal como compoñente básico das redes de defensa contra os incendios forestais en Galicia. O desenvolvemento desta rede de faixas incluirá, consecuentemente, unha rede de distancias estratéxicas das masas forestais a outros terreos, construcións, instalacións e infraestruturas.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Os plans de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito conterán as accións necesarias para a defensa contra incendios forestais e, máis aló das accións de prevención e outras medidas previstas en materia de emerxencias, incluirán a previsión e a programación integrada das intervencións das diferentes entidades implicadas no operativo contra incendios forestais. Elaborarase un Plan específico de defensa, que se integrará no plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito.

- Finalmente, os plans de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito atenderán exhaustivamente o disposto na lexislación en materia de mellora da estrutura territorial agraria en canto á declaración de perímetros abandonados.

- Integrar un Rexistro cartográfico e informático das redes de defensa contra os incendios forestais dos distritos onde, inescusablemente, estarán definidas as distintas redes de faixas de xestión de biomasa e as descontinuidades estruturais.

- Este inventario de redes de xestión de biomasa será completado progresivamente con outros compoñentes da rede de defensa contra os incendios forestais do distrito: rede viaria forestal, rede de puntos de auga, rede de vixilancia e detección de incendios forestais, e outras infraestruturas de apoio á extinción.

- Creación de unidades autonómicas de vixilancia da legalidade en materia de prevención constituídas por axentes facultativos ambientais.

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de prevención e defensa contra incendios forestais e en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D58, D59 e D60. Indirecta con D30 a D33.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD34. Relación indirecta con RD55.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.3.4.

Revisión de plans de prevención e defensa contra incendios forestais de distrito

Documento técnico

Elaborado

EIXE II. PROTECCIÓN, SANIDADE FORESTAL E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

II.3. PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS DE GALICIA

II.3.5. Plans integrais de actuacións preventivas dos distritos forestais

missing image file

Obxecto

Elaborar anualmente un Plan preventivo que integre as actuacións dos medios propios, as actuacións contratadas en montes de xestión pública, as actuacións nos perímetros de alto risco (PARI), as actuacións incluídas nos convenios coa Administración local e as actuacións subsidiarias no cumprimento da lexislación vixente.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Plan medios propios.

- Accións preventivas contratación.

- Accións en PARI.

- Accións en convenios coa Administración local.

- Accións subsidiarias.

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de prevención e defensa contra incendios forestais e en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D58, D59 e D60.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación indirecta con RD55.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.3.5.

Plans realizados

Anual

5 plans anuais

EIXE II. PROTECCIÓN, SANIDADE FORESTAL E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

II.3. PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS DE GALICIA

II.3.6. Plan plurianual de dotación de medios e recursos da Dirección xeral de Defensa do Monte

missing image file

Obxecto

Elaboración, a través dun procedemento participativo dun plan plurianual para a definición das instalacións, os equipamentos e os recursos necesarios para o axeitado cumprimento das competencias da Dirección Xeral de Defensa do Monte.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Plan de sedes de distrito, talleres, almacéns, garaxes, puntos de encontro, punto de vixilancia e bases de medios aéreos.

- Plan de equipamentos persoais.

- Plan de parque móbil.

- Plan de recursos tecnolóxicos e informáticos.

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de prevención e defensa contra incendios forestais e en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D59,D61,D62 e D65.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD5, RD103 e RD104.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.3.6.

Elaboración plan

Elaborado e en execución

EIXE II. PROTECCIÓN, SANIDADE FORESTAL E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

II.3. PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS DE GALICIA

II.3.7.Potenciación da colaboración coas administración locais a través do fortalecemento do convenio para a xestión das faixas secundarias, e dos convenios para o funcionamento das brigadas municipais de prevención e extinción, dos vehículos de extinción municipais e da prevención nas vías de titularidade municipal

missing image file

Obxecto

Consolidación das liñas de colaboración coas entidades e administracións locais.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Impulso do Convenio para a xestión de faixas secundarias.

- Reforzo dos convenios para brigadas de prevención/extinción e camións de extinción.

- Integración dos convenios para marxes de pistas municipais.

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de prevención e defensa contra incendios forestais.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D59 e D65.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD41, RD43 e RD45.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.3.7.

Ver indicadores nas epígrafes II.3.7.1. e II.3.7.2. (ver documento oficial)

EIXE II. PROTECCIÓN, SANIDADE FORESTAL E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

II.3. PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS DE GALICIA

II.3.8. Plan de formación continua

missing image file

Obxecto

Aplicación dun plan continuado de formación do persoal técnico e bombeiros forestais da Dirección Xeral de Defensa do Monte.

Posta en marcha dun centro de formación e acreditación.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Potenciación do plan de formación.

- Deseño dun centro de formación para técnicos e bombeiros forestais.

- Deseño dun plan formativo e de acreditación do centro.

- Posta en marcha dun circuíto específico para prácticas de condución de vehículos e camións TT.

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de prevención e defensa contra incendios forestais.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D58, D65 e D77.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD108, RD109 e RD110.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.3.8.

Plan de formación

Finalizado

II.3.8.

Centro de formación

Finalizado

II.3.8.

Plan formativo centro

Finalizado

II.3.8.

Circuíto vehículos TT

Finalizado

EIXE III. XESTIÓN FORESTAL E LOITA CONTRA O ABANDONO DO MONTE

III.1. FOMENTO DE FÓRMULAS DE MOBILIZACIÓN DE TERRAS E FOMENTO DE AGRUPACIÓNS FORESTAIS DE XESTIÓN CONXUNTA

III.1.1. Programa de mobilidade de terras forestais

missing image filemissing image file

Obxecto

Poñer en marcha un programa de mobilidade de terreos agroforestais que inclúa, de xeito específico, liñas para a mobilidade e apoio ás iniciativas de xestión conxunta dos montes ou terreos forestais.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Loitar contra o abandono das terras forestais, establecendo medidas de recuperación, agrupación, permuta, redimensionamento, mellora estrutural e de infraestruturas que faciliten a súa mobilización.

- Apoiar as explotacións resultantes dos proxectos de recuperación de terras mediante incentivos fiscais, axudas directas ou de discriminación positiva.

- Establecer unha liña específica de mobilización sobre os terreos circundantes aos núcleos rurais en Galicia, a modo de aldeas modelo.

- Contribuír ao coñecemento da estrutura da propiedade rústica en Galicia (titularidade, prezos de transferencia, grao de mobilidade).

- Favorecer o mantemento da poboación vencellada á actividade agroforestal, promovendo e recoñecendo o papel da muller.

Suxeitos corresponsables

Consellerías con competencias en materia de montes e desenvolvemento rural.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación indirecta con D13, D14 e D15.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD42 e RD83. Relación indirecta con RD71 a RD82.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

III.1.1.

Superficie de proxectos de mobilización de terreos agroforestais

P

Sup. (ha)

50.000

100.000

125.000

150.000

Q

50.000

50.000

25.000

25.000

III.1.1.

Nº de proxectos de aldeas modelo

P

Ud.

250

500

750

1.000

Q

250

250

250

500

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE III. XESTIÓN FORESTAL E LOITA CONTRA O ABANDONO DO MONTE

III.1. FOMENTO DE FÓRMULAS DE MOBILIZACIÓN DE TERRAS E FOMENTO DE AGRUPACIÓNS FORESTAIS DE XESTIÓN CONXUNTA

III.1.2. Programa de fomento de agrupacións forestais de xestión conxunta

missing image file

Obxecto

O obxecto do programa é crear unha verdadeira conciencia de silvicultor no propietario galego de terreos forestais, dándolle absoluta liberdade para que decida o seu grao de compromiso nas diferentes iniciativas de agrupación forestal conxunta existentes, e promovendo os servizos de xestión profesionalizada.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Promover calquera iniciativa que fomente ou propicie a xestión conxunta dos terreos forestais, en especial daqueles de propiedade particular.

- Colaborar e apoiar o asociacionismo forestal para mellorar os niveis de información dos asociados e facilitar procesos de comercialización conxunta de produtos.

- Incentivar calquera figura xurídica de natureza mercantil, administrativa ou de base asociativa en iniciativas de xestión forestal conxunta.

- Potenciar a figura dos seguros contra incendios e outros danos no marco das asociacións de propietarios forestais.

Suxeitos corresponsables

Consellerías con competencias en materia de montes e desenvolvemento rural.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D15 e D114. Indirecta con D11, D28, D30, D111 e D112.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación indirecta con RD15, RD16, RD17 e RD51.

Relación con outros programas/instrumentos

VI.3.1.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

III.1.2.

Iniciativas de participación conxunta entre a Administración e asociacións. Asesoramento técnico e actividades informativas

P

Ud.

25

50

75

100

Q

25

25

25

25

III.1.2.

Promoción de asociacións que procuren unha comercialización conxunta dos seus produtos

P

Ud.

20

40

60

80

Q

20

20

20

20

III.1.2.

Número de agrupacións forestais de xestión conxunta

P

Ud.

100

300

550

750

Q

100

200

250

200

III.1.2.

Superficie baixo algún tipo de figura de xestión conxunta

P

Sup. (ha)

35.000

75.000

110.000

150.000

Q

35.000

40.000

35.000

40.000

III.1.2.

Mobilización de terras forestais mediante actuacións forestais de xestión conxunta

P

Sup. (ha)

10.000

15.000

25.000

35.000

Q

10.000

5.000

5.000

5.000

EIXE III. XESTIÓN FORESTAL E LOITA CONTRA O ABANDONO DO MONTE

III.2. INICIATIVAS DE ACTIVACIÓN DA XESTIÓN FORESTAL PRIVADA

III.2.1. Creación da figura e rexistro de silvicultor activo

missing image file

Obxecto

Partindo do recoñecemento da actividade que os silvicultores realizan no monte galego, establécese esta medida para implantar o status do silvicultor activo e formular actuacións conforme as necesidades deste colectivo.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Deseño e posta en marcha do Rexistro Oficial de Silvicultor/a Activo/a en montes e parcelas xestionadas de Galicia.

- O status de silvicultor/a activo/a facilitará o acceso prioritario a axudas públicas ou a cesión de parcelas.

- A Administración dará apoio á profesionalización dos silvicultores, deseñando e pondo en marcha plans de formación e capacitación profesional.

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación indirecta con D15.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación indirecta con RD52.

Relación indirecta con RD18, RD19, RD20, RD21 e RD22.

Relación con outros programas/instrumentos

V.2.2.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

III.2.1.

Deseño e posta en marcha do Rexistro Oficial de Silvicultor/a Activo/a en montes e parcelas xestionadas de Galicia

Creado

III.2.1.

Número de silvicultores activos rexistrados

P

Ud.

25.000

50.000

100.000

200.000

Q

25.000

25.000

25.000

25.000

III.2.1.

Superficie de silvicultores activos incluída

P

Sup. (ha)

40.000

90.000

180.000

360.000

Q

40.000

50.000

90.000

180.000

III.2.1.

Investimento para o apoio de silvicultores activos

P

15M€

30M€

40M€

50M€

Q

15M€

15M€

10M€

10M€

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE III. XESTIÓN FORESTAL E LOITA CONTRA O ABANDONO DO MONTE

III.2. INICIATIVAS DE ACTIVACIÓN DA XESTIÓN FORESTAL PRIVADA

III.2.2. Programa de dinamización da xestión en montes veciñais en man común

missing image file

Obxecto

Avaliar a situación dos MVMC en canto á súa situación administrativa e dinamismo de xestión, identificando os puntos clave que dificultan a dinamización da xestión, establecendo así mesmo medidas que promovan a reactivación da xestión das terras. Favorecer dinámicas de boa gobernanza ten que construír o núcleo central deste programa. O programa debe estar en consonancia coa necesaria actualización da lexislación reguladora dos MVMC (Lei 13/1989).

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Informe de situación administrativa e de xestión dos MVMC en Galicia, que estableza as limitacións clave para a boa gobernanza das CMVMC.

- Apoio á xestión profesional dos MVMC dando prioridade ás comunidades de montes que estean rexistradas no Rexistro de Silvicultores Activos.

-Impulso á consolidación da propiedade dos MVMC, promovendo e apoiando procesos de deslindamento e revisión de esbozos en montes de xestión pública e privada.

- Impulso á redacción de instrumentos de ordenación e xestión forestal dos MVMC, asegurando o seu cumprimento.

- Potenciación das agrupacións e das mancomunidades de MVMC.

- Consideración específica dos MVMC nos proxectos de mobilización de terras agroforestais.

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación indirecta con D11, D14 e D100.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación indirecta con RD47, RD48, RD49, RD50, RD51 e RD17.

Relación con outros programas/instrumentos

I.1.1., II.1.1., III.2.1., III.3.1., VI.2.1.,VI.3.1.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

III.2.2.

Informe de situación administrativa e de xestión dos MVMC en Galicia

Elaborado

III.2.2.

Porcentaxe de MVMC con cumprimento de obrigacións administrativas

P

%

60

65

70

70

III.2.2.

Apoio a medidas de fomento de boa gobernanza (instrumentos de ordenación e xestión forestal, actuación neles disposta, apoio ao servizo de xestión profesionalizada, etc.)

Q

25M€

30M€

40M€

50M€

III.2.2. / VI.3.1.

Aprobación dunha nova Lei de montes veciñais en man común (MVMC)

Aprobada

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE III. XESTIÓN FORESTAL E LOITA CONTRA O ABANDONO DO MONTE

III.2. INICIATIVAS DE ACTIVACIÓN DA XESTIÓN FORESTAL PRIVADA

III.2.3. Programa de dinamización da xestión en montes de varas

missing image file

Obxecto

Instar o comezo da aplicación da normativa en relación con este tipo de copropiedade, en particular a creación do rexistro, realizando paralelamente unha investigación da situación actual deste tipo de copropiedade e medidas que permitan a constitución de xuntas reitoras con base en fórmulas de agrupación que resulten atractivas para os copropietarios e sempre baixo criterios de boa gobernanza.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Elaboración dun informe de situación administrativa e de xestión dos montes de varas en Galicia.

- Desenvolvemento regulamentario dos montes de varas, da súas organización e funcionamento e da súa inscrición no rexistro.

- Apoio a medidas de fomento de boa gobernanza: instrumentos de ordenación e xestión forestal, apoio ao servizo de xestión profesionalizada.

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación indirecta con D12 e D14. Indirecta con D105.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación indirecta con RD53.

Relación con outros programas/instrumentos

I.3.1., VI.2.1.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

III.2.3

Informe de situación administrativa e de xestión dos montes de varas en Galicia

Elaborado

III.2.3

Desenvolvemento regulamentario dos montes de varas, da súas organización e funcionamento e da súa inscrición no Rexistro de Montes de Varas en Galicia

Aprobado

III.2.3

Apoio a medidas de fomento de boa gobernanza (instrumentos de ordenación e xestión forestal, actuación neles disposta, apoio ao servizo de xestión profesionalizada, etc.)

P

5M€

10M€

15M€

20M€

Q

5M€

5M€

5M€

5M€

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE III. XESTIÓN FORESTAL E LOITA CONTRA O ABANDONO DO MONTE

III.3. REORIENTACIÓN DA XESTIÓN FORESTAL PÚBLICA

III.3.1. Programa de establecemento de novos contratos de xestión pública

missing image file

Obxecto

Establecer os mecanismos e criterios de aplicación nos procesos de cancelación e finalización dos actuais convenios e consorcios e o deseño e especificacións dos novos contratos tipo de xestión pública.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Rematar os procesos de cancelación e finalización de consorcios e convenios.

- Establecer a tipoloxía e condicións dos novos contratos de xestión en forma de regulamento.

- Orientar os contratos a montes protectores, que alberguen formacións de alto valor xenético, frondosas consolidadas ou cuxos propietarios carezan de recursos para a súa posta en valor.

- Asinar novos contratos de xestión, con obxectivo inicial nun rango ideal entre 150.000-200.000 ha en xestión pública total.

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D14.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación indirecta con RD6 e RD53.

Relación con outros programas/instrumentos

I.1.1.,I.1.4., I.1.5., I.1.6., I.3.3. II.1.1.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

III.3.1.

Rematar os procesos de cancelación e finalización de consorcios e convenios

Finalizado

III.3.1.

Establecer a tipoloxía e condicións dos novos contratos de xestión en forma de regulamento

Realizado

III.3.1.

Asinar novos contratos de xestión pública

Sup. (ha)

150.000-200.000

III.3.1.

Porcentaxe de montes en xestión pública con, polo menos, un sistema de certificación

%

100 %

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE IV. RECURSOS FORESTAIS E CADEA MONTE-INDUSTRIA

IV.1. FOMENTO DE RECURSOS FORESTAIS NON MADEIREIROS

IV.1.1. Programa de aproveitamento de pastos e forraxes en monte e de establecemento de sistemas silvopastorais

missing image filemissing image file

Obxecto

Garantir a integración das actividades vinculadas coa produción de pastos e forraxes na xestión sustentable dos montes de Galicia, potenciando a súa importancia en determinadas áreas do medio rural da Comunidade Autónoma, así como fomentar o establecemento de sistemas silvopastorais/pastorais en montes ou terreos forestais.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Fomento decidido da creación de superficies de aproveitamento silvopastoral/pastoral en montes ou terreos forestais.

- Apoio e seguimento dos aproveitamentos promovendo as rozas ou recuperando as queimas controladas, sempre evitando os períodos de máximo risco de incendio.

- Creación de superficies que rompan ou diminúan a continuidade nas cargas de combustible de superficies arborizadas.

- Este aproveitamento debe estar previamente planificado/regulado/ordenado, e con todas as garantías legais en materia de titularidade dos terreos e con inscrición no Rexistro de Terreos de Pastoreo.

Suxeitos corresponsables

Consellería con competencias en materia de montes e produción agropecuaria.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D 3, D45 e D46.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD23, RD25, RD59 e RD84. Indirecta con RD122.

Relación con outros programas/instrumentos

III.1.1., VI.1.2.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

IV.1.1.

Superficie con aproveitamento de pastos, forraxes ou sistemas silvopastorais en montes ou terreos forestais

P

Sup. (ha)

100.000

170.000

200.000

225.000

Q

100.000

70.000

30.000

25.000

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE IV. RECURSOS FORESTAIS E CADEA MONTE-INDUSTRIA

IV.1. FOMENTO DE RECURSOS FORESTAIS NON MADEIREIROS

IV.1.2. Programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña

missing image filemissing image file

Obxecto

Elaboración dun plan estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña en Galicia e as súas producións asociadas. O plan debe desenvolverse para contribuír á conservación e posta en valor das masas de castiñeiro.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Planificación estratéxica da produción de castaña en Galicia.

- Apoiar o sector viveirístico mediante medidas específicas.

- Incrementar a produción de castaña mediante medidas de control sanitario, axudas para a restauración e posta de produción de soutos tradicionais, certificación de variedades de pugas.

- Incrementar a calidade da castaña producida mediante tratamentos culturais e sanitarios, melloras na transferencia de tecnoloxía e priorización das variedades de mellor aptitude.

- Incrementar a superficie de castiñeiro cunha finalidade principal produtiva de madeira.

- Mellorar a competitividade das empresas de produción, comercialización e transformación mediante medidas específicas.

Suxeitos corresponsables

Consellería con competencias en materia de montes e industrias agroalimentarias.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D47, D48 e D49.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación indirecta con RD84.

Relación con outros programas/instrumentos

I.1.3., II.2.3., III.1.1.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

IV.1.2.

Elaboración do Plan estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña en Galicia

Elaborado

IV.1.2

Recuperación de soutos tradicionais en produción mediante medidas de rehabilitación

P

Sup. (ha)

2.000

4.000

6.000

8.000

Q

2.000

2.000

2.000

2.000

IV.1.2

Superficies de novos soutos para a produción principal de castaña

P

Sup. (ha)

3.500

5.500

7.000

8.000

Q

3.500

2.000

1.500

1.000

IV.1.2

Superficies de novos soutos para a produción principal de madeira

P

Sup. (ha)

2.000

4.000

6.000

8.000

Q

2.000

2.000

2.000

2.000

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE IV. RECURSOS FORESTAIS E CADEA MONTE-INDUSTRIA

IV.2. FOMENTO DE RECURSOS FORESTAIS MADEIREIROS E A SÚA MOBILIZACIÓN

IV.2.1. Programa de fomento e valorización das masas de coníferas

missing image file

Obxecto

Incentivar actuacións de repoboación forestal de masas de coníferas, así como de tratamentos silvícolas que favorezan o crecemento da masa e a obtención de madeira de calidade.

Poñer á dispoñibilidade do mercado materia prima de alta calidade, prestando especial atención ao incremento do uso de madeira estrutural na construción, potenciando tanto beneficios aos propietarios como unha mellora da economía verde.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Fomento mediante liñas de subvención de novas repoboacións e reforestacións, sempre con base en materiais mellorados xeneticamente.

- Deseño e aplicación de actuacións específicas para materiais xenéticos mellorados, para reducir as quendas e aumentar a calidade da madeira.

- Fomento da aplicación dunha silvicultura orientada ao produto que optimice a rendibilidade final da madeira.

- Incremento da superficie global ocupada por coníferas e mellora da súa produtividade.

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D 4, D10, D18, D22, D23, D25, D26, D29, D34 e D40.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación indirecta con RD4, RD5 e RD32.

Relación con outros programas/instrumentos

I.1.3., II.2.3., V.1.1.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

IV.2.1

Incremento ou mellora da superficie ocupada por coníferas mediante a repoboación.

P

Sup. (ha)

5.000

10.000

15.000

20.000

Q

5.000

5.000

5.000

5.000

IV.2.1

Mellora da superficie ocupada por coníferas mediante tratamentos silvícolas.

P

Sup. (ha)

15.000

30.000

40.000

50.000

Q

15.000

15.000

10.000

10.000

IV.2.1

Incremento do  % de volume de cortas de coníferas con destino a serra ou usos estruturais respecto dos restantes usos

P

%

50 %

75 %

75 %

75 %

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE IV. RECURSOS FORESTAIS E CADEA MONTE-INDUSTRIA

IV.2. FOMENTO DE RECURSOS FORESTAIS MADEIREIROS E A SÚA MOBILIZACIÓN

IV.2.2. Programa de incremento de produtividade e redución de combustibilidade de eucaliptais existentes

missing image file

Obxecto

Incrementar a produtividade dos eucaliptais existentes mediante o fomento de actuacións silvícolas e de replantación usando materiais mellorados.

Transformar a estrutura dos combustibles forestais dos eucaliptais de produción, cunha tripla estratexia: a redución da carga de combustible potencialmente dispoñible nos meses de alto risco, a conversión en determinadas áreas a outras especies ou formas de cultivo e o illamento coa ruptura da continuidade de grandes superficies de combustible.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Potenciar a silvicultura de E. globulus naquelas áreas onde a especie está plenamente en estación, continuando o esforzo de loita biolóxica contra Gonipterus platensis.

- Incrementar a produtividade da superficie de eucaliptais, cun obxectivo de alcanzar 20 m3/ha ano.

- Reducir paralelamente a combustibilidade das masas, mediante unha xestión activa en todas as especies.

- Incrementar a taxa de aproveitamento dos recursos de eucalipto.

- Incrementar a certificación, as iniciativas de xestión conxunta e a xestión para produción de madeira sólida.

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de montes

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D22, D23 e D36.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación indirecta con RD4, RD5 e RD32.

Relación con outros programas/instrumentos

I.1.3., II.2.3., III.1.1., II.1.2., III.2.1., VI.2.2.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

IV.2.2

Incremento da produtividade da superficie de eucaliptais, cun obxectivo de alcanzar 20 m3/ha ano

P

15 m3/ha ano

17 m3/ha ano

19 m3/ha ano

20 m3/ha ano

IV.2.2

Incremento da taxa de aproveitamento dos recursos de eucalipto, co obxectivo de alcanzar un 90 % do crecemento corrente anual

P

 %

90

90

90

90

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE IV. RECURSOS FORESTAIS E CADEA MONTE-INDUSTRIA

IV.2. FOMENTO DE RECURSOS FORESTAIS MADEIREIROS E A SÚA MOBILIZACIÓN

IV.2.3. Programa de fomento da produción de madeira de frondosas de alto valor (castiñeiro, nogueira, cerdeira, bidueiro…)

missing image file

Obxecto

Incentivar actuacións de repoboación forestal de masas de frondosas de alto valor, así como de tratamentos silvícolas que favorezan o crecemento da masa e a obtención de madeira de calidade.

Poñer á dispoñibilidade do mercado materia prima de alta calidade, prestando especial atención ao incremento do uso de madeira estrutural na construción, potenciando tanto beneficios aos propietarios como unha mellora da economía verde.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Fomento mediante liñas de subvención de novas repoboacións e reforestacións, sempre con base en materiais mellorados xeneticamente.

- Deseño e aplicación de actuacións específicas para materiais xenéticos mellorados, para reducir as quendas e aumentar a calidade da madeira.

- Fomento da aplicación dunha silvicultura orientada ao produto que optimice a rendibilidade final da madeira.

- Incremento da superficie global ocupada por masas de frondosas de alto valor..

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D6, D7, D9, D24, D25 e D26.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD26, RD89 e RD91.

Indirecta con RD28

Relación con outros programas/instrumentos

I.1.1., I.1.2., I.3.1., V.2.1.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

IV.2.3

Incremento ou mellora da superficie ocupada por frondosas de alto valor mediante a repoboación

P

Sup. (ha)

500

1.500

2.500

3.500

Q

500

1.000

1.000

1.000

IV.2.3

Superficie de masas de frondosas de alto valor baixo tratamentos silvícolas

P

Sup. (ha)

1.000

2.500

4.000

5.500

Q

1.000

1.500

1.500

1.500

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que de debe acadar en cada quinquenio

EIXE IV. RECURSOS FORESTAIS E CADEA MONTE-INDUSTRIA

IV.2. FOMENTO DE RECURSOS FORESTAIS MADEIREIROS E A SÚA MOBILIZACIÓN

IV.2.4. Programa de mobilización dos recursos madeireiros

missing image filemissing image file

Obxecto

Establecer un programa de mobilización dos recursos forestais madeireiros que permitan atender, como recurso de proximidade, as demandas da actividade industrial ligada á madeira e biomasa. Preténdese salvar as limitacións existentes ao incremento da taxa de aproveitamento dos recursos forestais, equiparando as cifras a outros países da contorna. A finalidade última do programa é mobilizar recursos, xerar actividade económica e consolidar o emprego rural.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Dinamizar a xestión conxunta en monte privado, como mecanismo que permitirá racionalizar os niveis actuais excesivos de densidade en moitas comarcas, pero aumentando a calidade construtiva da rede.

- Elaborar un inventario cartográfico continuo de pistas forestais principais (V.1.2), incluíndo unha avaliación do seu estado e unha caracterización dos seus principais atributos (pendente, raio curvatura, anchura, tipo de firme...).

- Planificar a rede viaria forestal de pistas principais a nivel de distritos forestais no correspondente PORF, promovendo a racionalización, eficiencia, optimización, mellora e mantemento, aproveitamento e redución do impacto das pistas actuais. Evitar a creación de novas pistas.

- Medidas de apoio á competitividade das empresas de aproveitamento (rematantes).

Suxeitos corresponsables

Consellerías con competencias en materia de montes e industria.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D22 a D26, D28, D30, D31, D32 e D33. Indirecta con D16.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación indirecta con RD31.

Relación con outros programas/instrumentos

I.1.1., I.2.2., eixe III, V.1.2.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

IV.2.4

Incremento da mobilización de recursos madeireiros, incrementando a taxa global de extracción de todas as especies

P

 %

60

65

70

70

IV.2.4

Elaboración de inventario cartográfico de pistas

Elaborado

IV.2.4

Nivel de cortas anual de madeira. Obxectivo de 12 M m3 a dez anos

P

10 M m3/ano

12 M m3/ano

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE IV. RECURSOS FORESTAIS E CADEA MONTE-INDUSTRIA

IV.3. IMPULSO DA INDUSTRIA FORESTAL DE GALICIA

IV.3.1. Axenda de Impulso da Industria Forestal

missing image file

Obxecto

Establecer as necesidades de produtos madeireiros, en cantidade e calidade, que permitan situal a cadea monte-industria nunha posición estratéxica nos mercados nacionais e internacionais.

Impulsar a modernización e a competitividade da industria forestal, para convertela na panca de cambio que axude a resolver as demandas da sociedade.

Afrontar o desafío da sociedade empregando o potencial da industria forestal e, ao mesmo tempo, modernizar a industria forestal a través das demandas da sociedade.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Establecer un plan estratéxico para a produción de madeira con destino industrial, desagregando as necesidades para as principais formacións arborizadas.

- Mellora do capital humano do sector (formación), asegurando as habilidades necesarias nun mercado laboral de calidade baseado na bioeconomía.

- Ecosistema de innovación ao servizo do sector.

- Cooperación e valorización: fomentar a cooperación intrasectorial e intersectorial, así como fortalecer o achegamento do sector á sociedade.

- Competitividade, desenvolvemento e diversificación: aspectos tecnolóxicos, ambientais, de xestión e organización, de produto, de modelos de negocio e de relación cos mercados.

Suxeitos corresponsables

Consellerías con competencias en materia de montes e industria.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D18, D27, D28, D36, D37, e D39 a D44.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación indirecta con RD31 e RD32.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

IV.3.1.

Plan estratéxico para a produción de madeira con destino industrial

Realizado

IV.3.1.

Desenvolvemento, seguimento e revisión das medidas e eixes da Axenda de impulso da industria forestal

Desenvolvemento e seguimento

Seguimento e revisión, de ser o caso.

EIXE V. ESTATÍSTICA, FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN FORESTAL

V.1. INVENTARIO E ESTATÍSTICA FORESTAL

V.1.1. Inventario forestal continuo de Galicia

missing image file

Obxecto

Deseño e posta en marcha do Inventario forestal continuo de Galicia (IFCG) baseado nun sistema de monitoraxe forestal continuada que, superando a problemática da pequena escala de propiedades e operacións e a elevada velocidade dos cambios, redunde en melloras da información obtida en canto á súa frecuencia, desagregación por especies, resolución espacial ou posibilidade de aproveitamento para a subministración á cadea monte-industria.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Deseño e posta en marcha do Inventario forestal continuo de Galicia (IFCG) como intensificación a nivel autonómico do Inventario forestal nacional.

- Baseado nunha monitoraxe forestal continuada que supere a problemática da pequena escala de propiedades e a elevada velocidade dos cambios.

- Mellorará a información obtida en frecuencia e desagregación por especies, integrándose cos procesos de supervisión e control administrativo.

- Mellorará a resolución espacial e a posibilidade de aproveitamento para a subministración á cadea monte-industria.

- Será unha ferramenta de seguimento anual de superficies e recursos forestais, e detectará cambios de uso e de especies principais.

Suxeitos responsable

Consellerías con competencias en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D91 e D93. Indirecta con D68.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD1.

Relación con outros programas/instrumentos

II.2.2. e V.1.2.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

V.1.1.

Deseño do Inventario forestal continuo de Galicia

Elaborado

V.1.1.

Elaboración e publicación dos datos do Inventario forestal continuo de Galicia

Publicado

Publicado

Publicado

Publicado

EIXE V. ESTATÍSTICA, FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN FORESTAL

V.1. INVENTARIO E ESTATÍSTICA FORESTAL

V.1.2. Programa dixital galego de información e estatísticas forestais

missing image file

Obxecto

Creación da Oficina virtual forestal de Galicia. Este portal aglutinará toda a información e documentación relacionada co monte galego, os seus recursos e servizos asociados, e a xestión forestal. E permitirá aos cidadáns relacionarse coa Administración forestal para a tramitación e consulta dos seus expedientes, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Creación da Oficina virtual forestal de Galicia, que debe contar con información real e actualizada en materia forestal en bloques temáticos.

- Un dos bloques temáticos corresponderá aos resultados do Inventario forestal continuo galego (IFCG) (V.1.1.).

- Inclusión dun Sistema integrado de información forestal de Galicia (Sifor Galicia), que inclúa, entre outros, un programa de estudo e seguimento da propiedade privada: estrutura da propiedade, socioeconomía dos propietarios.

- Deseño e posta en marcha do Sistema de apoio ás decisións forestais (Sadfor Galicia).

Suxeitos corresponsables

Consellerías con competencias en materia de montes, IET e Amtega.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D28, D31, D71, D93 e D94. Indirecta con D111.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD1.

Relación con outros programas/instrumentos

II.2.2 V.1.1. e VI.1.1.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

V.1.2

Creación da Oficina virtual forestal de Galicia

Creada

V.1.2

Inclusión dun Sistema integrado de información forestal de Galicia (Sifor Galicia)

Incluído

V.1.2.

Deseño e posta en marcha do Sistema de apoio ás decisións forestais (Sadfor Galicia)

Iniciado

EIXE V. ESTATÍSTICA, FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN FORESTAL

V.2. PROGRAMA DE FORMACIÓN E DIVULGACIÓN FORESTAL

V.2.1. Programa de divulgación e comunicación da cultura forestal

missing image file missing image file

Obxecto

Deseño, execución e seguimento do Programa de divulgación e comunicación da cultura forestal.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Mellorar o coñecemento de áreas específicas, tales como percepción, conduta e cambios sociais, para fomentar e desenvolver os produtos e servizos xerados polos montes e procurar un maior coñecemento dos usos tradicionais.

- Comunicar á sociedade a natureza singular, sustentable e renovable dos montes e dos seus produtos derivados a través da programación de eventos, encontros, conferencias ou congresos sectoriais.

- Executar medidas, programas ou liñas de traballo forestal baseadas en decisións consensuadas con información técnica, sólida e coherente á realidade.

- Implicar a sociedade na política forestal deseñada para Galicia.

- Comunicar á sociedade os servizos ambientais que prestan os bosques (protección do chan e ciclo hidrolóxico, mitigación do cambio climático, biodiversidade, configuración da paisaxe, etc.).

Suxeitos corresponsables

Consellerías con competencias en materia de montes e formación agraria.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D72, D73, D74, D78, D79, D80 e D81.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD33, RD95, RD96 e RD111

Relación con outros programas/instrumentos

III.2.2., III.2.3.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

V.2.1

Programa de divulgación e comunicación da cultura forestal

Elaborado

V.2.1

Reestruturación dos centros de interpretación, divulgación e concienciación forestal

Finalizado

EIXE V. ESTATÍSTICA, FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN FORESTAL

V.2. PROGRAMA DE FORMACIÓN E DIVULGACIÓN FORESTAL

V.2.2. Profesionalización de propietarios, xestores de montes e/ou traballadores das empresas de servizos forestais

missing image file missing image file

Obxecto

Deseño e posta en marcha de plans de formación e profesionalización de propietarios, xestores de montes, e/ou traballadores das empresas de servizos forestais para a mellora ou actualización das súas cualificacións ou competencias profesionais e apertura de novas oportunidades ou actividades experimentais no sector forestal galego.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Mellorar a formación profesional da persoa que traballa no mundo forestal achegando cualificación, experiencia, adquisición de técnicas e metodoloxías de traballo, hábitos de hixiene e de seguridade laboral.

- Dignificar a profesión.

- Fomentar a inserción laboral das persoas formadas.

- Reforzar a competitividade e a cohesión social do territorio, ofrecendo posibilidades laborais e de formación de calidade no propio territorio rural.

- Desenvolver protocolos de traballo con organizacións profesionais de silvicultores ou outras organizacións forestais para fomento e execución deste tipo de actividades formativas, baixo a tutela efectiva da Administración competente en montes.

- As medidas de profesionalización de propietarios, xestores de montes, e/ou traballadores das empresas de servizos forestais deben conseguir unha adecuada difusión das responsabilidades de xestión que recolle a normativa vixente, en particular a de prevención de incendios.

Suxeitos corresponsables

Consellerías con competencias en materia de montes e formación agraria.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D15, D68, D75, D76, D77 e D81.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD22, RD95, RD110.

Relación con outros programas/instrumentos

III.2.1.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

V.2.2

Actuacións anuais de formación e profesionalización de propietarios, xestores de montes e/ou traballadores das empresas de servizos forestais

P

Ud

50

100

175

250

Q

50

50

75

75

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE V. ESTATÍSTICA, FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN FORESTAL

V.3. INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN FORESTAL

V.3.1. Programa de fomento da investigación, desenvolvemento e innovación forestal

missing image file missing image file

Obxecto

Deseñar as liñas prioritarias de investigación, innovación e desenvolvemento para Galicia, a medio prazo, que orienten as actividades dos diferentes axentes implicados no desenvolvemento do sector e optimicen os recursos necesarios para a súa implantación. Este proceso de deseño e execución das liñas de investigación debe contar coa participación dos departamentos de universidades, das organizacións da cadea forestal e da madeira, involucrando a participación das empresas no desenvolvemento dos proxectos de I+D.

Ademais, desenvolveranse procedementos para a transferencia e divulgación de resultados, información e coñecementos ao sector.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Consolidación do Centro de Investigación Forestal (CIF) Lourizán como centro de referencia de I+D+i do sector forestal en Galicia, potenciando acordos de cooperación e alianzas con outros centros de investigación.

- Asociacionismo, cooperación e/ou agrupación de propietarios ou propiedades forestais para a xestión e ordenación de montes.

- Resistencia a pragas e enfermidades forestais, especialmente en canto a organismos de corentena.

- Desenvolvemento de novos produtos forestais e mellora dos existentes, incrementando a produción, diversificando e mobilizando (mercado).

- Mellora xenética forestal aplicada, orientada á obtención de materiais forestais de reprodución de alta calidade xenética.

- Prevención, combate e restauración tras o incendio.

Suxeitos corresponsables

Consellerías con competencias en materia de montes, competencias en materia de investigación, así como outros departamentos da Administración competente en agricultura e desenvolvemento rural.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D80, D82 a D90.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación indirecta con RD31.

Relación con outros programas/instrumentos

I.1.5., I.3.1., I.3.3., II.2.2., II.2.2.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

V.3.1

Iniciativas de I+D+i

Q

Ud.

25

30

35

45

V.3.1

Investimento anual realizado

P

15M€

35M€

85M€

135M€

Q

15M€

20M€

50M€

50M€

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE V. ESTATÍSTICA, FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN FORESTAL

V.4. FORMACION FORESTAL UNIVERSITARIA

V.4.1. Cooperación e coordinación para mellora da formación forestal universitaria en Galicia

missing image file missing image file

Obxecto

Manter a oferta dos dous centros con titulacións universitarias forestais nos termos actualmente vixentes, de acordo coas memorias de verificación aprobadas, os informes de acreditación externa por parte da ACSUG e da ANACA, e reforzar o compromiso para a mellora do ensino forestal galego universitario xerando un marco de coordinación.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Acordo de táboa de validacións entre as materias básicas e obrigatorias dos títulos que permitan un eficaz traslado de expedientes para alumnos dos dous graos.

- Complementar a oferta formativa dos centros/títulos nas materias optativas.

- Acadar o status de singularidade para a formación forestal universitaria habilitante.

- Desenvolver as posibilidades que ofrecen programas xa existentes, especialmente os de mobilidade (SICUE e outros).

- Establecer mecanismos de cooperación na docencia do máster en Enxeñería de Montes actualmente impartido pola EPSE-USC.

- Cooperar no desenvolvemento de contidos formativos conxuntos e desenvolvemento de accións conxuntas de captación de alumnado e talento para o ensino universitario forestal do Sistema universitario de Galicia.

- Coordinación e presenza conxunta cara a entidades de fóra do SUG, nomeadamente na Conferencia de Centros Universitarios de Enxeñerías Agroforestales (CCUIAF) ou os colexios e asociacións profesionais de referencia.

- E particularmente manter unha Comisión de traballo de cooperación de xeito indefinido.

Suxeitos corresponsables

Consellerías con competencias en materia de educación, montes e formación agraria.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D78, D79 e D87.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

-

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

V.4.1

Iniciativas de colaboración entre centros e proxectos conxuntos desenvolvidos

Q

Ud.

5

10

15

20

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE VI. PLANIFICACIÓN, ORDENACIÓN E GOBERNANZA

VI.1. DESENVOLVEMENTO TERRITORIAL DA PLANIFICACIÓN, AVALIACIÓN E SEGUIMENTO DO PLAN FORESTAL E OS PLANS DE ORDENACIÓN DOS RECURSOS FORESTAIS (PORF)

VI.1.1. Avaliación e seguimento do Plan forestal de Galicia

missing image filemissing image file

Obxecto

O obxecto da presente iniciativa é establecer o período de aplicación e os mecanismos de avaliación e seguimento do Plan forestal de Galicia.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Establecer o Consello Forestal de Galicia como o órgano encargado de vixiar o cumprimento do PFG2021-40, para o que poderá establecerse un comité específico de seguimento para a avaliación e seguimento do desenvolvemento e grao de cumprimento do Plan forestal de Galicia, proporcionando informes periódicos sobre o seu estado, en particular no seguimento e avaliación anual dos orzamentos públicos dedicados a desenvolver o Plan forestal de Galicia.

- Doutra banda, a Administración forestal deberá desenvolver unha ferramenta pública de xestión da información, a modo de panel de control (dashboard), de acceso a través da súa web (portal forestal virtual), que monitorice, analice e mostre de maneira visual os indicadores clave de desempeño (Key Performance Indicators, KPI), chamados neste plan como indicadores quinquenais de seguimento.

- Deberase garantir un seguimento do cumprimento do Plan forestal mediante a remisión ao Parlamento de Galicia, con carácter bianual, dun informe de evolución dos indicadores de xestión, que será obxecto de debate na comisión correspondente.

Suxeitos corresponsables

Consellerías con competencias en materia de montes, Consello Forestal de Galicia e Parlamento de Galicia.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D16.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD34, RD35, RD36 e RD123.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

VI.1.1.

Creación do panel de control público (dashboard), para o seguimento no grao de desenvolvemento e consecución dos indicadores quinquenais de seguimento

Elaborado

VI.1.1.

Elaboración de informes de seguimento e avaliación do grao de cumprimento do Plan forestal de Galicia

Elaborado

Elaborado

Elaborado

Elaborado

EIXE VI. PLANIFICACIÓN, ORDENACIÓN E GOBERNANZA

VI.1. DESENVOLVEMENTO TERRITORIAL DA PLANIFICACIÓN, AVALIACIÓN E SEGUIMENTO DO PLAN FORESTAL E DOS PLANS DE ORDENACIÓN DOS RECURSOS FORESTAIS (PORF)

VI.1.2. Desenvolvemento dos plans de ordenación dos recursos forestais

missing image file

Obxecto

Desenvolver o contido e alcance previsto dos plans de ordenación dos recursos forestais en cada un dos 19 distritos da Comunidade Autónoma, aplicables tanto como referentes técnicos e instrumentais de ámbito comarcal para a ordenación dos espazos e recursos forestais, como do réxime de usos do solo forestal.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Os PORF deben ser o referente técnico de ámbito comarcal para a ordenación e xestión dos espazos e recursos forestais, establecerán un modelo de referencia de silvicultura, ordenación, aproveitamento uso e xestión dos montes, que incluirá a planificación da defensa contra incendios forestais e definirá a rede de faixas de xestión de biomasa.

- Os PORF deben proceder á definición e clasificación do solo forestal (terreos coa condición legal de montes). Tal proceso debe realizarse no marco da planificación de usos agroforestais. Os terreos de alto valor forestal declarados no Catálogo de solos rústicos de protección forestal serán incluídos de oficio de alta produtividade forestal nun PORF. Neste catálogo deberán incluírse, cando menos, aquelas superficies de monte ou terreo forestal inscritas no Sistema rexistral forestal de Galicia.

- En cumprimento da normativa europea e estatal aplicable sobre información e participación pública deberase procurar a participación e intervención activa das entidades e axentes locais implicados durante o proceso de elaboración e toma de decisións dun PORF.

Suxeitos responsable

Consellería con competencias en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D17, D31.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD2, RD37, RD55, RD62, RD64, RD66, RD67, RD69.

Relación con outros programas/instrumentos:

V.1.1.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

VI.1.2.

Elaboración de plans de ordenación de recursos forestais por distrito

Esperar resultados do IFCG (V.1.1)

Todos os distritos forestais

VI.1.2

Delimitar os terreos declarados de alta produtividade forestal nun PORF, ao abeiro do Catálogo de solos de alta produtividade e especial aptitude forestal

Realizado

EIXE VI. PLANIFICACIÓN, ORDENACIÓN E GOBERNANZA

VI.2. PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DA ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL E DA CERTIFICACIÓN FORESTAL

VI.2.1. Fomento de proxectos de ordenación de montes e instrumentos equivalentes de xestión forestal sustentable

missing image file

Obxecto

Procurar medidas de fomento para a elaboración de proxectos de ordenación e instrumentos equivalentes de xestión forestal sustentable de acordo coas instrucións legalmente establecidas, e sobre o maior número de montes ou parcelas forestais posible.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Todos os montes públicos, protectores e baixo contratos voluntarios de xestión pública deben dotarse dun proxecto de ordenación de montes. En adición, habería que ordenar 122 mil hectáreas de montes privados de xestión pública (actualmente hai 70 mil ha de montes en convenio ou consorcio con proxectos de ordenación para preto de 275 mil ha -25 %-).

- Por outra banda, debe realizarse un esforzo importante para fomentar a ordenación dos montes privados colectivos (veciñais e abertais) de xestión privada e os montes particulares que non conten aínda con instrumento de ordenación ou xestión forestal. Exponse con horizonte a 20 anos alcanzar a media actual de bosque ordenado na Unión Europea, o que supoñería ter unha superficie forestal ordenada de 850 mil hectáreas dentro de 20 anos, reto que implicaría ordenar máis de 635 mil hectáreas de monte (31,5 mil hectáreas anuais), o que supoñería incrementar en máis do triplo a superficie forestal ordenada actual (unhas 230 mil hectáreas).

Suxeitos responsable

Consellería con competencias en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D17. Indirecta con D110.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD3,RD4 e RD5.

Relación con outros programas/instrumentos

III.1., III.2., III.3.1.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

VI.2.1.

Superficie forestal ordenada (*)

P

Sup. (ha)

150.000

315.000

470.000

620.000

Q

150.000

165.000

155.000

150.000

VI.2.1.

Implantación do procedemento de inspección, verificación e control de calidade da ordenación

Implantado

(*) SUPERFICIE TOTAL ORDENADA AO FINAL DO PLAN 2021-2040: 620.000 ha que, sumadas as 230.000 ha actuais, darían un total de 850.000 ha

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

EIXE VI. PLANIFICACIÓN, ORDENACIÓN E GOBERNANZA

VI.2. PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DA ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL E DA CERTIFICACIÓN FORESTAL

VI.2.2. Promoción da certificación forestal dos montes galegos

missing image file missing image file

Obxecto

Promover a certificación forestal dos montes galegos, de forma voluntaria por calquera dos sistemas acreditados que certifiquen o exercicio da ordenación e xestión forestal sustentable.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

A Administración debe promocionar activamente a certificación forestal de forma voluntaria, principalmente en montes públicos e de xestión pública, así como de todos os montes ordenados, procurando medidas de fomento mediante a concesión de axudas e incentivos públicos para a dotación de instrumentos de ordenación ou xestión forestal aprobados pola Administración, como condición indispensable para someterse aos sistemas acreditados de certificación forestal, cuxa disposición do selo que os caracterice deberá supoñer axudas e beneficios preferentes para o titular do monte certificado.

Así mesmo, deberase promover a certificación e a xestión forestal sustentable baixo os seguintes criterios:

1. Exixencia de que a madeira que se utilice en edificios e infraestruturas impulsados pola Administración autonómica proceda dunha xestión forestal sustentable e conte con calquera selo de certificación aceptado a nivel internacional.

2. Fomento da utilización de madeira certificada e procedente dunha xestión forestal sustentable para a rehabilitación e construción de vivendas cando sexan apoiadas con subvencións públicas.

3. Implicación da Administración autonómica na utilización de produtos forestais galegos certificados nas obras e infraestruturas públicas aproveitando as posibilidades da madeira laminada, pero tamén noutros usos.

Suxeitos responsable

Consellería con competencias en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D17. Indirecta con D112.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD3,RD4, RD5 e RD32.

Relación con outros programas/instrumentos

IV.2.3., VI.2.1.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

VI.2.2.

Superficie forestal certificada, de forma voluntaria por calquera dos sistemas acreditados de certificación forestal

P

Sup. (ha)

200.000

350.000

500.00

650.000

Q

200.000

150.000

150.000

150.000

SUPERFICIE TOTAL CERTIFICADA AO FINAL DO PLAN: 650.000 ha

EIXE VI. PLANIFICACIÓN, ORDENACIÓN E GOBERNANZA

VI.3. GOBERNANZA DO MONTE GALEGO

VI.3.1. Iniciativas de desenvolvemento lexislativo

missing image file

Obxecto

Recompilar aquelas recomendacións do Ditame do Parlamento de Galicia sobre incendios e política forestal que se refiran especificamente ás necesidades de actualización lexislativa.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Impulsar desde o Parlamento de Galicia a imprescindible concordancia entre a lexislación española e a galega nas materias forestais.

- Modificar substancialmente a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia.

- Acabar de realizar o desenvolvemento regulamentario da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

- Modificar a actual Lei 4/2015, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, co fin de articular unha maior mobilización dos terreos agrarios en Galicia, en particular daqueles declarados en abandono ou infrautilización.

Suxeitos corresponsables

Consellerías con competencias en materia de montes, desenvolvemento rural e prevención e extinción de incendios forestais.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D98, D99, D100.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD10, RD12, RD53 e RD98.

Relación indirecta con RD46, RD99 e RD100.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.3.1. / VI.3.1.

Modificación da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia

Lei aprobada

VI.3.1.

Modificación da Lei 4/2015, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia

Lei aprobada

III.2.2. / VI.3.1.

Modificación da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común de Galicia, e a súa normativa de desenvolvemento (Decreto 260/1992)

Lei aprobada

VI.3.1.

Desenvolvemento normativo da Lei 7/2012, de montes de Galicia

Elaborado

EIXE VI. PLANIFICACIÓN, ORDENACIÓN E GOBERNANZA

VI.3. GOBERNANZA DO MONTE GALEGO

VI.3.2. Modificación do Consello Forestal de Galicia

missing image file

Obxecto

Abordar a modificación na organización e funcionamento do Consello Forestal de Galicia, reformulando as dinámicas de traballo e a composición dos seus membros, restando representatividade aos numerosos departamentos da Administración pública e centrando o protagonismo nas principais asociacións representativas do sector, especialmente produtores e transformadores, os grupos de interese socioeconómico, as organizacións da sociedade civil e científica, así como os grupos ambientalistas, e todo iso baixo as pautas máis actualizadas en materia de comitoloxía que están sendo extensamente desenvolvidas pola Unión Europea.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

- Unha vicepresidencia do Consello Forestal será desempeñada por un membro non pertencente ás administracións públicas, a dita vicepresidencia terá carácter rotatorio.

- Crearase unha secretaría xeral, asumida pola Administración pública, que facilite a loxística e funcionamento do Consello Forestal.

- Os temas que se incluirán nas axendas de traballo serán fixados conxuntamente pola consellería con competencias en materia de montes e a vicepresidencia.

- O Consello pode establecer grupos de traballo específicos e designar expertos para a súa participación nas convocatorias.

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D90, D102, D103.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación indirecta con RD113.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

VI.3.2.

Modificación da organización e funcionamento do Consello Forestal de Galicia mediante decreto

Aprobado

EIXE VI. PLANIFICACIÓN, ORDENACIÓN E GOBERNANZA

VI.3. GOBERNANZA DO MONTE GALEGO

VI.3.3. Comisión de harmonización normativa e para o estudo da implantación de compensacións e incentivos á actividade forestal

missing image file

Obxecto

Crear unha Comisión de harmonización normativa co fin de centralizar a análise das normativas sectoriais que afectan o sector forestal, racionalizando e simplificando a regulación e a operativa burocrática necesaria para a xestión forestal, para mellorar a competitividade do sector e dotalo de maior seguridade xurídica.

Procurarase avanzar no estudo de implantación de compensacións e incentivos á actividade forestal.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

A Comisión para a harmonización normativa deberá analizar as normativas sectoriais que afecten o sector forestal relacionadas co ambiente, a ordenación do territorio, o patrimonio cultural, os recursos hídricos, etc. ou a propia normativa forestal, coa imprescindible concordancia entre a lexislación española e a galega en materias forestais. Así mismo acometerá unha revisión das axudas ao sector forestal para conseguir unha mellor adaptación ás necesidades e idiosincrasia propia dos montes galegos.

Nomeadamente, deberá impulsar un cambio normativo para que os plans de restauración mineira se establezan obrigatoriamente con especies do anexo I da Lei 7/2012 de montes de Galicia. Garantir que na normativa urbanística incorpore a xestión das redes de faixas de protección, regular excepcións á prohibición de pastoreo nos terreos forestais incendiados. Revisar especies e distancias de plantación ás liñas eléctricas, instalacións de produción enerxética e instalacións industriais ou o encaixe na normativa vixente para que os propietarios das vivendas fóra de ordenación teñan unha participación nos custos de limpeza e mantemento das faixas de protección que se establecen ao redor delas, entre outras.

Crearase unha comisión para o estudo de implantación de compensacións e incentivos á actividade forestal.

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D56, D57, D101 e D110.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD9, RD94, RD98 e RD99.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

VI.3.3

Creación da Comisión de harmonización normativa

Creada

VI.3.3

Creación da Comisión para o estudo de implantación de compensacións e incentivos á actividade forestal

Creada

VI.3.3

Elaboración dun informe de consecución das medidas propostas no seo das distintas comisións

Elaborado

EIXE VI. PLANIFICACIÓN, ORDENACIÓN E GOBERNANZA

VI.4. MEDIDAS DE FISCALIDADE FORESTAL

VI.4.1. Proposta de incentivos, deducións e bonificacións fiscais para o desenvolvemento da actividade forestal en Galicia

missing image file

Obxecto

Tras un estudo xurídico previo, deseñar unha batería de propostas en materia de mellora fiscal respecto da actividade forestal para ser asumida pola Xunta de Galicia, ou consonte coa titularidade impositiva, exposta de forma motivada e xustificada á Administración xeral do Estado (AXE).

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

Entre outras, deberanse incluír as seguintes propostas: aplicar un criterio de sector diferenciado no IRPF, deberíase poder optar por un dobre réxime, un en estimación directa (servizos profesionais non vinculados á actividade forestal) e outro en estimación obxectiva (actividade forestal).

Establecer mecanismos para adecuar as normas contables vixentes en materia de IS á realidade do sector forestal coas seguintes propostas:

• Reducir o actual tipo impositivo aplicable ás comunidades de montes veciñais en man común e equiparar o dito réxime para as agrupacións forestais de xestión conxunta e silvicultores activos rexistrados.

• Creación dun réxime de estimación obxectiva no IS para os montes veciñais, agrupacións forestais e aqueles silvicultores activos que teñan a dita obriga, tal e como se permite a nivel das persoas físicas no IRPF.

• Inclusión de coeficientes redutores aos ingresos que proveñan da actividade forestal para axustar o resultado fiscal á realidade.

• Elaboración e introdución dun plan sectorial de contabilidade que recolla as características diferenciadas da actividade silvícola, especialmente no que se refire á valoración das existencias polo efecto que sobre elas ten o tempo transcorrido desde que se fai a plantación ao momento da corta.

Suxeito responsable

Consellería con competencias en materia de montes.

Directrices de revisión do PFG (D):

Relación directa con D105, D106, D111, D113, D114 e D115.

Recomendacións do Ditame do Parlamento (RD):

Relación directa con RD113, RD114, RD115, RD116, RD117, RD118, RD119, RD120 e RD121.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

VI.4.1

Estudo xurídico que analice como están a actuar as administracións forestais de, cando menos, cinco países

Elaborado

VI.4.1

Creación dunha batería de propostas en materia de mellora fiscal respecto da actividade forestal

Creada

C. EIXE I. CONTRIBUCIÓN DO MONTE GALEGO Á CONSERVACIÓN DA NATUREZA E Á PRESTACIÓN DOUTROS SERVIZOS AMBIENTAIS.

O monte galego alberga unha notable variedade de ecosistemas de grande importancia para o mantemento da riqueza e biodiversidade de flora e fauna. Os montes ademais desempeñan un papel moi importante na protección do solo, da paisaxe e dos sistemas hidrolóxicos. Tal e como se indica na exposición de motivos da actual Lei de montes de Galicia, a relación da sociedade galega co monte evolucionou considerablemente desde o último terzo do século pasado, xerando unha nova configuración baseada na exixencia do desenvolvemento sustentable e o aproveitamento racional dos recursos forestais.

Finalidade e obxectivos.

O primeiro eixe estratéxico de intervención no marco da 1ª revisión do Plan forestal de Galicia ten por obxecto garantir a conservación dos valores ecolóxicos que alberga o monte galego, así como a prestación dos diversos servizos ambientais que proporciona. Os obxectivos programáticos relacionados con este eixe serían:

• A conservación da biodiversidade e o patrimonio natural de Galicia, en particular dos hábitats forestais que o monte conforma, a flora e fauna silvestre que alberga.

• A mitigación do cambio climático e a adaptación dos bosques ás previsións de alteracións climáticas.

• A implantación de políticas de descarbonización. Desenvolvemento de enerxías renovables, en especial a biomasa forestal, tendo en conta os ciclos de carbono, como recurso natural renovable alternativo ao emprego de enerxía procedente de combustibles fósiles.

• A conservación e mellora dos recursos xenéticos forestais.

Con estes obxectivos preténdese que a política forestal contribúa á conservación da natureza e a potenciar os servizos ambientais dos montes. Paralelamente, e dado que a fixación de carbono é un dos beneficios ambientais máis evidentes do monte arborizado en Galicia, preténdese fomentar a bioeconomía baixa en carbono (economía verde), a economía circular, o consumo responsable e o emprego de madeira estrutural para a potenciación da construción sustentable. Todas elas son tendencias internacionais emerxentes que se desenvolverán no presente século XXI.

Para a consecución destes obxectivos programáticos dispóñense os seguintes instrumentos de execución.

EIXES ESTRATÉXICOS DE INTERVENCIÓN

INSTRUMENTOS DE EXECUCIÓN

EIXE I

CONTRIBUCIÓN DO MONTE GALEGO Á CONSERVACIÓN DA NATUREZA E Á PRESTACIÓN DOUTROS SERVIZOS AMBIENTAIS

I.1. CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE E DA MULTIFUNCIONALIDADE DOS MONTES COMO ECOSISTEMAS FORESTAIS.

I.2. MITIGACIÓN E ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO E DESENVOLVEMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES.

I.3. CONSERVACIÓN E MELLORA DOS RECURSOS XENÉTICOS FORESTAIS.

I.1. CONSERVACIÓN DA BIODIVERSIDADE E DA MULTIFUNCIONALIDADE DOS MONTES COMO ECOSISTEMAS FORESTAIS.

Os programas de acción incluídos neste instrumento de execución diríxense á conservación e mellora da biodiversidade e dos ecosistemas forestais, factor clave para a sustentabilidade do monte galego. Débese ter en conta que a conservación, ordenación e xestión de áreas protexidas corresponde ao ámbito competencial da Consellería de Medio Ambiente na actualidade, ben que debe quedar recollida no Plan forestal de Galicia, xa que preto do 80 % da Rede galega de espazos naturais protexidos ou da Rede Natura 2000 corresponden á natureza legal de monte ou terreo forestal.

A execución de varias das medidas recollidas neste instrumento I.1. suporá a necesaria colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a consellería con competencias en medio ambiente (actualmente Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda), que loxicamente debería estenderse aos instrumentos de planificación de espazos protexidos (PORN) cunha porcentaxe relevante de superficie forestal, á elaboración dos propios PORF ou aos estudos concretos de formas de xestión compatibles coa provisión de servizos ecosistémicos polas masas forestais.

Obxectivos do instrumento.

Este instrumento de execución ten por obxecto a conservación e mellora da biodiversidade e multifuncionalidade dos ecosistemas e hábitats forestais presentes no monte galego, en especial os declarados como tales mediante algunha das figuras de protección establecidas pola lexislación específica en materia de conservación da natureza. Os obxectivos específicos son:

• Incrementar a ocupación actual dos bosques de frondosas autóctonas, procurando a conservación e mellora da biodiversidade no monte galego.

• Substituír especies foráneas intercaladas en masas de frondosas autóctonas ou presentes en franxas de uso exclusivo de frondosas para crear formacións pluriespecíficas.

• Establecer normas que regulen a inclusión e pertenza ao Rexistro Administrativo de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas de Galicia.

• Regular a expansión de superficies con especies do xénero Eucalyptus.

• Fomentar e proporcionar recomendacións para a conservación e mellora da biodiversidade e os hábitats forestais mediante a silvicultura activa.

• Propoñer referentes técnicos de ordenación e de xestión forestal sustentable para a conservación activa de espazos forestais incluídos nos bosques de ribeira e áreas protexidas ao departamento con competencias na materia.

• Incentivar e favorecer a multifuncionalidade do monte, potenciando a súa valorización.

Iniciativas e programas de actuación.

Para a consecución destes obxectivos articúlanse as seguintes iniciativas e programas de actuación.

Iniciativas e programas para a conservación da biodiversidade e da multifuncionalidade dos montes como ecosistemas forestais

1. Programa de fomento de xestión activa de masas de frondosas autóctonas.

2. Desenvolvemento regulamentario do Rexistro Administrativo de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

3. Programa de actuación e iniciativas que contribúan a controlar a superficie dedicada a eucalipto.

4. Medidas de fomento e directrices para a conservación e mellora da biodiversidade.

5. Medidas de fomento da multifuncionalidade e doutros valores do monte.

6. Ordenación do uso sociorrecreativo en montes periurbanos.

I.1.1. Programa de fomento de xestión activa de frondosas autóctonas.

Antecedentes e xustificación.

A superficie prevista que se debía alcanzar en 40 anos polo modelo de monte determinado no PFG de 1992 para as masas de frondosas autóctonas estableceuse en case 409 mil hectáreas, cifra que foi superada lixeiramente, máis de 413 mil hectáreas segundo os datos rexistrados no 4ª Inventario forestal nacional (IFN4) para Galicia (2008-2010).

Esta superficie actual de frondosas autóctonas, referida ao Mapa forestal de España realizado para Galicia entre 2006 e 2007, correspóndese ao agrupar case 125 mil hectáreas de Quercus robur, case 77 mil hectáreas de Quercus pyrenaica, case 122 mil hectáreas de masas de Quercus robur en mistura con outras frondosas autóctonas, 46,5 mil hectáreas de masas de Castanea spp. e Betula spp., así como máis de 17 mil hectáreas de repoboacións novas de frondosas autóctonas e preto de 27 mil hectáreas de bosques de ribeira.

A pesar destas cifras favorables que indican unha progresiva expansión de frondosas autóctonas nas últimas décadas, a razón que explica de xeito maioritario a dita expansión débese a procesos de colonización natural en terreos agrícolas abandonados ou en terreos forestais que se queimaban reiteradamente, máis que a un obxectivo planificado. Apréciase, por tanto, unha carencia importante de xestión activa destas formacións, polo que o fomento e posta en valor das masas de frondosas é unha materia pendente da política forestal galega. Unha xestión activa permitiría non só obter produtos directos, senón asegurar os importantes servizos ambientais que as formacións autóctonas proporcionan.

Obxecto.

As medidas teñen por obxecto incentivar actuacións de axuda á rexeneración natural de frondosas caducifolias, así como da aplicación dunha silvicultura activa que favoreza a recuperación das masas existentes, considerando as plantacións de enriquecemento como medida de valorización. Preténdese, así mesmo, dinamizar as actuacións de conservación e xestión sustentable dos bosques de ribeira.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

Programa de fomento de silvicultura en masas de frondosas autóctonas. O programa apoiarase en distintos incentivos dirixidos a aplicar actuacións de axuda á rexeneración natural, podas en bastíos ou desbastes en formacións de frondosas. Como contexto xeral debe indicarse que, de acordo coa lexislación forestal e ambiental vixente, en determinadas situacións estas especies son as únicas permitidas. O programa pretende, con todo, ir máis aló da simple consideración de distancias, fomentando a xestión activa das formacións de frondosas autóctonas.

O programa deberá basearse nos contratos de xestión pública que estableza a Administración forestal, en axudas directas derivadas do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR), no fomento de acordos de custodia do territorio, en medidas fiscais, no establecemento de créditos bonificados, na canalización de investimentos a través de liñas de mecenado ou nos propios desenvolvementos de fórmulas de xestión e agrupación que se tratan en III.1.

O programa debe estar en consonancia co desenvolvemento do Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Caducifolias (instrumento I.1.2) e co Rexistro Voluntario de Silvicultores Activos. Debe considerarse, así mesmo, a relevancia deste programa para favorecer o cumprimento do requisito de reserva de superficie de conservación nos sistemas de certificación forestal e nas estratexias de biodiversidade (actualmente protección do 30 % da superficie e protección estrita do 10 %).

As actuacións promovidas por este programa deben favorecer, segundo o disposto na lexislación estatal e autonómica, o establecemento e conservación de corredores verdes como corredores de diversidade biolóxica e tamén se poderán empregar sobre as redes de faixas secundarias preventivas ante incendios forestais (coroas periurbanas, aldeas modelo, marxes de transporte viario e enerxético) ou puntos estratéxicos de xestión preventiva. O programa resulta tamén relevante como instrumento para adecuar, desde o punto de vista paisaxístico e de mellora da biodiversidade, a contorna dos Camiños de Santiago.

O programa debería centrarse nos tratamentos en zonas forestais onde xa de por si se producen episodios de rexeneración natural de frondosas, aínda que é recomendable incluír a posibilidade de plantacións de enriquecemento, que permitan plantar pés de especies valiosas (IV.2.3.) e correspondentes a materiais mellorados, de categoría cualificada ou controlada, en consonancia cos desenvolvementos que se obteñan do instrumento I.3.1. Así mesmo, o programa debe facilitar a plantación de especies do anexo I da Lei 7/2012 nos plans e proxectos de restauración e repoboación mantendo as distancias recollidas na normativa de aplicación, fomentando a certificación da xestión forestal que posteriormente se aplique a esas formacións. Debe considerarse que o programa de fomento do castiñeiro xa se recolle no instrumento IV.1.2.

A segunda liña de actuación deste instrumento sería a conservación activa e dinamización da xestión dos bosques de ribeira. Atribuirase aos bosques de ribeira o papel de formacións forestais prioritarias e de especial interese natural. Evitarase activamente a eliminación do bosque de ribeira e a intrusión de especies exóticas invasoras na ribeira e na zona de servidume e policía. Por outra banda, aplicaranse medidas de restauración hidrolóxico-forestal, con especial fincapé na mellora dos bosques de ribeira naquelas bacías e treitos fluviais con síntomas de degradación ecolóxica por arrastre de sedimentos, contaminación de augas, incendios forestais ou presenza de especies exóticas.

Nestes ecosistemas de ribeira, nas plantacións de enriquecemento empregaranse pés de especies idóneas e aptas priorizando o criterio ecolóxico para que as plantacións nas zonas de servidume teñan como finalidade principal a restauración ambiental, tal como sinala a lexislación de augas, paisaxe e patrimonio natural, baseando o dito criterio no seu importante papel na protección do dominio público hidráulico, como corredores ecolóxicos, por representar hábitats de interese comunitario (3260, 3270, 91E0*, 91F0, 92A0) e como elementos conformadores da paisaxe.

Debe evitarse tamén a incidencia de tratamentos silvícolas e plantacións sobre zonas húmidas e hábitats de interese comunitario que poden estar asociados ás ribeiras, nacentes e zonas de asolagamento, en especial os de carácter prioritario como son os queirogais húmidos (4020*), diversos tipos de turbeiras e medios higrófilos (7110*, 7130*, 7210*, 7220*, 91D0*), as turbeiras de cobertoira (7130*) xunto cos bosques aluviais (91E0*).

Un mecanismo esencial destes desenvolvementos serán os modelos silvícolas específicos para bosques de ribeira, que definan as actuacións sustentables de aproveitamento que os propietarios forestais poidan abordar. Esta liña debe considerarse como unha medida de compensación ás restricións de uso establecidas pola lexislación vixente, que reserva dúas franxas de 15 m a ambos os dous lados da canle ás especies do anexo I da Lei 7/2012. A iniciativa debe compatibilizarse co propio programa de fomento de silvicultura de frondosas antes indicado, por exemplo mediante a aplicación de axudas específicas a silvicultores activos que se acollan a este modelo silvícola.

O obxectivo esencial do modelo é fomentar un aproveitamento sustentable, baseando a rexeneración nas propias especies naturais de ribeira, asegurando o cumprimento do código de boas prácticas forestais. Doutra banda, debe estudarse a simplificación de trámites administrativos ligados á xestión e aproveitamento destas masas.

Tamén se poderían considerar medidas e accións de conservación e mellora de especies e formacións forestais de especial interese natural, singulares, regresivas ou relictas, para o que previamente se require realizar un inventario deste tipo de formacións forestais de especial interese natural, ben por seren singulares ou raras, especies relictas restrinxidas a redutos, ou ben por se tratar de formacións forestais con especies de frondosas autóctonas en estado de regresión.

Indicadores de seguimento (por quinquenios).

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.1.1.

Superficie tratada con intervencións recollidas no Programa de fomento da silvicultura de frondosas (incluídos os bosques de ribeira)

P

Sup. (ha)

5.000

10.000

15.000

20.000

Q

5.000

5.000

5.000

5.000

I.1.1.

Superficie de bosques de ribeira que se acollen ao modelo silvícola que se desenvolva

P

Sup. (ha)

5.000

10.000

15.000

20.000

Q

5.000

5.000

5.000

5.000

I.1.1.

Superficie total ocupada por frondosas autóctonas, segundo se desprenda do Sistema de inventario forestal galego anualmente

P

Sup. (ha)

415.000

415.000

420.000

425.000

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio.

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D6, D7 e D9. Indirecta con D38.

• Relación directa con RD26, RD89 e RD91. Indirecta con RD28.

• ODS15, metas 15.1 e 15.2.

• Esta medida ten unha clara aliñación coa Estratexia galega da paisaxe.

• Relación con outros programas/instrumentos: I.1.2., I.3.1., III.1, III.6, IV.1.2., IV.2.3.

I.1.2. Desenvolvemento regulamentario do Rexistro Administrativo de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

Antecedentes e xustificación.

O artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, crea o Sistema rexistral forestal de Galicia, como rexistro administrativo de consulta pública adscrito á consellería competente en materia forestal, en que se inscribirán, como seccións diferenciadas, o conxunto de datos pertencentes a diferentes rexistros, entre eles na súa alínea m) o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

Obxecto.

Trátase dunha medida regulamentaria que ten por obxecto desenvolver o Rexistro Público Administrativo de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, de conformidade co disposto no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Descrición e criterios de aplicación da medida lexislativa.

O proceso comportará unha primeira fase de inventariación das masas de frondosas existentes para, a continuación, sinalar aquelas que cumpran as condicións para incluírse no rexistro, ao contaren cunha superficie en couto redondo de, polo menos, 15 ha e unha idade media de, polo menos, 20 anos, de acordo coa normativa vixente.

A norma debe promulgarse de forma que permita a definición de masas consolidadas de frondosas autóctonas para a súa consideración como tales, así como os dereitos e obrigas dos seus titulares. Outra das súas epígrafes serían as posibles medidas de fomento, onde se atoparía a prioridade para percibir axudas públicas, sempre que dispuxesen de instrumento de ordenación ou xestión forestal, así como a preferencia para subscribir contratos de xestión pública coa Administración forestal, para finalmente promover incentivos fiscais e posibilitar a entrada de investimento privado a través do mecenado. Estas medidas estarán en consonancia co programa de fomento da xestión activa de frondosas autóctonas que se indicou na epígrafe I.1.1.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.1.2.

Desenvolvemento regulamentario do Rexistro Público Administrativo de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

Aprobado

I.1.2.

Inventariación de masas de frondosas que cumpran os requisitos para a súa inclusión no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

Realizado

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D14 e D98.

• Relación directa con RD8.

• ODS15, metas 15.1 e 15.2.

• Relación con outros programas/instrumentos: I.1.1, IV.2.3.

I.1.3. Programa de actuación e iniciativas que contribúan a controlar a superficie dedicada a eucalipto.

Antecedentes e xustificación.

