Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Venres, 5 de novembro de 2021 Páx. 54262

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lle outorga destino ao persoal funcionario do corpo de médicos forenses que superou as probas selectivas convocadas pola Orde JUS/626/2019, do 28 de maio.

De conformidade co establecido nos artigos 28 e 29 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, esta dirección xeral resolveu adxudicarlles os destinos que se indican no anexo aos integrantes do corpo de médicos forenses nomeados funcionarios de carreira pola Orde do 28 de outubro de 2021 do Ministerio de Xustiza, tendo en conta o seguinte:

Primeiro. O persoal funcionario do corpo de médicos forenses a quen se lle outorga destino nesta resolución deberá tomar posesión do seu cargo ante a Xefatura Territorial respectiva da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo na provincia onde estea radicada a praza na cal obtivo destino.

A toma de posesión efectuarase dentro do prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido no artigo 29 do citado real decreto e no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. O persoal interino que actualmente ocupa as prazas que foron adxudicadas aos aspirantes aprobados cesará o mesmo día en que se produza a toma de posesión do titular.

Terceiro. En cumprimento da lexislación sobre incompatibilidades do persoal ao servizo da Administración pública (Lei 53/1984, do 26 de decembro), aplicable ao persoal ao servizo da Administración de xustiza en virtude do artigo 498 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, aqueles participantes que gocen xa da condición de persoal funcionario de carreira deberán manifestar a súa opción na acta de toma de posesión.

Cuarto. O persoal funcionario do corpo de médicos forenses ao cal se lle outorga destino en virtude da presente resolución, malia ter sido destinado con carácter forzoso pola orde de cualificación segundo as súas preferencias, non poderá participar en concurso de traslados ata que transcorran dous anos desde a data desta resolución. Para o cómputo dos dous anos atenderase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Quinto. As prazas non adxudicadas aos aspirantes de novo ingreso no corpo de médicos forenses manteñen a súa condición de desertas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta dirección xeral no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo competentes no prazo de dous meses, ambos os prazos contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2021

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

DNI

Apelidos e nome

Destino adxudicado

Provincia

Posto

***7302**

Ramos Paradelo, Tamara

Instituto Medicina Legal. Subdirección Vigo

Pontevedra

XG9251820036560308.00

***5186**

Rego Timiraos, Judith

Instituto Medicina Legal. Subdirección A Coruña

A Coruña

XG9251820015001301.00

***3626**

Monterroso Marco, José Ramón

Instituto Medicina Legal. Subdirección Lugo

Lugo

XG9251820027001302.00

***5865**

González Fontán, Juan Antonio

Instituto Medicina Legal. Subdirección Pontevedra

Pontevedra

XG9251820036001303.00

***7725**

Torres Pérez, Rita

Instituto Medicina Legal. Subdirección Pontevedra

Pontevedra

XG9251820036001305.00

***8957**

Diéguez Quintairos, Antía

Instituto Medicina Legal. Subdirección Santiago de Compostela

A Coruña

XG9251820015770301.00

***1782**

Rodríguez Esmores, Fernando

Instituto Medicina Legal. Subdirección Vigo

Pontevedra

XG9251820036560306.00

***8890**

Martínez López, Celia

Instituto Medicina Legal. Subdirección Santiago de Compostela

A Coruña

XG9251820015770308.00

***8277**

Ferreiro Rouco, María

Instituto Medicina Legal. Subdirección Lugo

Lugo

XG9251820027001301.00