De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase a Resolución do 23 de xullo de 2021, da baixa do establecemento indicado no anexo, xa que, intentada a notificación, non se puido efectuar polos medios habituais.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpor recurso potestativo de reposición ante esta Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Pontevedra, 3 de decembro de 2021
Felipe Ferrero González
Xefe da Área Provincial de Turismo de Pontevedra
ANEXO
Establecemento: AC Traveling.
Signatura: XG-PO-000376.
Don/Dona:
Razón social: Airmareterre, S.L.
Domicilio: avenida Atlántida, 124 baixo.
Municipio: Vigo.