Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 7 de xaneiro de 2022 Páx. 526

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2021 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para realizar actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR321A).

De conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1, punto b), da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, a finalidade da subvención, o beneficiario e a cantidade concedida.

En consecuencia,

RESOLVO:

Dar publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 28 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para realizar actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento MR321A), que figuran no anexo.

A súa aprobación realizouse no exercicio 2021 con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.712C.481.1 (proxecto 2013.00635) dotada con 600.000 € dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia e ten como finalidade realizar actividades de representación e de formación dos asociados das organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias legalmente constituídas e con implantación en Galicia e dos agricultores galegos en xeral.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2021

O conselleiro do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Axudas concedidas

Nº de expediente

NIF

Beneficiario/a

Importe

MR321A_2021_001

***1116**

Xestión Rural de Galicia

40.880,76 €

MR321A_2021_002

***4422**

Asociación Agrogandeira do Macizo Central

62.060,59 €

MR321A_2021_003

***3100**

Asociación Profesional Gandeiros de Lugo

40.666,37 €

MR321A_2021_004

***1153**

Unións Agrarias-UPA

81.028,84 €

MR321A_2021_005

***9173**

Asociación de Desenvolvemento Rural Ódega

40.937,57 €

MR321A_2021_006

***3491**

Asociación Agrogandeira Ourensán

40.409,92 €

MR321A_2021_007

***5567**

Asociación Sectorial Láctea e Agrícola Galega

40.107,10 €

MR321A_2021_008

***1146**

Asociación Agraria de Galicia

75.354,77 €

MR321A_2021_009

***4650**

Asociación Xestión Agrogandeira Galega

49.582,92 €

MR321A_2021_010

***0239**

Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas

128.971,16 €