Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 246 Venres, 24 de decembro de 2021 Páx. 63758

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se modifica a Resolución do 10 de novembro de 2021 pola que se dá publicidade das festas laborais de carácter local para o ano 2022, correspondentes aos concellos das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vista a certificación do acordo adoptado polo Pleno do Concello de Ponteceso na sesión do día 23 de novembro de 2021, en relación co expediente 2021/G006/000003-Festivos locais 2022, o Pleno da corporación, na sesión do 23 de novembro de 2021, acordou modificar as datas dos festivos locais correspondentes a este concello.

Que ao abeiro do disposto no artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, sobre a regulación da xornada de traballo, xornadas especiais e descansos declarado vixente pola disposición derrogatoria única do Real decreto 1561/1995, do 21 de setembro, sobre xornadas especiais de traballo, pola que se establece que serán inhábiles para o traballo retribuído e non recuperable ata dous días ao ano con carácter de festas locais que serán propostas polo Pleno do concello á autoridade laboral,

ACÓRDASE:

Modificar o calendario laboral da provincia da Coruña para o ano 2022 respecto das festas locais do Concello de Ponteceso, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 224, do 22 de novembro de 2021, na páxina 57123, anexo I, onde di: «68. Ponteceso: 16 de xullo, festa local de Ponteceso, 13 de setembro, festa local de Ponteceso», debe dicir: «68. Ponteceso: 16 de xullo, festa local de Ponteceso, 12 de setembro, festa local de Ponteceso».

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2021

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais