Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Luns, 20 de decembro de 2021 Páx. 62615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 2 de decembro de 2021 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento de desafiuzamento administrativo de edificación no porto de Ribadeo, con destino a mantemento e reparación de embarcacións, buques e maquinaria.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a José Ramón García Barcia mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, requirimento previo de desafiuzamento administrativo de edificación destinada a mantemento e reparación de embarcacións, buques e maquinaria por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último domicilio coñecido.

O expediente tramítase por encontrarse extinguida a autorización e non ser factible a súa renovación pola falla de concorrencia dos requisitos exixibles, incluídas as débedas existentes.

O presente acto administrativo que emite a Presidencia do Consello de Administración da entidade pública Portos de Galicia, de acordo coas competencias previstas no artigo 114 da Lei 5/2011, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, dítase en aplicación do artigo 113 desa lei, do artigo 148 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, e do artigo 31 do Decreto 227/1995, que aproba o Regulamento da entidade pública Portos de Galicia.

A edificación deberá de ser abandonada nun prazo máximo de 10 días contado desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, o que se formalizará coa entrega das chaves do peche exterior ao persoal de Portos de Galicia.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Outórgase trámite de audiencia por un prazo máximo de 10 días hábiles contado desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, durante o que poderán formularse alegacións e presentarse os documentos ou xustificacións que se xulguen pertinentes.

De ser preciso o desafiuzamento, será executado co auxilio das Forzas e Corpos da Seguridade do Estado.

Contra o presente acto administrativo de iniciación non se admitirán accións interditais ou para a tutela sumaria da posesión das previstas na Lei de axuizamento civil.

Cara ao seu exame, o expediente encóntrase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia, en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia