Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 27 de decembro de 2021 Páx. 64029

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ACORDO do 15 de novembro de 2021 polo que se inicia o procedemento de aprobación para o desenvolvemento do polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra.

Procedemento: aprobación de polígonos agroforestais de iniciativa pública.

Expediente: PA-21-01.

Antecedentes.

a) O 29 de outubro de 2020 entrou no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia rexistro da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), que quedou rexistrado co número 1775/RX 2079359, escrito do Concello de Oímbra, con CIF P3205400I, solicitando a posta en marcha dun polígono agrario, nunha zona de concentración parcelaria do concello, denominada Penelas, código de validación 4XMWW3PKMTPQSSN3DGDTF3FYR, verificable en https://oimbra.sedelectronica.gal/

b) O 13 de novembro de 2020 entrou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, que quedou rexistrado co número 2020/2195085, escrito do Concello de Oímbra, con CIF P3205400I, co que remite «solicitudes de incorporación e autorizacións dos propietarios polígono agrario Oímbra», código de validación 9SFTHN463LTFPHRDMWL6ZG2G3, verificable en https://oimbra.sedelectronica.gal/

c) O 19 de novembro de 2020 entrou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, que quedou rexistrado co número 2020/2238900, escrito do Concello de Oímbra, con CIF P3205400I, no que expón que «O 13.11.2020, número de rexistro de entrada 2020/2195085, remitiuse documentación á Agader dos modelos de solicitudes de incorporación e autorizacións asinados, en relación co proxecto de creación de polígono agrario no concello de Oímbra, porén detectouse que había un erro nela, provocado pola unión de pdf, en calquera caso, remítense todos os modelos de solicitudes de incorporación e autorizacións asinados, desta volta, de maneira correcta».

d) O 20 de novembro de 2020 entrou no rexistro electrónico da Xunta de Galicia, que quedou rexistrado co número 2020/2256402, escrito do Concello de Oímbra, con CIF P3205400I, no que expón que «No día de onte, 19.11.2020, remitiuse por esta mesma vía, número 2020/2238900, a documentación que neste rexistro se presenta (solicitudes de incorporación e autorizacións polígono agrario no concello de Oímbra), porén por un erro na sede, segundo nos informan da Agader, o rexistro ía sen contido. Así as cousas, vólvense remitir as autorizacións novamente, xunto co comprobante de ter remitido xa a mesma documentación».

e) Por Acordo do 5.7.2021 da Presidencia da Agader, CVE 52Upayssm7, verificable en https://sede.xunta.gal/cve, abriuse un período de información ou actuacións previas co fin de coñecer as circunstancias do caso concreto e a conveniencia ou non de iniciar o procedemento para o desenvolvemento do polígono agroforestal de Oímbra.

f) Por Resolución do 9.9.2021 da Presidencia da Agader, CVE swpDatzKw2, verificable en https://sede.xunta.gal/cve, resolveuse a conveniencia de iniciar o procedemento de aprobación para o desenvolvemento do polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra.

Consideracións legais e técnicas.

1. A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), con CIF Q-1500273F, creouse pola disposición adicional sexta da Lei 5/2000, do 28 de decembro, de medidas fiscais e de réxime orzamentario e administrativo (DOG núm. 251, do 29 de decembro).

O artigo 6 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, dispón que é a axencia pública autonómica, de conformidade coa Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, coa consideración de medio propio e servizo técnico da Comunidade Autónoma de Galicia, que actúa como instrumento básico na promoción e coordinación do desenvolvemento do territorio rural galego, co obxectivo de mellorar as condicións de vida dos seus habitantes e de evitar o seu despoboamento a través, entre outras, das medidas de recuperación da terra agroforestal de Galicia reguladas na Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

De conformidade co artigo 8 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, adscrita á consellaría competente en materia de medio rural, ten personalidade xurídica e patrimonio propios, goza de autonomía administrativa e económica e posúe plena capacidade de obrar, tanto no campo do dereito público como no do dereito privado, para o cumprimento dos seus fins e con suxeición á normativa correspondente. O réxime xurídico interno da Axencia regúlase polo dereito administrativo e o seu réxime xurídico externo rexerase polo dereito privado, agás cando se exerzan potestades administrativas, caso en que se rexerá polo dereito público. Gozará do tratamento fiscal aplicable á Comunidade Autónoma de Galicia.

2. O artigo 7.1.c) da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, establece que é competencia da Agader «deseñar, programar e executar as medidas de recuperación e, en xeral, da xestión da terra agroforestal de Galicia a través dos instrumentos previstos nesta lei para tal fin», entre os que se atopan os polígonos agroforestais, que se rexen polo disposto nos artigos 67 a 72 e 83 a 109 do dito corpo normativo.

3. Obxecto ou finalidades do polígono agroforestal (artigos 67 e 68.5 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia).

O polígono agroforestal de Oímbra ten por obxecto prioritario pór en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva que acadaron co paso do tempo estados de abandono ou infrautilización, recuperando deste xeito unha acaída actividade de explotación agrícola ou forestal.

4. Causas que xustifican o desenvolvemento do polígono agroforestal (artigo 83.2 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia).

