Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 8 de marzo de 2022 Páx. 16429

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 7 de marzo de 2022 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B).

O día 9 de febreiro publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B).

Cando parecía que a pandemia podía quedar atrás e retomar a normalidade en todo o referente ao funcionamento da actividade agraria empézase a producir un feito relevante que afecta de modo considerable a economía das explotacións e que ten que ver co incremento considerable de todos os custos relacionados coa produción, así como unha escaseza de materias primas necesarias para a súa actividade.

Así mesmo, o encarecemento das materias primas (madeira, aceiro, cobre ou aluminio, entre outros) incrementou o custo total da obra civil e o custo de fabricación da maquinaria agrícola.

Esta situación pode levar as explotacións á falta de liquidez para acometer investimentos previstos e xa orzados que poña en perigo a execución e a necesidade de renunciar a eles.

O Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1698/2005 do Consello, propón, no seu artigo 45, para facilitar a execución dos proxectos con gastos en investimentos, que os Estados membros poderán aboar un anticipo dun 50 % como máximo e, no artigo 63, que o pagamento de anticipos estará supeditado á constitución dunha garantía bancaria ou dunha garantía equivalente que corresponda ao 100 % do importe anticipado.

A Decisión de execución da Comisión C (2021) 4527 final, do 17 de xuño de 2021, pola que se aproba a modificación do Programa de desenvolvemento rural de Galicia (PDR) 2014-2020, recolle consideracións que se deben ter en conta.

Por outra banda, a Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B) establece o prazo de presentación de solicitudes e o prazo de presentación de permisos administrativos.

E ante a petición de diferentes colectivos da necesidade de prolongar os devanditos prazos debido á complexidade da documentación necesaria para solicitar estas axudas, que pode impedir que os solicitantes poidan tramitar correctamente as oportunas solicitudes, así como a necesidade de dispoñer de máis tempo para que os concellos poidan realizar os trámites necesarios para a concesión das distintas licenzas de obras, cómpre ampliar os ditos prazos de solicitudes e de presentación de licenzas.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B)

A Orde do 30 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para as persoas agricultoras mozas, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI), para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento MR404A, MR405A e MR405B, queda redactada como segue:

Un. Modifícase o artigo 21, que queda redactado como segue:

«Artigo 21. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes contarase desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia ata o 11 de abril de 2022. Unha vez finalizado o prazo de solicitude e antes da aprobación non se admitirán cambios no referente aos investimentos ou aos criterios de prioridade.

As persoas solicitantes deberán ter en conta que mentres non adquiran a condición de beneficiarias, coa aprobación da axuda, non poderán transferir a solicitude a outra persoa física ou xurídica aínda no caso de que esta cumprise os requisitos e asumise os compromisos. Exceptúase o cambio de personalidade xurídica cando esta non implique ningún cambio na participación ou composición da persoa solicitante».

Dous. O artigo 22 queda redactado como segue:

«Artigo 22. Presentación de permisos administrativos

Para esta convocatoria, as obras e construcións que precisen da correspondente licenza municipal deberán contar con ela, de acordo co establecido na normativa urbanística. Para iso deberán presentar a concesión da licenza municipal, como máis tarde, o 15 de setembro de 2022. O mesmo prazo se establece para o caso de investimentos que deban contar con calquera outro permiso administrativo, de acordo coa correspondente normativa sectorial. O non cumprimento destes requisitos suporá a denegación da axuda.”

Tres. Modifícase a alínea d) do número 1 do artigo 32, que queda redactada como segue:

«d) A plantación e mellora de cultivos leñosos de aptitude frutícola (árbores e arbustos froiteiros)».

Catro. Engádense os números 7 e 8 ao artigo 37, coa seguinte redacción:

«7. Poderán realizarse pagamentos anticipados de ata o 50 % do importe da subvención concedida, de acordo co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e nos artigos 63, 65 e 67 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da devandita lei.

Os pagamentos anticipados supoñerán entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións subvencionadas. Estes pagamentos deberán ser solicitados polo beneficiario tras a notificación ou publicación da resolución de concesión.

O beneficiario deberá presentar coa solicitude de anticipo a declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución destinadas ao financiamento do mesmo proxecto, das distintas administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, con indicación da súa contía. A solicitude de anticipo, será cuberta a través da aplicación informática MELLES, á cal pode acceder mediante a seguinte ligazón: https://melles.xunta.gal/ melles/sede, realizada a través do Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando a acción “achega de documentación xustificativa”.

