Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 25 de febreiro de 2022 Páx. 13862

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 16 de febreiro de 2022 pola que se modifica a Orde do 4 de agosto de 2021, pola que se fai pública a relación de persoal aspirante que superou o procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional e ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 25 de xaneiro).

Logo de estimados os recursos de alzada que formularon María del Carmen Entenza Vidal e Luciana Sobrado Menoni en relación co procedemento selectivo convocado pola Orde do 24 de febreiro de 2020, a Consellería de Cultura Educación e Universidade

RESOLVE:

Primeiro. Modificar a Orde do 4 de agosto de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 23 de agosto) pola que se fai pública a relación do persoal aspirante que superou o procedemento de acceso ao corpo de inspectores de educación, ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de profesores de música e artes escénicas, ao corpo de profesores de artes plásticas e deseño, ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A), convocados pola Orde do 24 de febreiro de 2020 (Diario Oficial de Galicia do 13 de marzo), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2021 (Diario Oficial de Galicia do 25 de xaneiro), e incluír nesa relación:

Especialidade

Quenda

NIF

Apelidos e nome

Puntos

oposición

Puntos concurso

Concurso-oposición

Lingua estranxeira: inglés

L

***9361**

Entenza Vidal, María del Carmen

5,2440

9,6900

7,0224

Debe incluírse na lista desta especialidade e colocarse a continuación de Novoa Fragata, Lucía (DNI ***4275**)

Lingua estranxeira: inglés

L

***5470**

Sobrado Menoni, Luciana

6,0540

5,8040

5,9540

Debe incluírse na lista desta especialidade e colocarse a continuación de Bautista Rodríguez, Marta (DNI ***0376**)

Segundo. O disposto no punto anterior supón unha modificación do número de orde da lista de persoas aprobadas nesta especialidade que figuraba na Orde do 4 de agosto de 2021 (DOG do 23 de agosto).

Terceiro. As opositoras relacionadas no punto primeiro da presente orde son nomeadas funcionarias en prácticas con efectividade administrativa do 1 de setembro de 2021 e económica do día da toma de posesión nos seus destinos.

Cuarto. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas que sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular un recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade coa Lei 29/1988, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade