Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 31 de xaneiro de 2022 Páx. 6000

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, afirma no preámbulo que o dominio dunha segunda, ou mesmo, dunha terceira lingua estranxeira, se converteu nunha prioridade na educación como consecuencia do proceso de globalización en que vivimos, á vez que se mostra como unha das principais carencias do noso sistema educativo. A Unión Europea fixa o fomento do plurilingüismo como un obxectivo irrenunciable para a construción dun proxecto europeo. A lei apoia decididamente o plurilingüismo, redobrando os esforzos para conseguir que o alumnado se desenvolva con fluidez polo menos nunha primeira lingua estranxeira, cuxo nivel de comprensión oral e lectora e de expresión oral e escrita resulta decisivo para favorecer a empregabilidade e as expectativas profesionais, e por isto aposta decididamente pola incorporación curricular dunha segunda lingua estranxeira.

Esta consellería, consciente da importancia da aprendizaxe destas linguas para os cidadáns e cidadás da nosa comunidade autónoma e da preocupación que, neste sentido, se manifesta desde todos os ámbitos sociais, puxo en marcha o Plan de potenciación de linguas estranxeiras ao abeiro do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, que pretende dar continuidade a propostas anteriores como a anticipación da primeira lingua estranxeira no segundo ciclo da educación infantil e no primeiro ciclo da educación primaria, o Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado (CUALE) e os programas de seccións bilingües, así como implantar novas propostas como a creación dos centros plurilingües. Así mesmo, en liña con estes propósitos, actualmente a Estratexia galega de linguas estranxeiras –EDUlingüe2030–, para o fomento e a mellora do plurilingüismo no ensino non universitario, prevé medidas e accións para mellorar a competencia lingüística en linguas estranxeiras do alumnado galego.

Dentro do conxunto de medidas postas en marcha no curso escolar 2021/22, a mellora da competencia comunicativa e o afianzamento da internacionalización do sistema educativo para favorecer a cidadanía global constitúen os dous eixes principais de actuación. Este conxunto de medidas, en liña coas recomendación do Consello de Europa en materia de linguas, establece entre os seus principios educar para o desenvolvemento sostible e a cidadanía mundial co fomento das mobilidades de alumnado e a equidade, inclusión e igualdade de oportunidades, cunha ampla oferta formativa para o alumnado con estadías en ámbito internacional durante o período escolar e en período non lectivo.

En consecuencia, facendo uso das competencias que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto e ámbito da convocatoria

O obxecto desta orde é establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de distintos niveis dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2022.

Esta convocatoria, para os efectos da súa identificación e acceso aos formularios de inicio polas persoas interesadas, na sede electrónica da Xunta de Galicia, denomínase como actividades de formación en linguas estranxeiras, co código do procedemento ED504B.

Artigo 2. Actividades de formación convocadas

1. As actividades que se convocan, cuxo contido se especifica en canto a número de prazas, destino e réxime de aloxamento no anexo IV, son actividades de formación para a mellora na competencia no uso de linguas estranxeiras.

2. O período de realización destas actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2022, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto, e das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2022/23.

As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.

A Administración reserva para si o dereito de adxudicarlles destino ás persoas seleccionadas atendendo, na medida do posible, ás preferencias indicadas na solicitude.

En último termo, se concorreran circunstancias sanitarias ou doutro tipo que así o aconsellasen, a Consellería podería decidir a cancelación destas actividades de formación, atendendo ás condicións de seguridade e saúde do alumnado participante.

3. A xestión e organización das actividades levarase a cabo por medio de empresas coa debida cualificación, contratadas pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Ocuparanse de ofrecer os recursos materiais e humanos necesarios para o seu desenvolvemento, así como da contratación dunha póliza de seguros para a cobertura das persoas asistentes.

As familias achegarán as cantidades que lles correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, de acordo coas contías establecidas no anexo IV.

4. O custo total de cada actividade inclúe:

a) Os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.

b) Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.

c) Os gastos de docencia e o material escolar.

d) As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.

e) Os gastos de mantenza e aloxamento.

f) O certificado de realización da actividade.

g) O seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Artigo 3. Persoas beneficiarias e requisitos

1. Poderá solicitar a participación nas actividades convocadas e ser beneficiario destas axudas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

a) Estar cursando, no réxime xeral, 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2021/22, na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2020/21.

c) Ter acadado no curso 2020/21, na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía, unha cualificación mínima de 6 no 4º curso de ensinanza secundaria obrigatoria para as prazas convocadas para o 1º de bacharelato e de 6 no 1º curso de bacharelato para as prazas convocadas para o 2º curso de bacharelato.

d) Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2021/22, nun centro da Rede de centros plurilingües.

e) Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.

f) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

g)  Estar en posesión do documento nacional de identidade (en diante, DNI), número de identidade de estranxeiro (en diante, NIE) ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar, como documento identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal.

2.  As axudas poderán ser solicitadas polos pais, nais ou titores legais, no caso do alumnado menor de idade, ou polo propio alumnado se é maior de 18 anos, sempre que conten con domicilio no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Financiamento e contías das axudas

1. As axudas convocadas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 10.30.423A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022 por un importe de 1.020.811,80 euros.

2. Esta convocatoria tramítase ao abeiro do artigo 25.1.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto, téndose acreditado ao expediente que existe crédito adecuado e suficiente no proxecto de Lei de orzamentos da comunidade autónoma para o exercicio 2022 que dea cobertura orzamentaria do dito gasto. Na súa virtude, a concesión das subvencións condiciónase á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución da concesión. Todos os actos de trámite ditados no expediente de gasto se entenderán condicionados a que, no momento de se ditar a resolución de concesión, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que foron producidos eses actos.

3. A contía da axuda para cada beneficiario ou beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo total da estadía para a que resultase seleccionado ou seleccionada e a achega que lle corresponda segundo os custos correspondentes aos grupos de achega familiar (A, B, C e D) sinalados no anexo IV, e de acordo co procedemento aplicado para a súa selección e asignación a un grupo de achega familiar, indicado no anexo V.

Artigo 5. Solicitudes, presentación e prazo

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación en liña dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle e cubrirase o formulario electrónico que corresponda en función da actividade en que desexan participar. Unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación en liña, o que permitirá elixir entre a presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente a través dun lugar ou rexistro dos establecidos na norma reguladora do procedemento administrativo común, xerando os documentos en formato Adobe Acrobat correspondentes aos anexos I e II, os mesmos que os obtidos a través da sede electrónica, que a persoa interesada deberá imprimir.

Para a presentación das solicitudes por vía electrónica, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

No caso da opción de presentación a través dun lugar ou rexistro dos establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, a solicitude (anexo I) deberá asinala o representante (o pai, a nai ou a persoa que exerce a titoría, no caso de alumnado menor de idade) ou o alumno ou alumna maior de 18 anos solicitante.

Ao mesmo tempo ou posteriormente e antes do remate do prazo establecido neste artigo, deberá facerse o rexistro desta solicitude, xunto co anexo II, debidamente asinado, así como a documentación complementaria necesaria, por calquera das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG). Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo cardinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

Artigo 6. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Anexo II.

b) Certificación académica das cualificacións de todas as áreas ou materias cursadas no ano académico 2020/21. No caso dos centros concertados, as certificacións correspondentes á educación secundaria obrigatoria serán asinadas polo director ou directora do centro docente co visto e prace da Inspección Educativa, e no caso das ensinanzas de bacharelato, a certificación asinaraa o secretario ou secretaria do centro público en que se atope o expediente académico e co visto e prace do director ou directora dese centro.

c) Copia do libro ou libros de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia, terá que presentarse documento ou documentos que acrediten o número de membros da unidade familiar. No suposto de non convivencia de ambos os proxenitores, deberase acreditar que o solicitante convive cos fillos e/ou fillas.

Para os efectos desta orde, terán a consideración de membros da unidade familiar:

– Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, se é o caso, o titor ou titores do alumnado.

– Os/as fillos/as menores de idade coa excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración que os/as fillos/as as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar permanente ou preadoptivo legalmente constituído.

– Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente, sempre que estean suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

– Os/as fillos/as solteiros/as menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

– Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida forman unha unidade familiar cos fillos que teñan en común.

– A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, excepto nos casos de custodia compartida.

– Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai ou persoa de situación análoga e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos anteriores.

– Non terá a consideración de membro computable a persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación ou divorcio, excepto no caso de custodia compartida.

Na medida en que a través deste sistema a Consellería de Cultura, Educación e Universidade poida dispoñer destas informacións, non se lles exixirá ás persoas interesadas a achega individual de certificacións expedidas polas administracións correspondentes.

Para aquelas solicitudes que non acheguen os documentos anteriormente sinalados, requirirase o interesado ou interesada para que, nun prazo de dez días naturais, emende as faltas ou remita os documentos preceptivos. De non facelo, considerarase que desistiu da súa petición e arquivarase o expediente.

No caso de alegarse:

d) Copia da xustificación de separación ou divorcio.

e) Copia da xustificación de viuvez.

f) Copia da xustificación de titoría legal.

g) Certificado de discapacidade da persoa solicitante, da nai, do pai, ou do titor ou titora, ou da persoa de análoga relación segundo o establecido no artigo 6.1.c) ou de irmáns/ás menores de 25 anos ou de persoas tuteladas, no caso de que non fose expedido pola Xunta de Galicia.

h) Copia da xustificación das alegacións que se fagan constar como outras circunstancias familiares.

2. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica.

Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

Artigo 7. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas.

a) DNI ou do NIE do/a solicitante e da nai, do pai ou do titor ou titora, ou da persoa de análoga relación segundo o establecido no artigo 6.1.c).

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Ingresos totais da unidade familiar, datos de carácter tributario ou económicos da Axencia Estatal de Administración Tributaria relativos ao nivel de renda (IRPF) correspondente ao ano 2020.

d) Estar ao día no pagamento coa Axencia Estatal de Administración Tributaria para subvencións e axudas á nai, ao pai ou ao titor ou titora, ou á persoa de análoga relación segundo o establecido no artigo 6.1.c), ou ao solicitante, no caso de ser maior de idade.

e) Estar ao día no pagamento coa consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia de acordo co establecido no artigo 20.3, en relación co artigo 10.2.e) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a nai, o pai ou o titor ou titora ou a persoa de análoga relación segundo o establecido no artigo 6.1.c), ou o solicitante, no caso de ser maior de idade.

f) Estar ao día no pagamento coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social a nai, o pai ou o titor ou titora, ou a persoa de análoga relación segundo o establecido no artigo 6.1.c), ou o solicitante, no caso de ser maior de idade.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

g) Título de familia numerosa.

h) Discapacidade da persoa solicitante, da nai, do pai, ou do titor ou titora, ou da persoa de análoga relación segundo o establecido no artigo 6.1.c), ou de irmáns/ás menores de 25 anos ou de persoas tuteladas no caso de que fose expedido pola Xunta de Galicia.

i) Situación de pensionista por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou a equivalente de clases pasivas da nai, do pai ou do titor ou titora ou da persoa de análoga relación segundo o establecido no artigo 6.1.c), a través da consulta co Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidade Temporal e Maternidade.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I) ou anexo II, e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. Non serán tidas en conta nin valoradas as circunstancias alegadas e non xustificadas documental e correctamente tal como se indica, nin as que se aleguen fóra do prazo establecido para esta convocatoria, nin as que conteñan emendas.

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade poderá requirir das persoas solicitantes en calquera momento aclaración da documentación presentada.

Artigo 9. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos. As persoas interesadas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos mediante os modelos normalizados dispoñibles.

2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario.

3. No caso de optar pola notificación en papel practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

4. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións na conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

5. As notificacións por medios electrónicos entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 10. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 11. Colaboración dos centros docentes na difusión e participación nesta convocatoria

1. A Consellería de Cultura, Educación e Universidade remitirá aos centros docentes información en formato electrónico, sobre o procedemento de solicitude e de adxudicación de prazas, para a súa difusión entre o alumnado obxecto desta convocatoria.

2. A dirección de cada centro docente arbitrará as medidas necesarias para que o contido desta orde sexa coñecido por todos os sectores da comunidade educativa e entregaralle unha copia dela ao Consello Escolar, ao Claustro, ás asociacións de nais e pais (Anpas) e, de ser o caso, ás asociacións de alumnado. Así mesmo, expoñerase no taboleiro de anuncios a listaxe provisional e a definitiva de alumnado seleccionado.

3. O contido desta orde e a información complementaria atoparase na páxina da internet http://www.edu.xunta.gal/axudasle

4. As direccións dos centros docentes sostidos con fondos públicos facilitarán, na medida das súas posibilidades, ao alumnado interesado e/ou ás súas familias o acceso á aplicación informática correspondente a este programa.

Artigo 12. Aceptación das bases

A presentación da solicitude implica a aceptación das bases da presente convocatoria.

Artigo 13. Comunicación

Toda a información relacionada co estado das solicitudes ou coa adxudicación de prazas farase a través da páxina principal da web https://www.edu.xunta.gal/axudasle, que se actualizará periodicamente.

Artigo 14. Comisión de Valoración

A valoración das solicitudes e a proposta de selección das persoas beneficiarias desta convocatoria será realizada por unha comisión integrada polos seguintes membros:

a) Presidencia: a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional ou persoa en quen delegue.

b) Vogais: ata un máximo de catro vogais nomeados pola presidencia da Comisión de Selección, con categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou membros da Inspección Educativa.

c) Unha persoa funcionaria da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que actuará como secretaria, con voz e sen voto.

A Comisión poderá dispoñer a constitución dunha subcomisión técnica especializada para os efectos de colaborar na valoración dos documentos achegados e na baremación.

Para os efectos previstos no artigo 26.2 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, esta comisión considérase incluída na categoría 3ª.

Artigo 15. Criterios de selección

1. A adxudicación de axudas e asignación de prazas na actividade solicitada farase atendendo á puntuación total obtida por cada alumno ou alumna que resulte de aplicar o baremo establecido no anexo V.

2. A adxudicación terá carácter de concorrencia competitiva, polo que non será suficiente para obter asignación de praza e axuda reunir todos os requisitos exixidos nesta convocatoria. É necesario, tamén, acadar un número de orde que sitúe a persoa solicitante dentro das prazas que se van conceder.

Artigo 16. Procedemento de adxudicación de prazas

1. Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, a Comisión de Selección fará públicas tres listaxes: unha, na cal se incluirán as solicitudes admitidas; unha segunda, de solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto; e unha terceira, de solicitudes excluídas, facendo constar as causas de exclusión.

Estas listaxes exporanse na web da convocatoria (https://www.edu.xunta.gal/axudasle/), na Oficina de Rexistro Único e Información da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e remitirase para a súa publicación ás xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e aos centros de ensino obxecto do ámbito desta convocatoria.

2. A continuación abrirase un prazo de dez días naturais para emendar os erros e a falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias. As circunstancias da emenda de erros ou falta de documentación poderanse consultar mediante o número do documento de identificación (DNI, NIE, etc. da persoa representante, ou da persoa solicitante no caso de que esta sexa maior de idade) na aplicación en liña dispoñible na páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle. A falta de presentación da documentación a que fai referencia o punto 1 do artigo 6 –alíneas a), b), c), d), e), f) e g)– dentro deste prazo será motivo de exclusión da convocatoria. A falta de xustificación referida ás alegacións correspondentes a que fai referencia o punto 1 do artigo 6 –letra h)– e o punto 1 do artigo 8 –alíneas g), h) e i)– implicará que non sexan tidas en conta as circunstancias correspondentes no momento da baremación.

3. Transcorrido este prazo, publicaranse as listaxes provisionais de alumnado seleccionado e de alumnado suplente, ordenados por puntuación por cada un dos cursos; nos casos en que se produzan empates na puntuación, o criterio de desempate será a menor renda per cápita. Así mesmo, publicarase a listaxe de solicitudes con requirimentos relacionados coas comprobacións de datos referidas no artigo 8.1 –alíneas c), d), e), f)–; o contido destes requirimentos poderase consultar mediante o número do documento de identificación (DNI, NIE, etc.) da persoa representante, ou da persoa solicitante no caso de que esta sexa maior de idade, na aplicación en liña dispoñible na páxina web http://www.edu.xunta.gal/axudasle.

Estas listaxes expoñeranse co mesmo procedemento indicado no punto 1.

4. De seguido, abrirase un prazo de 10 días naturais para formular reclamacións e para a presentación da documentación sinalada nos requirimentos relacionados coa comprobación de datos. Rematado este prazo e estudadas as alegacións e a documentación presentada, a comisión seleccionadora elevará a proposta definitiva.

5. No caso de non cubrirse o número de prazas nalgunha das actividades, por proposta motivada pola Comisión de Selección, a persoa titular da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional poderá acordar a redistribución das prazas entre outras actividades.

6. As listaxes definitivas de persoas seleccionadas e de suplentes, así como os destinos, as datas de realización das estadías e as achegas familiares correspondentes en cada caso, serán publicadas na páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle e no resto dos lugares indicados no punto 1. As persoas que facilitaron o seu correo electrónico recibirán por esta vía unha mensaxe na cal se indicará o importe da achega da familia e os datos necesarios para o pagamento da correspondente cantidade. Logo abrirase un prazo de 5 días naturais para que as persoas solicitantes remitan á Consellería de Cultura, Educación e Universidade a seguinte documentación:

a) Aceptación ou renuncia á axuda segundo o anexo III.