8. O pagamento de anticipos estará supeditado á constitución dunha garantía bancaria ou dunha garantía equivalente que corresponda ao 110 % do importe anticipado».

Cinco. Modifícase o número 10.3 do anexo VI, que queda redactado como segue:

«10.3. Gastos auxiliables.

A característica especial da axuda fai que só teña que presentar xustificantes cando se obteña un incremento da prima por volume de gasto.

Considerarase un gasto auxiliable todo aquel que a persoa moza acredite que foi necesario para levar a cabo a súa instalación ou posta en marcha da explotación. Así, entre outros, poderanse considerar elixibles:

• Xestión e asesoramento vinculados á instalación da persoa moza, honorarios de enxeñeiros, licenzas de software, gastos notariais, rexistrais, sempre que non se trate de taxas ou tributos (tales como o imposto sobre construcións, instalacións e obras).

• Adquisición de unidades de produción: animais e plantas que non sexan anuais.

• Todo aquel investimento auxiliable que necesite a explotación.

• A parcela en que se vai instalar a explotación principal.

En ningún caso se admitirán compras de segunda man, adquisición, construción ou mellora de vivenda, compra de dereitos de axuda ou doutro tipo, nin achegas ao capital social para xustificar gastos.

No caso de que os gastos necesarios para instalarse requiran a execución de obra civil, a compra de maquinaria ou instalacións, deberán cumprirse as mesmas condicións que se describen para a subvencionabilidade en plans de mellora. O gasto na compra da parcela principal, citada anteriormente, non estará afectado polo límite de compra de terras.

Os importes estarán, en todo caso, limitados polos módulos existentes no Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario e pola moderación de custos a que se fai referencia na orde de axudas».

Seis. Modifícase o número 11.5.1.5 Salas e maquinaria de muxidura, que queda redactado como segue:

«11.5.1.5. Salas e maquinaria de muxidura.

En canto á construción da sala de muxidura, teranse en conta as seguintes consideracións:

a) Recoméndase que a obra civil da sala de muxidura non teña tabiques con portas nas entradas e saídas de acceso aos extremos do foso, para facilitar o paso da vaca á praza de muxidura.

b) Recoméndase que a sala de muxidura dispoña dunha zona de espera de 1,5 m2/vaca, preferentemente circular e con pechamento de apertamento.

c) Os paramentos verticais da sala recubriranse ata unha altura de 2 m, cun material fácil de lavar (azulexado ou pintura que cumpran a normativa de produtos para uso alimentario).

d) O piso do foso de muxidura será de material facilmente lavable, non esvaradío e con pendente cara a un ou varios sumidoiros.

e) Terá iluminación eléctrica cun mínimo de 10 W/m2 con lámpadas fluorescentes, ou iluminación equivalente.

f) O grupo de baleiro instalarase nun local alleo á sala de muxidura e á leitaría. Este local terá unha superficie mínima de 1,5 m2 e unha altura mínima de 2,2 m. O motor e a bomba depresora irán separados de calquera das paredes, como mínimo, 30 cm.

g) Recoméndase que o tubo de escape da bomba depresora estea provisto dun recuperador de aceite. O extremo deste tubo estará fóra do local.

h) A sala de muxidura será un local suficientemente separado das cortes, sen comunicación directa coa leitaría, cunha separación adecuada de toda fonte de contaminación, tales como servizos, esterqueiras ou fosas de xurro, entre outros.

i) As augas de limpeza do equipamento de muxidura irán canalizadas preferentemente cara á rede de sumidoiros ou, na súa falta, cara a unha fosa específica ou fosa do xurro. As augas de limpeza da sala poderán canalizarse á fosa de xurro.

j) Para as operacións de muxidura e limpeza de materiais e instrumentos deberán contar con auga potable. De non ser así, será preciso que estea instalada unha potabilizadora de auga.

Para a maquinaria de muxidura terase en conta:

No que se refire aos robots de muxidura, establécese un módulo base de 115.000 € para a primeira unidade, que aumentará en 86.250 € para a segunda e 57.500 € máis para a terceira. Para solicitar este investimento deberase comprometer unha produción de 500.000 litros que se xustificará ben mediante as entregas realizadas no ano natural anterior á data solicitude de pagamento ou ben pola última campaña láctea finalizada, 1.000.000 de litros para a segunda e 1.500.000 litros para a terceira unidade. Esta produción ten que acreditarse no control administrativo da solicitude de pagamento. No caso de non cumprir cos requisitos de produción modularase o investimento elixible en función do censo gandeiro nesa data de solicitude de pagamento coas mesmas limitacións que para a sala de muxidura.

Se nos últimos cinco anos o beneficiario recibiu un pagamento das axudas de plans de mellora, plans de mellora da competitividade ou primeira instalación de persoas agricultoras mozas cun investimento certificado en sala de muxidura, non poderá solicitar a instalación dun robot, xa que incumpriría o compromiso de permanencia da sala subvencionada.

Na instalación da sala de muxidura será subvencionable unha nova, o aumento de puntos e a innovación tecnolóxica en muxidura (retirada automática, identificación e medidores).

Establécense tramos de subvención en muxidura para o período de 4 anos de subvencionabilidade, cun módulo de investimento básico (clave 8106) en maquinaria de muxidura de ata 20.000 € para unha explotación de ata 15 vacas leiteiras, ampliable, por cada vaca de leite do xeito seguinte:

Módulo básico ata 15 vacas

20.000 €

Entre 16 e 50 vacas

1.500 €/vaca

Entre 51 e 70 vacas

1.000 €/vaca

Entre 71 e 100 vacas

700 €/vaca

Máis de 100 vacas

500 €/vaca

O módulo máximo elixible virá determinado polo número de vacas indicadas na situación futura.

Os módulos establecidos inclúen instalación de muxidura completa con maquinaria, conducións, equipamentos de medida, retiradores automáticos, etc.

En todo caso, o investimento máximo será de 115.000 €. Para a aplicación deste límite máximo teranse en conta os investimentos realizados ao abeiro das axudas para a modernización das explotacións agrarias, de incorporación de persoas mozas á actividade agraria e de mellora da competitividade das explotacións leiteiras desde o 1 de xaneiro de 2017.

Para subvencionar instalacións de muxidura novas en explotacións que xa dispoñían delas, débese acreditar un cambio fundamental na tecnoloxía que introduce esa instalación.

Para xustificar o cambio tecnolóxico, o solicitante debe presentar unha memoria en que describa as características da instalación vella (debe xustificar que está obsoleta, facendo fincapé nos problemas que está provocando ou nos obxectivos que con ela non se poden acadar) e as melloras que vai introducir coa instalación nova (poden incluír melloras sanitarias, produtivas, de condicións de traballo, etc.).

Se non se vai substituír a instalación existente, pero se pretenden introducir melloras tecnolóxicas (retiradores de tetoeiras, sistemas de identificación, medidores, etc.), deberase presentar tamén unha memoria que xustifique esta innovación tecnolóxica.

Se o que se pretende é aumentar puntos de muxidura, deberase acreditar un incremento da produción».

Sete. Modifícase a epígrafe Claves e módulos máximos do anexo VI, que queda redactada como segue:

«A moderación de custos exixida pola regulamentación europea aplicarase mediante a comparación de ofertas diferentes e a aplicación dos módulos para aqueles investimentos incluídos neste anexo.

1. Gastos de primeira instalación.

Clave

Descrición

Módulo €

4414

Ud. vaca carne 18 m-6 anos

1.600,00

4415

Ud. vaca leite 18 m-3 anos

1.600,00

4515

Ud. ovino/cabr. 6 meses-8 anos

290,00

4310

Ud. enxames

70,00

120

1ª anualidade arre. terra

-

170

Achega económ. a entid. xuríd.

-

130

G. notariais-rexistro

-

110

G. diversos 1ª instalac.

-

Os investimentos que se poden incluír na clave 0110 serán:

– Gastos de permisos, licenzas de software, gastos notariais e rexistrais orixinados pola instalación do beneficiario.

– Adquisición de dereitos de produción e dereitos a prima de carácter individual e transferible conforme a normativa vixente de carácter sectorial que resulte de aplicación.

– Custos de avais dos préstamos de primeira instalación.

Os demais gastos poderanse incluír nalgunha das claves definidas neste anexo

2. Investimentos en aforro enerxético.

Clave

Descrición

Módulo €

9283

Int. plac arref. leite <60

4.000,00

9284

Int. plac arref. leite >60

5.800,00

9285

Sist. recup calor <60

4.000,00

9286

Sist. recup calor >60

5.800,00

9287

Variador frec. <4

1.400,00

9288

Variador frec. >4

1.700,00

3. Investimento en xestión de xurros e esterco.

Clave

Descrición

Módulo €

6311

M3. Fosa xurro engrellada

68,00

6312

M3. Fosa xurro formigón.

68,00

6313

M2. Cubrición fosa xurro

38,00

6314

M3. Fosa lavado-lixiviado

68,00

6315

M3. Outras fosas (para xurros)

35,00

6316

M3. Esterqueiro

46,00

8212

Ud. inxector de xurro

14.400,00

8217

Ud. aplicador/localizador de xurro ata 5 metros

11.500,00

8218

Ud. aplicador/localizador de xurro entre 5 e 10 metros

17.300,00

8219

Ud. aplicador/localizador de xurro maior de 10 metros

23.000,00

4. Outros investimentos.

Clave

Nome

Módulo €

121

Compra de terra

-

1120

Ha. Rega aspersión

4.600,00

1121

Ha. Rega microaspersión

12.700,00

1130

Ha. Rega localizada

9.700,00

1140

Ha. Outros sistemas rega

3.000,00

1310

Ml. Pozo de barrena

46,00

1321

M3. Balsa metálica

31,00

1322

M3. Balsa PVC

13,00

1323

M3. Balsa formigón (para auga)

55,00

1330

Ml. Conducións xerais

16,00

1340

Gastos diversos rega

-

1410

Ha. Saneamento/drenaxe

5.100,00

1420

Ha. Nivelación terras

4.000,00

1493

M2. Malla antiherba

1,00

1494

M2. Muro de contención

75,00

2620

Ha. Framboesa ou arandos

39.400,00

2660

Ha. Kiwi

33.300,00

2680

Ha. Outros cultivos froita

7.200,00

2681

Oliveira pro. intensiva

8.600,00

2682

Oliveira pro. extensiva

4.600,00

4311

Ud. colmea (con 1/2 alza)

40,00

4312

Ud. media alza

22,00

4313

Ud. núcleos apícolas

35,00

4314

Ud. excluidor apícola

2,50

4315

Ud. alimentador apícola

2,00

4316

Ud. afumador apícola

16,00

4317

Ud. banco de desopercular (1,5 m)

552,00

4318

Ud. extractor apícola (36 cadros) automático

4.715,00

4319

Ud. tanque de maduración apícola (400 kg)

250,00

4320

Outra maquinaria apícola

-

4321

Ud. Alimentador de teito

7,00

5100

Outros investimentos

-

5101

Outros investimentos fruticultura

-

5102

Outros investimentos hortofloricultura

-

5103

Outros investimentos apicultura

-

5104

Outros investimentos vacún

-

5105

Outros investimentos ovino-cabrún

-

5106

Outros investimentos cunicultura

-

5107

Outros investimentos porcino

-

5108

Outros investimentos avicultura

-

5109

Demolicións

-

5117

Ud. manipuladora telescópica

34.500,00

5118

Ud. cepillo rascador

2.300,00

5119

Ud. contedor de cadáveres

805,00

5120

Ud. conxelador de cadáveres

403,00

6109

M2. Estab. Compl v. leche sen sala de ordeño

153,00

6111

M2. Est. v/carne trabadas

109,00

6112

M2. Patio exerc. carne

24,00

6113

M2. Est. cebo xatos

109,00

6115

St. libre car/cubic.

122,00

6116

M2. Recría carne

117,00

6117

M2. Sala partos carne

82,00

6118

M2. Estab. compl v. leite

176,00

6119

M2. Estab. compl v. carne

144,00

6121

M2. Estab. v/leite traba.

115,00

6122

M2. Patio exerc. leite

28,00

6123

M2. Sala partos leite

85,00

6124

M2. Est. cría-recría xov.

117,00

6126

M2. Sala muxidura vacún

219,00

6127

M2. Leitaría

178,00

6128

M2. Corte libre leite

129,00

6129

M2. Zona espera

81,00

6130

M2. Curro ovino-cabrún

108,00

6131

M2. Sala muxidura cabrún

163,00

6132

M2. Cebo año-cabrito

123,00

6133

M2. Leitaría cabrún

178,00

6134

M2. Enfermaría

135,00

6137

M2. Xestac.-parto porcino

207,00

6140

M2. Aloxamento porcino

-

6141

M2. Parto cría-porcino

200,00

6142

M2. Recría porcino

173,00

6143

M2. Cebo porcino

140,00

6144

M2. Cebo porcino engrell.

171,00

6145

Ud. xestac. porcin. gaio.

221,00

6146

M2. Aloxamento porcino c/c

112,00

6147

M2. Nave semental porcino

102,00

6148

M2. Nave repouso porcino

85,00

6149

M2. Patio porcino

14,00

6150

M2. Construción equino

-

6154

M2. Instal elect cunícula

6,30

6155

M2. Instal. fontana. cunicu.

1,30

6156

M2. Inst sist. ref. cal. cun.

60,00

6157

Ud. gaiolas cunícula

38,00

6158

M2. Nave cunícula + inst.

230,00

6159

Sist. autom. limpez. cunicul.

-

6160

Instalación avícola

-

6163

M2. Illamento panel 3 cm

12,00

6164

Comedeira avícola

44,00

6165

Ml. Bebedoiro avícola

24,00

6166

M2. Ventilación avícola

14,00

6167

M2. Calefacción avícola

14,00

6171

Ud. silo 25 m3 avícola

2.700,00

6172

M2. Inst. coellos pechada

137,00

6173

M2. Inst. coellos aberta

53,00

6174

M2. Estr., cub., cerra. coell.

77,00

6180

M2. Inst. visóns-outros pel.

51,00

6181

M2. Calefacción porcino

138,00

6182

Ml. Sist. aliment. comed. aví.

69,00

6183

Ud. sist dosif. medicinas

1.800,00

6184

Ud. bebedoiro avícola

31,00

6187

M2. Sist refrixeración avi.

10,40

6188

Ml. Poñedeira automa. galiñ.

345,00

6189

Ud. poñedeira manual galiñ.

575,00

6191

M2. Corredor alim. cuberto

66,00

6194

M2. Lazareto leite

150,00

6195

M2 .Oficina

130,00

6196

M2. Aseo

150,00

6198

M2. Nave polos/outr. av.+ins.

204,00

6229

M2. Alpendre

46,00

6231

M2. Plat. formigón/soleira

21,00

6232

M2. Almacén aberto

69,00

6233

M2. Alm. aberto comp. cerr.

52,00

6234

M2. Alm. pechado c/portas

101,00

6235

M2. Alm. pech. c/p comp. cer.

75,00

6236

M3. Silo forr. aill. c/plat.

41,00

6237

M3. Silo forr. mult. c/plat.

32,00

6320

M2. Camiño de explotación

24,00

6333

M. Cerca con malla

6,40

6336

M. Cerca tu-malla s/zócalo

15,00

6337

M. Cerca tu-malla con zócalo

18,00

6340

M2. Champiñoneira e outros

-

6341

Ml. Malla porco celta

21,00

6342

Ud. poste móbil para pastor

1,70

6343

Ml. Cerca min. 4 fíos

4,60

6344

M. Cerca ou malla móbil elect.

2,90

6510

M2. Instal. lombricultura

23,00

6530

M2. Instalac. helicicult.

14,00

7110

M2. Túnel semicir. horta

18,00

7120

M2. Acolchado horta

1,40

7131

M2. Inv. pol.-aditv. horta

22,00

7132

M2. Inv. multit. horta

24,00

7133

M2. Inv. madeira horta

6,30

7140

M2. Inv. pol-vidro horta.

69,00

7210

M2. Túnel sem-circ. flor

18,00

7220

M2. Acolchado flor.

1,40

7231

M2. Inv. pol.-adit. flor

22,00

7232

M2. Inv. multit. flor

24,00

7233

M2. Inv. madeira flor

6,30

7234

M2. Multitun. esp. flor

23,00

7240

M2. Inv. pol.-vidro flor

69,00

7241

Inv. m-túnel policarb. 4m

46,00

7250

M2. Umbráculos...........

6,90

7313

Ha. Pradeira destoconado

1.700,00

7314

Ha. Pradeira sen destoc.

932,00

7341

Ha. Imp. amor. téc. baixa

11.100,00

7342

Ha. Imp. amor. téc. media

12.800,00

7343

Ha. Imp. amor. Téc. alta

16.200,00

7410

M2. Implantación caravel

11,40

7420

M2. Implantación roseira

21,00

7430

M2. Impl. outras ornament.

12,00

7440

M2. Impl. xerbera

16,00

8011

Ud. tractor <40 cv

20.700,00

8013

Ud. tractor 60-100 cv

38.000,00

8014

Ud. tractor 101-150 cv

51.800,00

8015

Ud. tractor >150 cv

80.500,00

8016

Ud. tractor 41-59 cv

25.300,00

8019

Ud. fresadora (orientación hortícola ou largo <1,5 m)

4.000,00

8020

Ud. maquin. labor. apei.

-

8022

Ud. fresadora

6.300,00

8023

Ud. rulo

2.100,00

8024

Ud. arado (ata tres corpos)

3.500,00

8025

Ud. grada discos

9.000,00

8026

Ud. rozadora

5.800,00

8027

Ud. rozadora de man

690,00

8028

Ud. arado (catro ou máis corpos)

6.300,00

8030

Ud. fertilizadora

2.500,00

8041

Ud. maquin. tratamentos pulverizador <1.000 l

4.000,00

8042

Ud. maquin. tratamentos pulverizador 1.000-1.500 l

8.600,00

8043

Ud. maquin. tratamentos pulverizador >1.500 l

12.700,00

8044

Ud. maquin. tratamentos nebulizador >500 l

10.400,00

8050

Ud. sementad.-plantadoras

6.400,00

8051

Ud. sementadora pratenses

6.000,00

8052

Ud. sementadora millo

15.000,00

8053

Ud. sementadora patacas

8.100,00

8060

Ud. colleitadora gran

28.800,00

8070

Ud. colleitadora hortaliz.

15.000,00

8072

Ud. grada rotativa (largo traballo >3,5 m)

8.100,00

8073

Ud. automatización de arrimado de comida

-

8074

Ud. robot arrimador comida

13.800,00

8075

Ud. encaladora arrastrada

16.100,00

8076

Ud. encamadora

6.900,00

8077

Ud. grada rotativa

5.200,00

8078

Ud. subsolador

3.500,00

8079

Ud. autocargador picador

34.500,00

8081

Ud. empacadora

21.900,00

8082

Ud. segadora rotativa

9.200,00

8083

Ud. anciño fileirador

4.600,00

8084

Ud. desensiladora

6.700,00

8086

Ud. autocargador

26.500,00

8087

Ud. colleitadora forraxes

2.300,00

8088

Ud. rotoempacadora

18.400,00

8089

Ud. encintadora rotoempac.

10.400,00

8090

Ud. outras colleitadoras

-

8091

Ud. colleitadora patacas

32.200,00

8092

Ud. arrincadora patacas

4.600,00

8093

Ud. pa tractor

5.800,00

8094

Ud. carga rotopacas

1.300,00

8095

Ud. encintadora

8.600,00

8096

Ud. estendedora plástico

4.400,00

8098

Ud. remolque vehículo apícola/ovino/cabrún

4.600,00

8099

Ud podadora de altura (frutais e ovino-cabrún)

627,00

8100

Ud. equipos de muxidura

-

8101

Ud. instal. muxidura praza

-

8102

Ud. instal. muxidura sala

-

8103

Ud. inst. muxidura cabrún

-

8104

Ud. robot muxidura incluído accesorios

115.000,00

8106

Maquinaria muxidura vacún

-

8111

Ud. tanque refri.<2.500 l

12.700,00

8112

Ud t. refrix. 2.500-4.000 l

17.300,00

8113

Ud t. refrix. >4.000-6.000 l

23.000,00

8114

Ud t. refrix. >6.000-10.000 l

29.900,00

8115

Ud t. refrix.>10.000 l

36.800,00

8116

Ud. amamantadora (1 box e ata 20 colares)

6.900,00

8117

Ud. amamantadora (2 boxes e ata 50 colares)

12.100,00

8118

Ud. amamantadora (máis de 50 becerros)

16.700,00

8119

Ud. amamantadora ovino-cabrún

4.000,00

8120

Ud. box para xatos

288,00

8121

Ud. empurrador sala de muxidura (crea lotes)

12.700,00

8122

Ud. empurrador sala de muxidura (non crea lotes)

6.900,00

8170

Ud. bomba de auga

1.700,00

8193

Ud. axitador xurro

1.400,00

8195

Ud. perforadora

-

8196

Ud. remolque mesturador

-

8198

Ud. bebedoiro portátil

1.400,00

8199

Ud. comedeiro portátil

1.400,00

8200

Potabilizadora

3.200,00

8201

Equipamento informático

1.400,00

8202

Ud. cámara de videovixilancia

460,00

8203

Ud. remolque bañeira (<10 tm)

8.600,00

8204

Ud. remolque bañeira (10-20 tm)

17.300,00

8205

Ud. remolque bañeira (>20 tm)

25.900,00

8206

Ud. remolque esparexedor esterco (<5 tm)

8.600,00

8207

Ud. remolque esparexedor esterco (5-10 tm)

15.500,00

8208

Ud. remolque esparexedor esterco (>10 tm)

21.300,00

8209

Ud. cisterna xurro (ata 7.500 litros)

14.400,00

8210

Ud. cisterna xurro (>7.500 ata 10.000 litros)

19.000,00

8211

Ud. cisterna xurro (>10.000 litros)

23.000,00

8213

Ud. cortasilos

3.500,00

8214

Ud. tripuntal

6.300,00

8215

Ud. forquiña hidráulica

1.100,00

8216

Ud. palot de almacenamento (hortofr. e pataca)

-

9210

M. Electrificación liña

-

9241

Ud. grupo electróxeno <30 kW

1.700,00

9242

Ud. grupo electróxeno 30-40 kW

2.700,00

9243

Ud. grupo electróxeno >40 kW

3.900,00

9330

Ha. roza de matogueira

277,00

9450

M. Sebe vexetal

8,10

9460

M2. Adecuac edific. exist.

14,00

9508

Honorarios plan empresarial

805,00

9509

Honorarios dirección de obra

-

9510

Honorarios prox., anteprox.

-

9511

Equip. detec. celo-mamite

19.600,00

9521

Ud. mangada manexo

3.500,00

9522

Ud. silo penso

2.900,00

9523

Ud. depósito de auga

2.300,00

9524

Ud. automatiz. rega

2.300,00

9526

Ud. pastor eléctrico

288,00

A clave 1420, Ha. Nivelación terras necesita licenza.

A clave 4310, Ud. Enxames, contén un mínimo de 5 cadros de poboación. Comprobaranse as guías de transporte dos enxames para verificar a explotación de orixe.

A clave 5109, Demolicións, está destinada a favorecer o impacto visual das vellas construcións primando aqueles que constrúan un novo edificio, eliminando o anterior, nunha mesma parcela.

A clave 6229, M2. Alpendre, refírese aos almacéns que teñen máis dun lado sen cerramentos.

A clave 6232, M2. Almacén aberto, refírese aos almacéns que non están pechados, é dicir, que un dos seus lados está aberto e nos outros tres presenta cerramentos.

A clave 6233, M2. Almacén aberto comp. cer., son os almacéns en que polo menos un dos seus lados comparte o cerramento con outra edificación.

A clave 6234, M2. Almacén pechado con portas, refírese aos almacéns que teñen todos os seus lados pechados.

A clave 6235, M2. Almacén pechado comp. cer., son aqueles almacéns pechados con portas nos cales polo menos un dos seus lados comparte o cerramento con outra edificación.

As superficies e os volumes que se considerarán serán os construídos.

A clave 6337, M. Cerca tu-malla con zócalo, será exclusivamente para peche sanitario, só en granxas novas.

A clave 8026, Ud. Rozadora, será so maquinaria que se acople á toma de forza do tractor.

A clave 8073 Automatización de arrimado de comida correspondese coa oferta de sistemas automatizados guiados por raís ou outros métodos (especificar na memoria) polos que circula unha máquina que fai a función de deposito e repartición da ración.

Na clave 9460, M2. Adecuac. edific. exist., o módulo establecido xa está reducido ao 60 %, ao considerar este investimento como reforma».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural