O tribunal nomeado pola Resolución do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo agrupacións profesionais, convocado pola Orde do 5 de marzo de 2019 (DOG núm. 49, do 11 de marzo),
ACORDOU:
Primeiro. Examinadas as reclamacións presentadas polas persoas aspirantes contra as puntuacións obtidas no primeiro exercicio, publicadas pola Resolución do 6 de outubro de 2021 (DOG núm. 199, do 15 de outubro), realizouse unha nova corrección respecto a unha persoa aspirante que ve incrementada a súa puntuación, e pasa a superar o exercicio. O resto das reclamacións presentadas desestímanse na súa totalidade.
Segundo. Publicar a nova puntuación obtida pola persoa aspirante que viu modificada a súa puntuación no portal web da Xunta de Galicia (funcionpublica.xunta.gal).
Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2021
Javier Suárez Salvado
Presidente do Tribunal