O modelo de monte establecido polo PFG de 1992 prevía acadar unha superficie de eucaliptais monoespecíficos de 245,6 mil hectáreas en 40 anos. Os datos recollidos no IFN4 indican a presenza de eucalipto en 288 mil ha de masas puras e 146 mil ha mesturado en maior ou menor proporción con outras especies, en particular coníferas (124,5 mil ha de masas mixtas de Pinus pinaster e Eucalyptus spp., así como 21,5 mil ha de Quercus robur con Eucalyptus spp.). As cifras provisionais dispostas no Inventario forestal de especies produtivas do norte peninsular (en diante, IFNP), con datos de campo obtidos en 2018, indican a presenza de 300,5 mil ha de eucaliptais puros e, adicionalmente, 121,7 mil ha onde, de forma mesturada, se detectou a presenza de eucaliptos. Esa cifra global proporcionada polo IFNP (422,2 mil ha) será a que se tome como referencia inicial para os indicadores de taxas de cambio achegados nesta medida.

Mentres, o resultado de diversos estudos técnicos e científicos conclúen que a delimitación das masas nos mapas forestais actuais, provenientes dos datos dos diversos IFN, é significativamente imprecisa para Galicia, debido á súa estrutura de propiedade, á metodoloxía e escala empregadas, e á periodicidade da súa medición. É indispensable dispor dun inventario forestal galego (ver eixe V) continuo e acaído á realidade do monte en Galicia, de xeito tal que, se a nova información estatística indicase unha situación da ocupación dos terreos forestais polo eucalipto moi diferente ao que indican os actuais IFN/IFNP, sería necesario revisar, no primeiro quinquenio, os obxectivos e metas previstos nestas medidas propostas.

O incremento progresivo que se observa nas superficies ocupadas polo xénero Eucalyptus, que debe constatarse e monitorizarse de xeito continuo, supón, así mesmo, unha posible modificación futura nas existencias de madeira que se porán no mercado, con risco de desequilibrios no abastecemento de sectores industriais forestais galegos. Resulta, polo tanto, necesario establecer un plan estratéxico de produción industrial madeireira que desagregue, segundo superficies e volumes, as necesidades para as principais formacións arborizadas de Galicia (medida IV.3.1.).

O diagnóstico do monte e do sector forestal asociado, realizado polo GT creado no Consello Forestal de Galicia para a 1ª revisión do PFG, indica que a superficie ocupada polas plantacións de eucaliptos non debe seguir aumentando e conclúe que deberían establecerse criterios técnicos e normas para limitar a súa expansión.

Obxecto.

O presente instrumento de execución pretende establecer programas de actuación e iniciativas que contribúan a frear a expansión das especies do xénero Eucalyptus, cumprindo a directriz de revisión do PFG, que establecía como obxectivo o mantemento ou mesmo a redución da ocupación da superficie forestal por estas especies. As medidas están en consonancia cun obxectivo global de priorización da mellora da xestión e produtividade das masas existentes, antes que a expansión da superficie ocupada.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

Dúas son as principais especies de eucaliptos presentes en Galicia: Eucalyptus globulus está representada actualmente en zonas costeiras debido aos seus requirimentos climáticos e Eucalyptus nitens difundiuse en áreas do centro e norte de Galicia mediante plantacións, debido á súa resistencia á xeada, rapidez de crecemento e relativa resistencia a pragas e enfermidades. A limitación da expansión da superficie de monte con presenza de eucaliptos podería conseguirse a través das seguintes iniciativas e programas:

1. Realizar unha suspensión temporal con rango de Lei das novas plantacións de eucalipto ligada aos datos que proveñan do Inventario forestal continuo de Galicia (medida V.1.1), ao plan estratéxico de produción de madeira industrial (IV.3.1.) e á revisión do PFG ao final do primeiro quinquenio (31.12.2025). A suspensión resultaría unha medida preventiva de novos incrementos de superficie por plantación en áreas onde legalmente resulta posible. Debe entenderse que a suspensión non afectaría a reforestación de áreas previamente ocupadas por especies do xénero e que no seu día se plantaron de acordo coa legalidade.

2. Reforzar os recursos de control administrativo co fin de incrementar os esforzos no cumprimento das limitacións e restricións ás novas plantacións ou á presenza de eucaliptos (distancias) recollidas na normativa vixente sobre montes, incendios forestais e conservación da natureza, entre outras.

3. Aplicación dun programa de transformación de eucaliptais degradados. As formacións obxectivo son eucaliptais de baixa produtividade e en estado de abandono, cunha elevada carga de combustible na hectárea, especialmente aquelas formacións que se atopan en determinadas zonas (PAAI) onde son reiteradamente obxecto de actividade incendiaria, o que orixina adicionalmente episodios de rexeneración intensa postincendio. Este programa tamén priorizará a transformación de terreos nos cales estas plantacións se teñan realizado sobre hábitats naturais de interese comunitario prioritarios, como os bosques aluviais, queirogais húmidos e as turbeiras. Potenciaríanse as replantacións ou a axuda á rexeneración natural, promovendo, en especial, a transformación a piñeiral, preferentemente de Pinus pinaster naquelas parcelas de obxectivo produtor.

4. Facilitar administrativamente os procesos de aproveitamento de eucalipto en áreas de ribeira ou zonas onde estas especies deban retirarse en aplicación da lexislación vixente, garantindo que se respecte o subsolo ou rexenerado de frondosas autóctonas. Poderían establecerse pregos de condicións que deben cumprir os propietarios e deseñarse os procedementos administrativos abreviados que se consideren necesarios, sempre en coordinación cos organismos xestores de bacías hidrográficas onde existe presenza deste xénero (Augas de Galicia, Confederación Miño-Sil, Confederación do Cantábrico).

Considérase que as medidas establecidas non terán repercusión negativa na capacidade de abastecemento da industria pasteira, de fibra vexetal, de taboleiro, serradora ou chapa de madeira destas especies, por canto as superficies para transformar se corresponden con áreas degradadas de escasa produción actual.

Ademais dos criterios e medidas expostas, deberanse ter en conta as recomendacións derivadas do Ditame do Parlamento de Galicia (RD14):

• Manter a eliminación de todas as axudas á forestación ou reforestación de todas as especies de eucalipto en calquera fase do ciclo produtivo.

• Manter a prohibición de plantación de eucalipto en terras agrícolas ou en montes poboados con frondosas autóctonas e incrementar a inspección e control destas normas.

• Incorporar á normativa a limitación de plantación de eucaliptos en áreas de piñeiro, en función dos plans de ordenación dos recursos forestais.

• Manter a prohibición de plantación de eucalipto nas faixas próximas aos cursos de auga e aos núcleos de poboación.

• Manter a prohibición da plantación de eucaliptos en zonas de Rede Natura e outros espazos protexidos e manter o plan de substitución das superficies nun prazo non superior aos dez anos.

• Prohibir o aumento de superficie de eucaliptos nos montes de utilidade pública e de xestión pública.

• Establecer límites á proporción de eucaliptos no conxunto das novas plantacións nos plans de ordenación dos recursos forestais, de maneira que se garanta a diversidade de especies nas plantacións.

• En función dos resultados da información estatística sobre ocupación de eucalipto, estas medidas poderán ser complementadas con outras.

Debe considerarse a limitación das plantacións en certas zonas do interior por encima de determinada cota de altitude, ou limitar a súa presenza sobre todo en zonas de alta actividade incendiaria (PAAI), principalmente en zonas con prolongados períodos de aridez ou con orientacións cara a ventos que entrañan habitualmente un elevado risco de incendio, onde se poden ampliar as distancias a zonas sensibles periurbanas ou próximas a determinadas liñas de transporte.

Outro ámbito onde resultaría interesante reducir a ocupación de eucaliptos atópase nas masas mixtas en que aparece en mestura con piñeiros do país (Pinus pinaster) mediante tratamentos silvícolas que favorezan este último como especie dominante.

Finalmente, considérase que o obxectivo establecido para que ao final do cuarto quinquenio (2036-2040) a superficie total teña diminuído ata un 5 % da superficie actual debe ser un mínimo de partida que cómpre revisar dun xeito máis ambicioso ao abeiro dos datos fornecidos polo Inventario forestal continuo de Galicia (medida V.1.1) e a elaboración dos plans de ordenación dos recursos forestais (PORF-medida VI.1.2), e para iso terase en conta:

• A superficie total ocupada polas plantacións e a demanda do recurso (medida IV.3.1).

• As características, os valores e as aptitudes para outros usos dos terreos ocupados por plantacións deste xénero.

• As superficies de hábitats naturais, hábitats de especies protexidas e de espazos naturais protexidos alteradas e con posibilidades de recuperación. En especial, as zonas húmidas tales como brañas, breixeiras e turbeiras, así como masas de bosque autóctono transformado nos últimos anos.

• As necesidades de establecer bosques e formacións cun papel máis protector do solo e do ciclo hídrico (medida II.1.1).

• A adaptación ao cambio climático e a prevención do risco de incendio forestal, considerando a necesidade de crear descontinuidades con masas de frondosas autóctonas (medida I.1.1) e zonas de uso silvopastoral (medida IV.1.1).

• Desenvolvemento da estratexia galega de infraestrutura verde (medida I.1.6).

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.1.3.

Superficie tratada mediante o programa de transformación de eucaliptais degradados

P

Sup. (ha)

5.000

10.000

15.000

20.000

Q

5.000

5.000

5.000

5.000

I.1.3.

Porcentaxe de variación da superficie con presenza de eucalipto derivada do Inventario forestal continuo de Galicia (IFCG), respecto de superficie segundo o IFNP.

P

 % Sup. ocupación

Subida< 3 %

Redución de polo menos 4 %

Redución do 5 %

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D5.

• Relación directa con RD14.

• ODS15, meta 15.3. ODS 6, meta 6.6.

I.1.4. Medidas de fomento e directrices para conservación e mellora da biodiversidade.

Antecedentes e xustificación.

Dada a relevancia superficial dos terreos de monte en Galicia, o PFG debe establecer obxectivos relacionados coa conservación da diversidade biolóxica, tanto nos espazos protexidos como no resto de áreas forestais, en consonancia co establecido no Plan estratéxico estatal do patrimonio natural e a biodiversidade. Os obxectivos que se establezan deben estar en consonancia coas políticas autonómicas en materia de conservación da natureza, competencias asumidas no momento presente pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

A necesidade de conseguir congruencias na lexislación e os condicionantes de xestión que se establecen aos propietarios de predios rurais compréndese se se considera que do total de superficie actualmente na Rede Natura 2000 (389.566 ha), un total de 307.389 ha (79 %) corresponde a terreos forestais. Un obxectivo relevante é a conservación dos bosques maduros ou de elevada naturalidade, cuxa superficie se reduciu moito no último século en toda España. Outro obxectivo esencial sería manter a presenza dun certo número de árbores vellas e grosas no monte (old growth forests), o que favorece a presenza de hábitats favorables para un amplo rango de organismos. Por último, o control de especies invasoras é outro alicerce esencial para a conservación da biodiversidade.

Pero os obxectivos de mellora da biodiversidade deben aplicarse tamén a espazos fóra da Rede Natura 2000, xa que está constatado que a mellora da diversidade arbórea e arbustiva nun monte beneficia o substrato nutritivo da cobertura forestal, favorecendo o crecemento e desenvolvemento de calquera masa forestal, mesmo cando se trate de especies arbóreas produtivas dominantes. A presenza de especies arbóreas e de sotobosque, se excluímos o mato heliófilo, non prexudica o crecemento das especies arbóreas produtivas dominantes pois apenas supoñen unha competencia aérea nin radical significativa, incluso a maior diversidade de restos orgánicos favorece a presenza variada de nutrientes no solo, o que tamén favorece toda a cobertura forestal e, en particular, as especies arbóreas produtivas dominantes.

Así, unha presenza de árbores extramaduras ou extracortables no monte, reservadas en tratamentos silvícolas e aproveitamentos finais, favorece a biodiversidade do bosque, así como a presenza de madeira morta en cantidades non excesivas como para ser foco de axentes patóxenos que poidan provocar pragas ou enfermidades forestais no monte ou riscos non asumibles en áreas de alta actividade incendiaria (PAAI), en consonancia cos criterios e parámetros paneuropeos de xestión forestal sustentable.

Isto significa que nos montes que teñan unha finalidade parcial ou exclusiva de carácter produtivo tamén é necesario considerar a conservación e mellora da biodiversidade forestal mediante plantación ou tratamentos silvícolas adecuados, e con maior motivo aínda cando se trate de hábitats ou espazos forestais protexidos.

O principio de sustentabilidade que debe rexer calquera manexo do monte, referido á persistencia sostida dos recursos naturais renovables que alberga, mantendo a súa capacidade de renovación, comprende tamén outros criterios de multifuncionalidade e de biodiversidade aplicables ao conxunto do monte como ecosistema complexo e dinámico.

O ámbito da conservación e fomento da biodiversidade é no que se detectou unha maior polarización de opinións no proceso de elaboración de directrices para a revisión do PFG. Este feito pode derivar dunha compartimentación excesiva das funcións atribuídas aos montes e, por tanto, da falta de compatibilización entre as funcións produtivas, protectoras e de conservación destes. Para facilitar este proceso resultará acaído harmonizar as lexislacións sectoriais e traballar no ámbito das compensacións polas restricións ambientais.

Non convén esquecer que case o 80 % da superficie protexida en Galicia corresponde a terreos forestais que responden á natureza legal de monte ou terreo forestal e que requiren unha silvicultura que asegure a súa conservación, mellora e rexeneración natural para garantir a súa persistencia sostida nun bo estado de saúde, de adaptación ao medio natural, e sen exceso de acumulación de combustible vexetal que incremente o risco de incendio forestal.

Obxecto.

Esta medida ten por obxecto establecer medidas de fomento para a conservación e mellora da diversidade en áreas forestais, así como proporcionar directrices e criterios técnicos de ordenación e xestión forestal sustentable para a conservación activa de espazos forestais protexidos, ademais de establecer un programa de control de especies invasoras.

Descrición e criterios de aplicación das medidas e directrices.

A aplicación do criterio de converxencia multifuncional dos sistemas forestais, polo que as súas múltiples funcións e prestacións non son necesariamente excluíntes entre si, implica que, salvo en certas áreas forestais dun espazo natural protexido onde poden existir algunhas incompatibilidades cos obxectivos prioritarios de conservación, en principio non debe haber funcións, obxectivos ou usos excluíntes entre si, de maneira que se pode ordenar por zonas o réxime de usos dun espazo forestal (zonificación) definindo prioridades, compatibilidades e graos de subordinación en cada zona. Trátase dunha cuestión de ordenación do territorio.

1. Programa de conservación da biodiversidade en montes produtivos. Preténdense establecer medidas de fomento para a inclusión de frondosas autóctonas en repoboacións, mesmo en plantacións con fins produtivos. Elaborarase ademais un manual de boas prácticas forestais para a conservación da biodiversidade en montes produtivos: a silvicultura consiste en tratamentos da cobertura forestal que garantan a súa persistencia sustentable procurando a súa conservación, mellora (incluída biodiversidade) e rexeneración natural.

Darase unha especial relevancia á conservación de hábitats de interese comunitario ou hábitats prioritarios que se sitúen en montes fóra da Rede Natura 2000 e que, aínda ocupando pouca superficie, resulten relevantes para a súa conservación ou mesmo restauración. Estableceranse medidas de fomento para actuacións de restauración ou conservación dos devanditos hábitats.

2. Directrices de ordenación e xestión forestal sustentable para a conservación activa de espazos forestais protexidos: trátase de montes ou terreos forestais incluídos en áreas protexidas con obxectivos prioritarios de conservación onde alternativas de xestión para a conservación poden ser aplicables. Neste sentido, o modelo de silvicultura próxima á natureza (close to nature forestry) é unha referencia que hai que considerar, debendo deseñarse e incluírse como tal un modelo silvícola (MS) ao cal poder adherirse nos instrumentos de ordenación e xestión forestal (IOXF).

Para a súa propia supervivencia e resiliencia non se pode rexer o monte protexido cunha conservación pasiva que o abandone á súa sorte sen unha adecuada ordenación e xestión forestal sustentable que permita o exercicio dunha conservación activa e organice unha silvicultura de conservación, mellora e rexeneración natural da cobertura forestal, así como os aproveitamentos dos recursos forestais. Deberá responderse con todo a cando (fóra da época de reprodución de fauna protexida ou de risco de incendios), onde (restricións en zonas sensibles ou áreas críticas de maior valor) e como (silvicultura adaptativa próxima á natureza), en todo caso subordinados ou limitados sempre que sexan compatibles cos obxectivos prioritarios de conservación de ecosistemas forestais sometidos a un réxime especial de protección.

3. Programa de control de vexetación invasora: o programa oriéntase a actuacións de control ou contención fronte á expansión de vexetación invasora, en particular as formacións de Acacia dealbata e Acacia melanoxylon. Dada a práctica imposibilidade de erradicación das manchas de invasión pura, a estratexia máis razoable pasa por unha xestión tendente ao seu control superficial, compatible co aproveitamento enerxético. As accións irán dirixidas con preferencia aos distritos forestais de maior presenza, pero tamén a aqueles en que a presenza é puntual e nos cales a erradicación pode ser un obxectivo formulable.

Este programa establecerá os procedementos de traballo e colaboración, entre os diferentes departamentos da Xunta de Galicia con competencias, co fin de incorporar as necesarias medidas de prevención fronte ás novas invasións (evitar movementos de terras, depósitos de restos vexetais de xardinaría, etc.), así como aquelas medidas dirixidas á detección e erradicación temperá.

As actuacións neste caso só terán eficacia a medio prazo, conseguindo a substitución progresiva das zonas invadidas por especies naturais, para o que se require evitar episodios involutivos que provoquen regresións a estadios iniciais de colonización vexetal (como os que producen os incendios forestais).

O programa refírese a especies invasoras en terreos forestais e debe estar en coordinación con medidas xerais como o Plan estratéxico de especies exóticas invasoras de Galicia (consellería competente en materia de ambiente). En particular, para terreos de monte deberase extremar a vixilancia sobre as seguintes especies de capacidade invasora evidente: Cortaderia selloana (plumeiro ou herba da Pampa), Hakea sericea, Acacia mearnsii, Acacia longifolia, Paraserianthes lophantha ou Helichrysum petiolare. Neste sentido, o Inventario forestal continuo de Galicia (medida V.1.1) pode ser unha oportunidade para detectar os focos existentes. Así mesmo, é importante a coordinación cos organismos de bacía e coa Dirección Xeral de Patrimonio Natural no que se refire ás medidas adecuadas de control/erradicación en espazos naturais protexidos e no dominio público hidráulico.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.1.4.

Manual de boas prácticas forestais para a conservación da biodiversidade en montes produtivos

Elaborado

I.1.4.

Directrices de ordenación e xestión forestal sustentable para a conservación activa de espazos forestais protexidos

Elaborado

I.1.4.

Fomento da conservación e mellora da diversidade arbórea en montes produtivos: hábitats fóra da Rede Natura 2000 e inclusión de frondosas en repoboacións produtoras

P

100 k€

200 k€

300 k€

Q

100 k€

100 k€

100 k€

I.1.4

Superficie tratada no marco do Programa de control de vexetación invasora

P

Sup. (ha)

250

500

750

1.000

Q

250

250

250

250

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D8, D20 e D21. Parcial con D19.

• Relación directa con RD27, RD28 e RD29.

• ODS15, metas 15.4 e 15.8.

I.1.5. Medidas de fomento da multifuncionalidade e doutros valores do monte.

Antecedentes e xustificación.

Os montes son capaces de proporcionar múltiples bens e servizos de modo simultáneo pois teñen un carácter protector (solo e auga), desempeñan funcións ecolóxicas e prestan servizos ecosistémicos e ambientais esenciais para a vida silvestre e humana, á vez que desempeñan funcións sociais, económicas e produtivas que poden proporcionar servizos e beneficios socioeconómicos, procurando actividades produtivas que xeran emprego inducido e cumprindo o seu rol ancestral como provedores de materias primas procedentes de recursos naturais renovables, sen prexuízo da prestación dos seus servizos ambientais e sociais.

Os montes desempeñan, por tanto, diversas funcións transcendentes que lles son inherentes, é dicir, cumpren simultaneamente múltiples obxectivos ecolóxicos, sociais e económicos que lles son propios pola súa natureza e que converxen en todos os espazos forestais, de acordo co criterio de converxencia multifuncional que indica que os múltiples bens e servizos ambientais, económicos e sociais que os montes proporcionan «non son necesariamente excluíntes entre si, á marxe da prevalencia dalgúns deles sobre os demais».

Varios produtos do monte englóbanse entre os «non madeireiros», incluídos algúns con notable relevancia en Galicia. Tal é o caso da castaña, os cogomelos, a cortiza, a resina, o mel, froitos, plantas aromáticas e medicinais. Para moitos deles resulta notable a carencia de informacións estatísticas da produción e relevancia económica, ben que se coñece que nalgunhas comarcas esas producións teñen unha relevancia notable e comparable coa actividade madeireira.

Obxecto.

Esta medida ten por obxecto o fomento da multifuncionalidade do monte, aplicándose con preferencia en montes veciñais en man común e montes públicos e de xestión pública, ademais de montes de xestión conxunta. Preténdese, así mesmo, establecer documentos de planificación estratéxica referentes a producións non madeireiras, salvo no caso da castaña, que se inclúe na medida IV.1.2.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

Como punto de partida en canto a actuacións que se levarán a cabo, débense establecer documentos de planificación estratéxica das seguintes producións forestais: cogomelos, cortiza, resina, mel, froitos, plantas aromáticas e medicinais e outros produtos non madeireiros que se considere conveniente incluír. Os documentos serán específicos de determinados produtos ou abranguerán varios que estean relacionados e deberán detallar:

• Situación actual do aproveitamento e producións obtidas, con determinación das superficies sobre as que se realizan.

• Características dos produtos obtidos e canles actuais de comercialización.

• Cantidades e características, de produtos non madeireiros que o monte galego debe subministrar.

• Potenciación da transformación local dos produtos forestais non madeireiros.

Preténdese proporcionar medidas de fomento que promovan a diversificación de usos e actividades dos espazos forestais. Aplicaríanse, preferentemente, en montes veciñais en man común, así como en montes públicos e de xestión pública e naqueles en que se consiga unha xestión conxunta en aplicación do instrumento de execución III.1.2.

Debe considerarse que outros instrumentos de execución afectan distintos ámbitos que redundarían na multifuncionalidade (pastos extensivos, sistemas silvopastorais, castaña e outros produtos directos, servizos ecosistémicos e outros servizos ambientais). Céntrase, por tanto, o presente instrumento en produtos e valores do monte non recollidos no resto de instrumentos: produtos forestais non madeireiros e conservación dos elementos naturais e patrimoniais presentes nos montes e que presentan un valor intrínseco importante.

Débense procurar incentivos financeiros e paquetes de axudas públicas que, de forma automática. favorezan a multifuncionalidade do monte mediante a mobilización de diversos recursos. Poderanse conceder axudas públicas para financiar os custos de plantación e mantemento de especies arbóreas, arbustivas e/ou herbáceas que permitan diversos usos en porcentaxe da superficie subvencionable:

1. Actuacións de fomento e investigación (I+D+i) sobre aproveitamentos micolóxicos, mel, plantas aromáticas e medicinais, froitos silvestres e outros produtos non madeirables. Desenvolvementos adicionais sobre compatibilización de aproveitamento resineiro e madeireiro en piñeirais. Extensión e divulgación de resultados. Axuda e asesoramento en implantación de iniciativas ligadas á recuperación de paisaxes en mosaico e á reincorporación ao medio rural. Establecerase polo menos un monte modelo en cada provincia que comporte unha xestión que priorice a multifuncionalidade e cuxa xestión recaia na Administración forestal.

2. Programa de conservación de elementos naturais e patrimoniais en montes. Refírese á conservación de elementos naturais relevantes (árbores senlleiras, paisaxes protexidas) ou patrimoniais (castros, mámoas, petróglifos, arquitectura civil, relixiosa, etc.) mediante intervencións que supoñan cortas de árbores, rozas, sinalización (balizamento) ou replantación de frondosas autóctonas na contorna dos elementos. O programa debe desenvolverse en contacto directo cos departamentos competentes en materia de patrimonio e en colaboración con mancomunidades de montes e concellos.

Trátase de diversificar usos e procurar actividades económicas produtivas en terreos forestais que permitan xerar rendas e emprego rural, mobilizando terreos de diferentes usos do solo en mosaico, favorecendo a diversidade e alternancia de formacións, usos do solo e da paisaxe e reducindo o risco de propagación de incendios forestais. Así mesmo, estas actuacións favorecerán a recuperación da paisaxe en mosaico tan característica do noso medio rural.

A aplicación destes paquetes de medidas que diversifican os usos do solo é máis factible en terreos forestais con dimensións suficientes para iso. Estes terreos tamén poderán ter acceso a subvencións para a agricultura ecolóxica, de maneira que o conxunto da propiedade rústica, colectiva ou agrupada, poida destinarse a múltiples actividades agroforestais onde convivan usos agrogandeiros e forestais.

Así mesmo, será conveniente promover o uso e aproveitamento de recursos forestais non madeirables en mouteiras para a obtención de froitos (castañas, piñóns e noces, entre outros) e plantas silvestres aromáticas, melíferas ou medicinais, mesmo cultivos agroforestais de oliveira en terreos de monte, que poden ocupar determinadas zonas de Galicia.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.1.5.

Investimentos en I+D+i sobre aproveitamentos non madeireiros e iniciativas ligadas a aproveitamentos de mel, plantas aromáticas e medicinais ou froitos silvestres

P

100 k€

200 k€

300 k€

400 k€

Q

100 k€

100 k€

100 k€

100 k€

I.1.5.

Documentos estratéxicos de planificación para os principais produtos forestais non madeireiros

Elaborado

I.1.5.

Establecemento de catro montes modelo (un por provincia) con xestión pública orientada á multifuncionalidade

Realizado

I.1.5.

Número de montes en que se aplicou o programa de conservación de elementos naturais e patrimonio arqueolóxico

P

Ud.

20

40

60

Q

20

20

20

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D16, D50, D53, D57 e D82. Indirecta con D110.

• Relación directa con RD107.

• ODS2, meta 2.4 e ODS11, meta 11.4.

• Relación con outros programas/instrumentos: III.1.2.

I.1.6. Ordenación do uso sociorrecreativo en montes periurbanos.

Antecedentes e xustificación.

As demandas da poboación sobre o medio forestal e o medio natural, en canto á cobertura das súas variadas actividades de lecer e ocio, expoñen a necesidade de ordenar o uso social dos montes ou terreos forestais. A presión poboacional sobre o monte e os seus recursos increméntase paulatinamente na procura de maiores zonas para o ocio, lecer, desenvolvemento de múltiples actividades, etc. Tendo en conta que un dos principios inspiradores da 1ª revisión do Plan consistirá en poñer en valor a multifuncionalidade dos montes, é ineludible o fomento das súas funcións sociais e recreativas.

Tal e como establece o artigo 5.2 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, os montes desenvolven unha función social relevante nos termos do artigo 4 da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes. Neste sentido, o artigo 5.3 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, expón que a consellería competente en materia forestal promoverá a dispoñibilidade de montes ou terreos forestais para fins sociais, educativos, ambientais e recreativos, compatibilizados coa potencialidade e utilización forestal destes.

No seu artigo 58.2, a Lei galega de montes define actividade forestal como toda acción material relativa á conservación, mellora e aproveitamento dos montes –tanto madeireiros como non madeireiros–, pastos, caza, cogomelos, aromáticas, froitos etc., así como a subministración de servizos como o sociorrecreativo, paisaxe, protección dos recursos hídricos, o aire e o solo e a cultura e o coñecemento forestal.

Dentro do abano de posibles montes provedores de servizos sociorrecreativos, a Administración forestal e os propietarios poderán fomentar a creación e mellora de montes periurbanos para fins sociais e educativos, e regularán o seu desfrute baixo o principio do respecto ao medio natural (artigo 88.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño). Os montes periurbanos defínense como montes próximos a zonas urbanas e habilitados para o uso sociorrecreativo en canto a accesibilidade, existencia de infraestruturas e, en xeral, accións e dotacións que aumenten a súa capacidade de acollida para reducir a presión da poboación sobre o resto de ecosistemas forestais (artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño).

A partir de xuño de 2013, a UE adoptou unha estratexia de fomento de infraestruturas verdes, entendida como unha rede de zonas naturais e seminaturais e doutros elementos ambientais, planificada de forma estratéxica, deseñada e xestionada para a prestación dunha extensa gama de servizos ecosistémicos. Estas redes incorporan espazos verdes e outros elementos físicos de espazos terrestres nas contornas de núcleos rurais e urbanos.

Seguindo os puntos anteriores, esta medida promoverá a elaboración dos instrumentos de ordenación e planificación dos usos turísticos, sociais ou recreativos, dos montes públicos e privados próximos ás contornas urbanas ou incluídos en figuras de protección ambiental, co obxectivo de cubrir as demandas da poboación en canto a estes servizos ambientais prestados ou xerados polos montes.

De xeito complementario, e en coordinación co disposto no eixe V, favoreceranse áreas forestais que poidan estar destinadas a experiencias formativas ou demostrativas.

Obxecto.

Ordenación e regulación de usos e actividades sociorrecreativas que se vaian desenvolver nos diversos montes ou terreos forestais de Galicia en prol da conservación e protección do medio natural. A promoción do uso social ou turístico do monte conseguirase mediante o establecemento dunha rede de infraestruturas verdes en contornas urbanas e en zonas de especial interese paisaxístico.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

Será necesario realizar previamente estudos ou proxectos piloto para coñecer a aptitude e capacidade de carga para usos recreativos de aplicación á ordenación e xestión dos montes ou terreos forestais, diferenciando ou destacando os espazos naturais protexidos. Para iso, definiranse ademais os obxectivos, liñas de acción e contidos mínimos que os devanditos plans ou proxectos de ordenación do uso social deberán cubrir.

Desta forma, permitirase compatibilizar o uso sociorrecreativo dos montes con problemas asociados á ordenación do medio físico e a estabilidade da contorna socioeconómica e ambiental. A ordenación e regulación da actividade turística, social ou recreativa en zonas forestais ou zonas baixo algunha figura de protección ambiental basearase de acordo cos principios de conservación, protección e mantemento da calidade do ecosistema, a súa biodiversidade e sustentabilidade, e compatibilidade coas características da contorna. Estableceranse os criterios, ademais, para a regulación ou tipificación de usos asociados ao uso turístico que xeren rendas directas sobre actividades de carácter privado.

As medidas que se desenvolverán serán:

1. Programa de establecemento dunha rede de infraestruturas verdes en terreos forestais. Estas infraestruturas incluirán os montes periurbanos. As liñas de actuación corresponderán ao establecemento de convenios ou actuacións de fomento para a súa creación, promoción e mantemento por concellos e/ou mancomunidades deles. O programa incluirá a posibilidade de creación de oficio pola Administración forestal cando se trate de montes públicos próximos a núcleos urbanos. Unha liña importante será a elaboración de convenios, axudas e compensacións ás comunidades de montes veciñais en man común e mancomunidades para a súa creación e xestión.

A rede galega de infraestruturas verdes en terreos forestais debe contar cunha xestión activa que supoña o mantemento de estruturas de baixa combustibilidade, como corresponde á súa localización preferente en áreas de interface urbano-forestal. Estas áreas serán óptimas para aplicar sistemas de xestión en que os criterios de deseño e de paisaxe resultarán da maior relevancia. Buscarase nelas unha heteroxeneidade estrutural e o establecemento de mosaicos de vexetación.

Cómpre, ademais, que a xestión destes montes inclúa criterios dirixidos a poñer en valor os servizos ecosistémicos que están a prestar, tales como o fomento da biodiversidade ou a protección aos ciclos da auga e do solo, entre outros.

As actuais áreas recreativas situadas en montes, concepto máis restrinxido que o anterior, incluiranse na anterior rede e procuraranse os seguintes obxectivos nelas:

a) Aumento das actuacións de mantemento nas áreas recreativas situadas en montes xestionados pola Administración.

b) Fomento da subscrición de convenios para o mantemento de áreas recreativas entre os concellos e os titulares dos terreos.

c) Desenvolvemento dun sistema homoxéneo de símbolos e sinais (sinaléctica).

d) Incremento dos labores de vixilancia para evitar actos vandálicos.

e) Establecer criterios sobre os requisitos, instalacións e equipamentos específicos para establecer áreas recreativas incluídas en zonas de alto risco de incendio forestal, segundo a lexislación vixente.

2. Elaboración de instrumentos de ordenación que incorporen a regulación de usos e actividades sociorrecreativas. Estes instrumentos permitirán regular as actividades de tipo turístico, social ou recreativo que poidan desenvolverse en calquera terreo forestal. Incluiranse nesta medida os criterios para autorizacións administrativas deste tipo de actividades, segundo a tipoloxía específica de cada unha delas.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.1.6.

Instrumento de ordenación e planificación dos usos turísticos, sociais ou recreativos

Elaborado

I.1.6.

Superficie de Rede de infraestruturas verdes establecida de acordo co programa.

P

Sup. (ha)

5.000

10.000

20.000

25.000

Q

5.000

5.000

10.000

5.000

I.1.6.

Nivel de mantemento ou investimento na Rede galega de infraestruturas verdes en terreo forestal

P

500 k€

1.000 k€

2.000 k€

2.500 k€

Q

500 k€

500 k€

1.000 k€

500 k€

I.1.6.

Porcentaxe de montes periurbanos con servizos ecosistémicos certificados por calquera sistema de certificación forestal internacionalmente recoñecido

P

%

10

20

40

60

Q

10

10

20

20

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D54, D55 e D57.

• Relación directa con RD30 e RD107.

• ODS11, meta 11.7.

I.2. MITIGACIÓN E ADAPTACIÓN AO CAMBIO CLIMÁTICO E DESENVOLVEMENTO DE ENERXÍAS RENOVABLES.

Obxectivos do instrumento.

Este instrumento de execución pretende desenvolver iniciativas e programas de mitigación e adaptación ao cambio climático para o monte galego co obxectivo de incrementar a súa capacidade de fixación de carbono atmosférico (sumidoiro de carbono), de reducir a súa vulnerabilidade e capacidade de adaptación (resiliencia e resistencia) e de potenciar o emprego de produtos e subprodutos forestais como fontes de enerxía renovable e de produtos ecolóxicos.

Iniciativas e programas de actuación.

O programa articúlase en dúas medidas, unha iniciativa e un programa, que se desenvolven nas seguintes subseccións:

Contribución do monte e do sector forestal galego á mitigación do cambio climático e ao desenvolvemento de enerxías renovables

1. Xestión forestal activa para o incremento da capacidade de fixación de carbono e a resiliencia das masas forestais ao cambio climático.

2. Programa estratéxico de aproveitamento da biomasa forestal.

I.2.1. Xestión forestal activa para o incremento da capacidade de fixación de carbono e a resiliencia das masas forestais ao cambio climático.

Antecedentes e xustificación.

O artigo 4 da Convención marco de Nacións Unidas sobre cambio climático establece que os países deben impulsar a xestión sustentable dos bosques (aproveitamento sostido dos recursos sen que estes diminúan a longo prazo) e promover e apoiar a conservación e o reforzo dos «sumidoiros de carbono», incluídos a biomasa e os bosques.

Os importantes cambios nos réximes de temperaturas e precipitacións nas últimas décadas, así como a existencia de fenómenos climáticos extremos, tanto a escala local, rexional como global, intimamente ligados ao cambio climático, están a afectar á extensión e á composición dos bosques. Pola súa vez, a deforestación, a deterioración dos bosques e a súa falta de xestión (como os rareos sanitarios) contribúen significativamente a agravar este patrón climático.

O papel dos bosques na mitigación dos efectos do cambio climático está amplamente constatado e avalado por numerosos comités ou grupos científicos e postúlase por parte de institucións nacionais, rexionais e internacionais como unha meta estratéxica (reto) que incorporarán e potenciarán dentro dos seus programas de xestión. Os bosques constitúen unha reserva de carbono, tanto no compoñente arbóreo como nos solos forestais, que é necesario conservar para mitigar os efectos do cambio climático. Igualmente, é crucial xestionar os bosques para mellorar a súa resiliencia e capacidade de adaptación ao cambio climático.

Os montes son o maior sumidoiro de carbono de Galicia e do territorio nacional: absorben carbono e contribúen a reducir a cantidade de CO2 atmosférico. O 4º Inventario forestal nacional (INF4) estima en máis de 93 millóns de toneladas de carbono fixadas na biomasa arbórea (radical e aérea) das formacións forestais arborizadas galegas. Á cifra anterior sería necesario sumar o potencial anual de fixación dos nosos montes grazas ao seu crecemento anual, algo máis de 6 millóns de toneladas de carbono fixadas anualmente. Os produtos de madeira son tamén un importante almacén de carbono: o seu uso permite aforrar emisións de dióxido de carbono e colaboran, dese modo, na mitigación do cambio climático. O carbono fixado polas árbores durante o seu ciclo de vida mantense almacenado nos produtos madeireiros durante toda a súa vida útil, podendo ser reutilizados e reciclados, feitos que melloran significativamente o aforro deste tipo de emisións á atmosfera.

Doutra banda, a enerxía consumida nos procesos de fabricación e construción, como factor inherente a calquera tipo de actividade, implica a modificación da contorna e comporta unha serie de impactos ambientais recoñecidos. Tendo en conta o seu ciclo de vida, a madeira é un produto de comportamento ambiental superior a outros materiais, dado que necesita menor gasto enerxético na súa produción, é natural, biodegradable e reciclable (prolonga a súa retención de carbono absorbido), entre outras múltiples características positivas ambientalmente.

O balance de carbono hipotético nun bosque baixo criterios de xestión forestal sustentable, maximizando o papel da masa forestal como sumidoiro, permite visualizar:

1. O carbono equivalente aos combustibles fósiles que son substituídos por biomasa procedente do bosque (azul).

2. A redución de emisións debida á diminución no consumo de enerxía que se produce ao utilizar a madeira producida no canto doutras materias primas que comportan maiores gastos enerxéticos (morado).

3. O carbono que queda almacenado temporalmente nos produtos madeireiros, xa sexan de longa duración -mobles, vigas para construción, xanelas, etc. (rosa claro) ou de curta duración, fundamentalmente papel e cartón (rosa escuro).

4. O carbono almacenado en produtos de madeira usados (vermello).

5. E a biomasa en árbores (verde), solo (amarelo) e follaxe (laranxa).

missing image file

Fonte: IPCC adaptada (2000). Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente

O uso da madeira ou de produtos derivados como substitutivos de materias cunha maior pegada de carbono ou hídrica está a marcar as políticas públicas de descarbonización nos últimos anos, esta tendencia lonxe de deterse, vai expandirse exponencialmente; produtos de madeira masiva (CLT, LVL) preséntanse como substitutivos de materias como o aceiro e o formigón, ou a fibra vexetal (viscosa, raión, modal, cupro) substitutiva do algodón e outros materiais téxtiles, son bos exemplos deste novo contexto. A seguinte táboa detalla os valores de enerxía e emisións necesarios para a produción de certos materiais, destacando o papel da madeira e dos seus produtos derivados como materias claramente sustentables.

Material

Custo enerxético

(kWh/kg)

Emisión CO2

(kg CO2/kg material)

Peso específico

(kN/m3)

Aceiro

9.722

2.800

78.500

Gasóleo

2.806

0.003

8.900

Cemento

1.211

0.410

13.950

Cal

0.953

0.320

9.950

Ladrillo

0.645

0.180

12.070

Madeira

0.583

0.060

14.600

Xeso

0.500

0.160

12.500

Agregados

0.028

0.007

15.000

Area

0.028

0.007

15.200

Auga

0.014

0.001

10.000

Cascallos

-0.014

0.000

12.500

Fonte: Departamento de Enxeñería Mecánica, Enerxética e dos Materiais, Universidade de Estremadura (2012).

missing image file

Substituír cemento por madeira representa aforrar entre 0,725-1,10 toneladas de CO2 por metro cúbico, dependendo do tipo de formigón. A substitución de ladrillo representaría un aforro de 0,922 toneladas de CO2 por metro cúbico a favor da madeira. Os estudos de aforro en emisión de dióxido de carbono sitúan entre 5 e 15 toneladas de gases de efecto invernadoiro que poden evitarse por cada casa construída con paredes de madeira no canto de ladrillo e cemento.

A conservación destas funcións ambientais é clave no actual contexto de cambio climático a escala global, no cal será necesario «estabilizar» ou «frear» o impacto da variación climática sobre a produtividade e composición específica das masas forestais. Así, a fixación de carbono debe considerarse un obxectivo da xestión forestal non excluínte, senón sempre supeditado á conservación e sustentabilidade dos sistemas forestais. Como cita o Grupo intergobernamental de expertos sobre o cambio climático (IPCC), a xestión forestal ofrece a mellor opción de mitigación do cambio climático grazas á súa facilidade de implantación e a súa escala curta de traballo, seguido da forestación e reforestación.

Emisións netas de dióxido de carbono, incluído o efecto sumidoiro de carbono:

missing image file

Fonte: "La reducción de la huella de carbono y el impacto ambiental de edificios nuevos". Tazmania Timber, CSAW/RTS, Reportes ambientales para materiales constructivos, 1998-2001 (CEI-Bois).

O propio marco legal dos montes en Galicia (Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia) establece como principios inspiradores no seu artigo 3 (principios da lei), a integración na política forestal dos obxectivos da acción internacional sobre protección do ambiente, especialmente en materia de desertización, cambio climático e biodiversidade, e a adaptación dos montes ao cambio climático mediante unha xestión encamiñada á resiliencia e resistencia dos montes ao mesmo.

Obxecto.

O impacto tan elevado que determinadas pragas e doenzas forestais están a inferir sobre as masas forestais, atacando con especial virulencia determinados grupos de especies forestais, fai urxente e necesario a elaboración dun estudo de tolerancia, resiliencia e riscos das principais especies galegas ao proceso de cambio climático, como fundamento de partida para a mellora e incremento da capacidade de absorción do carbono atmosférico dos terreos forestais e a súa adaptación para os efectos do cambio climático (silvicultura adaptativa) como sumidoiros naturais masivos de carbono, todo iso baixo criterios de xestión forestal sustentable.

Ademais, a realidade actual de clima cambiante con condicións progresivamente máis drásticas fai prever a existencia de incendios forestais cada vez máis extensos, intensos e perigosos, ademais de concorrer noutras situacións que agravan a dita situación (por exemplo, a proximidade da interface urbano-forestal ou poboación-monte). Xorde a necesidade de planificar a prevención e defensa contra os incendios forestais mediante a autoprotección e mellora da vulnerabilidade climática dos propios recursos forestais baixo técnicas silvícolas adaptadas á devandita finalidade, a resistencia e resiliencia das masas fronte aos incendios.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

Esta iniciativa debe exporse en consonancia directa coa recente Estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050. Esta estratexia indica que o sector forestal presenta unha evidente vinculación e sinerxías coa biodiversidade e o medio natural, debendo abordar retos que derivan dos cambios ocorridos no medio rural nas últimas décadas, ademais de necesitar unha adaptación que garanta a sustentabilidade e a rendibilidade económica.

As masas forestais teñen capacidade de adaptación natural aos cambios nas condicións climáticas, con todo, debido a que estes cambios están a producirse dunha maneira moi rápida, é probable que moitas especies non logren adaptarse a tempo, o que pode levar á redución da superficie de ocupación ou mesmo á súa desaparición. É posible facilitar a adaptación dos ecosistemas ao cambio climático, a través dunha xestión coherente coas condicións futuras do clima para a Comunidade Autónoma, potenciando:

a) Prácticas redutoras de emisións de dióxido de carbono á atmosfera, en especial reducindo a combustibilidade das formacións forestais.

b) Prácticas incentivadoras de captación de carbono atmosférico polos bosques, mediante melloras:

a. Na xestión tecnolóxica dos aproveitamentos forestais.

b. Na xestión de pragas e doenzas.

c. Na xestión do lume.

d. Na xestión das reservas de carbono no solo.

e. Na xestión forestal sustentable.

En coherencia coa integración na política forestal dos obxectivos da acción internacional sobre cambio climático, fomentarase a xestión forestal activa para mellora e incremento da capacidade de fixación de carbono das masas forestais, mitigación e adaptación ao cambio climático dos montes galegos como infraestruturas verdes mediante liñas de fomento de prácticas de silvicultura adaptativa:

a) Fomento estratéxico da diversidade intra e interespecífica e da heteroxeneidade estrutural das masas, dirixindo as actuacións para conseguir unha maior heteroxeneidade a nivel de composición de especies e de estrutura, fomentando as plantacións en mosaico.

b) Mellora da resistencia individual e colectiva e da vitalidade das masas, reducindo densidades mediante a execución de cortas de mellora (con clara vocación fitosanitaria), isto é, rareos, clareos e entrecollos, de intervención que se graduará en función de distintos factores (Índice de Hart-Becking ou factor de espazamento, rexeneración, crecemento de matogueira, etc.).

c) Incremento da produtividade das masas (crecemento/capacidade produtiva).

d) Facilitación da adaptación xenética forestal, diminuíndo a fragmentación e fomentando a conservación das masas de alto valor xenético.

e) Implantación de novas masas forestais arborizadas, especialmente en terreos forestais afectados por diferentes perturbacións bióticas ou abióticas (enfermidades e pragas, incendios forestais, temporais de vento ou neve, etc.), evitando posibles riscos de erosión e desertización, aumentando a conectividade e creando plantacións de enriquecemento.

f) Redución da vulnerabilidade aos incendios forestais a distintas escalas (monte, distrito, etc.), configurando paisaxes resistentes ao lume principalmente mediante a heteroxeneidade e a integración de áreas estratéxicas.

A fixación de dióxido de carbono nos montes, como medida de loita contra o cambio climático, en función da cantidade de carbono fixada na biomasa forestal do monte, deberá ser un factor para ter en conta nos incentivos que as administracións públicas regulen polas externalidades ambientais dos montes (artigo 65 Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes). O papel do monte como sumidoiro de carbono cítase tamén na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (artigo 119), como obxecto de posibles accións de fomento forestal para promoción do desenvolvemento sustentable dos montes galegos.

Con todo, é necesario mencionar que as actuais normas de contabilidade aplicadas no inventario de gases de efecto invernadoiro non reflicten fielmente a capacidade real de absorción de carbono por parte das masas forestais, omitindo o papel clave da xestión forestal sustentable como actividade promotora da capacidade de almacenamento de carbono polas masas forestais. Así, o impacto das actividades antrópicas nos sumidoiros de carbono terrestre (solo e vexetación) e, por tanto, a alteración do cociente de dióxido de carbono entre atmosfera e terra, a través das actividades LULUCF (Land use, land-use change and forestry) non considera a xestión forestal como unha actividade que mellore a fixación ou retención de carbono polos montes. Os inventarios do sector LULUCF, en canto aos recursos forestais, só achegan as emisións ou remocións de carbono por cambios nas existencias de biomasa vexetal e carbono no solo por forestación, reforestación e deforestación.

A Administración forestal deberá elaborar o estudo de tolerancia, resiliencia e riscos das principais especies galegas ao proceso de cambio climático, incluíndo unha análise dos métodos de ordenación e tratamentos silvícolas máis adecuados para a devandita adaptación, de forma similar ao estudo previsto para o territorio nacional na disposición adicional sétima da Lei 43/2003, do 21 de novembro, titulada cambio climático. Ademais, a Administración competente en montes, en colaboración con outros axentes públicos ou privados, analizará a posibilidade de crear mecanismos intersectoriais que permitan contribuír á diminución da pegada de carbono e que repercutan nos montes e na súa xestión (a través, por exemplo de potenciar o investimento empresarial nos montes mediante os plans de responsabilidade social corporativa).

Un dos puntos que a presente medida deberá recoller, a través do Estudo de tolerancia, resiliencia e riscos das principais especies galegas ao proceso de cambio climático, será a cuantificación periódica (plurianual) do balance de carbono vinculado á actividade forestal no seu conxunto, incluíndo non só os cambios cuantitativos na cobertura forestal (incremento, descenso), senón tamén os cambios cualitativos observados nas masas grazas á aplicación de silvicultura (xestión forestal sustentable).

Finalmente os modelos silvícolas ou de xestión forestal deberán incluír información dos servizos ecosistémicos que achegan, sexa almacenamento de carbono (pola súa relación directa co secuestro de CO2), mitigación da erosión do solo, provisión da auga ou a riqueza específica que os ditos ecosistemas albergan. Así mesmo, esta acción, débese complementar con outras, co fin de amplificar o seu impacto mediante un efecto sinérxico, deste xeito as autorizacións administrativas poden incorporar as toneladas de carbono absorbido (cortas de madeira) ou incluso, mediante a implantación de novas tecnoloxías, a pegada de carbono dos produtos de madeira ou baseados en madeira poderá ser comunicada aos consumidores.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.2.1.

Carbono almacenado e cambios no carbono almacenado na biomasa forestal, solo forestal e produtos madeireiros

%

+5 %

+10 %

+15 %

+20 %

I.2.1.

Elaboración dun estudo sobre as necesidades de adaptación do territorio forestal galego ao cambio climático

Elaborado

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D44 e D59.

• Relación directa con RD106.

• ODS13, meta 13.1.

I.2.2. Programa estratéxico de aproveitamento da biomasa forestal.

Antecedentes e xustificación.

A substitución de combustibles fósiles por biomasa con fins enerxéticos é unha medida redutora da emisión de gases de efecto invernadoiro e, por tanto, de mitigación do cambio climático. O aumento no uso da biomasa forestal para produción e consumo de enerxía renovable pode ademais, baixo unha correcta xestión forestal, promover outros beneficios sociais e económicos dos montes.

Os biocombustibles de maior desenvolvemento actual e potencial futuro son a leña, os pélets de uso doméstico, a estela para combustión en instalacións domésticas e tamén os pélets e estelas de uso industrial. Non deben esquecerse, con todo, os usos alternativos que pode ter a biomasa, en especial os ligados ás actividades agrícolas, gandeiras ou de xardinaría urbana: substratos, fertilizantes e compost, cama de gando e outras.

Na actualidade os materiais lignocelulósicos que se aproveitan en Galicia e que poden considerarse dentro do ámbito da biomasa forestal son a madeira de frondosas e restos de corta de eucalipto destinado a leñas, o puntal de piñeiro destinado a estelado e pélets de uso doméstico ou os restos de corta destinados a estela de uso industrial. As intervencións de xestión de biomasa que se realizan nas redes de faixas de xestión da biomasa en aplicación da normativa vixente de prevención de incendios normalmente tritúranse in situ.

Aínda que a dispoñibilidade de recurso de biomasa en termos técnicos e económicos non é fácil de cuantificar, o desenvolvemento do Inventario forestal galego achegará unha información anual da que poderán determinarse tendencias. Con todo, parece evidente o feito de que no monte galego os procesos de abandono e de falta de xestión activa deron lugar a unha proliferación de biomasa, o que supón, á vez, un recurso e un risco derivado da alta combustibilidade das formacións arbóreas e de matogueira. Nestas condicións, o presente PFG non considera recomendable o desenvolvemento de cultivos enerxéticos específicos, que ademais nas condicións de primas actuais se atoparían fóra de mercado.

Establecéndose o réxime legal que regula os aproveitamentos leñosos e existindo modelos silvícolas que consideran intervencións intermedias que poderían xerar aproveitamentos de biomasa, parece conveniente estipular medidas que potencien eses aproveitamentos, que poden supoñer un pulo adicional para mobilizar a xestión activa de terreos forestais, en particular ao permitir reducir os custos ou mesmo rendibilizar intervencións de mellora.

O programa debe buscar vincular o aproveitamento da biomasa á poboación local e, en especial, ás comunidades de MVMC, como mecanismo de mellora das súas condicións de vida. Este programa deberá coordinarse coa Estratexia de impulso á biomasa que está a desenvolver o Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e coas diferentes liñas de investigación que analicen os diferentes usos alternativos dos montes e cos plans de mellora da calidade do aire.

Obxecto.

Establecer un programa de impulso dos aproveitamentos de biomasa forestal tendo presente o ciclo de carbono de cada tecnoloxía e asegurando a súa sustentabilidade, co obxectivo concreto de acadar 2,3 millóns de toneladas de aproveitamentos anuais en forma dos seguintes biocombustibles sólidos: pélet e estela de uso doméstico, pélet e estela de uso industrial, leña e outros produtos (fertilizantes e compost, cama de gando).

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

As medidas que se aplicarán no presente programa corresponderán tanto a medidas de fomento como de axilización de trámites administrativos que faciliten a aplicación de tratamentos silvícolas mediante a redución de custos ou o incremento da súa rendibilidade, en concreto:

1) Actuacións de clareos en masas de frondosas, en consonancia coa medida I.1.1, que deriven na produción de leñas e, ao mesmo tempo, nunha mellora das formacións existentes con vistas á produción de madeira de calidade ou outros produtos forestais.

2) Actuacións de clareos ou rareos enerxéticos en formacións de coníferas de plantación ou rexeneración natural, que redunden nunha potencial produción de puntal que poida ser destinado a pélet ou estela de uso térmico doméstico e que, á vez, supoñan unha redución da combustibilidade das masas e unha valorización dos piñeirais, que incremente a súa produtividade en termos cuantitativos e cualitativos, e teñan cabida nunha acción integral en materia de sanidade forestal. Deberá estar en consonancia coa medida IV.2.3.

3) Actuacións de aproveitamento da biomasa de restos de corta, que aseguren por criterios de sustentabilidade que do 30 ao 40 % do total e, en particular, os restos máis finos e proporcións significativas de follas e casca, fiquen no monte. Estas actuacións supoñen a subministración de material para obtención de estelas e pélets de uso industrial.

4) Actuacións sobre a rede de faixas de xestión de biomasa segundo normativa de prevención de incendios, que permitan un aproveitamento e valorización da biomasa para distintos destinos, tanto enerxéticos como non enerxéticos. A medida redundaría, cando menos, nunha redución dos custos de xestión desas faixas.

5) Actuacións de valorización da biomasa en transformacións de eucaliptais degradados, tal e como se indicou na medida I.1.3.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.2.2.

Aproveitamentos anuais de biomasa desagregado por categorías: leñas, puntal de piñeiro, restos de corta, transformación de eucaliptais, xestión de faixas

Ton./ano

1 M t/ano

1,5 M t/ano

2 M t/ano

2,3 M t/ano

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D25 e D29. Indirecta con D38, D59 e D99.

• Deriva directamente de RD31. Relación directa con RD39 e RD45.

• ODS7, meta 7.1.

• Relación con outros programas/instrumentos: I.1.1., I.1.3., IV.2.3.

I.3. CONSERVACIÓN E MELLORA DOS RECURSOS XENÉTICOS FORESTAIS.

Obxectivos do instrumento.

O presente instrumento deséñase co triplo obxectivo de aumentar a produción de madeira e produtos forestais non madeireiros en cantidade e calidade a través da mellora xenética forestal na consecución de materiais mellorados, asegurar a subministración de materiais forestais de reprodución e conservar os recursos xenéticos das especies arbóreas forestais.

Inclúense tres programas orientados a cada un deses tres obxectivos, que se fundamentan na consolidación das liñas de I+D desenvoltas nos centros rexionais de referencia, a potenciación de programas de traballo ligados ao Centro de Sementes de Carballo (Semfor), a protección in situ e ex situ do acervo xenético das principais especies forestais en Galicia, e a aplicación do sistema xa establecido de control de produción e comercialización de planta forestal en Galicia.

Iniciativas e programas de actuación.

O obxectivo do instrumento articúlase en tres programas:

Estratexia galega para a conservación e mellora dos recursos xenéticos forestais

1. Programa de mellora xenética forestal.

2. Programa de rede de parcelas de alto valor xenético e xestión de materiais de base.

3. Programa de conservación de recursos xenéticos forestais.

I.3.1. Programa de mellora xenética forestal.

Antecedentes e xustificación.

O Sistema de investigación forestal en Galicia, como elemento clave para fortalecer o desenvolvemento do sector, con programas de innovación e transferencia tecnolóxica, fortalecerase e complementarase coa elaboración e desenvolvemento dun programa de mellora xenética forestal para a comunidade. Resulta imprescindible a continuación e fortalecemento das liñas de mellora xenética forestal orientadas á obtención de materiais forestais de reprodución de alta calidade xenética para o seu emprego en repoboación forestal, á protección forestal na súa vertente sanitaria (resistencia a pragas e enfermidades forestais) e á obtención de maiores rendementos madeireiros nas masas (madeira en cantidade e en calidade).

As directrices de revisión do PFG estableceron que a taxa anual de aproveitamento de masas de coníferas e frondosas caducifolias e, por tanto, o volume anual de madeira aproveitada, debería incrementarse baseándose en medidas vinculadas á mellora xenética, á práctica de silvicultura para obtención de madeira de calidade e ao incremento da súa superficie. En todo caso, como toda actividade de I+D+i, o Plan de conservación e mellora xenética forestal deberá responder particular e adecuadamente ás seguintes necesidades do sector:

a) Transferencia de resultados.

b) Innovación organizativa e comercial no ámbito empresarial.

c) Investigación en campo e experimentación.

Obxecto.

O obxecto do programa será, en colaboración co sector privado, a mellora do potencial xenético forestal de Galicia xerando materiais de base que permitan:

1) Aumentar a produtividade e adaptabilidade das especies forestais.

2) Obter materiais xenéticos con menor sensibilidade ou maior resistencia a pragas e doenzas.

3) Obter materiais xenéticos que permitan mellorar a calidade dos produtos madeireiros.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

Preténdese establecer un programa operativo de mellora xenética forestal mediante o establecemento dun convenio co CIF Lourizán que permita a xeración de materiais de base produtores de materiais forestais de reprodución a través da continuación das liñas de I+D+i que o centro vén desenvolvendo. O programa establécese con obxectivos finalistas e co obxectivo último de satisfacer as demandas de material mellorado que permitan fortalecer outros instrumentos de execución (I.1.1 a IV.2.3, entre outros).

O presente programa perseguirá potenciar o CIF Lourizán como centro de referencia de I+D+i en mellora forestal en Galicia, en colaboración co sector privado. Ante a necesidade de integrar diferentes ferramentas e actuacións en materia de conservación e fomento de recursos xenéticos forestais en Galicia, así como a coordinación de esforzos realizados na materia por distintas administracións públicas e organismos ou entidades de investigación, é prioritario que o desenvolvemento deste programa se coordine cos instrumentos I.3.2 e I.3.3 que posteriormente se desenvolverán. Iso permitirá coordinar as actividades no ámbito da mellora e conservación dos recursos xenéticos forestais galegos a medio/longo prazo.

O Programa de mellora xenética forestal requirirá do coñecemento previo da magnitude e distribución da variabilidade xenética dispoñible, polo que deberá presentar liñas de traballo que aseguren a variabilidade xenética a longo prazo, coordinándose, ademais, co programa de rede de parcelas de alto valor xenético e xestión de materiais de base (I.3.2) para a creación e xestión de bancos de xermoplasma, e servindo ademais de apoio ao devandito programa para o rexistro de novos materiais de base e bases de datos sobre recursos xenéticos forestais.

A coordinación destas actividades requirirá do establecemento dun convenio e dunha comisión técnica de seguimento, que se establecerá desde o órgano forestal. Considérase indicado que as industrias e empresas forestais poidan participar nesta comisión, así como no financiamento e seguimento do Programa de mellora xenética, se así o consideran.

As liñas de traballo específicas do programa serían:

1) Incrementar a produción e a calidade de froito de Castanea sativa mediante:

a) Continuidade dos traballos de caracterización e mellora forestal sobre os 32 clons de castiñeiro híbrido actualmente existentes no catálogo de materiais de base.

b) Selección de materiais xenéticos de castiñeiro híbrido e castiñeiro do país menos sensibles ou resistentes á praga da avespiña (Dryocosmus kuriphilus).

c) Incremento das categorías dos materiais de base dispoñibles para castiñeiro do país e castiñeiro híbrido, considerando tanto a produción de froito como a de madeira.

d) Melloras nas técnicas de establecemento de novas plantacións de castiñeiro e control de enxertado mediante a certificación de variedades de pugas.

e) Priorización das variedades de mellor aptitude respecto ás características indicadas para obtención de castaña de calidade.

2) Incrementar a produtividade e calidade de madeira de Pinus pinaster mediante:

a) Mantemento dos traballos sobre os hortos sementeiros existentes, co obxectivo de obter a súa testaxe e progresivo paso a materiais de categoría controlado.

b) Continuidade dos traballos de resistencia de materiais xenéticos ao nematodo da madeira do piñeiro (Bursaphelenchus xylophilus) , así como outros patóxenos que poidan afectalos severamente (Fusarium circinatum, Mycrosphaerella dearnessii ou diferentes familias de escolítidos, entre outros).

c) Obtención de materiais de base do tipo proxenitores de familias a partir dos cruzamentos abertos ou controlados en hortos sementeiros. Desenvolvementos de reprodución por chantóns a partir deses materiais.

d) Mantemento dun número mínimo de mouteiras dispoñibles para a recollida de semente e subministración a viveiros.

e) Obtención de hortos sementeiros de segunda xeración.

f) Mantemento das parcelas de ensaio de procedencias instaladas na Galicia interior, obtendo os datos que poidan reforzar o coñecemento sobre aquelas que presenten unha maior adaptación e características fenotípicas sobresaíntes.

3) Incrementar a produtividade e calidade de madeira de Pinus radiata e Pinus sylvestris mediante:

a) Mantemento dos traballos sobre as mouteiras e hortos sementeiros existentes, co obxectivo de obter a súa testaxe e progresivo paso a materiais de categoría cualificado e controlado.

b) Continuidade dos traballos de resistencia de materiais xenéticos ao nematodo da madeira do piñeiro (Bursaphelenchus xylophilus), así como outros patóxenos que poidan afectalos severamente (Fusarium circinatum, Mycrosphaerella dearnessii ou diferentes familias de escolítidos, entre outros).

c) Testaxe en campo de materiais xenéticos correspondentes a programas de mellora foráneos, mantendo, no caso de Pinus pinaster e Pinus sylvestris as actuais parcelas de ensaio de procedencias instaladas en Galicia, e obtendo os datos que poidan reforzar o coñecemento sobre aquelas que presenten unha maior adaptación e características fenotípicas sobresaíntes.

d) Vixilancia tecnolóxica sobre resultados de mellora e plantas seleccionadas noutros países produtores, levando a cabo ensaios para comprobar o seu comportamento en Galicia.

4) Frondosas de produción madeireira e/ou froiteira: cerdeira, nogueira, freixe, pradairo, bidueiro, carballo do país, carballo americano. Incremento de crecemento e calidade de produtos, mediante:

a) Mantemento de hortos sementeiros e testaxe de clons cualificados de cerdeira. Obtención de novos materiais de base.

b) Continuación de traballos de selección e caracterización de nogueira. Ensaio de materiais doutros programas e obtención de materiais de base de orixe galega.

c) Continuación de traballos de selección sobre freixe en colaboración con outras comunidades autónomas. Obtención de primeiros materiais de base.

d) Traballo sobre os hortos sementeiros dispoñibles para pradairo. Obtención de novos materiais de base.

e) Bidueiro: declaración de novas mouteiras e hortos de semente de polinización aberta.

f) Carballo do país e carballo americano: continuación dos traballos de caracterización e declaración de novas mouteiras ou clons.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.3.1.

Número de unidades de admisión (e superficies, se é o caso) declaradas no catálogo nacional de materiais de base para as distintas especies indicadas

P

Ud.

180

190

200

210

Q

10

10

10

10

I.3.1. / I.3.2

Creación dunha rede de parcelas forestais de alto valor xenético*

P

Nº parcelas

20

40

60

80

Q

20

20

20

20

* Común coa medida I.3.2.

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D10, D25, D27, D48 e D89. Indirecta con: D4, D6, D7, D22, D24, D26, D47, D82, D83, D84 e D110.

• Relación indirecta con RD6.

• ODS15, meta 15.2.

• Relación con outros programas/instrumentos: I.1.1., I.3.2., I.3.3., IV.2.3.

I.3.2. Programa de rede de parcelas de alto valor xenético e xestión de materiais de base.

Antecedentes e xustificación.

É competencia da Administración autonómica a conservación e mellora dos recursos xenéticos forestais, co fin de conservar o acervo xenético forestal, fornecer material forestal de reprodución mellorado, obter material forestal resistente a pragas e enfermidades forestais e mellorar a produción forestal en cantidade e calidade. Galicia creou un sistema de control que garante que os materiais forestais de reprodución (MFR) procedentes de unidades de admisión individuais ou de lotes sexan claramente identificables durante todo o proceso desde a recollida ata a entrega á persoa consumidora final, asegurando o cumprimento dos requisitos de calidade cos criterios legalmente establecidos, pero sendo demasiado estrito e complexo.

A actividade actual da administración forestal no ámbito do control de MFR abrangue eses traballos de control, pero tamén supón unha implicación directa na produción de semente, ámbito no cal a iniciativa privada se reduciu debido aos condicionantes para o cumprimento das normativas de corentena. A instalación que, de forma principal se encarga dos traballos de recollida nas unidades de admisión, xestión destas, recolección de froitos e sementes, procesado de lotes e subministración a viveiros é o Centro de Sementes Forestais (Semfor) sito en Carballo.

A creación dunha rede de parcelas forestais de alto valor xenético por parte da Administración competente, en terreos preferentemente públicos, atenderá a incrementar, garantir e reducir os custos de recollida na subministración de material mellorado de reprodución e á posta en práctica dunha silvicultura dirixida á conservación in situ de recursos xenéticos de alto valor forestal.

Obxecto.

Garantir a dispoñibilidade de MFR correspondentes a categorías xenéticas elevadas mediante a xestión dos materiais de base e mantemento dunha rede de parcelas ou montes de elevado valor xenético, orientado ás principais especies arbóreas produtivas de madeira e froito.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

O Programa de parcelas de alto valor xenético e xestión de materiais de base definirá e programará as medidas prioritarias necesarias para o desenvolvemento da mellora xenética forestal operativa ligada ao fortalecemento da produtividade, sanidade das masas e calidade de produtos obtidos a medio/longo prazo. O financiamento do Programa de mellora xenética I.3.1, entendido como as actividades necesarias de I+D+i, quedará condicionado polos obxectivos operativos que se establezan.

O programa debe potenciar a rastrexabilidade da planta desde a produción á comercialización para repoboación forestal, mellorando progresivamente a regulación dos materiais forestais de base e os campos de plantas nai de Galicia.

Este programa pretende a creación dunha rede de parcelas forestais de alto valor xenético (mouteiras, hortos sementeiros, familias de proxenitores, bancos clonais, ensaios de procedencias) que se situarán, de maneira preferente, nos terreos forestais de titularidade pública da Comunidade Autónoma de Galicia atendendo ao establecido na lexislación vixente. Será necesario realizar un inventario previo das parcelas ou montes que se atopen na actualidade declaradas no catálogo e aqueloutras formacións que resulten de interese para a súa inclusión.

Na rede de parcelas forestais de alto valor xenético realizarase unha silvicultura dirixida á conservación in situ de recursos xenéticos das principais especies forestais, mellorando a produción de MFR (esencialmente froitos e/ou sementes). Estas masas serán declaradas de UP e incluídas no Catálogo de utilidade pública no caso de montes públicos patrimoniais. No caso de ser montes de titularidade privada, a conservación e xestión das devanditas masas de alto valor xenético regularase mediante a celebración de contratos temporais, de carácter voluntario. Determinarase o procedemento de declaración de oficio destas masas como tal (alto valor xenético) que, en caso de montes de titularidade privada, poderán constituírse como montes protectores. A rede poderá ter unha vinculación directa coa rede galega de infraestruturas verdes.

A realización de prácticas de conservación in situ nesta rede de parcelas forestais de alto valor xenético, xunto coas actuacións de conservación ex situ en centros ou organismos autorizados de investigación forestal mediante os seus bancos de xermoplasma, permitirá que a Administración forestal asegure a oferta de materia forestal de reprodución (especialmente semente) acorde coas necesidades de planta futura para a súa posta á disposición, con suficiente prazo, a empresas de produción (viveiros).

En paralelo á rede de parcelas de alto valor xenético, resulta imprescindible dentro do programa o reforzamento, mantemento e mellora de instalacións do Centro de Sementes Forestais (Semfor), dotándoo das necesidades de persoal imprescindibles para atender a actuacións de recollida e procesamento de lotes de froitos e sementes, mantendo as condicións de seguridade fitosanitaria que a normativa actual exixe. Enténdese que esta rede debe de estar vinculada ás actividades desenvolvidas na medida anterior (I.3.1. Programa de mellora xenética forestal).

As masas de alto valor xenético deberán ser posteriormente declaradas como masas de alto valor forestal nos correspondentes plans de ordenación de recursos forestais.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.3.1. / I.3.2

Creación dunha rede de parcelas forestais de alto valor xenético*

P

Nº parcelas

20

40

60

80

Q

20

20

20

20

I.3.2.

Porcentaxe de superficie ocupada por materiais de base e subministración a viveiros de semente de orixe coñecida e elevada categoría xenética

P

 %

+5 %

+10 %

+15 %

+20 %

* Común coa medida I.3.1.

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D10, D25, D27 e D48. Indirecta con: D4, D6, D7, D22, D24, D26 e D47.

• Relación indirecta con RD6.

• ODS15, meta 15.2.

• Relación con outros programas/instrumentos: I.3.1.

I.3.3. Programa de conservación de recursos xenéticos forestais.

Antecedentes e xustificación.

A actividade humana sobre o monte xunto coa alteración das condicións ambientais ten un impacto sobre a diversidade xenética forestal. Esta diversidade é a base fundamental da evolución e da adaptación dos ecosistemas forestais e dos seus compoñentes, tanto no espazo como no tempo. Ademais, a variedade de produtos, bens e servizos xerados polos espazos forestais é función e testemuña da súa variabilidade xenética.

A conservación dos recursos xenéticos forestais debe ser, por tanto, un claro obxectivo na xestión forestal realizada pola Administración competente, aplicando ademais modelos de silvicultura (montes modelo) que permitan unha protección real dos montes que albergan eses recursos. A xestión forestal require ter presente a diversidade xenética das especies para a súa correcta conservación e xestión sustentable, de aí a necesidade de modelos de xestión que conserven a diversidade xenética.

A conservación dos recursos xenéticos forestais é un dos ámbitos definidos na Estratexia Forestal Europea de 2013, polo que debe ser unha meta prioritaria no emprego de fondos Feader en Galicia. As novas necesidades e compromisos europeos e internacionais en materia de saúde e vitalidade dos ecosistemas forestais aconsellan o desenvolvemento dunha planificación rigorosa a medio e longo prazo das actuacións de conservación de recursos xenéticos. Estas actuacións teñen unha implicación evidente coas medidas de adaptación ao cambio climático.

Obxecto.

É obxecto deste programa coordinar as actuacións que permitan a conservación a longo prazo da diversidade xenética de especies arbóreas forestais existente na Comunidade Autónoma a través dunha rede de masas forestais de conservación de recursos xenéticos con criterio predominante de conservación in situ.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

A diferenza do Programa desenvolto en I.3.2, que se orienta á mellora xenética das especies produtivas, o Programa de conservación de recursos xenéticos aplicarase exclusivamente a especies arbóreas autóctonas, considerando un abano de especies moito máis amplo que en iniciativas anteriores e coa fin de conservar o acervo xenético forestal galego.

Especies que se consideran de importancia salientable neste programa, debido á súa presenza en forma de pés illados ou ben coma mouteiras son: Taxus baccata, Juniperus communis, Populus tremula, Populus nigra, Fagus sylvatica, Quercus suber, Quercus ilex, Ulmus glabra, Sorbus spp. Acer spp, Fraxinus spp e Rhamnus spp. Dada a falta de información derivada dos inventarios forestais sobre algunhas destas especies, convirá que o Inventario forestal galego (medida V.1.1.) afonde no seu coñecemento.

O establecemento de contratos voluntarios de xestión pública (programa III.3.1.) orientarase a montes que se consideraren relevantes para a conservación de recursos xenéticos forestais. Fomentaranse as plantacións orientadas á xestión e conservación in situ do acervo xenético das poboacións autóctonas. Nas devanditas actuacións poderán participar os viveiros forestais propiedade da Comunidade Autónoma, o Centro de Sementes (Semfor) e o CIF Lourizán e as actuacións coordinaranse cos programas I.3.1. e I.3.2.

Como actuacións dentro do programa poderán establecerse:

a) Plans especiais de conservación de especies e ecotipos.

b) Recolección de sementes e outros materiais forestais de reprodución.

c) Fomento de plantacións forestais para a xestión e conservación in situ do acervo xenético das poboacións autóctonas de Galicia.

d) Aseguraramento da suficiente variabilidade xenética no Programa de mellora xenética orientado a especies produtivas.

e) Priorización de unidades de conservación in situ en terreos de propiedade pública. En montes de propiedade privada a implementación deste tipo de unidades deberá ser compensada pola Administración competente mediante instrumentos financeiros (contratos de xestión pública, créditos bonificados, reducións impositivas, liñas de mecenado…).

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.3.3.

Superficie xestionada no marco do Programa de conservación de recursos xenéticos

P

Sup. (ha)

5.000

10.000

15.000

Q

5.000

5.000

5.000

I.3.3.

Número de especies cubertas polo programa

P

Ud.

8

10

10

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D10 e D107.

• Relación indirecta con RD107. Indirecta con RD29 e RD99.

• ODS15, meta 15.5.

• Relación con outros programas/instrumentos: I.3.1., I.3.2, III.3.1., V.1.1.

D. EIXE II. PROTECCIÓN, SANIDADE FORESTAL E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS.

Refírese este eixe ao desenvolvemento de instrumentos e medidas dirixidas a combater as perturbacións causadas por axentes bióticos e abióticos.

O cambio climático, incluíndo os eventos extremos e perturbacións asociadas, afecta o crecemento e estabilidade das masas forestais e suporá un gran desafío para a xestión forestal nas vindeiras décadas.

Ningunha das alternativas na loita contra o cambio climático é tan eficiente como os recursos forestais tanto en mitigación como en substitución e, ademais, comporta toda unha longa serie de cobeneficios sociais e ambientais adicionais sen trade offs significativos.

Por tanto, este eixe deberá fornecer un conxunto de actuacións dirixidas a asegurar que os bosques galegos teñan a suficiente resiliencia, e a protexelos axeitadamente de maneira que continúe o seu estado saudable e sigan a subministrar un conxunto amplo de produtos e servizos. As accións deseñadas neste eixe poñen o foco na prevención, sen esquecer a mitigación e a restauración tras o dano.

Finalidade e obxectivos.

O obxecto do eixe II é determinar as actuacións necesarias para unha debida protección do monte galego, asegurando a súa saúde e vitalidade, reducindo o risco de incendio ou establecendo os procesos de restauración en montes queimados. Considerarase, en especial, o efecto protector dos montes para evitar a erosión do solo e a provisión como servizo da subministración de auga en cantidade e calidade por parte dos terreos forestais. Os obxectivos programáticos relacionados con este eixe serán:

• Protexer o solo de riscos erosivos, asegurar a subministración de auga en cabeceiras de bacías e restaurar a cuberta forestal degradada.

• Manter a saúde e vitalidade das formacións forestais.

• Previr e defender o monte contra incendios forestais e dispoñer os medios necesarios para a súa extinción.

Para a consecución destes obxectivos programáticos dispóñense os seguintes instrumentos de execución articulados nas correspondentes liñas de acción, estratexias, plans ou programas que se configuran e describen a continuación.

EIXES ESTRATÉXICOS DE INTERVENCIÓN

INSTRUMENTOS DE EXECUCIÓN

EIXE II

PROTECCIÓN, SANIDADE FORESTAL E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS

II.1. PROTECCIÓN CONTRA RISCOS EROSIVOS E RESTAURACIÓN.

II.2. SAÚDE E VITALIDADE FORESTAL.

II.3. PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS.

II.1. PROTECCIÓN CONTRA RISCOS EROSIVOS E RESTAURACIÓN.

Galicia presenta, en comparación con outras comunidades autónomas do Estado, unha cobertura vexetal que xoga un papel protector esencial do solo fronte á erosión. Con todo, tal e como puxeron de manifesto moitos traballos de investigación, os procesos erosivos que teñen lugar tras incendios poden ser moi fortes, en particular nas comarcas de topografía máis abrupta. Existe, por tanto, un escenario de risco erosivo e hidrolóxico potencial, en que a pendente do terreo é un factor importante e no cal a cobertura forestal xoga un papel protector esencial.

Preto de dous terzos (65 %) do territorio galego son terreos de franca vocación forestal e silvopastoral: a pendente do terreo limita os usos agrogandeiros intensivos. A pendente media do territorio galego é case do 20 %, quedando moitos montes en rangos de pendente que aconsellan o mantemento dunha importante cobertura vexetal para a adecuada protección do solo. Convirá, con todo, manter a combustibilidade desas formacións vexetais en niveis baixos, xa que son os incendios, particularmente os de maior severidade, os verdadeiros detonantes de procesos erosivos.

Doutra banda, moitos montes galegos sitúanse en áreas de cabeceira de bacía, en ladeiras vertentes a encoros ou en áreas con presenza de turbeiras, polo que presentan unha relevancia notable na regulación do ciclo hidrolóxico e na dispoñibilidade de auga en cantidade e calidade. A Estratexia forestal europea destaca, efectivamente, a provisión de auga como un dos servizos ecosistémicos esenciais dos montes, en particular dos arborizados. Os propios obxectivos de desenvolvemento sustentable consideran como unha meta a protección dos ecosistemas relacionados coa auga, entre os que se citan os bosques. Convén, por tanto, alcanzar unha xestión adecuada nos montes de importancia protectora, considerando que a pendente do terreo é a que indica a vocación preferente e limita os usos do solo.

Obxectivos do instrumento.

Este instrumento de execución ten por obxecto establecer un programa de montes protectores asociado a áreas con riscos erosivos e hidrolóxicos e relevancia na produción de auga, así como proceder a efectuar actuacións prioritarias de protección do solo e de restauración da cobertura forestal en áreas queimadas ou degradadas. Os obxectivos específicos son:

• Inventariar e rexistrar os montes de importancia protectora, entendida esta de acordo coa normativa vixente.

• Establecer neles prescricións técnicas de xestión para reducir os procesos erosivos e manter a provisión de auga como servizo ecosistémico.

• Identificar, seleccionar e declarar zonas prioritarias de actuación en áreas forestais queimadas ou degradadas por procesos erosivos graves ou potencialmente graves.

Iniciativas e programas de actuación.

Para a consecución destes obxectivos articúlanse as seguintes iniciativas e programas de actuación.

Protección contra riscos erosivos e restauración

1. Programa de montes protectores.

2. Programa de restauración de áreas queimadas.

II.1.1. Programa de montes protectores.

Antecedentes e xustificación.

A xestión e restauración de bacías estivo claramente vinculada coa cobertura forestal e a xestión forestal, debido a que regula os ciclos de auga e de sedimentos. No ciclo da auga, a cobertura forestal incrementa a rugosidade do chan e a súa permeabilidade, características ambas que diminúen a velocidade de escoamento, melloran a infiltración e atenúan as inundacións. No ciclo de sedimentos, as masas forestais poden controlar a erosión edáfica, reducindo a concentración da carga de sedimentos.

A lexislación vixente autonómica e estatal recolle varias condicións que poden xustificar a inventariación e o rexistro (de oficio ou voluntario) dun monte como protector:

1) Os que sexan esenciais para a protección do solo fronte aos procesos de erosión.

2) Os situados nas cabeceiras das bacías hidrográficas e aqueloutros que contribúan decisivamente á regulación do réxime hidrolóxico, evitando e reducindo riadas e inundacións e defendendo poboacións, cultivos e infraestruturas.

3) Os que se atopen nas áreas de actuación prioritaria para os traballos de conservación de solos fronte a procesos de erosión e de corrección hidrolóxico-forestal.

4) Os que eviten ou reduzan os desprendementos de terras ou rochas e o aterramento de encoros e aqueles que protexan cultivos e infraestruturas contra o vento.

5) Os que se atopen nos perímetros de protección das captacións superficiais e subterráneas de auga.

6) Os que se atopen formando parte daqueles tramos fluviais de interese ambiental, ben por estaren incluídos nos plans hidrolóxicos de bacías ben porque estean incluídos na Rede de espazos naturais protexidos de Galicia.

7) Os que sexan necesarios para acadar os obxectivos dos plans hidrolóxicos.

8) Os que estean situados en áreas forestais declaradas de protección dentro dun plan de ordenación de recursos naturais ou dun plan de ordenación de recursos forestais.

Obxecto.

Esta medida ten por obxecto inventariar e rexistrar aqueles montes ou terreos forestais que teñan un especial carácter protector do solo e regulador do ciclo hidrolóxico, dada a complexa e interactiva dinámica entre arboredo-solo-auga.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

Trátase de identificar e inventariar aqueles montes cuxa cobertura vexetal se considera que ten un especial carácter protector do solo e unha alta dinámica hidrolóxica, de forma que a súa desaparición por incendios forestais, execución de grandes infraestruturas ou outros motivos pode comportar procesos erosivos graves, alteracións do réxime hidrolóxico e incluso a redución na subministración de auga.

Ademais dos supostos recollidos na lexislación vixente e que antes se sinalaron, será necesaria unha atención especial a aqueles montes que alberguen ecosistemas húmidos, ligados directamente ao ciclo hidrolóxico e considerados como humidais segundo o convenio Ramsar. En particular, os recollidos no Inventario de humidais de Galicia desenvolto polo Ibader:

• Sistemas hídricos subterráneos en karst ou en covas.

• Ecosistemas higrófilos.

• Bosques asolagados turbosos.

• Pantanos con vexetación arbustiva.

• Turbeiras non arborizadas.

• Ecosistemas lacustres continentais (fundamentalmente lagoas e charcas, permanentes e temporais).

Convén precisar que, en aplicación da normativa vixente, os montes públicos patrimoniais ou montes privados poderán ser declarados como monte protector (e incluídos no Rexistro de Montes Protectores de Galicia) consonte as distintas posibilidades que ofrece a aplicación dos artigos 21 e 27 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Entre elas están as finalidades de contribuír á conservación da diversidade biolóxica ou as vinculadas á protección e mellora da calidade de vida da zona ou ao lecer e esparexemento dos cidadáns.

Á consecución do inventario de montes protectores debe seguir o establecemento dun rexistro, de modo que a proposta de inclusión pode ser de oficio por parte da Administración forestal ou por instancia do propietario ou titular dos terreos. En aplicación da normativa vixente e da propia Estratexia forestal española, deben primarse os acordos voluntarios de inclusión, establecendo contratos de xestión pública.

Unha alternativa razoable para algúns montes protectores de particulares ou de varas podería ser a súa adquisición por parte da Administración autonómica, con preferencia en terreos lindeiros a propiedades xa adquiridas pola Comunidade Autónoma. Os terreos así adquiridos poderían declararse como montes de utilidade pública para, a continuación, proceder á súa catalogación.

Unha etapa adicional sería establecer nos montes protectores prescricións técnicas de xestión para reducir os procesos erosivos e manter a provisión de auga como servizo ecosistémico. Ben se trate de xestión pública ou de xestión privada, debe prestarse especial atención neste caso aos seguintes aspectos:

1) Manter unha cobertura forestal permanente en terreos de pendente pronunciada e con clara vocación forestal, quedando os aproveitamentos madeireiros supeditados por un obxectivo prioritario de protección.

2) Promover estruturas forestais complexas e, ao mesmo tempo, reducir a combustibilidade das estruturas a unha escala de paisaxe.

3) Manter o arboredo autóctono e restrinxir as repoboacións a áreas en que resulten urxentes actuacións de revexetación para protección do solo.

4) Manter coberturas forestais favorables á provisión de auga en cantidade e calidade, quedando condicionada a xestión aos plans hidrolóxicos de bacía e ao abastecemento de auga a núcleos rurais, vilas e cidades.

5) Asegurar a xestión activa de terreos vertentes directamente a encoros de auga, para evitar o seu aterramento, promovendo actuacións de reforestación se resultan necesarias.

Nos montes protectores promoverase por tanto unha xestión forestal sustentable que asegure un uso equilibrado do solo e unha mellora dos recursos hídricos. As medidas de fomento no caso de montes de xestión privada (en concordancia coa medida VI.4.1) ou o establecemento de contratos de xestión pública (medida III.3.1.) serán os instrumentos para conseguilo.

Debido a que a produción de auga en cantidade e en calidade constitúe un dos principais servizos ecosistémicos dos montes, convén neste caso indicar que a lexislación galega vixente sobre augas establece que as medidas de restauración e de xestión con fins hidrolóxicos dos montes protectores poden ser susceptibles de ser financiados polo canon da auga.

Indicadores de seguimento (segundo quinquenios).

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.1.1.

Inventario de Montes Protectores

Realizado

II.1.1.

Rexistro de montes protectores

P

Sup. (ha)

10.000

30.000

60.000

90.000

Q

10.000

20.000

30.000

30.000

II.1.1.

Superficie xestionada con criterios de protección (incluída a que adquira a Administración, a xestionada por contratos de xestión pública ou a de xestión privada).

P

Sup. (ha)

10.000

50.000

90.000

130.000

Q

10.000

40.000

40.000

40.000

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D. Directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D56, indirecta con D13, D14 e D57.

• Relación directa con RD8. Indirecta con RD30 e RD86.

• ODS15, meta 15.4. ODS6, meta 6.6.

• Relación con outros programas/instrumentos: III.3.1., VI.4.1.

II.1.2. Programa de restauración de áreas queimadas.

Antecedentes e xustificación.

Desde a perspectiva de restauración postincendio, Vega Hidalgo indica que en Galicia conflúen circunstancias ben específicas. Por unha banda, as súas condicións climáticas son bastante favorables á recuperación da vexetación queimada, dadas a súa relativamente abundante precipitación e moderadas temperaturas. Con todo, á vez posúe trazos que fan que as consecuencias ecolóxicas dos incendios sexan frecuentemente máis graves que noutras partes de España, particularmente nos efectos sobre o solo. O elevado crecemento da biomasa, xunto con cubertas orgánicas superficiais do solo, xeran fortes acumulacións de combustible, o que propicia incendios de grande impacto na vexetación e sobre todo nos solos (severidade). As condicións climáticas no verán facilitan baixos contidos de humidade da cuberta orgánica e do solo superficial, especialmente na parte oriental, o que, unido aos altos contidos de carbono edáfico, provoca combustións de rescaldo moi duradeiras, o que favorece a posterior erosión hídrica.

Os montes galegos, por tanto, sofren as consecuencias dos incendios forestais de forma frecuente e intensa, o que se agrava por un acentuado risco erosivo postincendio. Con todo, Galicia conta cunha importante experiencia previa na aplicación, coordinada pola Administración autonómica e coa participación de expertos do CIF Lourizán, de medidas de restauración urxente de áreas queimadas.

A Guía para a xestión de montes queimados do MAPA indica que a planificación forestal require abordar con rapidez a análise e estimación dos efectos dos incendios sobre os ecosistemas forestais e, eventualmente, poñer en marcha actuacións de mitigación e rehabilitación/restauración. Para que esta resposta sexa eficaz, o xestor forestal necesita dispoñer, no mínimo tempo posible, da máxima información sobre o medio afectado e as características do incendio. A partir da análise e interpretación desta información deben xurdir as alternativas de restauración máis axeitadas para cada situación con risco de degradación.

A rehabilitación de emerxencia postincendio constitúe a primeira e máis urxente fase do proceso de restauración, e para executala resulta esencial dispoñer de ferramentas que permitan priorizar as zonas que se van tratar, segundo indica Vega Hidalgo, xa que non pode intervirse na totalidade da superficie queimada.

Obxecto.

Este instrumento de execución ten por obxecto establecer un programa estable de restauración de áreas queimadas, baseado nun protocolo de actuacións ben establecido e que se retroalimente da experiencia adquirida ata o momento e durante o período de execución do PFG.

Descrición e criterios de aplicación das medidas

O proceso de identificación e declaración de zonas prioritarias de actuación para a protección urxente do solo e a restauración ou rexeneración da cuberta forestal en áreas forestais queimadas ou degradadas estará en consonancia coa lexislación vixente e, en particular, no momento de redacción do presente documento, co artigo 49 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e os artigos 64 e 65 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

O desenvolvemento do Programa de restauración de montes queimados requirirá da revisión do borrador de protocolo de actuación existente (accións urxentes contra a erosión en áreas forestais queimadas: Guía para a súa planificación en Galicia, Xunta de Galicia, 2013) e da aplicación anual das medidas recollidas neste naquelas zonas que se determinen como prioritarias.

A secuencia de etapas do protocolo que se está aplicando actualmente en Galicia móstrase na seguinte figura:

missing image file

Como fase previa do proceso de protección e restauración de áreas forestais queimadas, é preciso proceder a unha análise e diagnóstico da situación actual e da súa posible evolución e tendencia, tanto do solo e vexetación como do impacto e os danos do lume sobre ambos, así como dos riscos e efectos erosivos e hidrolóxicos que deriven da perturbación, considerando tanto os aspectos forestais e ecolóxicos como os socioeconómicos.

A fase inicial do proceso de restauración dunha área queimada require actuar con urxencia durante a etapa crítica o máis axiña posíbel logo da extinción do incendio forestal, e mediante unha estabilización de emerxencia para protexer o solo contra a erosión e frear a escoamento para evitar grandes perdas de solo.

A declaración de zonas prioritarias de actuación debe efectuarse de forma anual, tal e como expón a normativa vixente.

Os incendios afectan con frecuencia masas forestais de alta produtividade. A xestión inmediata postincendio do arberado queimado ten particular importancia e debe integrarse cos labores de estabilización e rehabilitación. A apertura de pistas e o emprego de maquinaria de corta polo pé e extracción do arboredo queimado co solo húmido poden, con facilidade, incrementar os procesos erosivos subseguintes ao lume e afectar a rexeneración. A investigación realizada ata o de agora amosa que hai unha variabilidade de situacións moi elevada e que, por tanto, os efectos producidos pola corta polo pé, reunión e posterior saca dos pés queimados poden supoñer impactos fortes, moderados ou moi escasos, dependendo da pendente, a humidade do solo no momento de saca, o grao de severidade do dano no solo e vexetación, a presenza ou non dunha cuberta de follaxe procedente das árbores chamuscadas, o tipo de maquinaria empregado e a técnica de extracción, así como do tipo de manipulación dos residuos do aproveitamento. O programa debería supoñer un incremento do coñecemento práctico sobre estes aspectos, considerando expresamente os efectos socioeconómicos do problema.

Na aplicación do programa debe considerarse a normativa vixente sobre aproveitamentos de madeira queimada ou os condicionantes de rexeneración da cobertura forestal de forma natural ou artificial antes de dous anos tras o aproveitamento.

Unha vez protexido e estabilizado o solo durante o primeiro ano tras o incendio éntrase na etapa de rexenerar ou restaurar a vexetación queimada. A maioría das especies vexetais galegas presentan unha notable capacidade de rexeneración tras o lume, aínda que resulta necesario avaliar a dita capacidade segundo os danos sufridos e procurar unha rehabilitación do ecosistema forestal para devolvelo a unha situación similar á existente previamente ao lume.

A estimación da capacidade de rexeneración natural da vexetación queimada pódese asegurar con certeza no período comprendido entre un e tres anos desde o incendio, sen prexuízo de emprender as medidas de emerxencia e accións apropiadas para posibilitala, mediante o acoutamento ao gando na zona queimada para non impedila, con axuda á rexeneración mediante sementeira e recepado, ou mesmo mediante a adecuada reforestación ou plantación para acelerar a recuperación do arboredo.

O programa debe contribuír á finalidade de minorar as graves perdas económicas sufridas polos propietarios forestais como consecuencia dos incendios, ao comportar procedementos de investimento e/ou axudas á restauración de montes queimados por causas alleas a eles, utilizando para iso as posibilidades que ofrecen os fondos europeos Feader en materia de recuperación do potencial forestal danado.

No marco do desenvolvemento do programa estudarase o establecemento de condicionantes ás axudas ou investimentos directos, relacionados coa existencia e cumprimento dun instrumento de ordenación ou xestión forestal e existencia de xestión/silvicultura activa.

Indicadores de seguimento (segundo quinquenios).

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.1.2.

Revisión do protocolo de actuación urxente contra a erosión en montes queimados

Realizado

II.1.2.

Porcentaxe de superficie afectada por incendios de elevada severidade que foi obxecto de actuacións urxentes

P

 %

70 %

100 %

100 %

100 %

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D64.

• Relación directa con RD86.

• ODS15, meta 15.3.

II.2. SAÚDE E VITALIDADE FORESTAL.

Obxectivo do instrumento.

O obxectivo é mellorar a definición de competencias en materia de sanidade forestal, continuar os traballos de detección e seguimento da Rede galega de seguimento de danos nos bosques e establecer un programa operativo de sanidade forestal que achegue sinerxías aos traballos de prevención. O programa debe prever plans de prevención fronte ás novas ameazas que poidan detectarse, seguimento e control do estado sanitario das masas forestais, e medios e recursos (económicos e humanos) necesarios.

Iniciativas e programa de actuación.

O obxectivo temático do programa articúlase en dúas iniciativas e un programa marco de actuación:

Saúde e vitalidade forestal

1. Regulación de competencias en materia de sanidade forestal.

2. Rede galega de seguimento de danos nos bosques.

3. Programa de saúde e vitalidade forestal.

II.2.1. Regulación de competencias en materia de sanidade forestal.

Antecedentes e xustificación.

As competencias en materia de sanidade vexetal recaen na actualidade na Consellería do Medio Rural, que dispón dun servizo de sanidade e produción vexetal. Este servizo encárgase, entre outras funcións, da inspección sanitaria da produción de sementes e plantas, da xestión e control dos medios de defensa sanitarios dos vexetais, do mantemento dos rexistros en materia de sanidade vexetal, da supervisión e coordinación das agrupacións de defensa en materia fitosanitaria ou dos avisos fitosanitarios.

Doutra banda, a actual Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal conta cun Servizo de Saúde e Vitalidade do Monte, ao cal lle corresponde a protección do medio forestal contra as ameazas bióticas e abióticas e o mantemento e control da Rede galega de seguimento do estado fitosanitario dos bosques, entre outras funcións.

Convén, por tanto, nesta materia fortalecer a relación entre ambos os servizos, establecendo os procedementos necesarios para regular ou unificar criterios en materia de sanidade vexetal aplicada a especies forestais.

Obxecto.

A medida establecerá os procedementos de traballo e colaboración entre os servizos da Consellería do Medio Rural directamente ligados á sanidade vexetal en especies forestais, evitando duplicidades ou incompatibilidades, e simplificando trámites administrativos.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

A presente medida:

1) Regulará procedementos de coordinación interna na Administración autonómica competente, especialmente entre os servizos centrais e territoriais relacionados coa sanidade vexetal, en xeral, e coa saúde e vitalidade forestal, en particular.

2) Establecerá protocolos de actuación entre os distintos servizos, procurando unha mellora na comunicación entre eles, en particular para:

a. O control e inspección da produción e comercialización de sementes e plantas de viveiro de calidade mediante un protocolo conxunto de actuación.

b. O fomento, programación e desenvolvemento de sistemas produtivos forestais respectuosos co ambiente e da xestión integrada de pragas e doenzas.

c. A análise da planificación, organización, dirección, inspección e execución das accións relacionadas coa prevención e loita contra axentes nocivos, así como a definición dos medios de defensa da produción nos cultivos vexetais forestais e os seus produtos, incluídos os aproveitamentos de árbores e arbustos forestais para froito.

d. A xestión e control dos medios de defensa de carácter sanitario.

e. O mantemento dos rexistros da Consellería do Medio Rural en materia de sanidade vexetal forestal.

f. A supervisión e coordinación das agrupacións de defensa en materia fitosanitaria, así como dos avisos fitosanitarios en montes.

3) A coordinación administrativa entre servizos debe facilitar os procesos de detección e seguimento específico de pragas e enfermidades forestais, e en especial dos organismos de corentena, os procesos de expedición e o control do pasaporte fitosanitario para material forestal de reprodución e os tratamentos de loita integrada, en cumprimento da lexislación vixente.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.2.1.

Establecemento de protocolo de actuación entre servizos relacionados coa sanidade vexetal e a saúde e vitalidade do monte

Elaborado

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D1o e D67.

• ODS15, meta 15.2.

II.2.2. Rede galega de seguimento de danos nos bosques.

Antecedentes e xustificación.

De conformidade coa lexislación vixente en materia de montes, a Administración forestal impulsará e manterá actualizada unha rede de detección e seguimento das pragas, enfermidades e outros axentes nocivos que actúen sobre os ecosistemas forestais co obxectivo de avaliar o estado sanitario das masas forestais da Comunidade Autónoma.

As redes europeas de nivel I e II achegan información adecuada para o estudo de problemas sanitarios nos montes no tempo e a escala europea, mais son claramente insuficientes para o estudo e diagnóstico correctos do estado da vitalidade dos montes a escala rexional ou local. Por este motivo, así como pola aparición de novas ameazas para a sanidade dos montes, a Administración galega intensificou as mostraxes das redes europeas de danos na comunidade coa creación da Rede galega de seguimento de danos nas masas forestais de Galicia no ano 2004. Esta rede, de carácter rexional, atende á metodoloxía europea, aínda que incorpora aqueles datos ou observacións que a Administración competente considera interesantes para a correcta ordenación e xestión forestal.

Obxecto.

Esta medida buscará o mantemento, actualización e avaliación continua da Rede Galega de seguimento de danos nas masas forestais galegas para coñecer e valorar o estado de saúde e vitalidade dos montes da Comunidade, tanto no tempo como no espazo, mediante a medición de distintos parámetros de fácil recolección e tratamento. En particular, buscarase:

a) Mellorar o grao de información e coñecemento sobre os problemas sanitarios dos montes galegos e os axentes que os causan.

b) Monitorizar os axentes bióticos, abióticos, contaminantes e climáticos que inciden actualmente sobre os montes e aqueles que poidan detectarse no futuro.

c) Difundir a información que anualmente se obtén e transferila aos propietarios forestais para mellorar a xestión.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

As actuacións para o mantemento e mellora da Rede galega de seguimento de danos nas masas forestais galegas serán:

a) Avaliación continuada do seguimento de danos fitosanitarios en bosques galegos: proporcionar a debida continuidade e mellora da Rede galega de seguimento de danos nas masas forestais galegas, se é posible coa colaboración ou participación de propietarios forestais, ou xestores e usuarios de montes.

b) Establecemento dun sistema administrativo de alerta rápida e consulta dirixido a propietarios e xestores forestais.

c) Informes de avaliación fitosanitaria: estado de saúde dos montes galegos. Darase continuidade á elaboración anual do Informe fitosanitario de Galicia proporcionando adicionalmente unha axeitada divulgación dos resultados con contidos máis didácticos. Elaboración dun informe quinquenal que avalíe o estado, evolución e tendencias, con vistas á revisión continua do Programa de saúde e vitalidade forestal (medida II.2.3).

d) Compensación a propietarios de parcelas incluídas na rede que facilitasen o acceso e onde se detectaron problemas de corentena que obrigan a traballos de erradicación.

e) Emprego da información xerada pola rede en actuacións de formación de propietarios e xestores forestais en materia de detección e seguimento: obrigas en materia de pragas, enfermidades e defensa fitosanitaria, na aplicación dun proceso de corresponsabilidade coa Administración pública.

f) Formación do persoal da Administración forestal e o establecemento dun procedemento de avaliación periódica de presencia/severidade de afeccións sanitarias baseado na rede de danos.

g) Formación doutros axentes do sector (viveiristas, técnicos de asociacións forestais e de empresas de servizos forestais, entre outros).

h) Facilitamento e promoción do intercambio de información periódica sobre sanidade forestal entre Administración competente e sector implicado: promover a relación institucional entre as organizacións de propietarios forestais e a Administración competente, incluída a avaliación conxunta.

i) Emprego da rede de danos para reforzar a investigación sobre control biolóxico de pragas e doenzas, así como a interrelación entre a xestión forestal e a silvicultura activa e integral coa saúde e vitalidade do monte.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.2.2.

Mantemento, actualización e avaliación continua da Rede rexional de seguimento de danos nas masas forestais galegas.

Nº mínimo de puntos de mostraxe

252

260

260

260

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D68.

• ODS15, meta 15.2.

II.2.3. Programa de saúde e vitalidade forestal.

Antecedentes e xustificación.

O escenario actual de cambio climático, de intensificación a nivel global no uso da terra e de traslados de materiais vexetais e madeira a longas distancias supón incertezas importantes respecto ás novas ameazas bióticas que poderían afectar no futuro os montes galegos. De feito, nos últimos 10 anos, o número de axentes nocivos detectados nas especies forestais galegas incrementouse notablemente, incidindo tanto en formacións naturais como en plantacións de produción madeireira ou de froito.

Este feito obriga a que calquera programa de sanidade forestal deba ser necesariamente adaptable a novas ameazas que poidan detectarse, para o que a propia rede de danos supón unha base importante de información, que debe combinarse cun contacto directo co ámbito da investigación aplicada (estación fitopatolóxica, centros da propia Xunta ou universidades).

O programa debe combinar tanto as medidas silvícolas de xestión que redunden nunha correcta prevención de problemas sanitarios importantes como as medidas de seguimento e control dos problemas cando estes aparezan. Teranse especialmente en conta axentes como a procesionaria do piñeiro, fungos foliares como os fungos foliares dos piñeiros –banda vermella e banda marrón– e dos eucaliptos, escolítidos, Pissodes, Altica, Armillaria, Gonipterus platensis, chancro do castiñeiro, avespiña do castiñeiro, Phytophthora do amieiro. Ademais, deberase considerar especialmente a aplicación dos plans de continxencia relacionados con organismos de corentena, que actualmente afecta en Galicia o nematodo da madeira do piñeiro e o Fusarium circinatum.

Deberanse levar a cabo actividades de coñecemento, alerta e vixilancia de potenciais pragas e enfermidades que, aínda que non estean presentes neste momento en Galicia, poidan chegar e afectar negativamente as masas forestais galegas.

Obxecto.

Elaboración e aplicación do Programa de saúde e vitalidade forestal de Galicia como a ferramenta de planificación operativa da sanidade forestal que manteña a capacidade produtiva dos montes e asegure a persistencia das formacións forestais naturais cun nivel de danos reducido.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

O programa debe combinar varias liñas de actuación:

1) Xestión forestal preventiva de problemas sanitarios. Trataranse de planificar todas as fases da xestión de montes, desde a plantación ou rexeneración natural ata o aproveitamento final, considerando as implicacións sanitarias que as actuacións poden comportar. Así mesmo, deben incluírse intervencións sanitarias (sistema de rareos) e de retirada de arboredo enfermo, seco ou afectado por incendios, cunha perspectiva preventiva.

2) Continuación e reforzo das liñas que actualmente mantén a Administración autonómica, en colaboración con entidades privadas nalgúns casos, sobre: control biolóxico de Dryocosmus kuriphilus, control biolóxico e integrado de Gonipterus platensis, control biolóxico de Cryphonectria parasitica, seguimento de Phytophthora alni, control de procesionaria do piñeiro mediante Bacillus thuringiensis kurstaki e outras liñas que existan ou poidan desenvolverse no futuro.

3) Inspección, control e execución de plans de continxencia sobre organismos declarados de corentena en aplicación da normativa estatal e europea. Poderán elaborarse plans de acción específicos, sendo neste aspecto especialmente necesaria a mellora nas actuacións que se desenvolven respecto do nematodo da madeira do piñeiro no sur da provincia de Pontevedra e na zona demarcada a 20 km da fronteira portuguesa.

O programa debe conter medidas que afecten as actividades de seguimento e detección, as de prevención e tamén as de loita integrada. As medidas prioritarias en materia de seguimento e detección serán:

1) Intensificar a detección e seguimento específico de pragas e enfermidades declaradas de corentena.

2) Mellorar a formación do persoal da Administración forestal e establecer procedementos de avaliación periódica de presenza/severidade de afeccións sanitarias.

3) Mellorar a formación de propietarios e xestores forestais, que lles facilite asumir as súas obrigacións legais e lles permita obter un mellor rendemento económico do monte.

En materia de prevención deben considerarse:

1) Mellora da formación de silvicultores, viveiristas, técnicos de asociacións forestais e de empresas de servizos forestais, así como de funcionarios responsables da xestión de montes, en materia de sanidade forestal.

2) Promoción do intercambio de información periódica en materia de sanidade forestal entre a Administración competente e o sector implicado; avaliación conxunta do estado de saúde e vitalidade dos montes, e das medidas fitosanitarias que se vaian desenvolver.

No ámbito da loita integrada, deben considerarse:

1) Reforzo da investigación e da aplicación práctica de métodos de loita biolóxica, e medidas de mellora xenética e silvicultura que consideren a mellora á susceptibilidade a pragas e enfermidades.

2) Desenvolvemento de traballos de avaliación e declaración de produtos fitosanitarios que permitan ampliar o número de materias activas adecuadas para o tratamento específico de pragas e enfermidades forestais.

No ámbito da declaración, erradicación, control e seguimento de organismos de corentena, as medidas máis relevantes que hai que considerar son:

1) Creación dun servizo de avisos de pragas e enfermidades forestais no portal web da Administración competente, atendendo ao estipulado no artigo 116 (actuacións da Administración forestal) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

2) Mellora da información e formación sobre métodos de prevención para a entrada no territorio estatal e rexional de organismos de corentena derivada de traslados de material (plantas, outros materiais forestais de reprodución, madeira e biomasa, entre outros).

3) Fomento de liñas de investigación e transferencia sobre organismos de corentena, así como sobre outros problemas ou riscos sanitarios de relevancia para as masas forestais da Comunidade Autónoma. En particular, as liñas de investigación xenética en materia de resistencia ou baixo grao de afectación que se están a desenvolver actualmente.

Estableceranse posibles canles de cooperación con comunidades autónomas limítrofes e transfronteiriza (norte de Portugal) en materia de sanidade forestal, mediante convenios de colaboración e de coordinación.

Algúns aspectos adicionais e específicos que hay que considerar son os seguintes:

1) Debe incrementarse a colaboración ente a Administración e os viveiros forestais para asegurar a dispoñibilidade de materiais de reprodución autóctonos que eviten a importación de planta e consecuente risco de entrada de novos patóxenos, en consonancia cos programas 1.3.1 e 1.3.2. Procurarase facilitar que os viveiros forestais privados dispoñan da maior información para o manexo de novos problemas sanitarios e organismos de corentena. Debería, ademais, incrementarse o control de viveiros non rexistrados e a comercialización ilegal de planta. É necesario informar os entes provedores de MFR do número, segundo especie, e características das plantas que se empregarán nas grandes liñas de axudas e investimentos directos que a Administración forestal está a aprobar anualmente.

2) O Programa de mellora xenética (1.3.1) debe considerar expresamente a resistencia a problemas sanitarios como un criterio de selección de materiais xenéticos. Na actualidade, isto considérase especialmente relevante para o nematodo da madeira do piñeiro ou a vespiña do castiñeiro, debendo darse continuidade aos traballos xa comezados polo CIF Lourizán e outros organismos.

3) Control biolóxico do gurgullo do eucalipto e do chancro/avespiña do castiñeiro mediante soltas de ootecas parasitadas con Anaphes nitens e inoculacións dos chancros dos castiñeiros con cepas hipovirulentas de Cryphonectria parasitica que provocan a cicatrización espontánea dos chancros, e soltas de Torymus sinensis nas zonas afectadas pola avespiña. Aínda que o Anaphes nitens e, recentemente, o Torymus sinensis están rexistrados como organismos de control biolóxico (OCB) e, por tanto, o seu uso está regulado e é legal, e mesmo hai diferentes empresas produtoras, non ocorre o mesmo coa Chryphonectria parasitica. As cepas hipovirulentas deste organismo non están rexistradas como un OCB legalmente recoñecido, polo que o seu uso non está regulado e neste momento a súa aplicación só pode realizala a Administración, o que supedita o tratamento á súa dispoñibilidade económica, dificultando enormemente o control da enfermidade. Débese asegurar a consonancia cos programas IV.1.2. e IV.2.2.

4) Necesidade de protocolos de loita integrada contra insectos defoliadores e perforadores dos piñeiros, nun escenario de quecemento global e de previsible maior incidencia destas pragas. No caso concreto da procesionaria abordaranse estudos de comportamento biolóxico e de propagación da especie e control e seguimento de poboacións mediante trampas de feromonas, tratamentos aéreos de pulverización con esporas de Bacilus thuringiensis var. kurstaki (BTK), detección e destrución de bolsas ou outros tratamentos terrestres, ou ben métodos indirectos mediante o fomento de aves insectívoras e de insectos depredadores.

5) Os fungos foliares dos piñeiros, banda vermella e especialmente banda marrón (Lecanostica acicola) deben ser obxecto dun plan específico de vixilancia, detección, loita integral e avaliación da efectividade dos tratamentos realizados.

6) Respecto dos perforadores, e á vista da súa afectación tan importante en masas de coníferas en Norteamérica e Centroeuropa (Ips typographus), debe poñerse énfase no seguimento e detección precoz para este tipo de organismos.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.2.3.

Programa de saúde e vitalidade forestal de Galicia

Elaborado

II.2.3.

Intensidade de solta/colocación/inoculación de medios de control biolóxico: Torymus sinensis, Anaphes nitens ou cepas hipovirulentas.

Segundo necesidades

II.2.3.

Superficie de actuacións preventivas de retirada de arboredo enfermo, seco ou queimado en montes de xestión pública

Sup. (ha)

Segundo necesidades

II.2.3.

Actuacións de difusión, divulgación e formación

P

Ud.

25

50

75

100

Q

25

25

25

25

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D10, D48, D67, D68, D69, D70, D71 e D105.

• Relación indirecta con RD86.

• ODS13, meta 13.1. e ODS15, meta 15.2.

• Relación con outros programas/instrumentos: I.3.1 e I.3.2, II.2.2.

II.3. PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS DE GALICIA.

Obxectivo programático.

O presente programa deséñase co obxectivo de racionar a problemática dos incendios forestais en Galicia, destacando o carácter estratéxico da prevención e a defensa contra un problema endóxeno, de constante histórica, na comunidade. A riqueza natural de Galicia ponse en perigo anualmente por mor dos incendios forestais, onde a intencionalidade é a causa practicamente maioritaria (e, por tanto, un delito e un problema de orde pública), coa destrucción de contornas de grande importancia ecolóxica, paisaxística, social e económica.

O artigo 1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece como obxecto a defensa dos montes ou terreos forestais fronte aos incendios e a protección das persoas e dos bens afectados por estes, promovendo a adopción dunha política activa de prevención coordinada de todas as administracións públicas de acordo coa lexislación galega en materia de emerxencias, baseada en:

1) Actuar nos montes e áreas lindeiras mediante os tratamentos adecuados da biomasa vexetal.

2) Compatibilizar e regular os aproveitamentos e transformacións do monte e zonas agrarias lindeiras coa finalidade de evitar os incendios.

3) Establecer as condicións para a protección dos asentamentos rurais respecto aos incendios forestais, no marco dunha política integral de desenvolvemento rural.

Este marco normativo expón claramente como principio a obriga xeral de toda persoa propietaria, arrendataria e usufrutuaria de terreos forestais e das zonas de influencia forestal, así como titulares ou concesionarias de infraestruturas públicas situadas nestes, de manter estas zonas en condicións que contribúan a previr ou evitar os incendios forestais, respectando especialmente as relativas á xestión da biomasa vexetal e ás disposicións referentes ás especies non permitidas nas redes de faixas de xestión de biomasa vexetal e de ordenación das repoboacións forestais (artigo 3 da Lei 3/2007, do 9 de abril).

Esta obrigación reitérase na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, onde se cita que é un deber específico dos propietarios dos montes tomar as medidas preventivas e de control respecto a calquera tipo de danos, principalmente contra os incendios forestais. A responsabilidade preventiva da Administración fronte aos incendios céntrase exclusivamente naqueles terreos forestais de titularidade da Xunta de Galicia ou de xestión pública (montes públicos ou montes privados obxecto de contrato temporal de xestión pública coa Administración forestal).

En definitiva, a prevención e protección dos montes fronte aos incendios, mediante un uso e xestión forestal que atenda ás prohibicións, limitacións e normas establecidas para o efecto, é obrigación xeral da persoa titular, arrendataria, usufrutuaria ou cesionaria nos montes da súa titularidade, xestión ou cesión. Pola súa banda, a extinción de incendios forestais, como sistema de base territorial, profesionalizada e integrada, está baixo o mando único da Administración competente en materia de incendios no rural, a través dos órganos que se especifiquen no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga).

Todas estas medidas deben situarse baixo a perspectiva da planificación territorial, non como unha política ou estratexia illada de incendios forestais, de forma que será necesario implicar a todas as administracións públicas, a poboación en xeral e os propietarios forestais, en particular, entre outros (empresarios, etc.). Ademais, o desenvolvemento do presente programa estratéxico apóiase e apoiarase nos principios guía de toda acción encamiñada á loita integral contra os incendios forestais no ámbito internacional, europeo e nacional.

Inclúense, por tanto, iniciativas, medidas e accións ou actuacións destinadas á planificación das actuacións en terreos forestais para previr a produción de incendios forestais (minimizar a ocorrencia e riscos dos incendios forestais) e para minimizar os danos derivados de se propagaren estes (evitar a propagación e reducir ao mínimo as consecuencias unha vez declarado o incendio).

Iniciativas, medidas e accións ou actuacións.

O obxectivo temático do programa articúlase en oito iniciativas, medidas e accións ou actuacións en materia de prevención de incendios forestais, que se desenvolven nas seguintes subseccións:

Prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia

1. Lei de prevención de defensa contra os incendios forestais de Galicia.

2. Reestruturación dos distritos de defensa do monte para a súa adaptación ás necesidades específicas da prevención e extinción dos incendios forestais.

3. Brigadas de investigación de causas de incendios forestais e rexistro de investigacións de incendios forestais.

4. Revisión e actualización dos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais dos distritos forestais de Galicia.

5. Plans integrais de actuacións preventivas dos distritos forestais.

6. Plan plurianual de dotación de medios e recursos da DXDM.

7. Potenciación da colaboración coas administracións locais a través do fortalecemento do convenio para o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa nas redes secundarias de faixas e dos convenios interadministrativos subscritos entre a Consellería do Medio Rural e as entidade locais de Galicia para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais para o funcionamento das brigadas municipais en tarefas de prevención e extinción, dos vehículos motobomba municipais en tarefas de extinción, e da prevención nas vías de titularidade municipal.

7.1 Sistema público de xestión de biomasa nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa.

7.2 Convenios interadministrativos subscritos entre a Consellería do Medio Rural e as entidades locais de Galicia para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais para o funcionamento das brigadas municipais en tarefas de prevención e extinción, dos vehículos motobomba municipais en tarefas de extinción e da prevención nas vías de titularidade municipal.

8. Plan de formación continua.

II.3.1. Lei de prevención de defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Antecedentes e xustificación.

A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, tras a súa aprobación polo Parlamento de Galicia en 2007, foi modificada por diversas leis posteriores, principalmente pola Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. A derradeira modificación foi a través da Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas. Esta derradeira lei introduciu os seguintes aspectos destinados a mellorala:

• A posibilidade de declarar perímetros de alto risco de incendios naqueles lugares en que o estado de abandono signifique un alto risco de propagación de incendios forestais,

• A declaración de utilidade pública das infraestruturas e dos equipamentos preventivos vinculados á defensa e loita contra os incendios forestais,

• A posibilidade de elaboración e aprobación dos plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais por zonas,

• A introdución de medidas xerais en materia de xestión da biomasa e de vixilancia e detección de incendios

A Consellería do Medio Rural é o órgano da Administración autonómica galega ao cal, baixo a superior dirección da persoa titular do departamento, lle corresponde propor e executar as directrices xerais do Goberno no ámbito rural, entre as que se inclúen, especificamente as competencias en materia de prevención e defensa dos incendios forestais, de acordo co establecido no Estatuto de autonomía para Galicia e segundo os termos sinalados pola Constitución española, na forma establecida neste decreto. O Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e se modifica parcialmente o Decreto 177/2016, do 15 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia, establece que corresponde á Dirección Xeral de Defensa do Monte o exercicio das competencias inherentes ás medidas de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Corresponde á Dirección Xeral de Defensa do Monte impulsar o proceso de elaboración dun documento que sexa a base do que será o futuro anteproxecto da nova Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Obxecto.

Á hora de formular un cambio na normativa autonómica en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais, cómpre ter en conta os cambios que se están a operar no eido en Galicia, cambios entre os que cabería destacar os seguintes:

1) Cambios na estrutura e composición das formacións vexetais presentes nos montes e terreos forestais que son o resultado de múltiples factores combinados incluíndo o cambio climático, a aceleración do despoboamento e da fragmentación do poboamento, así como o abandono dos usos tradicionais agrícolas, gandeiros e forestais en parte do territorio. Compre tamén ter en conta os cambios de usos que se están a producir no rural e os cambios no espazo denominado de interface urbano-forestal, cunha expansión das especies vexetais leñosas.

2) Cambios observados no comportamento do lume cara un comportamento máis virulento e máis impredicible que ata agora. Veñen derivados en parte dos cambios mencionados no parágrafo anterior. Aínda que de momento non se dispón dunha serie histórica de datos suficientemente ampla que permita afirmar que eses cambios xa se consolidaron, convén non perder de vista situacións próximas no espazo e no tempo, como os que se deron, por exemplo, nos lumes rexistrados en outubro de 2017 en Galicia, ou os rexistrados no verán de 2016 en Portugal, dos que hai múltiples exemplos noutros lugares e países.

3) Por outra banda, os enfoques científicos sobre o cambio climático apuntan maioritariamente cara a un escenario de episodios de altas temperaturas e variación na distribución das precipitacións con incremento dos períodos secos. Xa desde hai anos as investigacións do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán apuntan a unha continua diminución do contido de humidade dos materiais vexetais mortos nos solos forestais de masas arborizadas de Galicia.

4) Os derradeiros cambios na normativa en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais mencionados nos antecedentes.

5) A elaboración dun anteproxecto de Lei de mobilidade de terras impulsado pola Consellería do Medio Rural, que terá efectos na prevención dos incendios forestais.

6) A sinatura en 2018, e as correspondentes addendas en 2019 e 2020, do Convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

Os cambios mencionados nos tres primeiros parágrafos anteriores apuntan a que nos próximos anos e décadas será preciso dedicar un maior esforzo ás medidas de carácter preventivo, que obrigará á introducir novas ferramentas normativas, administrativas e técnicas.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte, impulsará o proceso participativo a través do cal se elaborará o documento de base do anteproxecto da nova Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Para impulsar o proceso, a Dirección Xeral de Defensa do Monte contará co colaboración da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo, coa cal se asinará o correspondente convenio de colaboración.

O proceso participativo incluirá axentes internos da Consellería do Medio Rural e outros axentes da Administración autonómica e axentes da sociedade civil con interese no ámbito da prevención e defensa contra os incendios forestais, que se invitarán a participar (ambos do Consello Forestal).

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.3.1.

Elaboración da nova lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia

Texto articulado aprobación parlamentaria

Elaborado/ aprobado

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D99.

• Relación directa con RD11, RD39, RD57, RD70 e RD95.

• ODS13, meta 13.1.

II.3.2. Reestruturación dos distritos de defensa do monte para a súa adaptación ás necesidades específicas da prevención e extinción dos incendios forestais.

Antecedentes e xustificación.

O lume está historicamente presente nos ecosistemas dun xeito natural e tamén por acción antrópica ao empregarse secularmente como ferramenta de xestión do territorio, con impactos recorrentes sobre a economía e a paisaxe.

O fenómeno do despoboamento unido ao abandono dos usos tradicionais do territorio dá lugar a unha transformación do rural que, en moitas ocasións, orixina estruturas vexetais máis susceptibles á propagación dos lumes.

Os novos escenarios ligados ao cambio climático global comportará previsiblemente un incremento dos índices de risco e da intensidade dos lumes, favorecendo a ocorrencia de multiemerxencias con implicacións sobre a seguridade cidadá, converténdose en sinistros cada vez máis complexos, perigosos e difíciles de xestionar. É fundamental reducir a ameaza que supoñen os incendios para a sociedade civil, tanto para as persoas como para bens e infraestruturas.

Na defensa contra incendios é preciso traballar con anticipación, considerando non só os escenarios dun clima cambiante cara a situacións máis extremas senón tamén un territorio forestal en permanente transformación. A xestión dos incendios deberá adecuarse a estes cambios e considerar os novos escenarios, anticipando novos desenvolvementos de coñecemento e tecnolóxicos.

A Xunta de Galicia, a través dos seus servizos de prevención e extinción de incendios forestais, acumula unha grande experiencia na defensa contra os lumes, experiencia e coñecemento que é conveniente capitalizar e coordinar adecuadamente nas accións futuras.

Obxectivo.

A reestruturación dos distritos forestais, unha vez creadas a D.X. de Defensa do Monte e a D.X. de Planificación e Ordenación Forestal, faise imprescindible para o desenvolvemento das competencias específicas de cada dirección, para o normal funcionamento dos distritos e dos servizos provinciais pertencentes a cada dirección xeral, e sobre todo é necesario cubrir os requirimentos técnicos no período de alto risco de incendios e adaptalos ás necesidades específicas de prevención e extinción de incendios.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

A nova reestruturación dos distritos forestais deberá basearse, ademais de en todo o exposto nos antecedentes e xustificación, nos seguintes criterios:

1. Adecuar os novos distritos a unidades específicas para a aplicación das competencias da nova Dirección Xeral de Defensa do Monte.

2. Adecuar a estrutura de persoal e territorial ás novas necesidades.

3. Necesidade de aplicar os novos criterios dos plans de distrito e dos plans anuais integrais preventivos.

4. Responder ás novas necesidades de extinción, á maior virulencia dos incendios forestais e aos retos do cambio climático.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2020-2025

2025-2030

2030-2035

2035-2040

II.3.2.

Reestruturación dos distritos de defensa do monte adaptada ás necesidades específicas da prevención e extincións dos incendios forestais en Galicia

1.

Finalizado

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D62 e D97.

• Relación directa con RD7, RD22 e RD54.

• ODS13, meta 13.1.

II.3.3. Brigadas de investigación de causas de incendios forestais e rexistro de investigacións de incendios forestais.

Antecedentes e xustificación.

Xunto coa nova reorganización territorial e organizativa dos distritos forestais adaptada as necesidades específicas tanto na prevención como na defensa contra o lume e de cara a unha correcta xestión dos recursos forestais de Galicia, requírese un coñecemento exhaustivo das causas e circunstancias que desencadean os incendios forestais en cada zona, xa que sen esta información non se poderán tomar as adecuadas decisións para a súa mitigación e erradicación, nin utilizar as técnicas de protección e extinción máis axeitadas.

Determinar por que ocorre un incendio, aínda nos casos en que as perdas sexan mínimas, é fundamental para poder concretar as accións que mitiguen os seus efectos.

En consecuencia, segundo as análises e diagnósticos cualitativos realizados sobre a causalidade dos incendios forestais en Galicia, e tendo en conta a demanda efectuada polo grupo de traballo nas súas directrices para a 1ª revisión do PFG, é necesario estruturar un sistema de investigación de causas de incendios forestais e persecución dos incendiarios, as brigadas de investigación de incendios forestais (BIIF).

Obxecto.

Estas brigadas, formadas por axentes forestais e ambientais especializados e dotadas convenientemente dos medios materiais necesarios para realizar a súas investigacións, encadraranse dentro do dispositivo de vixilancia e investigación e funcionarán ordinariamente dun xeito independente dos requirimentos dos labores de extinción e prevención.

A función principal destes axentes será a investigación dos incendios forestais en coordinación cos corpos e forzas de seguridade, e tamén se encargarán de velar polo cumprimento da Lei 3/2007.

A principal función das BIIF é a da investigación dos incendios forestais e as actuacións de identificación das persoas ou actividades responsables dos incendios forestais, tanto os provenientes de escapes de queimas autorizadas como os orixinados con intención de queimar o territorio, baseándose na análise das evidencia físicas, das actividades humanas e na recollida e análise de información de testemuñas.

As BIIF traballarán en coordinación cos corpos e forzas de seguridade.

As BIIF tamén participarán e inspeccionarán de oficio os predios afectados por incendios forestais no caso de que as condicións destes predios dificultasen os labores de extinción ou creasen riscos especiais para a poboación. O obxectivo é facer cumprir as disposicións legais de prevención estrutural relacionadas coa seguridade das persoas.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

Incrementaranse os esforzos destinados a procurar unha mellor definición da intencionalidade e motivación dos lumes forestais, de modo que se achegue unha mellora real na consecución de probas xustificables ante un xuíz, a persecución e detención dos incendiarios, concentrando os recursos principalmente nas áreas de alta conflitividade. Para iso, proponse:

1) Crear unidades específicas constituídas por axentes facultativos ambientais.

2) Priorizaranse os territorios de maior actividade incendiaria.

3) Colaboración activa e coordinada con corpos e forzas de seguridade do Estado (CFSE).

4) Formación adecuada de persoal encargado da investigación.

5) Mellora dos métodos de valoración dos danos producidos e dos sistemas de identificación dos afectados.

6) Dispoñibilidade de información existente no Rexistro de Pastoreo e outras actividades económicas que se realicen na zona e requiran a autorización/cesión da propiedade.

7) Seguimento de zonas afectadas tras incendio forestal.

8) Creación dun Rexistro de Investigacións de Incendios Forestais.

Ademais, tal e como indica o artigo 48.8 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, tras a finalización dun incendio forestal procederase, en función dos medios dispoñibles, á investigación de causas, co obxecto de establecer as circunstancias en que se produciu e identificar e sancionar a persoa responsable da súa autoría. A investigación debe servir tamén para establecer as medidas preventivas e correctoras para evitar posteriores incendios.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2020-2025

2025-2030

2030-2035

2035-2040

II.3.3

Creación de brigadas de investigación de incendios forestais

Nº brigadas creadas

Creación e posta en funcionamento

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D63 e D64.

• Relación directa con RD100, RD101 e RD102.

• ODS13, meta 13.1.

II.3.4. Revisión e actualización dos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais dos distritos forestais de Galicia.

Antecedentes e xustificación.

O título II da Lei 3/2007, do 9 de abril, regula o planeamento da defensa do espazo rural fronte aos incendios forestais, incluídos os elementos básicos do planeamento (capítulo I) e o planeamento da defensa do espazo rural (capítulo II).

Segundo o establecido no artigo 15 da Lei 3/2007, do 9 de abril, o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito desenvolve as orientacións previstas na planificación establecidas no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, concretando a estratexia de distrito.

A elaboración, a adaptación e a revisión dos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito correspóndenlle actualmente á Dirección Xeral de Defensa do Monte, e serán aprobados pola persoa titular da Consellería do Medio Rural.

Os plans de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito conteñen as accións necesarias para a defensa contra incendios forestais e, máis alá das accións de prevención e outras medidas previstas en materia de emerxencias, inclúen a previsión e a programación integrada das intervencións das diferentes entidades implicadas no operativo contra incendios forestais.

Para a elaboración, coordinación e actualización continua do planeamento do distrito contra incendios forestais estableceranse os mecanismos de participación das diferentes administracións, entidades, asociacións do sector e persoas propietarias afectadas.

Nos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito incluiranse previsións específicas respecto das zonas confinantes entre os diferentes distritos, para asegurar a súa coherencia.

A Consellería do Medio Rural poderá crear e aplicar programas especiais de intervención no ámbito dos plans de prevención e defensa contra incendios forestais de distrito para áreas forestais contiguas a infraestruturas de elevado valor estratéxico e para áreas forestais estratéxicas de elevado valor, de acordo co establecido nos plans de ordenación de recursos forestais. Igualmente, nos ditos plans poderán establecerse zonas de actuación preferente para os efectos de prevención de incendios, para cuxa xestión poderán concertarse convenios de colaboración coa propiedade ou axudas específicas.

As áreas referidas no parágrafo anterior designaranse por proposta da Dirección Xeral de Defensa do Monte e por orde da Consellería do Medio Rural, oída a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Para cada unha das zonas de alto risco de incendio elaborarase un plan específico de defensa, que se integrará no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito e que, como mínimo, terá en conta:

a) As medidas e os traballos preventivos aplicables a elas. Estes traballos preventivos incluirán devasas, vías de acceso e puntos de auga que deben realizar as persoas titulares dos montes da zona, así como os prazos e as modalidades de execución, sen prexuízo da colaboración coas administracións públicas.

b) Os usos, costumes e actividades que poidan existir na zona e que se manifesten a través da provocación reiterada de lumes ou do uso neglixente do lume.

c) O establecemento e a dispoñibilidade de medios de vixilancia e extinción necesarios para dar cobertura a toda a superficie forestal da zona, coas previsións para o seu financiamento.

d) A regulación dos aproveitamentos e usos que poidan dar lugar a risco de lumes forestais.

Así mesmo, os plans de distrito incluirán o detalle das redes de xestión de biomasa, de infraestruturas lineais e as distancias do arboredo prohibido en cada caso, a rede fluvial de acordo coas distancias que marca a lei así como as masas de frondosas caducifolias estratéxicas para a prevención e aqueloutras áreas preventivas estratéxicas similares. Así mesmo, incluirán plans de control da súa adecuación ás medidas legais referidas a estas.

En 2008, a Consellería do Medio Rural aprobou os 19 plans de distrito forestal de Galicia. Transcorrido o período de tempo entre o 2008 e 2020, tendo en conta os cambios de toda índole acontecidos (no medio, no poboamento rural, na climatoloxía, na normativa, etc.), cómpre revisar e actualizar os devanditos plans.

Obxecto.

Elaboración e execución de plans de prevención e defensa contra os incendios forestais dos distritos forestais de Galicia, integrados no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga).

Dotación dos devanditos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais dos distritos forestais cun crédito plurianual suficiente.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

Elaboración, tramitación e execución dos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais dos distritos forestais de Galicia.

A tramitación administrativa de cada un dos proxectos que integran os plans integrais require da elaboración dos devanditos proxectos, incluíndo memorias, orzamentos e planos, e da súa tramitación ben como procedementos abertos de contratación, coa elaboración e aprobación dos correspondentes pregos de prescricións técnicas e administrativas, ben como encargos a empresas públicas ou ben contratos menores de obras.

Os distritos forestais, os servizos de Prevención de Incendios Forestais das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural e a Dirección Xeral de Defensa do Monte levarán a cabo as actuacións administrativas e técnicas requiridas para a elaboración e tramitación dos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais dos distritos forestais, que incluirán unha cláusula de revisión, para o cal se establecerán as correspondentes directrices.

É conveniente que estes plans de prevención e defensa contra os incendios forestais dos distritos forestais incorporen cláusulas ou directrices que eviten ou corrixan efectos ambientais adversos, tales como: posible afección a hábitats naturais e ás redes de drenaxe, xeración de procesos erosivos, fragmentación do hábitat de anfibios e outras especies polos puntos de auga ao afectar mananciais de cabeceira e estar dotados os depósitos de paredes verticais.

Cómpre ter en conta que ao atoparse Galicia incluída nas zonas e espazos afectados por servidumes aeronáuticas (ver mapa), a execución de calquera construción, instalación (postes, antenas, aeroxeradores, medios necesarios para a construción, incluídos guindastres de construción ou similares) ou plantación, requirirá acordo favorable previo da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA), consonte os artigos 30 e 31 do Decreto 584/1972 na súa actual redacción, circunstancia que deberá recollerse nestes documentos de planificación.

missing image file

Fonte: Visor Plan básico autonómico (PBA) http://mapas.xunta.gal/visores/pba/

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.3.4.

Revisión de plans de prevención e defensa contra incendios forestais de distrito

Documento técnico

Elaborado

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D58, D59 e D60. Indirecta con D30 a D33.

• Relación directa con RD34. Relación indirecta con RD55.

• ODS13, meta 13.1.

II.3.5. Plans integrais de actuacións preventivas dos distritos forestais.

Antecedentes e xustificación.

O título III da Lei 3/2007, do 9 de abril, regula as actuacións preventivas, incluídas as infraestruturas preventivas (capítulo I), a defensa de persoas e bens (capítulo II), silvicultura preventiva (capítulo III) e a reorganización preventiva do terreo forestal (capítulo V).

Dentro das actuacións anuais da Dirección Xeral de Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural, a dirección xeral competente, inclúense os plans integrais de actuacións preventivas dos distritos forestais que recollen todas as actuacións en materia de prevención previstas a nivel de distrito forestal. As devanditas actuacións deberán estar recollidas nos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito forestal.

Obxecto.

Elaboración e execución dos plans integrais de actuacións preventivas dos distritos forestais de carácter anual, integrados nos plans de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito forestal.

Dotación dos devanditos plans integrais de actuacións preventivas dos distritos forestais cun crédito anual suficiente.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

Elaboración, tramitación e execución dos plans integrais de actuacións preventivas dos distritos forestais con carácter anual.

A tramitación administrativa de cada un dos proxectos que integran os plans integrais require da elaboración dos devanditos proxectos, incluíndo memorias, orzamentos e planos, e da súa tramitación ben como procedementos abertos de contratación, coa elaboración e aprobación dos correspondentes pregos de prescricións técnicas e administrativas, ben como encargos a empresas públicas ou ben contratos menores de obras.

Os distritos forestais, os servizos provinciais de Prevención de Incendios Forestais e a Dirección Xeral de Defensa do Monte levarán a cabo as actuacións administrativas e técnicas requiridas para a elaboración e tramitación dos devanditos proxectos que integrarán os plans integrais de actuacións preventivas dos distritos forestais con carácter anual.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.3.5.

Plans realizados

Anual

5 plans anuais

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D58, D59 e D60.

• Relación indirecta con RD55.

• ODS13, meta 13.1.

II.3.6. Plan plurianual de dotación de medios e recursos da Dirección Xeral de Defensa do Monte.

Antecedentes.

Considerando a dimensión do dispositivo de prevención e defensa contra os incendios forestais, tanto de persoal como de infraestruturas, medios e equipamento á disposición do Servizo de Prevención e Extinción de Incendios Forestais, desde a Dirección Xeral de Defensa do Monte considérase necesario avaliar a situación actual destes medios e a súa adecuación ás tarefas desenvolvidas polo persoal. Da análise desa situación poderanse extraer as necesidades en materia de medios e recursos e, mediante unha planificación axeitada, optimizarase a súa utilización co principal obxectivo de mellorar o servizo. Deste xeito, xorde o actual Plan de dotación de medios e recursos da Dirección Xeral de Defensa do Monte.

Obxecto.

Elaboración a través dun procedemento participativo dun plan plurianual para a definición das instalacións, equipamentos e recursos necesarios para o axeitado cumprimento das competencias da Dirección Xeral de Defensa do Monte.

Descrición e criterios de aplicación das medidas:

1. Plan de sedes de distrito, talleres, almacéns, garaxes, puntos de encontro, punto de vixilancia e bases de medios aéreos.

Incluirá todas as actuacións que se debe levar a cabo tanto en dependencias:

– Dos distritos e entre as que tamén se inclúen cada un dos puntos de encontro, dos puntos de vixilancia fixos e lugares de almacenamento e garaxes.

– Dos servizos provinciais, e inclúen as bases aéreas e instalacións de parque móbil.

– Das dependencias centrais.

Respecto das bases aéreas, na actualidade disponse de 14 bases de helicópteros, 6 de avións de carga en terra (2 delas alternativas) e 1 de avións anfibios. Resulta fundamental adaptar as bases de medios aéreos á normativa aeronáutica vixente, así como a modernización das súas instalacións. Esta adaptación levarase a cabo nun prazo non superior a 5 anos.

É precisa a tramitación de expedientes de expropiación ou de acordos indefinidos coa propiedade dos terreos nos cales se asentan algunhas das bases aéreas, co obxecto de regularizar a súa situación administrativa.

Co obxecto de reducir os tempos de cadencia das descargas de auga na extinción dos incendios forestais realizadas polos avións de carga en terra, estase a elaborar un estudo para a posible localización de novas bases de medios aéreos.

Tamén é preciso seguir investindo na construción de puntos de auga, así como no acondicionamento e mellora dos existentes, co obxecto de tratar de acadar unha rede óptima de distribución de puntos de auga. Na actualidade hai 4.725 puntos de auga aptos para vehículos motobomba e 792 para helicóptero.

A execución de calquera construción ou estrutura (postes, antenas, aeroxeradores, etc.) e a instalación dos medios necesarios para a súa construción (guindastres ou similares) que se eleven a unha altura superior aos 100 metros sobre o terreo ou sobre o nivel do mar dentro das augas xurisdicionais requirirá pronunciamento previo da Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) en relación coa súa incidencia na seguridade das operación aéreas, consonte o disposto no artigo 8 do Decreto 584/72 na súa actual redacción.

Puntos de encontro: coa incorporación das 137 brigadas de persoal fixo descontinuo de 6 meses, é preciso o investimento na construción ou mellora na rede dos puntos de encontro para o persoal.

Preténdese levar a cabo a redistribución de persoal, dotación e acondicionamento dos puntos de encontro, priorizando no tempo aqueles que se utilizan durante todo o ano e empregando tanto instalacións da Administración autonómica como municipais ou privadas, promovendo a restauración de edificios de valor patrimonial.

Creación dun centro de formación e acreditación de bombeiros forestais (Escola do Lume) con capacidades formativas prácticas. A Escola do Lume persegue dotar os profesionais e investigadores de ferramentas, espazos de traballo, formación e prácticas para desenvolver enfoques novos e integrados.

2. Plan de equipamentos persoais.

Equipamento de extinción de incendios: é necesario renovar anualmente os equipamento de protección individual (EPI) de todo o persoal que integra operativo de extinción de incendios. A dita renovación inclúe a adopción das melloras que o desenvolvemento tecnolóxico permita.

Equipamento de prevención: dotar tanto de EPI de prevención como de roupa técnica todo persoal, incluínda a uniformidade dos axentes forestais e axentes facultativos ambientais.

Material e ferramentas necesarias para prevención e extinción: dotación a persoal de ferramentas como motorozadoras, motoserras, pulaski, fouces, sachos, aixadas, batelumes, podóns, forquitas....

Recursos informáticos e tecnolóxicos: medios de comunicación, equipamentos informáticos, sistemas seguridade.

3. Plan de parque móbil.

Vehículos motobomba.

Na actualidade o parque móbil de vehículos motobomba da Consellería do Medio Rural é de 156 vehículos, dos cales se renovaron 88 nos últimos 7 anos.

Nun prazo de 5 anos estimase que se terá renovado a totalidade dos vehículos motobomba do parque móbil.

Vehículos do persoal técnico, axentes forestais, axentes facultativos ambientais.

Para este persoal, o parque móbil dispón de 346 vehículos todoterreo ben sexa en propiedade ou en réxime de alugamento, dos cales 223 teñen unha antigüidade de 10 anos ou superior.

Considérase necesario renovar, nun prazo de 10 anos, os 223 vehículos de que dispón a consellería en réxime de propiedade e que teñen unha antigüidade de 10 anos ou superior, así como tratar de incrementar o parque móbil de vehículos en propiedade cos que hoxe en día están prestando servizo en réxime de alugamento.

Vehículos das brigadas terrestres da Xunta de Galicia.

A Consellería do Medio Rural conta, durante a época de alto risco, cun total de 276 brigadas (82 de persoal fixo, 52 de persoal fixo descontinuo de 9 meses e 137 brigadas de persoal fixo descontinuo de 6 meses, e 5 brigadas de vixilancia móbil de persoal fixo descontinuo de 9 meses).

As 134 brigadas de persoal laboral fixo e laboral fixo descontinuo de 9 meses que integran o operativo de defensa contra incendios forestais da Consellería do Medio Rural, e que están compostas por 7 compoñentes, así como as 5 brigadas de vixilancia móbil, contan con vehículos pick-up con grupo motobomba de 400 litros e sistema dosificador de retardante. Estes vehículos estarán prestando servizo mediante contratos en réxime de alugamento, durante as anualidades 2018 a 2021.

As 137 brigadas de persoal laboral fixo descontinuo de 6 meses están integradas por 4 compoñentes e dispoñen de vehículos todoterreo. Estase tramitando un expediente de alugamento de vehículos todoterreo adaptados para o transporte do persoal e do seu equipamento.

O Plan avaliará as necesidades futuras e novas estratexias para a disposición dos vehículos para optimizar os recursos dispoñibles.

4. Plan de recursos tecnolóxicos e informáticos.

Preténdese continuar incrementando a cobertura no territorio da rede de puntos de cámaras de vixilancia, a renovación e adquisición de equipamentos de comunicacións (portófonos, mobilófonos e intercomunicadores), a actualización de aplicacións informáticas para o emprego polo persoal do servizo, así como a adquisición de equipamentos informáticos.

Dar continuidade ao investimento e emprego de drons para a realización, entre outros, de labores de vixilancia, disuasión, investigación e apoio a extinción de incendios forestais.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2020-2025

2025-2030

2030-2035

2035-2040

II.3.6.

Elaboración do Plan de sedes de distrito, talleres, almacéns, garaxes, puntos de encontro, punto de vixilancia e bases de medios aéreos

1

Elaborado e en execución

II.3.6.

Elaboración do Plan de equipamentos persoais

1

Elaborado e en execución

II.3.6.

Elaboración do Plan de parque móbil

1

Elaborado e en execución

En execución

II.3.6.

Elaboración do Plan de recursos tecnolóxicos e informáticos

1

Elaborado e en execución

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D59, D61, D62 e D65.

• Relación directa con RD5, RD103 e RD104.

• ODS13, meta 13.1.

II.3.7. Potenciación da colaboración coas administracións locais a través do fortalecemento do convenio para o establecemento dun sistema público de xestión de biomasa nas redes secundarias de faixas e dos convenios interadministrativos subscritos entre a Consellería do Medio Rural e as entidade locais de Galicia para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais para o funcionamento das brigadas municipais en tarefas de prevención e extinción, dos vehículos motobomba municipais en tarefas de extinción e da prevención nas vías de titularidade municipal.

II.3.7.1. Sistema público de xestión de biomasa nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa.

Antecedentes e xustificación.

Como lembra a Lei 3/2007, do 9 de abril, unha das áreas máis sensibles para a prevención dos incendios é a da interface urbano-forestal, isto é, aquelas áreas que abarcan o perímetro común entre os terreos forestais e os núcleos de poboación habitados. Por outra banda, a Lei 3/2007, do 9 de abril, nos seus artigos 6 e 7, atribúe, respectivamente, á Xunta de Galicia e aos concellos as competencias na materia de prevención e defensa contra os incendios forestais.

Baseado no anterior, o día 9.8.2018, a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga asinaron un convenio de colaboración en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias, publicado pola Orde da Consellería do Medio Rural do 9 de agosto de 2018 (DOG núm. 156, do 17.8.2018), co obxecto de instrumentar a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, Seaga e a Fegamp cos concellos que voluntariamente se adhiran. Deste xeito, canalízase a devandita cooperación como vía para acometer tarefas de claro interese público como é a de xestionar a biomasa vexetal con alto potencial combustible nas redes secundarias de faixas de xestión da biomasa, que se delimitan nos terreos forestais que estean cerca dos núcleos de poboación, asegurando a súa retirada con anterioridade á época de perigo de incendios por parte das persoas titulares das parcelas, así como, en caso de incumprimento destas obrigas esenciais, asegurar a súa execución subsidiaria, a través de procedementos áxiles, por parte das administracións públicas. O obxectivo final non é outro que mellorar a prevención de incendios de modo que se acade a diminución do número de incendios forestais nas zonas da interface urbana garantindo así o interese público da seguridade de persoas e de bens. Co obxecto de reforzar o apoio da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia na realización das accións que corresponden aos concellos, o convenio modificouse a través dunha primeira addenda asinada o 15 de abril de 2019 (DOG núm. 90, do 13.5.2019). Así mesmo, e para facilitar a aplicación de determinadas cláusulas, o 28 de novembro de 2019 asinouse unha segunda addenda (DOG núm. 6, do 10.1.2020) e con data do 28 de maio de 2020 asinouse unha terceira addenda co fin de incrementar as actuacións no territorio (DOG núm. 114, do 12.6.2020).

A Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, respecto da Lei 3/2007, do 9 de abril, introduce diversas medidas destinadas a potenciar a prevención e a loita contra os incendios, entre as que cabe destacar a introdución de medidas en materia de xestión da biomasa e de vixilancia e detección de incendios. Entre elas cabe destacar a posibilidade de declarar perímetros de alto risco de incendios naqueles lugares en que o estado de abandono signifique un alto risco de propagación de incendios forestais, a declaración de utilidade pública das infraestruturas e dos equipamentos preventivos vinculados á defensa e loita contra os incendios forestais, a posibilidade de elaboración e aprobación dos plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais por zonas e, en xeral, a introdución de medidas en materia de xestión da biomasa e de vixilancia e detección de incendios.

Modificacións recollidas na primeira addenda ao convenio.

En atención ás anteriores modificacións, logo do transcurso de máis de medio ano desde a sinatura do convenio, da presentación de 177 solicitudes de adhesión por parte dos concellos, e de catro reunións da comisión de seguimento do convenio, acordouse modificar varias das súas cláusulas. Así, o 15.4.2019, a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga asinaron a primeira addenda ao devandito convenio, publicado pola Resolución da Consellería do Medio Rural do 26 de abril de 2019 (DOG núm. 90, do 13.5.2019). A súa finalidade era reforzar a colaboración da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tramitación do planeamento municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais e tamén dos procedementos de execución subsidiaria, permitindo ademais a posibilidade de presentación de proxectos piloto (tamén coñecidos como «aldeas modelo») nas faixas secundarias de xestión da biomasa que teñan como obxectivo combater o abandono de áreas rurais ou a xestión da biomasa a medio e longo prazo. Regulouse tamén a prestación pola Administración autonómica, da xestión de biomasa mediante a formalización de contratos de xestión da biomasa a unha tarefa reducida, así como a realización material das actuacións de xestión de biomasa, derivadas da resolución de execución subsidiaria polos concellos adheridos dentro das parroquias priorizadas. En relación con isto, establecéronse os criterios de prioridade que terá en conta a comisión de seguimento do convenio para a priorización das parroquias dos concellos adheridos.

Así mesmo, de acordo co previsto na cláusula décimo primeira, na súa primitiva redacción o convenio tiña vixencia ata o 31.12.2021. A través da primeira addenda, prorrogouse ata o 31.12.2022.

Modificacións recollidas na segunda addenda ao convenio.

O obxecto da segunda addenda, asinada o 28.11.2019, foi modificar o convenio para facilitar a aplicación de determinadas cláusulas. En síntese comprende o desenvolvemento dunha nova ferramenta en mobilidade (app), a inclusión da posibilidade de que os concellos adheridos poidan realizar execucións subsidiarias con cargo ao convenio, de ata 5 ha por ano, sen necesidade de que se localicen nas parroquias priorizadas, a simplificación dos trámites administrativos para a aplicación dos ingresos que se perciban da venda das especies arbóreas incluídas nas execucións subsidiarias, a introdución das iniciativas de mobilidade de terras e das iniciativas estratéxicas («aldeas modelo»), e unha modificación das obrigas de Seaga na xestión e venda dos residuos e subprodutos de natureza forestal xerados durante o proceso de xestión da biomasa e a retirada de especies arbóreas. Así mesmo, incorpórase unha cláusula en materia de protección de datos que garanta a confidencialidade no tratamento da información catastral.

Modificacións recollidas na terceira addenda ao convenio.

O obxecto da terceira addenda, asinada o 28.5.2020, foi modificar varias cláusulas do convenio coa finalidade de incrementar as actuacións no territorio, atender as necesidades derivadas da posta en marcha das iniciativas de mobilización de terras e das iniciativas estratéxicas, engadir o labor de apoio por parte do Instituto de Estudos do Territorio no desenvolvemento dos traballos relacionados coas redes de faixas secundarias de xestión da biomasa e incluír outras actuacións de colaboración dentro do sistema público de xestión da biomasa.

Obxecto.

Consolidación do sistema público de xestión de biomasa nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa obxecto do convenio de colaboración subscrito pola Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais.

O convenio prevé a colaboración técnica da Administración da Comunidade Autónoma para a tramitación do planeamento municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais, así como para a delimitación de faixas como paso previo á elaboración dos propios plans. O convenio tamén prevé a elaboración dos devanditos plans por Seaga. Tal e como se establece na Lei 3/2007, do 9 de abril, logo de informe da Dirección Xeral de Defensa do Monte, a aprobación dos devanditos plans corresponde aos propios concellos.

Coa finalidade de mellorar a transparencia do sistema, tal e como recolle o devandito convenio, coa colaboración do Instituto de Estudos do Territorio (IET) da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, desenvolveuse un visor en que se mostra e se mantén actualizada a rede secundaria de faixas de xestión da biomasa dos concellos adheridos ao convenio. O acceso ao visor está aberto aos concellos e, unha vez que se aproben os plans municipais, tamén o estará ao público. Ademais, tal e como establece a cláusula quinta bis do devandito convenio, desenvolveuse unha plataforma integral para a xestión da biomasa, a plataforma Xesbio, cuxo obxectivo é dar soporte informático ás actuacións dos distintos axentes que interveñen no convenio e que permita unha rastrexabilidade de todas as actuacións realizadas polos concellos, por Seaga, pola Administración autonómica e polos cidadáns con parcelas nas devanditas faixas. En concreto, entre outros, comprende a xestión dos seguintes aspectos:

• Xestión das parcelas incluídas nas faixas secundarias e da titularidade destas.

• Xestión dos plans anuais de actuación sobre as devanditas faixas e as actuacións concretas asociadas.

• Xestión da comunicación cos titulares.

• Xestión da relación dos titulares coas devanditas actuacións, incluíndo xestión contractual.

• Xestión de inspeccións nas devanditas faixas.

O acceso á información será facilitada aos cidadáns a través do visor. Por outra banda, a través do acceso á plataforma Xesbio, os concellos terán o acceso a toda a información catastral e a todas as actuacións levadas a cabo nas faixas secundarias.

Sendo a adhesión ao convenio voluntaria, para acadar a maior cobertura territorial posible é preciso que se adhira o maior número de concellos posible, acercándose paulatinamente ao número total de concellos de Galicia (313). Por outra banda, é necesario ir consolidando o número de parroquias priorizadas de xeito que o risco no conxunto do territorio diminúa. A consolidación do sistema suporá que aquelas medidas previstas para a prevención dos incendios forestais no ámbito das redes secundarias de faixas de xestión de biomasa na Lei 3/2007, do 9 de abril, se leven á práctica e teñan como consecuencia unha redución do risco e unha mellor protección dos núcleos rurais e das vivendas illadas no rural.

Fóra das parroquias priorizadas, aínda que tamén nelas, o convenio prevé as execucións subsidiarias cun límite de 10 ha por ano, actuacións de xestión de biomasa ao longo das marxes de estradas de titularidade municipal cun límite de 10 ha por ano, iniciativas de mobilización de terras (aldeas modelo), iniciativas estratéxicas cun límite de unha por concello (salvo aqueles concellos que inclúan terreos dentro da Rede Natura 2000 ou de calquera outra categoría de espazo natural protexido) e iniciativas veciñais.

Cómpre resaltar as iniciativas de mobilización de terras (aldeas modelo) nas faixas secundarias de xestión da biomasa que teñen como obxectivo combater o abandono de terras no rural e permitir a recuperación das terras agrarias, e que terá como resultado a mellora da prevención dos incendios forestais. Ademais, é obxecto desta medida o impulso ás iniciativas estratéxicas co obxectivo prioritario de reducir o risco de incendios.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

O cumprimento dos preceptos establecidos na Lei 3/2007, do 9 de abril, en materia de xestión de biomasa nas faixas secundarias, e das cláusulas do convenio de colaboración subscrito pola Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias, require previamente que se incentive a adhesión dos concellos de Galicia ao devandito convenio por parte da Administración autonómica. Por outra banda, a Administración autonómica deberá dar a coñecer aos concellos adheridos e ás persoas titulares dos predios afectados a vantaxe que supón a inclusión dunha parroquia na listaxe de parroquias priorizadas, especificamente a posibilidade de formalizar contratos de xestión da biomasa a unha tarifa reducida de 350 euros/ha/ano. A Administración autonómica tamén dará a coñecer aos concellos adheridos a posibilidade de levar a cabo con cargo ao convenio, en calquera parroquia, estea priorizada ou non, execucións subsidiarias cun límite de 10 ha por ano, actuacións de xestión de biomasa ao longo das marxes de vías de titularidade municipal cun límite de 10 ha por ano, iniciativas de mobilización de terras (aldeas modelo), iniciativas estratéxicas cun límite de un por concello (salvo aqueles concellos que inclúan terreos dentro da Rede Natura 2000 ou de calquera outra categoría de espazo natural protexido) e iniciativas veciñais.

Indicadores de seguimento.

EIXE

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

UNIDADE

II

II.3.7

Adhesión dos concellos de Galicia ao sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias

Número de concellos adheridos ao sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias.

II

II.3.7

Delimitación das faixas secundarias e elaboración de plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais

Número de plans elaborados.

II

II.3.7

Aprobación de plans municipais de prevención e defensa contra os incendios forestais

Número de plans aprobados.

II

II.3.7

Priorización de parroquias dos concellos adheridos ao sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias

Número de parroquias priorizadas dos concellos adheridos ao sistema público de xestión de biomasa nas faixas secundarias

II

II.3.7

Contratos de xestión da biomasa asinados polas persoas titulares nas faixas secundarias das parroquias priorizadas

Número de parcelas obxecto de contratos de xestión da biomasa asinados polas persoas titulares nas parroquias priorizadas

II

II.3.7

Notificacións a persoas titulares de parcelas nas faixas secundarias das parroquias priorizadas, recordando a obriga do cumprimento da xestión da biomasa e informando das posibilidade de asinar contratos de xestión da biomasa

Número de notificacións a persoas titulares de parcelas nas faixas secundarias das parroquias priorizadas

II

II.3.7

Accións de execución subsidiaria nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa das parroquias priorizadas

Número de procedementos de execución subsidiaria completados nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa

II

II.3.7

Actuacións de xestión da biomasa derivadas de resolucións de execución subsidiaria en ata 10 ha por concello e ano

Número de hectáreas incluídas nas solicitudes de concellos derivadas de resolucións de execución subsidiaria

II

II.3.7

Actuacións de xestión da biomasa en vías de titularidade municipal de ata 10 km por ano

Número de hectáreas incluídas nas solicitudes de concellos para actuacións de xestión da biomasa en vías de titularidade municipal

II

II.3.7

Iniciativas de mobilización de terras (aldeas modelo)

Número de iniciativas de mobilización de terras (aldeas modelo) tramitadas

II

II.3.7

Iniciativas estratéxicas

Número de iniciativas de estratéxicas tramitadas

II

II.3.7

Iniciativas veciñais

Número de iniciativas veciñais tramitadas

II.3.7.2. Convenios interadministrativos subscritos entre a Consellería do Medio Rural e as entidade locais de Galicia para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais para o funcionamento das brigadas municipais en tarefas de prevención e extinción, dos vehículos motobomba municipais en tarefas de extinción e da prevención nas vías de titularidade municipal.

Antecedentes e xustificación.

Dentro das actuacións anuais da Consellería do Medio Rural, consellería con competencias en materia de prevención de incendios forestais, inclúense os convenios interadministrativos subscritos entre a Consellería do Medio Rural e as entidade locais de Galicia para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais.

As actuacións de colaboración coas entidades locais teñen o seu amparo legal nas seguintes disposicións legais:

• O artigo 80 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, e o artigo 25 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, as competencias en materia de protección do ambiente, protección civil e a prevención e extinción de incendios.

• Os artigos 8 e 59.2 da Lei 3/2007, do 9 de abril, que prevén de forma explícita a colaboración e cooperación entre a Xunta de Galicia e os concellos en materia de prevención de incendios forestais.

Obxecto.

Mantemento dos convenios interadministrativos subscritos entre a Consellería do Medio Rural e as entidade locais de Galicia para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais.

Dotación dos devanditos convenios interadministrativos cun crédito anual suficiente.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

Tramitación e autorización, por parte do Consello da Xunta de Galicia, da sinatura dos convenios interadministrativos subscritos entre a Consellería do Medio Rural e as entidades locais de Galicia para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais e da súa prórroga con carácter anual.

Os convenios recollen as seguintes actuacións:

a. Actuacións en materia de extinción:

• Pola operatividade de cada vehículo motobomba.

• Labores de vixilancia e extinción da brigada de prevención e defensa.

b. Actuacións en materia de prevención:

• Labores de prevención mediante tratamentos silvícolas de xeito mecanizado e consonte o disposto no convenio interadministrativo, co obxecto de diminuír a carga de combustible.

• Labores de prevención da brigada de prevención e defensa para a execución de actuacións manuais de roza, rareo e eliminación de restos no período de operatividade da brigada.

Os distritos forestais, os servizos provinciais de Prevención de Incendios Forestais e a Dirección Xeral de Defensa do Monte levarán a cabo as actuacións administrativas e técnicas requiridas para a sinatura dos devanditos convenios por parte dos concellos e para a a súa tramitación.

Avaliarase un plan de mobilización de medios municipais analizando fórmulas de consolidación e potenciación como son o incremento da duración dos convenios ou o reforzo das actuacións preventivas.

Indicadores de seguimento.

EIXE

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

UNIDADE

II

II.3.7

Tramitación dos convenios interadministrativos individuais subscritos entre a Consellería do Medio Rural e as entidades locais de Galicia para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais

Número de convenios individuais subscritos por tipos de actuacións

II

II.3.7

Tramitación dos convenios interadministrativos individuais subscritos entre a Consellería do Medio Rural e as entidades locais de Galicia para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais

Número total de brigadas municipais obxecto dos convenios

II

II.3.7

Tramitación dos convenios interadministrativos individuais subscritos entre a Consellería do Medio Rural e as entidades locais de Galicia para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais

Número total de vehículos motobomba municipais obxecto dos convenios

II

II.3.7

Tramitación dos convenios interadministrativos individuais subscritos entre a Consellería do Medio Rural e as entidades locais de Galicia para a participación na prevención e defensa contra incendios forestais

Número total de hectáreas de traballos preventivos manuais e mecanizados obxecto dos convenios

II.3.8. Plan de formación continua.

Aplicación dun plan continuado de formación do persoal técnico e bombeiros forestais da Dirección Xeral de Defensa do Monte.

Antecedentes e xustificación.

O Plan forestal de Galicia (PFG) do ano 1992 estableceu un modelo forestal a longo prazo co fin de manter una coherencia na intervención no monte e nos sectores derivados. En especial, o plan sinalaba as liñas de acción da Administración da Comunidade Autónoma neste ámbito e as de participación dos axentes sociais involucrados. Un dos obxectivos prefixados neste plan era o de desenvolver un sistema de formación e de ensinanzas forestais que satisfaga as demandas de especialistas dos diferentes ámbitos forestais.

Segundo o especificado no Plan de defensa contra incendios forestais de Galicia (Pladiga), a formación é unha actividade imprescindible que reforza e mellora a profesionalización do persoal do Servizo de Incendios Forestais de Galicia (SPIF). Os contidos, a extensión e a intensidade desa formación deberá adaptarse ás circunstancias e características de cada categoría profesional.

Tendo en conta o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, onde se especifica que lle corresponde á Subdirección Xeral de Extinción da Dirección Xeral de Defensa do Monte a colaboración na formación do persoal, existen múltiples razóns que xustifican a elaboración dun plan de formación do persoal da Dirección Xeral de Defensa do Monte que, localizado nun período temporal determinado, desenvolva as accións formativas que permitan mellorar a profesionalización do persoal, dando así lugar ao Plan de Formación para o período 2019-2022, cuxo obxectivo principal é planificar a formación a impartir a curto e medio prazo (4 anos) ao persoal que forma o dispositivo de prevención e defensa contra os incendios forestais da Xunta de Galicia, de forma que se adapte ás necesidades operativas do servizo e vinculado ás diferentes categorías profesionais que o conforman.

Obxecto.

A formación continua do persoal do SPIF é unha das cuestións principais que ten que ter en conta a Dirección Xeral de Defensa do Monte co obxecto de adecuar os coñecementos dos profesionais deste sector ás circunstancias actuais en relación cos incendios forestais.

En liñas xerais, no plan de formación estrutúrase unha formación que se adaptada ás singularidades e circunstancias actuais e futuras do servizo, tendo en conta a temporalidade da incorporación e as categorías laborais, ampliando a formación práctica nas temáticas que así o precisen. Aproveitan o avance tecnolóxico tanto para os contidos como para o desenvolvemento da actividade (teleformación), prevé outros medios didácticos ou temáticas, así como as necesidades relacionadas coa cualificación profesional, e afonda principalmente nos aspectos relacionados coas boas prácticas en procedementos de traballo e na seguridade e saúde laboral.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

A natureza das actividades levadas a cabo polo persoal do SPIF trae asociada a necesidade de coñecementos axeitados sobre os medios e os sistemas de funcionamento e, máis concretamente, sobre os medios persoais e materiais que o integran e as metodoloxías habituais que se desenvolverán en situacións de emerxencia en incendios forestais. Neste senso, cobra grande importancia tanto a parte práctica da formación (sobre todo tendo en conta actividades como a condución de vehículos todoterreo, manexo de equipamentos e ferramentas específicas, etc.), como o contexto en que esta se realiza (a maioría das veces nun contorno natural exposto a diversos factores ambientais desfavorables).

Os contidos establecidos neste plan de formación son os seguintes:

1. Contidos troncais:

a. Actualización da formación en materia de prevención de riscos laborais (PRL) de todo o persoal.

b. Primeiros auxilios.

c. Formador de formadores.

d. Mellora técnica e emprego de novas tecnoloxías.

e. Dispositivos móbiles: cartografía, GPS e XIG.

f. Novas tecnoloxías.

2. Contidos específicos:

a. Adquisición e/ou actualización dos coñecementos teóricos e prácticos necesarios para o desenvolvemento das funcións concretas de cada categoría.

b. Novos DTE.

c. Grandes incendios forestais (GIF).

d. Investigación de causas (básico-superior).

e. Condución e manexo do tractor forestal.

f. Condución vehículos TT.

g. Condución, manexo e mantemento de autobombas do SPIF.

h. Comunicacións.

i. Manexo de grupos de traballo en incendios forestais. Xestión de conflitos.

j. Pilotaxe profesional de drons.

k. Seguridade na extinción de incendios forestais.

l. Xeocode.

m. Formación en queimas prescritas e xestión do lume (categorías e duración).

n. Simulacros de defensa contra incendios forestais.

Sendo conscientes da importancia deste factor, o Plan de formación da Dirección Xeral de Defensa do Monte presenta unha programación temporal dos contidos formativos que permita establecer unha estrutura e organización acorde coa dimensión do dispositivo e cos contidos relacionados coas súas competencias en función das categorías laborais implicadas. Tendo en conta as ditas circunstancias, establécese unha duración de 4 anos para o plan de formación con carácter plurianual cun período de vixencia delimitado entre os anos 2019 e 2022.

Algúns cursos ou accións formativas teñen un carácter xenérico no seu contido e, polo tanto, van dirixidos a varias ou a todas as categorías profesionais, pero o plan está fundamentalmente estruturado e diferenciado segundo as categorías do persoal da Dirección Xeral de Defensa do Monte. Así, hai cursos específicos dirixidos a bombeiros/as forestais condutores/as de motobomba, bombeiros/as forestais xefes/as de brigada, emisoristas, directores/as técnicos/as de extinción, etc.

Principalmente son tres as entidades acreditadoras dos cursos previstos no plan de formación: a Escola Galega de Administración Pública (EGAP), a Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) e o Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Xunta de Galicia. Co apoio destes organismos realizaranse as diferentes actividades programadas dentro dun proceso formativo cuns contidos acordes coas necesidades demandadas e con plena garantía formal.

Nos tempos actuais, e máis se temos en conta a aparición da pandemia, os avances tecnolóxicos permiten facilitar moitas circunstancias do noso día a día, entre outras mesmo o acceso á información desde múltiples dispositivos interconectados á rede global. Estas facilidades de acceso permiten flexibilizar e ampliar os métodos de impartición das actividades formativas, minimizando as circunstancias limitantes (lugares de impartición, modalidade, tempo investido...), aínda que é certo que acostuman precisar dun investimento adecuado en material tecnolóxico, así como dunha actualización constante do sistema. A impartición de materias a través do sistema de teleformación facilita a realización de determinados cursos cuxos contidos non precisan da presenza explícita do alumnado. Tendo en conta a estrutura e medios dispoñibles por parte do Servizo de Prevención de Incendios Forestais (en diante, SPIF), búscase o equilibrio necesario dentro de cada programación anual que permita afrontar con garantías as diferentes accións formativas en función do modo de impartición.

Cómpre subliñar que moitos dos cursos teñen o carácter de obrigatorio para os traballadores/as. Este carácter implica que se deben impartir en horario de traballo, incluídos os desprazamentos e que deben ter lugar en épocas en que o persoal estea incorporado aos seus postos de traballo, o que ten especial relevancia no caso dos traballadores/as fixos/as descontinuos/as.

O Plan de formación estrutúrase en 31 cursos de formación ao longo da súa duración. O plan caracterízase pola súa versatilidade á hora de introducir novos cursos que resulten de interese ao colectivo, así como de modificar os existentes segundo as avaliacións que se efectúen ao final de cada anualidade.

ANO 2019. INICIO DO PLAN.

O primeiro ano de implantación do plan foi 2019. Leváronse a cabo 20 cursos, como se pode ver máis adiante, distribuídos en 266 edicións cun total de 7.006 alumnos/as. Cómpre ter en conta que moitos traballadores/as recibiron máis dun curso. O número total de horas lectivas que se levaron a cabo foi de 78.420 horas.

ANOS 2020 E 2021. CONSOLIDACIÓN DO PLAN.

Para as anualidades de 2020 e 2021 os obxectivos do plan céntranse:

a) Na impartición por primeira vez os 11 cursos que non se levaron a cabo durante 2019.

b) Na reiteración de cursos iniciados en 2019, posibilitando que acaden ao 100 % do persoal de cada categoría profesional obxectivo.

c) Na formación axeitada ao persoal de cada categoría de nova incorporación.

Malia que en 2020 as cifras de cursos e alumnos –por razóns evidentes provocadas pola pandemia e a necesidade de reorientar todos os cursos á teleformación– están a ser inferiores ás do ano 2019, este volume verase incrementado dun xeito moi importante en 2021.

ANO 2022. PECHE E BALANCE DO PLAN.

Finalmente, a anualidade 2022, a última do plan servirá como escolma de todo o plan de formación. Os obxectivos centraranse:

a) Na reiteración de cursos iniciados en 2019, posibilitando que acaden ao 100 % do persoal de cada categoría profesional obxectivo, agás o curso de Formador de formadores, que só se impartirá a aquel persoal do SPIF que participe como formador neste plan.

b) En dar formación axeitada ao persoal de cada categoría de nova incorporación.

Durante o ano 2022 tamén se impartirán os 31 cursos, coas modificacións ou incrementos que se determinen durante o transcurso do Plan de formación.

Ao longo do ano 2022 elaborarase o plan para o seguinte período.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2020-2025

2025-2030

2030-2035

2035-2040

II.3.8.

Plan de formación

1

Finalizado

II.3.8.

Centro de formación

1

Finalizado

II.3.8.

Plan formativo centro

1

Finalizado

II.3.8.

Circuíto vehículos TT

1

Finalizado

E. EIXE III. XESTIÓN FORESTAL E LOITA CONTRA O ABANDONO DO MONTE.

As favorables condicións bioclimáticas de que goza o monte galego para o crecemento e desenvolvemento arbóreo proporcionan un elevado potencial de produción forestal, que non pode desenvolverse plenamente debido á estrutura fragmentada da propiedade, os procesos crecentes de abandono do medio rural ou a reducida presenza de asociacións ou entidades de xestión que procuren unha xestión ordenada, sustentable e eficiente dos seus recursos forestais.

A produtividade do monte e a rendibilidade da propiedade forestal en Galicia atópanse por baixo das súas posibilidades. Nalgunhas zonas existe superficie forestal infrautilizada e mesmo abandonada, noutras áreas existe actividade forestal pero con escasa eficiencia no aproveitamento do recurso e na posterior comercialización, no caso da madeira, a dita ineficiencia resta valor engadido á madeira producida pola súa baixa calidade (falta de tratamentos silvícolas) o que impacta directamente sobre os prezos pagados por este recurso renovable e limita a dispoñibilidade do recurso para determinados usos, dado que produtos cun alto valor engadido exixen de requirimentos tecnolóxicos en orixe (diámetros mínimos, libre de nós, cilindridade, redución da proporción da madeira xuvenil…).

Problemas adicionais relacionados con dinámicas de envellecemento e despoboamento do medio rural provocan lóxicos episodios de absentismo e mesmo o descoñecemento dos límites da propiedade forestal, o que en conxunto dificulta a plena posta en produción dos terreos forestais. A problemática indicada é posiblemente común a todos os terreos rústicos, independentemente da súa vocación ou uso, agrícola, gandeiro ou forestal.

Neste contexto, é necesario apoderar os titulares dos montes formados por milleiros de propietarios particulares e de comunidades de montes para convertelos nos protagonistas centrais da xestión forestal activa en Galicia.

Finalidade e obxectivos.

A finalidade deste eixe é adoptar as medidas estruturais e dinamizadoras, para o monte e a propiedade forestal galega, necesarias para procurar unha plena actividade forestal que xere rendas e emprego para o medio rural, contribuíndo á fixación da poboación rural, á conservación e mellora do ambiente e ao desenvolvemento socioeconómico sustentable do sector forestal galego na súa incorporación á bioeconomía (economía verde, economía baixa en carbono), á economía circular e ás enerxías renovables, ao consumo responsable de produtos forestais e á construción sustentable con madeira de uso estrutural como produto ecolóxico e recurso natural renovable.

Trátase de poñer en valor a riqueza forestal de Galicia, activando a xestión mediante catro obxectivos programáticos:

• Promover e desenvolver unha cultura forestal de xestión conxunta para mellorar a xestión do monte, ben sexa a través de figuras asociativas ou a través doutras formas de xestión conxunta (sociedades, cooperativas, comunidades de bens, etc.), aplicando ademais un programa de mobilización de terras forestais infrautilizadas/abandonadas.

• Recoñecer e fomentar os propietarios, individuais ou colectivos, que aplican unha xestión forestal activa e dinámica, desenvolvendo a figura do silvicultor activo.

• Dinamizar a xestión dos montes veciñais en man común, favorecendo dinámicas de boa gobernanza, e o fomento da xestión forestal sustentable de xeito profesionalizado.

• Establecer un marco atractivo para a dinamización da xestión dos montes de varas.

• Reorientar os novos contratos de xestión forestal pública superando a figura dos anteriores consorcios e convenios, e dirixindo este instrumento de fomento público a montes con limitacións produtivas, con valores ambientais ou culturais de interese xeral ou montes protectores, converténdoa nun referente de sustentabilidade.

Para conseguir tales obxectivos dispóñense os seguintes instrumentos de execución:

EIXES ESTRATÉXICOS DE INTERVENCIÓN

INSTRUMENTOS DE EXECUCIÓN

EIXE III

XESTIÓN FORESTAL E LOITA CONTRA O ABANDONO DO MONTE

III.1. FOMENTO DE FÓRMULAS DE MOBILIZACIÓN DE TERRAS E FOMENTO DE AGRUPACIÓNS FORESTAIS DE XESTIÓN CONXUNTA.

III.2. INICIATIVAS DE ACTIVACIÓN DA XESTIÓN FORESTAL PRIVADA.

III.3. REORIENTACIÓN DA XESTIÓN FORESTAL PÚBLICA.

III.1. FOMENTO DE FÓRMULAS DE MOBILIZACIÓN DE TERRAS E FOMENTO DE AGRUPACIÓNS FORESTAIS DE XESTIÓN CONXUNTA.

A mobilización de terra produtiva, entendida como os cambios na propiedade e posesión da terra derivada de compravenda, ou actos de cesión mediante arrendamentos ou dereitos de propiedade, ten unha transcendencia clara como mecanismo de xeración dun medio rural vivo, dinámico e sustentable.

A escasa mobilidade da terra en Galicia lastra a produtividade e a competitividade do sector primario no seu conxunto e supón dificultades de ampliación da base territorial das explotacións nalgunhas comarcas galegas.

O fomento da mobilidade das terras forestais en Galicia debe situarse no marco xeral da política de ordenación de usos e de recuperación e posta en valor das terras agrarias. O dito fomento debe, de xeito prioritario, promover a dispoñibilidade dos terreos (mediante acordos de cesión) ás diferentes iniciativas de xestión conxunta dos terreos forestais, independentemente do grao de compromiso dos titulares forestais que as compoñan.

A existencia de asociacións e doutro tipo de figuras de agrupacións conxuntas de propietarios forestais é un factor esencial para promover a rendibilidade das actividades forestais e para fomentar a ordenación e xestión sustentable do monte. A pesar dos tópicos de individualismo dos propietarios e produtores forestais, a experiencia demostra que Galicia conta con numerosos exemplos de iniciativas de asociación a distintos niveis, desde autonómico a local, pasando polas escalas comarcais ou municipais, así como exemplos exitosos doutro tipo de agrupacións máis complexas, como sociedades de responsabilidade limitada (Sofor) ou SAT logo de procesos de concentración privada de terreos forestais, que demostraron a súa utilidade.

As asociacións de propietarios forestais existentes orientan a súa actividade a ofrecer múltiples servizos aos titulares forestais: desde a difusión da información forestal entre os seus asociados, a redacción de instrumentos de ordenación ou xestión forestal, servizos administrativos (solicitudes de aproveitamento, solicitudes de axudas, etc.) ou fiscais, ata a comercialización e xestión conxunta, negociando prezos máis vantaxosos polas vendas conxuntas de madeira ou acadando custos máis competitivos para a realización de servizos de forestación ou silvicultura en superficies máis amplas, diminuíndo deste xeito os custos fixos asociados dos ditos servizos.

As comunidades de bens, cooperativas e outras sociedades mercantís ou civís de carácter forestal, están en condicións de ofrecer os anteriores servizos aos titulares de montes, pero tamén de ampliar a oferta a aqueles servizos máis vencellados aos que pode asumir un xestor forestal, aproveitando e xestionando directamente terreos forestais, sexan patrimoniais, dos seus socios ou daqueles titulares que, sen seren socios, desexen ceder os seus terreos as ditas figuras mercantís ou civís.

Obxectivo do instrumento.

A finalidade deste instrumento é dobre:

• Establecer un programa de mobilización de terras de monte para facilitar unha xestión forestal activa e sustentable.

• Favorecer un sistema de apoio ás diferentes formas de agrupacións forestais que fomenten a xestión conxunta en Galicia por parte da Administración autonómica, nun marco de respecto a unhas iniciativas que se enmarcan nun ámbito privado e evitando, por tanto, un exceso de intervencionismo, centrando os esforzos en crear as condicións máis favorables para o seu desenvolvemento (axilizando e promovendo a cesión de terreos, dotando de medidas administrativas e fiscais vantaxosas, etc.).

Actuacións e programas.

Para lograr tales obxectivos dispóñense as seguintes actuacións e programas:

Fomento de fórmulas de mobilización de terras e fomento de agrupacións forestais de xestión conxunta

1. Programa de mobilidade de terras forestais.

2. Programa de fomento de agrupacións forestais de xestión conxunta.

III.1.1. Programa de mobilidade de terras forestais.

Antecedentes e xustificación.

A situación de abandono e falta de xestión de moitos terreos forestais galegos supón un perigo evidente de acumulación de combustibles forestais e unha frecuente consideración pexorativa dos terreos «a monte» por parte da sociedade. A crise do sistema agrario tradicional deu lugar a cambios socioeconómicos e de paisaxe forestal nas últimas décadas, sen que as estruturas de propiedade sufrisen adaptacións en consecuencia.

Outras circunstancias que necesitan corrección son a carencia de información xeral sobre a situación xurídico-administrativa dos predios forestais, sobre todo no caso de montes particulares, a abundancia de predios en aparente vacancia ou infrautilización xustifica a necesidade de establecer procedementos extraordinarios para favorecer a mobilización destes terreos ás iniciativas produtivas que amosen o seu interese e, en particular, a aquelas que teñan como fin a ampliación da base territorial ou sexan lideradas por agrupacións forestais de xestión conxunta.

Obxecto.

É imprescindible para vertebrar calquera política de mobilidade de terras agroforestais a posta en contacto entre as persoas emprendedoras de proxectos dinamizadores coas persoas titulares de terras produtivas potencialmente mobilizables. Para iso será necesario poñer en marcha un programa de mobilidade de terreos agroforestais que inclúa, de xeito específico, liñas para a mobilidade e apoio ás iniciativas de xestión conxunta dos montes ou terreos forestais.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

Este programa de mobilidade de terras agroforestais basearase nos seguintes criterios:

1. Promover a recuperación produtiva das terras agroforestais de Galicia, desenvolvendo para iso mecanismos de posta en valor baseados nos arrendamentos, as cesións ou as transmisións da titularidade das terras por calquera medio válido en dereito, así como a xestión conxunta das terras.

2. Facilitar a ordenación das terras agroforestais, mediante a súa identificación cartográfica e a ordenación dos seus usos, especialmente nas áreas con especiais valores produtivos –definidas consonte o establecido na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia–, así como aqueloutras con especiais valores ou riscos ambientais ou paisaxísticos, de maneira que se contribúa ao equilibrio entre o aproveitamento das terras conforme a súa aptitude máis acaída e o necesario respecto aos valores patrimoniais, ambientais e paisaxísticos.

3. Contribuír ao coñecemento preciso e veraz da estrutura da propiedade rústica en Galicia, a súa titularidade, prezos de transferencia, grao de mobilidade cara á mellora da transparencia de mercado, niveis de abandono e, en xeral, todo canto contribúa a devolver unha imaxe rigorosa da situación e da evolución do sector.

4. Coordinar as actuacións das diferentes administracións que teñan relación directa ou indirecta coa xestión das terras agroforestais, a loita contra o seu abandono e a obtención de datos útiles para esas finalidades, así como a creación dun corpus de intercambio de datos e información que contribúa a ese fin.

5. Facilitar a posta en contacto entre as persoas emprendedoras de proxectos agroforestais e as persoas titulares de terras produtivas potencialmente mobilizables.

6. Facilitar que as explotacións agroforestais existentes e con viabilidade económica acreditada dispoñan da base territorial necesaria para unha acaída orientación da súa actividade.

7. Favorecer o mantemento da poboación vencellada á actividade agroforestal, promovendo e recoñecendo o papel da muller en condicións de igualdade e a remuda xeracional coa incorporación de persoas mozas ás explotacións, así como as novas explotacións agroforestais que poidan contribuír ao complemento da renda familiar.

Algúns aspectos específicos dos terreos de monte inclúense a continuación:

1) Loitar contra o abandono das terras forestais, establecendo medidas de recuperación, agrupación, permuta, redimensionamento, mellora estrutural e de infraestruturas que faciliten a súa mobilización para uso forestal, prestando atención especial ao fomento da constitución e posta á disposición destes terreos (mediante acordos de cesións), ás iniciativas de xestión e aproveitamento conxunto das terras mobilizadas.

2) Apoiar as explotacións forestais resultantes dos proxectos de recuperación de terras, especialmente aquelas que sexan lideradas por agrupacións forestais de xestión conxunta, mediante a aplicación de incentivos fiscais e, se é o caso, axudas directas ou de discriminación positiva.

3) Establecer unha liña específica de mobilización sobre os terreos circundantes aos núcleos rurais en Galicia, a modo de aldeas modelo, en que se persiga, entre outros obxectivos, a defensa das persoas e bens, mediante a xestión activa das faixas de biomasa forestal, ou doutros terreos con implicacións na prevención dos efectos dos incendios forestais.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

III.1.1.

Superficie de proxectos de mobilización de terreos agroforestais

P

Sup. (ha)

50.000

100.000

125.000

150.000

Q

50.000

50.000

25.000

25.000

III.1.1.

Nº de proxectos de aldeas modelo

P

Ud.

250

500

750

1.000

Q

250

250

250

500

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación indirecta con D13, D14 e D15.

• Relación directa con RD42 e RD83. Relación indirecta con RD71 a RD82.

• ODS2, meta 2.4. e ODS15, meta 15.2.

III.1.2. Programa de fomento de agrupacións forestais de xestión conxunta.

Antecedentes e xustificación.

A maior parte dos propietarios forestais particulares en Galicia dispón dun certo número de parcelas de dimensión insuficiente para aplicar unha xestión racional e profesionalizada. Segundo os datos rexistrados polo Sistema de información xeográfica de identificación de parcelas agrícolas (Sixpac), Galicia alberga case 8 millóns de parcelas de uso forestal, preto da terceira parte (30 %) dos recintos de uso forestal de toda España: a superficie media por parcela de uso forestal de Galicia excede apenas un cuarto de hectárea (0,28 hectáreas).

A análise do grao de parcelación ofrece resultados variables dunhas comarcas a outras e algúns estudos socioeconómicos na Comunidade Autónoma indican diferentes perfís de propietarios con distintos obxectivos e criterios de xestión forestal en propiedades de tamaños variables, prevalecendo, con todo, unha gran maioría de parcelas con dimensións moi reducidas, insuficientes para unha xestión eficiente.

Para o caso concreto do monte privado particular/familiar, o minifundismo favorece unha produtividade e rendibilidade unitaria pouco elevada, agravado pola carencia de pautas adecuadas de silvicultura debidamente organizada, o que se acompaña dunha falta de capitalización, dificultade de comercialización de produtos forestais en calidade e cantidade e baixa competitividade.

As ferramentas básicas con que se conta para modificar ese problema estrutural son as reestruturacións parcelarias e o fomento de fórmulas de xestión conxunta. Galicia conta con experiencia previa nesas liñas de traballo, que poden e deben ademais combinarse. Así, o PFG de 1992 xa indicaba a necesidade de realizar actuacións de mellora da estrutura da propiedade e no fomento de iniciativas dirixidas á xestión conxunta.

As organizacións de propietarios forestais teñen o propósito xeral de representar os intereses dos seus asociados e promover a rendibilidade das actividades forestais, así como o fomento da ordenación e xestión sustentable do monte.

Algunhas das asociacións de propietarios presentes en Galicia foron pioneiras nos procesos de organización dos propietarios no sur de Europa, contando con traxectorias de máis de 35 anos e un número moi elevado de asociados. Outras iniciativas relevantes son as asociacións de comercialización de madeira por parte de produtores do norte da comunidade.

Fórmulas máis complexas de organizacións de titulares forestais foron establecidas a través das sociedades de fomento forestal (Sofor), agrupacións que asocian propietarios forestais ou, se é o caso, persoas titulares de dereitos de uso de parcelas susceptibles de aproveitamento forestal, que as ceden á sociedade para a súa xestión forestal conxunta cun réxime xurídico de sociedade de responsabilidade limitada.

Na actualidade existen 10 Sofor con inscrición definitiva, que agrupan a xestión de 1.387 ha e 12 sociedades máis sen inscrición definitiva cunha superficie adicional que rolda as 3.000 ha. O ritmo de agrupación con esta figura non foi todo o dinámico que podería esperarse, posiblemente debido aos requisitos de constitución e ao tratamento fiscal destas sociedades.

Os resultados obtidos e a experiencia aprendida conducen a entender que as medidas en materia de fomento da xestión conxunta dos terreos forestais deben ser amplas e diversas, onde o titular poida decidir o seu grao de compromiso en materia de xestión forestal sustentable, propiciando unha contorna de diversas alternativas de compromiso, desde fórmulas que favorezan a cesión dos terreos, pasando por formar parte das asociacións de propietarios forestais (optando por servizos de información e formación ata servizos de xestión ou comercialización conxunta) ou, mediante un maior grao de compromiso, integrarse como parte protagonista en figuras xurídicas de natureza mercantil, administrativa ou de base asociativa.

Obxecto.

O obxecto do programa é crear unha verdadeira conciencia de silvicultor no propietario galego de terreos forestais, dándolle absoluta liberdade para que decida o seu grao de compromiso nas diferentes iniciativas de agrupación forestal conxunta existentes, e promovendo os servizos de xestión profesionalizada como as ferramentas máis útiles onde acollerse.

Este programa debe promover, de xeito decidido, calquera iniciativa que fomente ou propicie a xestión conxunta dos terreos forestais, en especial daqueles de propiedade particular, entendendo que o dito fomento respectará o carácter privado destas iniciativas, sen inxerencias dos poderes públicos e co único propósito de favorecer beneficios administrativos (cesión de terreos, discriminación positiva en actos administrativos e liñas de axuda, etc.) e económicos (réxime impositivo con bonificacións/reducións, instrumentos financeiros, liñas de mecenado, etc.).

Este programa de fomento afondará na:

a) Colaboración e apoio ao asociacionismo forestal por parte da Administración, tendente a mellorar os niveis de información dos asociados e facilitar procesos de comercialización conxunta de produtos forestais, así como de xestionar servizos de forestación e silvicultura conxuntos. Preténdese así mesmo o apoio decidido a todas as asociacións ligadas a produtos non madeireiros do monte, así como o fomento da interconexión entre as asociacións do ámbito agropecuario e do forestal.

b) Incentivación de calquera figura xurídica de natureza mercantil, administrativa ou de base asociativa (comunidade de bens, sociedades civís, cooperativas, sociedades agrarias, sociedades anónimas ou as actuais sociedades de responsabilidade limitada-Sofor), que promova, impulse e poña en marcha iniciativas de xestión conxunta sustentable e diversificada do monte.

Descrición e criterios de aplicación de las medidas.

As agrupacións forestais de xestión conxunta, sexa cal for a figura xurídica que a sustente, son instrumentos adecuados para defender o interese xeral en prol do desenvolvemento sustentable.

As asociacións, como entidades sen ánimo de lucro, constitúen unha ferramenta moi apropiada para o apoio aos seus socios que poden apreciar dun xeito directo as vantaxes da cooperación, e ofrécenlles múltiples servizos:

1. Compartir coñecemento e boas prácticas.

2. Realizar actividades de promoción conxunta dos produtos dos socios.

3. Custear conxuntamente actividades de formación, asesoramento ou intercambio de boas prácticas.

4. Representalo fronte ás administracións públicas na tramitación de diferentes actos administrativos e fiscais.

5. Dotalo dun servizo técnico para a redacción de instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

6. Facilitar a concentración da produción e a comercialización conxunta de produtos forestais no desenvolvemento das asociacións de propietarios para a comercialización conxunta. Trátase, pois, de concentrar a oferta de produción e agrupar a comercialización dos produtos forestais dunha forma organizada mediante contratos de abastecemento que poden achegar melloras dos prezos percibidos polos produtores, transparencia ao mercado e melloras na eficiencia da distribución e transporte.

7. Dotalo dun servizo de xestión na procura dos prezos máis competitivos para traballos de forestación e silvicultura, coa oferta de superficies maiores que reducirían os custos fixos asociados.

8. Facilitar o acceso á certificación forestal.

Para iso, é necesario unha promoción activa mediante campañas de comunicación e concienciación que promocionen o atractivo e as vantaxes do asociacionismo para a produción e venda agrupada de madeira e outros recursos forestais, destacando os casos de éxito coñecidos, así como distintos modelos de asociación e cooperación.

O apoio da Administración ás devanditas asociacións debe dirixirse a fomentar:

1) A información e asesoramento en xeral (de carácter lexislativo, técnico, prezos orientativos de mercado, entre outros).

2) A divulgación e formación continuada a silvicultores asociados.

3) O apoio e, se é o caso, participación como socios nas iniciativas, proxectos ou solicitudes de axudas realizadas polas asociacións a programa europeos desenvoltos coas políticas forestais ou de desenvolvemento rural.

4) A actividade das asociacións ligadas aos produtos non madeireiros do monte e, en especial as relacionadas con gandaría extensiva en terreos de monte.

5) O coñecemento e colaboración coas asociacións ligadas ao ámbito agropecuario, en especial tendo en conta que moitos propietarios de explotacións dese tipo o son tamén de terreos forestais.

6) O afondamento na declaración de interese xeral destas asociacións cando os seus fins trascendan unicamente á defensa dos valores dos seus asociados en prol da mellora dos bosques, do ambiente e do desenvolvemento rural en Galicia.

7) A mellora específica da integración de comunidades de montes veciñais en man común en mancomunidades.

8) A potenciación da figura dos seguros contra incendios e outros danos no marco das asociacións de propietarios forestais.

Pero, sen dúbida, unha das grandes vantaxes das asociacións radica na creación desa conciencia de silvicultor, que permite, a aqueles que así o desexen, avanzar cara a agrupacións forestais cun maior compromiso patrimonial baixo figuras xurídicas de natureza mercantil, administrativa ou de base asociativa, motivo polo cal o fomento de figuras xurídicas, con ánimo de lucro, de agrupación forestal conxunta está ligado á promoción inicial do asociacionismo.

As opcións sobre estas outras fórmulas de xestión conxunta son variadas: sociedades civís (similares ás agrupacións forestais francesas), comunidades de bens ou sociedades civís (coa desvantaxe da falta de personalidade xurídica), cooperativa de explotación comunitaria da terra (que non permite socios investidores), sociedades agrarias de transformación (só poden ser socias as persoas que teñan a condición de titular dunha explotación agraria ou de traballador agrícola), ou sociedades anónimas ou limitadas. Posiblemente cada unha destas figuras pode resultar óptima en determinadas condicións dos montes, variando en función de múltiples factores (obxectivos principais de xestión forestal, e como consecuencia: intensidade da dita xestión, quendas de produción, volume de rendas que se obterá...) pero en calquera caso, directamente vinculado ao grao ou intensidade que se desexe asumir en materia de actividade forestal.

Resulta de especial relevancia a adecuación fiscal en calquera dos casos, polo que este ámbito de desenvolvemento debe traballarse de común acordo coa Administración xeral do Estado (AXE), programa VI.3.1.

Será preciso, así mesmo, atribuír a todas as entidades de xestión en común de terras agroforestais prioridade na aplicación de instrumentos de axudas e discriminación positiva nos procesos de mobilización de terras en polígonos agrarios suxeitos a un proxecto de recuperación e posta en valor de terras agroforestais e nos procedementos de declaración de abandono, inmoble vacante ou infrautilización que actualmente se están deseñando, poñendo preferentemente á súa disposición os terreos mediante acordos de cesión por un tempo suficiente respecto aos ciclos produtivos da actividade forestal.

O apoio da Administración a este tipo de figuras debe dirixirse a fomentar os seguintes ámbitos:

• Adaptar a normativa reguladora para facilitar a disposición de terras a silvicultores activos mediante acordos de cesión, non obrigando o titular dos terreos a incorporarse como socio ás ditas figuras.

• Así mesmo, un dos problemas esenciais detectados nos procesos de constitución destas figuras é a dificultade de investigación inicial da propiedade dos predios. A Administración deberá regular procedementos que permitan asumir estes traballos aos propios organismos públicos, logo de solicitude e unha vez que se dispoña dunha porcentaxe significativa de dereitos de uso no perímetro proposto obxecto de investigación.

• Afondar nas consecuencias de declaración de interese público das superficies en que se desenvolvan as iniciativas das agrupacións forestais de xestión conxunta, co fin de impedir o abandono ou infrautilización de parcelas forestais.

• Mellorar a súa fiscalidade, de forma que se favoreza o investimento no monte por parte deste tipo de entidades xurídicas, que non se graven as súas rendas por encima do que se aplicaría a un propietario individual.

• As axudas públicas deben incentivar a constitución e posta en marcha e desenvolvemento de calquera destas iniciativas.

• Fomentar entidades de xestión conxunta pode considerarse un instrumento para canalizar investimento tanto dos propietarios forestais como de investidores non titulares de dereitos de uso das terras forestais (naquelas figuras onde sexa permitido e sempre con limitación das cotas de participación -<50 %-). Estudarase a promoción de fondos de investimento forestais, que deberían:

• Funcionar como posibles instrumentos de aforro a longo prazo.

• Gozar dunha fiscalidade axustada e favorable con base na súa caracterización como instrumento de aforro a longo prazo.

• Estar dotados de suficiente seguridade xurídica e liquidez para os investidores.

• Posibilitar investimentos directos en activos forestais ou a través da participación neste tipo de agrupacións.

• Favorecer liñas de mecenado que posibiliten a investidores privados desgravar aquelas contías dirixidas a accións relacionadas coa xestión forestal sustentable.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

III.1.2.

Iniciativas de participación conxunta entre a Administración e asociacións. Asesoramento técnico e actividades informativas

P

Ud.

25

50

75

100

Q

25

25

25

25

III.1.2

Promoción de asociacións de propietarios forestais que procuren unha comercialización conxunta dos seus produtos

P

Ud.

20

40

60

80

Q

20

20

20

20

III.1.2.

Número de agrupacións forestais de xestión conxunta

P

Ud.

100

300

550

750

Q

100

200

250

200

III.1.2.

Superficie baixo algún tipo de figura de xestión conxunta

P

Sup. (ha)

35.000

75.000

110.000

150.000

Q

35.000

40.000

35.000

40.000

III.1.2.

Mobilización de terras forestais mediante actuacións forestais de xestión conxunta

P

Sup. (ha)

10.000

15.000

25.000

35.000

Q

10.000

5.000

5.000

5.000

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D15 e D114. Indirecta con D11, D28, D30, D111 e D112.

• Relación indirecta con RD15, RD16, RD17 e RD51.

• ODS15, meta 15.2.

• Relación con outros programas/instrumentos: VI.3.1.

III.2. INICIATIVAS DE ACTIVACIÓN DA XESTIÓN FORESTAL PRIVADA.

O monte galego, como parte integrante do ámbito agrario, vese afectado por problemas estruturais que se destacaron no Ditame do Parlamento de Galicia sobre incendios forestais e política forestal:

1) Estrutura da propiedade con elevado minifundismo e fragmentación, o que se acompaña dunha importante falta de información.

2) Abandono dunha parte de territorio rural, xunto coa falta de xestión forestal.

3) Escasa rendibilidade das explotacións agrarias e, en especial, das actividades relacionadas coa xestión e aproveitamento forestal.

4) Problemas demográficos e de perda de explotacións agrarias como consecuencia da desagrarización.

Nesas circunstancias, o aproveitamento dos recursos forestais do monte galego efectúase moi por baixo das súas posibilidades como consecuencia da falta de xestión activa. A incidencia de incendios exerce un importante efecto disuasorio aos investimentos e traballos no monte, de modo que moitos propietarios optan por unha mera actividade colleitadora ocasional mediante aproveitamentos de madeira, opción que non resulta aceptable no caso de formacións forestais de alto grao de combustibilidade.

As perspectivas para un futuro inmediato, cun proceso de envellecemento e despoboamento rural acelerados, indicarían graves dificultades por parte dos propietarios forestais para coñecer incluso a localización e, en particular, os lindes dos seus predios.

Obxectivos do instrumento.

Os fins deste instrumento son a activación e dinamización da xestión forestal activa mediante o recoñecemento e fomento da figura de silvicultor activo e o establecemento de programas de fomento da xestión conxunta de propiedades particulares, de dinamización da xestión en montes veciñais en man común e de establecemento do marco apropiado para dinamizar a xestión dos montes de varas ou proindivisos.

Actuacións e programas.

Para lograr tales obxectivos dispóñense as seguintes actuacións e programas:

Iniciativas de activación da xestión forestal privada

1. Creación da figura e Rexistro de Silvicultor Activo.

2. Programa de dinamización da xestión en montes veciñais en man común.

3. Programa de dinamización da xestión en montes de varas.

III.2.1. Creación da figura e Rexistro de Silvicultor Activo.

Antecedentes e xustificación.

A xestión forestal e a conservación do monte a través dos produtos directos e das externalidades ambientais e sociais que ofrece, así como a súa crecente capacidade para xerar emprego no medio rural, transcenden do interese do propietario para alcanzar o conxunto da sociedade galega.

É fundamental que se diferencien os propietarios forestais que invisten e xestionan activamente as súas propiedades dos que manteñen unha actitude absentista ou de abandono. Tamén resulta imprescindible involucrar tanto os actuais como os futuros propietarios e xestores nos investimentos a medio e longo prazo. Con esta finalidade, parece oportuno establecer o status de silvicultor/a activo/a e formular políticas e incentivos adecuados ás necesidades deste colectivo, favorecendo os propietarios particulares individuais e colectivos, comunidades de montes, sociedades e xestores forestais que traballen con criterios de sustentabilidade.

O status de silvicultor activo supón que o instrumento de ordenación ou xestión forestal de que se dote o predio se aplica de forma efectiva, mantendo en particular o monte nun nivel de combustibilidade reducido e conforme a lexislación vixente en materia de prevención de incendios forestais e baixo criterios de xestión forestal sustentable (XFS) acreditados por terceiras partes (sistemas de certificación forestal).

Obxecto.

Partindo do recoñecemento da actividade que os silvicultores realizan no monte galego, establécese esta medida para implantar o status do silvicultor/a activo/a e formular actuacións conforme as necesidades deste colectivo. Este status plasmaríase tanto nos propietarios individuais como na propiedade colectiva ou agrupada (mancomunidades de montes, montes veciñais en man común, montes abertais, agrupacións de propietarios forestais), que traballen con criterios de sustentabilidade. Establecerase un rexistro oficial do silvicultor/a activo/a con inscrición de carácter voluntario. Preténdese, así mesmo, apoiar a profesionalización dos silvicultores.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

O recoñecemento do silvicultor/a activo/a estará vinculado, polo menos, á existencia dun instrumento de ordenación ou de xestión, implementado cun selo de xestión forestal sustentable (internacionalmente recoñecido) segundo a lexislación forestal vixente.

Para o acceso do propietario forestal á inscrición no Rexistro Oficial e Voluntario do Silvicultor/a Activo/a, deberá existir un compromiso asinado xunto coas ferramentas de xestión forestal sustentable necesarias que garantan a súa vinculación coa xestión activa do terreo, isto implica a existencia dun instrumento de ordenación e de xestión e estar adherido a un sistema de certificación forestal sustentable. Como medida complementaria terán que xustificar a propiedade ou a dispoñibilidade dos terreos e a acreditación de realizar unha actividade económica ligada á explotación do monte.

No deseño e posta en marcha do rexistro debe terse en conta a necesidade de inspección dos predios dos solicitantes para comprobar que o estado destes responde a unha xestión racional de acordo cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado.

O status de silvicultor/a activo/a facilitará o acceso prioritario ás axudas vinculadas ao cumprimento dos instrumentos de ordenación e xestión forestal ou medidas públicas de apoio ao sector forestal, o acceso á cesión dos montes veciñais en man común que sexan declarados en estado de grave abandono ou degradación, con preferencia dos silvicultores activos que sexan comunidades de montes e en todas aquelas situacións en que se requira unha xestión sustentable do monte, en particular aos procesos de declaración de abandono ou infrautilización de terras agroforestais.

No ámbito das axudas e subvencións tomaranse en consideración as seguintes liñas de actuación:

• Axudas públicas dirixidas a silvicultores activos para o financiamento das operacións forestais especificadas nos instrumentos de ordenación e xestión forestal (IOXF).

• A porcentaxe de axudas e subvención será variable, apoiando en maior medida os montes menos rendibles segundo as características físicas do monte e as limitacións de xestión establecidas na zona (Rede Natura 2000, por exemplo).

• Equilibrio dos incentivos públicos no territorio galego en función da rendibilidade das explotacións e incentivos á rexeneración de masas arborizadas ou a repoboación con determinadas especies ou tamén permitir compensar as restricións ou imposicións ambientais e paisaxísticas, co que se obterían resultados económicos asumibles polo conxunto dos silvicultores no medio rural.

• Mellora da adecuación das axudas e subvencións ao perfil dos destinatarios e ao tipo de actividade, en particular:

◦ Estudarase a posibilidade de adiantar as convocatorias das axudas e subvencións para que se teña tempo suficiente para o desenvolvemento en prazo dos traballos financiados, como sucede coas limpezas e rozas.

◦ Manter a posibilidade de que os traballos baixo axudas públicas, poidan acometerse por medios propios ou mediante contratos de externalización a empresas de servizo forestal. Avanzar no establecemento de módulos obxectivos/custos simplificados (CS).

Como medidas de apoio á profesionalización dos silvicultores, a Xunta de Galicia debería desenvolver estas actuacións:

• Utilización da Administración como un servizo público de extensión forestal para a prestación de asistencia técnica e capacitación profesional a titulares e/ou xestores forestais.

• Favorecemento decidido á boa gobernanza a través da xestión profesionalizada que dea o necesario soporte técnico aos titulares dos terreos forestais.

• Deseño e posta en marcha de plans de formación e capacitación profesional de xestores de montes para a mellora ou actualización das súas cualificacións ou competencias profesionais e apertura de novas oportunidades ou actividades experimentais no sector forestal galego (instrumento V2.2.).

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

III.2.1.

Deseño e posta en marcha do Rexistro Oficial de Silvicultor/a Activo/a en montes e parcelas xestionadas de Galicia

Creado

III.2.1.

Número de silvicultores activos rexistrados

P

Ud.

25.000

50.000

100.000

200.000

Q

25.000

25.000

25.000

25.000

III.2.1.

Superficie de silvicultores activos incluída

P

Sup. (ha)

40.000

90.000

180.000

360.000

Q

40.000

50.000

90.000

180.000

III.2.1.

Investimento para o apoio de silvicultores activos

P

15M€

30M€

40M€

50M€

Q

15M€

15M€

10M€

10M€

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D. Directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación indirecta con D15.

• Relación indirecta con RD52. Relación indirecta con RD18, RD19, RD20, RD21 e RD22.

• ODS15, meta 15.2.

• Relación con outros programas/instrumentos: V.2.2.

III.2.2. Programa de dinamización da xestión en montes veciñais en man común.

Antecedentes e xustificación.

Os montes veciñais en man común (MVMC) constitúen un tipo de propiedade privada de natureza xermánica singular no contexto estatal, e localízanse maioritariamente no noroeste de España e, case exclusivamente en Galicia. Segundo datos do Rexistro de MVMC existen na actualidade 3.312 montes clasificados polos xurados provinciais, totalizando 664.230 ha, o que dá unha cifra media de 220 ha por monte (rango de 92 a 430 ha, segundo o distrito forestal).

A distribución dos MVMC non é homoxénea nas 4 provincias galegas: 39,2 % destes montes sitúanse en Ourense, un 30 % en Lugo, 21,7 % en Pontevedra e só 9,1 % na Coruña. O número total de comuneiros en Galicia é de 122.734, cunha media de 44 comuneiros por monte. As cifras indican a grande importancia superficial e social deste tipo de propiedade privada e colectiva (artigo 60 da Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia).

Con todo, os importantes cambios socioeconómicos acaecidos no medio rural galego durante a segunda metade do século XX e o XXI desencadearon problemas importantes de abandono da xestión, de modo que unha porcentaxe próxima ao 10 % non dispón de estatutos vixentes e un 34 % non ten xunta reitora actualizada. Prodúcense tamén problemas no mantemento actualizado do censo de comuneiros ou na comunicación en tempo dos reinvestimentos, estimándose que un 40,2 % dos MVMC non está ao día nesas prácticas de xestión. A situación é máis desfavorable nos distritos interiores e de montaña, de maior envellecemento poboacional.

Obxecto.

Este programa ten por obxecto avaliar a situación dos MVMC en canto á súa situación administrativa e dinamismo de xestión, identificando os puntos clave que dificultan a dinamización da xestión, establecendo, así mesmo, medidas que promovan a reactivación da xestión das terras. Favorecer dinámicas de boa gobernanza ten que construír o núcleo central deste programa.

O programa debe estar en consonancia coa necesaria actualización da lexislación reguladora dos MVMC (Lei 13/1989) coa finalidade de adecuar a súa regulación á situación actual destes.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

A primeira medida que hai que abordar consistirá na elaboración pola Consellería do Medio Rural dun informe anual que certifique a situación das comunidades propietarias de MVMC, detallando de forma específica a súa estrutura organizativa (existencia de asemblea e xunta reitora, actualización de libro de rexistro de comuneiros, inclusión en mancomunidades de MVMC), estado administrativo (existencia de consorcios ou convenios), o cumprimento das súas obrigacións legais actuais ou futuras (reinvestimentos, existencia instrumentos de ordenación e xestión forestal), grao de abandono da xestión e réxime de usos e aproveitamentos.

O informe, que en certa medida xa está avanzado nalgunhas provincias, permitirá identificar as limitacións clave para a dinamización da boa gobernanza das CMVMC: extinción da comunidade, conflitos de lindes, conflitos internos entre comuneiros, descapitalización e degradación derivada de incendios, pragas ou vendavais, existencia de convenios/consorcios con importante saldo debedor e outros.

Con base nesas limitacións, o programa establecerá os mecanismos de dinamización, para o que se considerarán, polo menos, os seguintes aspectos:

1) Apoio á xestión profesional dos MVMC dando prioridade nesa xestión ás comunidades de montes que estean rexistradas no Rexistro de Silvicultores Activos (programa III.2.1.).

2) Apoio específico nas actuacións da Administración dirixidas a prácticas de boa gobernanza: información, asesoramento, divulgación e formación continua. A boa gobernanza das CMVMC debe entender que o apoio técnico da xestión mediante medios profesionais constitúe unha ferramenta esencial que en nada pode interferir na soberanía plena da asemblea xeral senón no apoio e soporte técnico para unha mellor toma das súas propias decisións.

3) Impulso á redacción de instrumentos de ordenación e xestión forestal dos MVMC, co obxectivo de que todos o teñan a finais de 2030, reforzando a liña de subvencións actualmente en vigor (programa VI.2.1.).

4) Impulso á consolidación da propiedade dos MVMC, promovendo e apoiando procesos de deslindamento e revisión de esbozos en montes de xestión pública e privada.

5) No caso de MVMC con función protectora (programa II.1.1.), situados en espazos naturais protexidos (programa I.1.1.) ou en estado de descapitalización, a Administración negociará coa comunidade veciñal titular do monte o establecemento dun novo contrato temporal de xestión pública (programa III.3.1.).

6) Nos MVMC que considerasen a asignación de lotes entre os comuneiros para o aproveitamento de pastos, asegurarase, en cumprimento da lexislación vixente, o dereito para aproveitar os terreos que precisen en consonancia co tamaño das súas explotacións agropecuarias e a súa ordenación consonte o Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo (orixinalmente regulado no artigo 4 do Decreto 105/2006).

7) Potenciación das agrupacións e das mancomunidades de MVMC buscando a coordinación e, mesmo, a xestión conxunta de comunidades cuxos montes teñan lindes naturais que poidan actuar como devasas.

8) Consideración específica dos MVMC nos proxectos de mobilización de terras agroforestais.

9) Actualización da lexislación en materia de MVMC (programa VI.3.1.), recollendo apropiadamente:

• Os valores económicos, ambientais e sociais que estes montes xeran aos habitantes da súa contorna e á sociedade galega en xeral.

• O aproveitamento económico dos MVMC, mediante a ampliación dos negocios xurídicos xa recollidos na lexislación actual, que vinculen a totalidade ou parte da superficie do monte e se destinen a unha explotación agrícola, gandeira ou forestal.

• O desenvolvemento do marco normativo das mancomunidades, co fin de impulsar a constitución de novas mancomunidades e o funcionamento activo das 34 xa existentes no momento actual, e a inclusión de comunidades aínda non integradas en mancomunidades.

• O desenvolvemento da regulación de situacións de xestión cautelar de MVMC así como de declaración de grave estado de abandono ou degradación recollidas na normativa vixente. Nos casos en que se ceda o uso e aproveitamento dos montes deberá darse prioridade no acceso á condición de cesionario:

a. Ás agrupacións de xestión conxunta en que participen comuneiras/os do monte afectado.

b. Outras comunidades de montes que teñan acreditada a xestión adecuada dos seus montes e estean rexistradas no rexistro de silvicultores activos.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

III.2.2.

Informe de situación administrativa e de xestión dos MVMC en Galicia

Elaborado

III.2.2.

Porcentaxe de MVMC con cumprimento de obrigacións administrativas

P

%

60

65

70

70

III.2.2.

Apoio a medidas de fomento de boa gobernanza (instrumentos de ordenación e xestión forestal, actuación neles disposta, apoio ao servizo de xestión profesionalizada, etc.)

Q

25M€

30M€

40M€

50M€

III.2.2.

Aprobación dunha nova Lei de montes veciñais en man común (MVMC)

Aprobada

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación indirecta con D11, D14 e D100.

• Relación indirecta con RD47, RD48, RD49, RD50, RD51 e RD17.

• ODS15, meta 15.2.

• Relación con outros programas/instrumentos: I.1.1., II.1.1., III.2.1., III.3.1., VI.2.1., VI.3.1.

III.2.3. Programa de dinamización da xestión en montes de varas.

Antecedentes e xustificación.

Segundo se recolle na lexislación forestal autonómica, os montes de varas son os conservados en proindiviso e cuxos copropietarios, sen prexuízo de realizar en común aproveitamentos secundarios, tiñan ou manteñen o costume de reunirse para repartir entre si porcións determinadas de monte ou senras para o seu aproveitamento privativo, asignacións que se fan en tantos lotes como partícipes principais veñen determinados.

Trátase, por tanto, dun tipo de propiedade privada colectiva de tipo romano, en que son posibles as vendas e herdanzas das cotas de cada copropietario, cotas que non teñen porque ser iguais. Da mesma maneira, e coas limitacións legais de parcelación, son susceptibles de división ou segregación.

Na actualidade o Anuario de estatística forestal de Galicia recolle a existencia de 27 montes de varas, que totalizan unha superficie de 7.837 ha, principalmente na provincia de Lugo. Ese número tan reducido pode derivar de que aínda non se estableceu o rexistro de montes de varas, que recolle a lexislación forestal vixente.

A localización preferente deste tipo de copropiedade na montaña oriental galega é indicativa de que moitos dos problemas para a constitución de xuntas xestoras ou a celebración de asembleas de copropietarios son comúns ao xa indicado para MVMC: despoboamento, envellecemento ou mesmo falta de coñecemento dos lindes dos predios e cotas. Doutra banda, a existencia destes montes significa unha oportunidade para consolidar unha xestión agrupada desas propiedades, evitando no posible que revertan a unha repartición de parcelas entre os copropietarios de forma individual.

Obxecto.

O obxecto do programa é instar o comezo da aplicación da normativa en relación con este tipo de copropiedade, en particular a creación do rexistro, realizándose paralelamente unha investigación da situación actual deste tipo de copropiedade e medidas que permitan a constitución de xuntas xestoras con base en fórmulas de agrupación que resulten atractivas para os copropietarios e sempre baixo criterios de boa gobernanza.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

A primeira medida a abordar no programa é o estudo da situación actual destes montes, recollendo o grao de cumprimento das súas obrigacións administrativas que, en canto a reinvestimentos e obrigatoriedade de contar con instrumento de ordenación forestal, son similares ás dos MVMC.

O informe debe identificar os principais obstáculos para o establecemento de xuntas xestoras (caso de máis de 10 copropietarios) ou asembleas, determinando en particular as fórmulas de constitución adoptadas previamente en procesos de establecemento de consorcios ou convenios coa Administración, incidencia fiscal que pode derivar da súa inscrición no rexistro ou procesos xudiciais actuais de desclasificación de MVMC por tratarse presumiblemente de montes en proindiviso.

As limitacións identificadas deben servir de base para establecer medidas de dinamización da xestión, que en concreto deben atender a:

1) Establecer a fórmula xurídica máis adecuada para xestionar este tipo de montes (asociacións sen ánimo de lucro, sociedades civís, comunidades de bens).

2) Establecer posibles restricións á división do monte, adicionais á de 15 ha que se recolle na lexislación forestal actual galega.

3) Prestar un apoio activo desde a Administración forestal para que os propietarios se organicen baixo principios de boa gobernanza, cara a unha xestión conxunta e profesionalizada, establecendo uns estatutos e adaptando a figura xurídica que mellor se adapte ás súas condicións.

4) Conseguir un tratamento fiscal e de priorizacións en axudas públicas ou proxectos de mobilización de terras agroforestais similares ás CMVMC.

5) Atribuír aos montes de varas rexistrados e cuxos copropietarios se inclúan no Rexistro de Silvicultores Activos o trato preferente que se pode aplicar ás agrupacións forestais.

6) No caso de montes de varas con función protectora, situados en espazos naturais protexidos ou en estado de descapitalización, a Administración negociará cos copropietarios o establecemento dun contrato temporal de xestión pública (programa I.3.1.).

7) Establecer colaboracións con outras comunidades autónomas que desenvolven actuacións ou proxectos sobre este tipo de propiedade (montes de socios).

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

III.2.3

Informe de situación administrativa e de xestión dos montes de varas en Galicia

Elaborado

III.2.3

Desenvolvemento regulamentario dos montes de varas, da súa organización e funcionamento e da súa inscrición no Rexistro de Montes de Varas en Galicia

Aprobado

III.2.3

Apoio a medidas de fomento de boa gobernanza (instrumentos de ordenación e xestión forestal, actuación neles disposta, apoio ao servizo de xestión profesionalizada, etc.)

P

5M€

10M€

15M€

20M€

Q

5M€

5M€

5M€

5M€

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación indirecta con D12 e D14. Indirecta con D105.

• Relación indirecta con RD53.

• ODS15, meta 15.2.

• Relación con outros programas/instrumentos: I.3.1., VI.2.1.

III.3. REORIENTACIÓN DA XESTIÓN FORESTAL PÚBLICA.

O Anuario de estatística forestal de Galicia indica a existencia de 230 montes de titularidade pública en Galicia, que totalizan 55.209 ha. En números redondos, un 40 % son montes declarados de utilidade pública (polo que a súa xestión corresponde inicialmente á Administración forestal), un 22 % son patrimoniais do Estado ou da Comunidade Autónoma (correspondendo tamén a xestión pública) e un 38 % son montes patrimoniais de concellos ou entidades locais menores. Un 36 % destes últimos xestiónanse tamén a través da Administración forestal mediante consorcio ou convenio.

Sendo a superficie de monte de propiedade pública tan restrinxida, a maior parte das 275.659 ha xestionadas pola Administración corresponden a MVMC (e, en menor medida, montes de particulares, de varas ou patrimoniais de concellos, como antes se indicou) baixo consorcio ou convenio, figuras que deben por lei dar paso a novos contratos temporais de xestión pública.

Entendendo superado o modelo dos vellos consorcios e convenios, en que a Administración resultaba titular dun auténtico dereito real sobre o voo da superficie forestal, faise patente tanto a necesidade de poñer en valor a multifuncionalidade do monte, superando os antigos modelos de exclusiva repoboación forestal, como a necesidade de facelo de xeito negociado e bilateral, baixo un enfoque de gobernanza vencellada aos lexítimos propietarios do monte que asumirán un protagonismo substancial no desenvolvemento destes novos contratos de xestión.

Do mesmo xeito, faise patente a necesidade de que o papel da Administración quede circunscrito ao compromiso de proporcionar o imprescindible pulo económico, alén dun necesario servizo técnico de xestión, de xeito que os propietarios retomen a conciencia da súa plena titularidade sobre o monte e as responsabilidades que indubidablemente aquilo comporta, e o compromiso coa gobernanza do monte é un eixe vertebrador que deberán incorporar os ditos contratos.

Neste contexto, confórmase a necesidade de completar o marco xurídico normativo básico en que se desenvolveron os antigos consorcios e os convenios e, moi especialmente, de desenvolver o disposto na Disposición transitoria cuarta da Lei 9/2017 de 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas no referido aos contratos de xestión temporal, así como a disposición adicional primeira da Lei estatal de montes 43/2003, do 21 de novembro.

Obxectivo do instrumento.

A finalidade deste instrumento é establecer as actuacións necesarias para a reorientación da xestión forestal pública, avanzando no proceso de cancelación ou finalización dos convenios e consorcios de repoboación e no deseño dos novos contratos de xestión pública.

Iniciativa considerada.

Declárase unha medida consistente no Programa de establecemento de novos contratos voluntarios de xestión pública. O programa debe comprender o avance no proceso de finalización ou cancelación de consorcios e convenios, o deseño de contratos tipo de xestión pública para diferentes tipoloxías e circunstancias dos montes e as actuacións posteriores en forma de convocatorias en concorrencia pública para que aqueles propietarios que así o desexen poidan, de forma voluntaria, solicitar a sinatura deste novos contratos de xestión pública.

III.3.1. Programa de establecemento de novos contratos de xestión pública.

Antecedentes e xustificación.

A maior parte da superficie que xestionou a Administración forestal nas últimas décadas corresponde á figura de convenio ou convenio transformado (provenientes de antigos consorcios) cun obxectivo de fomento da produción madeireira, especialmente de coníferas. Considerouse que a produtividade alcanzada nesas superficies é limitada: o Anuario de Estatística forestal reflicte en 2018 un volume de cortas de 355.100 m3, o que supón unha produtividade de 1,3 m3/ha ano.

En todo caso, a oferta dos aproveitamentos de madeira mediante poxas públicas supón unha concentración en lotes de dimensión atractiva para os axentes da cadea da madeira, en especial aqueles máis relacionados coa transformación do piñeiro. No proceso de rescisión das actuais figuras de convenios ou consorcios deben considerarse os efectos adicionais que poden producirse, en particular as posibles transformacións de especies ou a redución de superficie forestal certificada como consecuencia da cancelación de montes capitalizados e sen saldo debedor.

Doutra banda, e nunha situación de predominio absoluto dos montes de propiedade privada, a participación da Administración na xestión forestal dunha superficie relevante de montes considerouse imprescindible e foi un dos instrumentos esenciais para poder executar varios dos programas indicados neste documento, en especial:

• I.1.1. Programa de fomento da xestión activa de masas de frondosas.

• I.1.4. Medidas de fomento e directrices para conservación e mellora da biodiversidade.

• I.1.5. Medidas de fomento da multifuncionalidade e outros valores (entre eles a paisaxe).

• I.1.6. Ordenación do uso sociorrecreativo en montes periurbanos, en particular no relativo á Rede de infraestruturas verdes.

• I.3.3. Programa de conservación de recursos xenéticos.

• II.1.1. Programa de montes protectores.

Obxecto.

Será obxecto deste programa establecer os mecanismos e criterios de aplicación nos procesos de cancelación e finalización dos actuais convenios e consorcios e o deseño e especificacións dos novos contratos temporais de xestión pública.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

Para o proceso de cancelación e finalización de consorcios e convenios considéranse as seguintes recomendacións:

1) Regularanse as consecuencias da cancelación no prazo establecido pola normativa.

2) Tras a cancelación, a xestión dos montes con vocación produtiva será devolta á propiedade (comunidade veciñal propietaria, se é o caso), que deberá xestionalos de acordo cun proxecto de ordenación, fomentando o mantemento ou solicitude dos selos de certificación forestal.

3) Tras a cancelación, estes montes terán prioridade na concesión de axudas públicas en materia forestal, en aplicación das actuacións planificadas nos instrumentos de ordenación ou xestión forestal.

4) Manterase a posibilidade de finalización de convenios/consorcios mediante a sinatura do novo contrato de xestión no caso de propietarios forestais que así o decidan pola dificultade de acometer por si mesmos a xestión do monte.

No referente ao deseño dos novos contratos de xestión, realízanse as seguintes observacións:

1) Os tipos de montes que debería xestionar con preferencia a Administración forestal, mediante a súa estrutura administrativa ou ben un organismo autónomo ou entidade pública creada expresamente para este fin serán:

a. Propietarios públicos ou privados de montes protectores.

b. Comunidades, asociacións ou entidades titulares de montes veciñais en man común que carezan de recursos económicos e financeiros suficientes e cuxa sustentabilidade económica, social e ambiental non estea garantida.

c. Comunidades, asociacións ou entidades propietarios de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo que carezan de recursos económicos e financeiros suficientes e cuxa sustentabilidade económica, social e ambiental non estea garantida.

d. Propietarios particulares ou as súas agrupacións ou asociacións, en terreos forestais ocupados por masas de alto valor xenético.

e. Propietarios particulares ou as súas agrupacións ou asociacións, en terreos forestais ocupados por formacións significativas de frondosas que se recollen no anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, segundo as condicións e requirimentos establecidos na normativa de desenvolvemento.

f. Propietarios particulares ou as súas agrupacións ou asociacións naqueles casos en que as especiais dificultades para a posta en valor e as condicións do monte así o aconsellen.

2) Estableceranse regulamentariamente as condicións xerais dos novos contratos de xestión, incluíndo os obxectivos de produción de bens e servizos, condicións económicas e prazo de aplicación consonte a lexislación de aplicación.

No referente ao establecemento dos novos contratos, considéranse as seguintes observacións:

1) Superación do modelo dos vellos consorcios e convenios e, por tanto, do establecemento dun dereito real sobre o monte a favor da Administración.

2) Xestión técnica por parte da Administración pactada consonte o disposto no proxecto de ordenación, limitándose a ofrecer o pulo económico e o necesario servizo técnico de xestión conforme as pautas do citado proxecto de ordenación.

3) Superación do antigo modelo exclusivamente de repoboación, apostando pola multifuncionalidade do monte.

4) O propietario gozará da plena titularidade dominical sobre o monte e os seus aproveitamentos, polo que se torna inescusable o compromiso daqueles que subscriban os contratos coa gobernanza e as responsabilidades inherentes á dita gobernanza.

5) Incorporación de compromisos que asumirá o propietario tras a finalización destes novos contratos, baseados en tres grandes conceptos: boa gobernanza, servizo profesionalizado de apoio á xestión e xestión forestal sustentable (XFS) a través dos proxectos de ordenación e a certificación forestal.

6) Posibilidade de condonación do saldo debedor dos convenios e contratos existentes consonte o disposto no proceso regulamentado.

En síntese, o contrato temporal de xestión pública é un contrato de medios, que non de resultados, de xeito que a Administración ofrece o financiamento previo necesario e a asistencia técnica precisa para a posta en valor do monte.

O dimensionamento da superficie obxectivo que xestionará a Administración pública galega corresponderá á suma daqueles montes de titularidade pública patrimoniais da propia CA, xunto cos montes de UP (que suman 34.230 ha que hai que xestionar necesariamente), o mantemento de contratos de xestión con entidades públicas que dispoñen de montes patrimoniais e os contratos de xestión en montes privados, individuais ou colectivos.

Se consideramos que boa parte da superficie obxecto dos novos contratos corresponderá a masas consolidas de frondosas e formacións de ribeira (medida I.1.1., obxectivo de 40.000 ha), montes periurbanos na Rede de infraestruturas verdes (medida I.1.6., obxectivo de 25.000 ha), montes protectores (medida II.1.1., obxectivo de 90.000 ha) e considerando que a superficie de MVMC en situación descapitalizada de acordo co anuario de estatística forestal de 2019, estímase que o rango ideal de superficie obxectivo para os novos contratos sería de entre 150.000-200.000 ha, inicialmente.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

III.3.1.

Rematar os procesos de cancelación e finalización de consorcios e convenios

Finalizado

III.3.1.

Establecer a tipoloxía e condicións dos novos contratos de xestión en forma de regulamento

Realizado

III.3.1.

Asinar novos contratos de xestión pública

Sup. (ha)

150.000-200.000

III.3.1.

Porcentaxe de montes en xestión pública con polo menos un sistema de certificación.

 %

100 %

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación indirecta con D14.

• Relación indirecta con RD6 e RD53.

• ODS15, meta 15.2.

• Relación con outros programas/instrumentos: I.1.1.,I.1.4., I.1.5., I.1.6., I.3.3. II.1.1.

F. EIXE IV. RECURSOS FORESTAIS E CADEA MONTE-INDUSTRIA.

O monte en Galicia é fonte de numerosos bens directos e a madeira é o aproveitamento que presenta unha maior relevancia económica e social. En cifras do Anuario de estatística forestal de Galicia para 2018 producíronse un total de 108.000 solicitudes de aproveitamento, cun volume total de 9,72 millóns de m3 de madeira. Considerando adicionalmente os aproveitamentos de montes en xestión pública, pode afirmarse que en 2018 se superaron por primeira vez os 10 millóns de m3.

En canto á distribución por especies, os aproveitamentos de eucalipto roldan os 6 millóns de m3 (deles algo máis de 1 Mm3 correspondería a E. nitens), o que confirma o seu incremento proporcional que xa se viña detectando nos informes sectoriais dos últimos anos. O nivel de aproveitamentos de piñeiro estabilízase nos 3,5 millóns de m3 e o de frondosas caducifolias queda en menos de 300.000 m3.

A actividade industrial ligada á produción de madeira en Galicia ten unha importancia económica fundamental, en particular nos municipios rurais. O Informe 2017 sobre a cadea forestal-madeira en Galicia indica que a facturación global foi de 2.200 M€, correspondendo 452M€ aos rematantes, 355M€ ao subsector do aserrado, 900 M€ ao de taboleiros e pasta de papel conxuntamente e 500 M€ á segunda transformación. Recuperouse por primeira vez o nivel de facturación de 2008, previo á crise económica.

O impacto da actividade industrial ligada á madeira é moi intenso tanto en termos de exportacións (800 M€ en 2017, 44 % fóra da zona euro), en boa parte explicado polo segmento do contract, como de emprego (20.320 empregos directos, sendo un dos subsectores que máis creceu). A industria forestal é, ademais, unha actividade multifuncional que mantén unha relación directa con outras actividades industriais, e ademais, é unha das actividades tradicionais que mellor se adaptou ás diferentes crises. A industria forestal, a pesar da recente incidencia da dita crise, segue estando presente no 80 % dos municipios galegos, como indica a seguinte figura.

Doutra banda, os terreos de monte poden proporcionar pasto e cultivos forraxeiros, o que xa é unha realidade en moitos montes veciñais. A combinación de arboredo en baixa densidade con aproveitamento de gando en extensivo (sistemas silvopastorais) supón unha oportunidade relevante ao compatibilizarse unha actividade produtiva coa prevención de incendios, mediante a diminución da carga de combustible e a creación de paisaxes en mosaicos.

missing image file

Mapa de distribución territorial das empresas transformadoras da madeira en Galicia a escala municipal (Fonte: "Principales hitos en la trayectoria de la industria transformadora de la madera en la economía de Galicia (España)")

Finalidade e obxectivos.

Os obxectivos que se expoñen nos instrumentos de execución do eixe IV son os seguintes:

• Elaborar un programa de fomento do aproveitamento de pastos e forraxes e de creación de sistemas silvopastorais en montes.

• Elaborar un programa específico para o castiñeiro e os seus produtos.

• Establecer medidas específicas de fomento e valorización de masas de coníferas, incrementando a calidade da madeira producida e asegurando o abastecemento da industria forestal de Galicia.

• Establecer medidas específicas de incremento de produtividade e redución de combustibilidade de eucaliptais existentes.

• Establecer medidas xerais que mobilicen os recursos madeireiros nun contexto global de descarbonización.

• Elaborar o Plan estratéxico da industria forestal de Galicia.

Para conseguir tales obxectivos dispóñense as seguintes liñas que inclúen as estratexias, plans ou programas que se desenvolverán como instrumentos de execución deste eixe IV:

EIXES ESTRATÉXICOS DE INTERVENCIÓN

INSTRUMENTOS DE EXECUCIÓN: estratexias, liñas acción, plans e programas

EIXE IV

RECURSOS FORESTAIS E CADEA MONTE-INDUSTRIA

IV.1. FOMENTO DE RECURSOS FORESTAIS NON MADEIREIROS.

IV.2. FOMENTO DE RECURSOS FORESTAIS MADEIREIROS E A SÚA MOBILIZACIÓN.

IV.3. IMPULSO DA INDUSTRIA FORESTAL DE GALICIA.

IV.1. FOMENTO DE RECURSOS FORESTAIS NON MADEIREIROS.

Os recursos/produtos forestais non madeireiros (PFNM) que pode producir o monte galego son numerosos, quedando recoñecidos e recollidos, en diferente grao, na normativa de aproveitamentos na lexislación vixente. Entre eles poden considerarse o mel, a resina, a cortiza, as plantas aromáticas e medicinais, os froitos silvestres, os cogomelos, a castaña ou os pastos e forraxes. Os PFMN son un tipo de produtos agrarios, considerados habitualmente no sector forestal, a que lles é de aplicación o marco regulador e organizativo do sistema agroalimentario español. Con todo, os PFNM son subsectores mal tipificados, mal coñecidos, ás veces escasamente profesionalizados e que veñen funcionando, en xeral, á marxe do sistema agroalimentario e da normativa xeral agraria.

A situación xeral con respecto a cada un deles é diversa. Así, o sector apícola presenta unha boa regulación básica nacional sectorial, que resultou clave para o seu desenvolvemento e para que a Administración poida dispoñer dunha información e estatística adecuada.

Un reto actual de primeira importancia é establecer normas claras e sinxelas que acepten a temporalidade e a complementariedade de actividades na produción primaria de PFNM e que incentiven a actividade en lugar de complicala en exceso.

Na epígrafe I.1.5 incluíronse iniciativas de fomento e investigación (I+D+i) sobre aproveitamentos micolóxicos, mel, plantas aromáticas e medicinais ou froitos silvestres, así como desenvolvementos adicionais sobre compatibilización de aproveitamento resineiro e madeireiro en piñeirais. Así mesmo, estableceuse a elaboración de documentos de planificación estratéxica referidos a unha serie de PFNM: cogomelos, cortiza, resina, mel, froitos, plantas aromáticas e medicinais. Consideraranse neste instrumento de execución dous aproveitamentos de gran relevancia económica e superficial en Galicia: os pastos e forraxes en terreos de monte e a castaña.

Obxectivos do instrumento.

A finalidade deste instrumento é establecer programas que fomenten e dinamicen o aproveitamento de pastos e forraxes, o establecemento de sistemas silvopastorais e o establecemento e xestión activa de soutos de castiñeiro para produción de froito e madeira.

Iniciativas e programas de actuación.

Para a consecución destes obxectivos establécense dous programas de actuación.

Fomento de recursos forestais non madeireiros

1. Programa de aproveitamento de pastos e forraxes no monte e de establecemento de sistemas silvopastorais.

2. Programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña.

IV.1.1. Programa de aproveitamento de pastos e forraxes no monte e de establecemento de sistemas silvopastorais.

Antecedentes e xustificación.

A actividade pastoral e de produción de forraxes en terreos de monte, en particular en montes veciñais en man común, supón un aproveitamento relevante, aínda que difícil de cuantificar. O pastoreo en réxime extensivo afecta cando menos 4.426 ha de monte que o Anuario de estatística forestal 2018 recolle, aínda que a superficie real pode ser moi superior. Doutra banda, é habitual en comarcas onde as explotacións leiteiras precisan aumentar a súa base territorial o establecemento de lotes para produción de forraxes.

Pola súa banda, os sistemas silvopastorais/pastorais supoñen en Galicia unha oportunidade que se está aproveitando só parcialmente. O uso do gando no monte para consumir o pasto natural ou os brotes de matogueira que crecen baixo o arboredo ou nas matogueiras, se se selecciona adecuadamente o tipo de gando e o seu manexo (rotación, cargas medias e puntuais, acoutamentos), supón non só un incremento da rendibilidade económica, senón tamén unha redución importante do risco de incendios forestais.

As administracións agrarias teñen pendente a clarificación do réxime regulador destas actividades que se atopan a cabalo entre o ámbito agrario e forestal. O máis razoable, en liña coa lexislación estatal e europea, sería recoñecer unha categoría intermedia de sistemas de produción agrosilvopastorais ou agroforestais, que deben tipificarse e delimitarse e para os que deben establecerse os dereitos e obrigas vinculados aos réximes de axudas públicas que se lles recoñezan, debendo ter en consideración a natureza do solo onde se desenvolven, isto é, solos de natureza xurídica de monte daqueles clasificados como agrícolas.

O marco xeral da necesidade deste fomento de actividades de gandaría extensiva no monte radica nun forte proceso de abandono de usos tradicionais, con procesos de matogueirización e xeración dunha cantidade importante de biomasa secundaria, co consecuente aumento do risco de incendios forestais.

Obxecto.

Garantir a integración das actividades vinculadas coa produción de pastos e forraxes na xestión sustentable dos montes de Galicia, potenciando a súa importancia en determinadas áreas do medio rural da Comunidade Autónoma, así como fomentar o establecemento de sistemas silvopastorais/pastorais en montes ou terreos forestais.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

O órgano administrativo en materia forestal fomentará os aproveitamentos de pastos ou forraxes, o establecemento de sistemas silvopastorais e, en xeral, a ordenación silvopastoral/pastoral no monte galego, asegurando a racionalidade deste aproveitamento forestal en ditas superficies. Tal actuación debe realizarse en colaboración cos órganos administrativos responsables de agricultura e gandaría.

Os principais obxectivos que hai que lograr son:

• Incrementar a superficie de pastos e forraxe en terreos forestais en superficie (225.000 hectáreas). Toda superficie baixo este tipo de aproveitamentos, como os restantes aproveitamentos no monte, deberán estar planificados dentro dos instrumentos de ordenación ou xestión forestal ou, na súa falta, mediante un plan de aproveitamento silvopastoral/pastoral autorizado. Estas superficies teñen que ser rexistradas no Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo, en aplicación das obrigas lexislativas dispostas actualmente na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (artigos 86, 126 e DT6ª) e normativa de desenvolvemento.

• Asegurar cargas suficientes en pastoreo extensivo como para impedir a matogueirización e o recurso de queimas por parte dos gandeiras/os.

• Apoiar e facer seguimento dos aproveitamentos promovendo as rozas ou recuperando as queimas controladas, sempre evitando os períodos de máximo risco de incendio.

• Mellorar a competitividade das empresas de produción e comercialización de carne en réxime de gandaría extensiva en terreo forestal.

• Reducir e previr o risco de incendios forestais mediante o control da vexetación arbustiva.

• Revalorizar a paisaxe e promover sistemas de produción compatibles co medio. Crear paisaxes en mosaico.

• Promover que as explotacións gandeiras galegas utilicen a produción forraxeira propia ou próxima a elas, co fin de incrementar a superficie de terra cultivada que poida actuar como devasa natural.

• Promover a creación de áreas de aproveitamento silvopastoral onde o gando paste en montes arborizados rareados ou en superficies non arborizadas mediante sistemas de pasto extensivo, axudando á protección dos terreos forestais e mellorando a produción e comercialización en réxime de gandaría extensiva.

• Fomentar a actividade produtiva de madeira a baixas densidades (en particular, de clons de chopo resistente a solos ácidos en áreas orientais de Galicia), compatibilizando o uso con aproveitamento agropastoral.

Para iso, teranse en conta as disposicións comúns e limitacións aos aproveitamentos forestais de pastos:

1. O procedemento de verificación, por parte da Administración competente, do acto de disposición ou asignación de lotes (situación característica, por exemplo, en comunidades de montes veciñais en man común) ou contrato de arrendamento (montes de titularidade privada particular, por exemplo) que acredite a titularidade dos dereitos de pastoreo, con especial fincapé naqueles terreos forestais destinados ao pastoreo adscritos a axudas vinculadas á produción gandeira.

2. O procedemento de mantemento do Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo, onde deben inscribirse, en aplicación da lei, todas as superficies forestais de aproveitamento de pastos e forraxes.

3. O procedemento de aprobación dos instrumentos de ordenación ou xestión forestal para montes con aproveitamentos forestais de pasto ou documento técnico equivalente (Plan de aproveitamento silvopastoral).

De forma orientativa, os traballos que realice a Administración forestal en materia de ordenación silvopastoral/pastoral serán:

1. Fomentar decididamente a creación de superficies de aproveitamento silvopastoral/pastoral en montes ou terreos forestais, creando superficies que rompan ou diminúan a continuidade nas cargas de combustible de superficies arborizadas.

2. Este aproveitamento debe estar previamente planificado/regulado/ordenado, e con todas as garantías legais en materia de titularidade dos terreos.

Como os restantes aproveitamentos forestais, cando se realice en montes, deben incorporarse aos instrumentos de ordenación ou xestión forestal (artigo 86 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia), afondando na valorización e multifuncionalidade de todos os usos do monte, e coa suficiencia técnica que avale a compatibilidade e sustentabilidade de todos os aproveitamentos e servizos que se desenvolven nos montes galegos.

3. Todas as superficies de monte onde se desenvolva esta actividade deben estar inscritas no Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo.

4. Avanzar na definición das infraestruturas e equipamentos necesarios para o aproveitamento ordenado dos pastos forestais.

5. Simplificación normativa: Reforzar o precepto lexislativo existente, onde en terreos coa natureza de monte, e pola consideración de aproveitamento forestal (Lei 43/2003, do 21 de novembro, básica de montes) para estas actividades agroforestais, non resulta necesario a solicitude de cambio de actividade, aínda que comporte o establecemento de arboredo a baixa densidade ou a súa corta final.

Deben terse presentes as conexións deste programa cos instrumentos III.1.1. e VI.1.2.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

IV.1.1.

Superficie con aproveitamento de pastos, forraxes ou sistemas silvopastorais en montes ou terreos forestais

P

Sup. (ha)

100.000

170.000

200.000

225.000

Q

100.000

70.000

30.000

25.000

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D 3, D45 e D46.

• Relación directa con RD23, RD25, RD59 e RD84. Indirecta con RD122.

• ODS2, meta 2.4. e ODS15, meta 15.2.

• Relación con outros programas/instrumentos: III.1.1., VI.1.2.

IV.1.2. Programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña.

Antecedentes e xustificación.

O castiñeiro está considerado unha das árbores con máis servizos e aplicacións para as poboacións rurais do sur de Europa. Úsase tanto para a alimentación (humana, de animais domésticos ou fauna silvestre), como para usos madeireiros. Sobre todo en forma de ecosistema souto para produción de castaña, pero tamén de monte alto para a produción de madeiras ou en monte baixo para produción de madeiras de menor diámetro con fins enerxéticos, o castiñeiro veu sendo a especie forestal máis directamente vinculada ás economías rurais en Galicia.

A supervivencia do castiñeiro á tinta confinouno ás zonas de montaña, especialmente de Lugo e Ourense, onde hoxe en día, e a pesar do abandono da xestión, segue supoñendo un importante recurso económico. Así como a produción de castaña continuou sendo relevante en Galicia a pesar do declive da especie, a produción de madeira sufriu un drástico descenso, do que non se recuperou. Posteriormente foron aparecendo novas patoloxías do castiñeiro que afectaron as novas plantacións e os soutos tradicionais, como a enfermidade do chancro, Chryponectria parasitica, a finais dos anos 90 do século pasado e, xa máis recentemente, a avespiña da bugalla do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus).

No momento de redacción do presente documento a incidencia de Dryocosmus kuriphilus xa afecta todo o territorio impactando na produción anual de froito e o estado de vitalidade das poboacións de castiñeiro. Os tratamentos de loita biolóxica mediante o parasitoide Torymus sinensis, cuxa solta mediante viais comezou en Galicia en 2015, permitiron controlar a praga en países como Francia e Italia, o que permite albergar un certo optimismo fundado no control da praga, pero sempre a medio prazo.

A produción de castañas en montes ou terreos forestais recoñécese como un aproveitamento forestal na normativa vixente, que establece o dereito das persoas propietarias de montes ao acoutamento das súas propiedades. Galicia é a principal comunidade autónoma en produción e exportación de castaña. Na campaña de 2015 os datos de produción superaron os 20 millóns de quilos, que se traducen en máis de 30 millóns de euros percibidos polos produtores e que xeran un valor superior aos 70 millóns de euros en comercialización unha vez transformados. Tamén é de destacar o potencial produtivo micolóxico e de madeira.

Ademais desta enorme importancia produtiva, están, doutra banda, os valores sociais, ecolóxicos e culturais que achegan á nosa sociedade as formacións arborizadas desta especie.

Doutra banda, débese ter en conta que os bosques de Castanea sativa están considerados como un hábitat de interese comunitario da Rede Natura 2000 (código 9260), cuxa conservación require a designación de zonas de especial conservación segundo a Directiva 92/43/CEE do Consello, do 21 de maio de 1992, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres.

Tampouco hai que esquecer que, adicionalmente aos bosques e os soutos tradicionais, nalgunhas comarcas galegas existe unha crecente implantación de superficies de castiñeiros cultivados que supoñen unha interesante oportunidade cara ao incremento das producións de froito desta especie.

Obxecto.

O fin principal deste instrumento de execución é a elaboración dun plan estratéxico do castiñeiro en Galicia e as súas producións asociadas, en particular a castaña. O plan debe desenvolverse para contribuír á conservación e posta en valor das masas de castiñeiro.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

As medidas deben contribuír a activar a xestión dos soutos existentes e á creación de novas superficies de souto orientadas á produción de froito. Varios dos instrumentos de execución xa considerados teñen unha relación directa cunha estratexia integral para o castiñeiro: I.1.3. Programa de mellora xenética forestal, II.2.3. Programa de sanidade forestal ou o III.1.1. Programa de mobilidade de terras forestais.

A elaboración e aplicación do Plan estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña en Galicia deberá procurar:

1) Elaborar un documento de planificación da produción de castaña en Galicia, que recolla:

a) Situación actual da produción, superficie en produción activa, recollidas das distintas variedades.

b) Fixación de obxectivos de produción por calidades e correspondencia con superficies.

c) Transformación actual e posibilidades de mellora da capacidade.

2) Apoiar ao sector viveirístico mediante as seguintes accións:

a) Achegar información de I+D sobre problemas sanitarios e resultados de programas de mellora.

b) Asegurar a oferta de materiais forestais de reprodución de categoría cualificada ou controlada.

c) Asegurar a oferta das diferentes variedades catalogadas para froito.

d) Xerar información sobre melloras e adaptacións das técnicas de reprodución, así como as mellores variedades (pugas) e clons (patrón portaenxertos) e a súa compatibilidade entre eles e segundo zonas ou áreas xeográficas.

e) Dinamización da actividade de plantación mediante medidas de fomento ou iniciativas públicas.

3) Incrementar a produción da castaña mediante:

a) Medidas de control sanitario priorizando a loita contra perforadores da castaña e vespiña dos brotes. Control do chancro mediante cepas hipovirulentas.

b) Axudas para a restauración e posta de produción de soutos tradicionais, evitando a súa desaparición por abandono e falta de intervención humana.

c) Control do enxertado mediante a certificación da variedade de pugas.

d) Mellorar na identificación dos produtores e ofertar charlas divulgativas e cursos sobre as posibilidades de comercialización e a existencia dunha identificación xeográfica protexida (IXP) e da agricultura ecolóxica.

4) Incrementar a calidade da castaña producida mediante:

a) Tratamentos culturais e sanitarios do souto que aseguren a produción de castaña.

b) Mellora na transferencia de tecnoloxía entre o sistema de l+D galego e os viveiristas que producen planta de castiñeiro.

c) Priorización das variedades de mellor aptitude respecto ás características indicadas.

5) Incrementar a superficie de castiñeiro cunha finalidade principal produtiva de madeira mediante:

a) Liñas de axudas para a forestación e reforestación con castiñeiro.

b) Mellora nas técnicas de establecemento de novas plantacións de castiñeiro e optimización da quenda de aproveitamento.

c) Mellora nas técnicas silvícolas para a obtención de madeira de calidade.

d) Consolidación da presenza de masas produtoras de castiñeiro na Galicia atlántica, como alternativa forestal a especies de crecemento rápido nos solos de maior calidade forestal.

6) Mellorar a competitividade das empresas de produción, comercialización e transformación mediante:

a) Mantemento do liderado de Galicia na Eurorrexión, como principal área de produción de castaña e de coñecemento ao redor do castiñeiro, a súa bioloxía, patoloxía e propagación vexetal.

b) Medidas de fomento dos investimentos dentro da industria transformadora e de busca de novos produtos baseados na castaña.

c) Control da comercialización dunha proporción importante de castaña comprada a través de intermediarios estranxeiros e que non se declara, ou a venda de produto sen declarar por operadores situados fóra da cadea.

d) Fomento da organización do sector para efectos de producir unha concentración da oferta en organizacións de produtores que poidan operar en mellores condicións de oferta/negociación no mercado.

e) Promoción por parte das administracións públicas de mercados máis formais para a comercialización da castaña, poñendo en valor as calidades da producida en Galicia e dos seus produtos derivados.

f) Desenvolvemento de novos métodos de produción de castaña, con deseños agronómicos sustentables de alta produtividade e incorporación plena da mecanización para as tarefas de mantemento e cultivo.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

IV.1.2.

Elaboración do Plan estratéxico do castiñeiro e produción de castaña en Galicia

Elaborado

IV.1.2

Recuperación de soutos tradicionais en produción mediante medidas de rehabilitación

P

Sup. (ha)

2.000

4.000

6.000

8.000

Q

2.000

2.000

2.000

2.000

IV.1.2

Superficies de novos soutos para a produción principal de castaña

P

Sup. (ha)

3.500

5.500

7.000

8.000

Q

3.500

2.000

1.500

1.000

IV.1.2

Superficies de novos soutos para a produción principal de madeira

P

Sup. (ha)

2.000

4.000

6.000

8.000

Q

2.000

2.000

2.000

2.000

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D4 7, D48 e D49.

• Relación indirecta con RD84.

• ODS2, meta 2.4. e ODS15, meta 15.2.

• Relación con outros programas/instrumentos: I.1.3., II.2.3., III.1.1.

IV.2. FOMENTO DE RECURSOS FORESTAIS MADEIREIROS E A SÚA MOBILIZACIÓN.

Na actividade forestal, a posibilidade de realizar un aproveitamento de madeira deriva necesariamente da existencia dun recurso ou capital arborizado que debe fomentarse mediante unha xestión adecuada e ambientalmente sustentable. A consecución deses recursos comporta períodos relativamente prolongados de tempo, cun rango xeral de 12 a 100 anos, nas condicións atlánticas de Galicia. A fonte de información esencial sobre os recursos madeireiros son os inventarios forestais, que están deseñados en esencia para proporcionar os volumes de madeira existentes. A información derivada deses inventarios é básica para a planificación das empresas forestais de aproveitamento ou transformación industrial da madeira.

A competitividade das empresas da cadea monte-industria e os resultados económicos dos silvicultores dependen directamente da dispoñibilidade de madeira en cantidade e calidade suficiente e a unha distancia de transporte razoable. Desafortunadamente, a información que deriva actualmente dos inventarios nacionais achega de forma específica (sen desagregar, por exemplo, entre especies de eucalipto) a cantidade de madeira existente, pero non a que resulta aproveitable e tampouco aquela cuxo aproveitamento é factible (Forest Available for Wood Supply FAWS).

O presente instrumento de execución referirase fundamentalmente aos dous grupos de especies que lideran a actividade de produción, aproveitamento e transformación en Galicia: eucaliptos e coníferas. Entre os primeiros están dúas especies principais: Eucalyptus globulus e E. nitens. Dentro das coníferas as dúas especies predominantes son o piñeiro do país (Pinus pinaster), o piñeiro insigne (Pinus radiata) e silvestre (Pinus sylvestris). Todo o referente a frondosas autóctonas está desenvolvido na epígrafe I.1.1. Programa de fomento de xestión activa de masas de frondosas autóctonas, mais considerouse necesario un instrumento específico para a produción de madeira de alto valor.

Obxectivos do instrumento.

A finalidade deste instrumento é establecer programas que aseguren uns recursos suficientes de madeira de frondosas, coníferas e de eucalipto, en termos de cantidade e calidade, e que dinamicen os aproveitamentos aumentando as taxas de aproveitamento, sempre cos necesarios requisitos de sustentabilidade.

Iniciativas e programas de actuación.

Para a consecución destes obxectivos establécense catro programas de actuación.

Fomento de recursos forestais madeireiros

1. Programa de fomento e valorización das masas de coníferas.

2. Programa de incremento de produtividade e redución de combustibilidade de eucaliptais existentes.

3. Programa de fomento da produción de madeira de frondosas de alto valor.

4. Programa de mobilización de recursos madeireiros.

IV.2.1. Programa de fomento e valorización das masas de coníferas.

Antecedentes e xustificación.

A madeira de piñeiro do país leva sendo desde o século XIX un recurso económico de primeira importancia para Galicia, e sobre o que se asentou unha importante actividade transformadora e exportadora, coa serradura como primeira transformación. Xa na segunda metade do século XX, o recurso de piñeiro foi esencial para o desenvolvemento da industria de taboleiro, e a pasteira transformouse a un consumo exclusivo de eucalipto.

Analizando o volume de aproveitamentos de madeira en Galicia con respecto ao conxunto de España, Galicia contribuíu co 44,5 %, do volume estatal de madeira de coníferas durante o período de 1992- 2013. Neste período de estudo, o 71,1 % da madeira en rolo de piñeiro marítimo (Pinus pinaster) de España procedeu de Galicia. Galicia achegou ademais o 34,3 % da madeira de piñeiro insigne e o 9,5 % da madeira de piñeiro silvestre (Pinus sylvestris).

O anuario de estatística forestal de Galicia de 2018 achega unhas cifras de aproveitamento de 1,77 M m3 para piñeiro insigne e 1,69 M m3 para piñeiro marítimo, constatándose por primeira vez un predominio en produción total por parte da especie americana. A evolución das existencias resulta máis difícil de establecer, xa que os avances (actualmente con datos provisionais) do Inventario forestal de especies produtivas do norte peninsular (en diante, IFNP) indican un aumento notable das existencias en masas puras, pero achegaron de momento as cifras globais que derivan de considerar as chamadas masas mixtas, que non son senón mosaicos de repoboacións.

Segundo o informe da cadea forestal-madeira de 2017, un 83 % da madeira que se serra en Galicia corresponde a coníferas, compartindo este grupo xuntamente co eucalipto a materia prima empregada como madeira técnica na fabricación de taboleiros MDF, de partículas ou de fibras. Este papel fundamental da madeira de piñeiro na cadea e as dúbidas sobre a evolución á baixa das existencias derivaron en iniciativas privadas como o Plan Integral de dinamización e recuperación de montes de coníferas da Fundación Arume, co que este programa debe aliñarse.

Obxecto.

Esta medida ten por obxecto incentivar actuacións de repoboación forestal de masas de coníferas, así como de tratamentos silvícolas que favorezan o crecemento da masa e a obtención de madeira de calidade.

Unha das finalidades será poñer á dispoñibilidade do mercado materia prima de alta calidade, prestando especial atención ao incremento do uso de madeira estrutural na construción, potenciando tanto beneficios aos propietarios como unha mellora da economía verde.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

As medidas máis efectivas para revitalizar o interese dos propietarios forestais pola silvicultura de coníferas son as orientadas a aliñar as actuacións de mellora xenética coa mellora silvícola. Iso supón o deseño e aplicación de actuacións específicas para os materiais xenéticos que se obteñan, co obxectivo xeral de reducir as quendas e aumentar a calidade da madeira.

O programa debe, por tanto, fundamentarse noutros xerais xa desenvoltos. En particular, e considerando a ameaza do nematodo da madeira do piñeiro, consideraranse: I.1.3. Programa de mellora xenética forestal, II.2.3. Programa de sanidade forestal. O primeiro (I.1.3) debe permitir, en particular para Pinus radiata, obter materiais que permitan producir madeira de calidade a quendas de inferiores a 25 anos, con aplicación de aproveitamentos intermedios, para mellorar o fluxo de caixa dun silvicultor.

O programa debería dirixir as medidas administrativas de apoio, subvencións ou fomento, en xeral, ao cumprimento dunha serie de requisitos que se detallan a continuación. As repoboacións forestais incluídas nesta medida poderanse realizar, a curto prazo, a cargo de subvencións a través do Programa de desenvolvemento rural (medida 8.1) cofinanciado mediante fondos Feader (PDR 2014-2020) ou daqueloutros programas que poidan no futuro ser de aplicación.

As actuacións de repoboación deben fundamentarse neses materiais mellorados, sendo esencial que as decisións en canto a preparación do terreo, fertilización, densidade de plantación ou calidade de planta sexan acordes coas características deses materiais e que non se produzan disfuncións, como a elección da planta en base ao prezo máis reducido posible.

Os traballos de mantemento de plantación necesarios (fertilizacións, rozas, protección contra fauna, reposicións de faltas) deben tamén ser acordes cos novos esquemas silvícolas de quenda reducida que se desenvolvan. En particular, é esperable que as primeiras podas deban realizarse de forma moi temperá en plantacións de material mellorado e con densidades baixas. O deseño das actuacións debe dirixirse a un abaratamento de custos mantendo a capacidade da plantación para producir madeira limpa de nós e sen defectos.

A aplicación de rareos debe beneficiarse das boas condicións que se producen en Galicia para comercializar puntal de piñeiro (para pélet ou madeira técnica) obtendo ingresos netos intermedios. Os rareos deben permitir concentrar a produción no arboredo de mellor calidade e, así, incrementar a porcentaxe de madeira con destino á serradura. É esperable que a produción total de madeira se manteña ou mesmo se incremente coa aplicación de rareos fortes (intensidades maiores ao 50 % en área basimétrica).

Debe preverse a frecuente incidencia de vendavais e os danos que se causan en montes de piñeiro, ademais dos posibles danos por incendio. Por outra banda, é esperable que, seguindo a tendencia noutras rexións, a afectación por pragas e doenzas poida verse incrementada nas masas galegas. Para as zonas afectadas deberán establecerse medidas que faciliten a retirada da madeira e as actuacións de recapitalización dos montes.

Fomentarase a aplicación dunha silvicultura orientada ao produto que optimice a rendibilidade final da madeira, mediante o desenvolvemento de técnicas específicas que se seguirán nos labores de podas e rareos acordes coas características e estado forestal de cada masa, co fin último de obter produtos finais de suficiente calidade tecnolóxica. As medidas deben aliñarse coas do fomento do uso da madeira de piñeiro.

Nun proceso de descarbonización, novos ecomateriais, como os productos de madeira masiva (CLT, LVL) que virán substituír materiais cunha maior pegada de carbono (aceiro, formigón), terán unha significativa demanda, ofrecendo unha oportunidade que a cadea monte-industria galega debe abordar dunha forma eficaz e áxil se se quere situar cunha vantaxe estratéxica de mercado. Asegurar unha subministración continuada e incremental exixe establecer e difundir un modelo silvícola específico para este tipo de ecomateriais, dado que os seus requirimentos tecnolóxicos só se poden satisfacer en orixe a través dunha silvicultura propia.

Teranse en conta as actuacións recollidas nos instrumentos de ordenación ou xestión forestal co obxecto transmitir á industria forestal de Galicia as tendencias ou valores de aproximación, respecto das superficies e volumes que se prevé aproveitar, desagregando entre rareos e cortas finais.

O obxecto final de todas as accións que se inclúan no programa debe ser a mellora dos resultados económicos globais do aproveitamento de piñeiro, a través de aumentos do crecemento, da calidade dos produtos producidos ou de eficiencia na xestión.

Todas as medidas do programa deben considerar como fundamento que as predicións indican en Europa un crecemento da demanda de produtos dos bosques nun contexto global de bioeconomía ou economía baixa en carbono (economía verde/descarbonización). É necesario dispoñer dunha información fiable e adaptada á nosa realidade, en particular do volume dispoñible para subministración industrial/enerxética (FAWS) a través do Inventario forestal continuo de Galicia (V.1.1. Inventario forestal de Galicia).

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

IV.2.1

Incremento ou mellora da superficie ocupada por coníferas mediante a repoboación.

P

Sup. (ha)

5.000

10.000

15.000

20.000

Q

5.000

5.000

5.000

5.000

IV.2.1

Mellora da superficie ocupada por coníferas mediante tratamentos silvícolas.

P

Sup. (ha)

15.000

30.000

40.000

50.000

Q

15.000

15.000

10.000

10.000

IV.2.1

Incremento do  % de volume de cortas de coníferas con destino a serra ou usos estruturais respecto dos restantes usos

P

%

50 %

75 %

75 %

75 %

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D 4, D10, D18, D22, D23, D25, D26, D29, D34 e D40.

• Relación indirecta con RD4, RD5 e RD32.

• ODS15, meta 15.2.

• Relación con outros programas/instrumentos: I.1.3., II.2.3., V.1.1.

IV.2.2. Programa de incremento de produtividade e redución de combustibilidade de eucaliptais existentes.

Antecedentes e xustificación.

As especies do xénero Eucalyptus achegan un volume anual de aproveitamentos que superou en 2018 os 6 millóns de m3, en que se fundamenta actualmente a industria de pasta de papel e, nunha medida crecente, a de taboleiro. Un 9 % da materia prima da serra corresponde tamén a esta especie, que se usa ademais na fabricación de chapa plana e de desenrolo. É cualitativamente significativo o emprego de vigas e puntóns de eucalipto na fabricación de bateas para a produción de mexillón nas rías galegas.

Así mesmo, as fibras téxtiles de orixe forestal (fluff, dissolving pulp, viscosa, raión, modal, liocel ou cupro) preséntanse como un novo produto de futuro, cunha previsión moi significativa de expansión en determinados segmentos (produtos hixiénicos e ecotextil), e representan, así mesmo, unha alternativa ineludible de mercado para determinadas especies, como o E. nitens (cun limitado rendemento para a produción de pasta).

A maior produción de madeira de E. globulus atópase en toda a área costeira de Galicia, pero con énfase especial nas comarcal de Ortegal e A Mariña Lucense. Nos últimos anos o incremento nas plantacións de E. nitens, tanto en áreas de plantación tradicional de E. globulus como en zonas frías para esta especie, determinou un cambio na oferta de madeira, cun aumento notable da posta en mercado da madeira de E. nitens. As dificultades asociadas á cuantificación das existencias de ambas as especies xeran incertezas notables na industria, que se adapta progresivamente ao cambio na oferta (fibra téxtil).

A produtividade media de ambas as especies é difícil de cuantificar, pola propia dificultade na determinación das superficies de cada unha delas, aínda que podería situarse na contorna dos 15 m3/ha ano. A cifra é, sen dúbida, a media entre montes ben xestionados e produtivos, preferentemente situados nas dúas comarcas antes mencionadas, e outros en estado de abandono ou falta de xestión.

Convén ante esa situación fomentar de forma decidida a produtividade dos montes xa cubertos por eucaliptais en que o/os propietario/s opten por unha xestión activa, incorporándose ao Rexistro de Silvicultores Activos (III.2.1.). A medida debe ter presente o obxectivo de redución da superficie de eucaliptal xa existente declarado no programa I.1.3, en especial onde o eucalipto se atope fóra de estación e presente unha baixa produtividade con visibles procesos de degradación e elevado grao de afectación por pragas e doenzas (programa de transformación de eucaliptais degradados), fomentando (axudas públicas) políticas dirixidas ao cambio de especie.

O que pretende este programa é dinamizar a xestión e incrementar a produtividade daqueles montes actuais de eucalipto que, atopándose en calidades de estación óptimas, opten por unha xestión de produción madeireira.

A xustificación destas medidas é clara: a produción de madeira de eucalipto con base en meras actuacións de aproveitamento periódico en montes con moi escasa xestión e que manteñen estruturas con elevada carga de combustible en superficie non pode perpetuarse no tempo como modelo forestal de Galicia.

Obxecto.

Esta medida ten por obxecto incrementar a produtividade dos eucaliptais existentes mediante o fomento de actuacións silvícolas e de reforestación usando materiais mellorados.

Paralelamente, preténdese que as actuacións silvícolas supoñan unha transformación na estrutura dos combustibles forestais dos eucaliptais de produción, cunha tripla estratexia: a redución da carga de combustible potencialmente dispoñible nos meses de alto risco, a conversión en determinadas áreas a outras especies ou formas de cultivo e o illamento coa ruptura da continuidade de grandes superficies de combustible.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

As medidas que se establezan deben incardinarse no II.2.3. Programa de sanidade forestal e no programa de transformación de eucaliptais degradados, sendo indicada a compatibilidade con esta última medida nalgúns montes onde se propoñan cambios de especie só en certas mouteiras. Debe coidarse, así mesmo, a congruencia coas medidas que estableza o Ente instrumental de prevención e defensa contra incendios forestais.

Os desenvolvementos de materiais xenéticos seguirán producíndose no ámbito da iniciativa privada, en particular das empresas pasteiras españolas e portuguesas. Os materiais clonais de E. globulus representan unha boa opción para o incremento da produtividade e a redución de sensibilidade a pragas e enfermidades. No caso de E. nitens, os materiais son sempre seminais. En ausencia de subvencións para reforestación, a Administración forestal debería ter, polo menos, un papel de difusión da relevancia no emprego de materiais que se adapten ás condicións locais.

A redución da combustibilidade dos eucaliptais de produción pasa pola aplicación frecuente de intervencións de roza, ou ben pola compatibilización coa presenza de gando no monte. As ditas intervencións deben fomentarse para axudar ao cumprimento dos compromisos de xestión de biomasa derivados da lexislación vixente. Investigacións recentes en montes de empresas pasteiras indican que para manter niveis reducidos de combustibilidade, as actuacións de roza deben aplicarse cada 3-5 anos.

A silvicultura de eucalipto para fomentar a produción de madeira para pasta comporta distintas actuacións que quedaron recollidas nos modelos silvícolas EG1 e EN1. As actuacións de xestión nutricional son particularmente relevantes ao presentar un triplo obxectivo: 1) incremento de produtividade, 2) mantemento da capacidade produtiva dos solos e 3) incremento xeral da rendibilidade. É moi conveniente neste caso o fomento do uso sustentable de cinzas de biomasa forestal como emendante e fertilizante.

Seguindo as recomendacións dadas por investigadores ibéricos[1], débense establecer medidas para que as plantacións mal xestionadas e que se atopan situadas en áreas aptas para o eucalipto teñan unha produtividade próxima ao potencial. Isto implica poñer á disposición no mercado plantas produtivas, xeneticamente diversas, tolerantes a factores climáticos adversos e coas propiedades madeireiras adecuadas para a industria á hora de establecer novas plantacións e optimizar a xestión forestal a nivel de parcela. Para lograr este obxectivo, o recoñecemento de propietarios ou asociacións ou agrupacións forestais de xestión conxunta (medida III.1.2) como silvicultores activos (III.2.1) pode conducir á implementación de medidas de políticas destinadas a fomentar un enfoque profesional da silvicultura.

O fomento dunha silvicultura activa con modelos de xestión intensivos debe ir acompañado cun compromiso do titular ao respecto dunhas boas prácticas que aseguren unha xestión forestal de xeito sustentable. Nesa liña, o órgano forestal de Galicia deberá establecer medidas para que os silvicultores galegos cumpran cos compromisos voluntariamente adquiridos, lembremos que a actual lexislación en materia de adhesión a modelos de silvicultura ou de xestión forestal obriga a respectar, cando menos, prácticas como[2]:

• Fomentar, na súa planificación, o mantemento e conservación da diversidade de especies e ecosistemas na unidade de xestión, tales como a creación de mouteiras maduras en que se dean procesos de naturalización.

• Fomentar, na súa planificación, o mantemento das árbores mortas, sempre que non supoñan riscos na estabilidade do ecosistema (pragas, enfermidades ou incendios).

• Promover a formación de masas mixtas ou, cando menos, asegurar a aparición e mantemento de especies acompañantes á principal, especialmente frondosas autóctonas, que proporcionen máis estabilidade ao ecosistema forestal.

• Velar pola protección, mantemento e mellora das áreas de vexetación de ribeira, é dicir, aquelas situadas nas marxes das canles fluviais.

• Triturar os restos forestais. Alternativamente, poderanse retirar os restos do monte para o aproveitamento enerxético ou compostaxe, sendo aconsellable deixar unha porcentaxe mínima dun 30 % (fraccións máis finas) co fin de non impactar no ciclo de nutrientes do solo de forma significativa.

• Empregar produtos fitosanitarios químicos unicamente en casos excepcionais e sempre con produtos autorizados e de acordo coas especificacións establecidas (doses, medidas de seguridade e saúde...). Xustificar tecnicamente a aplicación destes produtos autorizados. Sempre que sexa posible, recoméndase a utilización de técnicas de loita integrada.

• Minimizar o uso de tratamentos silvícolas que produzan graves impactos paisaxísticos. Para isto, racionalizaranse as superficies de corta a feito e deixaranse pequenas mouteiras maduras ou de árbores mortas que interrompan a uniformidade da corta, así mesmo fomentaranse nas cortas a feito perímetros irregulares que supoñan un menor impacto visual e paisaxístico.

• Adoptar as medidas necesarias para minimizar os impactos: na vexetación remanente despois da corta de rexeneración ou do tratamento silvícola, no solo a longo prazo, así como nas infraestruturas forestais, nomeadamente pistas e devasas, evitando compactamento e afectación ao sistema de drenaxe.

As medidas deben orientarse a repotenciar a silvicultura de E. globulus naquelas áreas onde a especie está plenamente en estación, para o que será esencial continuar o esforzo de loita biolóxica contra o defoliador Gonipterus platensis. Debe considerarse que, actualmente, a madeira de E. globulus achega aos produtores uns prezos máis competitivos que a de E. nitens (dada a súa mellor aptitude para a produción de pasta de papel), sendo previsible que as diferenzas de prezo se incrementen progresivamente. Mentres, esta dinámica pode verse alterada se o destino das masas de E. nitens se dirixe á obtención doutros produtos non directamente relacionados coa pasta de papel (fluff, dissolving pulp, viscosa, raión, modal, liocel ou cupro).

Resulta, así mesmo, necesario que desde Galicia se lideren as actuacións de I+D+i orientadas á produción de madeira sólida de ambas as dúas especies aplicando esquemas de silvicultura que consideren podas e rareos. Estes esquemas atópanse na actualidade recollidos entre os de posible aplicación (EG2 e EN2), pero a combinación da súa falta de difusión e as incerteza sobre o prezo en pé que alcanzaría a madeira de rolla apta para serra ou chapa limitan a súa aplicación práctica.

O programa debe, así mesmo, fomentar os aproveitamentos en superficies mínimas de comercialización conxunta e, preferentemente, de xestión conxunta. Os programas de fomento do agrupacións forestais de xestión conxunta (III.1.2.) e de dinamización da xestión incluídos no instrumento de execución III.2 deben aliñarse co de fomento da produtividade de eucaliptais, por canto estas especies son as que mellores resultados financeiros poden proporcionar aos silvicultores.

A mellora da produtividade mediante unha xestión adecuada debe ligarse á certificación dunha proporción crecente da madeira producida, o que pasa polo apoio aos grupos de certificación actualmente existentes e doutros que poidan xurdir, así como o reforzo da figura do silvicultor/a activo/a. A Administración debe promover a certificación da madeira de eucalipto, ao tratarse dun mecanismo que facilitará a comercialización nunha situación de mercado globalizado para a pasta de papel e asegurará unha xestión forestal sustentable, respectuosa co ambiente e socialmente beneficiosa (VI.2.2.).

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

IV.2.2

Incremento da produtividade da superficie de eucaliptais, cun obxectivo de alcanzar 20 m3/ha ano.

P

15 m3/ha ano

17 m3/ha ano

19 m3/ha ano

20 m3/ha ano

IV.2.2

Incremento da taxa de aproveitamento dos recursos de eucalipto, co obxectivo de alcanzar un 90 % do crecemento corrente anual.

P

 %

90

90

90

90

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D22, D23 e D36.

• Relación indirecta con RD4, RD5 e RD32.

• ODS15, meta 15.2.

• Relación con outros programas/instrumentos: I.1.3., II.2.3., III.1.1., II.1.2., III.2.1., VI.2.2.

IV.2.3. Programa de fomento da produción de madeira de frondosas de alto valor.

Antecedentes e xustificación.

As especies frondosas caducifolias de alto valor, como son o castiñeiro, carballo, nogueira, cerdeira, pradairo, freixe ou chopo, son as formacións boscosas máis representativas de Galicia e abranguen máis de 413 mil hectáreas segundo os datos rexistrados no 4º Inventario forestal nacional (IFN4) para Galicia (2008-2010).

Estes ecosistemas favorecen a diversidade da vida silvestre e da fauna cinexética, especialmente en paisaxes de mosaico. Así mesmo, a composición química foliar, cun elevado grao de humidade, así como a súa situación por motivos de calidade de estación (valgadas, partes baixas das ladeiras) presentan unha maior humidade e profundidade edáfica, factores que inflúen na capacidade de ignición e propagación na loita contra os incendios forestais.

Os montes deste tipo de formacións son moi diversos na súa orixe e composición, e o seu principal beneficio económico dirixiuse, tradicionalmente, á obtención de leña, conformando uns fustes demoucados, debido a reiteración de podas. Árbores que, de forma natural, posuían características relacionadas coa produción de madeira de alto valor cortáronse intensamente, incluso en séculos pasados se favoreceron fenotipos con destinos agora en desuso (construción de barcos) o que supuxo, co tempo, unha degradación xenética importante.

O certo é que en Galicia abundan cada vez máis os rexenerados naturais en terreos agrícolas abandonados, e debido a un lóxica evolución natural, ecosistemas con especies forestais frugais propias dos primeiros estadíos (coníferas especialmente), acaban albergando un sotobosque natural destas especies de frondosas caducifolias que, unha vez que se procede á apertura de ocos, a maior radiación lumínica provoca uns crecementos significativos que, de non impedir silvicolamente, producirá cambios na composición específica principal do ecosistema forestal. Esta instalación ou sucesión natural ten, nalgúns casos, moi boas posibilidades de mellora mediante adecuados tratamentos silvícolas, ao ter repoboacións ou montes bravos vigorosos e nunha situación idónea para a aplicación dos ditos tratamentos. Obter pés destas especies con bo porte forestal é difícil e require unha silvicultura específica que nunca se aplicou no noroeste de España.

Obxecto.

Incentivar actuacións de repoboación forestal de masas de frondosas de alto valor, así como de tratamentos silvícolas que favorezan o crecemento da masa e a obtención de madeira de calidade.

Poñer á dispoñibilidade do mercado materia prima de alta calidade, prestando especial atención ao incremento do uso de madeira estrutural na construción, potenciando tanto beneficios aos propietarios como unha mellora da economía verde.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

As medidas para aplicar poden reunirse nas seguintes accións concretas:

• Fomentar mediante liñas de subvención as novas repoboacións e reforestacións, sempre con base en materiais mellorados xeneticamente (medida I.3.1). Débese avanzar na procura destes novos materiais, xa que, como se sinalaba, existe en determinadas zonas un xenotipo favorecido que imposibilita o óptimo destino no manexo destas especies para madeira de alto valor. Os programas de mellora xenética deben dirixirse cara á redución das quendas, á calidade da madeira e á resistencia fronte a pragas e enfermidades.

• Redactar modelos silvícolas específicos que axuden os silvicultores/as galegos/as a coñecer o itinerario de actuacións técnicas necesarias no manexo destas masas co fin de obter produtos de madeira de alto valor.

• Fomentar a aplicación dunha silvicultura orientada ao produto que optimice a rendibilidade final da madeira. O programa debería centrarse nos tratamentos en zonas forestais onde xa de por si se producen episodios de rexeneración natural de frondosas, aínda que é recomendable incluír a posibilidade de plantacións de enriquecemento, que permitan plantar pés de especies valiosas (medida I.1.1.). Cómpre valorar liñas de actuación específicas nas franxas de uso exclusivo de frondosas caducifolias do anexo I da Lei 7/2012, de montes de Galicia.

• As axudas públicas deben determinar unha elevada intensidade de axuda e alta priorización para aqueles traballos silvícolas orientados á obtención de madeira de calidade neste tipo de masas forestais.

• Incrementar a superficie global ocupada por masas de frondosas de alto valor xestionada de forma activa. En conxunción co principio de que «a conservación prodúcese pola xestión activa» deste tipo de masas, faise preciso que o conxunto das organización públicas e privadas que compoñen a cadea monte-industria de Galicia lance un programa de divulgación e comunicación (programa V.2.1.), reforzando a idea de que un monte xestionado é obxecto de aproveitamentos continuados, que en ningún caso poñen en perigo a persistencia deste tipo de masas, e moito menos conducirá a episodios de deforestación. A corta final de rexeneración de masas de frondosas caducifolias non pode ser intuída pola poboación e medios de comunicación como unha mala praxe, moitas das veces, baixo a errónea crenza de que o dito aproveitamento non é legal nin apropiado silvicolamente.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

IV.2.3

Incremento ou mellora da superficie ocupada por frondosas de alto valor mediante a repoboación.

P

Sup. (ha)

500

1.500

2.500

3.500

Q

500

1.000

1.000

1.000

IV.2.3

Superficie de masas de frondosas de alto valor baixo tratamentos silvícolas.

P

Sup. (ha)

1.000

2.500

4.000

5.500

Q

1.000

1.500

1.500

1.500

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D6, D7, D9, D24, D25 e D26.

• Relación directa con RD26, RD89 e RD91, e indirecta con RD28.

• ODS15, meta 15.2.

• Relación con outros programas/instrumentos: I.1.1., I.1.2., I.3.1., V.2.1.

IV.2.4. Programa de mobilización dos recursos madeireiros.

Antecedentes e xustificación.

A cadea da madeira en Galicia adaptouse historicamente ás limitacións estruturais e de infraestruturas existentes no territorio mediante o desenvolvemento de figuras intermediarias de abastecemento (os fragueiros ou rematantes de madeira) ou deseños específicos de maquinaria e equipamentos. A evolución no tempo da actividade forestal derivou nun nivel de mecanización actual similar ao doutros países europeos e a unha mellora moi considerable nas infraestruturas, tanto de saca como de prevención de incendios forestais.

A situación actual dista de ser perfecta, de forma que nun escenario en que a demanda de produtos do monte se incrementará en toda Europa, os recursos presentes en Galicia aínda teñen dificultades de mobilización debido a diversos problemas: 1) falta de coñecemento polos propietarios das limitacións de xestión (Rede Natura), 2) falta de xestión ou mesmo de coñecemento da situación actual das parcelas, debido a procesos de abandono, 3) limitacións na calidade das infraestruturas, o que incrementa os custos de saca e transporte, 4) imposibilidade de obter un beneficio económico do aproveitamento, como consecuencia da falta de produtividade.

A dinámica natural conduce á expansión dos bosques e á acumulación de existencias de madeira e cargas de biomasa, que se ve acrecentada polo abandono ou infrautilización. O proceso supón un incremento do risco de incendios e posibles perdas na biodiversidade vinculada aos espazos desarborizados ou aos bosques pouco densos, sobre todo en fases en que predominan as fases xuvenís ou intermedias do desenvolvemento dos ditos bosques.

Todos os países europeos e outras comunidades autónomas españolas se atopan inmersos en proxectos de mobilización de recursos forestais que permitan atender as fortes demandas de madeira e biomasa que exixirá o desenvolvemento da bioeconomía. O reto esencial é asegurar que eses procesos se desenvolvan seguindo as pautas de sustentabilidade necesaria nos ámbitos ecolóxico, social e económico.

Obxecto.

Este instrumento pretende establecer un programa de mobilización dos recursos forestais madeireiros que permita atender, como recurso de proximidade (políticas de «Quilómetro 0»), as demandas da actividade industrial ligada á madeira e biomasa actuais pero, sobre todo, nun contexto acelerado de descarbonización, as futuras.

Preténdese salvar as limitacións existentes ao incremento da taxa de aproveitamento dos recursos forestais, equiparando as cifras a outros países da contorna europea. A finalidade última do programa é mobilizar recursos, xerar actividade económica e consolidar o emprego rural.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

As medidas para aplicar poden agruparse en catro grandes grupos: 1) mellora da calidade e de mantemento das infraestruturas forestais, 2) mellora na dispoñibilidade de información sobre afeccións para a xestión e de simplificación de trámites administrativos, 3) medidas de activación da xestión, 4) medidas de apoio á competitividade das empresas de aproveitamento (rematantes).

As medidas que habitualmente se expoñen nos programas de mobilización de recursos forestais afectan por tanto varios aspectos do sector e diferentes elos da cadea de subministración. Varios dos instrumentos de execución xa recollidos neste documento teñen unha relación directa coa activación produtiva ligada ao monte: I.1.1. Programa de fomento de xestión activa de masas de frondosas autóctonas, I.2.2. Programa de fomento da biomasa forestal, ou o conxunto do eixe III: Xestión forestal e loita contra o abandono.

No referente a infraestruturas, acéptase na actualidade que as densidades existentes son suficientes mesmo en áreas de montaña (directriz número 30 do GT do CFG), polo que as actuacións para aplicar serán:

• Dinamizar a xestión conxunta en monte privado, como mecanismo que permitirá racionalizar os niveis actuais excesivos de densidade en moitas comarcas, pero aumentando a calidade construtiva da rede.

• Elaborar un inventario cartográfico continuo de pistas forestais principais (V.1.2), incluíndo unha avaliación do seu estado e unha caracterización dos seus principais atributos (pendente, raio curvatura, ancho, tipo de firme...).

• Planificar a rede viaria forestal de pistas principais a nivel de distritos forestais no correspondente PORF, promovendo a racionalización, eficiencia, optimización, mellora e mantemento, aproveitamento e redución do impacto das pistas actuais. Evitar a creación de novas pistas.

• Mellorar a calidade global das pistas forestais, entendida como pendentes máximas, raios de curvatura, ancho de pistas e frecuencia de cruzamentos e apartadoiros.

• Para mellorar o estado da rede viaria debe establecerse unha liña específica de axudas para a creación/mantemento das pistas de titularidade privada.

• Desenvolver as características e exixencias construtivas das pistas, apartadoiros e cargadoiros mediante pregos básicos, en aplicación da normativa vixente.

• Debe desenvolverse regulamentariamente a autorización previa da Administración competente para a creación de novas pistas forestais, así como para reforma, modificación, transformación ou renovación das pistas forestais principais que alteren o seu carácter agroforestal.

As principais liñas de actuación en materia de infraestruturas forestais serán:

• Establecer unha normativa de uso común (incluídas ordenanzas-tipo) para todas as pistas forestais principais, unificando as competencias das diferentes administracións públicas na xestión da rede viaria forestal.

• Conseguir do goberno do Estado o incremento da carga máxima admisible en transporte de madeira, considerando a carga máxima que figura na ficha técnica, cun máximo de 48 toneladas para camións de 5 eixes e 57 toneladas para os de 6 eixes, en consonancia co xa establecido nos países da nosa contorna (Portugal e Francia).

En referencia ás empresas de aproveitamento forestal, as principais medidas para mellorar a súa competitividade serían:

1. Dimensionamento e planificación anticipada dos aproveitamentos de madeira que redunden nunha redución dos seus custos de aproveitamento (maiores coutos redondos, lonxa web…).

2. Simplificación e adaptación dos procedementos de autorización/notificación/comunicación de aproveitamentos forestais, avanzando no sistema de declaración responsable.

3. Medidas (xa tratadas no eixe III): Aumento da dimensión das explotacións forestais.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

IV.2.4

Incremento da mobilización de recursos madeireiros, incrementando a taxa global de extracción de todas as especies

P

 %

60

65

70

70

IV.2.4

Elaboración de inventario cartográfico de pistas

Elaborado

IV.2.4

Nivel de cortas anual de madeira. Obxectivo de 12 M m3 a dez anos.

P

10 M m3/ano

12 M m3/ano

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D22 a D26, D28, D30, D31, D32 e D33. Indirecta con D16..

• Relación indirecta con RD31.

• ODS15, meta 15.2.

• Relación con outros programas/instrumentos: I.1.1., I.2.2., eixe III, V.1.2.

IV.3. IMPULSO DA INDUSTRIA FORESTAL DE GALICIA.

A Axencia Galega da Industria Forestal foi creada mediante o Decreto 81/2017, do 3 de agosto, co fin de revalorizar a competitividade e a innovación das empresas forestais, especialmente na segunda e seguintes fases de transformación do recurso, é o centro de servizos a que debe acudir o sector da industria forestal, madeireira e non madeireira, para analizar e implantar medidas que contribúan ao seu desenvolvemento, actuando como interlocutor da Administración fronte á totalidade de axentes económicos vinculados á industria forestal.

A Axencia Galega da Industria Forestal ten como finalidade actuar como un instrumento de xestión eficiente no exercicio de funcións relacionadas co impulso da actividade económica asociada á industria forestal, coa mellora da competitividade e da innovación das empresas do sector e coa coordinación dos centros de investigación e tecnolóxicos vinculados á industria forestal.

Resulta evidente que a evolución do recurso madeireiro en Galicia debe estar acoplada coas necesidades de abastecemento da industria, xa que o contorno de subministración resulta local, o que explica o impacto económico que a actividade industrial da madeira supón no medio rural galego.

Por outra banda, o recurso madeireiro en Galicia está suxeito a cambios rápidos que derivan das decisións de xestión dos propietarios e das perturbacións derivadas de incendios, pragas e vendavais. A mellora no coñecemento deses recursos e o seu cambio temporal debe derivar do inventario propio, que se desenvolve na medida V.1.1. Por outra banda, débese traballar na mellora da produción de varios grupos de especies (medidas IV.2.1., IV.2.2. e IV.2.3.) e da mobilización de madeira (IV.2.4.), resulta, por último, necesaria unha incardinación coas necesidades da industria.

Obxectivos do instrumento.

Un primeiro obxectivo desta medida é determinar as necesidades produtivas, en cantidade e calidade, que o monte galego debe proporcionar para satisfacer demandas industriais, de xeito que se consiga un acoplamento no tempo da cadea da madeira.

A planificación estratéxica da produción de madeira con destino industrial debe ser froito do consenso da cadea monte-industria galega, cun horizonte temporal amplo (como mínimo da duración da 1ª revisión do PFG, 20 anos), e estar sometida a un seguimento continuado que propicie, de ser necesario, as pertinentes revisións.

Por outra banda, no marco das políticas da UE recoñécese amplamente que os bosques e o sector forestal desempeñan un papel crucial para contribuír aos obxectivos de mitigación do cambio climático do Acordo de París.

Tendo en conta o anterior, a industria forestal de Galicia debe ser partícipe da Vision 2040 of the European Forest-Based Sector definida en novembro de 2018 pola Forest-based Sector Technology Platform (FTP).

Esta visión resúmese nos seguintes obxectivos para 2040:

• O sector forestal debe ser protagonista e facilitador dunha bioeconomía circular.

• O sector deberá estar cimentado na cobertura das necesidades dos consumidores e o uso intelixente e sustentable dos recursos forestais.

• O sector debería estar conformado por actividades empresariais que creen emprego e enriquezan tanto áreas rurais como urbanas.

• O coñecemento e o investimento, que conduza a un aumento sustentable na produción de madeira, deberá ser a base de toda a industria forestal.

• O sector será capaz de satisfacer o desexo das persoas de vivir en maior harmonía coa natureza e reducir a súa pegada ambiental.

• Os servizos e produtos intelixentes deseñados para a súa reutilización, reciclaxe e recuperación contribuirán á boa saúde das persoas e ao sentimento xeral de benestar.

Iniciativas e programas de actuación.

Impulso da Industria Forestal

1. Axenda de impulso da industria forestal.

IV.3.1. Axenda de impulso da industria forestal.

Antecedentes e xustificación.

Baixo a coordinación da Axencia da Industria Forestal, no ano 2019 desenvolveuse a redacción da Axenda de impulso da industria forestal, que foi presentada no Consello da Xunta do 13 de xuño de 2019, e ao sector, o 17 de setembro de 2019.

Obxecto.

A axenda busca impulsar a modernización e a competitividade da industria forestal, para convertela na panca de cambio que axude a resolver as demandas da sociedade.

A axenda de impulso ten por obxectivo afrontar o desafío da sociedade empregando o potencial da industria forestal e, ao mesmo tempo, modernizar a industria forestal a través das demandas da sociedade.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

Como medida inicial, débese establecer un documento estratéxico da produción madeireira con destino industrial, que permita determinar as necesidades produtivas, en cantidade e calidade, que o monte galego debe proporcionar para satisfacer demandas industriais, de xeito que se consiga un acoplamento no tempo da cadea da madeira.

Os eixes de desenvolvemento da axenda configúranse como rutas de mellora continua sobre as que irán artellándose accións.

• RUTA 1 Mellora do capital humano do sector (formación): asegurar que o capital humano do sector en todos os niveis teña as habilidades necesarias para levar a cabo as tarefas, cada vez máis complexas e diversas, necesarias nun mercado laboral de calidade baseado na bioeconomía.

• RUTA 2 Ecosistema de innovación ao servizo do sector: desenvolver e reforzar o concepto de ecosistema de innovación para o sector da industria forestal e da madeira en Galicia.

• RUTA 3 Cooperación e valorización: fomentar a cooperación intrasectorial e intersectorial, así como fortalecer o achegamento do sector á sociedade.

• RUTA 4 Competitividade, desenvolvemento e diversificación: afrontar melloras en aspectos tecnolóxicos, ambientais (traballando na redución das emisións GEI), de xestión e organización, de produto, de modelos de negocio e de relación cos mercados.

As rutas de mellora son, por definición, inacabables e deben permitir a realización das accións propostas no presente documento, as que deban substituír aquelas que teñan duración determinada, ou aquelas que se incorporen á luz da evolución de sector ou por continxencias sobrevidas.

A implementación da axenda xerará un conxunto de accións, programas e proxectos de investigación e innovación en constante cambio. Para avaliar o desempeño de cada iniciativa individual e, eventualmente, propoñer novas accións, débese establecer un sistema de seguimento efectivo. Para o desenvolvemento e seguimento da axenda, constituirase un comité con participación do sector e estableceranse os procedementos de avaliación puntual daquelas accións que así o requiran.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

IV.3.1.

Plan estratéxico para a produción de madeira con destino industrial

Realizado

IV.3.1.

Desenvolvemento, seguimento e revisión das medidas e eixes da Axenda de impulso da industria forestal

Desenvolvemento e seguimento

Seguimento e revisión, de ser o caso.

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D18, D27, D28, D36, D37, e D39 a D44.

• Relación indirecta con RD31 e RD32.

Do mesmo xeito, a industria forestal será estratéxica para enfrontar os principais desafíos en liña cos obxectivos de desenvolvemento sustentable (ODS) das Nacións Unidas:

• Bosques e benestar humano (ODS 1, 2, 3).

• Paisaxes sustentables e alimentación (ODS 2,6).

• Igualdade de oportunidades, equidade de xénero e tenza (ODS 4, 5, 10, 16).

• Cambio climático, enerxía e desenvolvemento baixo en carbono (ODS 7, 13).

• Cadeas de valor, financiamento e investimento (ODS 8, 9, 12).

• Xestión forestal e restauración (ODS 14, 15).

G. EIXE V. ESTATÍSTICA, FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN FORESTAL.

O sector forestal galego implica a numerosos axentes ligados á produción, comercialización e transformación de produtos do monte, e pode cualificarse como un sector maduro, complexo e dinámico. O sector require, tanto no ámbito privado como no público, a dispoñibilidade frecuente de estatísticas forestais, en particular as que derivan dun inventario forestal propio, que sexa capaz de producir os datos e resultados baixo parámetros admisibles de precisión, necesarios para a toma de decisións en materia de política forestal.

Doutra banda, a relación da sociedade galega co monte, en xeral, e dos axentes implicados no sector, en particular, evolucionou considerablemente desde o último terzo do século pasado, xerando unha nova configuración baseada na exixencia do desenvolvemento sustentable e o aproveitamento racional dos recursos forestais no contexto de economía circular e de bioeconomía.

Ante estes feitos, e seguindo a exposición de motivos da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, un factor clave en toda política pública de índole forestal constitúeno a educación, a divulgación e a investigación e, particularmente, a transferencia de resultados aos axentes do sector forestal e a xeración de sinerxías neste ámbito.

Finalidade e obxectivos.

A finalidade deste eixe é establecer os requisitos dun sistema propio de estatística forestal, así como fomentar a educación, a divulgación e a investigación e, particularmente, a transferencia de resultados aos axentes do sector forestal e a xeración de sinerxías neste ámbito. Para iso, preténdense alcanzar catro grandes obxectivos programáticos:

• Inventario e estatística forestal. Procúrase establecer as bases para mellorar a información de base sobre o sector, en especial no referente a unha maior frecuencia na xeración de datos de inventario, unha mellor desagregación destes e unha mellor e máis frecuente detección de tendencias de cambio das superficies e existencias das nosas especies forestais.

• Formación e divulgación. Establecerase un programa conxunto que considere as necesidades de comunicación, divulgación e sensibilización sobre a importancia do monte galego, tanto como fonte de recursos naturais renovables como piar do desenvolvemento rural. O programa abranguerá igualmente accións de formación, co fin de contribuír á formación continua dos axentes implicados no sector.

• Investigación, innovación e transferencia: as constantes demandas sobre os montes e sobre os bens e servizos xerados por estes obriga a xerar un continuo fluxo de novos coñecementos e tecnoloxías relacionadas co uso, aproveitamento e xestión forestal. A transferencia da información, materiais e resultados dos devanditos programas ou proxectos de investigación a posibles beneficiarios é imprescindible para conseguir que os resultados se plasmen nun fomento do emprendemento.

• Fomentar a colaboración e cooperación entre centros universitarios que imparten formación forestal en Galicia.

Para a consecución destes obxectivos programáticos dispóñense os seguintes instrumentos de execución:

EIXES ESTRATÉXICOS DE INTERVENCIÓN

INSTRUMENTOS DE EXECUCIÓN: estratexias, liñas de acción, plans e programas

EIXE V

ESTATÍSTICA, FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN FORESTAL

V.1. INVENTARIO E ESTATÍSTICA FORESTAL.

V.2. PROGRAMA DE FORMACIÓN E DIVULGACIÓN FORESTAL.

V.3. INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN FORESTAL.

V.4 FORMACIÓN FORESTAL UNIVERSITARIA.

V.1. INVENTARIO E ESTATÍSTICA FORESTAL.

Obxectivos do instrumento.

O volume de información creceu rapidamente nos últimos tempos e as tecnoloxías e ferramentas de información e comunicación están continuamente mellorando e desenvolvéndose, e cada vez adquire maior importancia para a sociedade dispoñer de información máis precisa, libre e dispoñible ao menor custo. Os inventarios forestais deben basearse nas tecnoloxías máis avanzadas para proporcionar unha información de detalle e actualizada coa necesaria frecuencia. Constituír e manter un sistema de información e comunicación é, por tanto, un reto para todo axente dinamizador.

No sector forestal a información é abundante, pero a súa posta ao dispor da sociedade e dos axentes do sector a un nivel operativo é a miúdo débil. O papel da Administración pública, como axente promotor dun sistema de información veraz, fluído, accesible e con altos estándares de calidade, resulta esencial. O sistema debería achegar a correcta reunión e utilización de información técnico-científica, de notable importancia profesional, pero que normalmente non é accesible e está limitada a un perfil concreto de usuarios.

De forma similar ao Sistema europeo de información e comunicación forestal (EFIC), a Administración forestal galega debe recompilar, coordinar, estandarizar e divulgar datos e información relacionados co seu sector forestal, a través dun anuario de estatística forestal que presente continuidade no tempo e dea lugar a informes anuais. Requírese, igualmente, unha actualización frecuente das superficies e existencias das distintas especies, achegando datos adicionais sobre calidade dos produtos ou condicionantes de propiedade dos predios, para superar a habitual asignación a «masas mixtas» dos mosaicos de parcelas en monocultivo.

Iniciativas e programas de actuación.

Os obxectivos deste instrumento articúlanse en dúas iniciativas: o Inventario forestal continuo de Galicia e o Programa galego de información e estatísticas forestais.

A través destes dous instrumentos xerarase, por unha banda, información e documentación sobre o monte galego e, por outra, poñerase á disposición da sociedade. Toda esta información será unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento dunha política forestal sustentable eficaz e para a toma de decisións a diferentes escalas de traballo.

Información e estatísticas forestais

1. Inventario forestal continuo de Galicia.

2. Programa dixital galego de información e estatísticas forestais.

V.1.1. Inventario forestal continuo de Galicia (IFCG).

Antecedentes e xustificación.

O Inventario forestal nacional (IFN) é un proxecto que naceu en España en 1962 e o primeiro IFN de España concluíuse en 1975. De maneira continuada, salvo o período comprendido entre 1975 e 1986, o proxecto foise repetindo en ciclos de dez anos, adoptando como metodoloxía principal o establecemento de parcelas de campo de carácter permanente e raio variable, á vez que se foi adaptando ás necesidades e exixencias que a sociedade demanda do bosque.

A metodoloxía empregada foi común en todo o territorio español. O inventario supuxo, sen dúbida, un bo posicionamento de España en canto á dispoñibilidade de información sobre a evolución dos recursos forestais. A Administración xeral do Estado (AXE) realizou un esforzo recente no desenvolvemento do IFNCR, inventario forestal nacional de masas de crecemento rápido, en que trata de achegar datos de superficie e existencias para as especies comerciais de maior interese en períodos máis curtos (menos de dez anos).

Mais as condicións concretas dunha comunidade autónoma como Galicia aconsellan un esforzo adicional por parte do seu goberno para que, incrementando o esforzo para achegar resultados máis acaídos, se teñan presentes o tamaño da propiedade e os ciclos tan rápidos de cambio que, nalgunhas zonas forestais poboadas con especies de crecemento rápido, están a acontecer. A mellora na estratificación e na base cartográfica resulta esencial a este respecto.

Por todo o anterior, a información sobre a dispoñibilidade real do recurso, desde un punto de vista biolóxico, tecnolóxico, económico e administrativo, debe ser estudada e determinada en Galicia dunha maneira continuada e coa suficiente precisión. Dentro destas estimacións cobra relevancia o concepto de Forest Available for Wood Supply (FAWS).

Obxecto.

Deseño e posta en marcha do Inventario forestal continuo de Galicia (IFCG) baseado nun sistema de monitoraxe forestal continuada que, superando a problemática da pequena escala de propiedades e operacións e a elevada velocidade dos cambios, redunde en melloras da información obtida en canto á súa frecuencia, desagregación por especies, resolución espacial ou posibilidade de aproveitamento para a subministración á cadea monte-industria.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

As principais medidas que hai que ter en conta para o deseño e a elaboración do IFCG serán:

• O sistema basearase en técnicas de teledetección onde o emprego de diversas fontes de teledetección en canto a resolución temporal, espectral, radiométrica e espacial, obtidas dunha combinación de plataformas e sensores pasivos e activos, debe ser clave na súa posta en marcha[3].

• Permitirá unha combinación de escalas, algunha das cales facilitará unha cobertura total e a revisita da área de traballo en prazos breves.

• Permitirá reducir a intensidade da mostraxe e con iso os custos, ou ben permitirá co mesmo custo incrementar a mostraxe ou a súa periodicidade. A evolución previsible futura apunta a un importante descenso de custos de moitas das tecnoloxías que se empregarán e a un aumento de resolución espacial e temporal destas a igualdade de custo.

• Aplicará métodos obxectivos de clasificación.

• Deberá valorarse a súa integración en inventarios forestais realizados nos instrumentos a escala operativa –ou mesmo formar parte deles–, sempre baixo o criterio de que as parcelas destes sexan correxistrables coa información procedente de teledetección.

• Tamén deberá estar plenamente coordinado coa Rede galega de seguimento de danos nos bosques (medida II.2.2.).

• Contará con información de áreas terrestres inaccesibles ou de difícil acceso.

• Integrarase cos procesos de supervisión e control administrativo ou de aprovisionamento tanto para a Administración forestal como para os xestores privados (procesos de certificación forestal ou status de silvicultor/a activo/a).

• Terá en consideración as variables de cambio, para iso recibirá en tempo real datos, dos que se dispoña, da actividade forestal.

• Poderase realizar unha integración parcial co actual Inventario forestal a nivel estatal.

O inventario permitiría, desa forma, contar cunha ferramenta de seguimento anual de superficies e recursos forestais, en especial, os recursos madeireiros. A información de sensores remotos supoñerá unha revisión continua da información dispoñible no mercado, da mellor resolución posible para identificar parcelas de superficies reducidas. A posta en marcha do sistema requirirá, por tanto, revisar as fontes reais de información e a súa consecución ao custo máis reducido posible.

É necesaria a coordinación na asignación de usos entre o MFE, SIOSE e Sixpac. Neste sentido, será necesario levar a cabo as seguintes accións:

• Actualización frecuente da información do Sixpac de parcelas forestais tomando como referencia o uso actual e as especies existentes, de forma similar ao caso das parcelas agrícolas, asegurando a revisión anual dos usos.

• Harmonización do tamaño das teselas mínimas do SIOSE (auga, cultivos, vexetación de ribeira e cantís: 0,5 ha, zonas urbanas: 1 ha e zonas agrícolas, forestais e naturais: 2 ha) e MFE (zona forestal: 1 ha e zona agrícola: 2 ha) para a súa utilización conxunta.

• Os usos das coberturas (simples e compostas) do SIOSE e os usos dos recintos asignados no Sixpac deben ser harmonizadas cos usos e estratos existentes no MFE para que refiran estatísticas coordinadas (Sixpac nos usos agrícolas e MFE no uso forestal e integrados no SIOSE).

• Os cambios de usos dos recintos Sixpac cando afecten montes ou terreos forestais (especialmente montes públicos ou MVMC, xa que se dispón da súa cartografía) necesariamente constarán dun informe preceptivo do órgano forestal comprobando que se produciu o devandito cambio.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

V.1.1.

Deseño do Inventario forestal continuo de Galicia

Elaborado

V.1.1.

Elaboración e publicación dos datos do Inventario forestal continuo de Galicia

Publicado

Publicado

Publicado

Publicado

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D91 e D93. Indirecta con D68.

• Relación directa con RD1.

• ODS15, meta 15.2.

• Relación con outros programas/instrumentos: II.2.2 e V.1.2.

V.1.2. Programa dixital galego de información e estatísticas forestais.

Antecedentes e xustificación.

Galicia conta, en aplicación da lexislación vixente, cun sistema rexistral forestal (SRFG) que recolle información diversa sobre o sector forestal, incluíndo montes de utilidade pública, montes veciñais en man común, montes de varas, montes en xestión pública, montes ordenados/xestionados, materiais forestais de reprodución, empresas do sector forestal, terreos forestais de pastoreo ou agrupacións forestais de xestión conxunta. Algúns rexistros concretos deben aínda desenvolverse (montes de varas, silvicultores activos).

Tal e como se indica no capítulo II do Decreto 14/2017 polo que se aproba o Regulamento de ordenación da información xeográfica e da actividade cartográfica de Galicia, o «Plan galego de cartografía e información xeográfica (PGCIX) é o instrumento básico da planificación da produción da cartografía da Administración xeral da Comunidade Autónoma e das entidades instrumentais do sector público autonómico, así como do uso e difusión da información xeográfica necesaria para a xestión do territorio de Galicia, e ten como finalidade garantir a coherencia e interoperabilidade dos datos espaciais, favorecer a eficiencia no gasto público e asegurar a calidade da produción cartográfica e a súa utilidade como servizo público». Neste contexto a Administración forestal será o órgano responsable competente na cartografía dixital xeorreferenciada (CDX) de temática forestal.

O PGCIX sinala a importancia de contar na información xeográfica de referencia (IXR) de redes de transporte (RT) cunha descrición xeográfica actualizada da rede de camiños e pistas forestais, e convida a realizar a recompilación e actualización dos devanditos datos o antes posible.

Resulta necesario que a información recompilada no Sistema rexistral forestal de Galicia, complementada cos sistemas de información corporativos vinculados ao territorio a partir das bases de datos cartográficas e espaciais existentes (Infraestrutura de datos espaciais de Galicia IDEG), que actualmente xestiona o Instituto de Estudos do Territorio (IET), ademais da que xere o propio IFCG, resulte dispoñible para a sociedade en xeral e, en particular, para todos os axentes ligados ao sector e que poden facer un uso profesional da devandita información (consultas, vistas, servizos de mapas web, etc.). Resulta necesario para Galicia unha oficina virtual forestal, de carácter público, dedicada ao monte e á súa xestión.

Por outra banda, as estatísticas forestais deben ser o resultado dun traballo incardinado co Plan galego de estatística. Así, incorporaranse actuacións na planificación estatística da Comunidade Autónoma para estudar a caracterización económica e sociodemográfica do monte galego que permitan describir as explotacións forestais, os seus titulares e a cadea forestal da madeira e doutros recursos forestais. Esta liña de actuación exixirá un traballo coordinado entre os diferentes organismos e departamentos da Xunta de Galicia con competencias nesta materia.

Obxecto.

A Administración competente albergará no seu dominio web a Oficina virtual forestal de Galicia. Este portal aglutinará toda a información e documentación relacionada co monte galego, os seus recursos e servizos asociados e a xestión forestal. Isto permitirá aos cidadáns acceder dun xeito áxil e seguro á tramitación e consulta dos seus expedientes a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Introducirase así mesmo a información forestal das bases de datos cartográficas e espaciais existentes, que debe incorporar datos gráficos e alfanuméricos sobre as superficies incluídas nas distintas seccións do Sistema Rexistral Forestal de Galicia, así como a rede de camiños e pistas forestais de Galicia pola súa consideración como información xeográfica de referencia.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

A medida debe necesariamente desenvolverse coordinando a Estatística forestal galega co Plan galego de estatística de Galicia, de forma que os departamentos administrativos competentes colaboren na recompilación, sistematización, tratamento e divulgación da función estatística da cadea monte-industria na rexión.

As principais características que debe presentar a Oficina virtual forestal de Galicia serán:

• Terá que estar adaptada á realidade de Galicia en métodos e periodicidade e coordinada coas operacións estatísticas xerais de Galicia e as sectoriais de ámbito estatal. O Anuario de estatísticas forestais estará dispoñible durante o primeiro semestre do ano posterior ao tratado. Terá que ser acorde coa normativa estatística da Comunidade Autónoma de Galicia.

• Débese avanzar cara a un observatorio forestal de Galicia que permita aos cidadáns consultar en tempo real, dun xeito gráfico e dinámico, o estado forestal dos montes galegos.

• Integrará o Inventario forestal continuo de Galicia (IFCG) e o Sistema rexistral forestal de Galicia (SRFG).

• Deberase partir dun deseño específico integral que aproveite a información existente e que permita unidades de análise inferiores á provincia.

• Terá que estar formalmente constituída, ser de carácter estable, permitir a mellora continua e que o sector colabore no seu deseño e gobernanza, co fin de contribuír a divulgar adecuadamente os seus resultados, así como garantir a transparencia.

• Deberá estar científica e tecnicamente fundamentada polo sistema público de I+D, coas achegas das universidades e centros tecnolóxicos galegos.

O portal reunirá e homoxeneizará as estatísticas, información e documentación sobre os recursos forestais galegos (Central Data Warehouse CDW), a actividade forestal como xeradora de bens e servizos e toda a información xeográfica dispoñible, incluíndo especificamente os montes afectados polo sistema rexistral ou as infraestruturas forestais.

Este portal web deberá contar con información real e actualizada en materia forestal, e con espazos web estruturados, pola súa vez, en grandes bloques temáticos baixo unha interface intuitiva e dinámica:

1) Inventario forestal continuo de Galicia (IFCG) (medida V.1.1).

a. Datos anuais de evolución de superficies de distintas especies. Desagregacións de superficies cortadas, afectadas por incendios, sometidas a cambios de actividade ou repoboadas. Dispoñibilidade do recurso (FAWS).

b. Existencias de madeira a nivel de distrito forestal, que se integrarán no Sifor Galicia para achegar a información con referencia espacial.

2) Sistema rexistral forestal de Galicia (SRFG):

a. Estatísticas oficiais sobre os montes e os seus recursos e servizos: medio forestal, madeira e biomasa, producións non madeireiras (cogomelos, froitos silvestres, plantas medicinais, etc.), repoboacións forestais, montes periurbanos e incendios forestais, entre outros.

Incluirase, ademais, información sobre o mercado de prezos dos produtos e servizos forestais, de terras forestais, etc., así como unha programación anual de poxas públicas de produtos forestais.

b. Estatísticas sobre empresas forestais (viveiros forestais, empresas de servizos forestais, entidades de certificación forestal, asociacións de propietarios ou xestores forestais, agrupacións forestais de xestión conxunta, etc.), que se realizará a partir da información do Rexistro de Empresas Forestais de Galicia (Resfor), ao abeiro do artigo 102 da actual Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

c. Estatísticas sobre valores socioeconómicos: cuantificación dos produtos forestal segundo destinos, custos das principais operacións no sector forestal, emprego, propiedade, xestión, etc.

missing image file

Representación esquemática da Oficina virtual forestal de Galicia

3) Sistema de información forestal Galicia (Sifor). A información xeográfica do monte galego estará xestionada mediante o Sistema de información forestal (Sifor), que almacenará un contido mínimo de datos composto polas seguintes capas:

a. Inventario continuo de recursos forestais e mapa forestal: superficie forestal, superficie das principais formacións específicas, densidade e existencias, dispoñibilidade do recurso forestal (FAWS), etc.

b. Propiedade de terras de uso forestal: rexistro de montes públicos, rexistro de montes veciñais en man común, rexistro de montes de varas, rexistro de parcelas de silvicultores activos.

c. Réxime de xestión dos terreos forestais: rexistro de montes de protectores, rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas, rexistro de montes de xestión pública, rexistro de terreos en xestión conxunta por agrupacións forestais con e sen ánimo de lucro.

d. Rexistro de montes ordenados: montes con instrumentos de ordenación ou xestión forestal, incluíndo as parcelas adheridas a modelos silvícolas e códigos de boas prácticas forestais.

e. Rexistro público de terreos forestais de pastoreo.

f. Rexistro de terreos forestais acoutados para o aproveitamento micolóxico.

g. Rexistro de terreos forestais dedicados a mellora e produción de material forestal de reprodución (ensaios de procedencia, ensaios de proxenie, mouteiras, hortos de semente, familias de proxenitores, campos de plantas nai).

h. Saúde e vitalidade dos terreos forestais: rede de danos das masas forestais en Galicia, rede de danos de detección e superficies obxecto de aplicación de loita integrada paras as principais pragas e doenzas forestais.

i. Superficies obxecto de actividade forestal: forestación/reforestación, silvicultura, aproveitamentos dos recursos forestais (sexa madeira, biomasa, resina, cortiza) e calquera outra actividade forestal etc.

j. Definición e evolución da propiedade privada: estrutura da propiedade, socioeconomía dos propietarios.

Para conseguir un perfecto funcionamento deste sistema e que ofreza a resposta adecuada aos requirimentos nesta temática, propóñense as seguintes liñas de traballo:

a. Actualizar e mellorar a delimitación dos límites dos montes, especialmente dos montes veciñais en man común (revisión de esbozos, deslindamentos parciais, sentenzas xudiciais, actos de disposición –permutas, expropiacións–).

b. Actualizar e mellorar a delimitación dos montes en xestión pública.

c. Elaborar novas capas cartográficas actualmente non dispoñibles:

i. Montes protectores.

ii. Masas consolidadas de frondosas autóctonas.

iii. Montes de varas.

iv. Montes de agrupacións forestais de xestión conxunta.

v. Parcelas de silvicultores activos.

vi. Parcelas obxecto de acoutamento para aproveitamento micolóxico.

vii. Superficies de regulación ou prohibición de aproveitamento de pastos en montes.

d. Crear unha cartografía en terreos forestais, a nivel de referencia catastral ou superior, que incorpore o grao de actividade forestal (instrumentos de planificación, reforestacións, silvicultura, aproveitamentos).

e. Mellorar o visor cartográfico en materia forestal. Coa incorporación de novas capas e actualización daquelas obxecto de mellora e modificación.

4) Observatorio forestal de Galicia. Debe incluír información sobre a evolución de prezos de produtos forestais diversos: madeira, castaña e outros produtos non madeireiros. Incluirá información anticipada sobre lotes de madeira que sairán á venda nos montes de xestión pública. Permitirá aos cidadáns consultar en tempo real, dun xeito gráfico e dinámico, o estado forestal dos montes galegos.

5) Un set de servizos web (SW) sendo estes un conxunto de protocolos e estándares que permiten intercambiar datos. Deste xeito, a principal vantaxe de utilizar servizos web é que, sendo independentes das aplicacións, posibilitan a comunicación entre elas dun xeito simple e estandarizado. Neste contexto, a Administración forestal deberá levar a cabo unha liña progresiva de publicación de servizos web específicos que faciliten a consulta e entrada de información forestal.

6) Sistema de apoio ás decisións forestais (Sadfor Galicia). Coa información contida nos diferentes sistemas (IFCG, SRFG, Sifor) de información forestal crearase un desenvolvemento específico (Data Mart DM) a modo de ferramenta de apoio para a toma decisións en materia de política forestal.

7) Panel de control (dashboard) de progreso de execución do PFG (medida VI.1.1), que monitorice, analice e mostre de maneira visual os indicadores clave de desempeño (Key Performance Indicators, KPI), chamados neste plan indicadores quinquenais de seguimento, coas súas métricas e datos fundamentais para facer un seguimento do seu estado de execución (%) e consecución.

8) A través do portal permitirase acceder aos cidadáns dun xeito áxil e seguro á tramitación electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

9) Servizo de avisos en materia de sanidade e saúde forestal. Como ferramenta para dar a coñecer novidades en materia de sanidade forestal, tanto de recomendacións xerais e manuais de uso como das actuacións que realiza directamente a Administración responsable en materia de saúde e vitalidade forestal (medida II.2.2.).

10) Biblioteca de publicacións. Newsletter e revista dixital. Ligarase ás actividades de comunicación e divulgación. Incluiranse noticias e eventos, así como unha axenda.

11) Áreas de traballo (cambio climático, xestión forestal sustentable, saúde e vitalidade dos bosques, incendios forestais, etc.). Procedementos ou protocolos en materia forestal.

12) Fondo documental do monte galego (FDMG), co fin de garantir a pervivencia dun patrimonio documental, a través da súa dixitalización e efectiva custodia. Por outra banda, fornecer a información requirida para a mellor xestión dos montes, e do sector forestal no seu conxunto (incluíndo propietarios, industria, investigación, ensino e divulgación).

13) Fototeca forestal: contará cunha galería de imaxes históricas, así como divulgativas en materia forestal.

Este portal forestal contará, ademais, cunha sección dedicada ao intercambio de opinións ou achega de suxestións con respecto ao sector forestal, así como un servizo de recepción de información á carta por parte de usuarios rexistrados (rede social forestal).

Co fin de evitar a información e a documentación dispersa en materia forestal, o portal tentará contar con vínculos asociados a outras organizacións privadas ou públicas con información relevante para o monte en Galicia (estudos técnicos elaborados por organizacións privadas, ensaios piloto, sistemas de información xeográfica de centros universitarios, etc.).

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

V.1.2

Creación da Oficina virtual forestal de Galicia

Creada

V.1.2

Inclusión dun Sistema integrado de información forestal de Galicia (Sifor Galicia)

Incluído

V.1.2.

Deseño e posta en marcha do Sistema de apoio ás decisións forestais (Sadfor Galicia)

Iniciado

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D28, D31, D71, D93 e D94. Indirecta con D111.

• Relación directa con RD1.

• ODS15, meta 15.2.

• Relación con outros programas/instrumentos: II.2.2, V.1.1 e VI.1.1.

V.2. PROGRAMA DE FORMACIÓN E DIVULGACIÓN FORESTAL.

Obxectivos do instrumento.

O presente instrumento deséñase cun dobre obxectivo:

• Establecer un programa de divulgación e comunicación da cultura forestal que contribúa á comunicación da cultura forestal, á concienciación sobre a importancia ambiental do monte e á mellora nos contidos formativos relacionados co monte galego na educación primaria e secundaria.

• Establecer medidas de apoio á formación continua e profesionalizada de propietarios e xestores forestais.

Preténdese conformar unha rede de información e comunicación coas persoas comprometidas e involucradas no sector forestal, tentando congregar información, contactos e experiencias e, consecuentemente, crear sinerxías a través de diferentes redes de cooperación ou intercambio cos actores forestais, outros axentes sociais e a poboación en xeral.

Iniciativas e programas de actuación.

O obxectivo do instrumento articúlase en dúas medidas concretas:

Programa de formación e divulgación forestal

1. Programa de divulgación e comunicación da cultura forestal.

2. Profesionalización de propietarios, xestores de montes e/ou traballadores das empresas de servizos forestais.

V.2.1. Programa de divulgación e comunicación da cultura forestal.

Antecedentes e xustificación.

As constantes demandas sobre os bosques e os recursos forestais a escala global e a súa crecente relevancia no desenvolvemento rural e na mitigación e adaptación ao cambio climático, entre outros aspectos, determinan que a divulgación e comunicación sexan factores claves para o sector forestal, onde hai unha significativa necesidade de que unha sociedade cada vez máis urbana comprenda a importancia ambiental, social e económica do monte. Doutra banda, a comunicación facilita alcanzar unha aproximación intersectorial na política forestal.

A información e a comunicación comezaron a ser trazos diferenciadores do mundo actual, a denominada era da información, onde, ademais, xurdiron as denominadas Tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) nas últimas décadas, claros indicadores do movemento cara á economía global da información. A pesar de non existir discusión sobre a especial relevancia da información, a extensa literatura sobre sociedades da información si revela, con todo, opinións aínda polarizadas e mesmo conflitivas en determinadas materias. O sector forestal non é alleo a esta problemática.

En Galicia requírese dar visibilidade ao monte, ás actividades de aproveitamento dos seus recursos, aos montes veciñais en man común e ás comunidades ou aos distintos elos da cadea forestal de modo que se perciba a súa importancia pola sociedade. Doutra banda, e dada a aínda inxustificablemente alta cifra de incendios forestais intencionados, convén trasladar á sociedade, en particular á rural, unha información clara sobre as repercusións ambientais, económicas e sociais da praga dos incendios.

A lexislación vixente autonómica xa establece a necesidade dun Plan de divulgación forestal. O plan orientaríase a concienciar o conxunto da sociedade da importancia do monte galego como fonte de recursos naturais renovables e do sector forestal de Galicia como piar básico do desenvolvemento rural. Ademais, fomentaríase o uso educativo do monte dando a coñecer a diversidade dos seus usos. Convén, así mesmo, que o plan de divulgación promova o consumo responsable de madeira como materia prima natural, renovable, biodegradable e reciclable.

Por outra banda, e a pesar de que actualmente o acceso á información aplicada resulta sinxelo e de que boa parte dos xestores forestais activos se atopan integrados en asociacións ou organizacións específicas que realizan un importante labor de extensión de coñecemento, convén que o Plan de divulgación forestal contribúa igualmente a ese obxectivo de difusión.

Obxecto.

Deseño, execución e seguimento do Programa de divulgación e comunicación da cultura forestal, que permita unha comunicación da cultura forestal en Galicia, para:

1. Mellorar o coñecemento de áreas específicas, tales como percepción, conduta e cambios sociais, para fomentar e desenvolver os produtos e servizos xerados polos montes e procurar un maior coñecemento dos usos tradicionais.

2. Comunicar á sociedade a natureza singular, sustentable e renovable dos montes e dos seus produtos derivados a través da programación de eventos, encontros, conferencias ou congresos sectoriais.

3. Executar medidas, programas ou liñas de traballo forestal baseadas en decisións consensuadas con información técnica, sólida e coherente coa realidade.

4. Implicar á sociedade na política forestal deseñada para Galicia.

5. Comunicar á sociedade os servizos ecosistémicos que prestan os bosques (protección do solo e ciclo hidrolóxico, mitigación do cambio climático, biodiversidade, configuración da paisaxe, etc.).

O Programa de divulgación e comunicación da cultura forestal deberá establecer medidas prioritarias específicas para mellorar a información, divulgación e comunicación sobre o territorio forestal, os recursos forestais e a xestión forestal para estimular un vínculo ou achegamento positivo e duradeiro coa sociedade.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

Como requisito previo do plan de divulgación debe comprenderse a situación inicial de partida do ámbito sobre o que se quere informar e o receptor da información, que mensaxes se queren trasladar e por que, que canles serán usadas para transmitir, e en que sentido será a resposta do receptor.

As directrices de revisión do PFG indican que deben mellorarse os contidos formativos en educación primaria e secundaria sobre a realidade do monte galego, así como mellorar o nivel de información de toda a sociedade sobre o forestal, a cadea de produtos forestais, os montes veciñais en man común ou as comunidades veciñais. O recente ditame do Parlamento de Galicia sobre incendios e política forestal establece a necesidade das campañas de difusión e mellora de contidos formativos en materias de sensibilización ambiental ou de incendios forestais.

O Programa de divulgación e comunicación da cultura forestal deberá ser continuo durante a vixencia da 1ª revisión do PFG, resultando un programa interactivo e en constante evolución, diferenciado en proxectos específicos, que se modificará en función das necesidades dos receptores da información ou dos desenvolvementos no campo da comunicación. Debe incluír un calendario de xornadas baseado nunha planificación e as actividades executadas avaliaranse anualmente (entrevistas a expertos, vídeos sobre experiencias de interese, dípticos informativos ou campañas de televisión).

Buscaranse as sinerxías posibles cos programas de dinamización da xestión forestal incluídos no eixe III: III.2.2. e III.2.3.

Ademais de contar co apoio das organizacións profesionais vinculadas, directa e indirectamente, co monte galego, será vital que as mensaxes deste Programa sexan consideradas como propias para outras administracións públicas (consellería competente en patrimonio natural, entre outros). En definitiva, a información comunicada deberá ser congruente, co fin de evitar confusións e transmitir mensaxes erróneas ou discrepantes sobre o monte e materias relacionadas.

Como actividades concretas orientadas ao alumnado de primaria e secundaria indícanse:

• Programa específico de visitas de colexios e institutos a centros de formación e experimentación forestal.

• Visitas de colexios á Rede de aulas forestais.

• Visitas a empresas e industrias forestais.

• Visitas a comunidades de MVMC con xestión activa.

• Contactos con persoal técnico e de gardaría, actividades de difusión nos propios centros de ensino.

Para a consecución da mellora dos contidos formativos poderíanse elaborar convenios ou acordos de traballo entre as administracións competentes en montes, ambiente e educación, como clave para fomentar a visualización e o coñecemento do sector forestal da poboación en idade escolar. Entre as accións para realizar incluiranse actividades conxuntas do profesorado cos distintos axentes ligados ao monte en forma de xornadas, visitas ou debates.

Deben incrementarse as campañas específicas de concienciación sobre incendios no ámbito escolar, que xa se están realizando no marco do Pladiga, co obxectivo de que alcancen o 100 % do alumnado que termine o ensino obrigatorio. Tamén nese ámbito específico é necesaria unha mellora de contidos formativos.

Debe conseguirse dentro do programa a creación dunha rede de escolas agroforestais de información e promoción da cultura forestal galega, para o que se debe determinar o papel que se atribuirá ás aulas forestais, que constituíron ata o momento un medio adecuado para informar, divulgar e comunicar sobre cultura forestal a través de programas específicos de actividades que supoñen un achegamento real da sociedade ao monte. Algunhas destas aulas situáronse en antigos viveiros forestais da Administración, que se redefiniron (polo menos parcialmente) como centros de divulgación. Con todo, pártese neses casos dalgunhas dificultades en canto a medios e persoal.

Como alternativa a esas aulas forestais, poderían empregarse os centros de experimentación e formación forestal, que dispoñen de persoal e instalacións adecuadas, ademais de poder compatibilizar as accións coa propia presenza e dispoñibilidade de alumnado dos centros.

O Programa de divulgación e comunicación deberá incluír accións específicas de concienciación social acerca da relevancia e transcendencia da conservación do patrimonio natural e da divulgación e concienciación forestal. Debe conseguir, así mesmo, un impacto como medida de extensión forestal, que facilite o acceso á información a propietarios que aínda teñen dificultades para iso.

Convén, igualmente, recuperar o papel de divulgación e xestión forestal que xogaban os axentes forestais e que debe estar presente na actividade dos distritos forestais, dotándoos dos medios necesarios para retomar un papel de asesoramento técnico e profesionalización, de cooperación e transferencia de coñecementos aos propietarios de montes, en definitiva, de extensión forestal.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

V.2.1

Programa de divulgación e comunicación da cultura forestal

Elaborado

V.2.1

Reestruturación dos centros de interpretación, divulgación e concienciación forestal

Finalizado

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D72, D73, D74, D78, D79, D80 e D81.

• Relación directa con RD33, RD95, RD96 e RD111.

• ODS15, meta 15.2.

• Relación con outros programas/instrumentos: III.2.2., III.2.3.

V.2.2. Profesionalización de propietarios, xestores de montes e/ou traballadores das empresas de servizos forestais.

Antecedentes e xustificación.

Galicia conta cunha importante oferta formativa regrada no ámbito profesional, tanto no ámbito do aproveitamento forestal e dos sistemas forestais como no máis específico da madeira e moble. A capacitación profesional en materia forestal, a través da impartición de ciclos formativos vinculados coa xestión do monte e do medio natural, resulta clave para o desenvolvemento óptimo das habilidades do persoal vinculado profesionalmente no traballo diario no monte e no recoñecemento das cualificacións profesionais establecidas polo Incual (Instituto Nacional das Cualificacións).

Doutra banda, a consellería competente en materia de traballo oferta cursos de formación específicos para o emprego, algúns dos cales se relacionan co propio sector forestal. Á formación profesional e para o emprego habería que engadir a formación continua dos traballadores de empresas forestais ou da Administración pública.

Parece conveniente que, en aplicación do PFG, se incorpore unha medida de promoción da formación profesionalizada, que achegue un apoio á coordinación, canalización de actividades ou incorporación de temáticas relevantes ou de futuro, sempre considerando que as competencias sobre formación regrada quedan no ámbito da consellería competente en materia de educación.

Obxecto.

Deseño e posta en marcha de plans de formación e profesionalización de propietarios, xestores de montes, e/ou traballadores das empresas de servizos forestais para a mellora ou actualización das súas cualificacións ou competencias profesionais e apertura de novas oportunidades ou actividades experimentais no sector forestal galego.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

Os plans de formación de propietarios, xestores de montes e/ou traballadores das empresas de servizos forestais desenvoltos pola Administración competente en montes, onde as distintas asociacións profesionais de silvicultores poderán ser entidades colaboradoras, así como outras administracións públicas (entidades locais, universidades, centros de formación e experimentación agroforestal, entre outros), deberán centrarse nos seguintes obxectivos:

1. Mellorar a formación profesional da persoa que traballa no mundo forestal achegando cualificación, experiencia, adquisición de técnicas e metodoloxías de traballo, hábitos de hixiene e de seguridade laboral.

2. Dignificar a profesión.

3. Fomentar a inserción laboral das persoas formadas.

4. Establecer medidas de discriminación positiva para fomentar o emprego de persoas paradas de longa duración e o emprego feminino.

5. Reforzar a competitividade e a cohesión social do territorio ofrecendo posibilidades laborais e de formación de calidade no propio territorio rural.

A oferta formativa deberá abarcar materias de especial relevancia para os montes e a súa xestión no actual contexto de cambio climático e economía baixa en carbono (bioeconomía, pegada do carbono e balance enerxético):

1) Prevención de riscos laborais.

2) Saúde e vitalidade dos ecosistemas forestais. Organismos de corentena.

3) Adaptación e mitigación do cambio climático: silvicultura adaptativa.

4) Novos produtos forestais non madeireiros, con especial atención á produción de castaña, resina, pastos, etc.

5) Xestión forestal sustentable. Multifuncionalidade dos montes. Servizos ambientais dos ecosistemas forestais.

6) Asociacionismo e cooperación. Agrupacións forestais de xestión conxunta.

7) Novos usos dos produtos forestais: biomasa e madeira estrutural.

8) Monte veciñal en man común e funcionamento das comunidades de montes.

No ámbito específico da prevención e extinción de incendios forestais realizarase un esforzo para a mellora dos contidos formativos na formación para o emprego e a formación continua do persoal laboral da Administración.

Desenvolveranse protocolos de traballo con organizacións profesionais de silvicultores ou outras organizacións forestais para fomento e execución deste tipo de actividades formativas, baixo a tutela efectiva da Administración competente en montes.

As medidas de profesionalización de xestores de montes e/ou traballadores das empresas de servizos forestais (incardinadas coa medida III.2.1) deben conseguir unha adecuada difusión das responsabilidades de xestión que recolle a normativa vixente, en materia de prevención de incendios, en particular:

1) As obrigas de roza nas áreas de xestión de biomasa.

2) As responsabilidades que poden asumirse se as parcelas están en estado de abandono.

3) A difusión do perigo que entraña o uso neglixente do lume, así como a necesidade de denunciar os incendiarios.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

V.2.2

Actuacións anuais de formación e profesionalización de propietarios, xestores de montes e/ou traballadores das empresas de servizos forestais

P

Ud.

50

100

175

250

Q

50

50

75

75

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D15, D68, D75, D76, D77 e D81.

• Relación directa con RD22, RD95, RD110.

• ODS15, meta 15.2.

• Relación con outros programas/instrumentos: III.2.1.

V.3. INVESTIGACIÓN, DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN FORESTAL.

Obxectivos do instrumento.

O instrumento deséñase co obxectivo de fomentar o coñecemento e o desenvolvemento tecnolóxico no campo forestal, resaltando e impulsando a investigación básica e aplicada e a difusión de resultados na materia para o desenvolvemento de iniciativas de innovación e emprendemento forestal (como forma de emprendemento verde).

Iniciativas e programas de actuación.

O obxectivo do instrumento articúlase nun único programa de actuación:

Investigación, desenvolvemento e innovación forestal

1. Programa de fomento da investigación, desenvolvemento e innovación forestal.

V.3.1. Programa de fomento da investigación, desenvolvemento e innovación forestal.

Antecedentes e xustificación.

Tal e como avogaba a Unión Europea na súa Resolución do Consello sobre unha Estratexia forestal para a Unión Europea, a investigación é imprescindible para promover o uso e a xestión sustentable dos recursos forestais (desde o punto de vista social, ambiental e económico), o papel multifuncional dos bosques e a diversificación dos recursos forestais.

No ámbito da investigación forestal en Galicia, as directrices da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dispoñen que a Administración forestal realizará as seguintes actuacións (artigo 109):

1) O impulso, así como o desenvolvemento, se é o caso, das actividades de investigación forestal en programas de coñecemento do medio forestal, da mellora xenética e silvícola e da protección forestal, así como calquera outra que poida contribuír á mellora e desenvolvemento do sector.

2) A coordinación con outras administracións públicas e institucións na identificación das necesidades do sector forestal de Galicia, para efectos da súa inclusión nos plans nacionais e autonómicos de investigación científica, desenvolvemento e innovación tecnolóxica.

3) A colaboración na promoción da investigación forestal co sistema universitario de Galicia e con outras universidades e centros de investigación, públicos e privados.

4) A colaboración con outras institucións, públicas ou privadas, no ámbito da investigación forestal, en particular coas plataformas tecnolóxicas galegas relacionadas co mundo forestal.

Obxecto.

En colaboración coa Administración galega con competencias en materia de investigación, así como outros departamentos da Administración competente en agricultura e desenvolvemento rural, esta medida deseñará liñas prioritarias de investigación, innovación e desenvolvemento para Galicia, a medio prazo, que orienten as actividades dos diferentes axentes implicados no desenvolvemento do sector e optimicen os recursos necesarios para a súa implantación. Ademais, desenvolveranse procedementos para a transferencia e divulgación de resultados, información e coñecementos ao sector.

Este proceso de deseño e execución das liñas de investigación debe contar coa participación dos departamentos de universidades, as organizacións da cadea forestal e da madeira, involucrando a participación das empresas no desenvolvemento dos proxectos de I+D.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

En estreita colaboración cos axentes do sector, as liñas ou actividades l+D+i do presente programa deberán contribuír a unha mellora no sector en canto aos seguintes aspectos:

1) Consolidación do Centro de Investigación Forestal CIF de Lourizán como centro de referencia de I+D+i do sector forestal en Galicia, potenciando acordos de cooperación e alianzas con outros centros de investigación.

2) Asociacionismo, cooperación e/ou agrupación de propietarios ou propiedades forestais para a xestión e ordenación conxunta.

3) Resistencia/resiliencia a pragas e enfermidades forestais, especialmente en canto a organismos de corentena.

4) Desenvolvemento de novos produtos forestais e mellora dos existentes, incrementando a produción, diversificando e mobilizando (mercado).

5) Mellora xenética forestal aplicada, orientada á obtención de materiais forestais de reprodución de alta calidade xenética ou resistencia fronte a pragas e doenzas.

6) Prevención, combate e restauración tras incendios.

A consecución destes obxectivos pasa por unha mellora no financiamento do sistema de I+D+i, para o que se propoñen as seguintes medidas:

1) Políticas de apoio específicas ao sistema de I+D+i forestal galego.

2) Cooperación entre entidades para captar fondos en convocatorias competitivas.

3) Promover a captación de financiamento privado.

A investigación sectorial forestal en Galicia estivo ligada, desde a década dos 40 do pasado século, ao CIF de Lourizán, centro sobre o que se require a aplicación dalgunhas medidas concretas:

1) Redefinición das áreas de competencia.

2) Recuperación da orientación de investigación aplicada ligada a problemas sectoriais.

3) Dotación do centro dun status xurídico que permita un funcionamento áxil.

4) Consolidación do destino do predio e recuperación activa da súa contorna (pazo).

5) Potenciación da protección do coñecemento e información como principal activo do centro.

6) Medidas relacionadas cos recursos humanos, incluíndo un plan de formación, plan de urxencia para cubrir vacantes ou definición da dotación de equipo obxectivo.

7) Dinamización da relación do centro con outros organismos de investigación.

En canto á transferencia da información, materiais e resultados da investigación no ámbito forestal, a normativa vixente establece:

1) A información, materiais e resultados dos programas e proxectos de investigación executados con financiamento público deberán ser presentados e transferidos aos axentes públicos e privados do sector forestal.

2) A Administración forestal establecerá un sistema de transferencia da información ao sector forestal, que desenvolverá regulamentariamente.

3) A Administración forestal promoverá o uso dunha forma accesible e áxil das ferramentas e novas tecnoloxías co fin de conseguir a máxima difusión posible da información, materiais e resultados dos programas e proxectos de investigación.

4) Impulsará o intercambio de coñecementos e a transferencia tecnolóxica entre todos os axentes implicados na investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i) do sector forestal galego, fomento e desenvolvemento de proxectos e experiencias innovadoras.

Debe facerse énfase na necesidade de que existan axentes concretos cuxa función sexa precisamente a de actuar como organismos de transferencia.

A execución deste Plan marco e os resultados previsibles/obtidos deberán ser avaliados e coordinados conxuntamente entre as administracións con competencias en materia de investigación e en materia de montes co obxecto de redefinir posibles desaxustes ou reaxustes ao previamente planificado ou programado.

As actividades de I+D+i supoñen unha oportunidade para o fomento do emprego verde que debe aproveitarse. Seguindo as directrices da Estratexia 2020 da Unión Europea para creación dunha economía competitiva, conectada e máis respectuosa co ambiente, desenvolveranse liñas de fomento ou consolidación de emprego verde e desenvolvemento tecnolóxico e innovación en empresas ou proxectos verdes, orientando o modelo produtivo cara a procesos menos intensivos en materia, enerxía e carbono, e xerando sinerxías sustentables entre emprego e monte.

O presente programa deberá desenvolverse en consonancia con outros programas de tipo operativo xa indicados, en particular os seguintes: I.3.1. Programa de mellora xenética forestal, I.3.3. Programa de conservación de recursos xenéticos forestais, II.2.3. Programa de sanidade forestal, II.2.2. Posta en valor da rede galega de seguimento de danos nos bosques, I.1.5. Medidas de fomento da multifuncionalidade e doutros valores do monte.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

V.3.1

Iniciativas de I+D+i

Q

Ud.

25

30

35

45

V.3.1

Investimento anual realizado

P

15M€

35M€

85M€

135M€

Q

15M€

20M€

50M€

50M€

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D80, D82 a D90.

• Relación indirecta con RD31.

• ODS15, meta 15.2.

• Relación con outros programas/instrumentos: I.1.5., I.3.1., I.3.3., II.2.2., II.2.2.

V.4. FORMACIÓN FORESTAL UNIVERSITARIA.

No marco das políticas da UE recoñécese amplamente que os bosques e o sector forestal desempeñan un papel crucial para enfrontar os principais desafíos en liña cos obxectivos de desenvolvemento sustentable das Nacións Unidas e os obxectivos de mitigación do cambio climático do Acordo de París. Con este obxectivo, adicionalmente ao establecido pola Estratexia forestal europea de 2013, o sector forestal é protagonista dalgunhas das políticas horizontais e sectoriais da UE. Neste marco, para Galicia resulta estratéxico o desenvolvemento do sector forestal baseado na formación de profesionais que permita a mellora da competitividade do sector e a súa sustentabilidade nos aspectos ambientais, sociais e económicos, impulsando o desenvolvemento rural.

É necesario, tras máis de 25 anos desde a implantación dos estudos forestais universitarios en Galicia, e que foron recollidos no PFG de 1992, establecer liñas de cooperación para a mellora da formación universitaria forestal, a investigación e a transferencia ao sector, xerando valor engadido a partir da coordinación dos recursos actualmente dispoñibles.

As recomendacións dos diferentes estudos internacionais sobre o ensino forestal universitario no cal se definen como centros e títulos de pequena dimensión (en comparación con outras disciplinas dos sistemas universitarios), vencellados aos territorios, altamente especializados e onde a aprendizaxe práctica adquire unha gran relevancia, deben servir de base para establecer o seu desenvolvemento futuro de Galicia.

O grao de Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), e o grao de Enxeñaría Forestal, pola Universidade de Vigo (UVIGO), son dous títulos con acceso á profesión regulada «enxeñeiro técnico forestal», impartidos en dous centros consolidados na súa área xeográfica e na súa traxectoria docente e investigadora, e en que forma parte esencial da súa oferta académica.

O grao de Enxeñaría Forestal e do Medio Natural é impartido pola Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) situada no Campus Terra de Lugo, campus de especialización promovido pola USC, coa intención de transformar o campus de Lugo nun referente científico e social nos ámbitos de coñecemento vinculados á sustentabilidade económica, social e ambiental do uso da terra. Este centro, ademais, imparte o máster en Enxeñaría de Montes e é un centro de referencia nacional e internacional en investigación forestal.

O grao de Enxeñaría Forestal é impartido pola Escola de Enxeñaría Forestal (EEF) da UVIGO, no Campus de Pontevedra, integrada no denominado Polo Tecnolóxico Forestal de Pontevedra, en que participan cinco centros dedicados á formación e á investigación forestal dependentes das administracións autonómica e do Estado.

É significativo ter en conta que tanto a EPSE como a EEF se localizan nos principais eixes de crecemento e desenvolvemento do sector forestal, atendendo, ademais, a realidades territoriais significativamente diferentes. Ambos os centros, situados en dous dos denominados «campus periféricos», desenvolven un ensino universitario distribuído que, malia as súas dificultados por desenvolverse en cidades de menor tamaño, proporcinan unha especialización sectorial, socioeconómica e territorial.

Ambos os dous centros dispoñen dun sistema de garantía de calidade implantado e certificado de acordo coas directrices do Programa FIDES/AUDIT. Os dous títulos de grao están verificados e as súas acreditacións foron renovadas conforme o estabelecido no Real decreto 1393/2007, modificado polo Real decreto 861/2010, e obtiveron en 2019 o selo EUR-ACE® por parte da ANACA e a European Network for Accreditation of Engineering Education (ENAEE).

Obxectivos do instrumento.

O obxectivo é establecer un programa de cooperación e coordinación dos estudos universitarios forestais que, respectando o principio de autonomía universitaria, permita mellorar o impacto dos centros universitarios forestais galegos sobre o propio sector, aproveitando as sinerxías e as capacidades xa existentes, facilitando as colaboracións e, en definitiva, posicionando o Sistema universitario galego (SUG) como referente nas ensinanzas universitarias a nivel español e internacional. Adicionalmente, o potencial investigador destes centros debe ser aproveitado para reforzar o centro de investigacións forestais CIF Lourizán.

Iniciativas e programas de actuación.

O obxectivo do instrumento articúlase nun único programa de actuación:

Formación forestal universitaria

1. Cooperación e coordinación para a mellora da formación forestal universitaria en Galicia.

V.4.1. Cooperación e coordinación para a mellora da formación forestal universitaria en Galicia.

Obxecto.

En 2019 os dous centros con titulacións universitarias forestais habilitantes acordaron e presentaron ante da Secretaría Xeral de Universidades unha proposta estratéxica para permitir que dous centros consolidados que teñen dado mostra do seu potencial e resultados nas últimas dúas décadas sumen e coordinen o seu potencial para mellorar o sector mediante o mellor ensino universitario posible e coa transferencia para mellorar un sector estratéxico para Galicia nun momento decisivo para o seu futuro.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

Manter a oferta de ambas as dúas universidades nos termos actualmente vixentes, de acordo coas memorias de verificación aprobadas, os informes de acreditación externa por parte de ACSUG e ANACA, e reforzar o compromiso para a mellora do ensino forestal galego universitario xerando un marco de coordinación que desenvolva as seguintes accións:

• Acordo de táboa de validacións entre as materias básicas e obrigatorias dos títulos que permitan un eficaz traslado de expedientes para alumnos dos dous graos.

• Complementariedade entre a oferta formativa dos centros/títulos nas materias optativas aproveitando as fortalezas en docencia de materias específicas, o desenvolvemento non solapado de oferta e o desenvolvemento curricular do alumnado.

• Consecución do status de singularidade para a formación forestal universitaria habilitante nos termos establecidos polo artigo segundo e terceiro a) e d) da Resolución do 1 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se fixan os criterios para a determinación de titulacións de grao singulares no Sistema universitario de Galicia que desenvolve o Decreto 222/2011.

• Desenvolvemento das posibilidades que ofrecen programas xa existentes, especialmente os de mobilidade (SICUE e outros).

• Establecemento de mecanismos de cooperación na docencia do máster en Enxeñaría de Montes actualmente impartido pola EPSE-USC.

• Cooperación no desenvolvemento de contidos formativos conxuntos (xornadas anuais, viaxes de prácticas conxuntos, xornadas de transferencia).

• Desenvolvemento de accións conxuntas de captación de alumnado e talento para o ensino universitario forestal do Sistema universitario de Galicia (SUG).

• Coordinación e presencia conxunta cara a entidades de fóra do SUG, nomeadamente na Conferencia de Centros Universitarios de Enxeñarías Agroforestais (CCUIAF) ou os colexios e asociacións profesionais de referencia.

• Reforzo da cooperación dos centros con outros centros de investigación e formación de importancia sectorial.

• E, particularmente, mantemento dunha comisión de traballo de cooperación de xeito indefinido que permita desenvolver todas as accións necesarias, e reformas futuras, para aproveitar as sinerxías e a complementariedade dos actuais plans de estudo e os recursos materiais e humanos dedicados a estes.

A gobernanza deste acordo estará baseada, ademais da comisión permanente de traballo entre EPSE e EEF, nunha comisión ampliada que inclúa representantes das consellerías sectoriais (consellerías con competencias en materia de medio rural de economía, de emprego e de industria) e representantes do sector forestal e da cadea de valor da madeira. Deste xeito, os criterios de coordinación e as oportunidades de desenvolvemento na formación, na investigación e na transferencia estableceranse coa contribución do sector forestal –público e privado– galego.

Adicionalmente ao acordo indicado, outras liñas de mellora que se demandan desde o sector e que poderían desenvolverse en aplicación do PFG, serían:

• Fomentar o contacto do profesorado co sector.

• Potenciar as conexións dos plans de estudo coas necesidades de innovación da industria da madeira.

• Potenciar a cooperación con organizacións do sector en traballos fin de grao e máster.

• Acadar unha maior implicacións de axentes do sector na elaboración dos plans de estudo.

Convén engadir que o SUG, no seu conxunto, e os dous centros que imparten titulacións universitarias forestais, en particular, poden ter unha participación activa no desenvolvemento de moitos instrumentos e programas estipulados no presente plan e que requiren I+D+i, resultando o programa V.1.1. (Inventario forestal continuo de Galicia) un exemplo evidente.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

V.4.1

Iniciativas de colaboración entre centros e proxectos conxuntos desenvolvidos

Q

Ud.

5

10

15

20

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

• Relación directa con D78, D79 e D87.

• ODS4, metas 4.3 e 4.7, ODS8, meta 8.3.

H. EIXE VI. PLANIFICACIÓN, ORDENACIÓN E GOBERNANZA.

As directrices de Nacións Unidas sobre plans forestais indican que en todos os países do mundo debe aplicarse unha política forestal sustentable, lexítima, transparente e eficaz, de forma que responda aos principios de gobernabilidade e sustentabilidade universalmente recoñecidos. Así, o Plan forestal español supón a aplicación no tempo e no espazo da Estratexia forestal española e foi aprobado en 2002 cun horizonte temporal de 30 anos.

As directrices da ONU veñen recomendar que o exercicio dunha política, unha planificación, unha administración, unha ordenación e unha xestión forestal sustentable se desenvolverán dunha maneira planificada, comprometida e consensuada, de forma que poida ser verificable. Resulta, en concreto, necesario:

• Que sexa planificada. Unha política forestal sustentable para ser eficaz debe responder a unha estratexia e responder a un plan que defina un horizonte, deseñe unha traxectoria e estableza previsións, obxectivos, retos, prioridades e prazos.

• Que sexa comprometida. Implica que se aplique por iniciativa dos gobernos a través das administracións públicas competentes e outras relacionadas ou implicadas, mediante os compromisos orzamentarios e financeiros adecuados, debidamente programados.

• Que sexa consensuada, o que implica que resulte transparente, lexítima e obxectiva, non imposta senón froito do diálogo e a negociación entre os sectores e axentes económicos, ambientais e sociais implicados ou interesados. Isto supón procesos informativos e participativos que permitan alcanzar acordos.

• Que sexa verificable significa que se dispoñan mecanismos fiables de control do desenvolvemento da planificación e execución da política forestal deseñada, mediante criterios e indicadores que sexan homologables e contrastables para que permitan a avaliación e seguimento dos progresos e resultados. Procurarase o coñecemento e a observación permanente do estado, dinámica, evolución e tendencias dos bosques e terras forestais, da súa ordenación, administración e xestión, así como de mecanismos de control de calidade do seu exercicio.

Unha adecuada planificación forestal a medio prazo na comunidade autónoma é o marco indicado para desenvolver o proceso de planificación e xestión a nivel monte e dos procesos voluntarios de certificación forestal. Por último, a gobernanza, definida como a actuación do goberno e a súa Administración de modo eficiente, eficaz e cunha orientación adecuada, resulta un piar esencial nun sector que, por relacionarse de modo directo co medio natural, ten que desenvolverse no respecto a intereses xerais como a defensa e mellora dos bosques galegos.

Finalidade e obxectivos.

O presente eixe VI estratéxico de intervención do Plan forestal de Galicia ten por obxecto desenvolver o modelo de planificación establecido polo propio PFG, as medidas de potenciación da ordenación dos montes e o modelo de gobernanza da política forestal galega de acordo cos principios internacionais e criterios orientadores de política forestal española.

Para tal fin, preténdense alcanzar os seguintes obxectivos programáticos:

• Establecer un sistema de avaliación e seguimento da planificación mediante criterios e indicadores homologables a nivel estatal e internacional.

• Proceder ao desenvolvemento territorial da planificación forestal mediante os instrumentos de ordenación dos espazos e recursos forestais e a promoción da certificación forestal.

• Emprender as iniciativas e medidas lexislativas necesarias para proceder ao adecuado desenvolvemento normativo conforme as competencias autonómicas en materia forestal que permita completar o marco legal adecuado para o monte galego.

• Procurar as necesarias medidas fiscais para favorecer o desenvolvemento forestal.

Estes obxectivos preténdense alcanzar mediante as seguintes liñas de acción:

EIXES ESTRATÉXICOS DE INTERVENCIÓN

INSTRUMENTOS DE EXECUCIÓN: estratexias, liñas de acción, plans e programas

EIXE VI

PLANIFICACIÓN, ORDENACIÓN E GOBERNANZA

VI.1. DESENVOLVEMENTO TERRITORIAL DA PLANIFICACIÓN, AVALIACIÓN E SEGUIMENTO DO PLAN FORESTAL E DOS PLANS DE ORDENACIÓN DOS RECURSOS FORESTAIS (PORF).

VI.2. PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DA ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL E DA CERTIFICACIÓN FORESTAL.

VI.3. GOBERNANZA DO MONTE GALEGO.

VI.4. MEDIDAS DE FISCALIDADE FORESTAL.

VI.1. DESENVOLVEMENTO TERRITORIAL DA PLANIFICACIÓN, AVALIACIÓN E SEGUIMENTO DO PLAN FORESTAL E DOS PLANS DE ORDENACIÓN DOS RECURSOS FORESTAIS (PORF).

Obxectivos do instrumento.

Conforme a lexislación forestal e territorial aplicable, o PFG considérase tanto un instrumento de planificación estratéxica da política forestal galega como un instrumento de ordenación do territorio. Segundo a normativa autonómica vixente, son instrumentos de planificación forestal o Plan forestal de Galicia (PFG) e os plans de ordenación dos recursos forestais (PORF)».

A normativa define o Plan forestal de Galicia como «o instrumento básico para o deseño e execución da política forestal galega, no cal se avalía a situación do monte galego e se establecen as directrices e programas de actuación da política forestal de Galicia, así como os mecanismos de seguimento e avaliación necesarios para o seu cumprimento».

Ademais, establécese que o Plan forestal de Galicia, como instrumento básico de planificación estratéxica da política forestal galega, «terá a consideración de programa coordinado de actuación, ao abeiro do disposto nos artigos 16 e seguintes da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia», de forma que o PFG se considera un instrumento de ordenación do territorio no seu ámbito territorial de competencia, isto é, un instrumento de ordenación do territorio forestal.

Hai que ter en conta que, a pesar da súa consideración como instrumento de ordenación do territorio forestal (segundo a normativa galega de ordenación do territorio), o PFG defínese estritamente como instrumento básico de planificación estratéxica da política forestal galega (segundo a normativa galega de montes). Por tanto, o PFG é, ante todo, un plan director da política forestal que non adoptará decisións relacionadas directamente coa ordenación do réxime de usos do solo forestal, nin tampouco coa ordenación e xestión territorial dos recursos forestais (sendo a dita territorialización será desenvolvida a través dos PORF).

Conforme a normativa autonómica e estatal vixente, disponse o seguinte procedemento «en cadoiro» para un desenvolvemento territorial progresivo segundo escalas de planificación e ordenación forestal correspondentes a sucesivos ámbitos competenciais de decisión a nivel nacional, rexional, comarcal e local:

• A planificación forestal estratéxica (macroplanificación) concibida a nivel nacional e rexional para a formulación de plans forestais autonómicos no marco do plan forestal estatal de España.

• A planificación forestal táctica (mesoplanificación) referida á escala subrexional para un ámbito comarcal correspondente aos Plans de ordenación dos recursos forestais (PORF).

• A planificación forestal operativa ou executiva (microplanificación) correspondente aos proxectos de ordenación de montes ou instrumentos equivalentes de xestión forestal sustentable referidos a nivel de monte ou parcela forestal (documentos simples e compartidos de xestión, e adhesión a códigos de boas prácticas e modelos silvícolas).

Iniciativas e programas de actuación.

Esta liña de acción pretende o desenvolvemento territorial dos instrumentos de planificación e ordenación forestal e o control de calidade da xestión forestal sustentable. Para tal fin, preténdense alcanzar os seguintes obxectivos:

• Establecer a metodoloxía para a avaliación e seguimento no grao de cumprimento dos programas, medidas, instrumentos e accións contidas na revisión do PFG, con especial atención á avaliación continuada dos indicadores de seguimento declarados.

• Perfilar o contido e alcance para o desenvolvemento dos plans de ordenación dos recursos forestais por distritos.

Con tales obxectivos, dispóñense as seguintes medidas:

Desenvolvemento territorial da planificación, avaliación e seguimento do Plan forestal e dos plans de ordenación dos recursos forestais (PORF).

1. Avaliación e seguimento do Plan forestal de Galicia.

2. Desenvolvemento dos plans de ordenación dos recursos forestais (PORF): contido e alcance, vinculación e rango xerárquico.

VI.1.1. Avaliación e seguimento do Plan forestal de Galicia.

Antecedentes e xustificación.

Toda planificación debe establecer uns mecanismos de control do desenvolvemento real das medidas, iniciativas ou programas que se establecen. As directrices de revisión do PFG estableceron que:

1. O Plan forestal de Galicia tería unha vixencia de 20 anos con revisións cada dez anos. Finalmente, este documento incorporou un réxime de revisións quinquenais.

2. Debe fixarse unha batería de indicadores cuantificables que avalíen o grao de cumprimento dos obxectivos establecidos, polo menos con periodicidade de cinco anos, permitindo establecer mecanismos que posibiliten a modificación puntual dos valores alí dispostos co fin de regulalos para un mellor cumprimento das medidas e obxecto declarado.

Obxecto.

O obxecto da presente iniciativa é establecer o período de aplicación e os mecanismos de avaliación e seguimento do Plan forestal de Galicia.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

O PFG referirase ao período 2021-2040. Varias recomendacións do Ditame do Parlamento de Galicia sobre incendios e política forestal inciden en aspectos relacionados coa aprobación, execución e seguimento do plan, e unha desas recomendacións indica que se debe garantir a inclusión do ditame no propio documento de revisión do PFG:

1) Garantir a participación parlamentaria na tramitación e aprobación do Plan forestal de Galicia, antes da súa aprobación polo Consello da Xunta de Galicia.

2) Garantir un seguimento do cumprimento do Plan forestal mediante a remisión ao Parlamento de Galicia dun informe de evolución dos indicadores de xestión, que será obxecto de debate na comisión correspondente, con carácter bianual.

Ademais destes aspectos, debe considerarse que é o propio Consello Forestal de Galicia o encargado de vixiar o cumprimento do PFG 2021-2040, para o que poderá establecerse un grupo de traballo para a avaliación e seguimento do desenvolvemento e grao de cumprimento do PFG, e que proporcionará informes periódicos sobre o seu estado, en particular no seguimento e avaliación anual dos orzamentos públicos dedicados a desenvolver o PFG.

Doutra banda, a Administración forestal deberá desenvolver unha ferramenta pública de xestión da información, a modo de panel de control (dashboard), de acceso a través da súa web (Portal forestal virtual), que monitorice, analice e mostre de maneira visual os indicadores clave de desempeño (Key Performance Indicators, KPI), chamados neste plan indicadores quinquenais de seguimento, coas súas métricas e datos fundamentais para facer un seguimento do seu estado de execución (%) e consecución.

Indicadores de seguimento quinquenais.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

VI.1.1.

Creación do panel de control público (dashboard), para o seguimento no grao de desenvolvemento e consecución dos indicadores quinquenais de seguimento

.

Elaborado

VI.1.1.

Elaboración de informes de seguimento e avaliación do grao de cumprimento do Plan forestal de Galicia.

Elaborado

Elaborado

Elaborado

Elaborado

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D16.

• Relación directa con RD34, RD35, RD36 e RD123.

• ODS15, meta 15.2.

VI.1.2. Desenvolvemento dos plans de ordenación dos recursos forestais: contido e alcance, vinculación e rango xerárquico.

Antecedentes e xustificación.

O ámbito territorial obxecto dos plans de ordenación dos recursos forestais (PORF) debe ser comarcal. A normativa autonómica establece que a Administración forestal elaborará os PORF como instrumentos de planificación forestal, que afectarán preferentemente cada distrito forestal como territorios de condicións xeográficas, socioeconómicas, ecolóxicas, culturais ou paisaxísticas homoxéneas, de forma que serán aplicables, preferentemente, no ámbito territorial dos distritos forestais articulados en Galicia.

Os PORF terán carácter indicativo respecto a calquera outra actuación, plan ou programa sectorial. O seu contido coordinarase cos correspondentes plans de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito. Ademais, sobre o contido mínimo dos PORF, a lexislación autonómica de montes establece que deberán incluír:

a) A delimitación do ámbito territorial e a caracterización do medio físico e biolóxico.

b) As características socioeconómicas da zona, como aspectos demográficos, dispoñibilidade de man de obra especializada, taxas de paro, actividades agrosilvopastorais e industrias forestais, incluídas as dedicadas ao aproveitamento enerxético da biomasa forestal.

c) A descrición e análise dos montes e os seus recursos, posibilidades de produción forestal e demanda da industria forestal. Tamén analizará a paisaxe existente nese territorio, os seus usos e aproveitamentos actuais, en particular os usos tradicionais, así como as figuras de protección existentes, incluídas as vías pecuarias.

d) Os aspectos xurídico-administrativos da propiedade forestal, tales como titularidades, montes catalogados, proxectos de ordenación e instrumentos de ordenación e xestión vixentes, montes veciñais en man común, mancomunidades e agrupacións de propietarios.

e) O establecemento de referentes de boas prácticas e modelos silvícolas orientativos para a xestión e aproveitamento dos montes, baseado na análise das especies existentes e as súas quendas de corta, e garantindo que non se poña en perigo a persistencia dos ecosistemas e se manteña a capacidade produtiva dos montes.

f) A zonificación por usos e vocación do territorio, establecendo para cada zona os obxectivos, compatibilidades e prioridades, e sinalando os ámbitos de solo rústico con valor forestal.

g) A planificación das accións necesarias para o cumprimento dos obxectivos fixados no plan.

h) Os criterios básicos para o control, seguimento e avaliación, e os prazos para a revisión do plan.

Obxecto.

A medida ten por obxecto desenvolver o contido e alcance previsto dos plans de ordenación dos recursos forestais, preferentemente, en cada un dos 19 distritos da Comunidade Autónoma, aplicables tanto como referentes técnicos e instrumentais de ámbito comarcal para a ordenación dos espazos e recursos forestais como do réxime de usos do solo forestal. Por tanto, o obxectivo de consecución propón elaborar estes plans (PORF), preferentemente, en cada distrito da Comunidade Autónoma durante o período comprendido entre os anos 2026-2030, dado que é necesario, previamente, coñecer o estado dos recursos forestais que amosará o Inventario forestal continuo de Galicia (IFCG).

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

No marco da revisión do PFG, a elaboración e redacción dos PORF en Galicia debería completarse durante o ano 2030, comezando por un proxecto piloto que defina o plan tipo de referencia. Os distritos ou comarcas forestais poderían clasificarse en tres categorías principais:

• Eixe atlántico: comarcas periurbanas, baixo a influencia dos mercados de traballo das cidades e zonas urbanas.

• As comarcas do interior de Galicia, caracterizadas en xeral por unha base agraria de certa solidez e/ou a proximidade a cidades e cabeceiras comarcais cun importante poder de atracción.

• As zonas de montaña das serras orientais de Lugo, metade oriental e sur de Ourense e dorsal galega. Localizadas lonxe dos principais núcleos urbanos é onde se producen os procesos de despoboamento máis avanzados e dificilmente reversibles, asociados á extrema debilidade da súa base económico-produtiva.

Para cada clase de distrito consideraranse unhas directrices territoriais básicas que acheguen congruencia aos distintos PORF que se vaian realizando.

Os PORF deben ser o referente técnico de ámbito comarcal para a ordenación e xestión dos espazos e recursos forestais, á parte de instrumentos de ordenación do territorio para a ordenación do réxime de usos do solo forestal, de acordo co disposto para o efecto, tanto na lei básica estatal de montes como na lei autonómica galega vixentes sobre montes.

Os PORF establecerán un modelo de referencia de silvicultura, ordenación, aproveitamento uso e xestión dos montes, incluíndo a planificación da defensa contra incendios forestais, e definición a rede de faixas de xestión de biomasa (conxunto de parcelas lineais do territorio estratexicamente situadas, onde se garante o control e a eliminación total ou parcial da biomasa forestal) sobre todo na ordenación dos usos na interface urbano-forestal.

Os PORF poderán concretar e particularizar os contidos e tipos de instrumentos de ordenación e xestión forestal dos montes, realizando unha aproximación inventarial de existencias e da potencialidade produtiva dos recursos forestais susceptibles de aproveitamento, e establecerán os obxectivos preferentes, os métodos de ordenación e inventariación, as quendas e períodos de intervención silvícola recomendables e criterios para o desenvolvemento particularizado dos modelos silvícolas e de xestión forestal establecidos previamente.

Estes Plans realizarán a zonificación por usos e vocación do territorio e establecerán para cada zona os obxectivos, compatibilidades e prioridades, considerando ademais da produción de madeira, os outros produtos do monte e os servizos ecosistémicos que pode subministrar, como o papel protector do solo e do ciclo hídrico, a paisaxe ou a biodiversidade. Así mesmo, os modelos silvícolas orientativos para a xestión e aproveitamento dos montes deben protexer eses valores e garantir que non se poña en perigo a persistencia dos ecosistemas.

Os PORF poderán designar as especies forestais indicadas e alternativas ou restrinxidas para a súa plantación/rexeneración segundo zonas e distancias preceptivas a zonas con outros usos do solo, a designación de masas consolidadas de frondosas autóctonas ou das redes de faixas de xestión de biomasa e a delimitación dos ámbitos afectados por distancias preceptivas en zonas de alto perigo de incendio, a necesidade de deslindamentos de montes públicos e privados colectivos e a localización de zonas susceptibles de concentración ou agrupación de propiedades forestais particulares para a súa xestión conxunta.

Cada PORF debe ter en conta o correspondente plan de prevención e defensa contra incendios forestais, como instrumento operativo que desenvolve territorialmente o Pladiga. A prevención de incendios debe incorporarse á planificación territorial sectorial forestal, sobre todo na ordenación de usos na interface urbano-forestal.

Os PORF deben proceder á definición e clasificación do solo forestal (terreos coa condición legal de montes). Tal proceso debe realizarse no marco da planificación de usos agroforestais, considerando os requirimentos dos distintos usos agroforestais e a aptitude das terras, optimizando o beneficio económico, social e ambiental.

A Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, regula a figura do Catálogo de solos agropecuarios e forestais como o instrumento marco para a ordenación dos usos do territorio rural: será o instrumento de delimitación recollido nas letras a) e b) do artigo 34.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, no referente aos solos rústicos de alta produtividade agropecuaria e forestal, que unha vez delimitados polo catálogo (e catálogos parciais) adquirirán a categoría de solo rústico de especial protección agropecuaria ou forestal, respectivamente, en función da cualificación de que formen parte no dito catálogo, de acordo co disposto no dito artigo 34.2 da Lei do solo de Galicia.

Segundo o artigo 32 da Lei 11/2021, do 14 de maio, os instrumentos de ordenación territorial e planeamento urbanístico, así como os plans derivados de políticas sectoriais que teñan incidencia no territorio, deberán ter en conta as determinacións do Catálogo de solos agropecuarios e forestais e dos catálogos parciais, resultando directamente vinculante o contido dos catálogos desde a súa entrada en vigor e prevalecerá sobre a información que, sobre o solo rústico, se reflicte nos planos que integran a cartografía do Plan básico autonómico de Galicia, así como tamén sobre calquera instrumento de planeamento urbanístico vixente.

Os PORF terán, de ser o caso, a consideración de plans territoriais especiais dos regulados nos artigos 32 e seguintes da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, sen prexuízo da súa consideración como figuras de ordenación sectoriais previstas na lexislación vixente en materia forestal, e coa natureza específica de instrumentos de planificación forestal nos termos previstos no artigo 71 en relación cos artigos 74 e seguintes da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

No caso de se configuraren finalmente como plans territoriais especiais, de conformidade co disposto no artigo 34 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, as súas determinacións terán, en todo caso, a eficacia que sexa congruente coa súa funcionalidade, polo que expresarán de forma clara e inequívoca o alcance con que deberán operar, de acordo co establecido no artigo 20 da dita lei.

Deberase garantir que na elaboración e aprobación dos plans de ordenación dos recursos forestais dos distritos que inclúan espazos naturais protexidos se producirá unha axeitada coordinación entre as consellerías con competencias en materia de ambiente e do medio rural.

En cumprimento da normativa europea e estatal aplicables sobre información e participación pública deberase procurar a participación e intervención activa das entidades e axentes locais implicados durante o proceso de elaboración e toma de decisións dun PORF, así como someterse ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica que corresponda conforme a súa lexislación específica.

A ordenación integral dos usos no medio rural deberá coordinarse coas actuacións de xestión das terras que se propoñan e incidan nas estruturas da propiedade, así como coas actuacións de fomento das actividades no rural.

Para o seguimento da execución do PORF, poderanse establecer comités de seguimento de distrito. Os comités forestais dentro de cada distrito funcionarán como foros de intercambio de información sobre cuestións forestais e mecanismos de participación activa dos diferentes axentes do sector forestal existentes en cada distrito. Cada distrito forestal terá o seu propio comité e procurarase a representación de todos os axentes sociais con presenza no ámbito territorial.

Finalmente, cómpre ter en conta que, ao atoparse Galicia incluída nas zonas e espazos afectados por servidumes aeronáuticas (ver mapa medida II.3.4.), a execución de calquera construción, instalación (postes, antenas, aeroxeradores, medios necesarios para a construción, incluídos guindastres de construción ou similares) ou plantación, requirirá acordo favorable previo da Axencia Estatal de seguridade Aérea (AESA), consonte os artigos 30 e 31 do Decreto 584/72 na súa actual redacción, circunstancia que deberá recollerse nestes documentos de planificación.

Indicadores de seguimento quinquenais.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

VI.1.2.

