Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 14 de xaneiro de 2022 Páx. 1595

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 29 de decembro de 2021 pola que se resolve a convocatoria de axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2021/22.

Por Orde do 30 de xullo de 2021 (DOG do 1 de setembro) a Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou unha convocatoria de axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2021/22.

Unha vez rematado o procedemento establecido na convocatoria, cómpre facer pública a súa resolución definitiva, indicando para cada modalidade, a relación de centros beneficiarios das axudas e a contía, de conformidade co previsto no artigo 11 da devandita orde.

En consecuencia, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

RESOLVO:

Primeiro. Integrar no Plan de mellora de bibliotecas escolares, para o curso 2021/22, os 8 novos centros privados concertados seleccionados, que se relacionan no anexo I, coa concesión das axudas que se sinalan.

Segundo. Conceder as contías que se detallan nos anexo II e III aos centros privados concertados integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares ao abeiro das convocatorias deste programa correspondentes aos anos 2020 e 2016-2019, respectivamente, revisadas as memorias de actividades desenvolvidas durante o ano académico 2020/21, así como as liñas prioritarias de actuación presentadas para o curso 2021/22.

Terceiro. Da mesma forma, conceder as contías que se sinalan no anexo IV aos centros que solicitaron, en tempo e forma, axudas na modalidade de clubs de lectura.

Cuarto. Conceder as axudas que se sinalan no anexo V aos centros seleccionados na modalidade denominada Radio na biblio.

Quinto. Así mesmo, conceder as contías detalladas no anexo VI aos centros solicitantes, en tempo e forma, de axudas na modalidade Biblioteca inclusiva.

Sexto. Asignar, por un importe total de 182.520 € as contías que se detallan nos devanditos anexos, destinadas a apoiar os procesos de transformación das bibliotecas en centros de recursos de lectura, información e aprendizaxe, favorecer as actividades de fomento da lectura e de educación no acceso e uso da información; favorecer a creación de laboratorios de radio vinculados á bibliotecas xa integradas no Plan de mellora e facilitar avances cara unha biblioteca inclusiva, de acordo cos proxectos e liñas prioritarias de actuación presentadas ao abeiro da Orde do 30 de xullo da convocatoria.

Sétimo. Os gastos realizados xustificaranse segundo o contemplado no punto 2 do artigo décimo segundo da Orde do 30 de xullo de 2021, antes do 10 de xuño de 2022. Con ese mesmo límite de datas, deberá cubrirse o formulario, se é o caso, e entregarse as memorias correspondentes ás distintas liñas de axuda recibida, segundo o recollido no artigo 13 da orde de convocatoria. O acceso ao formulario web para os centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares, a que se fai referencia no punto 1.1 do devandito artigo da Orde do 30 de xullo, seralle remitido desde a unidade de seguimento destes programas (Asesoría de Bibliotecas Escolares).

Oitavo. A non entrega da memoria e/ou da xustificación do gasto no prazo sinalado poderá ser causa de revogación das axudas concedidas, debendo proceder o centro ao reintegro da cantidade percibida, sen prexuízo das responsabilidades que se lle poidan exixir. Da mesma forma, o incumprimento total ou parcial dos programas ou das condicións que se tiveron en conta para a súa concesión, poderá dar lugar á anulación ou modificación da contía do importe concedido.

Noveno. Tanto a inspección educativa como as persoas responsables en materia de bibliotecas escolares da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos poderán supervisar e avaliar o funcionamento das bibliotecas adscritas ao Plan de mellora de bibliotecas escolares.

Décimo. Tal e como se recolle no artigo 19 da orde de convocatoria, a participación do profesorado implicado no programa de innovación educativa denominado Plan de mellora de bibliotecas escolares, en calidade de responsable da biblioteca escolar, con funcións de coordinación do equipo de apoio á biblioteca, e pola especial dedicación que require, recibirá unha certificación de innovación, equivalente a 30 horas de formación do profesorado por ano académico, ao abeiro do artigo 37 da Orde do 14 de maio de 2013, pola que se regula a convocatoria, o recoñecemento, a certificación e o rexistro das actividades de formación permanente do profesorado de Galicia.

Undécimo. Os centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares en virtude desta convocatoria están obrigados a integrar o logo oficial deste programa nos seus espazos web e nos documentos que difundan actividades da biblioteca escolar, para o que lles será remitido o correspondente arquivo desde a unidade de seguimento do programa. Da mesma forma, a páxina web do centro deberá incluír, entre a información das súas instalacións, imaxes e unha descrición mínima da biblioteca escolar, así como dos seus principais recursos e servizos á comunidade educativa.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer o recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, directamente, o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de acordo cos artigos 10, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Centros que se integran no Plan de mellora de bibliotecas escolares na convocatoria de 2021 (artigo 16, punto 2.a) da Orde do 30 de xullo)

 

Período 2021

Período 2022

Total axuda

Código

Centro

Concello

Provincia

Fondos

Mobil/equip.

Gtos. Fto. BE

Total 2021

Fondos

Mobil/equip.

Gtos. Fto. BE

Total 2022

15003200

CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo

Cee

A Coruña

1.100

500

100

1.700

2.200

1.000

200

3.400

5.100

15015366

CPR Plurilingüe Casa do Neno

Santiago de Compostela

A Coruña

1.400

550

150

2.100

2.800

1.100

300

4.200

6.300

32008665

CPR Plurilingüe Divino Maestro

Ourense

Ourense

1.100

500

100

1.700

2.200

1.000

200

3.400

5.100

36001008

CPR Plurilingüe Compañía de María

Cangas

Pontevedra

1.300

600

150

2.050

2.600

1.200

300

4.100

6.150

36011491

CPR Plurilingüe Possumus

Vigo

Pontevedra

1.400

550

150

2.100

2.800

1.100

300

4.200

6.300

36011385

CPR Plurilingüe Ntra. Señora de la Esperanza

Vigo

Pontevedra

1.200

500

150

1.850

2.400

1.000

300

3.700

5.550

36011166

CPR Plurilingüe María Inmaculada

Vigo

Pontevedra

1.200

600

100

1.900

2.400

1.200

200

3.800

5.700

36014234

CPR Plurilingüe Atalaya - Cantabria

Vigo

Pontevedra

1.000

400

100

1.500

2.000

800

200

3.000

4.500

ANEXO II

Centros concertados integrados no Plan de mellora de BE no ano 2020 (artigo 16, punto 2.b) da Orde do 30 de xullo de 2021)

Período 2021

Período 2022

Total axuda

Código

Centro

Concello

Provincia

Fondos

Mobil/equip.

Gtos Fto. BE

Total 2021

Fondos

Mobil/equip.

Gstos Fto. BE

Total 2022

15022000

CPR Plurilingüe Montegrande

Coruña, A

A Coruña

1.100

500

100

1.700

2.200

1.000

200

3.400

5.100

15015597

CPR Plurilingüe La Milagrosa

Santiago de Compostela

A Coruña

1.200

550

150

1.900

2.400

1.100

300

3.800

5.700

32008604

CPR Plurilingüe Santa María

Ourense

Ourense

1.400

750

150

2.300

2.800

1.500

300

4.600

6.900

36017031

CEEPR Aceesca

Porriño, O

Pontevedra

1.000

400

100

1.500

2.000

800

200

3.000

4.500

36016024

CPR Plurilingüe Abrente

Sanxenxo

Pontevedra

1.300

650

150

2.100

2.600

1.300

300

4.200

6.300

36011178

CPR Plurilingüe Miralba

Vigo

Pontevedra

1.200

600

100

1.900

2.400

1.200

200

3.800

5.700

ANEXO III

Centros concertados integrados no Plan de mellora de BE nos anos 2016-2017-2018-2019 (artigo 16, punto 2.c) da Orde do 30 de xullo de 2021)

Período 2021

Período 2022

Total axuda

Código

Centro

Concello

Provincia

Fondos

Fondos

15000600

CPR Plurilingüe Ntra. Sra. del Rosario

Arzúa

A Coruña

650

1.300

1.950

15001112

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen

Betanzos

A Coruña

450

900

1.350

15004083

CPR Plurilingüe Compañía de María

Coruña, A

A Coruña

600

1.200

1.800

15004198

CPR Plurilingüe Hijas de Jesús

Coruña, A

A Coruña

550

1.100

1.650

15006353

CPR Plurilingüe Jorge Juan

Fene

A Coruña

450

900

1.350

15006481

CPR Plurilingüe Compañía de María

Ferrol

A Coruña

450

900

1.350

15006882

CPR Plurilingüe Valle Inclán I

Ferrol

A Coruña

450

900

1.350

15006390

CPR Plurilingüe Jesús Maestro

Ferrol

A Coruña

450

900

1.350

15006501

CPR Plurilingüe Cristo Rey

Ferrol

A Coruña

450

900

1.350

15007230

CPR Ntra. Sra. del Carmen

Fisterra

A Coruña

650

1.300

1.950

15010071

CPR Jorge Juan

Narón

A Coruña

650

1.300

1.950

15010769

CPR Plurilingüe María Assumpta

Noia

A Coruña

550

1.100

1.650

15015548

CPR Plurilingüe Divino Maestro

Santiago de Compostela

A Coruña

450

900

1.350

15015627

CPR Plurilingüe San José de Cluny

Santiago de Compostela

A Coruña

750

1.500

2.250

27006255

CPR Plurilingüe Divino Maestro

Lugo

Lugo

450

900

1.350

32016728

CPR Plurilingüe Luís Vives

Ourense

Ourense

450

900

1.350

32016194

CPR Plurilingüe Guillelme Brown

O Pereiro de Aguiar

Ourense

450

900

1.350

32013557

CPR Plurilingüe María Inmaculada

Verín

Ourense

450

900

1.350

36016115

CPR Eduardo Pondal

Cangas

Pontevedra

450

900

1.350

36019840

CEEPR San Jerónimo Emiliani

Guarda, A

Pontevedra

450

900

1.350

36018847

CEEPR Juan María

Nigrán

Pontevedra

450

900

1.350

36006699

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús

Pontevedra

Pontevedra

600

1.200

1.800

36006997

CPR Santo Tomás

Porriño, O

Pontevedra

450

900

1.350

36011142

CPR Plurilingüe María Auxiliadora

Vigo

Pontevedra

750

1.500

2.250

36011312

CPR San Fermín

Vigo

Pontevedra

650

1.300

1.950

36014209

CPR Plurilingüe Andersen Augalonga

Vigo

Pontevedra

650

1.300

1.950

36011351

CPR Plurilingüe San José de Cluny

Vigo

Pontevedra

750

1.500

2.250

36011622

CPR Aloya

Vigo

Pontevedra

450

900

1.350

36010356

CPR Plurilingüe Escuelas Nieto

Vigo

Pontevedra

450

900

1.350

36011221

CPR Plurilingüe Padre Míguez

Vigo

Pontevedra

450

900

1.350

ANEXO IV

Clubs de lectura concertados (artigo 21 punto 2 da Orde do 30 de xullo de 2021)

 

Período 2021

Período 2022

Total axuda

Código

Centro

Concello

Provincia

Fondos

Fondos

15001112

CPR Plurilingüe Nuestra Señora del Carmen

Betanzos

A Coruña

700

1.400

2.100

15006420

CPR Plurilingüe La Salle

Ferrol

A Coruña

400

800

1.200

15007230

CPR Ntra.Sra. del Carmen

Fisterra

A Coruña

700

1.400

2.100

15015627

CPR Plurilingüe San José de Cluny

Santiago de Compostela

A Coruña

400

800

1.200

15015548

CPR Plurilingüe Divino Maestro

Santiago de Compostela

A Coruña

400

800

1.200

27004453

CPR Plurilingüe Martínez Otero

Foz

Lugo

300

600

900

27006255

CPR Plurilingüe Divino Maestro

Lugo

Lugo

400

800

1.200

27006280

CPR Plurilingüe Padres Franciscanos

Lugo

Lugo

200

400

600

27010911

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús

Ribadeo

Lugo

300

600

900

32016728

CPR Plurilingüe Luís Vives

Ourense

Ourense

400

800

1.200

32008458

CPR Plurilingüe María Auxiliadora

Ourense

Ourense

300

600

900

32016194

CPR Plurilingüe Guillelme Brown

O Pereiro de Aguiar

Ourense

300

600

900

36016115

CPR Eduardo Pondal

Cangas

Pontevedra

300

600

900

36006997

CPR Santo Tomás

O Porriño

Pontevedra

300

600

900

36007527

CPR Plurilingüe La Inmaculada

Ponteareas

Pontevedra

400

800

1.200

36006699

CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús

Pontevedra

Pontevedra

300

600

900

36016024

CPR Plurilingüe Abrente

Sanxenxo

Pontevedra

700

1.400

2.100

36011142

CPR Plurilingüe María Auxiliadora

Vigo

Pontevedra

400

800

1.200

36011385

CPR Plurilingüe Ntra. Señora de la Esperanza

Vigo

Pontevedra

700

1.400

2.100

36025037

CPR Plurilingüe Las Acacias-Montecastelo

Vigo

Pontevedra

400

800

1.200

36010848

CPR Plurilingüe San Fernando

Vigo

Pontevedra

400

800

1.200

36011351

CPR Plurilingüe San José de Cluny

Vigo

Pontevedra

300

600

900

36011312

CPR Plurilingüe San Fermín

Vigo

Pontevedra

300

600

900

36011166

CPR Plurilingüe María Inmaculada

Vigo

Pontevedra

400

800

1.200

ANEXO V

Radio na biblio-concertados (artigo 24, punto 3 da Orde do 30 de xullo de 2021)

 

Período 2021

Período 2022

Total axuda

Código

Centro

Concello

Provincia

Equipamentos

Formación

Total 2020

Equipamentos

Formación

Total 2021

32008604

CPR Plurilingüe Santa María

Ourense

Ourense

400

280

680

800

560

1.360

2.040

36016024

CPR Plurilingüe Abrente

Sanxenxo

Pontevedra

400

280

680

800

560

1.360

2.040

36011351

CPR Plurilingüe San José de Cluny

Vigo

Pontevedra

400

280

680

800

560

1.360

2.040

ANEXO VI

Biblioteca inclusiva (artigo 29 punto 2 da Orde do 30 de xullo de 2021)

 

Período 2021

Período 2022

Total axuda

Código

Centro

Concello

Provincia

Biblio inclusiva 2021

Biblio inclusiva 2022

15004198

CPR P. Hijas de Jesús

A Coruña

A Coruña

500,00 €

1.000,00 €

1.500

15006390

CPR P. Jesús Maestro

Ferrol

A Coruña

500,00 €

1.000,00 €

1.500

15007230

CPR P. Nuestra Sra del Carmen

Fisterra

A Coruña

600,00 €

1.200,00 €

1.800

15015548

CPR P. Divino Maestro

Santiago de Compostela

A Coruña

1.000,00 €

2.000,00 €

3.000

27004453

CPR P. Martínez Otero

Foz

Lugo

300,00 €

600,00 €

900

27006280

CPR P. Padres Franciscanos

Lugo

Lugo

500,00 €

1.000,00 €

1.500

27010911

CPR P. Sagrado Corazón de Jesús

Ribadeo

Lugo

500,00 €

1.000,00 €

1.500

32013557

CPR P. María Inmaculada

Verín

Ourense

1.000,00 €

2.000,00 €

3.000

36014209

CPR P. Andersen Augalonga

Vigo

Pontevedra

500,00 €

1.000,00 €

1.500

36014234

CPR P. Atalaya Cantabria

Vigo

Pontevedra

500,00 €

1.000,00 €

1.500

36011221

CPR P. Padre Míguez

Vigo

Pontevedra

1.000,00 €

2.000,00 €

3.000