Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Luns, 15 de novembro de 2021 Páx. 55958

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 4 de novembro de 2021 pola que se resolve o concurso Eduemprende Idea 2021, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sustentadas con fondos públicos, convocado pola Orde do 7 de abril de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 16 de abril).

A Orde do 7 de abril de 2021 (DOG do 16 de abril), pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2021 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sustentadas con fondos públicos, establece as bases e o procedemento para a adxudicación dos premios nas modalidades A e B.

Unha vez realizada a valoración dos proxectos de empresa presentados pola comisión avaliadora, designada conforme o procedemento establecido na orde de convocatoria, publicada a proposta provisional de adxudicación dos premios para as modalidades A e B da convocatoria, vista a acta coa proposta definitiva da comisión avaliadora e a correspondente proposta do secretario xeral de Educación e Formación Profesional sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Conceder os premios aos proxectos de empresa seleccionados no concurso Eduemprende Idea 2021, nas modalidades A e B, que figuran no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo establece o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO

Modalidade A: ciclos de grao superior.

Proxecto

Centro

Premio

Importe

Beade Bike Park & Workshop

CIFP Valentín Paz Andrade

CPR Vivas

Primeiro premio

3.000,00 €

Capptus

CIFP Manuel Antonio

Segundo premio

2.000,00 €

Viñedo Ecolóxico

CIFP A Granxa

Terceiro premio

1.000,00 €

Modalidade B: ciclos de grao medio.

Proxecto

Centro

Premio

Importe

Beauty

CIFP Someso

Primeiro premio

3.000,00 €

Natexga

CPR Nebrija Torre de Hércules

Segundo premio

2.000,00 €

Olé Visual Design

IES Rosalía Mera

Terceiro premio

1.000,00 €