Elaboración de plans de ordenación de recursos forestais por distrito

Esperar resultados do IFCG (V.1.1)

Todos os distritos

VI.1.2

Delimitar os terreos declarados de alta produtividade forestal nun PORF, ao abeiro do Catálogo de solos de alta produtividade e especial aptitude forestal

Realizado

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

• Relación directa con D17, D31.

• Relación directa con RD2, RD37, RD55, RD62, RD64, RD66, RD67, RD69.

• ODS15, meta 15.2.

• Relación con outros programas/instrumentos: V.1.1.

VI.2. PROGRAMA DE DINAMIZACIÓN DA ORDENACIÓN E XESTIÓN FORESTAL E DA CERTIFICACIÓN FORESTAL.

A vixente Lei de montes de Galicia estableceu o marco legal para as instrucións e instrumentos de ordenación e xestión forestal (IOXF) sustentable. A disposición de proxectos de ordenación de montes é obrigatoria para todos os montes públicos, protectores e de xestión pública, independentemente do seu tamaño, así como para os demais montes privados colectivos, veciñais en man común ou abertais en réxime de copropiedade, para as agrupacións de terreos forestais en réxime de coxestión e para os montes de particulares cuxa superficie sexa superior a 25 hectáreas en couto redondo.

Os demais montes cuxa superficie sexa inferior ou igual a 25 hectáreas deberán dotarse dun documento simple ou compartido de xestión ou ben, se poder, de forma facultativa cando teñan menos de 15 hectáreas, dun compromiso de adhesión expresa aos referentes de boas prácticas forestais e aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos, segundo especies ou formacións forestais que se establezan regulamentariamente.

Para tal fin, procedeuse ao desenvolvemento regulamentario das primeiras instrucións xerais para a ordenación dos montes actualmente vixentes desde agosto de 2014 e que se publicaron mediante o Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, e despois foron completadas coa Orde do 19 de maio de 2014 que regula os citados modelos silvícolas orientativos e boas prácticas forestais (modificada recentemente no seu anexo de modelos pola Orde do 9 de febreiro de 2021).

Obxectivos do instrumento.

Procurar medidas de fomento para a elaboración de proxectos de ordenación de montes e instrumentos equivalentes de xestión forestal sustentable e a certificación forestal de forma voluntaria.

Iniciativas e programas de actuación.

Esta liña de acción pretende o desenvolvemento territorial, a escala monte, dos instrumentos de planificación e ordenación forestal, o control de calidade da xestión forestal sustentable e a certificación forestal destes. Para tal fin preténdense alcanzar os seguintes obxectivos:

• Procurar medidas de fomento para a redacción de proxectos de ordenación de montes e instrumentos equivalentes de xestión forestal sustentable de acordo coas instrucións establecidas.

• Apoiar a promoción da certificación da xestión forestal sustentable dos montes galegos, de forma voluntaria por calquera dos sistemas recoñecidos que acrediten de forma independente o exercicio da xestión forestal sustentable (XFS).

Con tales obxectivos, dispóñense as seguintes iniciativas:

Programa de dinamización da ordenación e xestión forestal e da certificación forestal

1. Fomento de proxectos de ordenación de montes e instrumentos equivalentes de xestión forestal sustentable.

2. Promoción da certificación forestal dos montes galegos.

VI.2.1. Fomento de proxectos de ordenación de montes e instrumentos equivalentes de xestión forestal sustentable.

Antecedentes e xustificación.

O Anuario de estatística forestal de Galicia (ano 2018) indica que unha superficie de algo máis de 233.000 hectáreas de monte conta actualmente con instrumentos de ordenación ou xestión forestal (262.176 ha no anuario de 2019). A cifra de 2018 supón que pouco máis do 10 % da superficie forestal galega dispón dun proxecto de ordenación ou plan de xestión equivalente aprobado pola Administración forestal. Por tratarse case na súa totalidade de superficie arborizada, o monte ordenado supoñería un 15 % do monte arborizado galego. Segundo estes datos, máis da terceira parte da superficie de monte público e da metade do monte de xestión pública están ordenados.

Tipos de montes

segundo a súa titularidade

Total superficie forestal en Galicia (hectáreas)

Monte ordenado

(hectáreas)

Total monte Galicia

2.030.681

233.308

Monte público

55.109

19.703

Monte demanial

22.025

8007

Monte patrimonial

33.084

11.696

Monte privado

1.975.157

213.605

Monte particular

1.303.090

8.617

Monte veciñal en man común

664.230

204.486

Monte abertal

7.837

502

As porcentaxes de montes ordenados son maiores nos montes públicos (36 %) e nos veciñais en man común (31 %). A porcentaxe global do 11,5 % de montes ordenados en Galicia é inferior á media das comunidades autónomas españolas, que se sitúa en pouco máis do 16 % de superficie forestal ordenada no conxunto de España e do 19 % do total de monte arborizado español. Ademais, hai que ter en conta que a superficie de bosques ordenados en Galicia e en España está máis de tres veces por baixo da media dos países da Unión Europea.

En adición, débese ter presente o vencemento en 2020 do prazo establecido na disposición transitoria sexta da Lei 7/2012, do 28 de xuño, en materia de superficies forestais en couto redondo inferiores ás 15 hectáreas; é, por tanto, urxente acometer a elaboración de instrumentos de ordenación e xestión forestal (IOXF) nos montes galegos.

Débese ter tamén presente a obriga, estipulada por lei (artigo 123 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia) de que todos os montes que se atopen baixo contratos voluntarios para a xestión pública dos terreos dispoñan dun proxecto de ordenación e, cando menos, se atopen certificados baixo un sistema internacionalmente recoñecido.

Finalmente, e tal como dispoñen as actuais instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, os instrumentos de ordenación ou xestión deben considerar as limitacións á xestión en espazos suxeitos a algún réxime de protección especial ou de xestión que as diferentes lexislacións sectoriais establecesen, sexa en materia de patrimonio natural ou cultural, réxime hidrolóxico de bacías, ou directrices en materia de paisaxe, entre outras.

Obxecto.

Esta medida ten por obxecto procurar medidas de fomento para a elaboración de proxectos de ordenación e instrumentos equivalentes de xestión forestal sustentable de acordo coas instrucións legalmente establecidas, e sobre o maior número de montes ou parcelas forestais posible.

O obxectivo de consecución no marco desta revisión do PFG será situarse preto da media da superficie actual de bosque ordenado nos países europeos, o que significaría dispoñer do 60 % da superficie de monte de Galicia con instrumentos de ordenación ou xestión forestal sustentable aprobados pola Administración competente.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

Conforme a normativa forestal autonómica aplicable, todos os montes públicos, protectores e baixo contratos voluntarios de xestión pública deben dotarse dun plan obrigatorio como proxecto de ordenación de montes, independentemente das súas dimensións.

En cumprimento deste mandato legal, e tendo en conta que algo máis das dúas terceiras partes do monte público galego carecen de proxecto de ordenación, a curto e medio prazo (5-10 anos), habería que ordenar 35 mil hectáreas de montes públicos.

Ademais, habería que ordenar 122 mil hectáreas de montes privados de xestión pública (actualmente hai 70 mil hectáreas de montes en convenio ou consorcio con proxectos de ordenación para preto de 275 mil hectáreas –25 %–) que carecen do preceptivo proxecto de ordenación de montes, exixible a todos os montes a cargo da Administración forestal autonómica, a maioría deles montes veciñais; obrigación legal que se mantería mesmo no caso de que a Administración forestal autonómica cedese a xestión á entidade, comunidade ou persoa física ou xurídica propietarias. Isto supón un inxente esforzo de planificación a nivel monte que a Administración forestal debe asumir (programa III.3.1).

Por outra banda, debe realizarse un esforzo importante para fomentar a ordenación dos montes privados colectivos (veciñais e abertais) de xestión privada e montes particulares que non contan aínda con instrumento de ordenación ou xestión forestal. O formato habitual será o de proxecto de ordenación, pois dado o tamaño medio (case 225 hectáreas) destes montes colectivos case todos superarán as 25 hectáreas.

Ademais, para preto de 4.500 hectáreas de montes veciñais en man común (7 % das comunidades de veciños), que se estima que superan 15 hectáreas de superficie forestal, tamén é obrigatorio dispoñer dun documento simple de xestión forestal, así como para case 9 mil hectáreas que non alcanzan o devandito tamaño, que poderán subscribir documentos de compromiso de adhesión expresa aos modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e de boas prácticas forestais establecidos regulamentariamente.

A medio e longo prazo pódese fixar dispoñer de instrumentos de ordenación e xestión forestal en 315 mil hectáreas en dez anos a unha media de 31,5 mil hectáreas anuais e de 160 mil hectáreas por quinquenio, con vistas a conseguir a longo prazo dotar todos os montes veciñais galegos sen ordenar de tales instrumentos de ordenación e xestión forestal. Pola súa banda, habería que procurar plans de ordenación a máis de 7 mil hectáreas de montes abertais.

Ademais de manter as liñas de subvencións que faciliten a ordenación do monte de xestión privada, promoverase especialmente a adhesión de numerosos montes particulares de pequenas dimensións a modelos silvícolas e boas prácticas forestais. Os montes de particulares sen ordenar (case 1,3 millóns de hectáreas) case todos polo seu reducido tamaño, requirirán subscribir os citados documentos de compromiso de adhesión ou, se é o caso (>15 ha) un documento simple de xestión forestal, polo menos aqueles que pretendan que se lles autoricen aproveitamentos forestais. Pola súa banda, os montes concentrados ou agrupados de máis de 15 hectáreas deberán dispoñer dun documento compartido de xestión forestal conxunta. Neste ámbito debe buscarse a necesaria sinerxía respecto dos programas indicados en III.1 e III.2.

Nun horizonte de 20 anos deberíase dotar de instrumentos ou compromisos unha superficie de 125 mil hectáreas de montes de particulares; a curto e medio prazo dotaríanse de tales instrumentos 50 mil hectáreas en 10 anos, a unha media de 5 mil hectáreas anuais: 25 mil hectáreas de monte particular ordenado por quinquenio, para o que habería que multiplicar por máis de seis veces a superficie ordenada actual en dez anos e por máis de 15 veces en 20 anos.

Exponse con horizonte a longo prazo (20 anos) alcanzar a media actual de bosque ordenado na Unión Europea, o que supoñería ter unha superficie forestal ordenada en Galicia de 850 mil hectáreas dentro de 20 anos, reto que implicaría ordenar máis de 635 mil hectáreas de monte, na súa maior parte arborizado (31,5 mil hectáreas anuais), o que significaría incrementar en máis do triplo a superficie forestal ordenada actual (algo menos de 210 mil hectáreas).

Dada a necesidade de dispoñer de montes ou terreos forestais ordenados antes de 2020 como requisito indispensable para unha autorización de aproveitamentos forestais, é de esperar que a adhesión aos modelos silvícolas establecidos progrese de forma acelerada.

Se o labor de dotación de instrumentos de ordenación e xestión forestal aos montes galegos é tan inxente como imprescindible, non serviría demasiado se a Administración non velase pola idoneidade de tales instrumentos, dos métodos de ordenación e dos modelos silvícolas aplicables para o aproveitamento dos recursos forestais co fin de comprobar o seu grao de cumprimento e execución.

Neste sentido, conviría implantar un procedemento administrativo de inspección, verificación e control de calidade da ordenación e xestión forestal sustentable nos montes galegos con instrumento de ordenación ou xestión forestal aprobado (Rexistro de Montes Ordenados).

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

VI.2.1.

Superficie forestal ordenada (*)

P

Sup. (ha)

150.000

315.000

470.000

620.000

Q

150.000

165.000

155.000

150.000

VI.2.1.

Implantación do procedemento de inspección, verificación e control de calidade da ordenación

Implantado

(*) Superficie total ordenada ao final do Plan 2021-2040: 620.000 ha que sumadas as 230.000 ha actuais darían un total de 850.000 ha

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D17. Indirecta con D111.

• Relación directa con RD3, RD4 e RD5.

• ODS15, meta 15.2, 15.9 e 15.b.

• Relación con outros programas/instrumentos: III.1., III.2., III.3.1.

VI.2.2. Promoción da certificación forestal dos montes galegos.

Antecedentes e xustificación.

Na actualidade, case o 8 % da superficie forestal e o 11 % do monte arborizado de Galicia acreditan a súa xestión forestal sustentable baixo o selo PEFC. En Galicia, 158.088 hectáreas de superficie forestal estaban certificadas polo sistema PEFC no ano 2017 (7 certificados); Galicia é a quinta comunidade autónoma española con maior superficie forestal certificada co estándar PEFC. Un total de 314 instalacións galegas teñen certificada a súa cadea de custodia (214 certificados); Galicia sitúase como a comunidade autónoma coa maior contribución na certificación de cadea de custodia PEFC en España.

Pola súa banda, en 2017 máis do 3 % do monte galego ten acreditada a súa xestión forestal sustentable baixo o selo FSC. Case 67 mil hectáreas son xestionadas segundo os estándares deste sistema de certificación FSC (15 certificados), preto do 18 % do total de superficie forestal certificada FSC en España. Máis de 210 instalacións galegas teñen certificada a súa cadea de custodia (189 certificados FSC).

Consonte o Anuario de estatística forestal de Galicia, no ano 2018 a Administración forestal dispoñía de 213 montes de xestión pública certificados polo sistema PEFC dos cales un 46,48 % se atopan en Lugo e un 23,00 % en Ourense. Estes 213 montes abranguían unha superficie total de 57.821,90 ha, dos cales a provincia de Ourense representa o 36,28 % e a de Lugo o 37,50 %. Do total da superficie de monte certificado baixo xestión da Administración forestal de Galicia, o 82,05 % son MVMC, o 9,68 % son montes patrimoniais da Comunidade Autónoma, un 7,84 % fai referencia aos montes do Catálogo de utilidade pública (CUP) e unicamente un 0,27 % son montes de particulares. A Administración forestal carecía no ano 2018 de superficie certificada polo sistema FSC.

Obxecto.

Esta medida ten por obxecto promover de forma voluntaria a certificación forestal dos montes galegos por calquera dos sistemas acreditados que certifiquen o exercicio da ordenación e xestión forestal sustentable.

O obxectivo de consecución debe perseguir que todos os montes que vaian obtendo a consideración de ordenados ou xestionados consonte as figuras legalmente establecidas obteñan o selo, cando menos, dalgún dos sistemas acreditados de certificación forestal. É de esperar que a medio ou longo prazo a propia demanda do mercado impulse a certificación forestal dos montes galegos.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

A representación do sector forestal galego no grupo de traballo confeccionado no seo do Consello Forestal de Galicia para proporcionar directrices para a revisión do PFG propuxo incrementar a superficie de xestión privada baixo certificación forestal obrigatoria, alcanzando 650.000 hectáreas en 20 anos tras a revisión do PFG.

Con todo, a Administración non pode obrigar á certificación forestal de montes públicos ou privados que non estean ao seu cargo mediante sistemas acreditados que se definen en si mesmos como voluntarios.

A Administración debe promocionar activamente a certificación forestal de forma voluntaria, principalmente en montes públicos e de xestión pública, así como en todos os montes ordenados procurando medidas de fomento mediante a concesión de axudas e incentivos públicos para a dotación de instrumentos de ordenación ou xestión forestal aprobados pola Administración, como condición indispensable para proceder a someterse aos sistemas acreditados de certificación forestal. Dispoñer do selo que os caracterice deberá supoñer axudas e beneficios preferentes para o titular do monte certificado.

Así mesmo, debe dar prioridade ás superficies baixo certificación forestal en todas as liñas de axuda en materia forestal e, especialmente, naquelas dirixidas á execución das actuacións planificadas nos seus instrumentos de ordenación ou xestión forestal (IOXF).

Entre outras medidas, para promover a certificación e a xestión forestal sustentable débense adoptar as seguintes iniciativas:

• Exixencia de que a madeira que se utilice en edificios e infraestruturas impulsadas pola Administración autonómica proceda dunha xestión forestal sustentable e conte con calquera selo de certificación aceptado a nivel internacional.

• Fomento da utilización de madeira certificada e procedente dunha xestión forestal sustentable para a rehabilitación e construción de vivendas, cando sexan apoiadas con subvencións públicas.

• Implicación da Administración autonómica na utilización de produtos forestais galegos certificados nas obras e infraestruturas pública aproveitando as posibilidades da madeira laminada (CLT), pero tamén noutros usos derivados da innovación que se está dando no campo da transformación da madeira, como poden ser os usos no ámbito téxtil, da hixiene, da saúde ou da embalaxe.

• Impulso de selos de calidade dos produtos forestais galegos e derivados dunha xestión forestal sustentable.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

VI.2.2.

Superficie forestal certificada, de forma voluntaria por calquera dos sistemas acreditados de certificación forestal

P

Sup. (ha)

200.000

350.000

500.00

650.000

Q

200.000

150.000

150.000

150.000

Superficie total certificada ao final do Plan: 650.000 ha

P: valor progresivo (acumulativo), Q: valor quinquenal, que se debe acadar en cada quinquenio

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D17. Indirecta con D112.

• Relación directa con RD3, RD4 e RD5.

• ODS15, meta 15.2, 15.9 e 15.b.

• Relación con outros programas/instrumentos: IV.2.3., VI.2.1.

VI.3. GOBERNANZA DO MONTE GALEGO.

As directrices de revisión do PFG estableceron a necesidade de actualizar a lexislación vixente e establecer medidas normativas e de simplificación administrativas que supoñan unha mellora na gobernanza do monte e unha dinamización da xestión forestal. Algunhas das medidas demandadas xa se estableceron a través de diversas medidas fiscais e lexislativas de acompañamento dos orzamentos.

Obxectivos do instrumento.

As leis de incendios forestais e de montes de Galicia cumpriron pouco máis de dez e cinco anos de vixencia, respectivamente, dotando á comunidade dun marco lexislativo propio adaptado á súa realidade forestal de acordo coas directrices políticas internacionais de ordenación, conservación e desenvolvemento sustentable.

Co obxectivo de reforzar a importancia do papel dos montes no desenvolvemento sustentable (benestar socioeconómico e protección do ambiente, así como da vida en xeral), o presente programa prevé o desenvolvemento regulamentario da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia e da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. Deberase impulsar o desenvolvemento regulamentario da actual Lei de montes de Galicia para lograr que a finais de 2025 Galicia, conte cun marco normativo, en materia de montes, perfectamente desenvolto e articulado coa lexislación vixente no ámbito rural e territorial.

Finalmente, en canto á figura xurídica específica dos montes veciñais en man común, os importantes cambios socioeconómicos no medio rural galego durante os últimos vinte anos, cun progresivo abandono do territorio rural e da súa xestión, fai necesario regular de forma realista este tipo de propiedade e a condición de comuneiro, de modo que se favoreza o mantemento da capacidade produtiva sustentable destas terras, a valorización de todos os recursos e servizos forestais, a multifuncionalidade, a súa organización e xestión, así como a súa protección e xestión. Débese apostar de xeito decidido por fomentar a boa gobernanza no seo dos órganos de decisión e representación das actuais comunidades de montes veciñais.

Iniciativas e programas de actuación.

O obxectivo temático do programa articúlase en tres iniciativas vinculadas co desenvolvemento do actual marco normativo:

Gobernanza do monte galego

1. Iniciativas de desenvolvemento lexislativo.

2. Modificación do Consello Forestal de Galicia.

3. Comisión de harmonización normativa e para o estudo da implantación de compensacións e incentivos á actividade forestal.

VI.3.1. Iniciativas de desenvolvemento lexislativo.

Antecedentes e xustificación.

Existindo consenso na necesidade de actualización das leis 7/2012, de montes, 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais, e 13/1989, de montes veciñais en man común e regulamento de desenvolvemento, resulta obvio que é o Parlamento de Galicia a institución que se encarga da actualización lexislativa autonómica, polo que corresponde a esta sección unicamente a recompilación das recomendacións do Ditame do Parlamento nesta materia.

Obxecto.

Recompilar aquelas recomendacións do Ditame do Parlamento de Galicia sobre incendios e política forestal que se refiran especificamente ás necesidades de actualización lexislativa.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

As recomendacións xerais respecto á lexislación e gobernanza son as seguintes:

1. Impulsar desde o Parlamento de Galicia a imprescindible concordancia entre a lexislación española e a galega nas materias forestais.

2. Modificar substancialmente a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, e realizar, de ser necesario, o seu desenvolvemento regulamentario.

3. Acabar de realizar o desenvolvemento regulamentario da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

4. Modificar a actual Lei 4/2015, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, co fin de articular unha maior mobilización dos terreos agrarios en Galicia, en particular daqueles declarados en abandono ou infrautilización.

5. Finalmente, resulta imprescindible abordar un novo marco xurídico para os montes veciñais en man común de Galicia coa finalidade de adecuar a súa regulación á situación actual destes.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

II.3.1. / VI.3.1.

Modificación da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia.

Lei aprobada

VI.3.1.

Modificación da Lei 4/2015, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia.

Lei aprobada

III.2.2. / VI.3.1.

Modificación da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común de Galicia e a súa normativa de desenvolvemento (Decreto 260/1992).

Lei aprobada

VI.3.1.

Desenvolvemento normativo da Lei 7/2012 de montes de Galicia.

Elaborado

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D98, D99, D100.

• Relación directa con RD10, RD12, RD53 e RD98.

• Relación indirecta con RD46, RD99 e RD100.

• ODS16, meta 16.b.

VI.3.2. Modificación do Consello Forestal de Galicia.

Antecedentes e xustificación.

Mediante o Decreto 306/2004, do 2 de decembro, creouse o Consello Forestal de Galicia como órgano consultivo e asesor da Administración galega en materia forestal, dando cumprimento ao principio de participación pública e establecendo unha canle de colaboración dos estamentos interesados da sociedade galega e da comunidade científica. Neste momento convén realizar unha revisión da súa estrutura e funcións.

Con posterioridade, mediante o Decreto 33/2010, do 11 de marzo, fíxose necesario establecer determinadas modificacións no Decreto 306/2004 co obxecto de adaptar a composición do Consello Forestal de Galicia á nova distribución de competencias entre consellerías e á nova composición das delegacións territoriais.

En adición, a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, no seu artigo 12, declaraba o Consello Forestal de Galicia como «o órgano de carácter consultivo e de asesoramento da Administración autonómica en materia forestal, que constituirá a canle de participación da sociedade galega co fin de potenciar a xestión sustentable e fomentar o desenvolvemento do monte galego» debendo estar «presentes os representantes da propiedade, da Administración local, das organizacións empresariais, da investigación e das demais organizacións, asociacións de persoas propietarias, titulares de montes e produtoras e entidades relacionadas co ámbito forestal».

Co transcurso dos anos, o Consello Forestal de Galicia non se adaptou ás actuais circunstancias forestais e, en particular, ás que rexen os órganos consultivos e de participación da Comisión Europea.

A Unión Europea redefiniu mediante unha Decisión da Comisión do 23 de abril de 2004 (2004/391/ EC) os comités consultivos para adecualos ás prioridades da política agraria común (PAC), reformada en 2003, co ánimo de intensificar o diálogo coas organizacións que representaban os intereses sociais e económicos. Nunha posterior Decisión da Comisión do 16 de decembro de 2013 transforma os citados comités consultivos en grupos de diálogo civil (2013/767/ EU), co ánimo de incrementar a transparencia e prover un mellor balance dos intereses representados. Na devandita decisión establécese que os grupos de diálogo civil deberán están compostos por organizacións a nivel europeo non gobernamentais, incluíndo asociacións representativas, grupos de interese socioeconómico, organizacións da sociedade civil e do comercio.

En consecuencia, é necesario adaptarse ás estruturas europeas e crear un marco adecuado para a xeración do diálogo nos intereses relativos aos montes galegos, reformando a organización e funcionamento do Consello Forestal de Galicia.

Obxecto.

Abordar a modificación na organización e funcionamento do Consello Forestal de Galicia, reformulando as dinámicas de traballo e a composición dos seus membros, restando representatividade aos numerosos departamentos da Administración pública e centrando o protagonismo nas principais asociacións representativas do sector, especialmente produtores e transformadores, nos grupos de interese socioeconómico, nas organizacións da sociedade civil e científica, así como nos grupos ambientalistas, e todo isto baixo as pautas máis actualizadas en materia de comitoloxía que están sendo extensamente desenvolvidas pola Unión Europea.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

Os principais criterios que se deberán ter presentes na modificación da organización e funcionamento serán as seguintes:

1. Unha vicepresidencia do Consello Forestal será desempeñada por un membro non pertencente ás administracións públicas, a dita vicepresidencia terá carácter rotatorio.

2. Crearase unha secretaría xeral, asumida pola Administración pública, que facilite a loxística e funcionamento do Consello Forestal.

3. A participación dos restantes departamentos doutras consellerías ou entes públicos estará supeditada aos temas incluídos nas axendas establecidas polas convocatorias, de xeito tal que, cando se aborden cuestións directamente relacionadas con eles, a súa presenza será requirida.

4. Os temas que se incluirán nas axendas de traballo serán fixados conxuntamente pola consellería con competencias en materia de montes e a vicepresidencia, e serán invitados todos os membros a participar no seu contido.

5. O Consello pode establecer grupos de traballo específicos, para estudar ou desenvolver materias particulares ou temas concretos que, pola súa natureza, requiran unha análise máis profunda. Tales grupos disolveranse no momento en que consigan alcanzar os termos, mandatos ou motivos para os cales foron creados.

6. As organizacións membros do Consello Forestal poderán designar expertos para a súa participación nas convocatorias, de acordo coa natureza dos temas que se inclúan na axenda do día.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

VI.3.2.

Modificación da organización e funcionamento do Consello Forestal de Galicia mediante decreto

Aprobado

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D90, D102, D103.

• Relación indirecta con RD113.

• ODS16, meta 16.6.

VI.3.3. Comisión de harmonización normativa e para o estudo da implantación de compensacións e incentivos á actividade forestal.

Antecedentes e xustificación.

A actividade forestal está sometida a unha abundante normativa específica de ámbito europeo, estatal e autonómico, que garante a conservación do monte e a protección do ambiente asociado aos ecosistemas forestais. Esta normativa trae consigo un esforzo de adaptación no cumprimento dos estándares ambientais máis exixentes.

Con todo, a normativa referida ao uso do solo, planificación hidrolóxica, restricións incluídas no Plan director da Rede Natura, así como ás diversas figuras de protección ambiental ou ordenanzas municipais constitúe nalgúns casos limitacións ao desenvolvemento da actividade forestal e parte do sector considera un factor de inseguridade xurídica que compromete os investimentos afondando, xuntamente con outras causas, no empobrecemento do medio rural e o seu consecuente abandono.

Doutra banda, os propietarios forestais vense obrigados a adaptar o seu modelo de xestión e o uso dos seus montes a diversas exixencias ambientais, especialmente os montes incluídos na Rede Natura 2000, nos parques naturais e nos demais espazos protexidos. Estas exixencias ou restricións son asumidas pola propiedade, sen que ata o momento foran obxecto de programas de compensación polos servizos que prestan á sociedade.

A falta de recursos, xunto coa falta de técnicas idóneas de conservación, pode levar ao fracaso na xestión destes espazos e mesmo pode provocar a perda dos valores que se pretende conservar.

Obxecto.

Crear unha comisión de harmonización normativa co fin de centralizar a análise das normativas sectoriais que afectan o sector forestal, racionalizando e simplificando a regulación e a operativa burocrática necesaria para a xestión forestal, para mellorar a competitividade do sector e dotalo de maior seguridade xurídica. Así mesmo, acometerá unha revisión das axudas ao sector forestal para conseguir unha mellor adaptación ás necesidades e idiosincrasia propia dos montes galegos.

Procurarase avanzar no estudo de implantación de compensacións e incentivos á actividade forestal. As restricións na xestión das masas forestais debido a razóns ambientais, de conservación da biodiversidade ou de interese social en terreos de natureza forestal acompañaranse das previsións destinadas a garantir a posibilidade de aproveitamento sustentable do monte, asegurando a súa viabilidade económica e o mantemento da súa xestión adecuada. Para tal fin, estudaranse mecanismos, axudas ou instrumentos de financiamento que permitan darlle cumprimento.

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

O propio obxecto desta iniciativa queda recollido entre as recomendacións do Ditame do Parlamento de Galicia sobre incendios e política forestal. A continuación enuméranse unha serie aspectos que a Comisión para a harmonización normativa debe ter en conta previamente á presentación das súas conclusións:

• Analizar as normativas sectoriais que afecten o sector forestal relacionadas co ambiente, coa ordenación do territorio, co patrimonio cultural, cos recursos hídricos, etc. ou coa propia normativa forestal.

• A imprescindible concordancia entre a lexislación española e a galega en materias forestais, mediante o deseño de fórmulas impulsadas desde o Parlamento de Galicia.

• Impulsar un cambio normativo para que os plans de restauración mineira se establezan obrigatoriamente con especies do anexo I da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e baixo criterios de xestión forestal sustentable recoñecidos por terceiras partes (certificación forestal), sempre que a situación dos solos permita a súa viabilidade.

• Garantir que a normativa urbanística incorpore a xestión das redes de faixas de protección como un requirimento para a expansión dos núcleos rurais.

• Respecto á prohibición de pastoreo nos terreos forestais incendiados, deberase pronunciar sobre a recomendación, establecida no Ditame, respecto das excepcións a esta prohibición que se prevé no número 2 do artigo 43 da Lei 3/2007, de prevención e extinción de incendios de Galicia; sempre que se acrediten perdas de difícil reparación pola prohibición do pastoreo ou a inexistencia de alternativas ao pastoreo dentro da mesma comarca.

• Revisar especies e distancias de plantación ás liñas eléctricas, instalacións de produción enerxética e instalacións industriais, así como os compromisos que deben asumir os titulares das instalacións referidas.

• Encaixar na normativa vixente que os propietarios das vivendas fóra de ordenación teñan unha participación nos custos de limpeza e mantemento das faixas de protección que se establecen ao redor delas.

• Así mesmo, acometerá unha revisión das axudas ao sector forestal para conseguir unha mellor adaptación ás necesidades e idiosincrasia propia dos montes galegos.

Esta comisión deberá presentar as súas conclusións antes de 30 de xuño de 2022.

Para avanzar no estudo de implantación de compensación e incentivos á actividade forestal, tal como sinala o Ditame do Parlamento de Galicia sobre incendios e política forestal, crearase unha comisión para o estudo de implantación de compensacións e incentivos á actividade forestal que deberá afondar nos seguintes aspectos:

1. Implantar mecanismos de compensación aos propietarios dos terreos forestais incluídos en espazos protexidos polas maiores restricións que soportan como consecuencia da normativa reguladora deles. É recomendable avanzar no desenvolvemento dun fondo forestal nacional, garantindo a participación das comunidades autónomas e regulando as fontes de financiamento de tal fondo:

◦ Poxa de dereitos de emisión.

◦ Empresas de abastecemento e depuración de augas e as compañías de distribución de combustibles fósiles polos servizos que o monte lles presta.

◦ Orzamentos xerais do Estado.

2. Este fondo forestal nacional debería orientarse a incentivar as externalidades positivas dos montes ordenados e tamén utilizarse para compensar os propietarios afectados polas restricións impostas pola regulación dos espazos protexidos.

3. Dotar de máis peso as medidas destinadas aos pagamentos ambientais e por servizos ecosistémicos, para que sirvan como un verdadeiro instrumento de retribución/compensación aos titulares de masas forestais que deban preservarse por razóns ambientais ou de mantemento da biodiversidade.

4. Os cambios de masas forestais debido a razóns ambientais, de conservación da biodiversidade ou de interese social en terreos clasificados como forestais acompañaranse das previsións destinadas a garantir a posibilidade de aproveitamento sustentable do monte, con vistas a asegurar a súa viabilidade económica e o mantemento da súa xestión adecuada. Para tal fin, estudaranse mecanismos, axudas ou instrumentos de financiamento que permitan darlle cumprimento.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

VI.3.3

Creación da Comisión de harmonización normativa

Creada

VI.3.3

Creación da Comisión para o estudo de implantación de compensacións e incentivos á actividade forestal

Creada

VI.3.3

Elaboración dun informe de consecución das medidas propostas no seo das distintas comisións

Elaborado

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D56, D57, D101 e D110.

• Relación directa con RD9, RD94, RD98 e RD99.

• ODS16, meta 16.6, 16.b.

VI.4. MEDIDAS DE FISCALIDADE FORESTAL.

En España, con excepción do País Vasco e Navarra, a fiscalidade do sector forestal réxese por unha normativa común do Estado, sen que exista unha normativa sectorial e diferenciada que regule a propiedade e a actividade forestal a pesar das súas especificidades, tendo en conta os seus ciclos de produción.

Obxectivos do instrumento.

Co obxectivo de reforzar as actuacións en materia de fiscalidade forestal como básicas no desenvolvemento da actividade forestal en Galicia, o presente programa prevé a elaboración dunha batería de medidas fiscais que afonde nas vantaxes fiscais derivadas da consideración da xestión forestal sustentable como unha actividade de interese xeral, pola función social e ambiental da xestión da propiedade forestal e a xeración de externalidades positivas, o que xustifica plenamente a necesidade de bonificacións fiscais significativas.

Iniciativas e programas de actuación.

O obxectivo temático do programa articúlase nunha única iniciativa vinculada ao desenvolvemento de medidas fiscais:

Medidas de fiscalidade forestal

1. Proposta de incentivos, deducións e bonificacións fiscais para o desenvolvemento da actividade forestal en Galicia.

VI.4.1. Proposta de incentivos, deducións e bonificacións fiscais para o desenvolvemento da actividade forestal en Galicia.

Antecedentes e xustificación.

De xeito xeral, pódese afirmar que actualmente os impostos cedidos de titularidade autonómica (imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (ITPAXD), imposto sobre sucesións e doazóns (ISD), imposto de bens inmobles (IBI)), en maior ou menor medida, presentan unha serie de bonificacións e beneficios fiscais acordes coas necesidades do sector forestal, entre eles:

• Bonificacións fiscais na transmisión de superficies rústicas de dedicación forestal nas transmisións «mortis causa» e nas doazóns «inter vivos» tanto en pleno dominio como en núa propiedade.

• Redución na extinción do usufruto.

• Deducións e bonificacións na cota íntegra na modalidade de actos xurídicos documentados.

• Dedución aplicable ás transmisións de solo rústico.

• Dedución pola adquisición de parcelas forestais que formen parte da superficie de xestión e comercialización conxunta de producións que realicen agrupacións de propietarios forestais dotadas de personalidade xurídica.

• Deducións e bonificacións na cota íntegra na modalidade de transmisións patrimoniais onerosas.

• Deducións na cota do imposto sobre o patrimonio.

• Reducións na base impoñible en adquisicións lucrativas entre vivos.

• Redución pola adquisición de parcelas rústicas incluídas na Rede galega de espazos protexidos.

• Exención de montes poboados con especies de crecemento lento regulamentariamente determinadas, cuxo principal aproveitamento sexa a madeira ou a cortiza, sempre que a densidade do arboredo sexa a propia ou normal da especie de que se trate, no imposto de bens inmobles (IBI). Mesma exención de 15 anos sobre a superficie dos montes en que se realicen repoboacións forestais ou rexeneración de masas arborizadas suxeitas a proxectos de ordenación ou a plans técnicos aprobados pola Administración forestal.

O problema, sen dúbida, preséntase naqueles impostos de titularidade exclusiva ou parcial da Administración xeral do Estado (AXE):

• O imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) é un caso peculiar, aplicando dúas metodoloxías de estimación segundo o suxeito tributador:

◦ Para aqueles suxeitos que tributan mediante o método de estimación obxectiva, ao cal se lle aplican diferentes índices segundo o período medio de aproveitamento ou quenda da especie forestal. Estes índices, logo da súa aplicación, poden ser obxecto de coeficientes de redución no caso de que se atopen en superficies baixo instrumentos de ordenación ou xestión forestal (IOXF), ou o rendemento neto da actividade económica teña un período de xeración superior a dous anos ou se obteñan de forma notoriamente irregular. Esta tributación por este método responde axeitadamente á actividade económica producida polos aproveitamentos forestais, en particular polos aproveitamentos madeireiros.

◦ En troques, aqueloutros suxeitos obrigados[4] a tributar mediante o método de estimación directa (de forma xeral todos aqueles que teñan a obriga de tributar o imposto de sociedades-IS) réxense polo Plan xeral de contabilidade. A aplicación do devandito plan xeral presenta unha serie de distorsións xa que contabiliza os investimentos en traballos como «existencias», cuxo valor non pode actualizarse (co IPC) no momento do aproveitamento (e, por exemplo, aplícase o valor que tiña a árbore no momento da plantación varias décadas atrás). Desta maneira o balance é de grandes ingresos (porque os gastos aplícanse a prezos de hai décadas), xerando graves desaxustes ao valorar o prezo de custo.

• Imposto de sociedades (IS)[5]. Tributar baixo este imposto implica unha serie de dificultades de xestión e burocráticas adicionais para os titulares forestais condicionadas polos longos períodos de xeración dos seus produtos e consecuentes riscos. Estas dificultades son:

◦ A obrigatoriedade de levar libro de contabilidade, presentar declaracións trimestrais, etc.

◦ A obrigatoriedade de someterse ao réxime de estimación directa, coas desvantaxes asociadas que describimos.

◦ A non supresión do pagamento do IRPF existindo duplicidade impositiva e, ademais, os dividendos que recibisen as persoas físicas da sociedade seguirían tributando polo IRPF.

Mención á parte corresponde ás comunidades de montes veciñais en man común, tratadas diferencialmente na actual Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades, cuxa base impoñible pode ser obxecto de redución con aqueles importes dos beneficios aplicados a investimentos para a conservación, mellora, protección, acceso e servizos destinados ao uso social a que o monte estea destinado, gastos de conservación e mantemento do monte ou financiamento de obras de infraestrutura e servizos públicos de interese social.

A aplicación do beneficio ás indicadas finalidades deberase efectuar no propio período impositivo ou nos catro seguintes exercicios, e poderá aplicarse incluso un prazo superior, sempre que no devandito prazo se presente un plan especial de investimentos e gastos plurianual (este proceder concorda absolutamente co reflectido no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia).

• Imposto sobre o valor engadido (IVE): novamente podemos atopar dúas situacións no dominio forestal:

◦ Dunha banda, o réxime especial da agricultura, gandaría e pesca (REAGP), que se aplica a titulares de explotacións que obteñan directamente produtos naturais para a súa transmisión a terceiros[6]. Trátase, por tanto, dun réxime moi vantaxoso para o propietario forestal titular da explotación, xa que a pesar de non poder reducir as cotas soportadas ou satisfeitas polas adquisicións ou importacións de bens, as súas obrigacións formais son mínimas e as cotas soportadas nunha porcentaxe (actualmente 12 %) dos ingresos pola venda de produtos finalmente son compensadas. Pero non resulta útil para sociedades mercantís, cooperativas, SAT ou outro tipo de sociedades civís ou mercantís.

◦ Doutra banda, o réxime xeral baseado en liquidacións trimestrais dos IVE soportados e aplicados polos servizos prestados.

Obxecto.

Tras un estudo xurídico previo, deseñar unha batería de propostas en materia de mellora fiscal respecto da actividade forestal para seren asumidas pola Xunta de Galicia, ou consonte coa titularidade, expostos de forma motivada e xustificada á Administración xeral do Estado (AXE).

Descrición e criterios de aplicación das medidas.

A consellería competente no ámbito forestal solicitará un estudo xurídico que analice como están a actuar as administracións forestais de, cando menos, cinco países en que o sector forestal teña un elevado grao de desenvolvemento respecto:

1. Ás diversas fórmulas de incentivos fiscais ao investimento forestal.

2. Aos mecanismos financeiros de fomento dos investimentos forestais.

3. Ao desenvolvemento de fondos de investimento forestal.

Na selección dos países consultarase os integrantes do Consello Forestal, sinaladamente as organizacións que representan o sector forestal.

En calquera caso, dos estudos realizados no ámbito da fiscalidade forestal en España[7], analizaranse un conxunto de propostas para mellorar o réxime fiscal do sector forestal galego, entre as que destacan:

1. Aplicar un criterio de sector diferenciado no IRPF e, no caso de que un propietario exercera unha actividade profesional no réxime de estimación directa (IRPF), cando a actividade sexa diferente e para que non exista risco de transvasamento de facturas dun réxime a outro, deberíase poder optar por un dobre réxime, un en estimación directa (servizos profesionais non vinculados á actividade forestal) e outro en estimación obxectiva (actividade forestal).

2. Establecer mecanismos para adecuar as normas contables vixentes en materia de IS á realidade do sector forestal como medida compensatoria ás agrupacións. Medidas propostas:

a. Reducir o actual tipo impositivo aplicable ás comunidades de montes veciñais en man común e equiparar o dito réxime para as agrupacións forestais de xestión conxunta e silvicultores activos rexistrados.

b. Crear un réxime de estimación obxectiva no IS para os montes veciñais, agrupacións forestais e aqueles silvicultores activos que teñan a dita obriga, tal e como se permite a nivel das persoas físicas no IRPF.

c. Incluír coeficientes redutores aos ingresos que proveñan da actividade forestal para axustar o resultado fiscal á realidade.

d. Eliminar a limitación da carga financeira do artigo 20 do texto refundido do IS para a actividade forestal.

e. Elaborar e introducir un plan sectorial de contabilidade que recolla as características diferenciadas da actividade silvícola, especialmente no que se refire á valoración das existencias polo efecto que sobre elas ten o tempo transcorrido desde que se fai a plantación ao momento do aproveitamento.

Outros sectores como o de compañías aéreas ou o da construción, tanto civil como naval, hai tempo que contan cun plan de contabilidade sectorial específico. No réxime das entidades naveiras, en función da tonelaxe, permítese que as súas entidades utilicen un método obxectivo con independencia dos ingresos e gastos realizados para calcular a base impoñible no IS.

3. Equiparar as condicións fiscais das persoas físicas coas das agrupacións forestais no relativo ao réxime aplicable ao IVE. Dar opción ás agrupacións forestais de xestión conxunta a operar baixo un réxime equiparable ao REAGP sempre que sexa compatible coas directivas e regulacións comunitarias.

4. Incrementar a capacidade do sector forestal para financiarse e captar capital privado externo. Medidas propostas:

a. Aumentar a dedución por reinvestimento de beneficios extraordinarios sempre que ese reinvestimento teña por obxecto a mellora das masas forestais, a creación de novas infraestruturas de prevención de incendios ou mesmo a compensación por servizos ambientais fornecidos polo bosque existente.

b. Evitar a dobre imposición aos integrantes das agrupacións forestais e montes veciñais ao tributar polo IS e o IRPF, por exemplo, a través da exención no IRPF para os dividendos percibidos polas persoas físicas procedentes de agrupacións forestais e, da mesma forma, establecer un sistema de axuste para que se reduza a tributación dos dividendos que reciban as persoas xurídicas integrantes da sociedade. Actualmente o réxime especial das sociedades cotizadas de investimento prevé explicitamente ese mecanismo para evitar a dobre imposición.

c. Bonificar as actuacións realizadas no marco de instrumentos de ordenación e xestión forestal (IOXF). Os investimentos e gastos realizados en parcelas forestais baixo estes instrumentos, aprobados e cun selo de certificación forestal, que estean previstos dentro do contido dos IOXF, gozarán dunha desgravación significativa da cantidade investida ou desembolsada, aplicable directamente na cota do IRPF e/ou no IS.

d. Conceder un fondo de previsión de investimentos no IS e IRPF.

e. Conceder á actividade forestal a dedución existente por investimentos en activos fixos novos ampliándoa e adaptándoa para melloras de activos existentes.

f. Establecer incentivos fiscais que permitan promover a figura do investidor forestal-persoa xurídica. Dotación da suficiente seguridade xurídica e liquidez para os investidores.

g. Potenciar o investimento empresarial mediante plans de responsabilidade social corporativa: permitir que grandes grupos empresariais que teñen entre os seus obxectivos de RSC a mellora ambiental poidan investir no sector forestal cunha finalidade non produtiva.

h. Afondar na aplicación de donativos, doazóns e achegas que, cumprindo cos requisitos establecidos na Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, se establecen como incentivos fiscais ao mecenado.

i. Promover a regulación dun réxime fiscal específico, incluído o nivel local, para a figura do silvicultor activo, tanto se se trata de persoas físicas como xurídicas.

j. Establecer, en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica de Galicia e coas entidades bancarias, un programa de préstamos con bonificación dos tipos de xuro para promover o investimento forestal.

k. Acadar unha fiscalidade axustada e favorable con base na súa caracterización como instrumento de aforro a longo prazo.

Indicadores de seguimento.

MEDIDA

INDICADOR DE SEGUIMENTO

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

VI.4.1

Estudo xurídico que analice como están a actuar as administracións forestais de, cando menos, cinco países

Elaborado

VI.4.1

Creación dunha batería de propostas en materia de mellora fiscal respecto da actividade forestal

Creada

Anexo: aliñación con D, RD, ODS e outra normativa.

D: directrices de revisión do PFG. RD: recomendacións do Ditame do Parlamento. ODS: obxectivos de desenvolvemento sustentable:

• Relación directa con D105, D106, D111, D113, D114 e D115.

• Relación directa con RD113, RD114, RD115, RD116, RD117, RD118, RD119, RD120 e RD121.

• ODS8, meta 8.2, 8.3.

[1] "Opportunities and challenges of Eucalyptus plantations in Europe: the Iberian Peninsula experience". Tomé M. et al. European Journal of Forest Research. 2021.

[2]Ver Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia.

[3]Será necesario integrar as imaxes satelitais de media, alta e moi alta resolución (WorldView2, Pleyades, QuickBird, Ikonos, GeoEye, Sentinel-2), as técnicas terrestres de detección remota (TLS, …) e a potencial futura aplicación de datos de radar (SAR), sensores satelitais activos (GEDIS) ou sensores en alta altitude (High Altitude Pseudo Satellites HAPS).

[4]Non todos os propietarios forestais poden aplicar o réxime de estimación obxectiva. Non poderá aplicar este réxime: o que renunciase a el; o propietario que determine o rendemento neto dalgunha actividade económica polo réxime de estimación directa; o propietario que teña un volume de rendementos íntegros no ano inmediato anterior superior a calquera dos seguintes importes: 450.000 euros para o conxunto das súas actividades económicas ou 300.000 euros anuais para o conxunto das súas actividades forestais; o propietario que non renunciase a calquera dos réximes especiais do IVE: REAGP ou o simplificado, en calquera das súas actividades en que teña opción a estes réximes, e o propietario que desenvolva, total ou parcialmente, a actividade económica fóra do territorio español.

[5]Cabe mencionar que non se integran na base impoñible do IRPF e do IS as subvencións concedidas a quen explote parcelas forestais xestionadas de acordo cos instrumentos de ordenación ou xestión forestal (IOXF) aprobados pola Administración forestal competente, sempre que o período de produción medio, segundo a especie de que se trate, sexa igual ou superior a 20 anos.

[6]Sempre que non se trate dunha sociedade mercantil, cooperativa ou SAT, que non se renunciase ao réxime simplificado do IVE ou ao de estimación obxectiva do IRPF, que non supere certos volumes de negocio establecidos regulamentariamente ou que as súas adquisicións e/ou importacións para a realización das súas actividades profesionais non superen no ano anterior un determinado importe. O REAGP reduce as obrigacións formais ao mínimo só exixindo ao propietario forestal levar un libro rexistro dos recibos emitidos pola venda dos seus produtos ou a prestación de servizos. Como titular acollido ao REAGP non presenta liquidacións do IVE nin, por tanto, fai deducións do IVE soportado, e a Administración concédelle unha compensación do 12 % do valor dos produtos que vende ou servizos que presta.

[7]Cots, F; Viñas, P. 2013. Estudio de modelos de agrupación de productores y propietarios forestales: Análisis de figuras jurídicas y regímenes de fiscalidad. Proyecto REDFOR. Proyecto piloto en el marco de la Red Rural Nacional, 2011. Centre Tecnològic Forestal de Catalunya. Solsona (Lleida) 64 p.

I. ANEXOS Á 1ª REVISIÓN DO PLAN FORESTAL DE GALICIA 2021-2040

ANEXO I. DIRECTRICES DO GT (CONSELLO FORESTAL) PARA A REVISIÓN DO PLAN FORESTAL DE GALICIA

AT 2. Superficie forestal e formacións arbóreas

1

Non é necesario incrementar a superficie forestal actual: 2 millóns hectáreas.

2

Débese aumentar a superficie arborizada actual: 1,4 millóns hectáreas.

3

A superficie non arborizada tense que poñer en valor incrementando a produción de pastos e forraxe en monte: 0,225 millóns de hectáreas das 0,6 millóns de hectáreas non arborizadas.

4

Debería aumentar a superficie arborizada ocupada por coníferas, en particular piñeiro do país (Pinus pinaster) +16,2 %, piñeiro silvestre (Pinus sylvestris) con fins produtores ou protectores +14,1 %, e piñeiro insigne (Pinus radiata) +12 %.

5

Debería manterse ou reducirse a superficie arborizada ocupada por eucalipto mediante:

Regulación baseada en criterios produtivos, estacionais e referida á demanda industrial no marco da ordenación do territorio, establecendo especies índices en cada zona, así como prohibicións específicas e/ou fomento doutras especies (incluíndo globulus respecto de nitens en áreas costeiras) mediante medidas de acompañamento públicas.

Cumprir e facer cumprir as limitacións legais existentes respecto ao eucalipto (art. 61 e 67 da Lei 7/2012).

Relanzamento do E. globulus fronte ao E. nitens, a través de:

Asesoramento á propiedade das desvantaxes do E. nitens fronte ao E. globulus.

Superación das reducións de produción por problemas sanitarios mediante mellora xenética e tratamentos fitosanitarios.

Apoio e transformación en estacións viables (axudas).

6

Cómpre aumentar decididamente a superficie arborizada ocupada por frondosas caducifolias, mediante o fomento da plantación/rexeneración especialmente de:

Castiñeiro silvestre ou híbrido (Castanea spp).

Carballo (Quercus robur).

Cerdeira (Prunus avium).

Nogueira (Juglans spp.).

Freixe (Fraxinus spp.).

Bidueiro (Betula spp.)

7

Débese fomentar a xestión activa das masas de frondosas a través da:

Divulgación da quenda media de determinadas especies (existe percepción de quendas moi longas).

Simplificación de trámites administrativos ligados á xestión e aproveitamento destas masas.

Incentivos á xestión activa.

Axeitado recoñecemento no prezo do valor da rolla de calidade como materia prima para a industria da madeira.

8

Respecto das masas de Acacia spp. deben aplicarse actuacións de control e estabilización nos distritos forestais de maior presenza e de erradicación naqueles de presenza reducida.

9

Tense que fomentar a xestión activa dos bosques de ribeira a través de:

Simplificación de trámites administrativos ligados á xestión e aproveitamento destas masas.

Establecemento de modelos silvícolas de referencia e códigos específicos de boas prácticas forestais.

10

As principais medidas que se implementarán co fin de mellorar a competitividade das empresas provedoras de material forestal de reprodución (viveiristas)

Aportar desde a Administración forestal e os organismos de I+D información relevante para manexo preventivo de novos problemas sanitarios e organismos de corentena nos viveiros.

Incrementar por parte da Administración o control de viveiros en referencia á restrexabilidade da planta producida e comercializada en repoboacións forestais (doc. provedor e pasaporte fitosanitario).

Promover e dinamizar os estudos que permitan unha rápida difusión de Torymus sinensis.

Incrementar por parte da Administración o control de viveiros non rexistrados e comercialización ilegal de planta (mercados e festas, romarías).

A Administración forestal debe asegurar a oferta de MFR (especialmente semente) acorde coas necesidades de planta futura para a súa posta á disposición, con tempo suficiente, a empresas de produción (viveiros).

Solicitar a nivel europeo unha reconsideración das medidas de erradicación sobre Fusarium circinatum.

AT 3. Estrutura e organización da propiedade

11

Montes veciñais en man común (MVMC). As medidas que se levarán a cabo para a consolidación desta propiedade e mellorar a súa integración en asociacións de propietarios ou organizacións de CMVMC serán:

Fomento de avinzas ou deslindamentos amizosos con posibilidade de arbitraxe pola Administración.

Simplificación de trámites administrativos.

Actuación da Administración para evitar ocupacións ilegais.

Fomento da organización activa de CMVMC e existencia de xuntas reitoras.

Defensa e integridade da superficie dos MVMC.

Priorización das axudas a deslindamentos parciais consensuados entre comunidades.

Actuacións proactivas dos xurados provinciais, tales como a corrección de esbozos con base na disposición transitoria 13ª da Lei 7/2012.

Disposición e seguimento da planificación dos instrumentos de ordenación e xestión forestal (IOXF).

Apoio á xestión profesionalizada por medios propios ou mediante terceiros.

12

Montes de varas (de socios, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo). As medidas que se levarán a cabo para a consolidación neste tipo de montes serán:

Establecer restricións á división do monte adicionais ás xa recollidas na limitación ás parcelacións, divisións e segregacións recollidas no artigo 69 da Lei 7/2012.

Desenvolver o Rexistro Administrativo dos Montes de Varas, creado polo artigo 126 da Lei 7/2012.

13

Montes públicos. A extensión da superficie de monte público (entidades locais menores, concellos, comunidade autónoma e Estado) en Galicia é baixa, o seu incremento basearíase na adquisición de:

Montes en espazos naturais protexidos (ENP) e incluídos na Rede Natura 2000.

Montes declarados protectores.

Parcelas ou montes enclavados ou estremeiros con monte público.

AT 4. Xestión da propiedade forestal

14

Xestión de montes pola Administración forestal

A superficie actual (300.000 ha) en xestión é baixa.

A Administración forestal debe seguir sendo xestora de montes de titularidade privada.

Preferentemente levarase a súa xestión a través da estrutura administrativa da Xunta de Galicia.

A tipoloxía de montes que se xestionarán será prioritariamente:

MVMC con comunidades non constituídas ou extintas ou en estado de grave abandono ou degradación.

MVMC e montes de varas descapitalizados.

Montes que se declaren como protectores.

Montes en espazos naturais protexidos (ENP).

Montes incluídos no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas.

Xestión de montes pola Administración forestal. A xestión de montes pola Administración forestal centrarase na:

Aplicación activa de modelos de silvicultura (montes modelo).

Conservación de recursos xenéticos.

Posta en produción do monte.

É necesario desenvolver regulamentariamente a figura dos novos contratos de xestión pública:

Obrigatoriedade de información continuada á entidade propietaria.

Presentación dun proxecto de ordenación en todos os casos.

Resarcimento do saldo debedor anticipado cos ingresos producidos por todos os recursos, servizos, e actos de disposición (acurtando a temporalidade do contrato).

Obrigatoriedade de certificación forestal.

15

Xestión privada dos montes

A xestión dos montes privados debe garantir a rendibilidade económica dos seus propietarios.

As medidas de apoio á rendibilidade serán:

Fomento da demanda de produtos forestais e das súas canles de comercialización.

Axudas a silvicultura e forestación.

Concentración de parcelas e xestión conxunta das propiedades forestais particulares.

Xestión privada dos montes (organización de propietarios). As organizacións de propietarios forestais deben ter como propósito principal a promoción da rendibilidade das actividades forestais e o fomento da ordenación e uso sustentable do monte.

O apoio da Administración ás ditas organizacións debe dirixirse a fomentar:

A información e asesoramento en xeral (de carácter lexislativo, técnico, prezos orientativos de mercado, entre outros).

A divulgación e formación continuada a silvicultores asociados.

Débense apoiar as agrupacións de propietarios forestais, principalmente:

Creando vantaxes fiscais, eliminando a dobre tributación.

Incrementando a difusión das vantaxes da xestión conxunta e prestando apoio técnico e financeiro para a súa creación.

Abrindo a novas figuras xurídicas a liña de axudas á creación de agrupacións.

Dontado o procedemento de creación de agrupacións dunha maior flexibilidade.

Os obxectivos deben ser: 25.000 ha agrupadas tras 5 anos (44 %), 100.000 ha agrupadas tras 10 anos (33 %) e acadar as 200.000 ha agrupadas tras 20 anos (33 %) unha vez que se aprobe a revisión do PFG.

AT 5. Planificación e xestión forestal sustentable

16

Plan forestal de Galicia (PFG). Os obxectivos principais da revisión do PFG serán:

Acadar un monte multifuncional e sustentable, compatibilizando os distintos usos e servizos e deste xeito contribuír a un medio rural vivo.

Incrementar a calidade da madeira producida e fortalecer todos os elos da cadea monte-industria e, en particular, das segundas transformacións dos produtos forestais co fin de aumentar ou manter a contribución do sector ao PIB galego.

Potenciar decididamente as empresas de produción e comercialización dos produtos forestais non madeireiros.

Establecer un marco de política forestal estable e independente da orientación política do goberno da C.A. galega.

O Plan forestal de Galicia terá un vixencia de 20 anos con revisións cada 10 anos.

Deberanse fixar unha batería de indicadores (cuantificables) que avalíen o grao de cumprimento dos obxectivos establecidos no PFG (cadro de mandos) cada 5 anos.

17

Plans de ordenación dos recursos forestais (PORF). Os PORF son importantes e útiles para dinamizar a XFS a escala de distrito forestal (DF).

En 5 anos deberían estar redactados os PORF para todos os DF.

A superficie dun PORF declarada como de alto valor forestal (AVF) terá de oficio a consideración de solo rústico de especial protección forestal (art. 76 da Lei 7/2012).

Os PORF marcarán especies forestais indicadas e alternativas.

Os IOXF deberán cinguirse aos obxectivos e especies marcadas polos PORF.

Certificación forestal da XFS. Os obxectivos cuantificables de superficie de xestión privada baixo certificación serán: 200.000 ha tras 5 anos, 400.000 ha tras 10 anos e acadar as 650.000 ha tras 20 anos unha vez que se aprobe a revisión do PFG.

Débese fomentar a certificación forestal en terreos forestais de xestión privada a través de:

Dar axudas públicas para a redacción/modificación/revisión dos IOXF que incorpore a obriga de certificación nun prazo máximo (axuda finalista cun anticipo).

Dar axudas públicas para actuacións de forestación e silvicultura só a terreos forestais ordenados e priorizar aqueles terreos incluídos nun sistema de certificación forestal.

18

Empresas de servizos forestais. As principais medidas que se implementarán co fin de mellorar a competitividade das empresas de servizos e obras forestais serán as seguintes:

Dinamizar a tramitación das propostas de traballos, axilizando os trámites, de cara a ampliar e racionalizar os calendarios de execución das obras.

Promover o investimento público e privado en obras e servizos forestais mediante medidas encamiñadas ao fomento da xestión activa dos montes e freo do abandono (especialmente a través do plans de desenvolvemento Rural).

Habilitar e mellorar progresivamente unha plataforma informática para a tramitación dos IOXF, que sirva adicionalmente para unha mellora da planificación e da estatística forestal.

Incrementar a porcentaxe de obras e actuacións adxudicadas mediante concursos públicos, valorando positivamente a vinculación das empresas ao territorio (art. 60 da Lei 43/2003, básica de montes).

Promover liñas de axudas que redunden nunha mellor formación dos traballadores, nunha mellora e modernización de técnicas e equipamentos e nunha maior participación destas empresas en actividades de I+D.

AT 10. Protección, conservación e fomento da biodiversidade

19

Consideracións xerais sobre o Plan director da Rede Natura 2000 (PDRN 2000):

O desenvolvemento e aplicación do PDRN 2000 (disposición derradeira 3ª Decreto 37/2014: medidas concretas en materia de conservación e xestión específicas de terreos de uso forestal e hábitats de interese neses terreos) debe abordarse co necesario consenso co sector forestal, de xeito que non se perciba como unha suma de restricións e prohibicións por parte dos silvicultores.

Os recursos públicos asignados para medidas compensatorias aos propietarios forestais son inadecuados.

É moi pouco axeitado o tratamento que outorga o PDRN 2000 aos silvicultores.

É deficiente o funcionamento das administracións responsables na execución do PDRN 2000.

Respecto á xestión dos parques naturais (maioritariamente declarados en terreos de propiedade privada):

Os titulares non están satisfeitos coa súa participación na xestión.

En xeral, o tratamento que se outorga aos propietarios forestais non é adecuado.

Os PRUX non recollen axeitadamente o desenvolvemento da silvicultura.

20

As principais medidas para facilitar o cumprimento do Plan director da Rede Natura 2000 (PDRN 2000):

Debe analizar e concretar que actuacións forestais son compatibles co mantemento dun bo estado de conservación dos hábitats de interese comunitario.

Delimitar exactamente as zonas forestais lindeiras á Rede Natura 2000 onde tamén é de aplicación o artigo 57 do PDRN 2000.

Establecer a obriga de que calquera desenvolvemento normativo ou planificación territorial en materia de conservación da natureza que afecte terreos forestais debe darse a coñecer e ser consultado no Consello Forestal de Galicia.

Nas superficies forestais onde non haxa presenza de especies ou hábitats de interese comunitario e teñan unha orientación produtiva, as actividades forestais deberían ter dentro da Rede Natura 2000 un tratamento idéntico a espazos fóra da Rede Natura 2000 sempre que se empreguen especies non consideradas invasoras, segundo a lexislación vixente, e se cumpran medidas previamente establecidas que garantan a non afección de xeito indirecto a hábitats de interese comunitario.

Habilitar sistemas de pagamentos compensatorios de renda (e outras compensacións) en terreos forestais afectados polas limitacións de actividade do PDRN 2000.

Declarar a actividade forestal como unha actividade ou uso tradicional dentro da Rede Natura 2000, agás as novas repoboacións de especies exóticas que non terán a dita consideración.

As medidas para promover a unificación de criterios nos usos/actividades obxecto de autorización no PDRN 2000 serán:

A creación e mantemento de infraestruturas necesarias para a xestión forestal e defensa e prevención contra incendios forestais serán autorizadas segundo pregos técnicos facultativos consensuados polos órganos forestais e de conservación da natureza.

Unificar os criterios de autorización nas cortas de masas forestais dentro da RN 2000.

O emprego de maquinaria de aproveitamento forestal virá condicionado ao cumprimento dun referente de boas prácticas na elección e manexo da maquinaria específica e os procedementos de saca e desembosque que reduzan o impacto sobre o medio.

As medidas xerais que se implementarán para acadar unha maior riqueza específica, biodiversidade e función protectora dos montes galegos deberán ser:

Liñas específicas de axudas para a xestión de masas de frondosas segundo modelos silvícolas e boas prácticas forestais específicas.

Exclusión do imposto de sucesións e doazóns de parcelas forestais poboadas con frondosas autóctonas.

21

As medidas concretas para fomentar unha xestión activa das superficies arborizadas con frondosas na Rede Natura 2000, compatible coa persistencia desas especies no estrato arbóreo, serán:

Establecemento e adaptación de modelos silvícolas e de boas prácticas forestais adaptados á Rede Natura 2000.

Compensacións aos titulares de terreos polas limitacións á xestión, incluídas compensacións de carácter económico.

Simplificación e unificación de trámites administrativos de autorización de cortas, sempre supeditado ao compromiso por parte do propietario de manter as mesmas especies como principais na masa de rexeneración e condicionada ao cumprimento de códigos de boas prácticas específicos.

Fomento de plantacións forestais para a xestión e conservación in situ do acervo xenético das poboacións autóctonas de Galicia.

AT 6. Multifuncionalidade de recursos e servizos

22

A produción madeirable obxectivo será: 12 Mm3/ano fronte aos máis de 7Mm3/ano actuais.

23

Deste xeito, a taxa de aproveitamento actual (50-60 %) debería aumentar ata o 80 % (mediana) do incremento anual do volume con casca (AIVC).

24

O incremento do volume anual de madeira aproveitada afectará en particular:

Frondosas caducifolias.

Coníferas.

25

As medidas que se implementarán para acadar a dita produción serán:

Incrementar progresivamente os crecementos mediante unha mellor xestión silvícola e de mellora xenética das masas.

Incrementar a taxa actual de aproveitamento.

Incrementar a superficie forestal arborizada.

26

Débese incrementar a calidade da madeira producida. O obxectivo fixarase nun 35 % (media) para que a produción madeirable sexa clasificable como de calidade (trat. silvícolas).

27

As medidas para conseguir o dito incremento serán:

Fomento do emprego de madeira sólida para pezas estruturais, de carpintaría e moble mediante actuacións de incentivación do consumo.

Aplicación práctica de programas de mellora xenética que consideren a calidade dos produtos como carácteres de mellora.

Difusión de prácticas de silvicultura orientadas á produción de madeira de calidade e análise económica dos investimentos silvícolas.

Axudas para tratamentos silvícolas de poda e clareo que redunden nunha mellor calidade dos fustes.

Actuacións exemplarizantes da Administración mediante os montes modelo.

28

As medidas que se establecerán para mellorar o proceso de compravenda de madeira serán:

Consecución de mellores niveis de información sobre calidades e prezos índices da madeira.

Fortalecemento da posición da organización e agrupación de silvicultores fronte aos vendedores.

Incremento da transparencia do mercado da madeira mediante a publicación de prezos de adquisición en fábrica.

29

Os biocombustibles forestais que se potenciarán, serán prioritariamente:

Pélets de madeira para uso doméstico.

Estela para uso enerxético doméstico.

Leña.

Pélets madeira para uso industrial.

Fertilizantes e compost.

Estela para uso enerxético industrial.

AT 11. Pistas e infraestruturas forestais

30

A xestión conxunta de superficies de monte particular permitiría racionalizar a densidade, reducindo niveis actuais de densidade excesivos, pero aumentando a calidade construtiva da rede resultante.

A densidade de pistas actual é suficiente (incluso en comarcas de montaña).

Debe desenvolverse regulamentariamente a autorización previa da Administración forestal para a creación de novas pistas forestais, así como para reforma, modificación, transformación ou renovación das pistas forestais principais que alteren o seu carácter agroforestal.

O estado de conservación das pistas non é bo. Deberían manterse e mellorarse.

31

As principais medidas para mellora do estado da rede de pistas serán:

Planificación da rede viaria forestal de pistas principais a nivel de distritos forestais, no correspondente PORF.

Desenvolvemento das características e exixencias construtivas das pistas, viradoiros e cargadoiros mediante pregos básicos, en aplicación do art. 98.5 da Lei 7/2012.

Elaboración dun inventario cartográfico e continuado de pistas forestais principais (definición Lei 7/2012), incluíndo unha avaliación do seu estado, así como unha caracterización dos seus principais atributos (pendente, raio curvatura, largo, tipo de firme...).

Mellora da calidade global das pistas forestais, entendida como pendentes máximas, raios de curvatura, largo das pistas e frecuencia de cruzamentos e viradoiros.

32

Para a mellora do estado da rede viaria forestal establecerase unha liña específica de axudas para creación/mantemento da rede viaria forestal de titularidade privada.

33

Os principais eixes de actuación en materia de infraestruturas forestais serán:

Establecer unha normativa de uso común (incluídas ordenanzas-tipo) para todas as pistas forestais principais, unificando as competencias das diferentes Administracións públicas na xestión da rede viaria forestal.

Acadar do Goberno do Estado o incremento da carga máxima admisible en transporte de madeira, considerando a carga máxima que figura na ficha técnica, cun máximo de 48 toneladas para camións de 5 eixes e 57 toneladas para os de 6 eixes, en consonancia co establecido nos países da nosa contorna (Portugal e Francia).

AT 17. Cadea monte-industria e emprego forestal

36

Mellorar a competitividade das industrias de primeira transformación da madeira (pasta) mediante:

O fomento do aproveitamento en unidades cunha superficie mínima que, no posible, se xestionen conxuntamente.

O establecemento dun plan periódico de actuación fronte ás pragas e enfermidades do eucalipto.

A información e transferencia de coñecemento científico-tecnolóxico para a innovación e mellora tecnolóxica das empresas nas áreas que máis afectan a competitividade do sector.

O establecemento dun plan específico de fomento do uso en repoboación de E. globulus en áreas estacionalmente tradicionais desta especie, en detrimento de E. nitens.

A mellora da información e estatística forestal referida a distintas áreas xeográficas sobre repoboacións, superficies e existencias de Eucalyptus, distinguindo as principais especies existentes.

Relanzamento do financiamento público e actuacións de I+D en mellora xenética e silvícola referida ao eucalipto.

37

Mellorar a competitividade das industrias de segunda transformación da madeira, en particular a carpintaría e moble, freando a progresiva baixa na súa facturación, mediante:

O fomento do consumo de produtos fabricados a partir de madeira.

A mellora da formación profesional específica no ámbito das industrias de carpintaría e moble.

O establecemento dun plan estratéxico de fomento da industria da carpintaría e moble en Galicia, baseado na formación no ámbito do deseño e na creación e comercialización de novos produtos mediante diversificación.

O fomento dunha maior interrelación entre a primeira e segunda transformación da madeira en Galicia (pasta de papel con papel e cartón, serra e taboleiro con carpintaría e mobiliario).

O apoio desde a Administración autonómica a calquera iniciativa que permita a segunda transformación da pasta de papel producida en Galicia en produtos baseados nela, tales como papeis de impresión, papeis tissue, envases ou embalaxes e papel. Peche de ciclos.

38

O aproveitamento enerxético da biomasa forestal é unha oportunidade para o sector forestal, por tanto débese:

Fomentar unha xestión activa das frondosas caducifolias mediante esquemas silvícolas que permitan producir tanto leña, nas cortas de mellora, como madeira de calidade a medio prazo.

Fomentar o aproveitamento sustentable de restos de corta como forma de biomasa industrial.

Pero cunha obrigatoriedade de que, como mínimo, o 30-40 % destes restos queden no monte triturados.

39

Mellorar a visibilidade social das empresas que compoñen a cadea da madeira e biomasa, mediante:

A colaboración activa entre as administracións públicas, as empresas transformadoras e os propietarios forestais para o desenvolvemento estratéxico da cadea da madeira.

O mantemento, mediante medidas activas, do carácter da industria transformadora como un dos principais dinamizadores do desenvolvemento rural en Galicia, dada a súa presenza en toda a xeografía galega.

A promoción dun plan de comunicación integral para acadar unha maior dinamización da demanda de produtos galegos de madeira.

Un programa específico de visitas de colexios a industrias dos produtos do monte, tanto na súa elaboración como transformación.

AT 18. Bioeconomía ou economía hipocarbónica

40

O Plan forestal debe establecer unhas bases que faciliten a adaptación da industria forestal ao novo escenario da bioeconomía. En particular, no ámbitos de:

Madeira técnica (taboleiros laminados e de última xeración).

Produtos biolóxicos.

Biocombustibles.

41

Débese fomentar desde a Administración a interrelación entra e industria forestal tradicional e outros ámbitos industriais.

42

Medidas mellor valoradas para fomentar cambios estruturais cara á bioeconomía:

Plan de rehabilitación de vivendas vinculado ao uso de produtos de madeira.

Mellora na innovación de produtos e na mellora enerxética de procesos.

Potenciación da contribución de I+D+i galego aos cambios.

Debe regularse e fomentarse a reutilización de residuos da industria como emendantes e fertilizantes.

43

Entre as medidas recollidas na Estratexia europea da bioeconomía, a que parece máis relevante é desenvolver métodos con base científica para informar a consumidores das propiedades dos produtos, nun marco de modo de vida saudable e sustentable.

44

A bioeconomía considérase unha oportunidade, ben que deben terse en consideración distintas precaucións no eido ambiental:

As iniciativas deben supoñer unha redución real do consumo de combustibles fósiles.

Deberán establecerse as necesarias limitacións ambientais.

O balance enerxético debe ser positivo.

As iniciativas deberán avaliarse mediante técnicas de análise de ciclo de vida.

AT 6. Multifuncionalidade de recursos e servizos

45

Incrementar a superficie de pastos e forraxe en terreos forestais desarborizados ata as 225.000 hectáreas.

O dito incremento realizarase a través de:

Establecemento de modelos silvopascícolas.

Axuda á creación e mellora de pasteiros en montes con IOXF ou plan silvo-pastoral.

Fomento, mediante axudas, á produción extensiva de carne en terreos forestais.

Imprescindible que se comprobe axeitadamente nas axudas ligadas á produción gandeira en terreos forestais a demostración do acto de disposición (en caso de CMVMC) ou contrato de arrendamentos ou asignación (en montes particulares) que acredite a titularidade do aproveitamento por parte do beneficiario da axuda (art. 57 do Regulamento da Lei de MVMC) como ratificación de que as parcelas están á disposición do solicitante (art. 15 do RD 1075/2014, que regula as axudas directas da PAC).

Todas as superficies de pasto e forraxe en monte estarán no rexistro público de terreos de pastoreo (art. 86 da Lei 7/2012 e Decreto 50/2014), dispoñendo dunha capa gráfica SIX coa súa delimitación.

46

Mellorar a competitividade das empresas de produción e comercialización de carne en réxime de gandaría extensiva en terreo forestal mediante:

Fomento desde a Administración de todas as iniciativas relacionadas coa recuperación e conservación do patrimonio xenético das razas de gando vacún, cabalar, ovino ou porcino, que se desenvolvan en terreos forestais, en colaboración co plan de mellora das razas autóctonas.

Fomento por parte da Administración de calquera iniciativa de creación de empresas ou asociacionismo relacionado cos sistemas de produción de carne en terreo forestal, particularmente no seo das comunidades de MVMC.

Axudas públicas para implantación e mantemento de pasteiros en terreo forestal, logo de inclusión no Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo.

47

Incrementar a produción da castaña mediante:

Medidas de control sanitario priorizando a loita contra perforadores da castaña e avespiña dos brotes. Control de chancro mediante cepas hipovirulentas.

Axudas para a restauración e posta en produción de soutos vellos e creación de novos soutos.

Mellora nas técnicas de establecemento de novas plantacións de castiñeiro e control do enxertado mediante a certificación da variedade de pugas.

Mellora na identificación dos produtores e oferta de charlas divulgativas e cursos sobre as posibilidades de comercialización e a existencia dunha identificación xeográfica protexida e da agricultura ecolóxica.

48

Incrementar a calidade da castaña producida mediante:

Tratamentos culturais e sanitarios do souto que aseguren a produción de castaña de bo calibre e non afectada por defoliadores.

Mellora da transferencia de tecnoloxía entre o sistema de I+D galego e os viveristas que producen planta de castiñeiro.

Priorización das variedades de mellor aptitude respecto ás características indicadas.

49

Mellorar a competitividade das empresas de produción, comercialización e transformación mediante:

Medidas de fomento dos investimentos dentro da industria transformadora e de busca de novos produtos baseados na castaña.

Control da comercialización dunha proporción importante de castaña comprada a través de intermediarios estranxeiros e que non se declara, ou a venda de produto sen declarar por operadores situados fóra da cadea.

Fomento da organización do sector para efectos de producir unha concentración da oferta en organizacións de produtores que poidan operar en mellores condicións de oferta/negociación no mercado.

Promoción por parte das administracións públicas de mercados máis formais para a comercialización da castaña, poñendo en valor as calidades da producida en Galicia e dos seus produtos derivados.

50

Incrementar a taxa de recollida de cogomelos mediante:

O fomento de traballos de I+D+i co fin de incorporar a produción micolóxica na silvicultura.

A ampliación do número de especies comercializadas mediante cursos de formación.

Actuacións de rozas e coidados silvícolas nos montes produtores.

En MVMC, fomento da concienciación dos comuneiros sobre a importancia económica do recurso.

Incrementar a calidade do cogomelo producido mediante:

O requirimento de carné de recolledor comercial de cogomelos, con formación específica demostrable.

Establecemento dunha identificación xeográfica protexida «Cogomelo de Galicia».

Fomento da formación dos axentes forestais e do Seprona, aumentando a súa colaboración, para controlar a recolección masiva ilícita.

Mellorar a competitividade das empresas de produción, comercialización e transformación mediante:

Incrementar por parte da Administración o control daqueles comercializadores que incumpren a lexislación de seguridade alimentaria.

Apoio da Administración para habilitar canles de comercialización que permitan cumprir estritamente o marco normativo referido á seguridade alimentaria, en particular o RD 30/2009.

51

As principais actuacións para o fomento da caza maior serán:

Establecer medidas de control e manexo axeitadas para unha xestión sustentable das especies cinexéticas, acorde coa conservación do seu equilibrio biolóxico cos hábitats que ocupa, reducindo o nivel de danos á actividade agroeconómica, o aproveitamento venatorio e a conservación do resto da biodiversidade.

Asegurar a concordancia e coherencia entre as actividades planificadas nos instrumentos de ordenación forestal (IOXF) e as proxectadas nos plans de ordenación cinexética (POC), partindo sempre da base de que son os propietarios forestais os que ceden o aproveitamento cinexético, polo que serían os POC os que teñen que partir do disposto nos IOXF.

Establecer axudas a plantacións ou mantemento de árbores froiteiras e arbustos espiñosos con gran poder de frutificación.

52

As principais actuacións para o fomento da caza menor serán:

Aproveitar as actuacións de xestión de biomasa e limpeza de liñas eléctricas para aplicar gradaduras, para fomentar o hábitat das ditas especies.

53

Outros aproveitamentos que se fomentarán no monte serán prioritariamente:

O mel.

As plantas aromáticas / medicinais.

Os froitos silvestres.

Mellorar a competitividade das empresas de produción, comercialización e transformación mediante:

Axudas e actividade da Administración para loitar contra enfermidades e mortalidade das abellas, así coma contra a avespa asiática.

Anulación de aplicación de insecticidas que poidan afectar as abellas na época da actividade destas.

Fomento das plantacións de especies arbóreas melíferas, en particular de castiñeiro.

Priorización do aproveitamento de plantas medicinais mediante o cultivo fronte á opción da recollida, fomentando as actuacións de I+D sobre cultivo daquelas especies menos coñecidas.

54

SERVIZOS: USO SOCIORECREATIVO

A superficie obxectivo será: 50.000 ha de montes periurbanos.

As medidas de fomento, creación e mellora serán:

Fomento do papel dos concellos e mancomunidades de concellos na creación, promoción e sostemento dos montes periurbanos.

Creación de oficio pola Administración en caso de montes públicos próximos a núcleos urbanos.

Convenios, axudas e compensacións ás CMVMC para a súa creación, subvencionando os custos extra de xestión periurbana.

55

A superficie de áreas recreativas é insuficiente e ten un deficitario estado de mantemento. As medidas para a súa mellora consistirán en:

Incremento das actuacións de mantemento nas áreas recreativas situadas en montes xestionados pola Administración.

Fomento da subscrición de convenios para o mantemento de áreas recreativas entre os concellos e os titulares das terras.

Desenvolvemento dun sistema homoxéneo de publicacións e sinalizacións das áreas recreativas.

Incremento dos labores de vixilancia para evitar actos vandálicos.

Desgravacións fiscais en montes particulares, de varas ou MVMC que posúan áreas recreativas.

56

SERVIZOS: SOLO E AUGA

Débese realizar a delimitación de áreas de cabeceira de bacías e perímetros de protección de áreas de recarga de acuíferos, que deberían incluírse en montes protectores.

Co fin de asegurar a función protectora do solo en terreos forestais levaranse a cabo as seguintes accións :

Todas as medidas tomadas deberían considerar o necesario pagamento por servizos ambientais.

Axudar ás repoboacións e xestión de mellora dos solos en zonas erosionadas e degradadas, no marco do artigo 65.2 da Lei 7/2012.

Asegurar a intervención restauradora en áreas prioritarias dentro de incendios forestais de gran severidade que poidan provocar danos ao solo.

57

SERVIZOS: PAISAXE

As actuacións en materia de mantemento dos valores paisaxísticos do monte galego deberán ser, fundamentalmente:

Compensacións aos titulares dos terreos polas limitacións de usos que poidan establecerse.

Liña de axudas a traballos de conservación de árbores e formacións senlleiras incluídas no correspondente catálogo.

Creación dun catálogo de bosques monumentais que sirva como base para a elaboración dos PORF e a inclusión da análise receptiva da paisaxe.

AT 8. Incendios forestais.

Indicadores

Actual

+ 5 anos

+ 10 anos

Número de incendios

4.000 – 5.000

2.400

1.600

Superficie queimada

15.000 ha

10.000 ha

6.300 ha

Superficie media máxima queimada en cada incendio

3 ha/incendio

2,3 ha/incendio

1,9 ha/incendio

Superficie arborizada queimada/Superficie total queimada

20 %

14,5 %

11 %

Porcentaxe máxima de grandes incendios (GIF> 500 ha)

2 %

1,4 %

1 %

Nº persoas detidas por cada 100 incendios

2,5 %

4,25 %

4,6 %

AT 8. Incendios forestais

58

Plan de prevención. As medidas prioritarias en materia de mellorar a educación e comunicación serán:

Mellorar a formación dos nenos establecendo novos contidos de materias de natureza e comportamento social.

Deseñar campañas específicas de prevención nas zonas de alto risco de incendio.

Mellorar a información e o contido do Pladiga.

Desenvolver campañas explicativas á sociedade galega sobre os lumes como problema a nivel de país, dando a coñecer que cos lumes forestais o que arde é o territorio, afectando montes, cultivos, facendas, casas, biodiversidade ou paisaxe.

Desenvolver campañas a habitantes do medio rural e urbano.

Establecer unha política de comunicación sobre a sociedade galega que recupere os principios básicos da prevención e recoñeza o traballo dos profesionais que xestionan o monte.

Formar ao profesorado, para que poida transmitir aos alumnos a problemática dos incendios forestais.

59

Plan de prevención. As medidas máis eficaces en materia de prevención contra incendios forestais referentes ao operativo de terra serán:

As actuacións preventivas deben procurar valor engadido en canto a ter un sentido como traballos de investimento produtivo no monte, no marco legal vixente dos modelos silvícolas e non deben ser meras actuacións de apoio á extinción.

A potenciación dun modelo mixto no dispositivo, baseado en parte no sistema de obras e traballos forestais por empresas privadas, mediante vinculación do traballador forestal que traballa todo o ano en labores silvícolas e intervén na extinción cando resulte necesario.

O cumprimento das responsabilidades de xestión establecidas para os propietarios nas redes de faixas de xestión da biomasa.

O fomento de estruturas en mosaico referido tanto a especies como a aproveitamentos e usos, sempre coa condición dunha xestión activa, tanto das terras agrícolas como forestais, respectando as distancias legalmente establecidas.

No marco do Plan forestal de Galicia deberíanse estudar posibles usos e aproveitamentos compatibles coa limpeza axeitada da franxa de servidume de liñas eléctricas, mediante sistemas silvopastorais, cultivos de aromáticas e medicinais, melloras cinexéticas e outras, de cara a non perder superficie produtiva (proposta da coordinación).

60

Plan de prevención. As axudas de posta en valor do monte de xeito multifuncional e sustentable son medidas de prevención incendios forestais.

Valóranse moi pouco eficaces as axudas que se están outorgando aos concellos en materia de prevención.

As axudas públicas en materia de prevención contra incendios forestais para CMVMC deberán:

Ter as bases reguladoras consensuadas con unificación dos criterios técnicos que aplicarán os funcionarios que as certifiquen.

Orientarse a proxectos integrais bianualizados, para dispoñer de equipamentos para colaborar na extinción.

Ser de carácter permanente e estable.

Quedar vinculadas á existencia de IOXF, onde estea recollido e planificado o correspondente Plan de prevención e infraestruturas de defensa contra incendios.

61

Plan de detección, vixilancia e disuasión.

Deberán desenvolverse instrumentos de colaboración, segundo o indicado na Lei de incendios, con agrupacións de defensa contra incendios e o voluntariado social para a vixilancia e detección de incendios.

Deste xeito, intensificaranse os labores de vixilancia mediante percorridos polo monte, para conseguir un efecto de disuasión.

Valoraríase positivamente complementar o sistema clásico de vixilancia cun sistema tecnolóxico baseado en cámaras de distinta función e tipoloxía.

62

Plan de extinción. CONSIDERACIÓNS XERAIS:

Os incendios forestais son unha ameaza para a conservación do monte galego.

Non se debe reducir o operativo de extinción de incendios forestais.

Non se deben incrementar os orzamentos dirixidos á extinción de incendios forestais.

Os membros das brigadas de extinción dos distritos forestais deben asumir como traballo cotiá durante todo o ano as tarefas silvícolas preventivas, con obxectivos concretos de traballo programados e planificados, dando prioridade a aqueles incluídos en IOXF para o que, se é o caso, se procederá a modificar a propia estrutura das brigadas.

Medidas e consideración en materia do dispositivo de extinción:

Medios aéreos: debería optimizarse o uso de medios aéreos, aproveitando convenientemente as vantaxes de rapidez de actuación en incendios incipientes (medios de pronto ataque).

Non se debe reducir o dispositivo de medios aéreos.

Medios terrestres: o modelo actual podería asumirse transitoriamente, sempre que se mellore a operatividade das cuadrillas da Administración na execución de traballos preventivos.

Debe promoverse unha migración progresiva a un modelo mixto que combine persoal cualificado de extinción, cun bo nivel de formación, profesionalizado, menos numeroso, altamente especializado e con medios suficientes, con traballo durante todo o ano en tarefas de extinción, formación e preventivas.

Todo o parque móbil de motobombas debe depender directamente da Xunta de Galicia.

Utilizar maquinaria pesada, no marco do esquema de obras e traballos forestais, combinando os traballos preventivos cos necesarios de extinción.

63

Plan de investigación de causas e persecución de incendiarios. As medidas prioritarias en materia de investigación de causas e persecución polos corpos e forzas de seguridade do Estado (CeFSE):

Organizar a información dispoñible sobre investigación de causas, extraendo as necesarias conclusións sobre intencionalidade e motivación.

Concentrar recursos nas áreas fortemente conflitivas.

Incrementar a formación dos axentes encargados da investigación e traballar cara a un grupo integrado de investigación de causas co dito persoal e CeFSE que achegue unha mellora real na persecución dos incendiarios potenciando a imbricación cos corpos e forzas de seguridade do Estado (debatido e acordado en acta do 17/09).

Mellorar a valoración dos danos producidos e a identificación dos afectados.

Normalizar as indemnizacións que se pagarán nos procedementos xurídicos.

Incrementar o sistema de investigación de incendios forestais, acadando un mínimo de dous axentes asignados por distrito forestal.

Dispoñer da información existente no Rexistro de Pastoreo e outras actividades económicas que se realicen na zona e requiran cesión/autorización da propiedade

64

Plan de restauración de terreos queimados (postincendio). As medidas prioritarias en materia de restauración hidrolóxica-forestal dos terreos queimados, serán:

Proceder de oficio á restauración en montes de xestión pública, tras investigación de causas suficientes que evite a conflitividade.

Mellorar o nivel de coñecemento das dinámicas de reprodución de incendios, para mellorar as actuacións de remate de incendios.

Promover un sistema viable de seguro contra incendios que indemnice polo valor da madeira e non por un tanto fixo por hectárea.

Establecer procedementos de axudas para restauración de montes queimados por causas alleas aos seus donos, ao monte de xestión privada, sempre que dispoñan e sigan o correspondente IOXF ou demostren unha xestión activa (acta 17/09).

65

Plan de formación continúa. O nivel de formación do persoal que compón o dispositivo de extinción de incendios é insuficiente.

As principais medidas que se implementarán para mellorar a calidade formativa serán:

Fomento do uso das tecnoloxías de información e da comunicación nas tarefas de dirección e coordinación da extinción de incendios.

Débese prestar atención crecente á formación en extinción de incendios na interface urbano-forestal e aqueles de elevada superficie.

Debería fomentarse o uso dos simuladores de comportamento de incendios e de análise de incendios existentes, para mellorar o deseño de labores preventivos e de extinción.

Non se debe deixar a contratación e formación de brigadas a nivel dos concellos.

66

Consideracións xerais en materia de orzamentos da Xunta de Galicia para a prevención e defensa contra incendios forestais:

O orzamento para traballos silvícolas (ligados investimento produtivo en monte) e preventivos debe de estar desligado do destinado a extinción, para evitar que esta última actividade supoña o gasto da maior parte dos recursos económicos para traballos forestais.

AT 9. Sanidade e saúde forestal

67

Toda actuación en materia de sanidade forestal debe ser competencia dun único órgano administrativo, desde viveiro ata produto transformado.Este órgano debe ser a Administración forestal.

68

As medidas prioritarias en materia de seguimento e detección serán:

Intensificar a detección e seguimento específico de pragas e enfermidades declaradas de corentena.

Mellorar a formación do persoal da Administración forestal e establecer procedementos de avaliación periódica de presenza/severidade de afeccións sanitarias.

A expedición do pasaporte fitosanitario para a produción e comercialización do material forestal de reprodución (MFR) fose realizado pola Administración forestal.

Mellorar a formación dos propietarios forestais e comuneiros de xeito que poidan asumir o indicado no art. 117.a) da Lei 7/2012.

69

As medidas prioritarias en materia de prevención serán:

A formación dos silvicultores, viveiristas, técnicos de asociación de propietarios e de empresas de servizos forestais, e funcionarios responsables da xestión de montes en materia de sanidade forestal.

O intercambio de información periódica co sector sobre sanidade forestal.

A promoción da relación institucional entre as organizacións de propietarios forestais e a Administración competente, incluíndo a avaliación conxunta.

70

As medidas prioritarias en materia de loita integrada contra pragas e enfermidades serán:

Reforzar a investigación e aplicación práctica dos métodos de control biolóxicos.

Reforzar a investigación na relación entre silvicultura e pragas e enfermidades forestais.

Reforzar a investigación e aplicación prácticas das liñas de mellora xenética que considera a susceptibilidade a enfermidades.

Promover os traballos de avaliación e declaración de produtos fitosanitarios que permitan ampliar o número de materias activas axeitadas para o tratamento específico de pragas e doenzas forestais.

Establecer plans de loita integrada específicos contra pragas e enfermidades que poñan en risco a diversidade e produtividade do monte galego.

71

As medidas prioritarias en materia de declaración, erradicación, control e seguimento de organismos de corentena serán:

Crear un servizo de avisos de pragas e doenzas forestais na páxina web da consellería competente en materia de montes (art. 116.3 da Lei 7/2012).

Mellorar a información e formación sobre métodos de prevención para a entrada en España e no territorio da Comunidade Autónoma galega de organismos de corentena derivada de traslados de material (plantas, outros materiais forestais de reprodución, madeira, biomasa...).

Potenciar as liñas de investigación e transferencia sobre os organismos de corentena e outros problemas e riscos sanitarios de relevancia.

AT 12. Formación, educación e divulgación

72

É necesario mellorar en contidos formativos de EP e ESO coa realidade do monte galego e a súa importancia para conservar a biodiversidade:

Desenvolver un programa específico de visitas de colexios e IES a centros de formación e experimentación agroforestal.

Potenciar as visitas de colexios a aulas da natureza.

Realizar visitas a industrias de produtos forestais, CMVMC e montes en xestión.

Fomentar contactos de mestres co persoal técnico e de gardaría. Actividades de difusión en colexios e institutos.

73

É necesario mellorar o nivel de información da sociedade sobre o forestal, a cadea dos produtos forestais, os MVMC e as comunidades de montes:

Elaboración dun plan de divulgación forestal.

Realización dun plan de comunicación integral que dinamice a demanda de produtos.

Reforzo dos contidos forestais en aulas da natureza.

Desenvolvemento de campañas públicas en colaboración coas comunidades de montes, dando a coñecer o MVMC e o funcionamento das CMVMC.

74

Medidas para potenciar a actividade da rede galega de aulas forestais.

Mellora da formación do persoal encargado das aulas.

Axeitada dotación de medios (infraestruturas ou finalización de obras).

75

É necesario mellorar o nivel de calidade da formación para o emprego no sector.

Incrementar e mellorar a oferta formativa, particularmente a formación práctica en aproveitamentos con simuladores.

Solventar a carencia na oferta de contidos sobre extinción de incendios forestais na rama agraria.

Mellora no control dos contidos ofertados pola Consellería de Traballo, con achegas e consultas ao sector, asegurando unha axeitada formación dos formadores.

76

É necesario mellorar a formación profesional nos ámbitos forestais e no da madeira e moble.

Mellorar o sistema de prácticas en empresas e institucións.

Mellorar formación do profesorado en aspectos prácticos forestais e da industria.

Acadar dotación axeitada de material de prácticas e viaxes de campo.

Fomentar plans de formación de propietarios e/ou xestores, nos cales as asociacións de propietarios deben ser as responsables da organización, as administracións deben controlar o proceso e debe existir un apoio en contidos nos centros de formación profesional e no SUG.

A formación dos propietarios debe contar co axeitado financiamento, considerándose o cofinanciamento entre os interesados e as súas organizacións e a Administración competente como o modelo máis razoable.

77

É necesario fortalecer ou crear sistemas de formación continua dos traballadores da Administración forestal, na cadea monte-industria e en todos os ámbitos do sector.

É necesario un sistema de formación continua obrigatorio na Administración forestal.

Son necesarias melloras no deseño e contido dos cursos ofertados.

É necesario fortalecer, no ámbito da cadea monte-industria, a formación en novas tecnoloxías e procesos produtivos.

É necesario fortalecer a formación en materia de seguridade e saúde, en particular nos ámbitos da defensa contra incendios e na cadea monte-industria.

Adaptación de contidos ás actividades que se desenvolverán en cada posto.

Intensificación da formación práctica.

O profesorado debe ter experiencia real.

Cursos sectoriais sobre seguridade e saúde no ámbito da cadea da madeira.

78

É necesario mellorar a eficacia do SUG en determinados ámbitos:

Preparación para actividade profesional na industria.

Preparación para actividade profesional en empresas de servizos.

Difusión, valorización e transferencia de resultados.

79

Medidas propostas de mellora do SUG no ámbito do Plan forestal:

Fomentar o contacto do profesorado co sector.

Incorporar á docencia profesionais de alto nivel.

Potenciar as conexións dos plans de estudo coas necesidades de innovación da industria da madeira.

Potenciar cooperación con organizacións do sector en traballos fin de grao e máster.

Acadar maior implicación de axentes do sector na elaboración de plans de estudo.

Racionalizar a oferta formativa.

80

É necesario impulsar a transferencia e divulgación do coñecemento das entidades relacionadas co I+D+i do sector forestal de Galicia, mediante:

Impulso das actividades de promoción e difusión.

Desenvolvemento da prestación de servizos de asistencia técnica.

Organización de charlas e debates en grupos.

81

Medidas de desenvolvemento da actividade de extensión forestal.

Asignando recursos, con coordinación de obxectivos e coordinación centralizada a nivel Galicia.

Extensión acometible mediante asociacións de propietarios, vía cursos de formación.

Sen esquecer a función divulgadora, de difusión, dinamizadora e de presenza no rural do persoal dos distritos forestais, en especial os axentes, fomentando esas funcións e compatibilizándoas coas de vixilancia, policía e custodia.

AT 13. Investigación e transferencia forestal

82

As actividades de I+D+i deben responder axeitadamente ás necesidades do sector, mellorando, en particular, nos seguintes ámbitos:

Transferencia de resultados.

Innovación organizativa e comercial no ámbito empresarial.

Investigación de campo e experimentación.

83

As actividades de I+D+i deben contribuír a unha mellora no sector en canto aos seguintes aspectos:

Resistencia a pragas e doenzas forestais.

Desenvolvemento de novos produtos forestais e mellora dos existentes.

Incremento da produción forestal.

Prevención, combate e restauración tras incendios.

84

RECURSOS, LIÑAS E CENTROS. Necesidade de mellorar os recursos asignados a I+D+i, en particular os económicos, para acadar unha mellora na contribución dos distintos axentes de I+D+i ao sector.

Liñas importantes de investigación que deben potenciarse:

Protección forestal na súa vertente sanitaria.

Emprego da madeira na construción.

Evolución e funcionamento dos mercados de produtos forestais.

Mellora xenética forestal aplicada, orientada á obtención de materiais forestais de reprodución de alta calidade xenética.

Mellora silvícola, que permita que o monte produza maior calidade de produtos.

Mellora da estrutura da propiedade forestal.

85

ORGANIZACIÓN E FINANCIAMENTO. É necesario mellorar a organización do I+D+i forestal:

Desenvolvendo un sistema de vixilancia estratéxica e tecnolóxica do sector.

Deseño dun sistema de indicadores de transferencia de resultados para medir contribucións de centros e grupos.

Para impulsar a transferencia e divulgación do coñecemento das entidades relacionadas co I+D+i do sector forestal sería conveniente unha coordinación ou, mesmo, unificación das plataformas da enerxía, da industria e Devesa.

86

É necesaria unha mellora no financiamento do sistema de I+D+i, propoñéndose as seguintes medidas:

Políticas de apoio específicas ao I+D+i forestal galego.

Cooperación entre entidades para captar fondos en convocatorias competitivas.

Promover a captación de financiamento privado.

87

ALIANZAS E COOPERACIÓN. É necesario potenciar as alianzas e cooperación entre entidades de I+D+i, mediante:

Centros nacionais e internacionais, con transferencia mutua e proxectos conxuntos.

Convenios entre universidades e centros en Galicia.

Potenciación da cooperación nos ámbitos nacional, autonómico e local co obxectivo de acadar masa crítica suficiente.

88

É necesario potenciar as alianzas e cooperación entre entidades de I+D+i e outros axentes, mediante:

Acordos con empresas e organizacións forestais e da madeira, que permitan detectar necesidades de I+D+i.

Acadar unha mellor articulación coa Administración autonómica.

Acordos con organizacións e asociacións representantes de axentes sociais.

89

É necesario potenciar o CIF Lourizán como centro de referencia da I+D+i sectorial forestal en Galicia:

Redefinición das áreas de competencia.

Recuperación das actividades de extensión forestal para solucionar problemas concretos.

Actuacións para dotalo de status xurídico que permita un funcionamento áxil.

Impulso á súa inclusión na Rede de centros de investigación de Galicia (Recesga).

Consolidación do destino do predio.

Potenciación da protección do coñecemento e información como principal activo do centro.

É necesario abordar distintas medidas relacionadas cos recursos humanos no CIF Lourizán, incluíndo unha avaliación equilibrada do rendemento, plan de formación, plan de urxencia para cubrir vacantes, definición do cadro de persoal obxectivo e outros.

90

A avaliación das actividades de I+D+i forestal a nivel Galicia realízaa a consellería competente en I+D+i así como, no tocante ao financiamento específico que achega, a Administración forestal.

Convén que adicionalmente se faga unha valoración desa actividade desde o Consello Forestal, cos necesarios cambios no seu funcionamento e no marco do seu carácter consultivo. As plataformas tecnolóxicas, coa coordinación ou unificación devandita, serían tamén organismos con esa función.

Debe desenvolverse un plan estratéxico integral da I+D+i forestal, que oriente as actividades dos diferentes axentes implicados no desenvolvemento do sector forestal e optimice os recursos necesarios para a súa implantación mediante a creación dun consello de investigación forestal público-privado coa participación dos axentes do sector para definir as liñas prioritarias e promover unha I+D+i máis eficiente, a partir dunha capacidade real de decisión.

AT 16. Estatística forestal e sistemas de apoio á toma de decisións.

A Administración xeral do Estado (AXE) e a Xunta de Galicia colaborarán no deseño e avaliación do IFN para mellorar a súa eficacia, o que permitiría entre outros retos unha mellor desagregación por ámbitos territoriais de especies (termos municipais e distritos forestais), e a distinción das existencias das diferentes especies de eucalipto (especialmente E. nitens).

A periodicidade para as diferentes formacións arbóreas serán:

Formación arbórea

Periodicidade inventariación (anos)

Eucalyptus spp.

3-5 anos

Pinus spp., especialmente P. radiata e P. pinaster

5 anos

Resto de especies, especialmente frondosas caducifolias

10 anos

AT 16. Estatística forestal e Sas de apoio a toma de decisións

91

As principais medidas para mellorar a información dos IFN serán:

Debería combinarse a realización de IFN clásico, baseado en parcelas circulares de raio variable, con voos LIDAR de relativa frecuencia, para actualizar progresivamente as estimacións.

Debe achegarse información numérica e gráfica sobre o rexistro de montes ordenados.

Mellora dos datos de árbores tipo, coa recolección da idade dos ditos individuos para aquelas masas monoespecíficas coetáneas, regulares ou semirregulares, co fin de coñecer o seu índice de sitio.

A base cartográfica (MFE) en forma de mapa de estratos forestais debe actualizarse con maior frecuencia, diminuíndo a superficie mínima de tesela (actualmente 1 ha para uso forestal e 2 ha para uso agrícola) para a súa utilización a escala 1:5.000 ou maior.

Á parte das existencias madeireiras, a posibilidade técnica de saca de todos os produtos forestais (existencias técnicas) e as posibilidades económicas de saca dos produtos forestais (existencias económicas). FAWS (forest available for wood supply)

92

A asignación de usos está descoordinada entre o MFE, Siose e Sixpac; é necesario harmonizar a dita información mediante:

A información Sixpac de parcelas forestais debe actualizarse con frecuencia e tomarse como referencia do uso actual e especie existente, dun xeito similar ao caso das parcelas agrícolas, asegurando a revisión anual dos usos.

As teselas mínimas do Siose (auga, cultivos, vexetación de ribeira e cantís: 0,5 ha, zonas urbanas: 1 ha e zonas agrícolas, forestais e naturais: 2 ha) e MFE (zona forestal: 1 ha e zona agrícola: 2 ha) deben ser harmonizadas para a súa utilización conxunta.

Os usos das coberturas (simples e compostas) do Siose e os usos dos recintos asignados no Sixpac deben ser harmonizadas cos usos e estratos existentes no MFE para que refiran estatísticas coordinadas (Sixpac nos usos agrícolas e MFE no uso forestal e integrados no Siose).

Os cambios de usos dos recintos Sixpac cando afecten montes ou terreos forestais (especialmente montes públicos ou MVMC, xa que se dispón da súa cartografía) necesariamente constarán dun informe preceptivo do órgano forestal comprobando que se producise o dito cambio.

93

ESTATÍSTICA FORESTAL. É prioritario dispoñer de estatísticas e información fiable, actualizada e dispoñible das seguintes actividades dentro da cadea monte-industria:

Unha rede cartográfica temática forestal e ambiental para os traballos de consultoría e planificación forestal de carácter gratuíto, que recolla e poña á disposición de xeito actualizado todas aquelas afeccións sectoriais.

Superficie reforestada anualmente por especies e distritos forestais (no caso de obxecto de investimento público desagregarase por certificados patrón).

Rexistro de MVMC: número de montes clasificados e superficie desagregados por concellos e distritos forestais, número CMVMC, número de comuneiros, número de comunidades en situación irregular.

Superficie anualmente traballada mediante tratamentos silvícolas.

Estatísticas relacionadas con lumes forestais (número de lumes, superficie queimada, ratio arborizada/rasa, época do ano) por concellos.

Debe abordarse definitivamente a mellora e actualización do catastro de rústica en relación coas parcelas forestais.

Na estatística forestal debe considerarse de forma axeitada e paritaria a actividade económica e creación de emprego ligada á silvicultura.

94

O mercado dos produtos forestais en Galicia debería afondar máis na publicidade de prezos e ofertas e fomentar unha maior concorrencia competitiva, para iso implementaranse as seguintes medidas:

Creación dun portal web como observatorio de prezos de produtos forestais (cogomelos, castaña, madeira, mel e froitos silvestres).

Establecemento nos montes xestionados pola Administración dun plan anual de vendas de madeira que asegure o seu cumprimento nun prazo axeitado de tempo e información vía web (licitación, taxación, planos do lote que se vai aproveitar, adxudicación, prezos ofertados).

Publicación nos tres primeiros meses da superficie obxecto de aproveitamento e produción de madeira por especie, distrito forestal, propiedade e forma de xestión (pública/privada) e doutros produtos e aproveitamentos forestais.

Fomento e divulgación de poxas privadas de produtos; puntos de venda por localidade e lonxa-web.

AT 18. Administración pública

95

As competencias en materia de montes atribuídas legalmente á Xunta de Galicia e, en particular, á Administración forestal son axeitadas (Lei 3/2007 e Lei 7/2012). Igualmente as competencias atribuídas ás entidades locais (Lei 7/1985, Lei 5/1997, Lei 3/2007 e Lei 7/2012).

A Administración forestal impugnará de oficio todas aquelas ordenanzas que vaian contra o ordenamento xurídico en materia de montes. As ordenanzas e as disposicións aprobadas polas entidades locais que non se axusten ao disposto na Lei 7/2012 quedan sen efecto.

As plantacións forestais e as accións de tipo silvícola, así como as de aproveitamento, haxa ou non planeamento urbanístico municipal aprobado, non requirirán licenza municipal se se realizan en solo rústico ou urbanizable non delimitado.

A lexislación do solo e a da ordenación de territorio incide directamente na xestión dos montes e no desenvolvemento das actividades forestais, e condiciona a normativa sectorial. Estanse a producir problemas e situacións nos solos rústicos que deben ser abordados mediante un tratamento axustado e consensuado co sector forestal no texto da normativa.

96

Directrices básicas en materia de estrutura orgánica:

É necesaria unha dirección xeral forestal que coordine as actividades en materia de montes e de produción forestal.

Todas as competencias de usos e actividades que se desenvolvan sobre terreos forestais dentro do mesmo departamento.

Deberían integrarse a caza e pesca fluvial nas competencias forestais.

97

Principais obxectivos que se desenvolverán nas funcións dos distritos forestais:

Falta unha fixación de obxectivos claros e concretos a acadar cada ano pola banda do centro directivo. Informe de postavaliación de cumprimento.

Deberían asesorar as CMVMC e os titulares de montes particulares no que se refire á posta en valor dos seus montes.

Deberían traballar para identificar os predios forestais abandonadas e buscar acordos entre particulares para agrupar a propiedade dos montes.

É necesaria a creación de áreas técnicas diferenciadas segundo funcións (xestión forestal, protección do monte, prevención e extinción de incendios).

É necesario asegurar un funcionamento e aplicación similar de criterios administrativos en tódolos distritos forestais.

AT 19. Marco normativo e representatividade sectorial

98

De xeito prioritario deberase desenvolver regulamentariamente en materia de montes (Lei 7/2012):

Desenvolvemento do Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas (art. 93,126m).

A efectos do deslindamento (art. 49 e 52) consideración acreditativa de situacións posesorias por calquera medio de proba.

Creación, regulación e funcionamento do fondo de melloras para a realización de investimentos de carácter forestal (art. 124).

Desenvolvemento do Rexistro de Montes de Varas, Abertais, de Voces, de Vocerío ou de Fabeo (art. 45,126k).

Desenvolvemento da figura do contrato temporal de xestión pública (art. 123,124c,126c).

Desenvolvemento do rexistro, declaración e xestión de montes protectores (art. 21-22-126d).

Desenvolvemento do CUP (sección 3ª, art. 27, 28, 29, 30, 34.2, 36,124a,126a).

99

De xeito prioritario deberase desenvolver regulamentariamente en materia de incendios (Lei 3/2007):

Normalización das redes de defensa contra os incendios forestais dos distritos: normas técnicas e funcionais relativas á clasificación, construción, mantemento e sinalización de vías integrantes da rede viaria forestal, puntos de auga e demais infraestruturas forestais integrantes das redes de defensa contra os incendios forestais dos distritos (art. 19).

Modificación das zonas de alto risco de incendios forestais en Galicia e declaración de parroquias de alta actividade incendiaria (art. 11.5, art. 86 Lei 7/2012).

Modificación da regulación dos criterios de xestión da biomasa para a prevención dos incendios forestais (art. 6.g) nas redes de faixas de xestión de biomasa (art. 20.7, 21 bis, 22.1 e 23.4).

Desenvolvemento polo que se regulan os requisitos mínimos dos plans de defensa contra os incendios forestais a nivel de distrito e concello (art. 16.2).

Desenvolvemento para a regulación das queimas controladas en Galicia (art. 35).

Desenvolvemento polo que se regulan os requisitos, as instalacións e equipamentos específicos para a autorización de áreas recreativas incluídas en zonas de alto risco de incendio (art. 36.4).

100

Débese revisar a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, en especial:

Desenvolvemento de criterios para declarar o estado de grave abandono na xestión do monte e da figura de extinción da comunidade veciñal na xestión do monte.

Réxime xurídico das comunidades e dos montes veciñais: organización e funcionamento das CMVMC. Xuntas, asemblea, convocatorias, acordos, maiorías.

O actual grao de organización das mancomunidades é baixo. As mancomunidades deberían posuír personalidade xurídica.

Reconsiderar a figura actual dos xurados provinciais de clasificación de MVMC e a súa composición.

Regulación dos actos de disposición e acordos asemblearios para a repartición de lotes ou sortes.

Clarificación do papel da Administración forestal na súa tramitación (de ser necesaria) e, en calquera caso, rexistro e salvagarda de cumprimento.

101

A simplificación na tramitación dos expedientes administrativos debe ser unha directriz fundamental en materia de desenvolvemento regulamentario, a través das seguintes medidas:

Obriga de xanela única en todos os casos de autorizacións administrativas (de xeito electrónico e co seguimento do estado do expediente): un único órgano substantivo que solicita informes preceptivos (dando un prazo máximo) aos restantes departamentos con competencias (incluído participe AXE).

Actualmente non se percibe en absoluto que a xanela única establecida lexislativamente se estea a cumprir, hai especialmente atrancos con: Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia-Camiño de Santiago, confederacións Hidrográficas e informes de clasificación urbanística.

Simplificación administrativa das actividades en terreos forestais suxeitos a algún tipo de réxime de protección mediante autorizacións xenéricas ou declaracións xuradas condicionadas a códigos de boas prácticas específicos.

Ademais debe existir unha compensación para os seus titulares nestes terreos (terreos forestais suxeitos a algún tipo de réxime de protección).

102

CONSELLO FORESTAL DE GALICIA . É necesario revisar a estrutura (número excesivo de membros principalmente da Administración) e funcións do Consello Forestal de Galicia, do seguinte xeito:

Debe ser informado de calquera instrumento lexislativo (orde, decreto, lei) que afecte terreos forestais.

Debe ser informado de calquera instrumento estratéxico ou de planificación que afecte terreos forestais.

Debe ter remunerados os custos de desprazamento e asistencia (axudas de custo) dos seus membros.

103

As mesas sectoriais son necesarias (art. 100 e 102 da Lei 7/2012) pero deberían traballar como grupos de traballo específicos dentro do Consello Forestal de Galicia elaborando informes/propostas por solicitude do dito Consello. As principais mesas serán:

Mesa da madeira (inclúe biomasa).

Mesa da castaña.

Mesa dos pastos en montes.

104

PARTICIPACIÓN NOUTROS FOROS DE PARTICIPACIÓN. Débese revisar e actualizar a representación do sector forestal no:

Consello Agrario Galego.

Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

Consellos nacionais e europeos.

105

Débese fomentar a colaboración con comunidades autónomas lindeiras e transfronteiriza co norte de Portugal en todos os eidos, establecendo convenios e mantendo un contacto continuo, en particular nos ámbitos de (proposta da coordinación):

Prevención e extinción de incendios forestais.

Sanidade forestal.

Desenvolvemento do Rexistro de Montes de Varas (de socios) e solicitude de melloras fiscais nese ámbito.

AT 15. Fomento e fiscalidade forestal

106

FOMENTO FORESTAL. As medidas máis eficaces que se implementarán en materia de fomento forestal serán:

Medidas fiscais.

Convenios da Administración con entidades bancarias co fin de facilitar créditos bonificados para os beneficiarios de axudas, de cara a facilitar a súa execución.

Créditos bonificados a longo prazo.

Investimentos directos reintegrables.

Investimentos directos a fondo perdido.

Subvencións, entendidas como axudas públicas en concepto de gasto compartido.

107

FONTES DE FINANCIAMENTO PARA O FOMENTO FORESTAL. Deberanse priorizar os seguintes ámbitos definidos na Estratexia forestal europea de 2013, como obxectivos e metas na utilización dos fondos Feader:

Protección dos bosques.

Incremento da capacidade de resistencia/resiliencia, valor ambiental e potencial de mitigación dos ecosistemas forestais.

Conservación dos recursos xenéticos.

Modernización das tecnoloxías forestais.

Creación de novas masas arbóreas e sistemas agroforestais na actual superficie forestal.

108

A principal fonte de financiamento en materia forestal para investimentos directos e axudas públicas serán os fondos Feader: os plans de desenvolvemento rurais (PDR-Galicia) deberán contemplar:

Os investimentos no desenvolvemento de zonas forestais e na mellora da viabilidade dos bosques deben aproveitarse para actuacións de mellora produtiva e desligarse da problemática de incendios.

A substitución das diferentes medidas forestais do último período de programación por unha única medida de silvicultura con varias submedidas; simplificando a implementación de programas, reducindo a carga administrativa, especialmente na xestión financeira, e permitindo aos beneficiarios executar proxectos integrados cun maior valor engadido.

A ampliación da figura do beneficiario. Ademais do propietario poderá ser beneficiario o titular, entendendo aos arrendatarios de terras como tales.

Canalizar axudas aos propietarios en RN 2000 a través do organismo competente, implementándoas no PDR Galicia 2014- 2020.

Débese facer o desenvolvemento regulamentario do Fondo de melloras ou fondo público forestal (art. 124 da Lei 7/2012) co fin de asegurar un investimento público constante en actuacións de mellora e posta en valor dos montes galegos.

Nos casos en que o fondo de melloras non sexa suficiente para acometer os investimentos necesarios nos montes, estudar a posibilidade de ligar as devanditas melloras aos aproveitamentos realizados, quedando condicionados os adxudicatarios dos aproveitamentos á execución das melloras (reforestacións, podas, eliminación de restos…).

109

As cotas de reinvestimento deben existir e, de xeito prioritario, aplicar (art. 124 e 125 da Lei 7/2012):

Ao 100 % ingresos montes catalogados ou patrimoniais titularidade da Xunta de Galicia.

Ao 40 % ingresos montes catalogados das entidades locais.

Ao 100 % ingresos das superficies non esclarecidas nos montes de varas.

Ao 40 % ingresos montes de varas.

Ao 40 % ingresos MVMC.

Obriga de reinvestimento do 100 % dos ingresos en superficies con contrato de xestión pública e os catalogados de entidades locais afectadas por incendios/ pragas/vendavais, agás xustificacións autorizadas (art. 124 Lei 7/2012).

110

Os niveis actuais de reinvestimento dos ingresos da propiedade particular no ámbito forestal non está a ser suficientes para asegurar a xestión forestal sustentable dos seus propios montes. Débense implementar, prioritariamente, as seguintes medidas:

Simplificar administrativamente a actividade forestal, especialmente naquelas superficies cun IOXF, independentemente das formacións específicas ou a súa afectación a espazos baixo algún réxime de protección especial.

Mellorar significativamente a xenética do material forestal de reprodución que se empregará nas repoboacións forestais.

Velar (controis da Administración forestal) polo cumprimento dos investimentos das actuacións contidas nos plans especiais dos IOXF (art. 83 da Lei 7/2012).

Crear unha rede de montes «modelos» onde se aplique unha xestión activa, multifuncional e ampla no manexo de especies, produtos e servizos (extensión forestal).

Supeditar a concesión de axudas públicas á existencia dun IOXF.

111

O investimento de capital privado por parte de investidores non propietarios é deficiente. Débense implementar as seguintes medidas co fin de atraer o dito investimento á actividade forestal en Galicia:

Desenvolver incentivos fiscais (tramo autonómico do IRPF, desgravacións solicitadas ao Estado para o IS) que faciliten o investimento privado de particulares ou empresas.

Desenvolver un sistema de seguros forestais axeitado ás condicións do monte galego.

Solicitar a mellora e adaptación desde o punto de vista forestal do Real decreto 163/2014.

O mecenado debe ser unha forma de fomentar a colaboración social na xestión forestal sustentable a través da captación e xestión de fondos de particulares e empresas dedicados a ese fin.

Facilitar un acceso transparente vía web á información sobre produtividade e aproveitamentos dos montes, xunto cos datos históricos de incendios forestais.

112

SEGUROS FORESTAIS. A oferta actual de seguros forestais non é axeitada para satisfacer as demandas dos propietarios e para fomentar o investimento privado de non propietarios. Para solucionar estes atrancos deberase:

Potenciar que a cobertura do seguro corresponda non só á reforestación (caso de masas novas), senón adicionalmente á madeira afectada, todo iso coas franquías ou valores máximos que se consideren necesarios en cada caso.

Acadar unha superficie mínima asegurada mediante iniciativa da Administración orientada aos montes que conten con certificación forestal.

Información pública actualizada do índice de risco para incendios forestais segundo parroquias.

113

MEDIDAS FISCAIS. A prioridade en materia de medidas fiscais referidas a impostos sobre os que a Xunta de Galicia ou entidades locais teñen capacidade de decisión serán:

No caso do imposto de sucesións, tratamento dos propietarios forestais que demostren unha xestión activa equiparable os titulares de explotacións agropecuarias.

Fomentar o recambio xeracional mediante reducións no Imposto de Sucesións e Doazóns a familiares de 2º grao. Gratuidade.

Exclusión de Imposto de Sucesións e Doazóns de parcelas forestais poboadas con frondosas autóctonas.

Desgravacións para os investimentos nos montes no tramo autonómico do IRPF.

Exención ou redución do IBI para os montes ou parcelas forestais que conten con IOXF.

Tratamento fiscal axeitado dos montes de varas incluídos no rexistro, en particular no caso da exención do IBI.

114

As principais demandas en materia de medidas fiscais referidas a impostos sobre os que o Estado ten a capacidade de decisión serán:

Bonificación do imposto en permutas (ITPAXD imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) cando a finalidade sexa incrementar a agrupación da propiedade forestal.

Desgravacións para os investimentos nos montes no tramo estatal do IRPF.

Mellora do réxime fiscal no IS para as sociedades que xestionen montes.

Establecemento dun plan sectorial contable específico das explotacións forestais, que permita descontar na contabilidade o valor do solo ou os investimentos realizados actualizados.

115

As principais demandas en materia de mellora do actual réxime fiscal específico das CMVMC serán:

Redución do tipo impositivo actual do 25 % no imposto de sociedades.

Aplicación de coeficientes redutores progresivos sobre os ingresos da venda de madeira de especies forestais con período de maduración longos, para compensar a imposibilidade de actualización dos custos dos traballos silvícolas.

Ampliación do prazo de compensación de bases impoñibles negativas, ou posibilidade de deducir unha provisión para gastos ou reinvestimentos futuros.

ANEXO II. MEDIDAS DO DITAME DA COMISIÓN ESPECIAL NON PERMANENTE DE ESTUDO E ANÁLISE DAS REFORMAS DA POLÍTICA FORESTAL, DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS FORESTAIS E DO PLAN FORESTAL DE GALICIA

Eixe

Medida

A planificación e ordenación forestal. A gobernanza do monte galego

1

Utilizar o Sistema de información e estatística forestal de Galicia, como mecanismo que permita facer diagnoses adecuadas e ser unha ferramenta esencial para a toma de decisións de políticas públicas ou empresariais relacionadas co sector forestal

2

Desenvolver os plans de ordenación dos recursos forestais dos diferentes distritos forestais galegos dentro dunha ordenación integral do territorio rural

3

Impulsar a ordenación dos montes galegos para que neles se desenvolva unha xestión forestal sustentable

4

Promover activamente a certificación forestal do monte galego pola Administración forestal

5

Promover a certificación e a xestión forestal sustentable. Esta comisión recomenda a adopción do seguinte:

• Exixir que a madeira que se utilice en edificios e infraestruturas impulsadas pola Administración autonómica proceda dunha xestión forestal sustentable e conte con calquera selo de certificación aceptado a nivel internacional.

• Fomentar a utilización de madeira certificada e procedente dunha xestión forestal sustentable para a rehabilitación e construción de vivendas cando sexan apoiadas con subvencións públicas.

6

Converter a xestión pública de montes nun referente de xestión forestal sustentable centrándose naqueles montes en que a produción veña moi condicionada por valores ambientais ou culturais de interese xeral e nos montes clasificados como protectores

7

Crear comités forestais dentro de cada distrito como foros de intercambio de información

8

Delimitación previa de:

• Montes protectores.

• Masas consolidadas de frondosas autóctonas.

9

Crear unha comisión de simplificación normativa co fin de centralizar a análise das normativas sectoriais que afectan o sector forestal

10

Impulsar desde o Parlamento de Galicia a imprescindible concordancia entre a lexislación española e a galega nas materias forestais

11

Recoller nun único texto lexislativo toda a normativa existente en materia de prevención e extinción de incendios forestais en Galicia

12

Impulsar o desenvolvemento regulamentario da Lei 7/2012 de montes e da Lei 4/2015 de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia

13

A consellería competente en materia forestal e/ou de ambiente natural elaborará un informe anual que remitirá ao Consello Forestal de Galicia e ao Parlamento de Galicia en relación co cumprimento dos PORF de distrito, plans reitores de espazos naturais de Galicia e plans de ordenación de montes.

Ordenación das especies forestais. A regulación do eucalipto

14

No que se refire á repartición de especies arbóreas na superficie forestal galega, en particular o eucalipto, a Comisión recomenda:

• Manter a eliminación de todas as axudas á forestación ou reforestación de todas as especies de eucalipto en calquera fase do ciclo produtivo.

• Manter a prohibición de plantación de eucalipto en terras agrarias ou en montes previamente poboados con frondosas tradicionais e controlar e penalizar a contravención desta norma.

• Incorporar á normativa a prohibición de plantación de eucaliptos en plantacións previas de piñeiro, en función dos plans de ordenación por distrito forestal.

• Manter a prohibición de plantación de eucalipto nas faixas próximas aos cursos de auga e aos núcleos de poboación.

• Manter a prohibición da plantación de eucaliptos en zonas da Rede Natura e outros espazos protexidos e manter o plan de substitución das superficies existentes que permita esa substitución nun prazo non superior aos dez anos.

• Prohibir as novas plantacións con eucaliptos nos montes de utilidade pública e de xestión pública.

• Establecer límites á proporción de eucaliptos no conxunto das novas plantacións nos plans de ordenación dos distritos forestais, de xeito que se garanta a existencia de masas pluriespecíficas. Estas limitacións permiten preservar zonas do territorio e dificultan a expansión excesiva do eucalipto.

• Se a nova información estatística indica unha situación da ocupación dos terreos forestais polo eucalipto moi superior á que indica o documento de diagnóstico da revisión do Plan forestal de Galicia, deberíanse incorporar medidas de control adicionais.

O impulso da xestión conxunta do monte

15

Facilitar a constitución e adecuado funcionamento das Sofor

16

Incentivar novas fórmulas para a xestión conxunta do monte, baseadas en calquera figura xurídica de natureza mercantil, administrativa ou de base asociativa

17

Cumprir necesariamente nas reestruturacións parcelarias de terreo forestal a implantación destas figuras de xestión conxunta

A profesionalización dos silvicultores

18

Regular a figura do silvicultor activo

19

Crear un rexistro oficial e voluntario de silvicultores activos

20

Introducir as modificacións necesarias para que os silvicultores activos inscritos no rexistro teñan prioridade na concesión das subvencións e incentivos públicos de apoio ao sector forestal

21

Tomar en consideración no ámbito das subvencións de apoio ao sector forestal as seguintes liñas de actuación:

• As axudas basearanse en acordos/contratos sostidos no tempo entre a Administración e o silvicultor activo para o financiamento das operacións forestais especificadas nos instrumentos de planificación forestal (IPF) aprobados pola Administración.

• Os contratos de financiamento estarán asociados ás actuacións previstas nos proxectos de ordenación, plans técnicos de xestión e modelos silvícolas aprobados pola autoridade competente.

• A porcentaxe de subvención será variable, apoiando en maior medida os montes menos rendibles segundo as características físicas do monte e as limitacións de xestión establecidas na zona (Rede Natura, etc.)

22

Como medidas de apoio á profesionalización dos silvicultores, a Comisión recomenda que a Xunta de Galicia desenvolva as seguintes actuacións:

• Utilización dos distritos forestais como un servizo público de extensión forestal para a prestación de asistencia técnica e capacitación profesional a titulares e/ou xestores forestais.

• Deseño e posta en marcha de plans de formación e capacitación profesional.

A multifuncionalidade do monte e o fomento forestal

23

Desenvolver un plan de actuacións de mellora das zonas de pastoreo extensivo en terreos forestais

24

Establecer selos de calidade para os produtos derivados da gandaría en extensivo, para os produtos gandeiros con alimentación específica proveniente do territorio galego, así como para os produtos non madeireiros que procedan do monte galego

25

Promover que as explotacións gandeiras galegas utilicen a produción forraxeira propia ou de proximidade

26

Incentivar actuacións de repoboación forestal e tratamentos silvícolas de axuda á rexeneración natural de frondosas caducifolias

27

Promover a inclusión de frondosas autóctonas nas repoboacións

28

Fomentar a biodiversidade forestal mediante a plantación de especies de madeiras nobres e/ou de froito como a cerdeira, o castiñeiro ou a nogueira e a produción de froitos e sementes forestais para consumo humano e do gando doméstico, cogomelos, plantas aromáticas e medicinais, gandaría de alta calidade

29

Desenvolver un sistema válido respecto da información territorial da biodiversidade de Galicia, co establecemento de criterios e indicadores de biodiversidade, que proporcione aquela información sobre o patrimonio natural

30

Multifuncionalidade do noso monte. Recoméndase elaborar instrumentos de ordenación e planificación dos usos turísticos, sociais ou recreativos dos montes públicos e privados próximos ás contornas urbanas ou incluídos en figuras de protección ambiental

31

No que se refire ao aproveitamento da biomasa forestal como paso previo á explotación, o desenvolvemento dun Programa estratéxico para o fomento da biomasa forestal

32

Que a Xunta de Galicia se implique na utilización de produtos forestais galegos certificados e derivados dunha xestión forestal sustentable nas solucións construtivas das obras e infraestruturas públicas

33

Para fomentar o consumo de produtos forestais a Comisión recomenda que se desenvolvan as seguintes actuacións:

• Deseño, execución e seguimento dun programa galego para divulgación e comunicación da cultura forestal.

• A creación dunha rede galega de centros de información e promoción da cultura forestal galega.

A revisión do Plan forestal de Galicia

34

Participación parlamentaria na tramitación e aprobación do Plan forestal de Galicia

35

Garantir a integración na 1ª revisión do Plan forestal de Galicia actualmente en tramitación das recomendacións deste ditame

36

Garantir un seguimento do cumprimento do Plan forestal mediante a remisión ao Parlamento de Galicia e con carácter bianual, dun informe de evolución dos indicadores

37

Garantir que as disposicións e medidas do Plan forestal de Galicia se coordinen coas políticas e recursos correspondentes á Consellería de Medio Ambiente que afecten a superficie da Rede Natura do monte

38

Co fin de que a política forestal non se vexa absorbida pola actividade de prevención e extinción de incendios, a Comisión recomenda que no seo da Consellería do Medio Rural haxa una distinción clara e unha separación nítida entre o ente instrumental a que se refire a recomendación 54, o conxunto do dispositivo de extinción de incendios e as unidades directivas encargadas da planificación, xestión e ordenación forestal

As franxas de xestión de biomasa

39

Manter as obrigas actuais de limpeza nas redes de faixas de xestión de biomasa definidas pola Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Impulsaranse medidas agroforestais que permitan a adecuada xestión destas superficies, mais aló da roza anual, garantindo a seguridade das poboacións

40

Rexistro cartográfico e informático das redes de defensa contra os incendios forestais de cada distrito

41

Impulsar a ordenación progresiva das franxas de protección ao redor dos núcleos de poboación, comezando polas áreas de maior risco de incendios

42

Aplicar de xeito prioritario nestas franxas ao redor dos núcleos de poboación os mecanismos de investigación da propiedade e de mobilización de terras

43

Posibilidade de que deleguen no concello ou no ente público instrumental previsto na recomendación 54 estes traballos por un prezo fixo

44

Ao redor das liñas eléctricas, das instalacións de produción enerxética, así como das instalacións industriais, revisar as distancias, as especies que deben ser plantadas na súa contorna, así como os compromisos que deben asumir os titulares das instalacións referidas

45

Mecanismos de cooperación cos concellos para facilitar o cumprimento das súas obrigas respecto ás franxas de xestión da biomasa, centralizando o desenvolvemento deses mecanismos no ente instrumental específico que se recolle na recomendación número 54

O papel das comunidades veciñais de montes en man común na loita contra os incendios

46

Creación dun consello de comunidades de montes veciñais

47

Elaboración pola Consellería do Medio Rural dun informe que certifique a situación das comunidades propietarias dos montes veciñais en man común, detallando de xeito específico a súa estrutura organizativa, o cumprimento das súas obrigas legais e a existencia de instrumentos de ordenación e xestión forestal dos seus montes

48

Axudas públicas ás comunidades de montes: deberá darse prioridade ás comunidades que cumpran estritamente coas súas obrigas legais, particularmente no que se refire aos instrumentos de ordenación e xestión forestal

49

Impulsar a redacción dos proxectos de ordenación dos montes veciñais en man común

50

Manter a regulación das situacións de xestión cautelar dos montes veciñais en man común, así como a da declaración de grave estado de abandono ou degradación

51

Potenciar as mancomunidades de montes veciñais en man común buscando a xestión conxunta de comunidades

52

Apoiar a xestión agrupada e profesional dos montes veciñais, dando prioridade nesa xestión ás comunidades de montes que estean inscritas no Rexistro de Silvicultores Activos

53

Desenvolver, nesta lexislatura, unha actualización da lexislación reguladora dos montes veciñais en man común (Lei 13/1989) coa finalidade de adecuar a súa regulación á súa situación actual dos mesmos

Relacionadas co dispositivo de prevención e extinción de incendios e os servizos de emerxencias e de protección civil

54

Centralizar nun ente instrumental específico, dependente da Xunta de Galicia, as seguintes funcións en materia de prevención de incendios e vixilancia de incumprimentos

55

Desenvolver dentro de cada plan de ordenación dos recursos forestais de distrito o correspondente plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de distrito

56

Impulsar, comprobar e exixir, a través do ente instrumental específico a que se refire a recomendación 54, a elaboración dos plans municipais de prevención

57

Modificar a normativa vixente para que os propietarios das vivendas fóra de ordenación teñan unha participación nos custos de limpeza e mantemento das faixas de protección que se establecen ao redor delas

58

Manter a orientación do Plan Aprol Rural exclusivamente aos concellos do ámbito rural que contraten persoal dedicado ás tarefas de silvicultura, limpeza dos montes ou outras tarefas de valorización forestal

59

Recuperar o uso das queimas controladas fóra do período de máximo risco para a redución do combustible acumulado no monte

60

Crear un grupo de expertos que, antes do período de perigo alto de incendios do ano 2019, presente un informe detallado en que se analicen as seguintes cuestións en materia de extinción de incendios.

61

Eliminar as zonas escuras do mapa de emerxencias de Galicia, evitando tanto zonas de solapamento como baleiras de servizos de emerxencias

Relacionadas coa ordenación territorial e os usos do solo

62

Realizar unha planificación integral. A planificación dos usos agrícolas, gandeiros e forestais debe realizarse de forma simultánea

63

Incluír a Consellería do Medio Rural entre os órganos de consulta na avaliación ambiental estratéxica das figuras de planeamento urbanístico, singularmente na tramitación dos PXOM

64

Desenvolver os instrumentos de planificación xa existentes na lexislación actual, en particular:

• Os plans territoriais integrados e os plans de ordenación do medio físico.

• As directrices de ordenación do territorio, desenvolvendo a determinación excluínte 3.3.32, para a determinación das zonas de maior aptitude agrogandeira e forestal.

• O Catálogo de terreos de alta produtividade agropecuaria e forestal.

65

Aprobar unha nova Lei de ordenación do territorio

66

Os plans de ordenación dos recursos forestais actuarán para cada distrito forestal como un plan de ordenación do medio físico, que terá como obxecto identificar e delimitar os terreos de alta produtividade forestal

67

Deberá incorporarse a prevención de incendios na planificación territorial, urbanística e sectorial

68

Garantir que na normativa urbanística se inclúan a disposición das faixas de protección como un requirimento para a expansión dos núcleos rurais

69

A ordenación integral dos usos no medio rural deberá coordinarse coas actuacións de xestión das terras

70

Prohibir os usos nos solos afectados polos incendios forestais, adaptación da normativa galega (artigo 59 da Lei 7/2012) á estatal (artigo 50 da Lei 43/2003, de montes, modificado pola Lei 21/2015) posibilitando o cambio de uso forestal cando concorran razóns imperiosas de interese público de primeira orde que deberán ser apreciadas mediante lei

Respecto á prohibición de pastoreo nos terreos incendiados e por prazo de dous anos, recoméndase regular as excepcións a esta prohibición que se prevén no número 2 do artigo 43 da Lei 3/2007, de prevención e extinción de incendios de Galicia, sempre que se acrediten perdas de difícil reparación pola prohibición do pastoreo ou a inexistencia de alternativas ao pastoreo dentro da mesma comarca

Relacionadas coa estrutura da propiedade

71

Modificar a normativa vixente na materia, basicamente a Lei 6/2011, de mobilidade de terras de Galicia

A comisión recomenda renomear a Agader para que pase a chamarse Axencia Galega para o Desenvolvemento Rural Sustentable e a Mobilización da Terra Produtiva

72

Establecer mecanismos de cooperación entre a Agader e a Dirección Xeral do Catastro para mellorar a adecuación dos datos catastrais da superficie rústica galega á situación real

73

Promover a investigación da propiedade privada individual dos montes de Galicia. A dirección xeral competente na elaboración dos plans de ordenación dos recursos forestais dos distritos coordinarase na súa redacción coa Agader para recoller neles un estudo dos aspectos xurídico-administrativos da propiedade forestal do distrito correspondente: titularidades, montes catalogados, instrumentos de ordenación e xestión vixentes, montes veciñais en man común, mancomunidades e agrupacións de propietarios

74

Dentro da adecuación do catastro da propiedade rústica galega, recoméndase poñer en marcha de maneira decidida os expedientes de investigación dos predios en situación de aparente vacancia (predios cuxo titular catastral non se localiza e que se atopan en estado de abandono).

75

Mellorar o marco de colaboración institucional entre Patrimonio do Estado e a Agader, para axilizar os procesos de investigación dos predios en situación de aparente vacancia e a cesión das parcelas por parte do Estado á Axencia mentres duren estes procesos de investigación

76

Ampliar o marco de colaboración con Patrimonio do Estado e Catastro para facultar a Agader para iniciar expedientes de investigación da propiedade cos mesmos efectos que os incoados por Patrimonio do Estado

77

Modificar o marco normativo para que os terreos que actualmente constan con titular descoñecido se incorporen ao patrimonio da Agader e se inscriban no Rexistro da Propiedade ao seu nome, podendo ser alleados ou arrendados con todas as garantías xurídicas

78

Centralizar na Agader a coordinación de todas as fontes de información sobre a propiedade rústica galega

Fomento da mobilidade de terras

79

Impulsar o Observatorio da Mobilidade de Terras de Galicia como instrumento que contribúa á transparencia dos mercados de terras e a un mellor coñecemento da dinámica das terras rústicas, tanto de uso agrario como forestal

80

Reforzar o papel do Banco de Terras, no seo da Agader, dotándoo de medios humanos e técnicos para lograr a mobilidade efectiva de terras de aptitude agraria en réxime de arrendamento

81

Desenvolver, a través da Agader, en colaboración cos concellos, grupos de desenvolvemento rural, ou outras entidades públicas ou privadas, proxectos piloto de mobilización de terras agrarias ou forestais

82

Impulsar, dentro das reestruturacións da propiedade de predios de vocación agraria polas persoas particulares, o establecemento de mecanismos similares ás xuntas de compensación que operan no ámbito urbano

83

Crear a figura dos polígonos agrícolas ou forestais; delimitar os polígonos nas zonas que se determinen en función da produtividade agropecuaria ou forestal dos terreos e dentro dunha ordenación integral e vincular as actuacións a proxectos agroforestais viables e establecendo unidades de superficie mínimas para asegurar a rendibilidade da explotación; e tamén unidades de superficie máximas que eviten os fenómenos de acaparamento

Relacionadas co desenvolvemento rural na loita contra os incendios.

84

Fomentar explotacións agrícolas extensivas e o establecemento de sistemas agroforestais que axuden a reducir a vulnerabilidade dos espazos rurais aos lumes

85

Simplificar os trámites burocráticos e flexibilizar as condicións establecidas nas medidas do Programa de desenvolvemento rural para a incorporación de mozos e mozas a actividades agrarias ou non agrarias

86

Minorar as graves perdas económicas sufridas polos propietarios e propietarias forestais como consecuencia dos incendios forestais, a Comisión recomenda que se estableza un procedemento de axudas para a restauración dos montes queimados por causas alleas aos seus propietarios e propietarias e un sistema viable de seguros contra incendios forestais

87

Poñer en marcha de maneira efectiva as unidades de asesoramento e xestión de explotacións agrarias (UAXES), para facilitar a sucesión ou a posta á disposición de terceiras persoas de explotacións que se abandonan, ou susceptibles de abandonar. Estas unidades formarán parte da estrutura da nova axencia que substitúa a Agader.

Relacionadas coa protección do medio ambiente natural. A compensación das restricións motivadas por esta protección

88

Nova Lei de conservación da natureza de Galicia

89

Cambiar a normativa para que os plans de restauración mineira se establezan obrigatoriamente con especies do anexo I da Lei de montes, con masas certificadas, sempre que a situación dos solos permita a súa viabilidade

90

Rematar nesta lexislatura o procedemento de ampliación da Rede Natura 2000 en Galicia

91

Fomentar as posibilidades de «acordos de custodia do territorio»

92

Impulsar a redacción, aprobación e revisión dos plans de ordenación dos recursos naturais e dos plans reitores de uso e xestión

93

Fomentar a protección de espazos naturais a nivel local como ENIL

94

Avanzar na coordinación entre as diferentes administracións e outros organismos responsables

95

Dada a necesidade de concienciar a xente máis nova na protección do ambiente, a Comisión recomenda que se estude a incorporación nos plans de estudos de ensino obrigatorio (niveis de infantil, primaria e secundaria) de contidos relacionados coa sensibilización ambiental dos e das escolares

96

Desenvolver accións de concienciación social

97

Desenvolver axudas especificas para a poboación rural en relación co mantemento de determinados tipos de actividades necesarias para a conservación de certos tipos de hábitats

98

Implantar mecanismos de compensación aos propietarios dos terreos incluídos en espazos protexidos polas maiores restricións que soportan como consecuencia da súa normativa reguladora . A Comisión recomenda que se avance no desenvolvemento dun fondo forestal nacional, garantindo a participación das comunidades autónomas.

O fondo forestal nacional debería orientarse a incentivar as externalidades positivas dos montes ordenados e tamén utilizarse para compensar os propietarios afectados polas restricións impostas pola regulación dos espazos protexidos.

99

Dotar de máis peso as medidas destinadas aos pagamentos ambientais e por servizos ecosistémicos, para que sirvan como un verdadeiro instrumento de retribución/compensación aos titulares de masas forestais que deban preservarse por razóns ambientais ou de mantemento da biodiversidade

Relacionadas coa delincuencia incendiaria, a investigación dos incendios e o uso de novas tecnoloxías na loita contra os incendios forestais

100

Crear os equipos forestais de investigación

101

Crear o Rexistro Administrativo de Investigacións en Materia de Incendios Forestais de Galicia

102

Reforzar os mecanismos de colaboración entre as brigadas de investigación dos incendios forestais, os corpos e forzas de seguridade do Estado e os equipos de investigación de incendios da Unidade de Policía Autonómica

103

Implantar unha rede de vixilancia forestal que, mediante cámaras de videovixilancia e de xeito proporcional á actividade incendiaria de cada lugar, axude a identificar a actividade incendiaria e a detectar focos coa máxima axilidade posible

104

Avanzar de forma decidida no uso de novas tecnoloxías na loita contra os incendios forestais; TETRA, Xeocode 2.0 e uso de drons

105

Reforzar o coñecemento entre a cidadanía do teléfono 085 para que sexa, ademais do número para o avistamento de lumes, tamén para o avistamento dos incendiarios

Relacionadas co cambio climático e a súa incidencia nos incendios

106

Promover o desenvolvemento dunha xestión forestal activa para a mellora e incremento da capacidade de fixación de carbono das masas forestais

107

Na mesma liña da recomendación anterior, promover o desenvolvemento dunha xestión forestal activa e sustentable para a mitigación e adaptación ao cambio climático dos montes galegos

Relacionadas coa formación

108

Desenvolver un programa planificado e ordenado de formación en materia de prevención e extinción de incendios forestais

109

Dentro da estrutura formativa da Agasp, como centro de formación en emerxencias, implementar un departamento específico para a formación do persoal de prevención e extinción de incendios forestais

Relacionadas coa educación, concienciación e sensibilización da sociedade civil galega

110

Poñer en marcha campañas periódicas de difusión en medios de comunicación que conciencien todos os galegos das responsabilidades que temos en relación coas nosas propiedades e na loita contra incendios

111

No eido da educación, a Comisión recomenda incrementar as campañas de concienciación no ámbito escolar

112

Co fin de implicar a poboación na loita contra os incendios, a Comisión tamén considera que se debe potenciar o desenvolvemento das agrupacións de defensa contra os incendios forestais e programas de voluntariado ambiental

Relacionadas cos incentivos fiscais e financeiros para a mellora do medio rural

113

Demandar que a consellería competente no ámbito forestal solicite un estudo xurídico que analice como están a actuar as administracións forestais de polo menos, cinco países en que o sector forestal teña un elevado grao de desenvolvemento respecto:

• Ás diversas fórmulas de incentivos fiscais ao investimento forestal.

• Aos mecanismos financeiros de fomento dos investimentos forestais.

• Ao desenvolvemento de fondos de investimento forestal.

Na selección dos países consultarase os integrantes do Consello Forestal, sinaladamente as organizacións que representan o sector forestal

114

Potenciar o investimento empresarial nos montes mediante os plans de responsabilidade social corporativa: permitir que grandes grupos empresariais que teñen entre os seus obxectivos de RSC a mellora ambiental poidan investir no sector forestal cunha finalidade non produtiva

115

Demandar unha reforma lexislativa relativa ao imposto sobre sociedades para:

• Reducir o tipo impositivo aplicable ás comunidades de montes veciñais en man común.

• Establecer incentivos fiscais que permitan promover a figura do investidor forestal-persoa xurídica.

• Afondar nas vantaxes fiscais derivadas da consideración da xestión forestal sustentable como unha actividade de interese xeral.

116

Co fin de potenciar o papel das Sofor como mecanismo para a xestión conxunta dos terreos forestais, a Comisión recomenda reclamar do Estado que se afonde nos beneficios fiscais que se lles poidan conceder a estas sociedades no imposto de sociedades, na liña regulada pola Xunta de Galicia na Lei 9/2017, co establecemento de beneficios fiscais no imposto sobre a renda das persoas físicas e no imposto do patrimonio dos socios das Sofor

117

Deberá impulsarse a regulación de incentivos fiscais nos impostos estatais, autonómicos ou locais para favorecer o desenvolvemento das demais figuras de xestión conxunta do monte

118

Promover a regulación dun réxime fiscal específico, incluído o nivel local, para a figura do silvicultor activo tanto se se trata de persoas físicas como xurídicas

119

Establecer, en colaboración co Instituto Galego de Promoción Económica de Galicia e coas entidades bancarias, un programa de préstamos con bonificación dos tipos de xuro para promover o investimento forestal

120

Elaboración e introdución dun plan sectorial de contabilidade que recolla as características diferenciadas da actividade silvícola, especialmente no que se refire á valoración das existencias polo efecto que sobre elas ten o tempo transcorrido desde que se fai a plantación ao momento da corta

121

Promover una regulación específica para a creación de fondos de investimento ou dun tipo específico de sociedades que sirvan de instrumento de canalización en activos forestais cunha xestión forestal sustentable e certificada. A configuración destes fondos ou sociedades tería as seguintes características:

• Funcionamento como instrumentos de aforro a longo prazo.

• Fiscalidade axustada e favorable con base na súa caracterización como instrumento de aforro a longo prazo.

• Dotación da suficiente seguridade xurídica e liquidez para os investidores.

• Posibilidade de investimentos directos en activos forestais ou a través da participación en sociedades de fomento forestal.

A creación destas figuras deberá impulsarse mediante a articulación de axudas e incentivos públicos que poderán ser graduables, xa sexa cuantitativamente ou temporalmente en función dos terreos ou das especies.

122

Establecer que todos os incentivos fiscais e de financiamento que se propoñen para o sector forestal se poidan utilizar, na medida en que sexan compatibles, na promoción da actividade agrogandeira sustentable e de calidade