Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2022 Páx. 13836

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal xefe de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo pertencente á categoría 100 do grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 18 de febreiro de 2022, a comisión nomeada pola Resolución do 17 de xullo de 2020 (DOG núm. 152, do 30 de xullo), coa última modificación da Resolución do 2 de febreiro de 2022 (DOG núm. 29, do 11 de febreiro), para cualificar el proceso de adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal xefe de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración especial, grupo B, do persoal laboral fixo pertencente á categoría 100 do grupo III do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado pola Resolución de 25 de agosto de 2021 (DOG núm. 170, do 3 de setembro), modificada pola Resolución do 2 de novembro de 2021 (DOG núm. 214, do 8 de novembro),

ACORDA:

Primeiro. Elevar a definitivas as cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba tipo test feitas públicas mediante a Resolución do 17 de decembro de 2021 (DOG núm. 251, do 31 de decembro).

Segundo. Facer pública, de conformidade co disposto na base II.2.4, a baremación provisional do concurso de méritos no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, ao cal se poderá acceder a través do seguinte enderezo https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion

Debe indicarse que, de conformidade coa base II.2.2, o concurso de méritos será cualificado de «apto» ou «non apto» e, para superalo, será necesario acadar unha puntuación mínima de 6 puntos entre todas as epígrafes do baremo puntuables.

Contra a baremación provisional poderase presentar reclamación ante a propia Comisión de Funcionarización no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no DOG.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.9, contra o presente acordo da Comisión poderá presentarse recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2022

Rubén Plaza Martínez
Presidente da Comisión