Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2021 Páx. 58457

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 2 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (código de procedemento IN501A).

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Na súa virtude, a Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLVE:

Dar publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 2 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a organización de accións formativas non regradas e de divulgación que impulsen o coñecemento, a competitividade e a innovación da industria forestal de Galicia (código de procedemento IN501A) que figuran no anexo I.

A súa aprobación realizouse no exercicio 2021 con cargo á aplicación orzamentaria 06.A4.741A.481.0, código de proxecto 2018 00005, dotada con 500.000,00 €.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2021

José Ignacio Lema Piñeiro
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

ANEXO I

Axudas concedidas

Expediente

Solicitante/s

Baremo

Importe subvencionable (por solicitante)

Importe subvencionable (por expediente)

IN501A-2021-001

Federación Empresarial de Aserradores y Rematantes de Madera de Galicia-Fearmaga

310 ptos.

59.899,38 €

59.899,38 €

IN501A-2021-002

Asociación Clúster da Biomasa de Galicia

270 ptos.

73.533,00 €

73.533,00 €

IN501A-2021-003

Asociación Sectorial Forestal Galega-Asefoga

115 ptos.

17.280,00 €

20.430,00 €

Asociación de Desenvolvemento Rural Ódega

3.150,00 €

IN501A-2021-004

Asociación de Empresarias de la Primera Transformación de la Madera de Lugo

440 ptos.

81.052,56 €

80.000,00 €

IN501A-2021-005

Asociación Galega Promotora da Certificación Forestal-PEFC Galicia

305 ptos.

38.619,00 €

38.619,00 €

IN501A-2021-006

Asociación Entidade Galega Solicitante da Certificación Forestal

50 ptos.

5.999,00 €

5.999,00 €

IN501A-2021-007

Asociación Clúster da Biomasa de Galicia

125 ptos.

7.925,50 €

24.079,00 €

Asociación Bioeco2

16.153,50 €

IN501A-2021-008

Clúster de la Madera de Galicia

140 ptos.

66.011,54 €

66.011,54 €

IN501A-2021-009

Fundación Eduardo Pondal

30 ptos.

14.875,53 €

14.875,53 €