Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 3 de febreiro de 2022 Páx. 7103

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de duascentas cincuenta (250) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2022/23 nunha universidade galega (código de procedemento PR911A).

Segundo o establecido no artigo 22 do Decreto 109/2021, do 15 de xullo, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, a Secretaría Xeral da Emigración é o órgano superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ao cal lle corresponden as competencias en materia de emigración e retorno en Galicia e, en particular, a promoción de medidas que favorezan o retorno a Galicia das persoas galegas residentes no exterior e que faciliten a súa integración na sociedade galega.

Así mesmo, a disposición adicional segunda do Decreto 109/2021, do 15 de xullo, desconcentra na persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración a competencia para a aprobación das bases, a convocatoria e as resolucións en materia de axudas e subvencións do seu respectivo ámbito de competencia.

O Estatuto de autonomía de Galicia, nos seus artigos 1.2 e 4.3, establece que a Comunidade Autónoma asume como tarefa principal a defensa da identidade de Galicia e a promoción da solidariedade entre todas as persoas integrantes do pobo galego, e configura como un principio reitor da súa política social e económica facer efectivo o dereito das persoas galegas a vivir e a traballar na súa propia terra.

Así mesmo, a recente Lei 5/2021, do 2 de febreiro (DOG núm. 26, do 9 de febreiro), de impulso demográfico de Galicia, recolle no seu capítulo V do título II a adopción de medidas de fomento do retorno da poboación galega residente no exterior e da súa descendencia, a través de diferentes programas e actuacións para acadar a súa plena integración social e laboral.

A Estratexia Retorna, aprobada polo Consello da Xunta de Galicia, inclúe medidas tanto específicas como transversais, destinadas, por un lado, a rexuvenecer a poboación galega e contribuír a superar a crise demográfica que atravesa a Comunidade, e, por outro, a facilitar o dereito dos/das emigrantes galegos/as e da súa descendencia a regresar a Galicia.

Dentro destas medidas da Estratexia Retorna recóllese, como un dos obxectivos, incentivar o retorno dos galegos e das galegas do exterior e favorecer a súa incorporación ao Sistema universitario de Galicia.

Con este programa de bolsas, a Secretaría Xeral da Emigración ofértalles ás persoas galegas universitarias residentes no estranxeiro a posibilidade de adquiriren unha especialización académica de máster nunha universidade galega, coa finalidade de que amplíen a súa formación e adquiran competencias e habilidades que favorezan a súa inserción laboral e futuro profesional en Galicia con maiores garantías de éxito.

Os másteres ofertados intégranse nas áreas de Arte e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saúde, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñaría e Arquitectura; seleccionáronse en función das posibilidades dunha maior oferta de emprego e son de interese para o desenvolvemento do sector produtivo industrial e de servizos, así como o da información e coñecemento de Galicia.

A través deste programa preténdese tamén que a sociedade galega se enriqueza cos coñecementos e experiencias profesionais internacionais que acheguen estas persoas galegas con formación universitaria, que residiron ou naceron no estranxeiro, e que agora retornan a Galicia, ao mesmo tempo que se reforza a súa vinculación con esta comunidade autónoma.

Estas bolsas constitúen unha axuda económica para realizar estes estudos de máster en Galicia cunha duración dun curso académico (60-72 créditos ECTS) ou dun curso e medio (90 créditos ECTS). Os importes fixáronse en función dos gastos que deberán afrontar as persoas bolseiras para poderen acadar os obxectivos das bolsas, tendo en conta os gastos de desprazamento desde o seu país de residencia, as taxas administrativas e académicas de matrícula na universidade, así como o custo do aloxamento e manutención.

Para o desenvolvemento deste programa é primordial contar coa colaboración da Secretaría Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, así como das tres universidades galegas –a da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo–, mediante a súa participación na selección das persoas beneficiarias a través da súa presenza na Comisión de Valoración dos expedientes.

Por outra banda, dado que as persoas destinatarias das bolsas residen no estranxeiro e teñen que organizar o seu traslado a Galicia con antelación suficiente, co fin de que coñezan canto antes a súa concesión, prevese a tramitación do procedemento de concesión das bolsas pola vía de urxencia, polo que se reducen á metade, cinco (5) días os prazos.

En virtude do exposto, no exercicio das competencias atribuídas no Decreto 109/2021, do 15 de xullo, e de conformidade co disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da referida Lei 9/2007, nos preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, na Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, e demais normativa de aplicación,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto e réxime das axudas

1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de duascentas cincuenta (250) bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar determinados estudos de máster que se inicien no curso 2022/23 nunha universidade galega, condicionada aos límites de financiamento (código de procedemento PR911A).

2. Os másteres universitarios ofertados para os cales se concederán as bolsas son só os sinalados na lista do anexo I desta resolución, onde se recolle a universidade galega e o campus en que se imparten, así como o número de créditos ECTS de cada un deles.

3. Para a concesión destas bolsas é necesario que se acredite de xeito previo estar matriculado/a nun máster dos sinalados na dita lista do anexo I, nun mínimo de 60 créditos ECTS e modalidade presencial ou semipresencial.

No caso de que algún dos másteres ofertados for anulado pola universidade, quedaría excluído da oferta desta convocatoria de bolsas.

Artigo 2. Financiamento

1. Esta convocatoria terá carácter plurianual e para a concesión destas subvencións destinaranse un total de 2.150.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.480.3 –bolsas excelencia mocidade exterior– dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2022 e 2023, por importe de 1.250.000 euros para a anualidade 2022 e 900.000 euros para a anualidade 2023. A concesión destas subvencións quedará condicionada aos ditos límites orzamentarios.

2. Este importe poderá ser ampliado nos casos establecidos no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, en función das maiores dispoñibilidades orzamentarias que se poidan producir na dita aplicación.

3. Este expediente tramítase ao abeiro do artigo 25.1.a) do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, como expediente anticipado de gasto, posto que existe crédito suficiente previsto no proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma para o exercicio 2022. Na súa virtude, e de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, a concesión das subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Artigo 3. Persoas beneficiarias

1. Poderán solicitar estas axudas os/as cidadáns/ás galegos/as residentes no estranxeiro cunha titulación universitaria de grao, licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a, diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a.

2. Quedan excluídas desta convocatoria as persoas que xa fosen beneficiarias e desfrutasen desta bolsa en anteriores convocatorias.

3. Así mesmo, quedan excluídas aquelas persoas que resultasen beneficiarias desta bolsa en anteriores convocatorias e que causasen baixa ou renunciasen a ela, sempre que o fixesen despois do 15 de setembro do ano da correspondente convocatoria.

Artigo 4. Requisitos

1. Requisitos que se deberán cumprir e acreditar no momento da presentación da solicitude:

a) Ser menor de 40 anos.

b) Estar en posesión da nacionalidade española.

c) Residir fóra de España.

d) Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.

e) Estar vinculado/a a Galicia dalgún destes xeitos:

e.1. Ser emigrante nacido/a en Galicia.

e.2. Ser emigrante non nacido/a en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar.

e.3. Ser descendente por consanguinidade de emigrante nacido/a en Galicia, sempre que a persoa solicitante nacese no estranxeiro.

f) Ter rematado e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico/a, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico/a ou outra declarada equivalente de forma expresa, que dea acceso a un máster universitario.

g) No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estaren vinculadas a un concello galego. Este requisito poderase acreditar con posterioridade, pero sempre antes de que remate o prazo de emenda da documentación preceptiva.

2. Requisito que se deberá cumprir e acreditar con carácter previo á concesión da bolsa:

– Estar matriculado/a no curso 2022/23 nun máster universitario dos ofertados nesta convocatoria e sinalados no anexo I desta resolución, dun mínimo de 60 créditos ECTS na modalidade presencial ou semipresencial. Para os másteres cunha duración total de 90 créditos ECTS, a matrícula dos 30 créditos ECTS restantes, correspondentes ao curso 2023/24, realizarase e acreditarase no mes de setembro do ano 2023.

Para poderen acreditar o requisito sinalado no parágrafo anterior de estar matriculado/a no curso 2022/23 nun máster universitario, as persoas solicitantes deben realizar con anterioridade o proceso de solicitude de admisión nun ou en varios másteres dos ofertados nesta convocatoria, nas universidades galegas que prefiran, coa antelación necesaria para poderen presentar o xustificante de matrícula. Cada universidade establece diferentes prazos de admisión e deben estar en contacto directo con elas para informarse dos programas de máster da súa área de interese, así como dos requisitos e da documentación que deben presentar.

Para estes efectos, para ser admitido/a nunha universidade, no caso de títulos estranxeiros de estudos de países alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), deberase tramitar a solicitude de equivalencia na universidade galega onde se pretenda cursar o máster. Non será necesario no caso de que o título estea xa homologado a un título universitario oficial español ou a outro expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado membro do EEES e que faculten para o acceso a estudos de máster.

Esta admisión por parte das universidades non implicará, en ningún caso, a homologación do título estranxeiro de que estea en posesión a persoa interesada nin o seu recoñecemento para outros efectos que non sexan os de cursar os estudos de máster.

Artigo 5. Período de desfrute

As bolsas terán a duración correspondente aos cursos académicos necesarios para realizar a totalidade dos créditos de que conste o máster:

– Nos másteres de 60 ou 72 créditos ECTS, que equivalen a un curso académico, o período de desfrute será o curso académico 2022/23.

– Nos másteres de 90 créditos ECTS, que equivalen a un curso académico e medio, o período de desfrute será, ademais do sinalado no parágrafo anterior, o curso académico 2023/24.

O desfrute da bolsa estará condicionado a que se imparta o título oficial de máster para o cal se realizou a matrícula.

Artigo 6. Dotación e compatibilidade

1. A dotación total da bolsa para realizar o máster nunha universidade galega será a seguinte, segundo a súa duración e o país de procedencia do/da solicitante:

Dotación total da bolsa

Nº créditos ECTS

Nº cursos

Europa

Resto países

60-72

1

7.000 €

7.650 €

90

1,5

10.500 €

11.475 €

2. Coa contía asignada, a persoa beneficiaria deberá afrontar todos os gastos que se xeren para poder realizar o máster. En concreto:

a) Gastos de preinscrición, administrativos e de matrícula na universidade.

b) Viaxe desde o seu país de procedencia.

c) Aloxamento e manutención en Galicia.

d) Subscrición dun seguro médico, de ser o caso.

3. Esta bolsa é incompatible con calquera outra bolsa ou axuda financiada por calquera Administración, institución ou ente público para cursar estudos de máster. Tamén é incompatible coas bolsas para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de formación profesional de grao superior en Galicia, da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Artigo 7. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, que figura como anexo II desta resolución a título informativo, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Dada a súa condición de titulados/as universitarios/as e as especiais circunstancias que se poderían presentar nos países en que residen, establécese a obrigatoriedade de relacionarse exclusivamente por medios electrónicos para a tramitación deste procedemento, de conformidade co establecido no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas solicitantes deberán cubrir os campos do formulario que figuren na aplicación informática cos datos de identidade da documentación española e incorporar os documentos requiridos no artigo 9 desta resolución. Unha vez rematado este proceso, deberán confirmar a solicitude, que comportará a súa presentación e, procederase a anotar unha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia. Unha vez confirmada a solicitude, non poderá ser modificado ningún dos datos cubertos no formulario. Non se terán en conta aquelas solicitudes formalizadas por vía telemática que non completen o proceso de presentación establecido e obteñan o xustificante de solicitude, que deberá conservar a persoa solicitante para acreditar, no caso de que resulte necesario, a presentación da súa solicitude no prazo e forma establecidos.

2. Dentro deste formulario deberán cubrir:

a) A declaración do máster ou másteres e universidades correspondentes nas cales solicitou ou vai solicitar a súa admisión dos ofertados nesta convocatoria.

b) A memoria de motivación para realizar un máster en Galicia, importancia para a súa propia especialización académica e interese de desenvolver a súa carreira profesional nesta comunidade autónoma.

3. As persoas solicitantes residentes en Cuba e que así o desexen poderanse dirixir á Federación de Sociedades Galegas en La Habana, na cal existen persoas habilitadas para o efecto, para a presentación electrónica das súas solicitudes.

A utilización desta vía requirirá unha autorización que a persoa solicitante lle outorga á persoa responsable da entidade colaboradora para que remita a súa solicitude vía electrónica, incluída no formulario de solicitude (anexo II).

4. A presentación da solicitude da bolsa implicará a aceptación do disposto nesta resolución e responsabilizarase, de acordo co establecido no artigo 28.7 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, da veracidade dos documentos presentados; será unha infracción grave falsear calquera das condicións requiridas para obter a subvención solicitada, de acordo co artigo 37.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

5. Para calquera información adicional, as persoas interesadas poderanse dirixir ao correo electrónico beme.emigracion@xunta.gal

Artigo 8. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o día 29 de abril de 2022, ás 23.59 horas (hora peninsular española).

Artigo 9. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán presentar vía electrónica, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

a) Pasaporte ou outro documento acreditativo da identidade e nacionalidade española para as persoas solicitantes que non teñan DNI (documento nacional de identidade español).

b) Documentación acreditativa da residencia actual fóra de España.

c) Documentación xustificativa de ter residido fóra de España durante un mínimo de dous anos inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.

d) Documentación acreditativa da súa vinculación con Galicia, segundo o caso:

d.1. Persoas nacidas en Galicia: pasaporte ou certificado de nacemento en Galicia.

d.2. Persoas non nacidas en Galicia, pero que residiron en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar: histórico do padrón municipal do/dos concello/s galego/s onde residiron.

d.3. Descendentes por consanguinidade de emigrante nacido/a en Galicia: certificados de nacemento ou libros de familia que acrediten toda a liña de parentesco por consanguinidade, desde a persoa emigrante nacida en Galicia ata o nacemento da persoa solicitante.

e) Para as persoas solicitantes nacidas no estranxeiro: certificado de inscrición no Padrón de españois residentes no estranxeiro (PERE) ou, na súa falta, calquera outra documentación acreditativa da súa vinculación cun concello galego.

f) Título universitario/diploma que dea acceso ao máster ou documentación que acredite que o título/diploma está en trámite.

g) No caso de titulacións españolas: certificado do expediente académico da titulación universitaria realizada, no cal conste a nota media na escala numérica de 0-10.

h) No caso de titulacións obtidas no estranxeiro:

h.1. Certificado do expediente académico, analítico ou histórico escolar, en que consten a totalidade das materias cursadas coas cualificacións obtidas, incluídos se for o caso, o número de créditos de cada materia, así como as materias cursadas no ciclo básico común.

h.2. Escala de avaliación/cualificación e a nota mínima requirida para aprobar unha materia: histórico escolar, analítico, regulamento universitario ou outro documento acreditativo.

h.3. Documento de declaración de equivalencia das notas medias de estudos e títulos universitarios realizados no estranxeiro cos correspondentes españois, que se realizará en liña a través da sede electrónica do Ministerio de Universidades do Goberno de España.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados de xeito electrónico a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a que se achegue.

2. A documentación complementaria deberase presentar de xeito electrónico.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. A Secretaría Xeral da Emigración poderá requirir calquera outra documentación ou dato adicional que considere necesario para completar o expediente ou para unha mellor valoración del.

5. Cando os documentos achegados ao expediente polas persoas solicitantes estean nun idioma distinto do galego ou do español, deberase presentar tradución deles en calquera destes idiomas.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI da persoa solicitante, de ser o caso.

2. Así mesmo, para a tramitación e resolución deste procedemento os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás universidades do Sistema universitario galego (SUG):

– Expediente académico coas cualificacións obtidas no máster universitario.

– Xustificante da matrícula no máster e aboamento dos prezos públicos.

3. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado para eses efectos no formulario correspondente e achegar o documento.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

4. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten documento correspondente.

Artigo 11. Publicación dos actos

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución pola cal se resolve a convocatoria destas bolsas coas listas de persoas beneficiarias e suplentes, así como a lista de solicitudes denegadas.

Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Secretaría Xeral da Emigración (http://www.emigracion.xunta.gal) as seguintes listas: as listas provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, a lista de emenda da documentación da declaración de equivalencia, as listas provisionais de persoas candidatas á bolsa, suplentes e excluídas, as listas definitivas de persoas candidatas á bolsa, suplentes e excluídas, así como as listas de persoas beneficiarias das bolsas, suplentes e de solicitudes denegadas.

Estas publicacións, tanto no DOG como na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración, producirán efectos de notificación ás persoas interesadas.

Artigo 12. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar despois da presentación da solicitude deberán ser efectuados de xeito electrónico a través da aplicación accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

Para a achega voluntaria de documentación poderase utilizar o modelo do anexo III.

Artigo 13. Órganos competentes e instrución do procedemento

1. A Subdirección Xeral do Retorno será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión das bolsas e correspóndelle ao secretario xeral da Emigración ditar a correspondente resolución.

2. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes e examinadas estas e a documentación complementaria, a Secretaría Xeral da Emigración publicará as listas provisionais de solicitudes admitidas e as excluídas, con indicación da causa de exclusión.

3. As persoas excluídas disporán dun prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao desta publicación na páxina web, para emendaren a falta ou achegaren os documentos preceptivos, para o cal se poderá utilizar o modelo do anexo IV. Transcorrido este prazo sen que se emenden os erros ou se achegue a documentación preceptiva, considerarase que a persoa interesada desiste da súa petición, nos termos e condicións establecidos no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 14. Comisión de Valoración

1. A Comisión de Valoración será o órgano colexiado encargado de avaliar as solicitudes que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria, de acordo cos criterios obxectivos fixados no seguinte artigo.

2. A composición da Comisión de Valoración será a seguinte:

a) Presidencia: a persoa titular da Subdirección Xeral do Retorno ou persoa que designe.

b) Vogais:

– A persoa titular da Subdirección Xeral de Universidades da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, ou persoa que designe.

– Os/as vicerreitores/as das tres universidades galegas competentes na materia ou persoas que designen.

- Un/unha funcionario/a ou persoal laboral da Secretaría Xeral da Emigración.

c) Secretaría: un/unha funcionario/a ou persoal laboral da Secretaría Xeral da Emigración.

3. A Comisión de Valoración constituirase de xeito electrónico ou na sede da Secretaría Xeral da Emigración.

O seu funcionamento rexerase polo disposto na sección 3ª do capítulo I do título I da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral do sector público autonómico de Galicia.

4. Todos os membros terán dereito a voto.

Artigo 15. Criterios de avaliación e procedemento de selección

1. Para a concesión das bolsas realizarase unha comparación entre as solicitudes presentadas que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria e establecerase unha prelación entre elas de acordo cos criterios de valoración que se determinan a seguir.

2. A Comisión de Valoración examinará as solicitudes presentadas e avaliará os méritos acreditados documentalmente. A puntuación máxima será de 25 puntos conforme o seguinte baremo:

a) Nota media do expediente académico na escala numérica de 0-10 do título universitario que dá acceso ao máster: ata 20 puntos.

b) Vinculación con Galicia: ata 5 puntos.

b.1. Emigrante nacido/a en Galicia ou que residise en Galicia de forma continuada durante dez (10) anos con nacionalidade española antes de emigrar: 5 puntos.

b.2. Fillos/as de emigrante nacido/a en Galicia: 2 puntos.

b.3. Netos/as, bisnetos/as e demais descendentes de emigrante nacido/a en Galicia: 1 punto.

3. Para a avaliación da nota media dos expedientes académicos universitarios das titulacións obtidas en centros estranxeiros e para obter a nota media equivalente na escala de cualificación das universidades españolas (escala numérica de 0-10), aplicarase o establecido nas resolucións do 21 de marzo e do 21 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Política Universitaria do Ministerio de Universidades do Goberno de España, e na Resolución do 18 de setembro de 2017, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se actualiza a relación de escalas de cualificación dos estudos ou títulos universitarios estranxeiros e as equivalencias co sistema de cualificación das universidades españolas.

Para a verificación da declaración de equivalencia da nota media de estudos e títulos universitarios realizados no estranxeiro cos correspondentes españois, a Secretaría Xeral da Emigración poderá designar unha subcomisión como órgano asesor técnico que comprobará e revisará os datos consignados na declaración e os do expediente académico.

Nos casos en que existan contradicións, esta subcomisión volverá calcular de oficio a declaración efectuada, seguindo en todo caso as instrucións establecidas nas resolucións do 21 de marzo e do 21 de xullo de 2016 da Dirección Xeral de Política Universitaria do Ministerio de Universidades do Goberno de España.

No caso de que falte documentación necesaria para verificar a declaración de equivalencia, poderase requirir documentación adicional ou aclaracións en relación cos méritos presentados, mediante a publicación a través da páxina web da Secretaría Xeral da Emigración, para que no prazo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación, se achegue a documentación necesaria ou se realicen as aclaracións oportunas. Transcorrido este prazo sen que se achegue a documentación necesaria ou se realicen as aclaracións, a nota media equivalente á española que outorgará a subcomisión será de cinco (5) puntos.

Unha vez rematadas estas tarefas de comprobación e de novo cálculo, a subcomisión realizará unha proposta que remitirá á Comisión de Valoración co resultado desta verificación, que será vinculante tanto na validez da titulación que dea acceso ao máster como na nota media resultante da verificación ou novo cálculo da declaración de equivalencia efectuada.

4. Á vista, de ser o caso, da proposta da subcomisión de valoración da verificación das notas medias e unha vez avaliados o resto dos méritos acreditados documentalmente, a Comisión de Valoración emitirá un informe no cal se concretará o resultado da avaliación efectuada establecendo unha orde das persoas solicitantes segundo as puntuacións outorgadas. Para o caso de empate na puntuación obtida, daráselle prioridade a quen teña unha nota media máis alta no expediente académico; en segundo lugar, á maior vinculación con Galicia e, en terceiro lugar, á maior idade da persoa solicitante.

O informe emitido pola Comisión recollerá unha lista cun máximo de 450 persoas solicitantes que quedasen clasificadas nas primeiras posicións e que continúan no proceso de selección, e outra lista na cal figurará o resto das persoas solicitantes que quedan excluídas por non acadaren o número de orde que lles permita continuar no proceso de selección.

Artigo 16. Resolución

1. O órgano instrutor, á vista do expediente e do informe da Comisión Avaliadora, formulará a correspondente proposta de resolución provisional coas listas de persoas candidatas á bolsa, suplentes e excluídas, que terán, de ser o caso, a seguinte distribución:

a) Lista provisional das 250 persoas que obtivesen a maior puntuación, que serán propostas como candidatas á bolsa.

b) Lista provisional dun máximo das seguintes 200 persoas clasificadas, que serán propostas como candidatas suplentes.

c) Lista provisional do resto de candidatos/as excluídos/as porque, cumprindo os requisitos exixidos na convocatoria, non acadaron un número de orde que lles permita continuar no proceso de selección.

d) Lista provisional de persoas solicitantes excluídas por non acreditaren o cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria.

A proposta de resolución provisional notificaráselles ás persoas interesadas mediante a súa publicación na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración para que, no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación, presenten as alegacións oportunas, para o cal se poderá utilizar o modelo do anexo V.

As persoas que figuran nas listas provisionais de candidatos/as á bolsa e na de suplentes deben realizar o trámite de preinscrición ou solicitude de admisión, no máster ou másteres do seu interese nas universidades galegas correspondentes, no prazo que establezan, para que, unha vez que sexan admitidas, poidan matricularse nel.

2. O órgano instrutor, á vista das alegacións presentadas, formulará a correspondente proposta de resolución definitiva coas listas de persoas candidatas á bolsa, suplentes e excluídas, que terán, de ser o caso, a seguinte distribución:

a) Lista definitiva das 250 persoas que obtivesen a maior puntuación, que serán propostas como candidatas á bolsa.

b) Lista definitiva dun máximo das seguintes 200 persoas clasificadas, que serán propostas como candidatas suplentes.

c) Lista definitiva do resto de candidatos/as excluídos/as porque, cumprindo os requisitos exixidos na convocatoria, non acadaron un número de orde que lles permita continuar no proceso de selección.

d) Lista definitiva de persoas solicitantes excluídas por non acreditaren o cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria.

A proposta de resolución definitiva notificaráselles ás persoas interesadas mediante a súa publicación na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración.

As persoas que figuran nas listas definitivas de candidatos/as e na de suplentes teñen que acreditar estaren matriculadas nun máster dos recollidos no anexo I, mediante a achega do xustificante de matrícula no prazo que estableza o órgano competente unha vez que estean pechados os calendarios de matrículas das universidades. O dito prazo notificaráselles ás persoas interesadas mediante a súa publicación na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración.

As 250 persoas da lista definitiva de persoas candidatas, sempre que acrediten estaren matriculadas nun máster dentro do prazo sinalado no parágrafo anterior, pasarían a ser beneficiarias da bolsa. Do mesmo xeito, as persoas que figuran na lista definitiva de suplentes, sempre que acrediten estaren matriculadas neste mesmo prazo, poderían chegar a ser adxudicatarias da bolsa no caso de que haxa vacantes porque persoas da lista de admisións definitiva non se matriculen ou desistan da súa solicitude de bolsa.

3. O órgano instrutor, á vista do expediente e unha vez presentados os xustificantes da matrícula nos másteres no prazo establecido, realizará unha proposta de resolución de duascentas cincuenta (250) persoas que resultarían beneficiarias da bolsa e ata un máximo de cincuenta (50) persoas que serían suplentes, quedando o resto de persoas solicitantes excluídas, que lle remitirá á persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración, quen ditará a resolución co seguinte contido:

a) Lista de persoas beneficiarias das bolsas.

Formada por un máximo de duascentas cincuenta (250) persoas, corresponderase con aquelas que obtivesen as maiores puntuacións e xustificasen a súa matrícula nun máster dos ofertados nesta convocatoria no prazo establecido. Na dita resolución indicaranse o máster que realizarán nas universidades correspondentes e os importes concedidos.

b) Lista de suplentes.

Formada ata un máximo das seguintes cincuenta (50) segundo a puntuación outorgada, que acreditasen tamén estaren matriculadas nun máster para cubrir as renuncias ou baixas que se puidesen producir dalgunhas persoas adxudicatarias da bolsa. Neste caso, acordarase a adxudicación da bolsa á persoa solicitante desta lista de suplentes que lle corresponda segundo a orde de puntuación, quen, unha vez comunicada, deberá expresar no prazo de 48 horas a súa aceptación ou renuncia; transcorrido este prazo sen comunicar a aceptación, entenderase que renuncia a ela.

c) Lista de solicitudes denegadas.

Formada polas persoas que non acreditaron reunir algún requisito exixido nesta convocatoria e polas que non acadaron un número de orde que lles permita formar parte das listas de persoas beneficiarias ou suplentes.

4. Malia o anterior, a resolución de concesión estará condicionada á existencia de crédito suficiente para os distintos exercicios orzamentarios.

5. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas afectadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, ante o secretario xeral da Emigración, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 17. Renuncia

1. A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para o cal se poderá utilizar o modelo do anexo VI.

2. No caso de que se comunicase a renuncia, o órgano competente para resolver ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. No caso de que as persoas adxudicatarias renuncien á bolsa ou causen baixa por calquera outro motivo, poderán ser substituídas pola persoa seguinte en orde de puntuación que figure na lista de suplentes, sempre que a renuncia se produza antes do 1 de outubro de 2022.

Aquelas persoas adxudicatarias que renuncien á bolsa ou causen baixa despois do día 15 de setembro de 2022, ás 23.59 horas (hora peninsular española), non poderán ser beneficiarias destas bolsas nas seguintes convocatorias.

Artigo 18. Prazo de duración do procedemento de concesión

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ás persoas interesadas será de seis meses, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que se dite resolución expresa, a solicitude poderase entender desestimada, de acordo co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 19. Modificación da resolución

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, segundo o artigo 17.4 da Lei 9/2007 do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. As persoas beneficiarias dunha bolsa poderán solicitar unha modificación da resolución de concesión e cambiar o máster para o cal se lles concedeu a bolsa.

O órgano de concesión só poderá acordar esta modificación cando as persoas bolseiras acreditasen estaren matriculadas noutro máster dos ofertados nesta convocatoria e estará condicionada a que exista crédito orzamentario suficiente.

3. Nos casos en que a persoa beneficiaria da bolsa, por causas excepcionais persoais ou familiares, non supere as materias que lle permita acreditar a porcentaxe de créditos exixidos para ter dereito ao segundo pagamento, o órgano de concesión poderá outorgar unha ampliación de prazo ata o final de curso para presentar o resultado das cualificacións académicas que acredite que superou a porcentaxe do 60 % dos créditos cursados no primeiro cuadrimestre.

Así mesmo, naqueles casos en que, polas mesmas causas excepcionais, a persoa beneficiaria non supere a totalidade dos créditos do máster no curso ou cursos académicos previstos nesta convocatoria, o órgano de concesión poderá outorgar ampliacións do período de desfrute co obxecto de rematar o máster.

4. O acto polo que se acorde ou denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia á persoa interesada.

Artigo 20. Xustificación e pagamento da bolsa

1. O pagamento da bolsa farase unha vez publicada a resolución de concesión das bolsas no DOG e logo da chegada a Galicia e da incorporación ás actividades do máster.

2. O aboamento realizarase en dous ou tres pagamentos en función do número de créditos de que conste o máster.

a) O aboamento da bolsa dos másteres de 60 créditos ECTS (un curso académico) realizarase en dous pagamentos:

a.1. No primeiro prazo aboarase un importe de 5.000 euros e deberase achegar como data límite o día 31 de outubro de 2022, a seguinte documentación:

– Xustificante que acredite a realización da viaxe a Galicia con posterioridade á data de presentación da solicitude.

– Certificación de titularidade bancaria ou outro documento bancario acreditativo dunha conta aberta en España na cal figure como titular.

– Declaración responsable de non ter débedas pendentes coa Administración tributaria estatal e autonómica, así como coa Seguridade Social, e declaración de que non ten concedidas outras bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos, para o cal se poderá utilizar o modelo do anexo VII.

a.2. No segundo prazo aboarase o importe de 2.000 euros para persoas procedentes de Europa e 2.650 euros para o resto de países, e deberase achegar, como data límite o día 30 de abril de 2023, a seguinte documentación:

– Expediente académico coas cualificacións obtidas, no cal se debe acreditar que se superou o 60 % dos créditos cursados no primeiro cuadrimestre do máster, só no caso de que o/a bolseiro/a se opoña á consulta deste dato.

No caso de que o máster non teña cualificacións cuadrimestrais e que só as teña ao final de curso, achegarase un informe satisfactorio do/da coordinador/a en relación coa súa evolución e rendemento neste primeiro cuadrimestre.

– Declaración responsable de non ter débedas pendentes coa Administración tributaria estatal e autonómica, así como coa Seguridade Social, e declaración de que non ten concedidas outras bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos, para o cal se poderá utilizar o modelo do anexo VII.

b) O aboamento da bolsa dos másteres de 90 créditos ECTS (un curso e medio académico) realizarase en tres pagamentos:

b.1. Os dous pagamentos correspondentes ao curso 2022/23 faranse do mesmo xeito recollido para os másteres de 60-72 créditos ECTS (un curso académico).

b.2. O terceiro pagamento correspondente ao curso 2023/24, 30 créditos ECTS (medio curso académico), será dun importe de 3.500 euros para persoas procedentes de Europa e 3.825 euros para o resto de países. Para este terceiro pagamento deberán achegar, como data límite o día 31 de outubro de 2023, a seguinte documentación:

– Xustificante que acredite a realización da matrícula no máster para os créditos do curso 2023/24, só no caso de que o/a bolseiro/a se opoña á consulta deste dato.

– Expediente académico coas cualificacións obtidas no primeiro curso do máster, no cal se debe acreditar que se superou o 80 % dos créditos cursados, só no caso de que o/a bolseiro/a se opoña á consulta deste dato.

– Declaración responsable de non ter débedas pendentes coa Administración tributaria estatal e autonómica, así como coa Seguridade Social, e declaración de que non ten concedidas outras bolsas ou axudas financiadas con fondos públicos, para o cal se poderá utilizar o modelo do anexo VII.

1º pagamento

2º pagamento

3º pagamento

Total

Data límite de achega de documentación xustificativa

31.10.2022

30.4.2023

31.10.2023

Nº créditos ECTS

Europa

Resto países

Europa

Resto países

Europa

Resto

países

Europa

Resto países

60 -72

5.000 €

2.000 €

2.650 €

7.000 €

7.650 €

90

5.000 €

2.000 €

2.650 €

3.500 €

3.825 €

10.500 €

11.475 €

3. A falta de presentación da documentación nos prazos establecidos poderá comportar a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da bolsa, a exixencia de reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións.

Artigo 21. Obrigas das persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias das bolsas quedan obrigadas a:

a) Incorporarse ao máster na universidade correspondente e residir durante o curso académico completo na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Destinar a axuda á finalidade para a cal se concede, entendéndose por tal o pagamento do importe da matrícula, asistir ás actividades lectivas e non anular a matrícula.

c) Superar a totalidade dos créditos no curso ou cursos académicos para os cales se concede a bolsa, agás nos casos excepcionais en que á persoa beneficiaria se lle ampliase o período de desfrute segundo o previsto no artigo 19.3.

d) Informar sobre as súas actividades académicas achegando o expediente académico coas cualificacións obtidas ao rematar cada cuadrimestre, só no caso de que o/a bolseiro/a se opoña a esta consulta.

e) Achegar un informe do/a coordinador/a do máster sobre a súa evolución e rendemento ao rematar o primeiro cuadrimestre do curso.

f) Comunicar un enderezo e teléfono de contacto unha vez que residan en Galicia para os efectos de recibir notificacións, así como os cambios que se poidan producir no seu correo electrónico.

g) Comunicar por escrito á Secretaría Xeral da Emigración a renuncia á bolsa, así como calquera modificación substancial que afecte as condicións desta.

h) Abrir unha conta bancaria en España na cal figure como titular.

i) Responsabilizarse da busca de aloxamento en Galicia e da xestión da viaxe.

j) Aquelas persoas que non posúan algún tipo de cobertura sanitaria durante o tempo que dure a súa estadía en Galicia, deberán subscribir unha póliza de seguro de asistencia sanitaria privada.

k) Participar nas accións de fomento do emprego ou de inserción laboral que se desenvolvan nesta comunidade autónoma.

l) Asistir ás reunións ou actividades que organice a Secretaría Xeral da Emigración para o desenvolvemento do programa.

m) Participar nas actuacións de información e asesoramento levadas a cabo polas oficinas integrais de asesoramento e seguimento ao retorno da Secretaría Xeral da Emigración.

n) Someterse aos requisitos legais e regulamentarios que recolle a normativa xeral de aplicación ás axudas e subvencións de Galicia, en concreto ás recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como ás actuacións de comprobación que, respecto da xestión de fondos, pode efectuar o departamento que concede a subvención, ás de control financeiro que realice a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e aos procedementos fiscalizadores do Consello de Contas e do Tribunal de Contas.

ñ) Comunicar á Secretaría Xeral da Emigración a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvención.

o) Subministrar á Secretaría Xeral da Emigración, en virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte da Secretaría Xeral da Emigración das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 22. Incumprimentos, reintegros e sancións

1. O incumprimento total ou parcial de calquera das condicións e obrigas establecidas nesta resolución e demais normas aplicables poderá constituír causa determinante de perda de dereito ou do reintegro total ou parcial das cantidades percibidas, xunto cos xuros de demora que lle poidan corresponder en cada caso, en aplicación do disposto no artigo 33 e seguintes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. De acordo co artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, os criterios de gradación dos posibles incumprimentos para determinar a cantidade que se minorará ou reintegrará serán os seguintes:

– O incumprimento total dos fins para os cales se concede a subvención ou da obriga de xustificación dará lugar á perda do dereito ao cobramento ou, se é o caso, ao reintegro da totalidade da axuda percibida, xunto cos xuros de demora que procedan, de acordo co previsto no artigo 34 da Lei de subvencións de Galicia. En particular, terá a consideración de incumprimento total a non superación do 60% dos créditos totais do máster dentro do período de desfrute da bolsa.

– Calquera outro incumprimento considerarase incumprimento parcial dos fins para os cales se concedeu a axuda e poderá dar lugar á perda do dereito ao cobramento ou, se é o caso, ao reintegro das cantidades percibidas, xunto cos xuros de demora que procedan, de acordo co previsto no artigo 34 da Lei de subvencións de Galicia. En particular, no caso das persoas beneficiarias ás cales se lles aboase a totalidade da axuda por teren superado as porcentaxes mínimas de créditos previstas no artigo 20 pero que non superasen o 100 % dos créditos do máster dentro do período de desfrute da bolsa, o importe que se reintegrará será proporcional ao número de créditos das materias non superados.

2. Procederá a devolución íntegra das cantidades percibidas cando se obteña a bolsa sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión ou se falseen ou oculten feitos ou datos que motivaron a súa concesión.

3. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 23. Devolución voluntaria da bolsa

De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a persoa beneficiaria poderá realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta de Abanca ES82 2080 0300 87 3110063172, en concepto de devolución voluntaria da subvención. O importe da devolución incluirá os xuros de demora, de acordo co previsto no artigo 34 da Lei de subvencións de Galicia, ata o momento en que se produza a devolución efectiva por parte da persoa beneficiaria.

En todo caso, a persoa beneficiaria deberá presentar ante o órgano de concesión copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, en que consten a data do ingreso, o seu importe e o número do expediente e denominación da subvención concedida.

Artigo 24. Transparencia e bo goberno

1. Deberase dar cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 25. Recursos

Contra esta resolución cabe interpor de xeito potestativo recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición adicional única. Información ás persoas interesadas

1. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e, xunto cos datos consignados no modelo normalizado de solicitude, dos aspectos básicos dos previstos no Regulamento (UE) nº 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos seus datos persoais e á libre circulación destes datos (RXPD), e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

2. Por outra banda, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Facúltase a persoa titular da Secretaría Xeral da Emigración para que dite, no ámbito das súas competencias, as resolucións e as instrucións necesarias para o desenvolvemento e o cumprimento do establecido nesta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 2022

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO I

Lista de másteres ofertados

Denominación do máster

Universidade onde se imparte

Nº de créditos

ECTS

A Coruña

UDC

Santiago de Compostela

USC

Vigo

Uvigo

Campus

Campus

Campus

Artes e Humanidades

Servizos Culturais

Lugo

60

Tradución Multimedia

Vigo

60

Tradución para a Comunicación Internacional

Vigo

60

Ciencias

Acuicultura

A Coruña

Santiago de Compostela

Vigo

90

Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión

A Coruña

Santiago de Compostela

Vigo

90

Bioloxía Mariña

A Coruña

Santiago de Compostela

Vigo

90

Biotecnoloxía Avanzada

A Coruña

Vigo

90

Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria e Ambiental

Ourense

60

Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental

A Coruña

60

Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable

Santiago de Compostela

90

Física

Santiago de Compostela

60

Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentarias

Lugo

90

Investigación Química e Química Industrial

A Coruña

Santiago de Compostela

Vigo

60

Matemáticas

Santiago de Compostela

60

Química na Fronteira coa Bioloxía e a Ciencia de Materiais (idioma Inglés)

Santiago de Compostela

90

Química Orgánica

Santiago de Compostela

60

Técnicas Estatísticas

A Coruña

Santiago de Compostela

Vigo

90

Ciencias da Saúde

Asistencia e Investigación Sanitaria

A Coruña

60

Atención Sanitaria, Xestión e Coidados

Santiago de Compostela

60

Discapacidade e Dependencia

A Coruña

60

Investigación Biomédica

Santiago de Compostela

60

Investigación e Desenvolvemento de Medicamentos

Santiago de Compostela

60

Nanociencia e Nanotecnoloxía

Santiago de Compostela

Vigo

60

Neurociencia

A Coruña

Santiago de Compostela

Vigo

60

Nutrición

Ourense/Vigo

60

Psicoxerontoloxía

Santiago de Compostela

60

Xenómica E Xenética

Santiago de Compostela/Lugo

Vigo

60

Xerontoloxía

A Coruña

(espec. Clínica)

Santiago de Compostela (espec. social)

60

Ciencias Sociais e Xurídicas

Administración Integrada de Empresas e Responsabilidade Social Corporativa

Vigo

60

Banca e Finanzas

A Coruña

60

Comercio Internacional

Vigo

60

Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais

Pontevedra

60

Contabilidade Superior e Auditoría de Contas

A Coruña

60

Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial

A Coruña

60

Dereito Transnacional da Empresa e das Tecnoloxías Dixitais

Santiago de Compostela

60

Desenvolvemento Económico e Innovación

Santiago de Compostela

60

Dirección Integrada de Proxectos (dúas especialidades: Sistemas de Información/Ocio e Deporte)

Pontevedra

60

Dirección de Actividades Educativas na Natureza

Lugo

60

Dirección de Arte en Publicidade

Pontevedra

60

Dirección de Empresas

Lugo

60

Dirección de Empresas

Santiago de Compostela

60

Dirección de Pemes (Pequenas e Medianas Empresas)

Vigo

60

Dirección e Administración de Empresas

A Coruña

60

Dirección e Planificación do Turismo Interior e de Saúde

Ourense

60

Dirección e Xestión Contable e Financeira

Santiago de Compostela

60

Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares

A Coruña

60

Economía

A Coruña

Santiago de Compostela

Vigo

60

Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías

A Coruña

60

Finanzas

Vigo

60

Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria

A Coruña

Santiago de Compostela

Pontevedra

60

Investigación en Actividade Física, Deporte e Saúde

A Coruña

Pontevedra

60

Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario

Santiago de Compostela

60

Menores en situación de Desprotección e Conflito Social

Vigo

60

Necesidades Específicas de Apoio Educativo

Pontevedra

60

Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos

A Coruña

90

Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns

Ferrol

60

Produción Xornalística e Audiovisual

A Coruña

72

Psicoloxía

Santiago de Compostela

90

Psicoloxía Aplicada

A Coruña

60

Psicoloxía do Traballo e as Organizacións, e Psicoloxía Xurídico-Forense

Santiago de Compostela

60

Psicopedagoxía

A Coruña

60

Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas

Santiago de Compostela

60

Xestión do Desenvolvemento Sustentable

Vigo

60

Xestión e Dirección Laboral

Ferrol

Santiago de Compostela

Vigo

60

Xestión Empresarial do Deporte

Ourense

60

Xornalismo e Comunicación Multimedia: Novas Tendencias en Produción, Xestión e Difusión do Coñecemento

Santiago de Compostela

60

Enxeñaría e Arquitectura

Bioinformática para Ciencias da Saúde

A Coruña

90

Ciberseguridade

A Coruña

Vigo

90

Computación de Altas Prestacións-High Performance Computing

A Coruña

Santiago de Compostela

60

Dirección de Proxectos

Lugo

60

Dirección e Innovación da Cadea de Subministración

Vigo

60

Dirección Integrada de Proxectos (especialidade en Edificación e Desenvolvemento Territorial)

A Coruña

60

Edificación Sustentable

A Coruña

60

Eficiencia e Aproveitamento Enerxético

Ferrol

72

Enerxía e Sustentabilidade

Vigo

60

Enxeñaría Ambiental

Santiago de Compostela

90

Enxeñaría da Automoción

Vigo

60

Enxeñaría de Procesamento de Alimentos

Lugo

90

Enxeñaría Informática

A Coruña

Ourense

90

Enxeñaría Química e Bioprocesos

Santiago de Compostela

90

Industria 4.0

Vigo

60

Informática Industrial e Robótica

Ferrol

60

Matemática Industrial

A Coruña

Santiago de Compostela

Vigo

90

Mecatrónica

Vigo

60

Sistemas Aéreos non Tripulados

Lugo

Ourense

60

Prevención de Riscos Laborais

Vigo

60

Rehabilitación Arquitectónica

A Coruña

60

Tecnoloxías de Análise de Datos Masivos: Big Data

Santiago de Compostela

60

Visión por Computador

A Coruña

Santiago de Compostela

Vigo

90

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file