Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 7 de xaneiro de 2022 Páx. 522

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade da encomenda de xestión á empresa pública Tragsatec, Tecnoloxía e Servizos Agrarios, S.A., para a execución da recollida de mostras do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia durante as tempadas 2022, 2023 e 2024.

De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade da Resolución da Consellería de Sanidade, con data do 20 de decembro de 2021, pola que se encomenda á empresa pública Tragsatec, Tecnoloxía e Servizos Agrarios, S.A., a execución da recollida de mostras do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia durante as tempadas 2022, 2023 e 2024.

– Actividades: coordinar e levar a cabo as actividades necesarias para a execución da recollida de mostras do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia durante as tempadas 2022, 2023 e 2024.

A actividade inclúe a realización das seguintes tarefas:

a) Coordinación.

b) Elaboración dos calendarios de recollida da auga das zonas de baño.

c) Recollida das mostras establecidas no calendario de control.

d) Entrega das mostras no laboratorio.

e) Repetición das mostraxes.

f) Tratamento e remisión da información recollida con cada mostraxe.

g) Análise das mostras das augas de baño (en casos extraordinarios).

– Natureza e alcance da xestión encomendada: a Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico, regula a colaboración no ámbito do sector público autonómico, partindo dos principios de colaboración, cooperación e asistencia recíprocas co fin de garantir a eficacia do sector público e o uso eficiente dos recursos públicos. Asemade, introduce no seu artigo 8 o concepto de autoprovisión de bens e servizos dentro do propio sector público.

O artigo 10 da citada lei recolle os instrumentos e procedementos para facer efectivos os principios de cooperación, colaboración e asistencia, entre os que se atopan as encomendas de xestión, reguladas especificamente no artigo 13, que remite á Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: recollida das mostras do Programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño de Galicia durante as tempadas 2022, 2023 e 2024

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2021

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade