Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Luns, 25 de outubro de 2021 Páx. 52009

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, pola que se dá cumprimento dos requisitos de publicidade establecidos no artigo 26 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, en relación coa aprobación da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040, Cara á neutralidade carbónica.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 30 de setembro de 2021, de conformidade co disposto no artigo 72 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e tendo en consideración o artigo 54 da Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, acordou aprobar definitivamente, mediante decreto, a primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 Cara á neutralidade carbónica.

En consecuencia, e en cumprimento do previsto no artigo 26 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á presente resolución pola que se dá cumprimento aos requisitos de publicidade en relación á primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 Cara á neutralidade carbónica.

Segundo. O contido íntegro e dilixenciado, en formato dixital, da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 está dispoñible no seguinte enderezo electrónico:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/forestal/planificacion-e-ordenacion-forestal/plan-forestal

Terceiro. En relación co cumprimento dos aspectos exixidos polo artigo 26 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sinálanse a seguir as cuestións requiridas, sen prexuízo de poder consultar toda a documentación que integra o expediente na ligazón disposta no número anterior.

A. Integración de aspectos ambientais.

A.1. Medio natural e biodiversidade.

Dentro da estrutura programática da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 establécense programas, subprogramas, liñas de acción e medidas que terán como obxectivo a conservación e protección do medio natural e forestal.

As actuacións de planificación que supoñan o manexo directo da vexetación atenderán a aquelas directrices que aseguren que as ditas actividades se encamiñen á conservación e mellora das masas existentes, así como á creación de novas formacións que enriquezan o medio natural, todo iso baixo o principio reitor de impulsar a economía verde e as políticas de descarbonización para a adaptación e a mitigación ao cambio climático, considerando que o título deste documento é Cara á neutralidade carbónica.

Ademais, articularanse liñas de actuación específicas que teñan como obxectivo protexer a vexetación fronte a riscos e ameazas como incendios forestais, pragas e enfermidades ou outros axentes nocivos, entre outros. Do mesmo xeito, as actuacións do Plan potenciarán a restauración hidrolóxico-forestal (conservación, defensa e recuperación da estabilidade e fertilización do solo, a regulación de enxurradas, consolidación de leitos e ladeiras...), a prestación de servizos forestais (servizos ambientais ou servizos ecosistémicos) e a custodia do territorio.

De conformidade coa Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre distancias mínimas de novas repoboacións (anexo II de dita lei) deberanse empregar frondosas caducifolias (anexo I) en repoboacións ata 15 metros a partir do dominio público de leitos fluviais maiores de 2 metros, que poden constituír auténticas infraestruturas verdes como corredores de diversidade biolóxica; tamén se poderán empregar sobre faixas secundarias preventivas ante incendios forestais (cintos ou coroas periurbanas, marxes da rede de transporte viario e enerxético), segundo o disposto na referida Lei galega de montes e, en particular, conforme a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

O Plan promoverá liñas de traballo estreitamente vinculadas cos criterios e indicadores de xestión forestal sustentable internacionalmente recoñecidos, aplicando para iso os principios de sustentabilidade e multifuncionalidade dos recursos forestais.

En resumo, e de forma xeneralizada, as actuacións planificadas na primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 teñen un efecto positivo na loita contra o cambio climático, a defensa contra a erosión, incendios e inundacións, a conservación da biodiversidade dos bosques e a paisaxe, a creación de emprego e a mellora ambiental dos montes para actividades de lecer e turismo rural.

A.2. Paisaxe e patrimonio cultural.

A vexetación, despois do relevo, é o elemento máis importante da paisaxe, o que resulta indicativo da importancia que calquera actuación que afecte este elemento pode ter desde un punto de vista paisaxístico. En atención á planificación obxecto de avaliación, pódese afirmar que, como resultado da súa execución, os impactos se producirán principalmente nas áreas paisaxísticas asociadas ás categorías relacionadas con usos forestais. En todo caso, o Plan establecerá as directrices para que a planificación que se desenvolva teña como efecto diversificar as áreas paisaxísticas e que fomenten o uso dunha pluralidade de especies nas restauracións.

Respecto ao tipo de impactos previsibles, na maioría dos casos o Plan promoverá actuacións de enriquecemento da paisaxe, aínda que é necesario citar posibles impactos negativos, como a simplificación da paisaxe, derivados das reforestacións con fins produtivos, ou da incorporación de elementos que poidan diminuír a calidade paisaxística, como a dotación de novos equipamentos de uso público (vías de saca, camiños forestais, reestruturación da propiedade...) ou o impulso á creación de industrias de produción de bioenerxía, entre outros. Con todo, existen instrumentos e mecanismos legais que evitarán ou minimizarán estes impactos negativos para cada caso concreto e, na propia adecuación, deberanse observar directrices para a súa prevención.

Do mesmo xeito, deberase ter en conta o patrimonio cultural, minimizando na medida do posible calquera efecto negativo das actuacións que favoreza o Plan sobre os elementos culturais en protección. De feito a medida I.1.5 «Medidas de fomento da multifuncionalidade e doutros valores do monte» incluída nesta primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040, anuncia a necesidade de elaborar un programa de conservación de elementos naturais e patrimoniais en montes co obxecto de conservar e poñer en valor os elementos naturais relevantes (árbores senlleiras, paisaxes protexidas) ou patrimoniais (castros, mámoas, petróglifos, arquitectura civil, relixiosa, etc.) mediante intervencións que supoñan cortas de arboredo, rozas, sinalización (balizamento e elementos formativos) ou replantación de frondosas autóctonas na contorna dos elementos.

A.3. Atmosfera e cambio climático.

Os efectos ambientais provocados polo Plan sobre o clima serán positivos porque as liñas deseñadas versan sobre a diminución dos efectos negativos do cambio climático, apoiando a xestión sustentable do monte como sumidoiro de CO2. Así, para a consecución deste obxectivo prevese a programación de actuacións encamiñadas a manter, mellorar e/ou aumentar as superficies ocupadas por especies arbóreas en zonas forestais de Galicia, co que se conseguirá aumentar o efecto sumidoiro de CO2 que exercen e, por tanto, influír positivamente sobre o cambio climático e dirixirse cara a ese obxectivo de neutralidade carbónica.

Ademais, co deseño de actuacións encamiñadas á protección das masas forestais fronte a incendios forestais ou outros desastres e actividades que impliquen a redución da cobertoira arbórea (silvicultura resiliente e xestión adaptativa ao cambio climático), reducirase a incidencia destes sinistros sobre os montes e, consecuentemente, diminuirá a emisión de CO2 con motivo da combustión ou mellorará a súa captación polos sistemas forestais.

Do mesmo xeito, ao potenciar a produción e emprego de biomasa forestal, así como fomentar o uso doutros produtos naturais de carácter forestal (bioeconomía ou economía hipocarbónica), reducirase o consumo de combustibles fósiles e reducirase tamén a emisión á atmosfera de CO2 que, desta maneira, quedaría retido nas reservas. O impacto sobre o clima prevese, por tanto, positivo, sen que se detecten actuacións que poidan resultar prexudiciais.

As formacións forestais, á vez que sumidoiros de CO2, son unha importante fonte de oxíxeno. Esta emisión de oxíxeno á atmosfera mellora a calidade do aire, polo que as actuacións encamiñadas á protección e mellora das formacións forestais terán unhas repercusións positivas sobre a atmosfera; do mesmo xeito que no caso anterior, todas as actuacións que impliquen manexo da vexetación van influír no balanzo de emisión de oxíxeno.

A.4. Solo e auga.

O control da erosión e desertificación e a restauración dos ecosistemas naturais degradados, en prol da protección dos recursos hídricos, os solos e a cobertoira vexetal vai ser unha actuación para ter en conta no Plan. Neste sentido, baixo as premisas dunha adecuada asignación de usos do solo e de loita contra a erosión e a desertificación, e considerando que grande parte das liñas de actuación establecidas teñen incidencia directa sobre este recurso, os efectos previsibles sobre o solo serán positivos.

Unha xestión forestal activa encamiñada a mellorar a cobertoira vexetal executando proxectos de restauración en montes públicos e incentivando a súa execución en montes privados, algúns dos cales serán declarados como protectores, completada cunha política de control de cambios de actividade e usos do solo reforzada coas actuacións forestais mediante trámites administrativos de autorización delas, contribúe á protección de recursos naturais como o solo.

En adición, as políticas de adhesión a modelos silvícolas ou de xestión forestal que levan unido un compromiso formal a referentes de boas prácticas establece un necesario marco de prevención e respecto polos valores ecosistémicos, como a protección do solo e auga. A este respecto, véxase o anexo II da Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia.

A.5. Medio socioeconómico.

As directrices e criterios orientadores da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 estarán dirixidos a impulsar un desenvolvemento socioeconómico sustentable do medio rural galego, fomentando a xeración de emprego e do tecido empresarial baseado nos recursos forestais e o fomento da súa comercialización (economía e emprego verde).

A previsión é potenciar as múltiples funcións que cumpren as formacións forestais e que esta potenciación teña unha repercusión directa sobre a calidade de vida das poboacións rurais e a súa fixación no territorio, tanto desde un punto de vista socioeconómico como ambiental. En canto ás poboacións urbanas, a execución da planificación prevista tamén terá efectos positivos, xa que serán tamén receptores dos beneficios ambientais derivados da planificación estratéxica dos recursos forestais e/ou naturais.

Entre os obxectivos da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 atópase a promoción do goce social, recreativo e cultural do monte. Promóvense e incentívanse medidas encamiñadas ao contacto, coñecemento e goce da natureza por parte de toda a sociedade. Nesta liña, con obxecto de garantir a conservación, protección, restauración, fomento e aproveitamento dos montes galegos, promovendo o uso ordenado e a xestión sustentable dos seus recursos, fomentarase a redacción dun programa para o establecemento dunha Rede de infraestruturas verdes en terreos forestais, que incluirá, entre outros, os montes periurbanos e a elaboración de instrumentos de ordenación que incorporen a regulación de usos e actividades sociorrecreativas (medida I.1.6).

A.6. Valoración dos efectos ambientais.

O deseño e configuración da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 foi elaborada de acordo coas características propias do monte galego e coas circunstancias e necesidades actuais e proporciona para iso os instrumentos, os medios e os recursos necesarios para a súa execución e o cumprimento dos seus fins. A estrutura deste documento de revisión iníciase cunha declaración de principios reitores para, a seguir, establecer un «decálogo» de obxectivos xerais da política forestal galega. De seguido establecéronse seis obxectivos estratéxicos.

De acordo con estes obxectivos estratéxicos procedeuse a configurar a estrutura básica da primeira revisión do Plan forestal de Galicia, que se compón de eixes estratéxicos de intervención, coincidentes cos obxectivos estratéxicos anteriormente declarados, e para cada un dos cales se agrupa un conxunto de instrumentos de execución, mediante estratexias, plans, programas temáticos de actuación e liñas de acción. Deste xeito os seis eixes estratéxicos de intervención articúlanse nos correspondentes instrumentos de execución, cun total vinte estratexias e plans ou programas de actuación e liñas de acción que, pola súa vez, comprenden máis de cincuenta e unha iniciativas, medidas ou accións específicas. Para valorar os efectos ambientais en cada unha desas iniciativas, medidas ou accións específicas utilizouse a seguinte escala de valoración:

• Efectos ambientais intensamente positivos (+++).

• Efectos ambientais amplamente positivos (++).

• Efectos ambientais moderadamente positivos (+).

• Efectos ambientais sen repercusión (=).

• Efectos ambientais negativos (-).

EIXE I. Contribución do monte galego á conservación da natureza e á prestación doutros servizos ambientais.

Programa

Medida

Medio natural e biodiversidade

Atmosfera e cambio climático

Solo e auga

Paisaxe e patrimonio cultural

Medio socioeconómico

I.1. Conservación da biodiversidade e a multifuncionalidade dos montes como ecosistemas forestais

I.1.1. Programa de fomento de xestión activa de masas de frondosas autóctonas

+++

+++

+++

+++

+

I.1.2. Desenvolvemento regulamentario do rexistro administrativo de masas consolidadas de frondosas autóctonas

+++

+

+

=

=

I.1.3. Programa de actuación e iniciativas que contribúan a controlar a superficie dedicada a eucalipto

+++

+++

+++

+++

-

I.1.4. Medidas de fomento e directrices para a conservación e mellora da biodiversidade

+++

++

++

++

++

I.1.5. Medidas de fomento da multifuncionalidade e doutros valores do monte

+

+

+

+

+++

I.1.6. Ordenación do uso sociorrecreativo en montes periurbanos

=

=

=

+++

+++

I.2. Mitigación e adaptación ao cambio climático e desenvolvemento de enerxías renovables

I.2.1. Xestión forestal activa para o incremento da capacidade de fixación de carbono e a resiliencia das masas forestais ao cambio climático

+++

+++

+++

+++

=

I.2.2. Programa estratéxico de aproveitamento da biomasa forestal

+

+++

-

+

+++

I.3. Conservación e mellora dos recursos xenéticos forestais

I.3.1. Programa de mellora xenética forestal

+

+

+

+

+

I.3.2. Programa de rede de parcelas de alto valor xenético e xestión de materiais de base

+

=

=

=

+

I.3.3. Programa de conservación de recursos xenéticos forestais

+

+

+

+

+++

EIXE II. Protección, sanidade forestal e prevención e defensa contra incendios forestais.

Programa

Medida

Medio natural e biodiversidade

Atmosfera e cambio climático

Solo e auga

Paisaxe e patrimonio cultural

Medio socioeconómico

II.1. Protección contra riscos erosivos e restauración

II.1.1. Programa de montes protectores

++

=

++

=

=

II.1.2. Programa de restauración de áreas queimadas

+

+

+++

+

=

II.2. Saúde e vitalidade forestal

II.2.1. Regulación de competencias en materia de sanidade forestal

+

+

=

=

=

II.2.2. Rede galega de seguimento de danos nos bosques

+

+

=

=

=

II.2.3. Programa de saúde e vitalidade forestal

+

+

=

=

=

II.3. Prevención e defensa contra incendios forestais

II.3.1. Lei de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia

=

+

=

=

=

II.3.2. Reestruturación dos distritos de defensa do monte adaptada ás necesidades específicas da prevención e extinción dos incendios forestais en Galicia

=

+

=

=

=

II.3.3. Brigadas de investigación de causas de incendios forestais e rexistro de investigacións de incendios forestais

=

+

=

=

=

II.3.4. Revisión e actualización dos plans de defensa e prevención dos incendios forestais dos distritos forestais de Galicia

=

+

=

=

=

II.3.5. Plans integrais de actuacións preventivas dos distritos forestais

+

+

+

=

=

II.3.6. Plan plurianual de dotación de medios e recursos da Dirección Xeral de Defensa do Monte

=

=

=

=

=

II.3.7. Potenciación da colaboración cas administracións locais a través do fortalecemento do convenio para a xestión das faixas secundarias e dos convenios para o funcionamento das brigadas municipais de prevención e extinción, dos vehículos de extinción municipais e da prevención nas vías de titularidade municipal

=

=

=

=

=

II.3.8. Plan de formación continua

=

=

=

=

=

EIXE III. Xestión forestal e loita contra o abandono do monte.

Programa

Medida

Medio natural e biodiversidade

Atmosfera e cambio climático

Solo e auga

Paisaxe e patrimonio cultural

Medio socioeconómico

III.1. Fomento de fórmulas de mobilización de terras e fomento de agrupacións forestais de xestión conxunta

III.1.1. Programa de mobilidade de terras forestais

++

++

=

=

+++

III.1.2. Programa de fomento de agrupacións forestais de xestión conxunta

++

++

=

=

+++

III.2. Iniciativas de activación da xestión forestal privada

III.2.1. Creación da figura e rexistro de silvicultor activo

++

++

+

+

+++

III.2.2. Programa de dinamización da xestión en montes veciñais en man común

++

++

+

+

+++

III.2.3. Programa de dinamización da xestión en montes de varas

++

++

+

+

+++

III.3. Reorientación da xestión forestal pública

III.3.1. Programa de establecemento de novos contratos de xestión pública

++

++

++

++

+++

EIXE IV. Recursos forestais e cadea monte-industria.

Programa

Medida

Medio natural e biodiversidade

Atmosfera e cambio climático

Solo e auga

Paisaxe e patrimonio cultural

Medio socioeconómico

IV.1. Fomento de recursos forestais non madeireiros

IV.1.1. Programa de aproveitamento de pastos e forraxes en monte e de establecemento de sistemas silvopastorais

=

-

-

=

++

IV.1.2. Programa estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña

=

=

=

=

+++

IV.2. Fomento de recursos forestais madeireiros e a súa mobilización

IV.2.1. Programa de fomento e valorización das masas de coníferas

=

+

=

=

++

IV.2.2. Programa de incremento de produtividade e redución de combustibilidade de eucaliptais existentes

+

+

=

+

+++

IV.2.3. Programa de fomento da produción de madeira de frondosas de alto valor

++

+

=

++

++

IV.2.4. Programa de mobilización de recursos madeireiros

+

+

=

=

+++

IV.3. Impulso da industria forestal de Galicia

IV.3.1. Axenda de impulso da industria forestal

=

+

=

=

++

EIXE V. Estatística, formación e investigación forestal.

Programa

Medida

Medio natural e biodiversidade

Atmosfera e cambio climático

Solo e auga

Paisaxe e patrimonio cultural

Medio socioeconómico

V.1. Inventario e estatística forestal

V.1.1. Inventario forestal continuo de Galicia

+

+

+

+

+

V.1.2. Programa dixital galego de información e estatísticas forestais

=

=

=

=

+++

V.2. Programa de formación e divulgación forestal

V.2.1. Programa de divulgación e comunicación da cultura forestal

=

=

=

=

+++

V.2.2. Profesionalización de propietarios, xestores de montes e/ou traballadores das empresas de servizos forestais

=

=

=

=

+++

V.3. Investigación, desenvolvemento e innovación forestal

V.3.1. Programa de fomento da investigación, desenvolvemento e innovación forestal

=

=

=

=

+++

V.4. Formación forestal universitaria

V.4.1. Cooperación e coordinación para mellora da formación forestal universitaria en Galicia

=

=

=

=

+++

EIXE VI. Planificación, ordenación e gobernanza.

Programa

Medida

Medio natural e biodiversidade

Atmosfera e cambio climático

Solo e auga

Paisaxe e patrimonio cultural

Medio socioeconómico

VI.1. Desenvolvemento territorial da planificación, avaliación e seguimento do Plan forestal e os plans de ordenación dos recursos forestais (PORF)

VI.1.1. Avaliación e seguimento do Plan forestal de Galicia

++

++

++

++

++

VI.1.2. Desenvolvemento dos plans de ordenación dos recursos forestais (PORF): contido e alcance, vinculación e rango xerárquico

+++

+

+

+

+++

VI.2. Programa de dinamización da ordenación e xestión forestal e da certificación forestal

VI.2.1. Fomento de proxectos de ordenación de montes e instrumentos equivalentes de xestión forestal sustentable

+

+

+

+

+++

VI.2.2. Promoción da certificación forestal dos montes galegos

+

+

+

+

+++

VI.3. Gobernanza do monte galego

VI.3.1. Iniciativas de desenvolvemento lexislativo

=

=

=

=

+++

VI.3.2. Modificación do Consello Forestal de Galicia

=

=

=

=

+++

VI.3.3. Comisión de harmonización normativa e para o estudo da implantación de compensacións e incentivos á actividade forestal

=

=

=

=

+++

VI.4. Medidas de fiscalidade forestal

VI.4.1. Proposta de incentivos, deducións e bonificacións fiscais para o desenvolvemento da actividade forestal en Galicia

=

=

=

=

+++

B. Resultados da información pública e das consultas.

B.1. Consello Forestal de Galicia.

Tal e como indica o número 5 do artigo 72 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a revisión do Plan forestal de Galicia debe partir da consulta aos actores implicados na política forestal de Galicia no marco dun traballo colectivo e consensuado baseado na comunicación, transparencia e participación social. Na súa reunión do 21 de maio de 2014, o Consello Forestal de Galicia, que se compón de 48 vogalías e onde están representados os axentes implicados na xestión forestal sustentable dos montes galegos, acordou a revisión do Plan forestal de Galicia de 1992 tras máis de vinte anos de andaina, como función lexítima de devandito órgano consultivo. Con esta decisión entendíase a necesidade de reorientar o devandito instrumento cara ás novas políticas forestais e ambientais centradas no desenvolvemento sustentable.

Para iso, e baseado nun enfoque de abaixo-arriba (bottom-up) para a toma de decisións, creouse, no seo do Consello Forestal de Galicia, o grupo de traballo para a primeira revisión do Plan forestal de Galicia, o cal quedaría formalmente constituído na súa primeira reunión do 16 de febreiro de 2015 e formado por un total de 26 entidades vinculadas co sector forestal galego. Desde finais de febreiro ata principios de novembro de 2015, o grupo de traballo foi convocado para un total 8 sesións, co obxecto de deseñar detalladamente as liñas directrices para alcanzar un modelo de monte socialmente consensuado, economicamente activo e ambientalmente sustentable para Galicia que, pola súa vez, se articulase en grandes eixes estratéxicos. Estas liñas directrices e eixes estratéxicos integrarían as engrenaxes para a armazón da primeira revisión do Plan forestal de Galicia, isto é, da futura política forestal galega.

Na sesión do Consello Forestal de Galicia, celebrada o 29 de abril de 2016, foron presentadas as directrices para a primeira revisión do Plan forestal elaboradas ao abeiro dos traballos desenvolvidos no seo do devandito grupo de traballo. A partir das directrices elaboradas, redactouse un documento denominado «Versión inicial da primeira revisión do Plan forestal de Galicia», que foi presentado o día 18 de decembro de 2017 no Consello Forestal de Galicia, tras o que se acordou establecer un período de achegas ao documento.

Tras este período, recibíronse diversas alegacións de varios colectivos, que se enumeran a seguir:

Colectivo

Data

Federación Ecoloxista Galega

31.1.2018

Organización Galega de Comunidades de Montes

2.3.2018

8.3.2018

Sindicato Labrego Galego

1.3.2018

Asociación Frouma

Asociación Frouma

28.2.2018

Federación Empresarial de Serradoiros e Rematantes de Madeiras de Galicia

8.3.2018

Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo

12.3.2018

Comisión Forestal Galega

15.3.2018

Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia

16.3.2018

Mancomunidade de Comunidades de Montes do Val Miñor

19.3.2018

Federación Rural Galega

27.3.2018

Asociación de Traballadores de Incendios Forestais de Galicia

2.4.2018

Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (Agaca)

4.5.2018

Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga)

4.5.2018

Estación Científica do Courel

4.5.2018

IXP Castaña de Galicia

4.5.2018

B.2. Parlamento de Galicia.

En paralelo, en novembro do ano 2017, creábase en sede parlamentaria a Comisión especial non permanente de estudo e análise das reformas da política forestal, de prevención e extinción de incendios forestais e do Plan forestal de Galicia. A Comisión contou coa comparecencia de máis de 60 persoas en representación de diferentes entidades, asociacións e administracións públicas. Estas comparecencias foron completadas con máis de 40 informes de diferentes departamentos e entidades. En xullo do ano 2018 aprobábase en pleno parlamentario, co apoio de tres cuartas partes do hemiciclo, o ditame onde se declaraban 123 recomendacións concretas (Boletín Oficial del Parlamento de Galicia número 346, do 10 de agosto de 2018).

Coa integración das directrices do grupo de traballo do Consello Forestal de Galicia, das achegas do Consello Forestal de Galicia, das recomendacións do ditame da Comisión especial do Parlamento de Galicia e das alegacións e suxestións recibidas no trámite de información pública e consulta ás administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas no procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria, elaborouse o documento da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 Cara á neutralidade carbónica, que foi presentado ao Consello Forestal de Galicia na súa sesión celebrada o 8 de xaneiro de 2021 e remitido ao Parlamento de Galicia o 28 de xaneiro dese mesmo ano (Boletín Oficial do Parlamento número 84, do 28 de xaneiro de 2021).

Logo da súa presentación e debate o 5 de febreiro de 2021 no seo da Comisión sétima de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, o Parlamento de Galicia aprobou no seus plenos celebrados os días 23 e 24 de febreiro 2021 o documento da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 Cara á neutralidade carbónica (Boletín Oficial do Parlamento número 103, do 26 de febreiro de 2021).

B.3. Avaliación ambiental estratéxica ordinaria.

Doutra banda, o 2 de agosto de 2016, a Administración forestal, como promotor e órgano substantivo, remitía ao órgano ambiental a solicitude de inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria da revisión do Plan forestal de Galicia, que se acompañou do borrador do Plan e o documento inicial estratéxico (DIE), co fin de que o órgano ambiental determinase o correspondente documento de alcance do estudo ambiental estratéxico (EAE), após a análise do expediente remitido e após as consultas previas ás administracións públicas afectadas e as persoas interesadas. O 31 de outubro de 2016, o órgano ambiental remitía, á dita administración forestal, o seu pronunciamento sobre o DIE e o borrador do Plan para a primeira revisión do Plan forestal de Galicia despois de consulta pública e observacións recibidas, isto é, o documento de alcance, co obxectivo de delimitar a amplitude, nivel de detalle e grao de especificación do EAE e de guiar a elaboración da versión inicial da primeira revisión do Plan forestal de Galicia.

A seguir, a Consellería do Medio Rural, mediante a Orde do 28 de xuño de 2018, aprobaba inicialmente a primeira revisión do Plan forestal de Galicia e abría o trámite de información pública, e procedeu á súa publicación, o 5 de xullo de 2018, no Diario Oficial de Galicia número 128 e no Boletín Oficial del Estado número 162, así como nun periódico dos de maior difusión de Galicia. O documento elaborado como «Versión inicial da primeira revisión do Plan forestal de Galicia» foi exposto ao público por un período mínimo de dous meses, durante o cal tamén se consultaron as administracións públicas afectadas e as persoas interesadas.

B.3.1. Informes sectoriais e público interesado.

Na fase de participación pública e consultas, a Administración forestal realizou as consultas sobre o documento de aprobación inicial da primeira revisión do Plan forestal, que inclúe o EAE, ás administracións públicas, organismos e público interesado definidos polo órgano ambiental no documento de alcance.

Como resultado do trámite de consultas recibíronse un total de dez informes sectoriais e sete respostas por parte do público interesado. Na seguinte táboa recóllense os informes solicitados e consultas realizadas, facendo indicación da data de solicitude e da de recepción.

Administración do Estado

Data solicitude

Data recepción

Ministerio de Fomento

Demarcación de Estradas do Estado en Galicia

9.7.2018

Dirección Xeral de Ferrocarrís

9.7.2018

19.9.2018

ADIF

9.7.2018

Dirección Xeral de Aviación Civil

9.7.2018

25.10.2018

Portos do Estado

9.7.2018

19.9.2018

Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente

Demarcación de Costas na Coruña

9.7.2018

15.10.2018

Confederación Hidrográfica do Miño-Sil

9.7.2018

Confederación Hidrográfica do Douro

9.7.2018

Confederación Hidrográfica do Cantábrico

9.7.2018

10.9.2018

Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural e Política Forestal

9.7.2018

Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural

9.7.2018

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

9.7.2018

19.10.2018

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

9.7.2018

9.10.2018

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

9.7.2018

Augas de Galicia

9.7.2018

Instituto de Estudos do Territorio

9.7.2018

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

Axencia Galega de Infraestruturas

9.7.2018

13.9.2018

Dirección Xeral de Mobilidade

9.7.2018

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

D. X. de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

9.7.2018

D. X. do Patrimonio Cultural

9.7.2018

3.10.2018

Consellería do Medio Rural

D. X. de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

9.7.2018

D. X. de Desenvolvemento Rural

9.7.2018

D. X. de Ordenación Forestal

12.9.2018

Consellería do Mar

D. X. de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica

9.7.2018

Portos de Galicia. Área de Explotación e Planificación Portuaria

9.7.2018

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Secretaría Xeral de Emprego

9.7.2018

D. X. de Enerxía e Minas

9.7.2018

Axencia Galega da Industria Forestal

17.7.2018

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

Dirección Xeral de Emerxencias e Interior

9.7.2018

Dirección Xeral da Administración Local

9.7.2018

Consellería de Facenda

Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos

9.7.2018

Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp)

9.7.2018

3.10.2018

Deputación da Coruña

9.7.2018

Deputación de Lugo

9.7.2018

Deputación de Ourense

9.7.2018

Deputación de Pontevedra

9.7.2018

En relación cos informes solicitados ao público interesado no trámite de información pública, estas foron as asociacións ou entidades a que lle foi remitido o documento.

Público interesado

Data solicitude

Data recepción

Asociación Petón do Lobo

10.7.2018

25.9.2018

Asociación Cova Crea

10.7.2018

19.9.2018

Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega)

10.7.2018

3.10.2018

Sociedade Galega de Historia Natural

10.7.2018

Grupo Naturalista Hábitat

10.7.2018

Verdegaia

10.7.2018

3.10.2018

A Terra non se vende

10.7.2018

9.10.2018

Salvemos Monteferro

10.7.2018

9.10.2018

Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo

10.7.2018

Federación Empresarial de Serradoiros e Rematantes de Madeiras de Galicia (Fearmaga)

10.7.2018

2.10.2018

Asociación Galega Monte-Industria

10.7.2018

Asociación Agraria de Galicia

10.7.2018

Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga)

10.7.2018

Estación Científica do Courel

10.7.2018

IXP Castaña de Galicia

10.7.2018

Asociación de Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia

10.7.2018

IXP Mel de Galicia

10.7.2018

Consello Forestal de Galicia

9.7.2018

B.3.2. Achegas no período de exposición pública.

Durante o período en que a primeira revisión do Plan forestal 2021-2040 foi sometido ao trámite de información pública, foron formuladas un total de 73 alegacións (25 asociacións, 43 particulares, 4 comunidades de montes veciñais en man común e 1 dunha empresa).

B.3.3. Declaración ambiental estratéxica (DAE).

Tomando en consideración o trámite de información pública e consultas e as propostas do Parlamento de Galicia, modificouse a proposta inicial da primeira revisión do Plan forestal de Galicia para proceder á redacción definitiva. Deste xeito o 7 de abril de 2021, a Administración forestal remite ao órgano ambiental o expediente de avaliación ambiental estratéxica, quen, mediante Anuncio do 3 de xuño de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 22 de xuño), fixo pública a declaración ambiental estratéxica correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria da primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 Cara á neutralidade carbónica (expediente 2016AAE1933).

C. Razóns da elección da alternativa seleccionada.

C.1. Alternativa 0.

A alternativa cero retrata un escenario forestal desfasado con respecto á nova dirección das políticas forestais e do ambiente natural a nivel internacional, europeo e estatal, isto é, a proxección da situación actual ao amparo do Plan forestal de Galicia de 1992. A nova realidade da cadea monte-industria en Galicia non encaixa coa vella estrutura do modelo de monte proxectado no Plan de 1992. Actualmente o monte proporciona innumerables recursos e servizos que non foron valorados no seu día no devandito plan e é primordial incentivar a súa conservación e fomento de forma análoga aos principios reitores das actuais políticas internacionais e nacionais sobre xestión forestal e do medio natural.

Nun prazo de tempo relativamente curto, a lenta formación dos nosos recursos forestais adquire relevancia social, económica e ambiental propia de toda actividade agraria, asemellándose á existente noutros países de ampla traxectoria na materia. Con todo, o alicerce desta actividade en Galicia non se logra consolidar en terreos forestais pertencentes a xestores forestais implicados, na súa maioría, na ordenación e planificación de todos os recursos e servizos que emanan dos ecosistemas forestais.

Como conclúe o diagnóstico previo dos recursos forestais e naturais en Galicia, os montes galegos caracterízanse, de forma xeneralizada, polo seu continuo abandono e/ou escasa xestión forestal activa por parte dos seus propietarios e/ou xestores ante a ausencia de atractivos para investir na actividade, así como pola inseguridade xurídica con respecto á delimitación da propiedade do monte galego e o excesivo e, algunhas veces inconexo, intervencionismo das administracións públicas.

A pesar da existencia dun corpo lexislativo e programático que avoga pola promoción dun desenvolvemento rural sustentable, onde se establece o papel de fundamental dos bosques e do medio natural, así como tamén de abundantes liñas de traballo e axudas públicas na materia (multifuncionalidade dos bosques, xestión forestal sustentable, silvicultura, etc.), a realidade é que, nesta liña continuísta, existe un amplo espazo entre a teoría dos estamentos administrativos e a realidade do medio rural, co consecuente efecto rebote de toda iniciativa da Administración no monte galego.

O escenario cero de partida é continuar cos instrumentos de execución reflectidos no Plan forestal de Galicia de 1992 que, tras preto de trinta anos de andaina, deixaron de axustarse á actual conxuntura político-social con respecto aos recursos forestais. Ademais, tras a realización do diagnóstico previo do sector, detectáronse desviacións con respecto á situación prevista no Plan de 1992, especialmente asociadas á falta de posta en marcha dalgúns dos instrumentos iniciais de execución e ao incumprimento orzamentario de xeito continuado. Con este escenario partimos dun monte escasamente capitalizado, propiedade de persoas titulares cada vez menos motivados e, en numerosos casos, esgotadas pola abundante burocracia administrativa e pola terxiversación informativa, e partimos, ademais, dunha industria abocada á falta de modernización e innovación por non dispor dun capital territorial parello.

Este resumo da actual situación dos recursos forestais e naturais de Galicia plasmouse na diagnose da análise do grao de cumprimento do Plan forestal de Galicia de 1992, primeira das tarefas acordada polo grupo de traballo para a revisión do Plan forestal de Galicia. Na dita diagnose a percepción do grao de cumprimento do Plan forestal do ano 1992 foi moi baixa. De certo, agás accións concretas como a creación de escolas universitarias, dun centro tecnolóxico da madeira, o desenvolvemento dos distritos/comarcas forestais e, ata certo grao, o desenvolvemento dunha formación profesional para o sector forestal de Galicia, o sentir xeneralizado para o resto de obxectivos e metas alí establecidas foi moi reducido. Daquela, unha primeira conclusión acordada de xeito unánime polo devandito grupo foi a necesaria creación dun sistema de seguimento e avaliación continuado dos obxectivos estratéxicos e programáticos que debería conter a primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040.

C.2. Alternativa 1.

As directrices para a revisión do Plan forestal de Galicia emanan dos resultados da enquisa ás entidades e asociacións que compuxeron o grupo de traballo creado no seo do Consello Forestal de Galicia e a súa análise posterior, cun nivel de consenso moi alto.

As ditas directrices fundamentáronse nos principios reitores da comunicación da Comisión ao Parlamento Europeo, o Consello, o Comité Económico e Social Europeo e o Comité das Rexións sobre a estratexia da UE en favor dos bosques e do sector forestal, adoptada o 20 de setembro de 2013 (COM (2013) 659):

a) Xestión sustentable dos bosques e papel multifuncional destes, de maneira que poidan prestar múltiples bens e servizos de maneira equilibrada e garantan ao mesmo tempo a súa protección.

b) Utilización eficiente dos recursos, optimización da contribución dos bosques e do sector forestal ao desenvolvemento rural, o crecemento e a creación de emprego.

c) Responsabilidade global fronte aos bosques, fomento dunha produción e consumo sustentables dos produtos forestais.

Por tanto, as directrices foron elaboradas de acordo cos principios da iniciativa de alto nivel político Forest Europe (Conferencia Ministerial sobre Protección de Bosques de Europa), iniciada en 1990 como plataforma para o diálogo e a cooperación sobre cuestións forestais na rexión paneuropea para os estados asinantes, a Comunidade Europea e os países e organizacións observadores, así como para os observadores internacionais relacionados cos bosques.

Outras consideracións plasmadas nas directrices atendendo ao principio de coherencia con outras políticas nacionais e internacionais vinculadas co sector foron:

a) Plan de acción da UE para os bosques. Comunicación da Comisión ao Consello e ao Parlamento Europeo (COM (2006) 302), adoptada o 15 de xuño de 2006.

b) Limitar o quecemento mundial a 2 ºC: medidas necesarias ata 2020 e despois. Comunicación da Comisión ao Parlamento Europeo, ao Consello, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións (COM (2007) 2), adoptada o 10 de xaneiro de 2007.

c) Libro branco. Adaptación ao cambio climático: cara a un novo marco europeo de actuación. Comunicación da Comisión ao Parlamento Europeo, ao Consello, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións (COM (2009) 147), adoptada o 1 de abril de 2009.

d) Unha Europa que utilice eficazmente os recursos: Iniciativa emblemática conforme a Estratexia Europa 2020. Comunicación da Comisión ao Parlamento Europeo, ao Consello, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións (COM (2011) 21), adoptada o 26 de xaneiro de 2011.

e) Estratexia da UE sobre a biodiversidade ata 2020: o noso seguro de vida e capital natural. Comunicación da Comisión ao Parlamento Europeo, ao Consello, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións (COM (2011) 244), adoptada o 3 de maio de 2011.

f) A innovación ao servizo do crecemento sustentable: unha bioeconomía para Europa. Comunicación da Comisión ao Parlamento Europeo, ao Consello, ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións (COM (2012) 60), adoptada o 13 de febreiro de 2012.

Así, as directrices oriéntanse cara a un modelo de sector forestal integrado no marco do desenvolvemento rural sustentable de acordo cos novos compromisos en materia de biodiversidade, servizos ecosistémicos, cambio climático e economía verde baixa en carbono, entre outros:

a) Harmonizar e equilibrar as múltiples funcións, servizos e beneficios dos sistemas forestais para satisfacer as diversas demandas ambientais, económicas e sociais, de acordo co principio universal de sustentabilidade e multifuncionalidade.

b) Proporcionar o marco territorial, sectorial e estrutural necesario para conseguir unha actividade forestal competitiva e facilitar os procesos viables dentro dos novos modelos de bioeconomía verde e consumo responsable, de maneira que permita harmonizar o valor ambiental dos montes.

c) Crear o escenario normativo, administrativo, financeiro e fiscal propicio para xerar oportunidades de actividade económica e emprego no monte e no sector forestal galego, de modo que permitan emprender iniciativas empresariais e contribuír a paliar a actual crise económica, social e ambiental no medio rural.

d) Procurar un desenvolvemento socioeconómico sustentable, intelixente e estable no medio rural, de forma que a política forestal permita contribuír tanto ao desenvolvemento rural sustentable como á conservación e protección do ambiente e a mellora da calidade de vida.

e) Incorporar a programación da política forestal galega ao novo período de financiamento Feader da Unión Europea e establecer iniciativas e medidas de fomento para a mellora da produtividade e rendibilidade dos recursos forestais, a dinamización socioeconómica do monte e o sector forestal galego.

O escenario un que se persegue é froito, tal e como se indicou en epígrafes anteriores, das directrices elaboradas e consensuadas polos múltiples actores implicados na xestión dos recursos forestais e naturais de Galicia. A visión de futuro que se propón na primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 susténtase na necesidade de cambiar a actual política forestal, demanda incuestionable e ineludible dos actores implicados no proceso de participación pública.

Os 26 membros do grupo de traballo para a determinación das directrices de revisión do Plan forestal de Galicia contestaron unha enquisa composta por un total de 280 preguntas cun total 1.147 variables estruturadas nun total de dezanove áreas temáticas agrupadas en tres grandes bloques de traballo:

1) Bloque I. Sete áreas temáticas, 103 preguntas, 368 variables:

a) AT1. Análise do grao de cumprimento do Plan forestal de Galicia 1992.

b) AT2. Superficie forestal en Galicia e formacións arborizadas do monte.

c) AT3. Estrutura e organización da propiedade.

d) AT4. Xestión da propiedade forestal.

e) AT5. Planificación e xestión forestal sustentable.

f) AT6. Multifuncionalidade dos recursos e servizos.

g) AT7. Taxa de aproveitamento dos recursos forestais.

2) Bloque II. Sete áreas temáticas, 122 preguntas, 501 variables:

a) AT8. Incendios forestais.

b) AT9. Sanidade e saúde forestal.

c) AT10. Protección, conservación e fomento da biodiversidade.

d) AT11. Pistas e infraestruturas forestais.

e) AT12. Formación, educación e divulgación.

f) AT13. Investigación e transferencia forestal.

g) AT14. As administracións públicas no sector forestal.

3) Bloque III. Cinco áreas temáticas, 55 preguntas, 278 variables:

a) AT15. Políticas públicas en materia de fomento e fiscalidade forestal.

b) AT16. Estatística forestal. Sistemas de apoio á toma de decisións.

c) AT17. A cadea monte-industria e o emprego forestal.

d) AT18. Cambios estruturais cara á bioeconomía ou economía hipocarbónica.

e) AT19. Marco normativo: representatividade sectorial.

Os resultados previamente obtidos coas enquisas fóronse centrando durante as reunións do grupo de traballo co obxectivo de acurtar distancias e construír un diagnóstico e un prognóstico consensuado polos axentes implicados. Por tanto, as reunións constituíron os puntos de encontro e debate multilateral e directo (concertación) entre os membros do sector para esbozar e deseñar as liñas básicas e primordiais de actuación para a futura política forestal de Galicia (obxectivos, eixes estratéxicos, problemática e solución).

Desde mediados de febreiro ata mediados de novembro de 2015 (do 16 de febreiro ao 19 de novembro), o comité técnico reuniuse en 13 ocasións para realizar as tarefas que lle eran propias. Pola súa banda, desde finais de febreiro ata principios de novembro de 2015 (do 26 de febreiro ao 5 de novembro), o grupo de traballo foi convocado para un total 8 sesións. A seguir, relaciónanse os principais fitos alcanzados polo grupo de traballo:

• 26.2.2015 Presentación metodoloxía do proceso.

• 9.4.2015 Aprobación normas, composición final GT.

• 13.5.2015 Posicionamento dos grupos.

• 25.6.2015 Resultados bloque I enquisa.

• 9.7.2015 Comezo análise resultados.

• 17.9.2015 Resultados bloque II.

• 21.10.2015 Resultados bloque III.

• 5.11.2015 Remate debate.

Entre o 19 e o 24 de novembro do ano 2015, o comité técnico do grupo de traballo elaborou o borrador das directrices para a primeira revisión do Plan forestal de Galicia, o cal foi remitido o día 24.11.2015 ao devandito grupo, e abriuse un prazo de achegas ata o 9.12.2015, que finalmente sería estendido ata o 14.12.2015.

As entidades e asociacións que remitiron achegas durante o proceso de elaboración das directrices foron as seguintes:

Ao bloque I

8.5.2015 Centro de Investigación Forestal de Lourizán.

27.5.2015 Asociación Forestal de Galicia (AFG).

28.5.2015 Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM).

27.5.2015 Subdirección Xeral de Enerxía da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Ao bloque II

7.7.2015 Asociación de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo.

9.7.2015 Asociación Forestal de Galicia (AFG).

9.7.2015 Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM).

9.7.2015 Dirección Xeral de Ordenación Forestal da Consellería do Medio Rural.

Ao bloque III

17.9.2015 Gain a través da Subdirección Xeral de Enerxía da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

23.9.2015 Asociación Forestal de Galicia (AFG).

23.9.2015 Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM).

Ao borrador de directrices de revisión do Plan forestal de Galicia

11.12.2015 Asociación Forestal de Galicia (AFG).

11.12.2015 Organización Galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM).

11.12.2015 Grupo ENCE a través da Confederación Galega de Empresarios da Madeira (Confemadera Galicia).

11.12.2015 Asociación Profesional de Silvicultores de Galicia (Silvanus).

11.12.2015 Federación Ecoloxista Galega (FEG).

11.12.2015 Asociación Sectorial Forestal Galega (Asefoga).

11.12.2015 Federación de Asociacións de Produtores de Madeira de Galicia (Promagal).

11.12.2015 Asociación Galega para a Valorización Enerxética da Biomasa (AGAVEB).

14.12.2015 Federación Galega de Caza (FGC).

14.12.2015 Amigos da Terra.

Recibidas as achegas, elaborouse un documento definitivo de directrices que lle foi presentado ao grupo de traballo o 17.12.2015.

De cada xuntanza celebrada levantáronse e aprobáronse as correspondentes actas (primeiro punto da seguinte acta), todas elas dispoñibles publicamente.

Na sesión do Consello Forestal de Galicia celebrada o 29.4.2016 realizouse a presentación do informe final dos traballos desenvolvidos no seo do grupo de traballo, así como das directrices para a primeira revisión do Plan forestal de Galicia ao resto de membros. Na dita sesión conclúese finalmente que urxe superar o modelo de monte establecido no Plan forestal de Galicia do ano 1992 e abordar, o máis axiña posible e segundo as directrices consensuadas, a elaboración do documento da primeira revisión do Plan forestal, co fin de acadar un modelo de sector forestal integrado no desenvolvemento rural sustentable aproveitando a oportunidade que achegan os recursos forestais e naturais ás demandas e necesidades da economía rural galega.

Tras o indicado nos puntos anteriores, indícase que o documento elaborado como primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 Cara á neutralidade carbónica, é un documento baseado no consenso e con informes dos diversos axentes implicados no sector forestal galego, de tal modo que se garante a súa obxectividade, tentando integrar todos os factores que poidan estar implicados na xestión forestal activa e sustentable dos recursos forestais.

Non se considera necesaria a avaliación doutras alternativas, xa que na elaboración do documento se acordaron tanto os intereses asociados aos diversos sectores vinculados social e economicamente co monte galego como aqueles vinculados á xestión e protección dos recursos.

C.3. Incidencia das alternativas estudadas sobre as variables ambientais principais.

Para poder avaliar a idoneidade da alternativa seleccionada, realízase unha análise dos efectos ambientais probables nos escenarios posibles en función de cada alternativa estudada. Detállase a seguir a escala de valoración considerada para a análise realizada:

• Contén medidas que afectan directamente a variable analizada (+).

• Contén medidas que afectan indirectamente a variable analizada (=).

• Non contén medidas que afecten a variable analizada (-).

Alternativas

Ocupación de usos do solo

Paisaxe

Patrimonio natural

Patrimonio cultural

Atmosfera

Enerxía

Recursos hídricos

Recursos edáficos

Residuos

Cambio climático

Economía e desenvolvemento rural

A0

+

-

+

-

=

-

=

=

=

=

+

A1

+

+

+

+

+

+

+

+

+

+

+

D. Medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente.

A primeira revisión do Plan forestal de Galicia 2021-2040 anuncia e desenvolve un sistema continuado de seguimento e avaliación. Deste xeito, co fin de avaliar o grao de cumprimento dos obxectivos programáticos e estratéxicos, así como das iniciativas, programas e liñas de acción enunciados, realizaranse avaliacións quinquenais (5 anos) que poderán dar lugar a establecer medidas extraordinarias que conduzan a satisfacer os obxectivos fixados. Así mesmo, as ditas revisións obxectivarán o grao de cumprimento esperado a través dos criterios e indicadores estratéxicos de avaliación e seguimento que son fixados e desagregados en quinquenios: 2021-2025, 2026-2030, 2031-2035, 2036-2040.

Este sistema de revisión continuada compleméntase coa necesidade dunha avaliación interna do grao de desenvolvemento do Plan, de carácter bianual, como referencia para analizar o seu nivel de cumprimento. Os resultados que se obteñan detallaranse nun informe de avaliación que será presentado ao Consello Forestal de Galicia e ante a comisión parlamentaria pertinente, de maneira que permita analizar o grao de cumprimento do período estudado e, deste xeito, poder realizar as modificacións necesarias para alcanzar os obxectivos establecidos para cada quinquenio, incluíndo unha avaliación dos mecanismos de fomento forestal que garantan a súa adecuación ás necesidades propostas polos distintos instrumentos de execución contidos nesta revisión do Plan forestal de Galicia.

A seguir, para cada unha das 51 iniciativas, medidas ou accións específicas, amósanse os indicadores de seguimento, caracterizando determinados indicadores expostos de dúas formas diferentes, co valor para acadar en cada un dos quinquenios (Q) e, dunha forma acumulada, pola suma progresiva (P) dos devanditos quinquenios.

Medida

Indicador de seguimento

Ud.

2021-2025

2026-2030

2031-2035

2036-2040

I.1.1.

Superficie tratada con intervencións recollida no Programa de fomento da silvicultura de frondosas (incluíndo os bosques de ribeira)

P

Sup. (ha)

5.000

10.000

15.000

20.000

Q

5.000

5.000

5.000

5.000

I.1.1.

Superficie de bosques de ribeira que se acollen ao modelo silvícola que se desenvolva

P

Sup. (ha)

5.000

10.000

15.000

20.000

Q

5.000

5.000

5.000

5.000

I.1.1.

Superficie total ocupada por frondosas autóctonas, segundo se desprenda do Inventario forestal continuo de Galicia anualmente

P

Sup. (ha)

415.000

415.000

420.000

425.000

I.1.2.

Desenvolvemento regulamentario do Rexistro Público Administrativo de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

Aprobado

I.1.2.

Inventariación de masas de frondosas que cumpran os requisitos para a súa inclusión no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas

Realizado

I.1.3.

