Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 7 de marzo de 2022 Páx. 15852

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 31 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do Programa de unidades mixtas de investigación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (códigos de procedemento IN853A, IN853B e IN853C).

A Constitución española, no seu artigo 44.2, obriga os poderes públicos a promover a ciencia e a investigación científica e técnica en beneficio do interese xeral. Ademais, establece no artigo 149.1.15 que o fomento e a coordinación da investigación científica e técnica son competencia exclusiva do Estado. Pola súa banda, o Estatuto de autonomía de Galicia recolle no seu artigo 27.19 que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia do fomento da cultura e da investigación en Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.

A Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, ten por obxecto establecer o marco para o fomento da investigación e do desenvolvemento tecnolóxico, da transferencia e valorización de resultados e da innovación en Galicia en todas as súas vertentes, así como da súa xestión eficiente. Esta lei, no seu capítulo III, establece o Plan galego de investigación e innovación como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo.

O Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, establece que a Axencia Galega de Innovación ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes. Entre os seus obxectivos destacan o de definir e desenvolver as políticas públicas que permitan ás empresas e ao resto de axentes o desenvolvemento de iniciativas de innovación construídas a partir de coñecementos que incrementen a súa competitividade e fomenten o seu crecemento; definir e desenvolver as políticas públicas orientadas á valorización do coñecemento desenvolvido polas empresas, universidades e centros de investigación de Galicia; fomentar a investigación e o desenvolvemento científico e tecnolóxico, a través de iniciativas e programas específicos na Comunidade Autónoma galega; promover as relacións de colaboración entre os distintos axentes do Sistema galego de innovación impulsando a creación e o fortalecemento de redes de coñecemento entre axentes públicos e privados desde unha perspectiva de intercambio e de investigación aberta; favorecer a transferencia de coñecemento e tecnoloxía entre os diferentes axentes e, particularmente, entre os organismos públicos de investigación e as empresas.

A Estratexia de especialización intelixente de Galicia (RIS3 Galicia), folla de ruta das políticas de investigación e innovación da Comunidade Autónoma galega, estrutúrase arredor de 3 retos que orientarán a definición detallada da estratexia de actuación asociando a cada un destes retos unhas liñas de actuación específicas aliñadas cos obxectivos e os principais programas de innovación no ámbito rexional, nacional e europeo.

Na RIS3 Galicia defínense liñas de actuación/instrumentos encamiñados a lograr que o investimento público exerza como elemento tractor na mobilización e atracción de capital privado para os procesos de innovación galegos. Entre estes instrumentos, as unidades mixtas de investigación teñen como propósito o desenvolvemento de iniciativas colaborativas focalizadas nun contexto limitado de áreas de singularidade estratéxica para o conxunto da rexión mediante a creación de consorcios estratéxicos rexionais entre as universidades e os centros de innovación tecnolóxica coas empresas.

As unidades mixtas de investigación son unha fórmula importante de achegamento entre o mundo empresarial e o científico/técnico para desenvolver liñas de investigación e valorización conxuntas, con vistas a acadar os seguintes obxectivos:

– Configurar grupos mixtos de traballo entre organismos de investigación e empresas que se convertan en catalizadores do desenvolvemento de liñas de I+D+i.

– Desenvolver proxectos de alto impacto intensivos en coñecemento.

– Poñer en valor os grupos de investigación.

– Aproximar os organismos de investigación á empresa.

– Atraer a Galicia liñas de I+D+i.

– Incentivar a transferencia de resultados da I+D+i ao mercado.

No ano 2014, a Axencia Galega de Innovación pon en marcha o Programa de unidades mixtas de investigación, como unha nova ferramenta no mapa de apoios públicos á innovación en Galicia destinada á atracción de capital privado para aunar o coñecemento e as capacidades dos organismos de investigación galegos coas demandas de innovación do tecido empresarial mediante a constitución de grupos mixtos de traballo para a realización conxunta de actividades de I+D+i. Para o desenvolvemento do programa e como primeira fase deste, a Axencia Galega de Innovación, periodicamente e en réxime de concorrencia competitiva, está a convocar axudas de tres anos de duración para a creación, posta en marcha e funcionamento destas unidades.

Desde o inicio do programa puxéronse en marcha unidades mixtas de investigación no marco dos tres retos estratéxicos da RIS3 Galicia, que contribuíron á creación de emprego cualificado, a impulsar a transferencia de I+D+i ao tecido empresarial galego, á atracción a Galicia de empresas foráneas líderes nos seus respectivos sectores, ao desenvolvemento das capacidades dos organismos de investigación galegos en sectores punteiros e á mellora da competitividade das empresas.

Estes resultados puxeron de manifesto a conveniencia de contar, dentro do programa, cunha liña complementaria de axudas orientada á consolidación destas unidades, ampliando a súa duración en tres anos, cos obxectivos, entre outros, de fortalecer a alianza estratéxica organismo de investigación-empresa, manter a actividade investigadora e innovadora, ampliar o alcance, obxectivos e expectativas das liñas de investigación/traballo co desenvolvemento de novas actividades e novos proxectos no marco destas, poñer en valor os resultados obtidos e conservar o emprego cualificado creado.

Así, nos anos 2018 e 2020, e como segunda fase do Programa de unidades mixtas de investigación, a Axencia Galega de Innovación publica a primeira e segunda convocatorias de axudas destinadas en exclusiva a consolidación das unidades mixtas creadas ao abeiro das convocatorias dos anos 2014-2015 e 2016-2017, respectivamente.

O importante papel que están a xogar as unidades mixtas de investigación nos procesos de innovación galegos, como catalizadores da colaboración entre os distintos axentes do Sistema galego de I+D+i e da mellora da competitividade das empresas a través da transferencia de coñecemento, pon de manifesto a necesidade de contar cunha terceira fase no programa de unidades mixtas de investigación que sirva de panca para o afianzamento, estabilidade e continuidade destes grupos mixtos de traballo a medio e longo prazo.

Os centros mixtos de investigación constitúen a terceira fase do programa secuencial de apoio ás unidades mixtas de investigación. Esta terceira fase representa o punto de partida para a estabilización das unidades mixtas de investigación a través dunha maior implicación e participación dos seus integrantes, tanto a nivel cualitativo como cuantitativo.

Mediante esta resolución convócanse en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2022, as axudas correspondentes ás tres fases do Programa de unidades mixtas de investigación: creación e posta en marcha, consolidación e centros mixtos de investigación. As axudas concédense en función dunha serie de criterios que, de forma obxectiva, valoran a calidade científico-técnica, a capacidade e as características destas unidades.

As axudas que agora se convocan están, pois, en consonancia cos retos estratéxicos da RIS3 Galicia e tamén co esquema da Unión Europea reflectido no Programa marco de investigación e innovación co fin de procurar, a medio e longo prazo, a obtención de retornos sociais.

Esta convocatoria enmárcase nas liñas de actuación orientadas a avanzar cara a estruturas colaborativas e integradas arredor das cadeas de valor de innovación estratéxicas para Galicia no marco da Estratexia de especialización intelixente RIS3 Galicia.

Con estas estruturas, coas que se ordenan e agrupan os diferentes axentes do Sistema galego de innovación, búscase reducir o diferencial coas rexións europeas líderes en innovación sobre a base dunha crecente especialización e a participación activa do sector privado, co obxectivo de desenvolver un novo modelo de crecemento e emprego cualificado capaz de atraer talento internacional.

Os organismos de investigación e o tecido empresarial, como axentes claves do Sistema galego de innovación, son estratéxicos no desenvolvemento destas estruturas colaborativas que afondarán no desenvolvemento dos retos da RIS3 para mellorar a competitividade de Galicia.

Pola súa vez, a Axencia Galega de Innovación, no compromiso coa innovación responsable (en diante, IIR) e en consonancia coa Axenda 2030, a través desta actuación impulsa no ecosistema galego a adopción de medidas que axuden a garantir e incrementar o impacto social das actividades de I+D+i, en termos de: gobernanza e participación, igualdade de xénero, educación científica e ética da investigación.

O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e as axudas concedidas no marco da presente resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, publicado no Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE) núm. 187, do 26 de xuño de 2014 (en diante, Regulamento (UE) nº 651/2014), en concreto á categoría de axudas reguladas no seu artigo 25, axudas a proxectos de investigación e desenvolvemento.

Esta convocatoria tramítase de xeito anticipado ao abeiro do artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009).

As axudas da presente convocatoria poderán ser susceptibles de cofinanciamento polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027.

Consecuentemente con todo o anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos,

DISPÓN:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Axencia Galega de Innovación no marco do Programa de unidades mixtas de investigación mediante as seguintes modalidades de axuda:

• Modalidade A: axudas para a creación e posta en marcha de novas unidades mixtas de investigación, procedemento IN853A.

• Modalidade B: axudas para a consolidación de unidades mixtas de investigación, procedemento IN853B.

• Modalidade C: axudas para centros mixtos de investigación, procedemento IN853C.

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as ditas axudas para o ano 2022 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva; as axudas concedidas no marco da presente resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.

Artigo 2. Definicións

1. Organismos de investigación e difusión de coñecementos: son organismos de investigación e difusión de coñecementos (en diante, organismos de investigación), segundo a definición do artigo 2.83 do Regulamento (UE) nº 651/2014, toda entidade (por exemplo, universidades ou centros de investigación, organismos de transferencia de tecnoloxía, intermediarios de innovación ou entidades colaborativas reais ou virtuais orientadas á investigación), independentemente da súa personalidade xurídica (de dereito público ou privado) ou forma de financiamento, cuxo principal obxectivo sexa realizar, de xeito independente, investigación fundamental, investigación industrial ou desenvolvemento experimental, ou difundir amplamente os resultados delas mediante o ensino, a publicación ou a transferencia de coñecementos. Cando unha entidade deste tipo leve a cabo tamén actividades económicas, o financiamento, os custos e os ingresos de tales actividades deberán contabilizarse por separado. As empresas que poidan exercer unha influencia decisiva nas ditas entidades, por exemplo, en calidade de accionistas ou membros, non poderán gozar de acceso preferente aos resultados que xeren.

Así, no marco desta resolución consideraranse organismos de investigación:

– Os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica de Galicia.

– As universidades do Sistema universitario galego.

– Os centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas.

– As fundacións de investigación sanitaria de Galicia.

– Outros organismos de investigación de Galicia que teñan definida nos seus estatutos a I+D como actividade principal.

2. Empresa: segundo o artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, considerarase empresa toda entidade, independentemente da súa forma xurídica, que exerza unha actividade económica. En particular, consideraranse empresas as entidades que exerzan unha actividade artesanal ou outras actividades a título individual ou familiar, así como as sociedades de persoas e as asociacións que exerzan unha actividade económica de forma regular.

3. Pequena e mediana empresa (peme): segundo o artigo 2 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, consideraranse pemes as empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocio anual non excede os 50 millóns de euros ou o seu balance xeral non excede os 43 millóns de euros. Dentro das pemes, considerarase pequena empresa aquela que ocupa menos de 50 persoas e cuxo volume de negocio anual ou balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros. Para o cálculo destes efectivos deberán considerarse as indicacións incluídas nos artigos 3, 4, 5 e 6 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

4. Grande empresa: toda empresa que non cumpre cos requisitos para ser considerada como peme nos termos establecidos no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

5. Agrupación de entidades beneficiarias: para os efectos desta resolución, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, enténdese por agrupación de entidades beneficiarias, empresas e organismos de investigación aquelas que participan de xeito conxunto no proxecto obxecto da subvención, a través dunha relación de «colaboración efectiva», entre as que exista un acordo regulador para o seu funcionamento.

6. Colaboración efectiva: colaboración entre, polo menos, dúas partes independentes para o intercambio de coñecementos ou tecnoloxía, ou para acadar un obxectivo común sobre a base da división do traballo, en que as partes implicadas definen conxuntamente o ámbito do proxecto en colaboración, contribúen á súa aplicación e comparten os seus riscos e os seus resultados; unha ou varias das partes poden soportar a totalidade dos custos do proxecto e liberar así outras partes dos seus riscos financeiros; a investigación baixo contrato e a prestación de servizos de investigación non se considerarán formas de colaboración.

7. Empresa en crise: a que así se defina consonte o previsto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 e as directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (DOUE C 249, do 31.7.2014) ou documento que o substitúa.

8. Empresa vinculada: son empresas vinculadas, segundo o artigo 3.3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, aquelas empresas entre as cales existe algunha das seguintes relacións:

a) Unha empresa posúe a maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socios da outra empresa.

b) Unha ten dereito a nomear ou revogar a maioría dos membros do órgano de administración, dirección ou control da outra empresa.

c) Unha empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra, en virtude dun contrato celebrado con ela ou dunha cláusula estatutaria da segunda empresa.

d) Unha empresa, accionista ou asociada a outra, controla soa, en virtude dun acordo celebrado con outros accionistas ou socios da segunda empresa, a maioría dos dereitos de voto dos seus accionistas ou socios.

Presumirase que non existe influencia dominante, cando os investidores enunciados no artigo 3.2 (segundo parágrafo) do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 non teñan implicación directa ou indirecta na xestión da empresa en cuestión, sen prexuízo dos dereitos que lles correspondan na súa calidade de accionistas.

As empresas que manteñan calquera das relacións recollidas no parágrafo primeiro do artigo 3 do citado anexo I a través doutra ou doutras empresas, ou cos investidores enumerados no punto 2 do mesmo artigo, consideraranse tamén vinculadas.

Tamén se considerarán empresas vinculadas as que manteñan algunha das ditas relacións a través dunha persoa física ou un grupo de persoas físicas que actúen de común acordo, se as ditas empresas exercen a súa actividade ou parte desta no mesmo mercado de referencia ou en mercados contiguos, considerándose mercado contiguo o mercado dun produto ou servizo situado nunha posición inmediatamente anterior ou posterior á do mercado en cuestión.

9. Investigación industrial: investigación planificada ou estudos críticos encamiñados a adquirir novos coñecementos e aptitudes que poidan ser útiles para desenvolver novos produtos, procesos ou servizos, ou permitan mellorar considerablemente os xa existentes; comprende a creación de compoñentes de sistemas complexos e pode incluír a construción de prototipos nunha contorna de laboratorio ou nunha contorna con interfaces simuladas cos sistemas existentes, así como liñas piloto cando sexa necesario para a investigación industrial e, en particular, para a validación de tecnoloxía xenérica.

10. Desenvolvemento experimental: a adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e técnicas xa existentes, de índole científica, tecnolóxica, empresarial ou doutro tipo, con vistas á elaboración de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados; pode incluír tamén, por exemplo, actividades de definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos, procesos e servizos. Entre as actividades poderá figurar a elaboración de proxectos, deseños, plans e demais tipos de documentación, sempre e cando non vaia destinada a usos comerciais.

O desenvolvemento experimental poderá comprender a creación de prototipos, a demostración, a elaboración de proxectos piloto, o ensaio e a validación de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados, en contornas representativas de condicións reais de funcionamento, sempre que o obxectivo principal sexa achegar novas melloras técnicas a produtos, procesos ou servizos que non estean substancialmente asentados; pode incluír o desenvolvemento de prototipos ou proxectos piloto que poidan utilizarse comercialmente cando sexan necesariamente o produto comercial final e a súa fabricación resulte demasiado onerosa para o seu uso exclusivo con fins de demostración e validación.

O desenvolvemento experimental non inclúe as modificacións habituais ou periódicas efectuadas en produtos, liñas de produción, procesos de fabricación, servizos existentes e outras operacións en curso, aínda cando as ditas modificacións poidan representar melloras deles.

11. Reto estratéxico: sintetiza o conxunto de prioridades tecnolóxicas e de innovación da Estratexia RIS3 de Galicia, baseadas tanto en actividades existentes como en oportunidades de futuro. Os retos estratéxicos son:

Reto 1. Xestión innovadora de recursos naturais e culturais. Modernización dos sectores tradicionais galegos a través da introdución de innovacións que incidan no melloramento da eficiencia e rendemento no uso dos recursos endóxenos e a súa reorientación cara a usos alternativos con maior valor engadido en actividades enerxéticas, acuícolas, farmacolóxicas, cosméticas, alimentarias e culturais.

Reto 2. O modelo industrial da Galicia do futuro. Aumentar a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia, a través da hibridación e das tecnoloxías facilitadoras esenciais.

Reto 3. Novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo. Posicionar Galicia como a rexión líder do sur de Europa na oferta de servizos e produtos intensivos en coñecemento relacionados cun modelo de vida saudable: envellecemento activo, aplicación terapéutica de recursos hídricos e mariños e nutrición funcional.

Artigo 3. Financiamento

As subvencións imputaranse ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación coa seguinte distribución:

Modalidade

Beneficiarios

Capítulo
orzamentario

Crédito (en euros)

Ano 2022

Ano 2023

Ano 2024

Ano 2025

Total

Mod. A (IN853A)

Organismos de investigación privados

06.A2.561A.781.0

2015 00016

642.500,00

900.000,00

862.500,00

750.000,00

3.155.000,00

Organismos de investigación públicos

06.A2.561A.744.0

2015 00016

7.500,00

300.000,00

287.500,00

250.000,00

845.000,00

Total

650.000,00

1.200.000,00

1.150.000,00

1.000.000,00

4.000.000,00

Mod. B (IN853B)

Organismos de investigación privados

06.A2.561A.781.0

2015 00016

637.500,00

900.000,00

862.500,00

750.000,00

3.150.000,00

Organismos de investigación públicos

06.A2.561A.744.0

2015 00016

12.500,00

300.000,00

287.500,00

250.000,00

850.000,00

Total

650.000,00

1.200.000,00

1.150.000,00

1.000.000,00

4.000.000,00

Mod. C (IN853C)

Organismos de investigación privados

06.A2.561A.781.0

2015 00016

520.000,00

660.000,00

720.000,00

600.000,00

2.500.000,00

Organismos de investigación públicos

06.A2.561A.744.0

2015 00016

180.000,00

440.000,00

480.000,00

400.000,00

1.500.000,00

Total

700.000,00

1.100.000,00

1.200.000,00

1.000.000,00

4.000.000,00

Total

2.000.000,00

3.500.000,00

3.500.000,00

3.000.000,00

12.000.000,00

As subvencións imputaranse ás aplicacións orzamentarias que se indican neste artigo, de conformidade co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no cal se establece a tramitación anticipada de expedientes de gasto; a concesión destas subvencións queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de adxudicación.

Poderán ampliarse os créditos dedicados a esta convocatoria logo da declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

A distribución de fondos entre as modalidades de axuda, aplicacións orzamentarias, tipoloxía de beneficiarios e anualidades sinaladas na táboa anterior é unha previsión que deberá axustarse segundo a valoración das solicitudes recibidas, é será posible incluso a incorporación de novas aplicacións orzamentarias e de novos conceptos de gasto tendo en conta a natureza das entidades beneficiarias, sempre sen incrementar o crédito total.

Artigo 4. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as agrupacións entre un organismo de investigación de Galicia e unha ou varias empresas, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e atendendo aos requisitos para cada unha das modalidades de axuda recollidos no artigo seguinte, que formen parte dunha unidade mixta de investigación para o desenvolvemento de forma conxunta e coordinada de actividades de I+D+i.

No marco desta resolución, considéranse organismos de investigación os enumerados no artigo 2.

As empresas poderán ser pequenas, medianas e grandes, segundo as definicións do Regulamento (UE) nº 651/2014 e contidas no artigo 2 desta convocatoria.

2. Unicamente poderán ser beneficiarias das axudas da modalidade B as unidades mixtas de investigación beneficiarias dunha axuda da Axencia Galega de Innovación para a súa creación e posta en marcha da convocatoria do ano 2018. Estas unidades mixtas son as beneficiarias das axudas concedidas pola Resolución do 12 de novembro de 2018 (DOG núm. 220, do 19 de novembro).

3. Así mesmo, unicamente poderán ser beneficiarias das axudas da modalidade C as unidades mixtas de investigación beneficiarias dunha axuda da Axencia Galega de Innovación para a súa consolidación das convocatorias dos anos 2017 e 2018. Estas unidades mixtas son as beneficiarias das axudas de consolidación concedidas polas resolucións do 31 de outubro de 2017 (DOG núm. 213, do 9 de novembro) e do 13 de novembro de 2018 (DOG núm. 220, do 19 de novembro).

4. As unidades mixtas de investigación non teñen personalidade xurídica propia, polo que se deberán facer constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada un dos membros da unidade que terán, igualmente, a condición de beneficiarios. O organismo de investigación actuará como representante único da unidade mixta, como único interlocutor coa Administración en todo o procedemento e con poderes bastantes para cumprir as obrigas que como beneficiario corresponden á unidade mixta.

O organismo de investigación será o único perceptor das axudas da Axencia Galega de Innovación previstas nesta convocatoria.

Os integrantes das unidades mixtas, empresas e organismos de investigación serán beneficiarios dos resultados xerados no desenvolvemento das liñas de investigación/actividades das unidades subvencionadas pola Axencia Galega de Innovación ao abeiro da presente convocatoria. Para tal efecto, tanto a empresa como o organismo de investigación participarán e colaborarán directamente nas actividades de I+D+i da unidade mixta coa achega de coñecemento e dos recursos propios que se especifican no artigo seguinte.

5. As unidades mixtas de investigación rexeranse por un acordo regulador asinado entre as partes. Este acordo, que terá natureza de acordo de constitución, acordo de consolidación ou acordo de centro mixto de investigación, segundo corresponda, deberá recoller, como mínimo, o seguinte:

– Características e obxectivos da unidade mixta.

– Descrición das actividades-liña/s de investigación que vai desenvolver a unidade mixta.

– Definición dos compromisos, dereitos e obrigas que adquire cada participante da unidade mixta nos diferentes ámbitos: científico-técnico, económico e organizativo.

– Definición dos compromisos e planificación para a explotación e participación dos resultados xerados: propiedade, protección legal (patentes) e divulgación.

– Acordos de confidencialidade.

– Xestión da unidade mixta de investigación, plan de continxencias e distribución de responsabilidades ante posibles dificultades.

Este acordo regulador poderá ser modificado ao longo da súa vixencia, sempre e cando os cambios non afecten aspectos tidos en conta para a concesión das axudas. Calquera modificación das condicións establecidas no acordo regulador deberá ser comunicada á Axencia Galega de Innovación.

A data deste acordo non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude de axuda nin posterior ao prazo de 15 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación da correspondente resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia. A data de sinatura deste acordo marcará o inicio das actividades da unidade mixta de investigación.

De acordo co artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014, considerarase que as axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se presentou antes do inicio da actividade.

6. Non poderán acceder á condición de beneficiarias as persoas ou entidades nas cales concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin tampouco as empresas en crise, nin aquelas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 5. Requisitos das unidades mixtas de investigación

1. Para os efectos desta convocatoria, enténdese por unidade mixta de investigación a colaboración entre un organismo de investigación e unha ou varias empresas para o desenvolvemento de liñas de I+D+i de forma coordinada e conxunta e na que se cumpran, segundo a modalidade de axuda que proceda, os seguintes requisitos:

– Modalidade A: axudas para a creación e posta en marcha de novas unidades mixtas de investigación (IN853A)

A1. Entidades participantes.

A unidade mixta de investigación estará constituída por un único organismo de investigación e unha única empresa.

Excepcionalmente, poderán formar parte da unidade mixta ata dúas empresas máis sempre que exista unha complementariedade xustificada e unha participación equilibrada co resto de entidades participantes nela.

O organismo de investigación actuará como representante da unidade mixta de investigación ante a Axencia Galega de Innovación, como solicitante da axuda e como único interlocutor con ela.

A2. Áreas/liñas de investigación.

As áreas de investigación das unidades mixtas estarán aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades da RIS3 Galicia. A descrición destes retos e o detalle das súas liñas prioritarias detállase no artigo 2.

Todos os integrantes da unidade mixta poderán participar dos resultados que xera a súa actividade coas condicións e limitacións establecidas polas partes para o efecto.

A3. Acordo de constitución e duración das unidades mixtas.

As unidades mixtas de nova creación acreditaranse mediante un acordo de constitución asinado entre as partes (acordo regulador). A data de sinatura deste acordo non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude nin posterior ao prazo de 15 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación da correspondente resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia. A data de sinatura deste acordo marcará o inicio do período mínimo de duración de 3 anos da unidade mixta e o inicio da súa actividade.

A4. Localización.

As unidades mixtas estarán situadas en Galicia, cunha localización única, e deberán estar perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas das entidades que nela participan. A maiores desta localización principal, cando sexa preciso, poderán dispor de instalacións satélites para atender o traballo de campo ou laboratorio.

A5. Orzamento subvencionable mínimo da unidade mixta de investigación.

a) O orzamento subvencionable mínimo da unidade mixta deberá ser de 1.800.000 euros para o marco temporal 2022-2025, dividido entre os integrantes da unidade mixta.

b) A participación da/s empresa/s no orzamento da unidade mixta debe ser, como mínimo, dun 40 %.

Para o desenvolvemento das actividades da unidade mixta, esta participación poderá ser mediante a execución con medios propios e/ou mediante achegas monetarias ao organismo de investigación. O importe destas achegas monetarias será destinado integramente polo organismo de investigación ao financiamento en exclusiva das actividades da unidade mixta e non computarán para os efectos da achega do organismo de investigación.

c) A participación do organismo de investigación no orzamento da unidade mixta debe ser, como mínimo, dun 10 %. Tendo en conta que o organismo de investigación será o único perceptor da axuda da Axencia Galega de Innovación, tal e como se especifica no artigo 4 desta convocatoria, a porcentaxe de participación do organismo de investigación no orzamento da unidade mixta calcularase descontando da achega total do organismo de investigación a subvención que este reciba de Gain.

d) Estes requisitos mínimos serán de imprescindible cumprimento no momento da resolución de concesión. No caso de que no momento da finalización da duración da unidade mixta de investigación se comprobe algunha desviación nestes requisitos e sempre que se respecten, como mínimo, os límites sinalados na táboa que segue, a Axencia Galega de Innovación poderá resolver a viabilidade da unidade mixta, despois de estudar as circunstancias que orixinaron o incumprimento destes requisitos mínimos, sempre que un informe técnico avale o correcto desenvolvemento das actuacións previstas e a consecución dos fins para os que se concedeu a subvención.

Importes mínimos

Orzamento da unidade mixta

Como mínimo, o 60 % do orzamento inicial concedido

Participación da/s empresa/s

40 % do orzamento total da unidade mixta

Participación do organismo de investigación

10 % do orzamento total da unidade mixta

Non obstante, aplicaranse a estes supostos as penalizacións e previsións contidas no artigo 33 (gradación dos incumprimentos).

– Modalidade B: axudas para a consolidación de unidades mixtas de investigación (IN853B).

B1. Poderán optar ás axudas de consolidación previstas nesta convocatoria aquelas unidades mixtas de investigación beneficiarias das axudas da Axencia Galega de Innovación para a súa creación e posta en marcha, concedidas pola Resolución do 12 de novembro de 2018 (DOG núm. 220, do 19 de novembro).

B2. Entidades participantes.

A consolidación dunha unidade mixta de investigación implica o deber de manter e fortalecer a alianza estratéxica entre os seus membros: o organismo de investigación galego e a empresa asinante do seu acordo de constitución. Estes membros corresponderanse cos relacionados na Resolución da Axencia Galega de Innovación, do 12 de novembro de 2018, de concesión de axudas para a creación e posta en marcha de unidades mixtas de investigación.

Excepcionalmente, as unidades mixtas de investigación constituídas inicialmente por un organismo de investigación e unha única empresa poderán incorporar á súa composición unha segunda empresa cando exista unha complementariedade xustificada e unha participación equilibrada co resto de entidades participantes na unidade. Neste caso, as dúas empresas participantes na unidade mixta deberán pertencer ao mesmo grupo empresarial no sentido do disposto no artigo 42 do Real decreto do 22 de agosto de 1885, polo que se publica o Código de comercio.

O organismo de investigación actuará como representante da unidade mixta de investigación ante a Axencia Galega de Innovación, como solicitante da axuda e como único interlocutor con ela.

B3. Áreas/liñas de investigación.

As liñas de investigación das unidades mixtas de investigación serán a continuidade, ampliación e evolución das definidas no momento de creación da unidade e materializaranse no desenvolvemento de novas actividades e novos proxectos no marco destas. Estas novas actividades e novos proxectos non poderán ser nunca unha duplicidade dos traballos desenvolvidos na etapa de creación.

Estas áreas/liñas de investigación estarán aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades da RIS3 Galicia. A descrición destes retos e o detalle das súas liñas prioritarias detállase no artigo 2.

Todos os integrantes da unidade mixta poderán participar dos resultados que xera a súa actividade coas condicións e limitacións establecidas polas partes para o efecto.

B4. Acordo de consolidación e duración das unidades mixtas.

A consolidación das unidades mixtas acreditarase mediante un acordo de consolidación asinado entre as partes (acordo regulador). A data de sinatura deste acordo non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude nin posterior ao prazo de 15 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación da correspondente resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia. A data de sinatura deste acordo marcará o inicio do período mínimo de duración de 3 anos da unidade mixta e o inicio das novas actividades programadas para a súa consolidación.

B5. Localización.

As unidades mixtas estarán situadas en Galicia, cunha localización única, e deberán estar perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas das entidades que nela participan. A maiores desta localización principal, cando sexa preciso, poderán dispor de instalacións satélites para atender o traballo de campo ou laboratorio.

B6. Orzamento subvencionable mínimo da unidade mixta de investigación.

a) O orzamento subvencionable mínimo da unidade mixta deberá ser de 2.000.000 de euros para o marco temporal 2022-2025, dividido entre os integrantes da unidade mixta.

b) A participación da/s empresa/s no orzamento da unidade mixta debe ser, como mínimo, dun 40 %.

Para o desenvolvemento das actividades da unidade mixta, esta participación poderá ser mediante a execución con medios propios e/ou mediante achegas monetarias ao organismo de investigación. O importe destas achegas monetarias será destinado integramente polo organismo de investigación ao financiamento en exclusiva das actividades da unidade mixta e non computará para os efectos da achega do organismo de investigación.

c) A participación do organismo de investigación no orzamento da unidade mixta debe ser, como mínimo, dun 10 %. Tendo en conta que o organismo de investigación será o único perceptor da axuda da Axencia Galega de Innovación, tal e como se especifica no artigo 4 desta convocatoria, a porcentaxe de participación do organismo de investigación no orzamento da unidade mixta calcularase descontando da achega total do organismo de investigación a subvención que este reciba de Gain.

d) Estes requisitos mínimos serán de imprescindible cumprimento no momento da resolución de concesión. No caso de que no momento da finalización da duración da unidade mixta de investigación se comprobe algunha desviación nestes requisitos e sempre que se respecten, como mínimo, os límites sinalados na táboa que segue, a Axencia Galega de Innovación poderá resolver a viabilidade da unidade mixta, despois de estudar as circunstancias que orixinaron o incumprimento destes requisitos mínimos, sempre que un informe técnico avale o correcto desenvolvemento das actuacións previstas e a consecución dos fins para os que se concedeu a subvención.

Importes mínimos

Orzamento da unidade mixta

Como mínimo, o 60 % do orzamento inicial concedido

Participación da/s empresa/s

40 % do orzamento total da unidade mixta

Participación do organismo de investigación

10 % do orzamento total da unidade mixta

Non obstante, aplicaranse a estes supostos as penalizacións e as previsións contidas no artigo 33 (graduación dos incumprimentos).

– Modalidade C: axudas para centros mixtos de investigación (IN853C).

C1. Poderán optar ás axudas de centros mixtos de investigación previstas nesta convocatoria aquelas unidades mixtas de investigación beneficiarias das axudas da Axencia Galega de Innovación para a súa consolidación concedidas polas resolucións do 31 de outubro de 2017 (DOG núm. 213, do 9 de novembro) e do 13 de novembro de 2018 (DOG núm. 220, do 19 de novembro).

C2. Entidades participantes.

O centro mixto de investigación é a última fase do Programa de unidades mixtas de investigación tras as fases de creación/posta en marcha e consolidación. Esta fase implica o deber de manter e fortalecer a alianza estratéxica entre os seus membros: o organismo de investigación galego e a empresa asinantes do acordo de consolidación desta. Estes membros corresponderanse cos relacionados nas resolucións da Axencia Galega de Innovación, de concesión de axudas para a consolidación de unidades mixtas de investigación, do 31 de outubro de 2017 e do 13 de novembro de 2018.

Excepcionalmente, as unidades mixtas de investigación consolidadas inicialmente por un organismo de investigación e unha única empresa poderán incorporar á súa composición unha segunda empresa cando exista unha complementariedade xustificada e unha participación equilibrada co resto de entidades participantes na unidade. Neste caso, as dúas empresas participantes na unidade mixta deberán pertencer ao mesmo grupo empresarial no sentido do disposto no artigo 42 do Real decreto do 22 de agosto de 1885, polo que se publica o Código de comercio.

É requisito que as empresas participantes na fase de centro mixto de investigación teñan o seu domicilio social ou centro de traballo en Galicia. De non ter este centro de traballo no momento de presentar a solicitude de axuda, deberán presentar unha declaración que acredite que se establecerá en Galicia antes de iniciarse as actividades do centro mixto de investigación.

O organismo de investigación actuará como representante da unidade mixta de investigación ante a Axencia Galega de Innovación, como solicitante da axuda e como único interlocutor con ela.

C3. Áreas/liñas de investigación.

As liñas de investigación das unidades mixtas de investigación serán a continuidade, ampliación e evolución das definidas no momento de consolidación e materializaranse no desenvolvemento de novas actividades e novos proxectos no marco destas. Estas novas actividades e novos proxectos non poderán ser nunca unha duplicidade dos traballos desenvolvidos na etapa de consolidación nin de creación.

Estas áreas/liñas de investigación estarán aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades da RIS3 Galicia. A descrición destes retos e o detalle das súas liñas prioritarias detállanse no artigo 2.

Todos os integrantes da unidade mixta poderán participar dos resultados que xera a súa actividade coas condicións e limitacións establecidas polas partes para o efecto.

C4. Acordo de centro mixto e duración das unidades mixtas.

Esta terceira fase das unidades mixtas acreditarase mediante un acordo de centro mixto de investigación asinado entre as partes (acordo regulador). A data de sinatura deste acordo non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude nin posterior ao prazo de 15 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación da correspondente resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia. A data de sinatura deste acordo marcará o inicio do período mínimo de duración de 3 anos da unidade mixta e o inicio das novas actividades programadas para o centro mixto de investigación.

C5. Localización.

As unidades mixtas estarán situadas en Galicia, cunha localización única, e deberán estar perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas das entidades que nela participan. A maiores desta localización principal, cando sexa preciso, poderán dispor de instalacións satélites para atender o traballo de campo ou laboratorio.

C6. Orzamento subvencionable mínimo da unidade mixta de investigación.

a) O orzamento subvencionable mínimo da unidade mixta deberá ser de 3.500.000 euros para o marco temporal 2022-2025, dividido entre os integrantes da unidade mixta.

b) A participación da/s empresa/s no orzamento da unidade mixta debe ser, como mínimo, dun 45 %.

Para o desenvolvemento das actividades da unidade mixta, esta participación poderá ser mediante a execución con medios propios e/ou mediante achegas monetarias ao organismo de investigación. O importe destas achegas monetarias, que deberá ser como mínimo o 50 % da achega da empresa/s, será destinado integramente polo organismo de investigación ao financiamento en exclusiva das actividades da unidade mixta e non computará para os efectos da achega do organismo de investigación.

c) A participación do organismo de investigación no orzamento da unidade mixta debe ser, como mínimo, dun 10 %. Tendo en conta que o organismo de investigación será o único perceptor da axuda da Axencia Galega de Innovación, tal e como se especifica no artigo 4 desta convocatoria, a porcentaxe de participación do organismo de investigación no orzamento da unidade mixta calcularase descontando da achega total do organismo de investigación a subvención que este reciba de Gain.

d) Estes requisitos mínimos serán de imprescindible cumprimento no momento da resolución de concesión. No caso de que no momento da finalización da duración da unidade mixta de investigación se comprobe algunha desviación nestes requisitos e sempre que se respecten, como mínimo, os límites sinalados na táboa que segue, a Axencia Galega de Innovación poderá resolver a viabilidade da unidade mixta, despois de estudar as circunstancias que orixinaron o incumprimento destes requisitos mínimos, sempre que un informe técnico avale o correcto desenvolvemento das actuacións previstas e a consecución dos fins para os que se concedeu a subvención.

Importes mínimos

Orzamento da unidade mixta

Como mínimo, o 60 % do orzamento inicial concedido

Participación da/s empresa/s

45 % do orzamento total da unidade mixta

Mínimo 50 % en achega monetaria

Participación do organismo de investigación

10 % do orzamento total da unidade mixta

Non obstante, aplicaranse a estes supostos as penalizacións e previsións contidas no artigo 33 (graduación dos incumprimentos).

2. Só se financiarán as actividades das unidades mixtas de investigación desenvolvidas na Comunidade Autónoma galega, sen prexuízo de que as subcontratacións, asistencias técnicas ou colaboracións externas poidan encomendarse a entidades que operen fóra do territorio galego.

Artigo 6. Conceptos subvencionables

1. Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento das actuacións da unidade mixta de investigación para as que foron concedidos. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

2. Para a anualidade 2022, só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre a data de sinatura do acordo regulador da unidade mixta de investigación (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude) e a data límite de execución establecida no artigo 26 desta resolución. Para o resto de anualidades, admitiranse os gastos realizados dentro do período comprendido entre a data límite de execución da anualidade anterior e a data límite de execución da anualidade corrente, tal e como se establece no artigo 26 desta resolución.

Exceptúanse desta regra xeral aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por se axustaren aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes seguinte a aquel en que ao beneficiario lle corresponda liquidar eses gastos.

3. Os custos subvencionables desagregaranse nas seguintes partidas:

a) Custos directos: son aqueles que están directa e inequivocamente relacionados coa execución da actividade subvencionada e cuxo nexo con esta actividade se pode demostrar. Consideraranse custos directos subvencionables os seguintes:

1. Custos de persoal:

a) Poderanse subvencionar os custos de persoal propio do organismo de investigación ou da empresa, así como os gastos de persoal de nova contratación que se incorpore ás entidades para realizar as actuacións para as cales se solicita a axuda (persoal investigador, técnicos e persoal auxiliar que realice actividades de investigación), no tempo imputado exclusivamente para o seu desenvolvemento. Cando esta imputación non sexa do 100 %, na memoria técnica que se achega coa solicitude deberán xustificarse os motivos da porcentaxe de imputación do tempo dedicado á unidade mixta. Non será sexa suficiente unha xustificación xenérica que non permita valorar a adecuación, pertinencia e verificabilidade do tempo imputado.

b) Serán subvencionables os custos de persoal propio do organismo de investigación e da empresa dedicado ás actividades da unidade mixta de investigación, unicamente cando este persoal desempeñe as citadas actividades nas dependencias da unidade e teña, para cada período de xustificación previsto nesta convocatoria, as seguintes dedicacións medias mínimas:

Persoal propio-Dedicacións medias mínimas

Modalidades de axuda

Organismo de investigación

Empresa

Mod. A (IN853A)

50 %

25 %

Mod. B (IN853B)

50 %

25 %

Mod. C (IN853C)

50 %

50 %

Para a modalidade C –centros mixtos de investigación– unicamente será subvencionable o persoal propio da empresa que estea dado de alta nun centro de traballo da empresa na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Serán subvencionables os custos de persoal de nova contratación que se incorpore ao organismo de investigación ou á empresa para a realización das actividades da unidade mixta de investigación, unicamente cando este persoal desempeñe as citadas actividades nas dependencias da unidade e teña, para cada período de xustificación previsto nesta convocatoria, as seguintes dedicacións medias mínimas:

Persoal de nova contratación-Dedicacións medias mínimas

Modalidades de axuda

Organismo de investigación

Empresa

Mod. A (IN853A)

100 %

50 %

Mod. B (IN853B)

100 %

50 %

Mod. C (IN853C)

100 %

100 %

É requisito deste novo persoal que no momento da contratación non teña vinculación laboral co organismo de investigación e non a teña nin a tivese coa/s empresa/s integrante/s da unidade mixta nos 6 meses anteriores á formalización do contrato.

Para a modalidade C –centros mixtos de investigación– unicamente será subvencionable o persoal de nova contratación da empresa que estea dado de alta nun centro de traballo da empresa na Comunidade Autónoma de Galicia.

d) No caso das modalidades B e C, tamén serán subvencionables os custos de persoal que correspondan ao mantemento do novo persoal contratado nas fases de creación e posta en marcha e consolidación, respectivamente. A este persoal seranlle de aplicación as dedicacións medias mínimas ás actividades da unidade mixta de investigación indicadas na alínea c) deste artigo.

Así mesmo, para a modalidade C –centros mixtos de investigación– unicamente será subvencionable o mantemento do persoal de nova contratación da empresa que estea dado de alta nun centro de traballo da empresa na Comunidade Autónoma de Galicia.

h) Só serán subvencionables aqueles gastos de persoal relacionados con actividades que a entidade non levaría a cabo se non se realizasen as actuacións subvencionadas. Consideraranse custos de persoal subvencionables os custos brutos de emprego do persoal beneficiario. Estes gastos inclúen:

– Os soldos e salarios fixados nun contrato de traballo, nunha decisión de nomeamento (acordo laboral) ou na lei, que teñan relación coas responsabilidades especificadas na descrición do posto de traballo correspondente.

– Outros gastos soportados directamente polo empregador como cotizacións sociais, achegas a plans de pensións, así como outras prestacións en favor dos traballadores que sexan obrigatorias en virtude de lei ou convenio ou habituais atendendo aos usos do sector e sempre que non sexan recuperables.

e) Non se considerarán subvencionables:

– No caso dos organismos públicos de investigación, das universidades públicas ou, en xeral, dos organismos públicos con orzamentos consolidables, non se subvencionarán os custos do persoal que xa estean cubertos polas dotacións previstas na Lei de orzamentos xerais do Estado ou nas leis de orzamentos da Comunidade Autónoma.

– Os conceptos incluídos na retribución bruta polo traballador que non garden relación coa actividade subvencionada.

– Os custos de viaxe, indemnizacións ou axudas de custo non teñen natureza de gastos de persoal.

– Os custos de persoal administrativo relacionados con tarefas de xestión da unidade mixta de investigación.

– No caso dos centros mixtos de investigación (procedemento IN853C), os gastos relacionados con aquel persoal traballador da empresa que non estea dado de alta nun centro de traballo da empresa na Comunidade Autónoma de Galicia

– As contratacións de bolseiros/as

– As contratacións en grupos de cotización inferiores aos correspondentes ás titulacións/categorías profesionais que son as establecidas pola Seguridade Social ao regular as bases de cotización por continxencias comúns indicadas na seguinte táboa:

Grupo de cotización

Titulación/categoría profesional

1

Enxeñeiros/licenciados/persoal de alta dirección

2

Enxeñeiros técnicos, peritos e axudantes titulados/diplomados

3

Xefes administrativos e de taller (técnicos especialistas)

4

Axudantes non titulados

5

Oficiais administrativos

6

Subalternos

7

Auxiliares administrativos

8

Oficiais de primeira e segunda

9

Resto de oficiais

10

Peóns

11

Traballadores menores de 18 anos

f) Calquera modificación no cadro de persoal asignado á unidade mixta deberá ser motivada e xustificada e para a súa realización será necesario obter a autorización previa da Axencia Galega de Innovación. Só se admitirán os cambios dunha persoa por outra con idéntica titulación ou cunha titulación susceptible de poder desempeñar idénticas funcións.

2. Custos de equipamento técnico e material instrumental de nova adquisición:

Serán subvencionables os custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición, na medida e durante o período en que se utilicen para as actividades de investigación da unidade mixta.

Se o equipamento e material instrumental se dedica exclusivamente ás actividades da unidade mixta e a súa vida útil se esgota ao termo do seu período de execución, considerarase como gasto subvencionable o custo de adquisición. Deberá xustificarse na solicitude a vida útil deste equipamento ou material instrumental.

Se o equipamento e material non se utilizan exclusivamente para as actividades da unidade mixta, por exceder a súa vida útil a duración destas, só serán imputables os custos de amortización que correspondan á duración das actividades da unidade mixta, calculados sobre a base das boas prácticas contables. Para que este custo sexa considerado subvencionable, deberá detallarse na memoria da solicitude o procedemento de cálculo seguido para calcular os custos de amortización, tendo en conta o tempo concreto de imputación ás actividades da unidade mixta.

Dentro desta epígrafe considerarase:

– A instalación do equipamento sempre e cando sexa estritamente necesaria para a súa posta en funcionamento.

– As licenzas e renovacións de licenzas de software se son de uso específico para as actividades de I+D+i da unidade mixta e non de uso xeral.

Nesta epígrafe non se considerarán os seguintes gastos:

– Instalacións de edificios (electricidade, climatización, redes de telecomunicacións...) e as que non sexan estritamente necesarias para o funcionamento de equipamento científico e técnico.

– Equipamento para espazos ou usos alleos ás actividades de I+D da unidade mixta, como zonas de administración ou xestión, salas de reunións, despachos, mobiliario de oficina...

– Licenzas de software xeral.

3. Servizos tecnolóxicos externos:

Consideraranse servizos tecnolóxicos externos aquelas actividades distintas á investigación prestadas por terceiros de forma puntual, tales como análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias, consultorías, asistencias técnicas e servizos equivalentes. Se a actividade que se vaia realizar forma parte da propia investigación, deberá ser considerada como subcontratación.

Os servizos tecnolóxicos externos deberán ser necesarios para o desenvolvemento das actividades da unidade mixta de investigación e estar debidamente xustificados na memoria técnica da solicitude.

4. Materiais, subministracións e produtos similares:

Poderanse imputar os gastos de materiais directamente destinados ás actividades de I+D+i da unidade mixta de investigación. Os gastos de material de oficina e consumibles informáticos non se financiarán neste concepto pois considéranse incluídos dentro da porcentaxe de custos indirectos.

5. Subcontratacións:

Consideraranse subcontratacións as actuacións contratadas a terceiros que supoñan a execución dunha parte da actividade investigadora que constitúe o obxecto da subvención.

As entidades subcontratadas non poderán estar vinculadas cos integrantes da unidade mixta agás as excepcións recollidas no artigo 8 desta convocatoria.

As subcontratacións non poderán superar o 50 % da actividade subvencionada e deberán estar debidamente pormenorizadas e xustificadas na memoria técnica da solicitude e estarán sometidas ao cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 8 desta convocatoria.

Non se subvencionarán aquelas subcontratacións en que non se motive con precisión o obxecto, alcance e necesidade delas para a realización das actividades da unidade mixta de investigación. En ningún caso poderán subcontratarse actividades que, aumentando o custo da actividade subvencionada, non acheguen valor engadido ao seu contido.

En todo caso, as subcontratacións quedarán suxeitas á verificación técnica no momento de comprobar o desenvolvemento das actividades de unidade mixta.

6. Actuacións de promoción e difusión dos resultados da unidade mixta de investigación:

Estes gastos poderán ser imputados co límite máximo do 2 % do orzamento. Nesta epígrafe englóbanse, entre outros, os seguintes tipos de gasto: difusión e publicidade, preparación de material de difusión, alugamento de salas e organización de conferencias, eventos, congresos e seminarios. Estas actuacións deberán estar exclusiva e unicamente dirixidas á difusión dos resultados da unidade mixta.

7. Custos de viaxe e aloxamento:

Serán subvencionables os custos de viaxe e aloxamento que se precisen para o desenvolvemento das actividades de investigación da unidade mixta e exclusivamente para o persoal adscrito a elas. Estes gastos poderán ser imputados co límite máximo do 5 % do orzamento. Esta epígrafe abranguerá unicamente: gastos de viaxe (por exemplo billetes, quilometraxe do vehículo, peaxes e gastos de aparcadoiro), custos de comida e custos de aloxamento, nas contías máximas sinaladas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razóns de servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia (actualizado pola Resolución do 29 de decembro de 2005; DOG núm. 250, do 30 de decembro) para un grupo I.

8. Formación:

Serán subvencionables os custos de formación do persoal adscrito á unidade mixta de investigación en temáticas relacionadas coas súas liñas de investigación (inscrición, matrícula, custos do persoal ou entidade docente no caso de formación específica contratada polas entidades integrantes da unidade mixta...). Non se admitirán as axudas de custo e desprazamento neste punto.

b) Custos indirectos: son aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente coa execución da actividade subvencionada por ter carácter estrutural, pero resultan necesarios para a súa realización, nos cales se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), gastos de supervisión e control de calidade, subministracións (tales como auga, electricidade, calefacción, teléfono), seguros, seguridade ou gastos de limpeza. O custo subvencionable por este concepto será o importe resultante de aplicar unha porcentaxe de ata o 15 % aos custos de persoal imputados ás actividades e dependencias da unidade mixta.

4. En ningún caso se considerarán gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos sobre a renda, de conformidade co artigo 29.9 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

No suposto de que o importe do IVE non sexa recuperable, poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso deberase presentar un certificado relativo á situación da entidade con respecto ao IVE.

Artigo 7. Ofertas

De acordo co establecido no artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o importe do gasto subvencionable, no caso de adquisición de bens de equipamentos e contratación de servizos ou subministracións e materiais, iguale ou supere os 15.000 euros, o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren. Estas excepcións deberán xustificarse. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

No caso de que as entidades beneficiarias estean suxeitas á Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, deberán respectar, no que proceda, a citada normativa nos procedementos de contratación pública.

Artigo 8. Subcontratacións

1. As entidades beneficiarias das axudas poderán subcontratar as actividades subvencionadas ata unha porcentaxe máxima do 50 % do orzamento subvencionable, respectando para iso o establecido nos artigos 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e 43 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da citada lei e no artigo 7 desta convocatoria. A subcontatación deberá estar debidamente xustificada e motivada na memoria técnica da solicitude.

2. Considéranse subcontratacións as actuacións contratadas a terceiros que supoñan a execución total ou parcial da actividade investigadora que constitúe o obxecto da subvención e que non poden ser realizadas polos beneficiarios, concepto que haberá que xustificar e motivar na memoria técnica da unidade mixta. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización por si mesmo da actividade subvencionada. As tarefas subcontratadas non poderán ser realizadas polos beneficiarios cos seus propios medios, tanto humanos como materiais.

3. Non se poderá subcontratar entre as entidades integrantes da unidade mixta de investigación.

4. Conforme o establecido no artigo 27.3 da citada Lei 9/2007, que establece que cando a actividade concertada con terceiros exceda o 20 % do importe da actividade subvencionada e o dito importe sexa superior a 60.000 euros, a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o contrato se subscriba por escrito.

b) Que a súa subscrición a autorice previamente a Axencia Galega de Innovación.

Non poderá fraccionarse un contrato co obxecto de diminuír a súa contía e eludir o cumprimento dos requisitos exixidos no parágrafo anterior.

5. En ningún caso as entidades beneficiarias poderán subcontratar con:

a) Persoas ou entidades incursas nalgunhas das prohibicións que se recollen no artigo 10 da Lei 9/2007.

b) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto da contratación.

c) Intermediarios ou asesores en que os pagamentos se definan como unha porcentaxe do custo total da operación, agás que o dito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.

d) Persoas ou entidades solicitantes de axuda na mesma convocatoria que non obtivesen subvención por non reuniren os requisitos ou non alcanzaren a valoración suficiente.

e) Persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias detalladas no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, sen prexuízo da excepción regulada no parágrafo seguinte en relación coas entidades vinculadas.

Excepcionalmente, en aplicación do artigo 27.7 da Lei de subvencións de Galicia, a Axencia Galega de Innovación poderá autorizar a subcontratación de entidades vinculadas cos beneficiarios cando sexa imprescindible para a execución das actividades do proxecto e sempre que se realice de acordo coas condicións normais de mercado. Estas condicións deberán ser xustificadas mediante unha memoria explicativa.

En todo caso, de acordo co artigo 43.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, Gain poderá comprobar, dentro do período de prescrición, o custo, así como o valor de mercado das actividades subcontratadas.

No caso de que as entidades beneficiarias estean suxeitas á Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, deberán respectar, no que proceda, a citada normativa nos procedementos de contratación pública.

Artigo 9. Forma, lugar e presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. O organismo de investigación, como representante da unidade mixta, presentará unha única solicitude e a información contida nos anexos que se indican:

Formularios normalizados (dispoñibles en https://sede.xunta.gal)

IN853A

Anexos I, II, VI e VII

IN853B

Anexos III, IV, VI e VII

IN853C

Anexos V, IV, VI e VII

3. Nos formularios de solicitude IN853A (anexo I), IN853B (anexo III), IN853C (anexo V) e tamén no anexo VI inclúense as seguintes declaracións responsables, relativas a cada un dos membros integrantes da unidade mixta:

1. Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2. Declaración responsable de que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos e que acepta as condicións e obrigas do Programa de unidades mixtas de investigación recollidas nesta resolución.

3. Declaración responsable de non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

4. Declaración responsable de non estar incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas prevista nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas na devandita declaración no momento en que se produza.

5. Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

6. Declaración responsable de non estar suxeito a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal ou incompatible co mercado común.

7. Declaración responsable de que a solicitude de axuda é anterior ao comezo das actividades para as que se solicita (efecto incentivador).

8. Declaración responsable de que ten a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir cos obxectivos da unidade mixta para a que se solicita a axuda.

9. Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades que ten asignadas no plan de traballo da unidade mixta de investigación para o que solicita a axuda.

10. Declaración responsable de que as dependencias da unidade mixta de investigación estarán en Galicia, perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas das entidades que nela participan.

11. Declaración responsable de que non pode ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión. Non obstante, a Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

12. Declaración responsable de que, se é o caso, non vai realizar ningunha utilización comercial posterior do prototipo ou proxecto piloto incluído na proposta.

13. Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes aos investimentos realizados ao abeiro da convocatoria, e conservará a documentación xustificativa relativa aos gastos financiados durante un prazo de cinco anos.

14. Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal ou autonómica de aplicación.

4. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

5. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

Artigo 10. Documentación complementaria

1. Deberá achegarse xunto coas solicitudes a seguinte documentación complementaria.

a) Declaración responsable de cada un dos membros integrantes da unidade mixta (anexo VI).

b) Declaración responsable da categoría de empresa, peme ou grande empresa (anexo VII). Non obstante, a Axencia Galega de Innovación poderá utilizar os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

c) Para a modalidade A (IN853A):

– Memoria técnica da creación e posta en marcha da unidade mixta de investigación (anexo II), na cal se recollerá toda a información, tanto de carácter científico-técnico como económica do proxecto. Con independencia da información recollida neste anexo, poderase incluír información e documentación complementaria.

– Declaración asinada polas entidades participantes en que manifestan a súa intención de constituír unha unidade mixta de investigación atendendo aos requisitos desta convocatoria e ao contido da memoria técnica indicada no punto anterior. Coa sinatura desta declaración as partes manifestan a súa conformidade coa presentación da solicitude de axuda ao abeiro da presente convocatoria polo organismo de investigación como entidade representante da unidade mixta.

d) Para a modalidade B (IN853B):

– Memoria técnica da consolidación da unidade mixta de investigación (anexo IV), na cal se recollerá toda a información, tanto de carácter científico-técnico como económica do proxecto. Con independencia da información recollida neste anexo, poderase incluír información e documentación complementaria.

– Declaración asinada polos integrantes da unidade mixta de investigación en que manifestan a súa intención de consolidar a unidade mixta de investigación atendendo aos requisitos desta convocatoria e ao contido da memoria técnica indicada no punto anterior, acompañada dunha copia do acordo de constitución da unidade mixta. Coa sinatura desta declaración as partes manifestan a súa conformidade coa presentación da solicitude de axuda ao abeiro da presente convocatoria polo organismo de investigación como entidade representante da unidade mixta.

e) Para a modalidade C (IN853C):

– Memoria técnica do centro mixto de investigación (anexo IV), na cal se recollerá toda a información, tanto de carácter científico-técnico como económica do proxecto. Con independencia da información recollida neste anexo, poderase incluír información e documentación complementaria.

– Declaración asinada polos integrantes da unidade mixta de investigación en que manifestan a súa intención de establecer un centro mixto de investigación atendendo aos requisitos desta convocatoria e ao contido da memoria técnica indicada no punto anterior, acompañada dunha copia do acordo de consolidación da unidade mixta de investigación. Coa sinatura desta declaración as partes manifestan a súa conformidade coa presentación da solicitude de axuda ao abeiro da presente convocatoria polo organismo de investigación como entidade representante da unidade mixta.

– De ser o caso, declaración da empresa/s de establecer un centro de traballo en Galicia antes de iniciar as actividades do centro mixto de investigación.

2. Os anexos II, IV, VI e VII estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, de non se poderen obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Comprobación de datos

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que as persoas interesadas se opoñan á súa consulta:

– Certificados de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social, das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. Non obstante, aquelas entidades comprendidas no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que desenvolve a Lei de subvencións de Galicia, poderán presentar unha declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

5. No caso de que o solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.

6. A Axencia Galega de Innovación realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que os beneficiarios non incorren en ningunha das circunstancias enumeradas no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión, para considerar unha empresa en crise.

Artigo 12. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector publico autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora e do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 14. Información aos interesados

1. Sobre as diferentes modalidades de axuda desta convocatoria poderase obter información adicional na Axencia Galega de Innovación, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal, na súa epígrafe de axudas.

b) Nos teléfonos 981 54 10 96 e 881 99 96 33 da Axencia.

c) No enderezo electrónico xestion.gain@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na Guía de procedementos e servizos administrativos, no enderezo http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre estes procedementos, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións.

4. Por outra banda, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitiranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 15. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para que aquela cumpra obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 16. Instrución do procedemento e tramitación

1. A Área de Xestión será a competente para a instrución do procedemento de concesión das subvencións e será competencia da Dirección da Axencia Galega de Innovación ditar as resolucións de outorgamento das ditas axudas.

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, ou non se lle xunta a documentación exixida, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, se considerará que desiste na súa petición, logo da correspondente resolución. Non se considerará enmendable a falta de presentación ou a presentación fóra de prazo da solicitude de axuda e/ou memoria técnica do proxecto.

A documentación requirida presentarase electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015.

3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse o solicitante para que forneza cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento e para o seguimento e avaliación da RIS3 en que se enmarcan estas axudas.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán avaliados por expertos e remitidos á Comisión de Selección.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, en que se indicarán as causas desta.

6. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.

Artigo 17. Comisión de Selección

1. A Comisión de Selección será o órgano colexiado encargado de seleccionar as solicitudes e estará composta por:

(a) Un/unha director/a de área da Axencia Galega de Innovación, ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente.

(b) Un/unha funcionario/a da Axencia Galega de Innovación, que actuará como secretario.

(c) Tres vogais designados pola directora da Axencia Galega de Innovación.

2. A Comisión realizará a selección de acordo co informe de avaliación realizado para cada solicitude, conforme os criterios de valoración establecidos no artigo seguinte.

Proporase a concesión das solicitudes por orde decrecente de valoración ata esgotar os créditos dispoñibles, e quedarán, de ser o caso, como suplentes aquelas para as cales non se dispón de crédito suficiente, pero que acadaron unha puntuación igual ou superior á puntuación mínima requirida (60 puntos).

3. A Comisión de Selección emitirá un informe final no cal figurarán, de xeito individualizado, as solicitudes propostas para obter a subvención, con especificación da avaliación que lles corresponde. Así mesmo, indicarase o importe do custo subvencionable e da subvención para cada un deles sen superar o crédito dispoñible e tendo en conta a intensidade de axuda prevista no artigo 19 desta convocatoria.

Artigo 18. Criterios de valoración e selección

1. A valoración de cada solicitude que reúna os requisitos exixidos nesta convocatoria realizarase sobre un total de 100 puntos, que se outorgarán segundo os seguintes criterios de valoración:

1.1. Modalidade A. Creación e posta en marcha de novas unidades mixtas de investigación (IN853A):

A) Calidade científico-técnica da unidade mixta (máximo 38 puntos):

A.1) Obxectivos. Valorarase a calidade, contido e orixinalidade na formulación dos obxectivos. Estes obxectivos deberanse definir de maneira clara e concisa. A descrición da finalidade da unidade mixta deberá ser obxectiva e concreta (máximo 12 puntos).

A.2) Planificación. Valorarase o nivel de excelencia do plan de traballo para a consecución dos obxectivos da proposta e o seguimento do seu avance (máximo 8 puntos).

a) Descrición das fases e actividades (máximo 4 puntos). Deberanse indicar claramente os fitos e os entregables que se producirán durante o desenvolvemento das actividades da unidade mixta.

b) Dirección e coordinación dos traballos (máximo 2 puntos).

c) Cronograma (máximo 2 puntos). Ademais das fases e actividades, deberanse indicar os fitos e os entregables que se van acadar.

A.3) Grao de innovación das liñas de investigación/innovación (máximo 10 puntos).

a) Xustificación do carácter innovador dos obxectivos (máximo 5 puntos).

b) Novidades ou melloras substanciais respecto ao estado actual da arte (máximo 5 puntos).

A.4) Viabilidade das liñas de investigación/innovación (máximo 8 puntos).

a) Compatibilidade e coherencia cos obxectivos da unidade mixta (máximo 4 puntos).

b) Avaliación dos puntos críticos e factores de risco (máximo 4 puntos).

B) Consonancia e adecuación das áreas de investigación da unidade mixta aos retos estratéxicos da RIS3 Galicia. Grao de aliñamento coas liñas prioritarias destes retos (máximo 5 puntos).

C) Avaliación dos integrantes da unidade mixta: capacidade técnica, antecedentes, complementariedade, colaboracións (máximo 19 puntos).

C.1) Antecedentes e experiencia nas liñas de investigación/innovación das entidades participantes da unidade mixta (máximo 5 puntos).

C.2) Complementariedade científico-técnica das entidades participantes para o desenvolvemento dos obxectivos da unidade mixta (máximo 5 puntos).

C.3) Capacidade técnica das entidades participantes nas liñas de investigación da unidade mixta/valoración da calidade e traxectoria científico-técnica do equipo humano integrante da unidade mixta (máximo 5 puntos).

C.4) Colaboración científico-técnica da unidade mixta con pemes, no desenvolvemento das actividades da unidade a través da sinatura do correspondente acordo de colaboración mediante a modalidade de subcontratación. Valorarase con 1 punto por cada 25.000 euros subcontratados, ata un máximo de 4 puntos.

Para acadar a dita puntuación as actividades subvencionadas deberán cumprir cos requisitos indicados nestas bases reguladoras. O solicitante deberá incluír na memoria técnica, por cada unha destas colaboracións, unha descrición detallada e pormenorizada do obxecto, alcance e necesidade destas actividades dentro da unidade mixta.

D) Definición e presentación de proxectos no Programa marco de investigación e innovación da UE e outros programas internacionais (máximo 10 puntos).

D.1) Capacidade da unidade mixta para presentar proxectos no Programa marco de investigación e innovación da UE e outros programas internacionais. Valorarase a experiencia dos integrantes da unidade mixta na elaboración de propostas neste tipo de convocatorias (máximo 5 puntos)

D.2) Resultados obtidos con éxito nos últimos 5 anos. Valorarase cun punto cada proxecto concedido neste tipo de programas ata un máximo de 5 puntos. Deberase achegar documentación acreditativa do proxecto concedido, ademais de indicar de forma tabulada o título do proxecto, o programa específico e o ano de concesión. De omitir algún punto desta información, o resultado con éxito non será tido en conta.

E) Desenvolvemento de novas tecnoloxías e impacto tecnolóxico (máximo 16 puntos).

E.1) Efecto tractor sobre a cadea de valor. Valorarase a capacidade de arrastre da unidade mixta no seu ámbito (máximo 8 puntos).

E.2) Impacto científico-tecnolóxico dos resultados previstos sobre o sector de actividade da unidade mixta (máximo 8 puntos).

F) Impacto socioeconómico da unidade mixta (máximo 12 puntos).

F.1) Interese socioeconómico da unidade mixta atendendo ao estado actual da arte (máximo 4 puntos).

F.2). Xeración de emprego. Valorarase con 1 punto cada emprego xerado ata un máximo de 4 puntos.

F.3) Igualdade de xénero. Participación equilibrada de mulleres no equipo humano do proxecto. Se a porcentaxe de mulleres dentro do equipo é igual ou superior ao 50 %: 2 puntos.

F.4) Pola súa vez, Gain, no compromiso coa investigación e innovación responsable (IIR) e en consonancia coa Axenda 2030,a través desta actuación impulsa no ecosistema galego a adopción de medidas que axuden a garantir e incrementar o impacto social das actividades de I+D+i. Na práctica, a IIR impleméntase como un conxunto de medidas que inclúen e facilitan a participación de múltiples axentes e das persoas na investigación e na innovación, permitindo un acceso máis sinxelo aos seus resultados, a incorporación do xénero e da ética no contido e no proceso de I+D+i, e na educación científica formal e informal.

Neste senso, outorgarase ata un máximo de 2 puntos pola adecuación argumentada do aliñamento dos obxectivos da unidade mixta de investigación a algún dos seguintes criterios:

(1) A I+D realizada axudará a mellorar a calidade de vida e a saúde dos cidadáns.

(2) A I+D realizada terá un impacto positivo na conservación ambiental e/ou dará lugar a unha relación máis sustentable entre a sociedade, a industria e o ambiente.

(3) A I+D realizada axudará a aumentar o coñecemento, a concienciación e a comprensión da ciencia, da enxeñaría e da tecnoloxía entre a sociedade en xeral.

(4) A I+D realizada axudará a mellorar a reputación internacional da rexión.

(5) A I+D realizada cumpre cos criterios éticos da investigación.

Para que unha solicitude poida ser financiada, deberá ter unha nota final igual ou superior aos 60 puntos.

1.2. Modalidade B. Consolidación unidades mixtas de investigación (IN853B):

A) Calidade científico-técnica da unidade mixta (máximo 40 puntos):

A.1) Obxectivos. Valoraranse a calidade, o contido e a orixinalidade na formulación dos obxectivos das liñas de investigación/innovación, que deberán ser a continuidade, ampliación e evolución das definidas no momento de creación da unidade. Estes obxectivos deberanse definir de maneira clara e concisa baseándose nos resultados e evolución das liñas de investigación no período anterior (máximo 12 puntos).

A.2) Planificación. Valorarase o nivel de excelencia do plan de traballo para a consecución dos obxectivos da proposta e o seguimento do seu avance (máximo 9 puntos).

a) Descrición das fases e actividades (máximo 5 puntos). Deberanse indicar claramente os fitos e os entregables que se producirán durante o desenvolvemento das actividades da unidade mixta.

b) Dirección e coordinación dos traballos (máximo 2 puntos).

c) Cronograma (máximo 2 puntos). Ademais das fases e actividades, deberanse indicar os fitos e os entregables que se van acadar.

A.3) Grao de innovación das liñas de investigación/innovación (máximo 10 puntos)

a) Xustificación do carácter innovador dos obxectivos (máximo 5 puntos).

b) Novidades ou melloras substanciais respecto ao estado actual da arte (máximo 5 puntos).

A.4) Viabilidade das liñas de investigación/innovación (máximo 9 puntos).

a) Compatibilidade e coherencia cos obxectivos da unidade mixta (máximo 5 puntos).

b) Avaliación dos puntos críticos e factores de risco (máximo 4 puntos).

B) Resultados acadados na etapa de creación e posta en marcha da unidade mixta (máximo 15 puntos):

B.1) Propostas aprobadas no Programa marco de investigación e innovación da UE ou noutros programas internacionais froito do traballo realizado na etapa de creación e posta en marcha da unidade mixta. Valorarase cun punto cada proxecto concedido neste tipo de programas ata un máximo de 6 puntos.

B.2) Invencións xeradas no período de creación e posta en marcha da unidade mixta. Valorarase con 2 puntos cada solicitude para o rexistro ante organismos oficiais de invencións realizadas ata un máximo de 4 puntos.

B.3) Impacto científico e tecnolóxico dos resultados. Valorarase a repercusión dos resultados nos procesos e produtos nas entidades participantes da unidade mixta e no sector da actividade da unidade mixta (máximo 5 puntos).

C) Internacionalización dos resultados. Valorarase o plan e o grao de internacionalización dos resultados previstos, e o impacto na capacidade de liderado internacional do equipo de investigación nas liñas de investigación (máximo 6 puntos).

D) Detección de oportunidades de negocio nos resultados previstos nas liñas de investigación/innovación e comercialización dos resultados (máximo 15 puntos). Nesta epígrafe valoraranse as seguintes cuestións:

D.1) O potencial e as capacidades para poñer en marcha as oportunidades detectadas, a competencia e os atributos diferenciadores, a análise das barreiras de entrada e a dispoñibilidade de recursos (máximo 7 puntos).

D.2) Plan de negocio e comercialización dos resultados previstos nas liñas de investigación/innovación (máximo 8 puntos).

E) Repercusión dos resultados previstos na etapa de consolidación nos procesos e produtos a nivel individual e no sector da actividade da unidade mixta. Capacidade de arrastre da unidade mixta no seu ámbito (máximo 10 puntos).

F) Colaboración científico-técnica da unidade mixta con pemes, no desenvolvemento das actividades da unidade a través da sinatura do correspondente acordo de colaboración mediante a modalidade de subcontratación. Valorarase con 1 punto por cada 25.000 euros subcontratados ata un máximo de 4 puntos.

Para acadar a dita puntuación as actividades subvencionadas deberán cumprir cos requisitos indicados nestas bases reguladoras. O solicitante deberá incluír na memoria técnica, por cada unha destas colaboracións, unha descrición detallada e pormenorizada do obxecto, alcance e necesidade destas actividades dentro da unidade mixta.

G) Xeración de emprego (máximo 6 puntos). Valorarase con 2 puntos cada emprego xerado novo nesta etapa de consolidación, tomando como base o número de empregos xerados na etapa anterior de creación e posta en marcha da unidade mixta.

H) Igualdade de xénero. Participación equilibrada de mulleres no equipo humano do proxecto. Se a porcentaxe de mulleres dentro do equipo é igual ou superior ao 50 %: 2 puntos.

I) Pola súa vez, Gain, no compromiso coa investigación e innovación responsable (IIR) e en consonancia coa Axenda 2030,a través desta actuación impulsa no ecosistema galego a adopción de medidas que axuden a garantir e incrementar o impacto social das actividades de I+D+i. Na práctica, a IIR impleméntase como un conxunto de medidas que inclúen e facilitan a participación de múltiples axentes e das persoas na investigación e na innovación, permitindo un acceso máis sinxelo aos seus resultados, a incorporación do xénero e da ética no contido e no proceso de I+D+i, e na educación científica formal e informal.

Neste senso, outorgarase ata un máximo de 2 puntos pola adecuación argumentada do aliñamento dos obxectivos da unidade mixta de investigación a algún dos seguintes criterios:

(1) A I+D realizada axudará a mellorar a calidade de vida e a saúde dos cidadáns.

(2) A I+D realizada terá un impacto positivo na conservación ambiental e/ou dará lugar a unha relación máis sustentable entre a sociedade, a industria e o ambiente.

(3) A I+D realizada axudará a aumentar o coñecemento, a concienciación e a comprensión da ciencia, da enxeñaría e da tecnoloxía entre a sociedade en xeral.

(4) A I+D realizada axudará a mellorar a reputación internacional da rexión.

(5) A I+D realizada cumpre cos criterios éticos da investigación.

Para que unha solicitude poida ser financiada, deberá ter unha nota final igual ou superior aos 60 puntos.

1.3. Modalidade C. Centros mixtos de investigación (IN853C):

A) Calidade científico-técnica da unidade mixta (máximo 40 puntos):

A.1) Obxectivos. Valoraranse a calidade, o contido e a orixinalidade na formulación dos obxectivos das liñas de investigación/innovación, que deberán ser a continuidade, ampliación e evolución das definidas para a fase de consolidación. Estes obxectivos deberanse definir de maneira clara e concisa baseándose nos resultados e evolución das liñas de investigación no período anterior (máximo 12 puntos).

A.2) Planificación. Valorarase o nivel de excelencia do plan de traballo para a consecución dos obxectivos da proposta e o seguimento do seu avance (máximo 9 puntos).

a) Descrición das fases e actividades (máximo 5 puntos). Deberanse indicar claramente os fitos e os entregables que se producirán durante o desenvolvemento das actividades da unidade mixta.

b) Dirección e coordinación dos traballos (máximo 2 puntos).

c) Cronograma (máximo 2 puntos). Ademais das fases e actividades, deberanse indicar os fitos e os entregables que se van acadar.

A.3) Grao de innovación das liñas de investigación/innovación (máximo 10 puntos)

a) Xustificación do carácter innovador dos obxectivos (máximo 5 puntos).

b) Novidades ou melloras substanciais respecto ao estado actual da arte (máximo 5 puntos).

A.4) Viabilidade das liñas de investigación/innovación (máximo 9 puntos).

a) Compatibilidade e coherencia cos obxectivos da unidade mixta (máximo 5 puntos).

b) Avaliación dos puntos críticos e factores de risco (máximo 4 puntos).

B) Resultados acadados na etapa de consolidación da unidade mixta (máximo 15 puntos):

B.1) Propostas aprobadas no Programa marco de investigación e innovación da UE ou noutros programas internacionais froito do traballo realizado na etapa de consolidación da unidade mixta. Valorarase cun punto cada proxecto concedido neste tipo de programas ata un máximo de 6 puntos.

B.2) Invencións xeradas no período de consolidación da unidade mixta. Valorarase con 2 puntos cada solicitude para o rexistro ante organismos oficiais de invencións realizadas, ata un máximo de 4 puntos.

B.3) Impacto científico e tecnolóxico dos resultados. Valorarase a repercusión dos resultados nos procesos e produtos nas entidades participantes da unidade mixta e no sector da actividade da unidade mixta (máximo 5 puntos).

C) Internacionalización dos resultados. Valoraranse o plan e o grao de internacionalización dos resultados previstos, e o impacto na capacidade de liderado internacional do equipo de investigación nas liñas de investigación (máximo 6 puntos).

D) Detección de oportunidades de negocio nos resultados previstos nas liñas de investigación/innovación e comercialización dos resultados (máximo 15 puntos). Nesta epígrafe valoraranse as seguintes cuestións:

D.1) O potencial e as capacidades para poñer en marcha as oportunidades detectadas, a competencia e os atributos diferenciadores, a análise das barreiras de entrada e a dispoñibilidade de recursos (máximo 7 puntos).

D.2) Plan de negocio e comercialización dos resultados previstos nas liñas de investigación/innovación (máximo 8 puntos).

E) Repercusión dos resultados previstos na etapa de centro mixto de investigación nos procesos e produtos a nivel individual e no sector da actividade da unidade mixta. Capacidade de arrastre da unidade mixta no seu ámbito (máximo 10 puntos).

F) Colaboración científico-técnica da unidade mixta con pemes, no desenvolvemento das actividades da unidade a través da sinatura do correspondente acordo de colaboración mediante a modalidade de subcontratación. Valorarase con 1 punto por cada 25.000 euros subcontratados, ata un máximo de 4 puntos.

Para acadar a dita puntuación as actividades subvencionadas deberán cumprir cos requisitos indicados nestas bases reguladoras. O solicitante deberá incluír na memoria técnica, por cada unha destas colaboracións, unha descrición detallada e pormenorizada do obxecto, alcance e necesidade destas actividades dentro da unidade mixta.

G) Xeración de emprego (máximo 6 puntos). Valorarase con 2 puntos cada emprego xerado novo nesta etapa de centro mixto, tomando como base o número de empregos xerados na etapa anterior de consolidación da unidade mixta.

H) Igualdade de xénero. Participación equilibrada de mulleres no equipo humano do proxecto. Se a porcentaxe de mulleres dentro do equipo é igual ou superior ao 50 %: 2 puntos.

I) Pola súa vez, Gain, no compromiso coa investigación e innovación responsable (IIR) e en consonancia coa Axenda 2030,a través desta actuación impulsa no ecosistema galego a adopción de medidas que axuden a garantir e incrementar o impacto social das actividades de I+D+i. Na práctica, a IIR impleméntase como un conxunto de medidas que inclúen e facilitan a participación de múltiples axentes e das persoas na investigación e na innovación, permitindo un acceso máis sinxelo aos seus resultados, a incorporación do xénero e da ética no contido e no proceso de I+D+i, e na educación científica formal e informal.

Neste senso, outorgarase ata un máximo de 2 puntos pola adecuación argumentada do aliñamento dos obxectivos da unidade mixta de investigación a algún dos seguintes criterios:

(1) A I+D realizada axudará a mellorar a calidade de vida e a saúde dos cidadáns.

(2) A I+D realizada terá un impacto positivo na conservación ambiental e/ou dará lugar a unha relación máis sustentable entre a sociedade, a industria e o ambiente.

(3) A I+D realizada axudará a aumentar o coñecemento, a concienciación e a comprensión da ciencia, da enxeñaría e da tecnoloxía entre a sociedade en xeral.

(4) A I+D realizada axudará a mellorar a reputación internacional da rexión.

(5) A I+D realizada cumpre cos criterios éticos da investigación.

Para que unha solicitude poida ser financiada, deberá ter unha nota final igual ou superior aos 60 puntos.

2. No caso de empate nas puntuacións, como criterio de desempate terán preferencia as propostas cunha maior puntuación na epígrafe A.1) Obxectivos. No caso de persistir o empate, terase en conta a puntuación obtida no criterio A.3) Grao de innovación das liñas de investigación/innovación.

Artigo 19. Intensidade das axudas e concorrencia

1. As axudas concederanse en forma de subvención, dentro dos límites de intensidade previstos no artigo 25 do Regulamento (UE) nº 651/2014; establécese unha intensidade de axuda de ata un 40 % do orzamento total da unidade mixta.

Intensidade máxima das axudas da Axencia Galega de Innovación

Pequena empresa

Mediana empresa

Grande empresa

Investigación industrial con colaboración efectiva entre unha empresa e un organismo de investigación

40 %

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre unha empresa e un organismo de investigación

2. A axuda da Axencia Galega de Innovación non superará o importe máximo de 3.000.000 de euros.

3. As axudas concedidas pola Axencia Galega de Innovación ao abeiro desta convocatoria serán compatibles coa percepción doutras axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade ou os mesmos recursos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, salvo que se superen as intensidades máximas de axuda establecidas no Regulamento (UE) nº 651/2014 que se indican na táboa seguinte ou que, de acordo coa súa normativa reguladora, fosen incompatibles.

Intensidades máximas-Regulamento (UE) nº 651/2014

Pequena empresa

Mediana empresa

Grande empresa

Investigación industrial con colaboración efectiva entre unha empresa e un organismo de investigación

80 %

75 %

65 %

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre unha empresa e un organismo de investigación

60 %

50 %

40 %

4. Son actividades subvencionables a investigación industrial e o desenvolvemento experimental, entendendo como tales as definicións incluídas no artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014 e que se recollen no artigo 2 da presente resolución.

Artigo 20. Audiencia

1. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución en cada unha das modalidades desta convocatoria, poñerase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 21. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor elevará a proposta de resolución e o informe emitido pola Comisión de Selección á directora da Axencia Galega de Innovación para ditar a resolución de concesión, que deberá estar debidamente motivada.

Na proposta de resolución figurarán de forma individualizada as solicitudes propostas para obteren a subvención e especificarase a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos nestas bases reguladoras. Indicarase, así mesmo, o importe da subvención para cada unha delas.

No expediente de concesión de subvencións tamén se fará constar o informe do órgano instrutor en que conste que da información que ten no seu poder se desprende que os beneficiarios cumpren os requisitos necesarios para accederen ás axudas.

2. Á vista da proposta formulada e segundo o que dispón o artigo 21.4 da Lei 9/2007, ao non seren tidos en conta outros feitos ou outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados, a directora da Axencia Galega de Innovación ditará as correspondentes resolucións definitivas de concesión ou denegación, que serán motivadas de acordo cos criterios de valoración establecidos.

3. As resolucións expresarán, cando menos:

– A denominación da unidade mixta e as entidades beneficiarias da axuda.

– O importe global da axuda concedida e o orzamento total da unidade mixta, así como a desagregación dos ditos importes por anualidades.

– A lista de solicitudes denegadas, xunto coa súa causa de denegación.

– A desestimación expresa do resto das solicitudes.

4. En todo caso, deberá notificarse a cada beneficiario (cada un dos integrantes da unidade mixta) un documento en que deberán figurar, como mínimo, a identificación do beneficiario, a contía da subvención e obrigas que correspondan, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse coa axuda, o plan financeiro e o calendario de execución. No caso de que a convocatoria se financie con fondos Feder do programa operativo Feder Galicia 2021-2027, os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección de operacións que debe conter o documento DECA polo que se establecen as condicións de axuda serán notificados aos interesados.

5. O prazo máximo para resolver as solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria será de cinco meses, contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. De non mediar resolución expresa no dito prazo mediante a publicación da correspondente resolución no Diario Oficial de Galicia, os solicitantes poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

6. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 45.1 desa lei, a notificación individual de concesión da axuda poderase substituír pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://gain.xunta.gal, con indicación da data da convocatoria, do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

7. No prazo máximo de 15 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da resolución de concesión, os beneficiarios, a través do organismo de investigación como representante da unidade de investigación, deberán achegar o acordo regulador da unidade mixta de investigación previsto no artigo 4 desta convocatoria, asinado polas entidades nela participantes. Transcorrido ese prazo, na falta de contestación, o beneficiario perderá o dereito a percibir a subvención e tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no regulamento do citado texto legal.

Artigo 22. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se publicará na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. A directora da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da dita norma.

Artigo 23. Réxime de recursos

1. Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

2. Contra as resolucións de reintegro, que poñen fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se o acto non for expreso, o solicitante e outros posibles interesados poderán interpor recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co previsto nesta resolución, se produzan os efectos do silencio administrativo. Todo isto segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 24. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e forma que se recollen nas resolucións de concesión, e deberase obter a autorización previa da Axencia Galega de Innovación para realizar cambios no proxecto.

2. Porén, cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión polo órgano concedente.

3. Tamén se poderá acordar a modificación da resolución de concesión por instancia do beneficiario, sempre que este presente a solicitude de modificación cunha anterioridade mínima de 15 días á data de finalización do prazo de xustificación desa anualidade e se cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada expresamente polo órgano concedente.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, os seus aspectos fundamentais ou que fosen determinantes para a concesión da axuda, a determinación do beneficiario, nin dane dereitos de terceiros.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non puideron preverse no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non poderían supor a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

4. Permitiranse, sen necesidade de autorización previa do órgano concedente, incrementos que non superen o 10 % dos conceptos subvencionables de axuda que figuren na resolución de concesión para cada un dos integrantes da unidade mixta de investigación, sempre que se compensen con diminucións doutros e que non se altere o importe total da anualidade e da axuda no seu conxunto. O beneficiario deberá acreditar debidamente o cambio na documentación de xustificación presentada.

5. A solicitude de modificación debe ser formulada o representante da unidade mixta e deberá motivar os cambios que se propoñen xustificando a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión.

Salvo naqueles supostos en que proceda a aplicación do establecido no artigo 59 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, non se admitirán cambios con data anterior á entrada en rexistro da solicitude de modificación.

6. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola directora da Axencia Galega de Innovación, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se lle dará audiencia ao interesado. A autorización de modificación deberá realizarse de forma expresa e notificaráselle ao interesado.

Artigo 25. Obrigas dos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, os beneficiarios das subvencións concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e a acreditalo ante o órgano concedente, así como ao cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na convocatoria e na resolución de concesión, e no documento en que se establecen as condicións de axuda.

b) Xustificar ante a Axencia Galega de Innovación, de acordo co previsto nestas bases e na normativa reguladora de subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinan a concesión e o desfrute da subvención.

c) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto de casos previstos na Lei 9/2007.

d) Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

e) No caso de que a convocatoria se financie con fondos Feder do programa operativo Feder Galicia 2021-2027, cumprir a normativa aplicable ao Feder, en particular o Regulamento (UE) 2021/1060 e o Regulamento 2021/1058, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento.

f) Someterse ás actuacións de comprobación e control que deba efectuar o órgano concedente, ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás comprobacións previstas no Regulamento (UE) 2021/160 no caso de que a convocatoria se financie con fondos Feder do programa operativo Feder Galicia 2021-2027 e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

g) Comunicarlle á Axencia Galega de Innovación a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

h) Desenvolver as actividades da unidade mixta na Comunidade Autónoma de Galicia.

i) Situar as dependencias da unidade mixta en Galicia, perfectamente delimitadas, identificadas e fisicamente diferenciadas das entidades que nela participan.

j) Presentar o acordo regulador da unidade mixta de investigación, no prazo máximo de 15 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación da correspondente resolución de concesión no Diario Oficial de Galicia.

k) Destinar os bens ao fin concreto para o que se concedeu a subvención, que non poderá ser inferior a cinco anos en caso de bens inscritibles nun rexistro público, nin a dous anos para o resto de bens. No caso de bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida. Isto debe ser obxecto de inscrición no rexistro público correspondente. Esta condición non impedirá a substitución de instalacións ou equipamentos que queden obsoletos, dentro do prazo indicado, debido á rápida evolución da tecnoloxía, sempre que a actividade económica se manteña en Galicia durante ese período.

l) Solicitarlle á Axencia Galega de Innovación autorización previa para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento das actuacións aprobadas. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento financiable suporá a non admisión das cantidades desviadas.

m) Dar publicidade ás axudas recibidas nos contratos de servizos, así como en calquera outro convenio ou contrato relacionado coa execución da actuación, incluída a subcontratación, e en axudas, publicacións, relatorios, equipamentos, material inventariable e actividades de difusión de resultados financiadas con elas, mencionando expresamente a súa orixe e o financiamento da Axencia Galega de Innovación. Deberá indicarse o cofinanciamento con fondos estruturais da Unión Europea, no caso de que a convocatoria se financie con fondos Feder do programa operativo Feder Galicia 2021-2027. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na páxina web da unidade mixta ou optativamente nas páxinas web de cada un dos integrantes da unidade e mantela actualizada. Na páxina web deberán figurar, como mínimo, os membros da unidade mixta, os obxectivos e os principais avances da unidade mixta de investigación, que deberán divulgarse ano a ano. Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da Axencia Galega de Innovación e a frase «subvencionado pola Axencia Galega de Innovación» e, de ser o caso, cofinanciado no marco do programa operativo Feder Galicia 2021-2027.

n) Realizar un evento de difusión ao comezo das actividades da unidade mixta, nun prazo máximo de 2 meses despois da data de concesión da subvención, para explicar os seus obxectivos, e outro no momento da súa finalización para expoñer os resultados acadados non suxeitos a confidencialidade. Este último realizarase, como máximo, 3 meses despois da finalización das actividades da unidade mixta. En ambos os eventos poñerase de manifesto o apoio da Axencia Galega de Innovación e, de ser o caso, o apoio do Feder. As datas de realización dos eventos deberán ser comunicados a Gain cunha antelación mínima de 10 días naturais.

o) No caso de que a convocatoria se financie con fondos Feder do programa operativo Feder Galicia 2021-2027, en relación coa publicidade do financiamento, cumprir co disposto no artigo 50 do Regulamento (UE) 2021/1060.

p) Colocar, nun lugar ben visible para o público como, por exemplo, á entrada das dependencias da unidade mixta, un cartel informativo, de tamaño mínimo A3. No cartel informativo figurarán, como mínimo, o nome da actividade subvencionada, o logotipo da Axencia Galega de Innovación e a frase «subvencionado pola Axencia Galega de Innovación».

q) No caso de persoal de nova contratación para a unidade mixta, farase mención expresa no contrato ao financiamento da Axencia Galega de Innovación, ao nome da unidade mixta de investigación e á presente convocatoria.

Para o resto de persoal dedicado ás actividades da unidade mixta, o beneficiario (todos os integrantes da unidade mixta) deberá comunicar por escrito ao traballador que parte do seu salario está a ser financiado pola Axencia Galega de Innovación e incluirá unha mención expresa ao nome da unidade mixta, á presente convocatoria e á porcentaxe de imputación do seu tempo ás actividades da unidade mixta.

r) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta resolución, e conservar a documentación xustificativa relativa a esta subvención durante un prazo de cinco anos (no caso de que a convocatoria estea cofinanciada con Feder do programa operativo 2021-2027 será de aplicación o disposto no artigo 82 do Regulamento (UE) 2021/1060).

s) Facilitar cantos datos resulten necesarios para a avaliación do Programa de unidades mixtas de investigación no marco da avaliación da RIS3 Galicia ou doutros instrumentos, en particular as enquisas do INE, relacionados coa medición da I+D+i. Tendo en conta que a localización da unidade mixta ten que ser Galicia, os datos asignados aos citados instrumentos de avaliación deberán estar rexistrados na Comunidade Autónoma de Galicia.

No marco do Plan de avaliación da RIS3 Galicia, desenvolverase un seguimento específico das axudas concedidas. Este seguimento estará baseado na recompilación de información acerca dos resultados económicos e científico-técnicos obtidos polas entidades beneficiarias, así como o seu nivel de satisfacción co apoio recibido. Para tales efectos, e por indicación da Axencia Galega de innovación, durante a execución e ao finalizar da axuda (ex-post), os beneficiarios deberán proporcionar información relativa a unha serie de indicadores, entre os que se incluirán indicadores xerais e específicos de I+D+i.

t) Asistir a unha xornada formativa impartida pola Axencia Galega de Innovación sobre as obrigas desta axuda e outros aspectos relacionados cos obxectivos da Axencia, para o cal serán convocados expresamente con antelación. Á dita xornada deberá acudir, como mínimo, unha persoa por cada unha das entidades participantes na unidade mixta de investigación.

u) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa aos beneficiarios na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.

v) Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiadas total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria, de ser o caso, poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, polos medios habilitados ao respecto.

Artigo 26. Xustificación da subvención

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda, o organismo de investigación, como representante da unidade mixta, deberá presentar electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención de todos os membros da unidade mixta, utilizando os formularios dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal

2. Prazos de xustificación.

2.1. Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados.

Emisión das facturas (realización de gastos)

Realización de pagamentos dos gastos executados

Ano 2022

Desde

A data de sinatura do acordo regulador da unidade mixta de investigación (que non poderá ser anterior á data de presentación da solicitude de axuda)

Ata

30 de setembro de 2022

Ata

5 de outubro de 2022

Ano 2023

Desde

1 de outubro de 2022

Ata

30 de setembro de 2023

Ata

5 de outubro de 2023

Ano 2024

Desde

1 de outubro de 2023

Ata

30 de setembro de 2024

Ata

5 de outubro de 2024

Ano 2025

Desde

1 de outubro de 2024

Ata

30 de setembro de 2025

Ata

5 de outubro de 2025

2.2. Prazos de presentación da documentación:

Ano 2022

Ata o 10 de outubro de 2022

Ano 2023

Ata o 10 de outubro de 2023

Ano 2024

Ata o 10 de outubro de 2024

Ano 2025

Ata o 10 de outubro de 2025

Exceptúanse desta regra xeral aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por se axustaren aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes seguinte a aquel en que ao beneficiario lle corresponda liquidar eses gastos.

3. Documentación xustificativa: deben presentarse a documentación científico-técnica e a documentación económica xustificativa dos custos das actividades da unidade mixta de investigación, indicada nos artigos seguintes.

Os formularios para a presentación da documentación xustificativa estarán dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), e será preciso presentar a documentación de xeito ordenado respectando a orde establecida nos citados formularios.

4. Sen prexuízo da documentación indicada nos artigos seguintes, poderá requirirse que se acheguen cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para tramitar e resolver o procedemento.

5. Se transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención, o organismo de investigación, como representante da unidade mixta, non presenta a documentación pertinente segundo o indicado, a Axencia Galega de Innovación requirirao para que no prazo improrrogable de dez días a presente, advertíndolle de que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito á subvención e a exixencia do reintegro no caso de ter recibido cantidades en concepto de anticipo, e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.

6. Os beneficiarios responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Nos casos de imposibilidade funcional e/ou tecnolóxica que impidan a presentación electrónica da documentación, esta poderá presentarse presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 27. Documentación xustificativa científico-técnica

A documentación xustificativa científico-técnica das actividades desenvolvidas será única para todos os membros da unidade mixta de investigación e responsabilidade do organismo de investigación como representante da unidade, e constará de:

a) Informe científico-técnico normalizado segundo o modelo dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

b) Memoria redactada en formato libre sobre a execución e evolución das actividades da unidade mixta.

Artigo 28. Documentación xustificativa económica

O organismo de investigación, como representante da unidade mixta de investigación, deberá presentar un resumo global de execución económica para a totalidade das actividades da unidade e unha carpeta separada para a execución económica de cada un dos membros que compoñen a unidade, na cal conste:

a) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade ou proxecto ou para as mesmas partidas de gasto procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, utilizando o modelo que aparece como anexo IX a esta resolución, e que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal e na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal. De ser o caso, deberá achegarse unha copia da resolución da concesión desas outras axudas.

b) Certificados que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesourería Xeral da Seguridade Social e a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, conforme os beneficiarios están ao día nas súas obrigas tributarias, no caso de que se opoñan ou non manifesten consentimento expreso para a súa consulta por parte do órgano xestor.

Non obstante, aquelas entidades comprendidas no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, que desenvolve a Lei de subvencións de Galicia, poderán presentar unha declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Un resumo de execución económica en que conste o concepto subvencionable, o provedor, o importe (IVE excluído) e a data de cada un dos xustificantes presentados agrupados por conceptos de gasto.

d) Documentación xustificativa do investimento: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 48 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o regulamento da citada lei. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado.

Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas para a xustificación da subvención, deberá achegar unha copia en formato pdf dos documentos orixinais.

e) Documentación xustificativa do pagamento: os pagamentos xustificaranse con copia de transferencias bancarias, certificacións bancarias, extractos bancarios ou documentos obtidos a través da banca electrónica. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, o número e a satisfacción do importe total da factura de maneira íntegra (IVE incluído), así como o concepto a que se refiren. De non estar acreditado o pagamento íntegro mediante estes documentos, o gasto non será subvencionable.

No caso en que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, deberá ir acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre gasto e pagamento. Non se aceptarán aqueles documentos de pagamento que non permitan identificar claramente as facturas vinculadas á unidade mixta de investigación a que corresponden.

No caso en que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas, xuntarase unha relación detallada delas en que se poida apreciar que o pagamento se corresponde coas devanditas facturas. No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas á unidade mixta de investigación, será necesario achegar o correspondente extracto bancario xunto coa orde de pagamento da entidade coa relación detallada das facturas ou, alternativamente, un certificado de ter recibido o pagamento das facturas incluídas na conta xustificativa, emitida por parte do subministrador.

f) Respecto da documentación xustificativa do investimento e do seu pagamento, cando non sexa posible a presentación de copia auténtica electrónica poderá presentar unha copia en formato pdf dos documentos indicados realizada polo beneficiario acompañada dunha declaración responsable da autenticidade deses documentos achegados, así como o compromiso de presentar os orixinais cando Gain llos requira.

g) No suposto de que o importe do IVE non sexa recuperable total ou parcialmente, poderá ser considerado un gasto subvencionable. Neste caso deberase presentar un certificado de exención ou pro rata relativo á situación da entidade con respecto ao IVE.

h) Para a xustificación de custo de persoal destinado ás actividades da unidade mixta de investigación, deberá achegarse:

1. Certificación dos custos de persoal emitida polo responsable de recursos humanos co visto e prace do responsable do organismo de investigación/empresa, consistente nunha relación detallada por meses do persoal dedicado ás actividades da unidade mixta, que deberá incluír os seguintes datos: DNI/NIE, nome, apelidos, posto na entidade, retribución bruta e líquida mensual, data de pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo ao organismo de investigación/empresa, data de pagamento da Seguridade Social e custo total imputado (retribucións e Seguridade Social), segundo a dedicación de cada traballador ás actividades da unidade mixta.

2. Xustificación da comunicación por escrito ao traballador de que parte do seu salario está a ser financiado pola Axencia Galega de Innovación con cargo á presente convocatoria para o desenvolvemento das actividades da unidade mixta de investigación.

3. Declaración asinada polo responsable de persoal do organismo de investigación/empresa cos importes mensuais de retencións do IRPF dos traballadores dedicados ás actividades da unidade mixta de investigación, acompañada dos modelos 111 e os seus correspondentes xustificantes de pagamento. Nos documentos correspondentes a cotas liquidables con posterioridade á data de xustificación, o importe considerarase xustificado coa presentación da citada declaración, quedando as entidades beneficiarias obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación antes de finalizar o mes seguinte a aquel en que ao beneficiario lle corresponda liquidar eses gastos.

4. Copia das nóminas do persoal dedicado ás actividades da unidade mixta e copia dos xustificantes bancarios do seu pagamento. Nos xustificantes de pagamento das nóminas deberán vir detallados os seus receptores, así como as cantidades percibidas por cada un deles. Cando a documentación xustificativa deste gasto conste dun xustificante bancario da remesa total mensual, deberá achegarse a listaxe da orde de transferencia en que se detallen os distintos traballadores incluídos.

5. Boletíns de cotización á Seguridade Social e copia dos seus xustificantes de pagamento. Nos documentos correspondentes a cotas liquidables con posterioridade á data de xustificación, as entidades quedarán obrigadas a presentar os documentos acreditativos da súa liquidación antes de finalizar o mes seguinte a aquel en que ao beneficiario lle corresponda liquidar eses gastos.

6. Informe de vida laboral referido á data de finalización do prazo de xustificación.

7. No caso de persoal de nova contratación, deberá achegarse copia do contrato de traballo en que poida verificarse a contratación para o desenvolvemento de actividades da unidade mixta de investigación e ao resto dos requisitos exixidos nesta convocatoria, xunto coa copia da súa titulación académica. No contrato farase mención expresa ao financiamento da Axencia Galega de Innovación, ao nome da unidade mixta de investigación e á presente convocatoria.

8. Declaración responsable da non participación do persoal da unidade mixta, financiado con cargo ás axudas da presente convocatoria, noutras actividades/proxectos financiados con axudas procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional ou, en caso contrario, declaración responsable de non superar, conxuntamente coa dedicación á unidade mixta, a porcentaxe do 100 %, utilizando o modelo que aparece como anexo VIII a esta resolución e que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal e na páxina web da Axencia Galega de Innovación http://gain.xunta.gal

i) Cando o importe do gasto subvencionable iguale ou supere a contía de 15.000 euros, o beneficiario deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación do compromiso da prestación de servizo ou entrega do ben, salvo que polas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os realicen, presten ou subministren, caso en que deberá achegar unha xustificación de tal circunstancia. A elección entre as ofertas presentadas, que deberán presentarse na xustificación, deberá xustificarse expresamente nunha memoria cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Non obstante, no caso de que as entidades beneficiarias reúnan os requisitos previstos na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, para ter a consideración de poder adxudicador deberán someterse á disciplina de contratación pública nos termos previstos no devandito texto legal.

j) Declaración asinada polo representante legal, de cada membro da unidade mixta, en que se detalle o cadro de amortización de cada equipo incluído no seu orzamento calculado sobre a base de boas prácticas contables, así como informe técnico sobre o período de amortización. En todo caso, a esta documentación deberán xuntarse os estados contables da entidade e dos correspondentes documentos xustificativos do gasto e pagamento da compra. A Axencia Galega de Innovación poderá comprobar a veracidade destes datos accedendo, en calquera momento, aos documentos contables da entidade.

k) No caso de subcontratacións deberá achegarse a seguinte documentación:

1. Factura/s emitida/s pola entidade subcontratada en que se especifique claramente o título das actividades da unidade mixta financiadas.

2. Xustificantes de pagamento da factura/s da subcontratación.

3. Memoria realizada polo subcontratista das súas actividades na unidade mixta de investigación, en que se debe incluír unha relación das persoas que participaron nelas, unha descrición especifica das tarefas realizadas por cada unha delas e a porcentaxe de dedicación á unidade mixta.

l) Certificación dos custos de viaxe emitida polo responsable de recursos humanos co visto e prace do responsable do organismo de investigación/empresa, en que consten o nome da persoa que realiza a viaxe, o lugar da viaxe, as datas da viaxe e motivo/xustificación da viaxe en relación coas actividades desenvolvidas na unidade mixta. Os custos da viaxe estarán desagregados por conceptos de gasto: transporte (avión, taxi, autobús, coche particular…), aloxamento (número de noites) e manutención (por días). Esta certificación deberá estar acompañada das correspondentes facturas e xustificantes de pagamento, así como da copia dos billetes/tarxetas de embarque do medio utilizado.

m) Documentación xustificativa da achega monetaria da empresa ao organismo de investigación para o desenvolvemento das actividades da unidade mixta de investigación acompañada da copia das transferencias bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios, ou documentos obtidos a través da banca electrónica.

n) Documentación xustificativa (documentación gráfica, fotografías ou calquera outro soporte probatorio) do cumprimento das obrigas de publicidade previstas na convocatoria.

Artigo 29. Pagamento

1. Os pagamentos da axuda da Axencia Galega de Innovación efectuaranse ao organismo de investigación como representante do conxunto das entidades que integran a unidade mixta de investigación.

2. Poderán realizarse pagamentos anticipados e á conta das subvencións recollidas nesta resolución, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, nos artigos 62 e 63 do Decreto 11/2009 e nesta convocatoria.

Estes pagamentos están exentos da presentación de garantías de acordo co disposto nos artigos 65.4 e 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Pagamentos anticipados.

De acordo co estipulado no artigo 63.3 do Decreto 11/2009, conforme a autorización do Consello da Xunta de Galicia, os pagamentos axustaranse ás seguintes condicións:

a) Primeira anualidade: tras a presentación do acordo regulador da unidade mixta mixta de investigación asinado entre os seus integrantes, poderá anticiparse ata o 60 % do importe concedido para esa anualidade. Deberá presentarse a documentación que se indica a continuación:

– Solicitude motivada de pagamento anticipado, utilizando o modelo publicado na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

– Declaración responsable de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional (anexo IX), utilizando o modelo dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal e publicado tamén na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal).

b) Anualidades seguintes: poderá anticiparse, como máximo, ata o 60 % do importe da subvención concedida para a anualidade correspondente sempre que, conxuntamente cos pagamentos anticipados e á conta realizados ata ese momento, non se supere o 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, conforme o sinalado no punto 5 deste artigo, tras a xustificación e pagamento da anualidade anterior e a presentación da documentación sinalada anteriormente. No caso de que a xustificación da anualidade anterior sexa insuficiente e dea lugar a unha minoración da subvención, o importe minorado detraerase do importe desta anualidade.

c) A concesión destes anticipos realizarase mediante resolución motivada, de acordo co artigo 63 do Decreto 11/2009.

d) A entidade solicitante deberá facer constar se opta por esta modalidade de pagamento na solicitude de subvención.

4. Pagamentos á conta: faranse efectivos, para cada anualidade, unha vez presentada e comprobada a correcta xustificación da execución das actividades obxecto da axuda.

5. O importe conxunto dos pagamentos parciais á conta e dos pagamentos anticipados non poderá ser superior ao 80 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados, nin excederá a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

6. Antes de proceder ao pagamento final da subvención, a Axencia Galega de Innovación poderá realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinaron a concesión da subvención, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007. Será obrigatoria a realización dunha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación e, no caso de subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento polo órgano concedente, e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada, tanto polo representante da Administración coma polo beneficiario.

Se pola situación excepcional derivada da pandemia da COVID non for oportuno realizar a inspección in situ, transitoriamente poderá substituírse pola entrega de xustificación documental en que se constate, de forma razoable e suficiente, a realización da actividade subvencionada e, no caso de activos tanxibles, polo envío de materiais fotográficos por parte do beneficiario, de modo que se poida comprobar o correcto funcionamento destes e as súas características, número de serie e o cumprimento dos requisitos de publicidade previstos na convocatoria, sen prexuízo de que posteriormente, cando sexa posible, se efectúe a dita inspección.

Artigo 30. Garantías

No caso de pagamentos á conta ou anticipos, non se precisará a presentación de garantías de acordo co disposto nos artigos 65.4 e 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 31. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención que o beneficiario incumpra a súa obriga de estar ao día nas súas obrigas coa Facenda estatal e autonómica e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro se non se aboase a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 32. Causas de reintegro

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como os compromisos asumidos nela durante o tempo de duración da axuda. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e dos xuros de demora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

2. Serán causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos fornecidos polo beneficiario que servisen de base para a concesión da axuda, ou a ocultación daqueles datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a cal se concedeu a axuda.

c) O incumprimento da obrigación de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables, ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obrigación de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 25 da presente resolución.

e) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) A obtención de financiamento de distintas procedencias ou a concorrencia de subvencións por riba do custo das actividades subvencionadas.

g) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 33. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento total dos fins para os que se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do proxecto ou da obriga de xustificación, será causa de perda do dereito ao cobramento ou de reintegro total da subvención.

2. Así mesmo, tamén, serán causas de incumprimento total:

– Non xustificar, polo menos, o 60 % dos custos previstos no orzamento da unidade mixta de investigación.

– Xustificar unha achega da empresa ao orzamento da unidade mixta de investigación inferior a un 40 % para as unidades mixtas de nova creación (IN853A) e consolidables (IN853B) e inferior a un 45 % para os centros mixtos de investigación (IN853C).

– No caso dos centros mixtos de investigación, non xustificar como mínimo o 50 % da achega da empresa como achega monetaria.

– Non xustificar unha participación do organismo de investigación cun valor medio mínimo do 10 % do orzamento da unidade mixta de investigación.

– A disolución ou a paralización das actividades da unidade mixta de investigación con anterioridade ao período mínimo de duración desta previsto no artigo 5, agás que a empresa fose declarada en concurso de acredores. Neste caso e desde ese momento, non se tramitarán novos pagamentos e non procederá o reintegro das cantidades recibidas se están adecuadamente xustificadas.

5. Sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, poderase apreciar un incumprimento parcial, e deberase resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que teña a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

a) No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables. Se é o caso, reintegraranse as cantidades percibidas na dita proporción.

b) O feito de non comunicar a obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas suporá o reintegro do exceso percibido máis os xuros de demora e a perda dun 5 % da subvención concedida, unha vez recalculada e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.

c) Non darlle publicidade ao financiamento do proxecto de conformidade co artigo 24 destas bases suporá a perda dun 0,95 % da subvención concedida.

d) Non cumprir coa obriga de facilitar cantos datos resulten necesarios para a avaliación do instrumento no marco da avaliación da RIS3 Galicia suporá a perda do 1 % da subvención concedida.

e) Non asistir á xornada formativa que impartirá a Axencia Galega de Innovación nos termos e condicións establecidos no artigo 24 desta convocatoria suporá a perda do 1 % da subvención concedida.

f) O feito de non comunicar a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención suporá a perda do 5 % da subvención concedida.

g) O feito de non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados, suporá a perda do 1 % da subvención concedida.

No caso de condicións que constitúan obrigas que o beneficiario debe acreditar en fase de xustificación (obrigas de publicidade, comunicación doutras axudas, etc), estas deberán xustificarse en todo caso para poder proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto só resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso en que se detecte en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo a esas obrigas.

6. Se o incumprimento deriva da inobservancia dalgunha condición ou suposto distinto dos anteriores, o seu alcance será determinado en función do grao e da entidade da condición incumprida.

7. En caso de incumprimento do establecido no artigo 25.d), procederase conforme o establecido no artigo 4.4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno.

Artigo 34. Procedemento de reintegro

1. Se, aboada parte ou a totalidade da axuda, acaecesen os motivos que se indican no artigo 32 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme o previsto nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento de pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo do órgano concedente e comunicarase ao beneficiario a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007 e 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución do procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa.

5. Sen prexuízo do anterior, aos beneficiarios das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007, e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 35. Prescrición

1. O dereito da Administración a recoñecer ou liquidar o reintegro prescribirá aos catro anos, sen prexuízo do establecido na normativa de axudas de estado.

2. Este prazo computarase, en cada caso:

a) Desde o momento en que venceu o prazo para presentar a xustificación por parte do beneficiario.

b) Desde o momento da concesión, no suposto previsto no punto 9 do artigo 28 da Lei 9/2007.

c) No suposto de que se establecesen condicións ou obrigas que debesen ser cumpridas ou mantidas por parte do beneficiario ou da entidade colaboradora durante un período determinado de tempo, desde o momento en que venceu o dito prazo.

3. O cómputo do prazo de prescrición interromperase:

a) Por calquera acción da Administración realizada con coñecemento formal do beneficiario ou da entidade colaboradora, que conduza a determinar a existencia dalgunha das causas de reintegro.

b) Pola interposición de recursos de calquera clase, pola remisión do tanto de culpa á xurisdición penal, ou pola presentación de denuncia ante o Ministerio Fiscal, así como polas actuacións realizadas con coñecemento formal do beneficiario ou da entidade colaboradora no curso dos ditos recursos.

c) Por calquera actuación fidedigna do beneficiario ou da entidade colaboradora conducente á liquidación da subvención ou do reintegro.

Artigo 36. Control

1. A Axencia Galega de Innovación poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. A Axencia Galega de Innovación, polos medios que considere, poderá realizar en calquera momento aos beneficiarios as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento das actividades financiadas, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade da orixe dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou desvío dos obxectivos, poderá propoñer a suspensión da subvención concedida.

3. Así mesmo, a Axencia Galega de Innovación poderá convocar os beneficiarios, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución das actividades e cos resultados obtidos.

4. Previamente ao pagamento final da subvención, será obrigatorio realizar unha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación. Ademais desta actividade final de inspección, a Axencia, no marco dos seus plans de inspección, poderá realizar as visitas e comprobacións iniciais, intermedias e finais que considere convenientes.

5. Conforme o sinalado no artigo 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no caso de subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento pola Axencia Galega de Innovación e quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada tanto polo representante da Administración coma polo beneficiario.

6. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 37. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 38. Normativa aplicable

As axudas obxecto desta convocatoria réxense polas normas comunitarias aplicables e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas. En particular, seralles de aplicación a seguinte normativa comunitaria:

– Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

Supletoriamente, seralles de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Decreto11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento, a normativa básica da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, así como a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais disposicións que resulten de aplicación.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a directora da Axencia Galega de Innovación para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de decembro de 2021

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file