Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2022 Páx. 13838

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 2022, da comisión encargada de cualificar o proceso para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 18 de febreiro de 2022, a comisión nomeada pola Resolución do 17 de xullo de 2020 (DOG núm. 152, do 30 de xullo), coa última modificación da Resolución do 2 de febreiro de 2022 (DOG núm. 29, do 11 de febreiro), para cualificar o proceso de adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos grupos IV e V do V Convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia, mediante o seu cambio de vínculo xurídico, convocado mediante a Resolución do 25 de agosto de 2021 (DOG núm. 170, do 3 de setembro),

ACORDA:

Primeiro. Vistas as alegacións presentadas e advertido un erro nas cualificacións da proba tipo test publicadas pola Resolución do 17 de decembro de 2021 (DOG núm. 251, do 31 de decembro) e feitas as oportunas correccións, inclúense como aptos os seguintes aspirantes:

Categoría IV-33
Bombeiro forestal SDCIF

Nome

NIF

Cualificación

Costas Abril, José

***4445**

Apto

Categorías V-10B y 10C
Vixilante fixo e emisorista SDCIF

Nome

NIF

Cualificación

Casal Corral, José Luis

***1931**

Apto

Rodríguez Domínguez, María Jesús

***6390**

Apto

Categorías V14-14A

Bombeiro forestal-bombeiro forestal condutor

Nome

NIF

Cualificación

Martínez Vázquez, Juan José

***9601**

Apto

Vilas López, Carlos Manuel

***5771**

Apto

Segundo. Elevar a definitivas a cualificacións obtidas polas persoas aspirantes na proba tipo test e feitas públicas pola Resolución do 17 de decembro de 2021 (DOG núm. 251, do 31 de decembro), coas correccións mencionadas no punto primeiro.

Terceiro. Facer pública, de conformidade co disposto na base II.2.4, a baremación provisional do concurso de méritos no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, ao cal se poderá acceder a través do seguinte enderezo https://www.xunta.gal/funcion-publica/funcionarizacion

Debe indicarse que, de conformidade coa base II.2.2, o concurso de méritos será cualificado de «apto» ou «non apto» e, para superalo, será necesario acadar unha puntuación mínima de 6 puntos entre todas as epígrafes do baremo puntuables.

Contra a baremación provisional poderase presentar reclamación ante a propia Comisión de Funcionarización no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no DOG.

Cuarto. De acordo co disposto na base III.9, contra o presente acordo da Comisión poderá presentarse recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2022

Rubén Plaza Martínez
Presidente da Comisión