Superficie tratada mediante o programa de transformación de eucaliptais degradados

P

Sup. (ha)

5.000

10.000

15.000

20.000

Q

5.000

5.000

5.000

5.000

I.1.3.

Porcentaxe de variación da superficie con presenza de eucalipto derivada do Inventario forestal continuo de Galicia (IFCG), respecto de superficie segundo IFNP

P

% Sup. ocupación

Subida< 3 %

Redución de polo menos 4 %

Redución do 5 %

I.1.4.

Manual de boas prácticas forestais para a conservación da biodiversidade en montes produtivos

Elaborado

I.1.4.

Directrices de ordenación e xestión forestal sustentable para a conservación activa de espazos forestais protexidos

Elaborado

I.1.4.

Fomento da conservación e mellora da diversidade arbórea en montes produtivos: hábitats fóra de Rede Natura 2000 e inclusión de frondosas en repoboacións produtoras

P

100 k€

200 k€

300 k€

Q

100 k€

100 k€

100 k€

I.1.4

Superficie tratada no marco do Programa de control de vexetación invasora

P

Sup. (ha)

250

500

750

1.000

Q

250

250

250

250

I.1.5.

Investimentos en I+D+i sobre aproveitamentos non madeireiros e iniciativas ligadas a aproveitamentos de mel, plantas aromáticas e medicinais ou froitos silvestres

P

100 k€

200 k€

300 k€

400 k€

Q

100 k€

100 k€

100 k€

100 k€

I.1.5.

Documentos estratéxicos de planificación para os principais produtos forestais non madeireiros

Elaborados

I.1.5.

Catro montes modelo (un por provincia) con xestión orientada á multifuncionalidade

Realizado

I.1.5.

Número de montes en que se aplicou o programa de conservación de elementos naturais e patrimonio arqueolóxico

P

Ud.

20

40

60

Q

20

20

20

I.1.6.

Instrumento de ordenación e planificación dos usos turísticos, sociais ou recreativos

Elaborado

I.1.6.

Superficie de Rede de infraestruturas verdes establecida de acordo co programa

P

Sup. (ha)

5.000

10.000

20.000

25.000

Q

5.000

5.000

10.000

5.000

I.1.6.

Nivel de mantemento ou investimento na Rede galega de infraestruturas verdes en terreo forestal

P

500 k€

1.000 k€

2.000 k€

2.500 k€

Q

500 k€

500 k€

1.000 k€

500 k€

I.1.6.

Porcentaxe de montes periurbanos con servizos ecosistémicos certificados por calquera sistema de certificación forestal internacionalmente recoñecido

P

%

10

20

40

60

Q

10

10

20

20

I.2.1.

Carbono almacenado e cambios no carbono almacenado na biomasa forestal, solo forestal e produtos madeireiros

%

+5 %

+10 %

+15 %

+20 %

I.2.1.

Elaboración dun Estudo sobre as necesidades de adaptación do territorio forestal galego ao cambio climático

Elaborado

I.2.2.

Aproveitamentos anuais da biomasa desagregado por categorías: leña, puntal de piñeiro, restos de corta, transformación de eucaliptais, xestión de faixas

Ton/ano

1 M T/ano

1,5 M T/ano

2 M T/ano

2,3 M T/ano

I.3.1.

Número de unidades de admisión (e superficies, se for o caso) declaradas no catálogo nacional de materiais de base para as distintas especies indicadas

P

Ud.

180

190

200

210

Q

10

10

10

10

I.3.1./ I.3.2.

Creación dunha rede de parcelas forestais de alto valor xenético

P

Nº parcelas

20

40

60

80

Q

20

20

20

20

I.3.2.

Porcentaxe de superficie ocupada por materiais de base e subministración a viveiros de semente de orixe coñecida e elevada categoría xenética

%

5 %

10 %

15 %

20 %

I.3.3.

Superficie xestionada no marco do Programa de conservación de recursos xenéticos

P

Sup. (ha)

5.000

10.000

15.000

Q

5.000

5.000

5.000

I.3.3.

Número de especies cubertas polo programa

P

Ud.

8

10

10

II.1.1.

Inventario de montes protectores

 

Realizado

II.1.1.

Rexistro de montes protectores

P

Sup. (ha)

10.000

30.000

60.000

90.000

Q

10.000

20.000

30.000

30.000

II.1.1.

Superficie xestionada con criterios de protección (incluíndo a que adquira a Administración, a xestionada por contratos de xestión pública ou a de xestión privada)

P

Sup. (ha)

10.000

50.000

90.000

130.000

Q

10.000

40.000

40.000

40.000

II.1.2.

Revisión do protocolo de actuación urxente contra a erosión en montes queimados

Realizado

II.1.2.

Porcentaxe de superficie afectada por incendios de elevada severidade que foi obxecto de actuacións urxentes

P

%

70 %

100 %

100 %

100 %

II.2.1.

Establecemento de protocolo de actuación entre servizos relacionados coa sanidade vexetal e a saúde e vitalidade do monte

Elaborado

II.2.2.

Mantemento, actualización e avaliación continua da Rede rexional de seguimento de danos nas masas forestais galegas

Nº mínimo de puntos de mostraxe

252

260

260

260

II.2.3.

Programa de saúde e vitalidade forestal de Galicia

Elaborado

II.2.3.

Intensidade de solta/colocación/inoculación de medios de control biolóxico: Torymus sinensis, Anaphes nitens ou cepas hipovirulentas

Segundo necesidades

II.2.3.

Superficie de actuacións preventivas de retirada de arboredo enfermo, seco ou queimado en montes de xestión pública

Sup. (ha)

Segundo necesidades

II.2.3.

Actuacións de difusión, divulgación e formación

P

Ud.

25

50

75

100

Q

25

25

25

25

II.3.1.

Elaboración da nova lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia

Elaborado/ aprobado no Parlamento

II.3.2.

Reestruturación dos distritos de defensa do monte adaptada ás necesidades específicas da prevención e extincións dos incendios forestais en Galicia

Finalizado

II.3.3.

Creación de brigadas de investigación de incendios forestais

Creación e posta en funcionamento

II.3.4.

Revisión de plans de prevención e defensa contra incendios forestais de distrito

Elaborado

II.3.5.

Plans anuais integrais de actuacións preventivas dos distritos forestais

5 plans anuais

II.3.6.

Elaboración do Plan plurianual de dotación de medios e recursos da Dirección Xeral de Defensa do Monte

Elaborado e en execución

II.3.8.

Plan de formación

Finalizado

II.3.8.

Centro de formación

Finalizado

II.3.8.

Plan formativo centro

Finalizado

II.3.8.

Circuíto vehículos TT

Finalizado

III.1.1.

Superficie de proxectos de mobilización de terreos agroforestais

P

Sup. (ha)

50.000

100.000

125.000

150.000

Q

50.000

50.000

25.000

25.000

III.1.1.

Número de proxectos de aldeas modelo

P

Ud.

250

500

750

1.000

Q

250

250

250

500

III.1.2.

Iniciativas de participación conxunta entre a Administración e asociacións. Asesoramento técnico e actividades informativas

P

Ud.

25

50

75

100

Q

25

25

25

25

III.1.2.

Promoción de asociacións que procuren unha comercialización conxunta dos seus produtos

P

Ud.

20

40

60

80

Q

20

20

20

20

III.1.2.

Número de agrupacións forestais de xestión conxunta

P

Ud.

100

300

550

750

Q

100

200

250

200

III.1.2.

Superficie baixo algún tipo de figura de xestión conxunta

P

Sup. (ha)

35.000

75.000

110.000

150.000

Q

35.000

40.000

35.000

40.000

III.1.2.

Mobilización de terras forestais mediante actuacións forestais de xestión conxunta

P

Sup. (ha)

10.000

15.000

25.000

35.000

Q

10.000

5.000

5.000

5.000

III.2.1.

Deseño e posta en marcha do Rexistro Oficial de Silvicultor/a Activo/a en Montes e Parcelas Xestionadas de Galicia

Creado

III.2.1.

Número de silvicultores activos rexistrados

P

Ud.

25.000

50.000

100.000

200.000

Q

25.000

25.000

25.000

25.000

III.2.1.

Superficie de silvicultores activos incluída

P

Sup. (ha)

40.000

90.000

180.000

360.000

Q

40.000

50.000

90.000

180.000

III.2.1.

Investimento para o apoio de silvicultores activos

P

15M€

30M€

40M€

50M€

Q

15M€

15M€

10M€

10M€

III.2.2.

Informe de situación administrativa e de xestión dos MVMC en Galicia

Elaborado

III.2.2.

Porcentaxe de MVMC con cumprimento de obrigas administrativas

P

%

60

65

70

70

III.2.2.

Apoio a medidas de fomento de boa gobernanza (instrumentos de ordenación e xestión forestal, actuacións neles dispostas, apoio ao servizo de xestión profesionalizada, etc.)

Q

25M€

30M€

40M€

50M€

III.2.2.

Aprobación dunha nova lei de montes veciñais en man común (MVMC)

Aprobada

III.2.3.

Informe de situación administrativa e de xestión dos montes de varas en Galicia

Elaborado

III.2.3.

Desenvolvemento regulamentario dos montes de varas, da súas organización e funcionamento e da súa inscrición no Rexistro de Montes de Varas en Galicia

Aprobado

III.2.3.

Apoio a medidas de fomento de boa gobernanza (instrumentos de ordenación e xestión forestal, actuacións neles dispostas, apoio ao servizo de xestión profesionalizada, etc.)

P

5M€

10M€

15M€

20M€

Q

5M€

5M€

5M€

5M€

III.3.1.

Terminar os procesos de cancelación e finalización de consorcios e convenios

Finalizado

III.3.1.

Establecer a tipoloxía e condicións dos novos contratos de xestión en forma de regulamento

Realizado

III.3.1.

Formalización de novos contratos de xestión pública

Sup. (ha)

150.000-200.000

III.3.1.

Porcentaxe de montes en xestión pública con polo menos un sistema de certificación

%

100 %

IV.1.1.

Superficie con aproveitamento de pastos, forraxes ou sistemas silvopastorais en montes ou terreos forestais

P

Sup. (ha)

100.000

170.000

200.000

225.000

Q

100.000

70.000

30.000

25.000

IV.1.2.

Elaboración do Plan estratéxico do castiñeiro e da produción de castaña en Galicia

Elaborado

IV.1.2.

Recuperación de soutos tradicionais en produción mediante medidas de rehabilitación

P

Sup. (ha)

2.000

4.000

6.000

8.000

Q

2.000

2.000

2.000

2.000

IV.1.2.

Superficies de novos soutos para a produción principal de castaña

P

Sup. (ha)

3.500

5.500

7.000

8.000

Q

3.500

2.000

1.500

1.000

IV.1.2.

Superficies de novos soutos para a produción principal de madeira

P

Sup. (ha)

2.000

4.000

6.000

8.000

Q

2.000

2.000

2.000

2.000

IV.2.1.

Incremento ou mellora da superficie ocupada por coníferas mediante a repoboación

P

Sup. (ha)

5.000

10.000

15.000

20.000

Q

5.000

5.000

5.000

5.000

IV.2.1.

Mellora da superficie ocupada por coníferas mediante tratamentos silvícolas

P

Sup. (ha)

15.000

30.000

40.000

50.000

Q

15.000

15.000

10.000

10.000

IV.2.1.

Incremento da porcentaxe de volume de cortas de coníferas con destino a serra ou usos estruturais respecto dos restantes usos

P

%

50 %

75 %

75 %

75 %

IV.2.2.

Incremento da produtividade da superficie de eucaliptais, cun obxectivo de alcanzar 20 m3/ha ano

P

 

15 m3/ha ano

17 m3/ha ano

19 m3/ha ano

20 m3/ha ano

IV.2.2.

Incremento da taxa de aproveitamento dos recursos de eucalipto, co obxectivo de alcanzar un 90 % do crecemento corrente anual

P

%

90

90

90

90

IV.2.3.

Incremento ou mellora da superficie ocupada por frondosas de alto valor mediante a repoboación

P

Sup. (ha)

500

1.500

2.500

3.500

Q

500

1.000

1.000

1.000

IV.2.3.

Superficie de masas de frondosas de alto valor baixo tratamentos silvícolas

P

Sup. (ha)

1.000

2.500

4.000

5.500

Q

1.000

1.500

1.500

1.500

IV.2.4.

Incremento da mobilización de recursos madeireiros, incrementando a taxa global de extracción de todas as especies

P

%

60

65

70

70

IV.2.4.

Elaboración de inventario cartográfico de pistas

Elaborado

IV.2.4.

Nivel de cortas anual de madeira. Obxectivo de 12 M m3 para dez anos

P

10 M m3/ano

12 M m3/ano

IV.3.1.

Plan estratéxico para a produción de madeira con destino industrial

Realizado

IV.3.1.

Desenvolvemento, seguimento e revisión das medidas e eixes da Axenda de impulso da industria forestal

Desenvolvemento e seguimento

Seguimento e revisión, de selo caso

V.1.1.

Deseño do Inventario forestal continuo de Galicia

Elaborado

V.1.1.

Elaboración e publicación dos datos do Inventario forestal continuo de Galicia

Publicado

Publicado

Publicado

Publicado

V.1.2.

Creación da oficina virtual forestal de Galicia

Creada

V.1.2.

Inclusión dun Sistema integrado de información forestal de Galicia (SIFOR Galicia)

Incluído

V.1.2.

Deseño e posta en marcha do Sistema de apoio ás decisións forestais (SADFOR Galicia)

Iniciado

V.2.1.

Programa de divulgación e comunicación da cultura forestal

Elaborado

V.2.1.

Reestruturación dos centros de interpretación, divulgación e concienciación forestal

Finalizado

V.2.2.

Actuacións anuais de formación e profesionalización de propietarios, xestores de montes e/ou traballadores das empresas de servizos forestais

P

Ud.

50

100

175

250

Q

50

50

75

75

V.3.1.

Iniciativas de I+D+i

Q

Ud.

25

30

35

45

V.3.1.

Investimento anual realizado

P

15M€

35M€

85M€

135M€

Q

15M€

20M€

50M€

50M€

V.4.1.

Iniciativas de colaboración entre centros e proxectos conxuntos desenvolvidos

Q

Ud.

5

10

15

20

VI.1.1.

Creación do panel de control público (dashboard), para o seguimento no grao de desenvolvemento e consecución dos indicadores quinquenais de seguimento

Elaborado

VI.1.1.

Elaboración de informes de seguimento e avaliación do grao de cumprimento do Plan forestal de Galicia

Elaborado

Elaborado

Elaborado

Elaborado

VI.1.2.

Elaboración de plans de ordenación de recursos forestais por distrito

Esperar resultados do IFCG (V.1.1.)

Todos os distritos forestais

VI.1.2.

Delimitar os terreos declarados de alta produtividade forestal nun PORF, ao abeiro do Catálogo de solos de alta produtividade e especial aptitude forestal

Realizado

VI.2.1.

Superficie forestal ordenada

P

Sup. (ha)

150.000

315.000

470.000

620.000

Q

150.000

165.000

155.000

150.000

VI.2.1.

Implantación do procedemento de inspección, verificación e control de calidade da ordenación

Implantado

VI.2.2.

Superficie forestal certificada de forma voluntaria por calquera dos sistemas acreditados de certificación forestal

P

Sup. (ha)

200.000

350.000

500.000

650.000

Q

200.000

150.000

150.000

150.000

II.3.1./VI.3.1.

Modificación da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia

Lei aprobada

VI.3.1.

Modificación da Lei 4/2015, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia

Lei aprobada

III.2.2./VI.3.1.

Modificación da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común de Galicia e a súa normativa de desenvolvemento

(Decreto 260/1992)

Lei aprobada

VI.3.1.

Desenvolvemento normativo da Lei 7/2012, de montes de Galicia

Elaborado

VI.3.2.

Modificación da organización e funcionamento do Consello Forestal de Galicia mediante decreto

Aprobado

VI.3.3.

Creación da comisión de harmonización normativa

Creada

VI.3.3.

Creación da comisión para o estudo de implantación de compensacións e incentivos á actividade forestal

Creada

VI.3.3.

Elaboración dun informe de consecución das medidas propostas no seo das distintas comisións

Elaborado

VI.4.1.

Estudo xurídico que analice como están a actuar as administracións forestais de, cando menos, cinco países

Elaborado

VI.4.1.

Creación dunha batería de propostas en materia de mellora fiscal respecto da actividade forestal

Creada

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2021

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal