Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 27 de xaneiro de 2022 Páx. 5209

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2022, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE155A).

BDNS (Identif:): 607135.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas e entidades beneficiarias

A. Proxectos de investimento produtivo.

Poderán ser beneficiarias dos proxectos de investimento produtivo as persoas físicas ou xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar empadroadas ou ter o seu domicilio social e fiscal nalgún concello do ámbito territorial.

b) Desenvolver o proxecto no mesmo ámbito territorial.

c) Cando a beneficiaria sexa unha sociedade de capital, o proxecto deberá adecuarse ao obxecto social que se recolla nos seus estatutos.

d) No caso de municipios densamente poboados en que a EDLP non computa a totalidade da poboación (só a integrante do sector pesqueiro e os seus familiares), poderán ser beneficiarias:

1º. As persoas xurídicas do sector pesqueiro con domicilio social e fiscal no municipio e en cuxo obxecto social figuren actividades propias do sector pesqueiro.

No caso de que a persoa xurídica desenvolva actividades noutros sectores, deberá acreditar, no momento da solicitude, que a maior parte da súa facturación provén do sector pesqueiro.

2º. As persoas físicas integrantes do sector pesqueiro e os seus familiares. Enténdese por familiares do sector pesqueiro aquelas persoas en cuxa unidade familiar figure algunha persoa física, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, viva ou falecida no ano inmediato anterior á data da solicitude, que sexa ou fose un/unha pescador/a, mariscador/a, acuicultor/a ou persoa traballadora en activo relacionada coa actividade pesqueira ou que traballase nese sector de forma manifesta.

3º. As entidades públicas locais cuxos proxectos están dirixidos á poboación integrante do sector pesqueiro ou que presenten beneficios para o resto do territorio da zona pesqueira.

e) As beneficiarias dos proxectos produtivos limitaranse á categoría de peme, excepto as entidades públicas de carácter local, segundo a definición do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

f) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado.

B. Proxectos de investimento non produtivo.

1. Poderán ser beneficiarias dos proxectos de investimento non produtivo:

a) Confrarías de pescadores e as súas federacións.

b) Asociacións profesionais do sector pesqueiro e as súas federacións.

c) Entidades sen ánimo de lucro integradas só por confrarías de pescadores e/ou asociacións do sector pesqueiro.

d) Entidades públicas locais.

e) Asociacións declaradas de utilidade pública.

f) Entidades sen ánimo de lucro que teñan, entre os seus obxectivos, algún dos seguintes:

1º. Fomentar as actividades náuticas.

2º. Promocionar os produtos pesqueiros do territorio.

3º. Fomentar o medio mariño e costeiro.

4º. Promover o patrimonio cultural marítimo pesqueiro.

2. Unicamente serán admisibles para a tramitación da axuda aqueles proxectos directamente relacionados coas actividades principais que figuren no obxecto social das asociacións e entidades mencionadas no punto anterior.

3. Nos municipios densamente poboados en que a EDLP non computa a totalidade da poboación, poderán ser beneficiarias as entidades indicadas nas letras a), b), c) e d) do punto 1, cuxos proxectos estean dirixidos á poboación integrante do sector pesqueiro e aos seus familiares, ou que presenten beneficios para o resto do territorio da zona pesqueira.

4. Ademais, as entidades cumprirán os seguintes requisitos:

a) Ter o seu domicilio social e fiscal no ámbito territorial.

b) Desenvolver o proxecto no mesmo ámbito territorial.

Segundo. Finalidade

1. O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras, en réxime de concorrencia competitiva, para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (en diante, EDLP), aprobados pola Consellería do Mar aos grupos de acción local do sector pesqueiro (en diante, GALP).

2. Así mesmo, convócanse axudas no exercicio orzamentario do ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva. O procedemento que regula a presente orde correspóndese co código PE155A.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2022, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE155A).

Cuarto. Importe

O crédito orzamentario para as solicitudes de axuda tramitadas durante o exercicio do ano 2022 alcanza o importe de un millón setenta e dous mil euros (1.072.000 €), repartidos nas seguintes partidas orzamentarias:

Partida orzamentaria

Ano 2022

15.03.723C.770.0

1.000.000 €

15.03.723C.780.0

72.000 €

Total

1.072.000 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2021

Silvia Cortiñas Fernández
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar