O Pleno do Concello de Baralla, na sesión ordinaria do 27 de xaneiro de 2022, adoptou o acordo de aprobación inicial da modificación puntual das Normas subsidiarias de planeamento do Concello de Baralla: aliñacións e dotacións no solo urbano e modificación do solo urbanizable SUB-1.
De acordo co establecido no artigo 60 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese ao trámite de información pública o mencionado acordo durante o prazo de dous meses para os efectos de que os interesados examinen o expediente e presenten as alegacións e reclamacións que consideren oportunas.
Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión é de dous anos máximo contados desde a devandita aprobación, e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva da modificación do planeamento, tal e como se prevé na Lei 2/2016.
As áreas afectadas pola suspensión son as seguintes:
– Solo urbanizable residencial de Baralla SUB-1 das NSP de Baralla.
– Solo dotacional: cemiterio, de referencia catastral 2908104PH4520N0001SB.
– Aliñacións en solo urbano: segundo os ámbitos grafiados no plano adxunto do documento de resumo executivo da Modificación puntual e documentación gráfica do instrumento de planeamento.
Baralla, 15 de febreiro de 2022
Miguel González Piñeiro
Alcalde