b) Xustificante bancario do pagamento á empresa adxudicataria dos cursos no número de conta bancaria que se indicará nas instrucións que se facilitarán aos solicitantes a través do correo electrónico e na web https://www.edu.xunta.gal/axudasle/. Este pagamento non terá devolución no caso de renuncia ou abandono posterior. A non xustificación do ingreso da cantidade indicada, dentro do prazo, implica a renuncia á praza adxudicada.

c) Copia do pasaporte ou visado en vigor, no caso do alumnado que requira da citada documentación para a súa participación nas actividades no estranxeiro.

d) Copia da documentación relacionada coa COVID-19 que sexa precisa para poder levar a cabo a mobilidade de acordo coa normativa vixente nos países de orixe e destino (e de tránsito, de ser o caso), no momento de realización da actividade.

As prazas vacantes seranlle ofertadas ao alumnado suplente por chamamento directo aos teléfonos indicados na solicitude, seguindo a relación publicada de suplentes.

Artigo 17. Reintegros

En aplicación do artigo 33 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, suporá o reintegro do importe equivalente da axuda e a exixencia dos xuros de demora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde proceder ao reintegro:

– A renuncia ou abandono posterior ao pagamento da achega familiar, sen unha causa grave debidamente xustificada.

– Non presentarse o día do inicio da actividade, sen unha causa grave debidamente xustificada.

– Non presentarse no punto de saída sinalado para o inicio da viaxe, para o alumnado participante nas actividades realizadas no estranxeiro.

– Non posuír a documentación necesaria para a realización da viaxe, para o alumnado participante nas actividades realizadas no estranxeiro.

– A obtención da axuda falseando as condicións requiridas ou ocultando aquelas que a impedirían.

Artigo 18. Obrigas e abandonos durante a realización da actividade

1. Un comportamento non apropiado poderá supoñer a expulsión deste programa e o final da estadía, por causas de igual ou similar natureza ás seguintes:

a) Se é o caso, o incumprimento das leis do país ao que viaxan.

b) Incumprimento das normas establecidas para o desenvolvemento da actividade.

c) Consumo de alcohol e/ou de substancias ilegais.

d) Automedicación sen autorización médica.

e) Condutas disruptivas.

f) Comportamentos asociais.

A expulsión do programa suporalle á persoa solicitante o pagamento de regreso e do custo total da actividade, así como, de ser o caso, do importe dos danos ocasionados ou derivados das ditas condutas.

2. No caso do alumnado que se atope realizando a estadía e decida abandonar o programa, sen unha causa grave debidamente xustificada, a persoa solicitante asumirá os gastos ocasionados, así como o importe total do custo da actividade.

Artigo 19. Resolución

1. A persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade resolverá a relación final das persoas adxudicatarias e os importes das axudas concedidas.

2. O prazo máximo para resolver as solicitudes correspondentes ás accións especificadas nesta orde será de cinco meses e comezará a contar desde o día seguinte á data de remate do prazo de presentación de solicitudes. Transcorrido este prazo sen que se dite resolución expresa, os/as interesados/as poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

3. A resolución definitiva das persoas adxudicatarias publicarase no DOG e na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (http://www.edu.xunta.gal/portal), polo que se entenderán notificados para todos os efectos os solicitantes, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4. Contra a resolución definitiva de adxudicación, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso administrativa.

Artigo 20. Recursos

Contra esta orde as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento normativo

Autorízase a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional para adoptar os actos e as medidas necesarias para a aplicación e o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2022

O conselleiro de Educación, Cultura e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Cultura e Universidade

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV

Achega das familias (€)

Modalidade

Duración

Réxime de

aloxamento

Nº de prazas

Reparto das prazas por grupos

Custo por praza (€)

Grupo A

Grupo B

Grupo C

Grupo D

Grupo A

Grupo B

Grupo C

Grupo D

2º Bach.

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

80

32

24

16

8

2.950,00

375,00

670,00

1.180,00

1.475,00

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

90

36

27

18

9

2.244,55

285,00

510,00

898,00

1.122,00

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

15

6

4

3

2

2.244,55

285,00

510,00

898,00

1.122,00

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

2

1

1

1

2.000,13

254,00

454,00

800,00

1.000,00

1º Bach.

Inglés no Reino Unido

3 semanas

Familia

150

60

45

30

15

2.244,55

285,00

510,00

898,00

1.122,00

Inglés en Canadá

3 semanas

Familia

135

54

40

27

14

2.950,00

375,00

670,00

1.180,00

1.475,00

Inglés en Canadá-Integración

4 semanas

Familia

30

12

9

6

3

3.367,00

428,00

764,00

1.347,00

1.684,00

Francés en Francia

3 semanas

Familia ou residencia

15

6

4

3

2

2.244,55

285,00

510,00

898,00

1.122,00

Portugués en Portugal

3 semanas

Familia ou residencia

5

2

1

1

1

2.000,13

254,00

454,00

800,00

1.000,00

Total prazas:

525

210

155

105

55

ANEXO V

Baremo, puntuación e determinación de achegas familiares

Criterios de puntuación:

1º. Nota media do expediente no curso 2020/21: ata 10 puntos.

O criterio de selección que se terá en conta será o da nota media das cualificacións do expediente académico dos estudos realizados no curso 2020/21 polo alumnado.

En educación secundaria obrigatoria e en bacharelato, o cálculo da nota media expresarase, de ser o caso, cun decimal calculado mediante redondeo, facéndose constar este resultado no punto correspondente, incluído no anexo I de solicitude destas axudas.

Para todos os niveis educativos, a baremación da nota media aplicarase segundo a seguinte táboa:

Nota media

Puntuación

5-5,9

5 puntos

6-6,9

6 puntos

7-7,9

7 puntos

8-8,9

8 puntos

9-9,9

9 puntos

10

10 puntos

2º. Renda per cápita da unidade familiar: ata 20 puntos.

Aplícase unha puntuación ponderada e progresiva en función da renda per cápita da unidade familiar, segundo o seguinte cadro, calculada esta como suma dos ingresos de cada un dos membros computables da unidade familiar, correspondentes ao exercicio fiscal do ano 2020, divididos entre o seu número de membros. Cando se presentase declaración do imposto da renda das persoas físicas correspondente ao exercicio fiscal 2020, sumaranse os importes dos recadros correspondentes á base impoñible xeral e da base impoñible do aforro; cando non se presentase, teranse en conta os ingresos de acordo cos datos tributarios facilitados pola Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Para os efectos de cómputo das rendas, teranse en conta:

a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, se é o caso, o titor ou titores do alumnado.

b) Os proxenitores separados legalmente ou divorciados con custodia compartida.

c) Os/as irmáns/ás do/da solicitante maiores de 16 anos e menores de 25 anos.

d) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do/da alumno/a, excepto nos casos de custodia compartida.

A puntuación que se asignará segundo a renda per cápita exprésase na seguinte táboa:

Tramos de renta per cápita da unidade familiar (euros)

Ata 3.962

20 puntos

Superior a 3.962 e inferior a 7.606

16 puntos

Igual ou maior a 7.606 e inferior a 10.222

12 puntos

Igual ou maior a 10.222 e inferior a 11.450

8 puntos

Igual ou maior a 11.450

4 puntos

3º. Pertenza a familia numerosa: 2 puntos.

4º. Discapacidade igual ou superior ao 33 % ou pensionista da Seguridade Social por incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez ou a equivalente de clases pasivas dalgún membro da unidade familiar en primeiro grao: 2 puntos.

5º. Non ter sido beneficiario nunha axuda ao abeiro da convocatoria establecida pola Orde do 4 de febreiro de 2019: 1 punto.

Cálculo para a determinación das axudas convocadas:

De acordo co establecido no artigo 4.3, a contía da axuda para cada persoa beneficiaria será a resultante de aplicar a diferenza entre o custo total da estadía para a que resultase seleccionada e a achega que lle corresponda segundo os custos e os grupos de achega familiar (A, B, C e D) sinalados no anexo IV e de acordo co procedemento aplicado para a súa selección e asignación a un grupo de achega familiar.

Para a asignación do alumnado seleccionado a cada un dos catro grupos de achega familiar séguese o seguinte procedemento:

1º. Coa listaxe definitiva de solicitantes ordenada segundo a puntuación obtida de maior a menor, asígnaselle a cada persoa seleccionada unha praza no grupo de achega familiar correspondente seguindo a orde establecida na listaxe, tendo en conta as prazas indicadas no anexo IV para cada actividade, dende o grupo A ao D. En función da súa adscrición ao grupo correspondente, fíxase a contía da achega familiar que lle corresponderá a cada persoa seleccionada segundo o establecido no citado anexo IV para cada actividade.

2º. No caso de renuncias, a listaxe corre segundo a orde numérica establecida na lista de agarda, correspondéndolles ás novas persoas seleccionadas a achega familiar correspondente ás prazas do grupo D.