Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 10 de novembro de 2021 Páx. 55408

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 4 de novembro de 2021 pola que se fai público o incremento do crédito das axudas previstas na Orde do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declaradas/os en situación de garda con fins adoptivos no ano 2021, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B).

A Orde do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declaradas/os en situación de garda con fins adoptivos no ano 2021, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B), establece no seu artigo 2 que ás axudas obxecto desta convocatoria se destina un orzamento total de 32.182.500 euros, que se imputará á aplicación orzamentaria 13.02.312B.480.13, distribuído en cinco anualidades, correspondendo 6.543.650 euros ao ano 2021, 13.368.700 euros ao 2022, 8.063.450 euros ao 2023, 4.146.700 euros ao 2024 e 60.000 euros ao ano 2025.

A devandita orde establece, ademais, que o crédito final resultante destinado a estas axudas se poderá incrementar no suposto de que sexa insuficiente para atender a todas as solicitudes recibidas que cumpran os requisitos establecidos nesta orde. Este crédito poderá ser ampliado cando o aumento veña derivado dalgún dos supostos previstos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. O incremento de crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade deste como consecuencia das circunstancias sinaladas no antedito artigo.

Dada a insuficiencia de crédito da Orde do 28 de decembro de 2020 para facer fronte ao importe que supón atender todas as solicitudes presentadas e vista a existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo a créditos incluídos no mesmo programa, parece oportuno incrementala para atender todas as solicitudes presentadas ao existir crédito dispoñible na aplicación orzamentaria 13.02.312B.480.13, que cumpre os requisitos establecidos no referido artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Con este incremento preténdese dar cumprimento a un dos obxectivos do Programa de apoio á natalidade posto en marcha pola Xunta de Galicia, que é facilitar á cidadanía o acceso a axudas económicas que contribúan a paliar o custo que comporta a crianza e coidado dos fillos e fillas.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo único. Incremento dos créditos

Increméntase o crédito destinado ao financiamento das axudas previstas na Orde do 28 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da axuda económica, a través da tarxeta Benvida, para as familias con fillas e fillos nados, adoptados/as ou declaradas/os en situación de garda con fins adoptivos no ano 2021, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS403B).

O importe total do dito incremento, que se realizará na aplicación orzamentaria 13.02.312B.480.13 e na anualidade 2021 é de 1.200.000 euros.

A publicación desta orde non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2021

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social