Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 7 de xaneiro de 2022 Páx. 524

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a adquisición e o mantemento dos bens informáticos e dos medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR321B).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1, punto b), da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.

En consecuencia,

RESOLVO:

Dar publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de setembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a adquisición e mantemento dos bens informáticos e os medios técnicos necesarios para o desenvolvemento das súas actividades, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR321B), que figuran no anexo.

A súa aprobación realizouse no exercicio 2021 con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712C.781.1 (proxecto 2020.00082) dotada con 150.000 € dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia e ten como finalidade a actualización informática das organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2021

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Axudas concedidas

Nº de expediente

NIF

Beneficiario/a

Importe

MR321B_2021_001

***1116**

Xestión Rural de Galicia

2.234,75 €

MR321B_2021_002

***1146**

Asociación Agraria de Galicia

14.330,50 €

MR321B_2021_003

***4422**

Asociación Agrogandeira do Macizo Central

2.971,98 €

MR321B_2021_004

***1153**

Unións Agrarias-UPA

30.000,00 €

MR321B_2021_005

***3491**

Asociación Agrogandeira Ourensán

14.011,78 €

MR321B_2021_006

***5567**

Asociación Sectorial Láctea e Agrícola Galega

12.782,05 €

MR321B_2021_007

***9173**

Asociación de Desenvolvemento Rural Ódega

13.877,51 €

MR321B_2021_008

***3100**

Asociación Profesional Gandeiros de Lugo

15.000,00 €

MR321B_2021_009

***0239**

Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas

7.217,56 €

MR321B_2021_010

***4650**

Asociación Xestión Agrogandeira Galega

1.887,10 €