O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria que tivo lugar o día 15 de decembro de 2021, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
– Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ordenación de volumes edificables e reaxuste de rasantes á realidade existente na parcela privada da UE-11, Oleiros (Documento R.E. nº 2021012951, do 30 de xullo de 2021).
Contra o presente acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.
O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado no enderezo electrónico do concello www.oleiros.org
Oleiros, 20 de decembro de 2021
Ángel García Seoane
Alcalde presidente