Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 11 de febreiro de 2022 Páx. 10595

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 1 de febreiro de 2022 pola que se procede ao cesamento e nomeamento de membros do Consello da Economía Social de Galicia.

A Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia, regula no seu artigo 11 a composición e o réxime de elección das persoas que integran o Consello da Economía Social de Galicia e, no artigo 12, o seu nomeamento e cesamento, duración do mandato e substitucións.

A composición do Consello da Economía Social de Galicia foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 37, do 21 de febreiro de 2019. Esta composición foi modificada pola Orde do 7 de novembro de 2019 e polas ordes do 2 de marzo de 2020, do 16 de novembro de 2020, do 3 de xuño de 2021 e do 9 de agosto de 2021, polas que se procede ao cesamento e nomeamento de membros do Consello da Economía Social de Galicia.

Os cambios de adscrición na Consellería de Emprego e Igualdade fan necesario substituír a vogal titular en representación da consellería competente en materia de igualdade.

Así mesmo, a Federación Galega de Municipios e Provincias acordou propoñer outros membros no Consello da Economía Social de Galicia en representación dos concellos de Galicia.

Tamén a Unión de Cooperativas Espazocoop comunicou a modificación dun representante desa entidade no Consello da Economía Social de Galicia como consecuencia dos acordos adoptados no seu consello reitor.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confiren o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta de Galicia e da súa Presidencia, e o artigo 12 da Lei 6/2016, do 4 de maio, da economía social de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro

Que cese Mª Luz González González como vogal titular en representación da consellería competente en materia de igualdade, Beatriz Domínguez Siaba como vogal titular en representación dos concellos de Galicia, Beatriz Rodeiro Fernández como vogal suplente en representación dos concellos de Galicia e Constantino A. Gago Conde como vogal suplente en representación das entidades da economía social de Galicia.

Segundo

Nomear a Susana López Abella como vogal titular en representación da Consellería competente en materia de igualdade, Digna Rosa Rivas Gómez como vogal titular en representación dos concellos de Galicia, Olga María García Ballesteros como vogal suplente en representación dos concellos de Galicia e Emilia Candal Bouzas como vogal suplente en representación das entidades da economía social de Galicia.

Contra esta orde poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a conselleira de Emprego e Igualdade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2022

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade