En sesión que tivo lugar o día 5 de novembro de 2021, o tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de servizos sociais, especialidade fisioterapia, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), nomeado pola Resolución do 30 de setembro de 2020 (DOG núm. 201, do 5 de outubro),
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, e unha vez efectuada a corrección do segundo exercicio, publicar a cualificación da persoa aspirante convocada:
NIF |
Apelidos e nome |
Cualificación 2º exercicio |
***0387** |
Laura López González |
Apta |
Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, a aspirante poderá presentar as alegacións que considere oportunas con relación á puntuación, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2021
Juan Ramón Caeiro Rey
Presidente do tribunal