As causas polas que procede desenvolver o polígono agroforestal son:

– Existir unha situación produtiva que permite presumir un estado de abandono ou infrautilización dun mínimo do 50 % da superficie de terras do polígono agroforestal (artigo 68 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación de terra agraria de Galicia), de conformidade co informe emitido o 30.9.2021 polo subdirector de Mobilidade de Terras, CVE TpXOzvs3Y9, verificable en https://sede.xunta.gal/cve

– Dispor de documentos de manifestación do acordo das persoas que alcance un 85 % da superficie das terras incluídas no perímetro proposto de polígono agroforestal (artigo 92.4 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia), de conformidade co punto 6 das consideracións legais e técnicas da resolución do 9.9.2021 da Presidencia da Agader, CVE swpDatzKw2, verificable en https://sede.xunta.gal/cve, da conveniencia de iniciar o procedemento de aprobación para o desenvolvemento do polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra.

5. Caracteres xerais e requisitos de desenvolvemento do polígono (artigo 68 e 92.4 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia).

O desenvolvemento do polígono agroforestal efectuarase mediante iniciativa pública a través da Agader, para o que debe dispor do acordo das persoas titulares da superficie que represente, como mínimo, o 70 % do total da superficie das parcelas do perímetro do polígono, de conformidade co artigo 92.4 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia. De non se alcanzar esa porcentaxe mínima, resolverase o arquivamento do procedemento de aprobación do proxecto por incumprimento dos seus requisitos básicos.

O perímetro proposto é o que consta no certificado emitido o 30.9.2021 polo subdirector de Mobilidade de Terras, CVE r1scy6eAD9, verificable en https://sede.xunta.gal/cve

No polígono agroforestal existe unha situación produtiva que permite presumir un estado de abandono ou infrautilización dun mínimo do 50 % da superficie de terras do polígono agroforestal, de conformidade co informe emitido o 30.9.2021 polo subdirector de Mobilidade de Terras, CVE TpXOzvs3Y9, verificable en https://sede.xunta.gal/cve. Non procede a excepción deste requisito por non darse os casos previstos no artigo 68.2.a) ou b).

De conformidade co previsto no artigo 68.6 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, non participa monte veciñal en man común no polígono agroforestal.

6. O desenvolvemento dos polígonos agroforestais de iniciativa pública realízase mediante procedementos de concorrencia competitiva nos termos previstos no artigo 69 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

7. Zonas preferentes para os polígonos de iniciativa pública (artigo 70 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia).

No presente caso, cúmprese o requisito para ser considerada zona prioritaria para o desenvolvemento do polígono agroforestal de iniciativa pública previsto no artigo 70.1.a) da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

8. Prazo da elaboración do estudo de viabilidade (artigo 83.2 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia).

O prazo para elaborar o estudo de viabilidade, que debe determinarse neste acordo de inicio ao abeiro do artigo 83.2 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, é de 3 meses.

Unha vez completado o estudo de viabilidade, de ser favorable, remitirase á persoa titular da dirección xeral da Agader para a súa aprobación, consonte o previsto no artigo 84.2 da citada lei.

9. Para os efectos do establecido no artigo 21.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o prazo máximo para a resolución do procedemento e para a notificación dos actos que lle poñan fin é de dous anos, contado desde a data en que a solicitude entrou no rexistro da Administración ou organismo competente para a súa tramitación. Se transcorre o prazo sinalado sen que se dite e notifique a resolución correspondente, a persoa solicitante poderá entender desestimada por silencio administrativo a súa solicitude, de conformidade coa disposición adicional segunda la Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

10. Competencia.

O artigo 8.3 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, dispón que «Se algunha disposición atribúe a competencia a unha Administración, sen especificar o órgano que debe exercela, entenderase que a facultade de instruír e resolver os expedientes corresponde aos órganos inferiores competentes por razón da materia e do territorio. Se existise máis dun órgano inferior competente por razón de materia e territorio, a facultade para instruír e resolver os expedientes corresponderá ao superior xerárquico común destes».

O órgano competente para a declaración de utilidade pública e interese social do polígono agroforestal é o Consello da Xunta de Galicia, de acordo co artigo 85.1 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

O órgano competente para a aprobación do proxecto básico do polígono agroforestal e dos pregos de condicións que rexan o procedemento de concorrencia e a súa apertura é a persoa que exerza a Presidencia da Agader, de conformidade co artigo 94.3 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

Finalmente, o órgano competente para a aprobación do polígono agroforestal é a persoa que exerza a Presidencia da Agader, de conformidade co artigo 96.1 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e polo tanto, tamén para acordar o seu inicio.

Isto exposto,

ACORDO:

Iniciar o procedemento de aprobación para o desenvolvemento do polígono agroforestal de iniciativa pública de Oímbra.

Notificar á/s persoa/s interesada/s o contido do acordo, en cumprimento do disposto no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e publicalo no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do disposto no artigo 83.2 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia.

Este acordo constitúe un acto de trámite, contra o que non cabe recurso ningún, e poderase unicamente, segundo o artigo 112 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, alegar a súa oposición para a súa consideración na resolución que poña fin ao procedemento. Igualmente, se considera que o dito acto decide directa ou indirectamente o fondo do asunto, determina a imposibilidade de continuar o procedemento, produce indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante a Presidencia da Agader, no prazo dun mes, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 6 e seguintes e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; en ambos os dous casos o prazo contarase desde o día seguinte ao da notificación da resolución ou acto administrativo. Non obstante, poderase interpoñer calquera outro recurso que se considere procedente.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2021

José González Vázquez
Presidente da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural