Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 23 de febreiro de 2022 Páx. 12894

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 4 de febreiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión das axudas destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR406B e MR406C), Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

O Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, pretende atenuar o grave prexuízo económico que tivo no sector gandeiro a perturbación do mercado ocasionada pola pandemia do coronavirus, e considera que concorren circunstancias excepcionais que acreditan razóns de interese público para a concesión dunha liña de axudas a investimentos que melloren a bioseguridade do sector, mellorando os centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando existentes ou construíndo novos centros.

O investimento en bioseguridade pode considerarse unha mellora necesaria que contribúe ao fortalecemento de todo o sector gandeiro no seu conxunto por canto aumenta a confianza de socios comerciais, permite unha maior produción e unha mellora da calidade sanitaria das producións, diminúe o risco de entrada de enfermidades nas explotacións, e reduce a súa capacidade de difusión.

A bioseguridade converteuse nun dos asuntos centrais en materia sanitaria, o que se ve reflectido en que se incorpora como aspecto fundamental dentro das medidas de prevención que se postulan no Regulamento (UE) nº 2016/429 do Parlamento Europeo e do Consello, do 9 de marzo de 2016, relativo ás enfermidades transmisibles dos animais e polo que se modifican ou derrogan algúns actos en materia de sanidade animal (Lexislación sobre sanidade animal).

De igual forma, a través do Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, habilítanse liñas que pretenden fomentar a loita preventiva contra pragas de corentena a través de medidas fitosanitarias que protexan a produción dos materiais vexetais de reprodución de categorías iniciais e de base das especies vexetais sensibles, entre outras, ás principais pragas de corentena que son transmitidas por insectos vectores.

Este real decreto prevé a xestión descentralizada das subvencións, de modo que a distribución territorial dos créditos consignados para o efecto nos orzamentos xerais do Estado, a cargo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, se realizará de acordo co previsto no artigo 86 da Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria.

Estas axudas enmárcanse no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, que establece o mecanismo de recuperación e resiliencia, en virtude do cal tales fondos se destinarán a apoiar as reformas e investimentos necesarios para unha recuperación duradeira, mellorar a resiliencia económica e social e apoiar a transición verde e dixital nos Estados membros. Para iso, teñen que levarse a cabo actuacións dirixidas, entre outras finalidades, á transición ecolóxica, a transformación dixital, ou o crecemento intelixente, sustentable e integrador, que inclúa a cohesión económica, o emprego, a produtividade, a competitividade, a investigación, o desenvolvemento e a innovación.

Estas axudas enmárcanse no compoñente 3 (Transformación ambiental e dixital do sistema agroalimentario e pesqueiro) do Plan de recuperación, transformación e resiliencia da economía española, e corresponden ao investimento 3 (Plan de impulso da sustentabilidade e competitividade da agricultura e a gandaría (II): reforzo dos sistemas de capacitación e bioseguridade en viveiros e centros de limpeza e desinfección).

As subvencións para melloras de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte de gando ou para a construción de novos centros coa devandita finalidade axústanse ao establecido polo Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352/1, do 24.12.2013).

Pola súa banda, o réxime de axudas previsto para que os operadores profesionais de categoría produtor de determinados materiais vexetais realicen investimentos en instalacións de protección contra insectos vectores foi declarado compatible co Tratado de funcionamento da Unión Europea mediante Decisión da Comisión do 30 de xullo de 2021, axuda SA.63699 (2021/N) RRF Axudas aos operadores profesionais que realicen investimentos en instalacións de protección contra insectos vectores (DOUE do 3 de setembro de 2021).

Os artigos 16 e 17 do citado real decreto atribúen aos órganos competentes da Comunidade Autónoma en que terá lugar a actividade pola cal se solicita a axuda, a instrución, a resolución, o control e o pagamento das axudas, polo que resulta necesario convocar as axudas mencionadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

O real decreto establece no seu artigo 16 que as solicitudes se presentarán en todo caso polos medios electrónicos establecidos para o efecto polas comunidades autónomas.

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, en virtude do que prevé o real decreto, financiará estas axudas, que deben rexerse polas bases que nel se establecen.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso de competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxectivo e finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva de acordo co artigo 22.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, de conformidade cos principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, así como cos principios de eficacia e eficiencia, establecidos nos seus artigos 8 e 17, e de acordo co disposto polo Regulamento da devandita lei, aprobado mediante Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, e convocalas para o ano 2022.

De acordo coas bases reguladoras establecidas no Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a investimentos destinados a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros, acometidas por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, o obxectivo destas subvencións é mellorar a sustentabilidade, a competitividade e a resiliencia do sector agroalimentario desde o punto de vista económico, ambiental e social, en centros de limpeza e desinfección e en centros de produción de material vexetal de reprodución.

Esta orde regula os procedementos administrativos seguintes:

a) MR406B axudas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando ou para a construción de novos centros coa devandita finalidade.

b) MR406C Axudas destinadas a investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución.

CAPÍTULO I

Bases reguladoras

Artigo 2. Definicións

1. Para os efectos desta orde, serán de aplicación as definicións contidas no artigo 2 do Real decreto 638/2019, do 8 de novembro, polo que se establecen as condicións básicas que deben cumprir os centros de limpeza e desinfección dos vehículos dedicados ao transporte por estrada de animais vivos, produtos para a alimentación de animais de produción e subprodutos de orixe animal non destinados ao consumo humano, e créase o Rexistro nacional de centros de limpeza e desinfección, no artigo 2 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, nas directrices da Unión Europea aplicables ás axudas estatais nos sectores agrícola e forestal e nas zonas rurais de 2014 a 2020 (2014/C204/01), no Regulamento (UE) nº 2016/2031 do Parlamento Europeo e do Consello, do 26 de outubro de 2016, relativo ás medidas de protección contra as pragas dos vexetais, na Lei 43/2002, do 20 de novembro, de sanidade vexetal, e na Lei 30/2006, do 26 de xullo, de sementes e plantas de viveiro e de recursos fitoxenéticos e a súa normativa de desenvolvemento.

2. Así mesmo, entenderase que as mencións a centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, inclúen os de cans de recovaxe, caninea ou mandas de caza maior.

Artigo 3. Requisitos para todas as persoas beneficiarias

1. Ademais dos requisitos específicos establecidos para cada persoa beneficiaria segundo o tipo de axuda que solicite, con carácter xeral, e de conformidade co establecido nos números 2 e 3 do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, e no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades en quen concorra algunha das circunstancias seguintes:

a) Atoparse suxeitos a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

b) Empresa en crise, excepto aquelas que non estaban en crise o 31 de decembro de 2019, pero que pasaron a estalo durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 30 de xuño de 2021.

c) Ter sido condenadas mediante sentenza firme á pena de perda da posibilidade de obter subvencións ou axudas públicas.

d) Ter solicitado a declaración de concurso, ter sido declaradas insolventes en calquera procedemento, acharse declaradas en concurso, salvo que neste adquirise a eficacia un convenio, estar suxeitas á intervención xudicial ou estar inhabilitadas conforme a Lei concursal sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

e) Dar lugar, por causa de que fosen declaradas culpables, á resolución firme de calquera contrato asinado coa Administración.

f) Estar incursa a persoa física, os administradores das sociedades mercantís ou aqueles que teñan a representación legal doutras persoas xurídicas, nalgún dos supostos de incompatibilidades que estableza a normativa vixente.

g) Non estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes. Tampouco poderán obter a condición de beneficiarios destas axudas aqueles que teñan débedas en período executivo de calquera outro ingreso de dereito público da Comunidade Autónoma de Galicia.

h) Non estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións nos termos que regulamentariamente se determinen.

i) Ter sido sancionada mediante resolución firme coa perda da posibilidade de obter subvencións segundo a Lei xeral de subvencións ou a Lei xeral tributaria.

2. Así mesmo, os beneficiarios deberán cumprir, polo menos, as seguintes obrigas:

a) Remitir ao órgano concedente a información que permita a este medir a contribución da actividade subvencionada ao correspondente indicador, en función do previsto no capítulo VI do Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, así como a que lle sexa solicitada pola Comunidade Autónoma ou o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, para os efectos do sistema de xestión e seguimento do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

b) Declarar a obtención doutras axudas para o financiamento da mesma actividade subvencionada.

c) As específicas obrigacións de información en relación co financiamento pola Unión Europea da actividade subvencionada. Resulta aplicable o artigo 34.2 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021: os perceptores de fondos da Unión farán mención da orixe deste financiamento e velarán por darlle visibilidade, incluído, cando proceda, mediante o emblema da Unión e unha declaración de financiamento adecuada que indique «financiado pola Unión Europea-NextGenerationUE», en particular cando promovan as accións e os seus resultados, facilitando información coherente, efectiva e proporcionada dirixida a múltiples destinatarios, incluídos os medios de comunicación e o público.

d) Custodiar todas as facturas e demais documentos que acrediten os gastos e os pagamentos obxecto da subvención en que incorresen e telos á disposición do órgano concedente e dos órganos de comprobación e control, que poderán requirilos para a súa comprobación. Tal e como se establece no artigo 22.2.f) do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, é preceptiva a conservación da dita documentación durante un período de 5 anos a partir do pagamento do saldo ou, na falta deste pagamento, da operación. Este período será de 3 anos se o financiamento é dun importe inferior ou igual a 60.000,00 euros.

e) Colaborar nos controis necesarios para o correcto seguimento e control destas subvencións, de conformidade co establecido no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento e do Consello, do 12 de febreiro de 2021.

f) Conforme o artigo 27 deste real decreto, e en cumprimento do disposto no Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e a súa normativa de desenvolvemento, en particular a comunicación da Comisión Guía técnica sobre a aplicación do principio de «non causar un prexuízo significativo» en virtude do Regulamento relativo ao mecanismo de recuperación e resiliencia, 2021/C 58/01 (DOUE do 18.2.2021), así como co requirido na Decisión de execución do Consello Europeo do 13 de xullo de 2021 relativa á aprobación da avaliación do Plan de recuperación e resiliencia de España, os beneficiarios das subvencións garantirán o pleno cumprimento en todos os proxectos de investimento que deben levar a cabo en cumprimento do presente real decreto, do principio de non causar un prexuízo significativo ao ambiente (principio DNSH polas súas siglas en inglés, Do not significant harm), durante todas as fases do deseño e execución do proxecto de que se trate e, de maneira individual, para cada actividade dentro del.

g) Os beneficiarios deberán mostrar garantías de que as súas actuacións non inciden negativamente sobre o obxectivo ambiental da protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas, na forma prevista no artigo 16 do Real decreto 949/2021, do 2 de novembro.

h) As entidades beneficiarias deberán contribuír aos obxectivos de soberanía dixital e autonomía estratéxica da Unión Europea, así como garantir a seguridade da cadea de subministración tendo en conta o contexto internacional e a dispoñibilidade de calquera compoñente ou subsistema tecnolóxico sensible que poida formar parte da solución, mediante a adquisición de equipamentos, compoñentes, integracións de sistemas e software asociado a provedores situados na Unión Europea.

i) As entidades beneficiarias deberán cumprir coas seguintes obrigas en materia de emprego, sen prexuízo das eventuais limitacións respecto diso relacionadas co réxime de normativa de axudas de Estado que sexa de aplicación:

i. Ter o seu domicilio fiscal e o seu principal centro operativo en España e mantelos, polo menos, durante o período de prestación das actividades obxecto de subvención.

ii. Prestar as actividades obxecto da subvención desde centros de traballo situados en España.

iii. Contribuír á creación e mantemento en España de todo o emprego necesario para a prestación da actividade obxecto da subvención, que se realizará con persoal contratado e afiliado á Seguridade Social no territorio nacional.

Artigo 4. Forma e lugar de presentación das solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexos I e II) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 5. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 6. Comezo da subvencionabilidade

Tanto para a axuda que se solicite para investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para os investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, terase en conta que só serán obxecto da axuda os investimentos efectuados despois de presentar a correspondente solicitude ao abeiro da presente orde de convocatoria.

Artigo 7. Tramitación e resolución das axudas

A Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias actuará como órgano instrutor do procedemento MR406C, mentres que a Subdirección Xeral de Gandaría será o órgano instrutor do procedemento MR406B, realizando de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución segundo as normas e criterios establecidos nesta orde.

Se a solicitude de axuda non reúne os requisitos previstos, ou non se presenta cos documentos preceptivos, requirirase para que, no prazo de dez días, subsane a falta ou xunte os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixer, se considerará que desiste da súa petición, logo da correspondente resolución, de conformidade co disposto nos artigos 68.1 e 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

As persoas titulares das subdireccións xerais competentes emitirán as correspondentes propostas de resolución.

A persoa titular da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, por delegación da persoa titular da Consellería do Medio Rural, en virtude da Orde da Consellería do Medio Rural do 17 de novembro de 2015, vista a proposta, ditará a correspondente resolución no prazo máximo de cinco meses contados a partir da data de publicidade do extracto no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido devandito prazo sen que se ditase e notificase a correspondente resolución, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude.

Cada unha das dúas liñas de axuda que se convocan ao abeiro da presente orde son analizadas por separado, polo que poderán resolverse de maneira independente.

Nas resolucións de concesión das subvencións farase constar expresamente que os fondos con que se sufragan proceden dos orzamentos xerais do Estado e dos fondos Next Generation, en aplicación do artigo 34 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021.

Artigo 8. Notificacións

1. As notificacións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 9. Publicación dos actos

Publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución de concesión e de denegación, que producirá os efectos da notificación.

Artigo 10. Modificación da resolución, incumprimento e reintegro

1. Toda circunstancia que altere as condicións tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación das resolucións de concesión.

No caso de que o interesado non realice o 100 % da actividade obxecto da axuda, só percibirá a parte proporcional correspondente á actividade realizada, sempre que, polo menos, realizase o 50 % do investimento solicitado e concedido.

2. Así mesmo, a obtención concorrente de subvencións outorgadas para a mesma finalidade e obxecto por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, se supón exceder o importe total da axuda correspondente a cada unha das subvencións establecidas neste real decreto, dará lugar a unha redución proporcional no importe das subvencións reguladas neste real decreto.

3. O incumprimento dos requisitos exixidos para a concesión da subvención, con independencia doutras responsabilidades en que puider incorrer a persoa beneficiaria, dará lugar á perda do dereito á subvención concedida, coa obriga de reembolsar as cantidades xa percibidas, incrementadas cos xuros de demora legalmente establecidos. Así mesmo, procederá o reintegro das cantidades percibidas, así como a exixencia do interese de demora desde o momento do pagamento da subvención, nos demais supostos previstos no artigo 37.1 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, incluído o incumprimento total ou parcial da actividade subvencionada ou dos obxectivos previstos.

Especificamente, en caso de incumprimento do principio de «non causar prexuízo significativo», da etiquetaxe climática ou das condicións recollidas nos números 3, 6 e 8 do compoñente 3, nos termos previstos no artigo 5.2, letras f) e g), a persoa ou entidade beneficiaria deberá reintegrar as contías percibidas.

Artigo 11. Recursos fronte ás resolucións de subvención

As resolucións de subvención ditadas ao abeiro desta orde, así como a desestimación presunta de solicitudes, poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as entidades interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que venza o prazo para resolver previsto no artigo 7.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa.

Artigo 12. Obriga de facilitar información

Ademais da documentación complementaria que durante a tramitación do procedemento lles poidan exixir os órganos competentes da Consellería do Medio Rural, os beneficiarios das axudas teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano de inspección ou control do Estado ou da Unión Europea.

Artigo 13. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a fornecer á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquelas das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación cos proxectos financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, como é o caso, poderá pór os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) da Intervención Xeral da Administración do Estado, nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 6 de abril, do citado servizo, a través da canle habilitada na web https://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf. Sen prexuízo disto, tamén poderá empregar a canle de denuncias sobre irregularidades ou condutas de fraude que terá a súa sede no Sistema integrado de atención á cidadanía (SIACI) (https://www.xunta.gal/sistema-integrado-de-atencion-a-cidadania?langId=gl_ES).

Artigo 14. Compatibilidade das subvencións

Estas subvencións serán compatibles con outras de idéntica finalidade concedidas ao mesmo beneficiario, con calquera outra procedente de calquera administración ou entes públicos ou privados, nacionais, incluídas as de minimis, sempre que, no caso das axudas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, ou para a construción de novos centros coa devandita finalidade, non exceda 200.000,00 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, de acordo co sinalado polo artigo 3.2 do citado Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, e, no caso das axudas aos operadores profesionais de categoría produtor de determinados materiais vexetais que realicen investimentos en instalacións de protección fronte a insectos vectores, a acumulación delas non supere o 80 % do custo do investimento.

En caso de superarse os citados e respectivos límites, reducirase na porcentaxe e contía correspondentes a subvención prevista nesta norma para efectos de non superar devandita porcentaxe.

De conformidade co artigo 9 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, a axuda concedida no marco do mecanismo de recuperación e resiliencia sumarase á proporcionada conforme outros programas e instrumentos da Unión. As reformas e os proxectos de investimento poderán recibir axuda doutros programas e instrumentos da Unión sempre que a dita axuda non cubra o mesmo custo. Así mesmo, as actuacións que sexan financiadas polo mecanismo de recuperación e resiliencia deberán quedar claramente diferenciadas das que sexan financiadas a través doutras fontes, con identificación dos fitos ou obxectivos que a aquelas correspondan.

Artigo 15. Prazo de xustificación e ampliación

1. O prazo de xustificación destas axudas será dun ano desde a concesión da subvención.

2. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen terse presentado a solicitude de pagamento, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, á exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supoñer a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

3. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder unha ampliación do prazo establecido, que non exceda da metade deste, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse cunha anterioridade de polo menos 1 mes antes de que remate o prazo de execución.

Tanto a petición dos interesados como a decisión sobre a ampliación deberán producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de xustificación. Os acordos sobre ampliación dos prazos ou sobre a súa denegación non serán susceptibles de recurso.

Artigo 16. Xustificación e pagamento da axuda

1. Só serán subvencionables os investimentos que se realicen e cuxo gasto e pagamento se xustifiquen con posterioridade á data de presentación da solicitude.

2. Unha vez realizadas os investimentos ou gastos previstos, e cumpridos, de ser o caso, os compromisos adquiridos, as persoas interesadas deberán comunicalo, presentando tamén a documentación e os xustificantes dos investimentos efectuados, en que se incluirán os correspondentes ao gasto e pagamento destes. Esta comunicación terá a consideración de solicitude de pagamento, para os efectos do Regulamento de execución (UE) nº 809/2014 da Comisión.

3. As solicitudes de pagamento realizaranse a través da Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia empregando a acción «achega de documentación separada da solicitude» e acompañándoa da seguinte documentación:

a) Unha memoria de actuación xustificativa do cumprimento das condicións impostas na concesión da subvención, con indicación das actividades realizadas e dos resultados obtidos.

b) As correspondentes facturas e os seus xustificantes de pagamento.

c) Permisos administrativos (licenzas, autorizacións), de ser o caso.

4. Sen prexuízo do anterior, suspenderase a concesión e/ou o pagamento de toda axuda a toda empresa que se beneficiou dunha axuda ilegal anterior declarada incompatible por unha decisión da Comisión (xa sexa con respecto a unha axuda individual ou a un réxime de axudas) ata que a empresa en cuestión teña reembolsado ou ingresado nunha conta bloqueada o importe total da axuda ilegal e incompatible e os correspondentes intereses de recuperación.

Artigo 17. Presentación dos permisos administrativos

As actuacións obxecto de axuda deberán cumprir coa normativa vixente que lles sexa de aplicación. Así mesmo, deberán contar coas preceptivas licenzas e autorizacións administrativas, no caso de que aquelas o requiran, con anterioridade ao pagamento das subvencións. O incumprimento destes requisitos supoñerá a perda do dereito ao cobramento da axuda.

CAPÍTULO II

Convocatoria

Artigo 18. Convocatoria

Convócanse para o exercicio orzamentario 2022, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo coas bases reguladoras establecidas no capítulo I desta orde, as seguintes axudas:

a) Liña 1. Axudas de minimis a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, ou para a construción de novos centros coa devandita finalidade.

b) Liña 2. Axudas destinadas a investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución.

Artigo 19. Prazo de solicitude das axudas

O prazo de presentación de solicitudes será de 1 mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Artigo 20. Financiamento das axudas

1. O financiamento das axudas recollidas na presente orde están financiadas ao 100 % pola Administración xeral do Estado (Plan de recuperación, transformación e resiliencia-Financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU), efectuarase con cargo á seguinte aplicación orzamentaria dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia:

a) 14.04.713E.7703, Liña 1. Axudas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, ou para a construción de novos centros coa devandita finalidade, para o ano 2022, 41.057,80 euros e para o ano 2023, 369.520,28 euros. En total 410.578,08 euros.

b) 14.04.713E.7701, Liña 2. Axudas destinadas a investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, para o ano 2022, 49.032,48 euros e para o ano 2023, 441.292,32 euros. En total 490.324,80 euros.

2. A dita aplicación orzamentaria poderá incrementarse, segundo se establece no artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de xerar, ampliar ou incorporar crédito, ou coa existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito incluído no mesmo programa.

3. Esta orde tramítase conforme o establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola Orde do 25 de outubro de 2001, polo que queda condicionada á aprobación da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

4. O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación financiará as subvencións previstas neste real decreto con cargo á aplicación orzamentaria 21.50.410C.759, en función das dispoñibilidades orzamentarias, cunha contía máxima de 12.600.000,00 euros. A distribución territorial dos créditos consignados para o efecto nos orzamentos xerais do Estado, a cargo do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, realizarase de acordo co previsto no artigo 86 da Lei 47/2003, do 26 de novembro, xeral orzamentaria. A Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural do 21 de outubro de 2021 fixou a distribución territorial das subvencións de acordo coas dispoñibilidades orzamentarias.

CAPÍTULO III

Axudas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, ou para a construción de novos centros coa devandita finalidade (código de procedimiento MR406B)

Artigo 21. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios desta subvención as persoas físicas ou xurídicas ou entes sen personalidade xurídica:

a) Que sexan titulares ou propietarios dos centros de limpeza e desinfección para gando, incluídas as especies cinexéticas, autorizados e rexistrados polo órgano competente da Comunidade Autónoma en cuxo ámbito territorial estean situados, que se comprometan a melloralos,

b) Ou que se comprometan a construír un novo centro de limpeza e desinfección.

Artigo 22. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Acreditación da representación da persoa representante (se for o caso).

b) Memoria descritiva das actuacións que se van realizar.

c) Orzamentos dos investimentos. Cando o importe do gasto subvencionable supere os 15.000,00 euros en adquisición de equipamentos ou os 40.000,00 euros en obras de instalación, o solicitante deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen.

No caso de que o titular ou propietario do centro de limpeza e desinfección beneficiario da subvención teña en propiedade máis dun centro de limpeza e desinfección, e queira realizar algún dos investimentos subvencionables, deberá presentar tantas solicitudes como investimentos vaia realizar en cada centro de limpeza e desinfección.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideron obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada que os achegue.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. A presentación da solicitude suporá a autorización para o acceso á información contida no Rexistro de Titularidades Reais previsto na Orde JUS/319/2018, do 21 de marzo, pola que se aproban os novos modelos para a presentación no Rexistro Mercantil das contas anuais dos suxeitos obrigados á súa publicación, e a cesión de información ao Sistema de fondos europeos, para efectos de cumprir co previsto no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e da súa inclusión nunha base de datos única para efectos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. O órgano xestor deberá proporcionar a información que sexa solicitada para dar cumprimento ao adecuado sistema de xestión e seguimento do PRTR, informando do que sexa preciso para alimentar o devandito sistema e as aplicacións informáticas que a normativa nacional ou europea prevexa para a xestión, o seguimento e o control do financiamento e os obxectivos previstos neste real decreto e a normativa nacional e europea respectiva.

Así mesmo, a presentación da solicitude supoñerá o compromiso expreso do solicitante, en caso de ser beneficiario final da axuda, de conceder os dereitos e accesos necesarios para garantir que os organismos europeos exerzan as súas competencias, de conformidade co artigo 22.2.e) do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e o artigo 129 do Regulamento (UE, Euratom) nº 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1296/2013, (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013, (UE) nº 1304/2013, (UE) nº 1309/2013, (UE) nº 1316/2013, (UE) nº 223/2014 e (UE) nº 283/2014 e a Decisión nº 541/2014/UE e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) nº 966/2012.

Artigo 23. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI/NIE da persoa solicitante.

– DNI/NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– NIF da entidade representante.

– Certificado de estar ao día no pagamento das débedas tributarias coa AEAT.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

– Inhabilitación para obter subvencións e axudas.

– Concesión de subvencións e axudas.

– Concesións pola regra de minimis.

– Vida laboral da empresa.

– Domicilio fiscal.

– Imposto de actividades económicas ampliado (IAE).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 24. Investimentos subvencionables

Serán subvencionables os seguintes investimentos, sempre realizados con posterioridade á presentación da solicitude da subvención:

1. Modernización ou mellora dos equipamentos e instalacións existentes para conseguir unha maior eficiencia nos sistemas de limpeza e desinfección de vehículos de transporte de gando:

a) Mellora da infraestrutura do cerramento exterior.

b) Mellora da superficie de formigón ou asfalto do chan do recinto, con especial incidencia da superficie onde se realizan as tarefas de limpeza e desinfección, así como a superficie do acceso e a saída do vehículo.

c) Mellora das infraestruturas da área onde se realizarán as operacións de limpeza e desinfección dos vehículos, separando claramente as operacións «sucias» e «limpas» e procurando un fluxo de materiais e servizos en liña recta.

d) Mellora dos utensilios necesarios para varrer e raspar a cama e o esterco cando se realice unha primeira limpeza en seco dos vehículos.

e) Mellora da área de almacenamento dos residuos orgánicos sólidos e do sistema de xestión dos residuos sólidos que se xeren durante a limpeza dos vehículos.

f) Mellora da instalación de auga corrente e electricidade. Considerarase como mellora de instalación eléctrica toda instalación situada dentro ou fóra do recinto que mellore a potencia dos equipamentos de limpeza e desinfección. Por tanto, as canalizacións para o cambio de liña bifásica a trifásicas traídas desde o exterior ao centro, serán consideradas como mellora.

g) Renovación ou mellora dos equipamentos de desinfección ou limpeza.

h) Mellora de plataforma con desnivel suficiente que permita a recollida dos líquidos procedentes da limpeza e desinfección dos vehículos.

i) Mellora da fosa de recollida de efluentes xerados nas operacións de limpeza e desinfección que imposibilite a súa difusión e garanta a súa adecuada eliminación.

j) Renovación do sistema de precintaxe e selaxe de portas ou elementos de acceso do gando á estrutura de carga do vehículo unha vez concluídas as operacións de limpeza e desinfección.

k) Construción ou mellora de almacéns para cama limpa.

l) Mellora das infraestruturas reservadas para o material, ferramentas, maquinaria, vestiario do persoal e almacenamento de produtos químicos.

m) Instalación de novas liñas de desinfección ou limpeza.

n) Adaptación do centro á disposición transitoria primeira do Real decreto 638/2019, do 8 de novembro.

ñ) Adquisición de contedores móbiles para retirada de estercos, augas residuais, verteduras, etc.

2. Instalación, en centros xa existentes, de novas tecnoloxías para a limpeza e desinfección de vehículos para o transporte de gando:

a) Sistemas para a automatización das operacións de limpeza e desinfección, por exemplo a robotización.

b) Instalación de novos sistemas para a limpeza e desinfección: como a instalación de equipamentos para tratamento térmico que garantan a inactivación dos axentes patóxenos.

c) Instalación de sistemas para a verificación da limpeza e desinfección.

d) Sistemas de lectura automática de matrículas ou outros sistemas para facilitar a recollida de datos de vehículos que son sometidos a procesos de limpeza e desinfección.

e) Desenvolvementos informáticos para dixitalizar a información relativa aos rexistros de actividades realizadas.

f) Calquera outra mellora das capacidades dos centros de limpeza e desinfección que demostre que vai reducir os tempos de limpeza e desinfección, aforrar custos, aumentar a capacidade do centro mantendo a eficacia das operacións de limpeza e desinfección.

g) Instalación dun sistema automático de precintaxe e selaxe de portas ou elementos de acceso do gando á estrutura de carga do vehículo unha vez concluídas as operacións de limpeza e desinfección.

3. Construción de novos centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte de gando que cumpran os requisitos mínimos do Real decreto 638/2019, do 8 de novembro.

4. No caso de que o beneficiario opere nun ou máis sectores ou desenvolva actividades incluídas no ámbito de aplicación do Regulamento (UE) nº 1407/2013, do 18 de decembro de 2013, e ademais realice actividades excluídas da súa aplicación, como son a produción primaria de produtos agrícolas, ou no sector da transformación e comercialización de produtos agrícolas, nos casos previstos no artigo 1 do mesmo regulamento, estas actividades excluídas da súa aplicación non se verán beneficiadas polas contías establecidas polo devandito regulamento, o que deberá quedar garantido mediante métodos como a separación das referidas actividades ou a distinción de custos, e percibiranse por estas actividades unicamente axudas segundo as contías establecidas polo mencionado Regulamento (UE) nº 1408/2013, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis no sector agrícola.

5. Non se consideran custos elixibles as licenzas, taxas, impostos ou tributos.

Artigo 25. Intensidade máxima e contía da subvención

1. No caso de centros de limpeza e desinfección xa existentes, a contía da subvención concederase en función do investimento realizado, cun investimento máximo subvencionable de 100.000,00 euros por cada centro de limpeza e desinfección. A intensidade máxima da subvención por investimento será do 70 % do investimento e como mínimo do 40 % desta, en función do número de solicitudes presentadas e do orzamento dispoñible. A contía máxima da axuda por investimento será de 70.000,00 euros por beneficiario.

2. No caso de nova construción de centros de limpeza e desinfección, a contía máxima do investimento subvencionable será como máximo de 200.000,00 euros por cada centro de limpeza e desinfección. A intensidade máxima da subvención por investimento será do 70 % do investimento e como mínimo ao 40 %, en función do número de solicitudes. A contía máxima da axuda por investimento será de 140.000,00 euros por beneficiario.

3. En todo caso, o importe total das axudas de minimis concedidas a un beneficiario non excederá 200.000,00 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, de acordo co sinalado polo artigo 3.2 do citado Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro.

Artigo 26. Criterios obxectivos de concesión das subvencións

Os criterios obxectivos de concesión destas subvencións son os seguintes:

1. No caso de centros de limpeza e desinfección xa existentes, os seguintes solicitantes terán carácter de prioritarios coa seguinte orde de prioridade:

a) Por tipo:

1º. Centro de limpeza e desinfección de servizos a terceiros: 3 puntos.

2º. Centro anexo a un establecemento: 2 puntos.

3º. Centro de uso restrinxido: 1 punto.

b) Por localización: centros de limpeza e desinfección situados en zonas de montaña ou zonas distintas das de montaña con limitacións naturais significativas tal e como se establece no artigo 32 e o anexo III do Regulamento (UE) nº 1305/2013: 2 puntos.

2. No caso da construción de novos centros de limpeza e desinfección, aplicaranse os seguintes criterios:

a) Instalación de centros de limpeza e desinfección de servizo a terceiros e centros de limpeza e desinfección de uso restrinxido que se instalen naquelas provincias onde non haxa ningún centro de limpeza e desinfección de servizo a terceiros: 3 puntos.

b) A instalación de centros de limpeza e desinfección de uso restrinxido que se instalen naquelas comarcas gandeiras onde non hai ningún centro de limpeza e desinfección de uso restrinxido nin na propia comarca nin en comarcas limítrofes: 1 punto.

3. No caso de empate en puntos, priorizarase por orde de presentación de solicitudes.

Artigo 27. Mecanismo de flexibilidade

1. En virtude do establecido no artigo anterior, en primeiro lugar, concederase a subvención que corresponda aos beneficiarios que obteñan maior puntuación, ata a contía máxima de subvención de 70.000,00 euros por beneficiario no caso de centros xa existentes e 140.000,00 euros por beneficiario no caso de nova construción, por cada subvención concedida.

2. No caso de que os importes que se vaian conceder superen o orzamento dispoñible, poderase:

a) Aplicar o mecanismo de flexibilidade, definido no capítulo V do Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, para a transferencia de fondos na mesma liña entre comunidades autónomas ou entre as liñas de axudas de bioseguridade, ou con liñas específicas de cada comunidade autónoma.

b) Se o anterior non for aplicable, a Comunidade Autónoma poderá reducir a porcentaxe da subvención por beneficiario ata un mínimo dun 40 % por beneficiario ata axustarse ao devandito orzamento, ou aplicar o rateo.

3. En caso de non esgotarse o orzamento dispoñible, procederase ao pagamento dos importes de subvencións aos beneficiarios, ata a contía máxima de subvención prevista no número 1.

4. No caso de que algunha das persoas beneficiarias renuncie total ou parcialmente á subvención, o órgano concedente acordará a concesión da subvención ao solicitante ou solicitantes seguintes a aquel en puntuación, coa condición de que coa renuncia se libere crédito suficiente para atender, polo menos, unha das solicitudes denegadas.

CAPÍTULO IV

Axudas destinadas a investimentos en bioseguridade en viveiros acometidos por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución (código de procedimiento MR406C)

Artigo 28. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios destas subvencións as persoas físicas ou xurídicas ou entes sen personalidade xurídica, que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ser operador profesional rexistrado como produtor, de dereito público ou privado, no Rexistro de Operadores Profesionais de Vexetais (ROPVEG) e, por tanto, estar autorizado pola autoridade competente da Comunidade Autónoma a producir material vexetal de reprodución.

b) Ser produtor de material vexetal de reprodución susceptible de, entre outras, as seguintes pragas de corentena que son transmitidas por insectos vectores:

1º. Xylella fastidiosa.

2º. Bursaphelenchus xilophilus.

3º. HLB ou greening dos cítricos.

4º. Flavescencia dourada.

c) Ser produtor de material vexetal de reprodución dalgún ou varios dos seguintes lugares de produción:

1º. Campos de planta nai de froiteiras e vide de categoría inicial e campos de planta nai de cítricos de categoría de base.

2º. Campos de planta nai de froiteiras e vide de categorías base (excepto cítricos), certificada, CAC (Conformitas Agraria Communitatis) e estándar.

3º. Viveiros de chantóns de froiteiras e vide das categorías certificadas, CAC e estándar.

4º. Campos de material de reprodución de especies aromáticas e ornamentais.

5º. Campos de plantas nai para a produción de material forestal de reprodución.

6º. Viveiros forestais.

7º. Campos de produción de sementes de especies hortícolas de categorías prebase, base e estándar.

8º. Campos de material de multiplicación de hortalizas.

Artigo 29. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Acreditación da representación da persoa representante (se for o caso).

b) Orzamentos dos investimentos. Cando o importe do gasto subvencionable supere os 15.000,00 euros en adquisición de equipamentos ou os 40.000,00 euros en obras de instalación, o solicitante deberá achegar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen.

No caso de que o operador profesional teña varios lugares de produción, deberá presentar tantas solicitudes como investimentos en lugares de produción realice.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideron obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada que os achegue.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

5. A presentación da solicitude suporá a autorización para o acceso á información contida no Rexistro de Titularidades Reais previsto na Orde JUS/319/2018, do 21 de marzo, pola que se aproban os novos modelos para a presentación no Rexistro Mercantil das contas anuais dos suxeitos obrigados á súa publicación, e a cesión de información ao Sistema de fondos europeos, para efectos de cumprir co previsto no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, e da súa inclusión nunha base de datos única para efectos do Plan de recuperación, transformación e resiliencia. O órgano xestor deberá proporcionar a información que sexa solicitada para dar cumprimento ao adecuado sistema de xestión e seguimento do PRTR, informando do que sexa preciso para alimentar o devandito sistema e as aplicacións informáticas que a normativa nacional ou europea prevexa para a xestión, o seguimento e o control do financiamento e os obxectivos previstos neste real decreto e a normativa nacional e europea respectiva.

Así mesmo, a presentación da solicitude suporá o compromiso expreso do solicitante, en caso de ser beneficiario final da axuda, de conceder os dereitos e accesos necesarios para garantir que os organismos europeos exerzan as súas competencias, de conformidade co artigo 22.2.e) do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello do 12 de febreiro de 2021, e o artigo 129 do Regulamento (UE, Euratom) nº 2018/1046 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión, polo que se modifican os regulamentos (UE) nº 1296/2013, (UE) nº 1301/2013, (UE) nº 1303/2013, (UE) nº 1304/2013, (UE) nº 1309/2013, (UE) nº 1316/2013, (UE) nº 223/2014 e (UE) nº 283/2014 e a Decisión nº 541/2014/UE e polo que se derroga o Regulamento (UE, Euratom) nº 966/2012.

Artigo 30. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

– DNI/NIE da persoa solicitante.

– DNI/NIE da persoa representante.

– NIF da entidade solicitante.

– NIF da entidade representante.

– Certificado de estar ao día no pagamento de débedas tributarias coa AEAT.

– Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

– Certificado de estar ao día no pagamento de débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

– Inhabilitación para obter subvencións e axudas.

– Concesión de subvencións e axudas.

– Vida laboral da empresa.

– Vida laboral nos últimos 5 anos.

– Domicilio fiscal.

– Imposto de actividades económicas ampliado (IAE).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 31. Investimentos subvencionables

Serán subvencionables os seguintes investimentos, sempre realizados con posterioridade á presentación da solicitude da subvención:

1. Instalación ou modernización de estruturas e mallas nos sitios ou lugares de produción para quedaren protexidos contra a introdución de insectos vectores de pragas de corentena.

2. Instalación de todas ou algunhas das seguintes infraestruturas adicionais, a condición de que o resultado final do investimento estableza un sistema de protección eficaz fronte a insectos vectores de pragas de corentena:

a) Sistema de dobre porta (incluída a porta interior) e con largura suficiente para que se permita a entrada da maquinaria necesaria para operar no interior das instalacións.

b) Implantación dun borde exterior perimetral de, polo menos, un metro de largo e cuberto con material impermeable.

c) Instalación dunha rede de malla nas aperturas de bandas e cumes e ventilación lateral e cenital.

d) Illamento dos canlóns abertos para a auga e implantación dun sistema de non retorno.

e) Illamento hermético nas unións coas xanelas.

f) Calquera outra innovación ou mellora que vaia encamiñada ao illamento do material vexetal fronte a insectos vectores.

3. Instalacións de equipamentos de tratamentos mediante termoterapia en viveiros de vide.

4. Non se consideran custos elixibles licenzas, taxas, impostos ou tributos.

Artigo 32. Intensidade máxima e contía da subvención

1. A contía da subvención concederase conforme o investimento realizado, cun investimento máximo subvencionable de 120.000,00 euros por cada instalación. Esta contía poderá variar entre o 40 e o 70 % do importe solicitado para o investimento en función do número de beneficiarios e orzamento dispoñible.

2. O importe máximo de concesión por investimento subsidiable será de 84.000,00 euros.

Artigo 33. Criterios obxectivos de concesión das subvencións

1. Establécese a seguinte orde de prioridade para os solicitantes da subvención:

a) Produtores de dereito privado de campos de planta nai de froiteiras e vide de categoría inicial e os campos de planta nai de base de cítricos: 3 puntos.

b) Resto dos produtores de dereito privado: 2 puntos.

c) Produtores de dereito público: 1 punto.

No caso de empate en puntos, priorizarase por orde de presentación de solicitudes.

2. En virtude do establecido no número anterior, a concesión das subvencións darase en virtude de concorrencia competitiva entre os solicitantes.

Artigo 34. Mecanismo de flexibilidade

1. En virtude do establecido no artigo anterior, en primeiro lugar, concederase a subvención que corresponda aos beneficiarios que teñan o carácter de prioritarios, ata a contía máxima de subvención de 84.000,00 euros por instalación.

2. No caso de que estes importes dos beneficiarios prioritarios superen o orzamento dispoñible, poderase:

a) Aplicar o mecanismo de flexibilidade, definido no capítulo V do Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, para a transferencia de fondos entre comunidades autónomas e entre as liñas de axudas de bioseguridade, ou con liñas específicas de cada comunidade autónoma.

b) Se o anterior non for aplicable, a Comunidade Autónoma poderá reducir a porcentaxe da subvención por beneficiario ata un mínimo dun 40 % por beneficiario ata axustarse ao devandito orzamento.

3. En caso de non esgotarse o orzamento dispoñible, procederase ao pagamento dos importes de subvencións aos beneficiarios sen carácter de prioritarios, ata a citada contía máxima de subvención de 84.000,00 euros por instalación.

4. No caso de que algún beneficiario renuncie total ou parcialmente á subvención, o órgano concedente acordará a concesión da subvención ao solicitante ou solicitantes seguintes a aquel en puntuación, coa condición de que coa renuncia se libere crédito suficiente para atender, polo menos, unha das solicitudes denegadas.

Disposición adicional. Normativa aplicable

As axudas a que se refire esta orde, ademais do previsto por ela e polas súas normas de desenvolvemento, rexeranse por:

• Real decreto 949/2021, do 2 de novembro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a investimentos en materia de bioseguridade para a mellora ou construción de centros de limpeza e desinfección de vehículos de transporte por estrada de gando, así como para investimentos en bioseguridade en viveiros acometidas por determinados produtores de materiais vexetais de reprodución, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

• Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

• Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

• Regulamento (UE) nº 2020/2094, do 14 de decembro de 2020, polo que se establece un instrumento de recuperación da UE para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19.

• Regulamento (UE) nº 2021/241, do 12 de febreiro, polo que se establece o mecanismo de recuperación e resiliencia (MRR).

• Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR) de España (aprobado o 16.6.2021 por Decisión do Consello de Europa).

• Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do PRTR.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

• Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do PRTR.

• Orde HFP/1031/2021, do 29 de setembro, pola que se establece o procedemento e formato da información que fornecerán as entidades do sector público estatal, autonómico y local para o seguimento do cumprimento de fitos e obxectivos e de execución orzamentaria e contable das medidas dos compoñentes do PRTR.

• Regulamento (UE, Euratom) nº 2018/1046, do 18 de xullo de 2018, sobre as normas financeiras aplicables ao orzamento xeral da Unión (Regulamento financeiro).

Disposición derradeira primeira. Habilitación normativa

Facúltase a persoa titular da dirección xeral competente en agricultura, gandaría e industrias agroalimentarias para ditar as instrucións que considere oportunas para a execución da presente orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO III

Comunicación 1/2017, do 6 de abril, sobre a forma en que poden proceder as persoas que teñan coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea

O artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, dispón no seu número 4.c) que, no seu ámbito de aplicación, «a autoridade de xestión deberá ( ...) aplicar medidas antifraude eficaces e proporcionadas, tendo en conta os riscos detectados», existindo disposicións similares na normativa reguladora do resto de fondos europeos.

A detección da fraude exixe a posta en marcha por parte das autoridades competentes dunha serie de medidas que aborden o devandito fenómeno de forma coordinada e integral, dado que ningunha medida pode resultar útil e eficaz para esa finalidade de forma illada.

Neste sentido, resulta claro que calquera mecanismo de detección da fraude que poidan implantar os órganos competentes se aplicaa sobre a información de que os devanditos órganos dispoñen en cada momento. Esta información, en maior ou menor medida, é sempre inferior á información total existente, especialmente naqueles casos en que concorran condutas tendentes á ocultación dos feitos de que se trate por parte das persoas responsables. Nestes supostos, resulta imprescindible para detectar a fraude a colaboración das persoas que teñan coñecemento dos devanditos feitos e que de boa fe desexen poñelos en coñecemento da Administración para que as autoridades competentes leven a cabo as actuacións que correspondan.

Non obstante o anterior, a inexistencia de canles específicas e formalizadas a través dos cales poñer en coñecemento das autoridades competentes os feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados con fondos europeos dificulta ás persoas que teñen coñecemento de devanditos feitos o traslado desa información ás citadas autoridades.

A iso tamén contribúe a pluralidade de órganos e entidades que, en función do tipo de fraude ou irregularidade, poden ter competencia para a investigación dos feitos e para a exixencia das responsabilidades que correspondan en cada caso, así como a súa dispersión.

Todo iso ten como consecuencia que en moitas ocasións as persoas que teñen coñecemento de información relevante sobre feitos que poden ser constitutivos de fraude ou irregularidade descoñecen a forma en que teñen que proceder para poñer a devandita información en coñecemento da Administración, a entidade ou órgano a que deben remitila, os requisitos que deben cumprir, as consecuencias da devandita remisión e o tratamento que se vai a dar á información remitida, o que supón para as devanditas persoas un desincentivo canto á remisión da devandita información.

Doutra banda, debe terse en conta que o artigo 74 do citado Regulamento (UE)nº 1303/2013 establece no seu número 3 que «os Estados membros garantirán que se poñan en práctica medidas eficaces para o exame das reclamacións relacionadas cos fondos estruturais e de investimento europeo».

Á vista do anterior, coa finalidade de facilitar a remisión ás autoridades competentes de calquera información relevante en relación con feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade, e para efectos de centralizar e coordinar a recepción da devandita información e a súa posterior análise e remisión ao órgano que corresponda, o Servizo Nacional de Coordinación Antifraude habilitar unha canle específica que poderá ser utilizada por aquelas persoas que teñan coñecemento de información dese tipo e que desexen poñela en coñecemento da Administración para efectos de que as autoridades competentes poidan realizar as actuacións que correspondan en cada caso.

O obxectivo desta comunicación é precisamente informar sobre o establecemento da devandita canle e fixar unha serie de orientacións xerais sobre o seu funcionamento, dando certeza ás persoas que desexen utilizala e coordinando a actuación nesta materia das autoridades encargadas da xestión de fondos europeos.

Esta comunicación non esgota as medidas necesarias para lograr un tratamento adecuado desta materia, que se deben completar con medidas adicionais como o establecemento de mecanismos de protección dos informantes e a atribución centralizada a un órgano especializado da Administración de verdadeiras facultades de investigación administrativa en relación coas informacións que se reciban a través da canle establecida nesta comunicación, medidas ambas que requiren das correspondentes reformas de carácter lexislativo, que o Servizo Nacional de Coordinación Antifraude promoverá no exercicio das súas funcións pero que non poden ser obxecto dunha comunicación desta natureza.

Por último, a disposición adicional 25ª da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, establece no seu número 2.a) que corresponde ao Servizo Nacional de Coordinación Antifraude «promover os cambios(... ) administrativos necesarios para protexer os intereses financeiros da Unión Europea», sendo este o fundamento normativo en que se enmarca o contido da presente comunicación e o establecemento da canle para a remisión de información a que se fai referencia nela.

Primeiro. Obxecto e ámbito de aplicación

1. Esta comunicación ten por obxecto o establecemento de orientacións sobre a forma en que poden proceder aquelas persoas que teñan coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, e que desexen poñelo en coñecemento da Administración para efectos de que as autoridades competentes poidan realizar as actuacións necesarias para a investigación ou verificación dos devanditos feitos e, se for o caso, para a tramitación dos procedementos legalmente establecidos para efectos de exixir as responsabilidades que en cada caso procedan.

2. Tendo en conta o ámbito das funcións que se atribúen ao Servizo Nacional de Coordinación Antifraude pola súa normativa reguladora, a presente comunicación debe entenderse aplicable tanto no ámbito estatal como no ámbito autonómico e local, e con independencia da natureza pública ou privada da persoa ou entidade beneficiaria dos fondos.

Así mesmo, a presente comunicación debe entenderse tamén referida aos gastos que xestione directamente a Comisión Europea cando se realicen en territorio nacional ou se trate de axudas das cales sexan beneficiarias persoas ou entidades situadas no devandito territorio.

Segundo. Canle específica establecida polo Servizo Nacional de Coordinación Antifraude

Para efectos de facilitar a remisión ás autoridades competentes de calquera información relevante na loita contra a fraude aos intereses financeiros da Unión Europea, e no marco das funcións de coordinación que corresponden ao Servizo Nacional de Coordinación Antifraude no dito ámbito, calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea poderá poñer os devanditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto polo devandito servizo no enderezo web http://www.igae.pap.minhafp.gob.es/sitios/igae/es-ES/Paginas/Denan.aspx, que xerará un aviso de transmisión correcta da información.

Así mesmo, e sempre que excepcionalmente non sexa posible a utilización dos citados medios electrónicos, os feitos poderán poñerse en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude en soporte papel mediante o envío da documentación en sobre pechado ao seguinte enderezo postal:

Servicio Nacional de Coordinación Antifraude.

Intervención General de la Administración del Estado.

Ministerio de Hacienda y Función Pública.

Rúa María de Malina 50, planta 12. 28006 Madrid.

Neste último caso, deberá comunicarse á persoa que remitise a información que esta foi recibida polo citado servizo e que se lle dará o tratamento establecido na presente comunicación.

Terceiro. Contido da información que se remita ao Servizo Nacional de Coordinación Antifraude

1. A información que se remita ao Servizo Nacional de Coordinación Antifraude a través dos medios establecidos no punto segundo deberá conter unha descrición dos feitos da forma máis concreta e detallada posible, identificando, sempre que for posible, as persoas que participasen neles; os negocios, as convocatorias, os instrumentos ou os expedientes afectados pola presunta irregularidade ou fraude; a data certa ou aproximada en que os feitos se produciron; o fondo ou fondos europeos afectados; o órgano ou entidade que xestionase as axudas; e os órganos ou entidades a que, adicionalmente e se for o caso, se remitiu a información.

Así mesmo, deberá achegarse calquera documentación ou elemento de proba que facilite a verificación dos feitos comunicados e a realización das actuacións que correspondan en relación con eles.

2. A persoa que remita a información deberá identificarse mediante o seu número de NIF e o seu nome e apelidos e indicar, así mesmo, un enderezo de correo electrónico ou, na súa falta, un enderezo postal a través da cal o Servizo Nacional de Coordinación Antifraude poida comunicarse coa devandita persoa.

Cando a información se remita ao Servizo Nacional de Coordinación Antifraude en soporte papel, deberán constar nela os datos de identificación da persoa informante coa súa correspondente sinatura.

Cuarto. Actuacións que realizará Servizo Nacional de Coordinación Antifraude

1. O Servizo Nacional de Coordinación Antifraude analizará a información recibida para efectos de determinar o tratamento que se lle deba dar e realizará as verificacións e actuacións que considere necesarias no marco das facultades que lle atribúen as disposicións normativas aplicables.

Para tales efectos, poderá solicitar a documentación ou información adicional que coide oportuna, tanto á persoa que puxese no seu coñecemento a información inicial como aos órganos ou entidades que poidan dispoñer da documentación ou información adicional que for necesaria.

2. O Servizo Nacional de Coordinación Antifraude non dará curso á información recibida nos seguintes supostos:

a) Cando os feitos comunicados non afecten proxectos ou operacións financiados con cargo a fondos procedentes da Unión Europea, o que se entende sen prexuízo da posibilidade de remitir a información ao órgano ou entidade competente por razón da materia para a súa análise ou a súa investigación.

b) Cando non consten na información recibida os datos de identificación da persoa que a remitise, nos termos establecidos no punto terceiro.

c) Cando xa se arquivaron sobre o fondo outras actuacións anteriores derivadas de información recibida sobre os mesmos feitos ou similares, sen que se achegue ningún elemento relevante adicional.

d) Cando a escaseza da información remitida, a descrición excesivamente xenérica e inconcreta dos feitos ou a falta de elementos de proba fornecidos non permitan ao Servizo Nacional de Coordinación Antifraude realizar unha verificación razoable da información recibida e unha determinación mínima do tratamento que deba darse aos feitos comunicados, atendendo aos medios de que dispón o citado servizo.

e) Cando a información recibida for manifestamente infundada.

f) Cando, realizado a análise a que se refire o número anterior deste punto, o Servizo Nacional de Coordinación Antifraude entenda de forma motivada que os feitos comunicados non son constitutivos de fraude nin irregularidade.

En calquera caso, cando non se dea curso á información recibida como consecuencia do disposto neste punto, esta circunstancia comunicarase á persoa que remitise a información inicial, indicando a causa que motiva a dita forma de proceder, para efectos de que aquela poida realizar as actuacións que considere oportunas.

3. Cando, realizada a análise a que se fai referencia no número 1 deste punto, o Servizo Nacional de Coordinación Antifraude entenda que os feitos comunicados poden ser constitutivos de fraude ou irregularidade que afecte os intereses financeiros da Unión Europea, elaborará un informe en que poñerá de manifesto os feitos analizados e a súa opinión motivada respecto do tratamento que deba se lle deba dar de conformidade coas disposicións normativas aplicables.

O devandito informe remitirase, xunto coa información recibida do informante e as actuacións realizadas polo citado servizo, ao órgano que en cada caso sexa competente para tramitar os procedementos ou realizar as actuacións adicionais que correspondan en función do tipo de fraude ou irregularidade de que se trate.

4. Non obstante o disposto no número anterior, e atendendo á gravidade dos feitos comunicados, ás facultades necesarias para proceder á súa verificación, aos medios de que dispoña o Servizo Nacional de Coordinación Antifraude en cada momento e ao resto de circunstancias concorrentes en cada caso, o citado servizo poderá en calquera momento remitir directamente as actuacións ao órgano competente a que se fai referencia no devandito número.

Así mesmo, o Servizo Nacional de Coordinación Antifraude poderá remitir as actuacións en calquera momento á Oficina Europea de Loita contra a Fraude cando entenda que a información recibida pode resultar de interese para a devandita oficina para a apertura da correspondente investigación e, polas circunstancias sinaladas no parágrafo anterior, entenda que esta pode realizar dunha forma máis eficaz a análise e verificación dos feitos comunicados.

5. A remisión das actuacións ao órgano competente de conformidade co disposto nos dous números anteriores será comunicada polo Servizo Nacional de Coordinación Antifraude á persoa que remitise a información.

Quinto. Garantía de confidencialidade

1. O persoal do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude deberá gardar o debido segredo respecto de calquera información de que teña coñecemento como consecuencia do disposto na presente comunicación e non poderá utilizar a dita información para fins distintos dos establecidos nela.

2. Salvo cando a persoa que comunicase a información solicite expresamente o contrario, o Servizo Nacional de Coordinación Antifraude gardará total confidencialidade respecto da súa identidade, de forma que non será revelada a persoa ningunha.

Para tal fin, no informe a que se fai referencia no número 3 do punto cuarto e en todas as comunicacións, actuacións de verificación ou solicitudes de documentación que sexan realizadas polo Servizo Nacional de Coordinación Antifraude, omitiranse os datos relativos á identidade da persoa que remitise a información, así como calquera outro que puidese conducir total ou parcialmente á súa identificación.

Así mesmo, cando, de conformidade co establecido no punto cuaarto, o Servizo Nacional de Coordinación Antifraude traslade as actuacións a outros órganos para que estes tramiten os procedementos que correspondan, o disposto no parágrafo anterior será de aplicación á documentación que se remita a eses outros órganos, salvo cando se trate de órganos xurisdicionais ou do Ministerio Fiscal e a normativa reguladora do procedemento xudicial de que se trate exixa outra cousa. Neste último caso, a identidade da persoa informante comunicarase unicamente ás persoas ou órganos a que resulte imprescindible.

Por último, e na medida en que a normativa reguladora do procedemento de que se trate así o permita, será o propio Servizo Nacional de Coordinación Antifraude o que realizará ante o órgano a que se remitiron as actuacións os trámites necesarios para que o devandito procedemento poida desenvolverse adecuadamente, de forma que, se for o caso, a comunicación entre o devandito órgano e a persoa que remitise a información ao citado servizo se realice a través deste, para efectos de garantir a confidencialidade da identidade daquela.

3. O disposto no número anterior non será de aplicación cando a persoa que remitise a información ao Servizo Nacional de Coordinación Antifraude actuase de mala fe, caso este en que o citado servizo valorará promover a realización das actuacións que procedan de acordo coas disposicións aplicables.

Sexto. Difusión do contido da presente comunicación

1. Para efectos de dotar de difusión á presente comunicación e facilitar o seu coñecemento polas persoas que potencialmente poidan ter coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados con fondos procedentes da Unión Europea, recoméndase ás autoridades con competencias na xestión dos diferentes fondos europeos que adopten medidas adecuadas para a consecución da devandita finalidade.

2. Para tal fin, e sen prexuízo doutras medidas que se poidan adoptar, sería conveniente que as ditas autoridades instrúan os órganos e entidades encargados da tramitación e xestión das diferentes axudas para que inclúan, en todas as convocatorias de axudas susceptibles de seren financiadas con cargo a fondos da Unión Europea, unha referencia expresa á posibilidade de comunicar ao Servizo Nacional de Coordinación Antifraude, nos termos establecidos na presente comunicación, aqueles feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade, así como, sempre que sexa posible, achegar unha copia dela como anexo á convocatoria de que se trate.

Para tales efectos, poderíase incluír nas devanditas convocatorias un parágrafo ou artigo coa seguinte redacción:

«Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os devanditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto polo devandito servizo no enderezo web http://igaepre.central.sepg.minhac.age/sitios/igae/es-ES/Paginas/Denan.aspx, e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017, do 3 de abril, do citado servizo, que se achega como anexo á presente convocatoria».

Sería, así mesmo, é recomendable que o disposto no parágrafo anterior se aplique tamén aos procedementos de contratación pública daqueles contratos que sexan susceptibles de seren financiados con cargo a fondos da Unión Europea, de forma que os pregos de cláusulas administrativas particulares ou os documentos contractuais que se considere oportuno en función do procedemento aplicable conteñan unha referencia análoga á sinalada no parágrafo anterior.

3. Doutra banda, e paraa efectos de reforzar o cumprimento das obrigas que a normativa europea impón ás autoridades de xestión en materia de prevención e detección da fraude aos intereses financeiros da Unión Europea, as ditas autoridades deberían valorar a conveniencia de realizar as actuacións necesarias para que as descricións dos sistemas de xestión e control dos diferentes programas operativos, ou os documentos análogos que correspondan de conformidade coa normativa reguladora de cada fondo, inclúan unha referencia expresa á posibilidade de comunicar ao Servizo Nacional de Coordinación Antifraude aqueles feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade, así como unha descrición resumida dos aspectos procedementais contidos na presente comunicación en relación coa remisión da información ao citado servizo e o tratamento por este da información recibida.

4. Con esa mesma finalidade, sería recomendable que as ditas autoridades realizasen as actuacións necesarias para que tanto elas como os órganos e entidades encargados da tramitación e xestión das diferentes axudas incluísen nas súas respectivas páxinas web, e nas aplicacións informáticas de xestión dos diferentes fondos e programas, unha parte específica que conteña a información sinalada no número 3 e no cal se inclúa unha ligazón directa á canle específica habilitada polo Servizo Nacional de Coordinación Antifraude mencionado no punto segundo, para efectos de facilitar a remisión de información ao citado servizo desde as devanditas aplicacións e páxinas web.

Sétimo. Resolución das dúbidas que poida expor o contido da presente comunicación

A canle habilitada polo Servizo Nacional de Coordinación Antifraude a que se fai referencia no número segundo poderá ser utilizada, con carácter previo á eventual remisión de información, para expor ao devandito servizo as cuestións que susciten dúbidas en relación coa forma e requisitos con que a información debe ser remitida a través del, co tratamento que se dará á información, e, en xeral, con calquera aspecto relativo ao contido da presente comunicación.

Oitavo. Información relativa a feitos que afecten os ingresos do orzamento da Unión Europea

Esta comunicación non resulta de aplicación aos casos en que a información de que se tivo coñecemento se refira a dereitos aduaneiros ou ao resto dos ingresos do orzamento da Unión Europea cuxa competencia corresponda á Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Nestes casos, a remisión á Administración da devandita información deberá realizarse a través das canles e procedementos establecidos no artigo 114 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e resto da normativa tributaria que poida resultar de aplicación.

Noveno. Compatibilidade coas canles e procedementos establecidos por outras disposicións

Para efectos de poñer en coñecemento das autoridades competentes os feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade, o disposto nesta comunicación enténdese sen prexuízo da posibilidade de empregar as canles e procedementos establecidos polas disposicións normativas que resulten de aplicación en cada caso, e, en particular, os establecidos na normativa reguladora do procedemento xudicial penal.