Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 15 de febreiro de 2022 Páx. 11299

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2022 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de xaneiro de 2022 polo que se declara unha área de rexeneración urbana de interese autonómico (área Rexurbe) no concello de Ferrol (A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 55.2 da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, esta dirección xeral dispón que se publique no Diario Oficial de Galicia o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 27 de xaneiro de 2022, co seguinte texto literal:

«Declarar unha área de rexeneración urbana de interese autonómico (área Rexurbe) no concello de Ferrol, conforme a delimitación que se indica no plano anexo».

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2022

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

missing image file